Resumen L.G. Examen PDF
Document Details
Uploaded by Deleted User
Tags
Summary
This document summarizes the history, culture, and literature of Galicia during the first third of the 20th century. It covers topics such as agrarianism, the Irmandades da Fala, and the development of literary and cultural movements.
Full Transcript
A GALIZA DO PRIMEIRO TERZO DO S.XX O campesiñado ten acceso á terra, podemos ver certa modernización na agricultura, desaparece a fidalguía, crece a poboación da residencia urbana, hai industrialización e un incremento do sector dos servizos, mellora a actividade literaria e cultural. Anulan os for...
A GALIZA DO PRIMEIRO TERZO DO S.XX O campesiñado ten acceso á terra, podemos ver certa modernización na agricultura, desaparece a fidalguía, crece a poboación da residencia urbana, hai industrialización e un incremento do sector dos servizos, mellora a actividade literaria e cultural. Anulan os foros, hai un incremento do éxodo migratorio e diminución dos ingresos da fidalguía, chegada de diñeiro que mandaban os emigrantes. Grazas a algunhas asociacións como a Solidaridad Gallega e Acción Gallega (formada por Basilio Álvarez que era cura e político) naceu o agrarismo. AGRARISMO O agrarismo é un movemento reivindicativo que tiña como principal obxectivo defender os intereses dos labregos e abolir os foros; ao abolir os foros a fidalguía vai desaparecendo e aparece a burguesía. IRMANDADES DA FALA En 1916 fórmase a primera Irmandade de Amigos da Fala na Coruña, aínda que creáronse máis noutras vilas. O voceiro principal era o de A Nosa Terra. No 1918 celébrase a primeira Asemblea en Lugo. En canto a política queren que Galicia sea autónoma, en canto a cultura queren que o galego sea o idioma cooficial de Galicia. A isto únense intelectuais ourensáns como Otero Pedrayo, Vicente Risco, Losada Diéguez… No 1922 celébrase outra Asemblea en Monforte de Lemos e xorden dúas tendencias: participar na vida política e centrarse na vida cultural. OBXECTIVOS DAS IRMANDADES DA FALA Querían rehabilitar social e políticamente o galego, incorporar a lingua na educación…, coa pretensión de modernizar o noso teatro, crean no 1919 o Conservatorio Nacional de Arte Gallega (actividade parada por Leandro Carré). Queren revitalizar o galego con Cétiga, Lar e Nós. SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS Este créase no 1923 por un grupo de estudantes da USC, vinculada a universidade, divídese en seccións como a historia, ciencias naturais, etnografía…, o seu principal obxectivo é estudar todas as manifestacións da cultura. Arquivos no 1927 que era un conxunto de traballos. ANTONIO NORIEGA VARELA Tamén chamado o poeta da montaña que é conservador, naceu en Mondoñedo no 1869 e estuduo no Seminario da cidade, fíxose mestre e exerceu na Vila de Foz, entrou en contacto co agrarismo e co movemento anticaciquil (Guau…Guau: poemas de corte cívico), coñece a Pedrayo e tamén así á literatura portuguesa, foi nomeado membro da RAG no 1927 e morre no 1947 en Viveiro. Está dentro da Xeración entre dous séculos. Escribía en galego cunha lingua oral, soe falar sobre o costumismo ruralista (vida labregos) e sobre o lirismo da natureza (tenrura pola paisaxe). É autor de só unha obra poética: Montañesas que pasará a charmarse Do ermo. Tiña composicións costumistas na liña do s. XIX, poemas paisaxistas e sonetos franciscanistas. Publica unha escolma de cantigas na honra da Virxe María titulada A Virxe e a paisanaxe no 1913 e no 1928 publica Como falan os brañegos. RAMÓN CABANILLAS Tamén chamado o poeta da raza, naceu en Cambados no 1876, estudou no Seminario de Santiago de Compostela e logo emigra a Cuba, integrouse nas Irmandades da Fala e posteriormente no proxecto de Nós. Forma parte do Seminario de Estudos Galegos, morre en Cambados no 1959. Cabanillas sintetizou a tradición do Rexurdimento. Nas liñas poéticas podemos distinguir poesía lírica e narrativa. Catro direccións fundamentais: - poesía social ou cívica (loita anticaciquil e contra foros/idea de Galicia como unidade colectiva) - poesía instimista (referencias ao sentimento amoroso, á natureza…) - poesía costumista (costumes rurais) - modernismo (exótico ou medieval) POESÍA LÍRICA 1913: No desterro e máis compón o Himno de Acción Gallega. 1915: Vento Mareiro, continúa coa temática do Rexurdimento. 1917: Da terra asoballada, proclama a hostilidade ao caciquismo. 1927: A rosa de cen follas, temática amorosa. 1956: Da miña Zanfona, trata a vida e a morte. POESÍA NARRATIVA Destaca Na noite estrelecida que consta de tres sagas: A espada escalibor, O cabaleiro de Santo Graal e O sono do Rei Artur. SIMBOLOXÍA DA OBRA: - o cáliz identifícase co escudo da identidade galega. - os cabaleiros da Táboa Redonda coas Irmandades da Fala. - a procura do Santo Graal co desexo de liberdade da nosa Terra. 1925: O bendito San Amaro → recrea acontecementos da vida deste santo. 1958: Samos → vida dos monxes no Mosteiro de Lugo. Antífona da cantiga é unha antoloxía de cantigas populares, que foi o primeiro libro que publica a editorial Galaxia. No teatro destaca A man da Santiña. ETAPAS DA SÚA OBRA - etapa de formación ou pregaleguista (1910/15) durante a súa estancia en Cuba. - etapa galeguista (1916/20) coa publicación de A terra asoballada. - etapa mítica-saudosista (1921/30) céntrase na época celta, publica xunto a Antón Vilar Ponte O Mariscal.