Economía e Sociedade na Galicia dos Austrias PDF
Document Details
Uploaded by ComprehensiveApostrophe4161
IES Plurilingüe San Rosendo
Tags
Summary
This document discusses the economy and society of Galicia during the 16th and 17th centuries. It examines the agricultural life, trade, and social structures, particularly focusing on the roles of the nobility and the clergy. The document details the impact of changing agricultural practices and trade routes on the region's development.
Full Transcript
Departamento de Xeografía e Historia IES San Rosendo de Mondoñedo 12.- Economía e sociedade na Galicia dos Austrias (a agricultura e as súas transformacións, a importancia da pesca na Galicia litoral, a estrutura social: sociedade rendista...
Departamento de Xeografía e Historia IES San Rosendo de Mondoñedo 12.- Economía e sociedade na Galicia dos Austrias (a agricultura e as súas transformacións, a importancia da pesca na Galicia litoral, a estrutura social: sociedade rendista e peso da fidalguía) Ao longo dos séculos XVI e XVII, a sociedade e a economía galega foi fundamentalmente agrícola (máis do 80% da poboación vivía en e do campo e estivo fortemente ligada ás posibilidades produtivas da terra). A evolución económica e demográfica de Galicia pasou por diversas fases: O século XVI foi unha época de crecemento. O desenvolvemento estivo relacionado coa situación estratéxica de Galicia nas rutas comerciais atlánticas, que favoreceu a expansión das actividades comerciais e artesanais. Nesta época na agricultura mantívose o vello sistema de producción feudal baseado no cultivo de cereais (trigo e centeo) e no barbeito, que permitiu o crecemento da poboación. Este crecemento duplicou a poboación sobre todo na costa, donde estaban as principais vilas: Pontevedra, Vigo, Baiona, Tui, Betanzos, Redondela e A Coruña, ás que se sumaban Santiago e Ourense no interior. A actividade pesqueira, que alcanzara na Idade Media un importante desenvolvemento, mantívose durante o século XVI destacando o crecemento da vila de Pontevedra cun influínte gremio de mareantes a través do que se controlaba a salga do peixe. Pero, dende finais do século XVI, a obriga de que os barcos pesqueiros tiñan que ir acompañados de protección armada polos perigos dos ataques holandeses e ingleses, orixinou unha importante recesión do sector durante o século XVII. O crecemento decaeu finais do século XVI e durante as primeiras décadas do XVII, como consecuencia das crises políticas e da ruptura do equilibrio entre poboación e recursos. O crecemento da poboación non fora acompañado polo dos recursos agrícolas o que favoreceu a aparición de crises de subsistencia, con malas colleitas, fames e pestes, que provocaron o descenso da pobación. A segunda metade so s. XVII foi, de novo, unha época de recuperación que se mantivo ata mediados do XVIII. Este periodo foi de agrarización e ruralización e coincidiu coa introdución do millo en Galicia a partir de 1630. As dificultades estimularon a transformación do sistema de cultivo. Desde a costa e cara ao interior, foise estendendo o cultivo deste producto, procedente de América, que alterou o sistema de rotacións, diminuíndo en moitas zonas o barbeito e potenciando o incremento da gandería. Os cambios permitiron un forte crecemento da producción e da poboación, que fixo de Galicia unha das rexións máis poboadas de España, con máis dun millón de habitantes, e que contrastaba co panorama negativo do século XVII no resto de Europa. Historia de España - 8- Preguntas ABAU - Bloque 3: Séculos XVI- XVII Departamento de Xeografía e Historia IES San Rosendo de Mondoñedo A estrutura da sociedade galega nos séculos XVI e XVII centrábase na terra. Dunha parte estaban os perceptores de rendas señoriais, tanto eclesiásticos coma fidalgos (que integraban a baixa nobreza rural), e doutra estaban os labregos, que traballaban as terras baixo diferentes formas de cesión, ainda que desde o século XVI a máis estendida era o foro6. Este sistema de explotación provocou que as clases dominantes de Galicia se configurasen como unha sociedade de rentistas, entre as que salientaba polo seu número a fidalguía rural. A alta nobreza galega, que estivo en moitos casos asociada ás empresas políticas e militares dos Austrias, destacou polo seu absentismo de Galicia. Estos nobres (os Andrade, Lemos, Sarmiento e Monterrei) desempeñaron elevados cargos na administración (vicerreis, embaixadores) e paulatinamente enlazaron coas familias nobiliarias castelás. O clero foi en Galicia un grupo moi poderoso; percibía unha parte importante das rendas agrarias e exercía un enorme poder no seu territorio. Resulta moi característico de Galicia o poder dos señoríos eclesiásticos dos mosteiros. A fidalguía galega, integrada principalmente pola pequena nobreza, grupos de burgueses (escribáns, escudeiros, comerciantes) e campesiños enriquecidos, foise configurando como un grupo ben diferenciado e cada vez máis poderoso que centraba a súa actividade no cobro de rendas (foros, subforos, arrendamentos). Tamén lograron convertirse en intermediarios entre os propietarios (alta nobreza e clero) e os labregos que cultivaban a terra e pagaban foros e arrendamentos. O ascenso da fidalguía galega como grupo de poder esplícase pola estructura e organización da propiedade da terra en Galicia. A esto tamén contribuiu o baleiro de poder que deixou o absentismo da alta nobreza. A consolidación da fidalguía como grupo social e económico poderoso quedou xa plenamente configurado durante o século XVII. A súa categoría social farana visible mediante a construcción de grandes pazos que se converteron no mellor expoñente do seu poderío. Os labregos eran aproximadamente o 80% da poboación de Galicia. A maioría traballaban unhas terras que case nunca eran da súa propiedade e vivían nunhas duras condicións. 6 O foro é un tipo de contrato, especialmente agrario, de longa duración ou, eventualmente, perpetuo, polo que unha persoa ou institución —fidalguía e Igrexa— lle cede a outra o uso ou proveito dunha cousa ou ben (xeralmente unha terra), a cambio do cumprimento de diversas condicións previamente estipuladas. Historia de España - 9- Preguntas ABAU - Bloque 3: Séculos XVI- XVII