Apuntes de Historia Antiga (Galician) PDF

Document Details

Uploaded by Deleted User

Tags

historia antiga mesopotamia civilizacións antigas historia universal

Summary

Estos apuntes proporcionan unha visión xeral da historia antiga, centrándose en Mesopotamia, incluíndo os períodos de Uruk, Jemdat Nasr e o imperio acadio. Tamén inclúe a historia babilónica e hittita destacando aspectos sociais, económicos e relixiosos. Estes apuntes son útiles para estudar a evolución das civilizacións antigas.

Full Transcript

TEMA 1. MESOPOTAMIA Mesopotamia = “Terra entre ríos” (Tigris e Éufrates). Situada no chamado Crecente Fértil EVOLUCIÓN PREHISTÓRICA Tres períodos na evolución previa ao período histórico propiamente dito: EL OBAID (4350 – 3700) o Economía aldeá o Sociedade pouco hierarquizada que se...

TEMA 1. MESOPOTAMIA Mesopotamia = “Terra entre ríos” (Tigris e Éufrates). Situada no chamado Crecente Fértil EVOLUCIÓN PREHISTÓRICA Tres períodos na evolución previa ao período histórico propiamente dito: EL OBAID (4350 – 3700) o Economía aldeá o Sociedade pouco hierarquizada que se estrutura progresivamente o Primeiros edificios identificables coma templos o Codificación de materias e cantidades por medio de bulas URUK (3700 – 3100) o Presión demográfica, desenvolvemento do comercio externo e interno, aumento da irragación o Rápido crecemento de asentamentos, hierarquizados en catro niveis o Sociedade máis estratificada, con líderes que parecen ser seculares, aínda que quen domina é o En o División do traballo máis acusada, desenvólvese un sistema administrativo complexo o Exércitos e tropas organizadas o Desenvolvemento técnicas complexas: fundicións sofisticadas, torno rápido No nivel IVb do Eanna de Uruk (3300): escrita pictográfica sobre tabuliñas de arxila Milenio IV: crucial na historia da humanidade. Neste período culminan varios procesos que dan lugar a innovacións de grande importancia, incluíndo estados, cidades, escrituras... que revelan a existencia dunha sociedade organizada por hierarquia e con traballo especializado. Aínda que o lugar destes desenvolvementos foi o sur de Mesopotamia, a súa influencia foi notable en todo o Próximo Oriente. JEMDAT NASR (3100 – 2900) Cerámica ocre con figuras vermellas Cilindros – selos e impresións destes Textos proto-cuneiformes en abundante cantidade SUMMER HISTÓRICO: O DINÁSTICO -ARCAICO DINÁSTICO ARCAICO I 2850 – 2650 aEC o É un período mal coñecido. O compoñente mítico das fontes dificulta establecer unha liña divisoria entre o histórico e o mítico. o Época do diluvio das fontes míticas mesopotámicas: debate sobre se recolle un feito histórico (ampla inundación) ou se é só un motivo lendario o Carácter lendario dalgún reino que dura 3600 anos o 2113 Aec, Lista Real Sumeria: tras o diluvio a realeza baixa do ceo en Kiš. A partir de ahí explica como a hexemonía sobre Mesopotamia vai indo de cidade en cidade o Cidades estado independentes, a principal é Kiš o A comunidade cultural sumeria é a Koiné, con centro en Nippur o Cidades relevantes: Nippur, Umma, Lagaš, Uruk, Eridu e Ur o De Ur procede unha importantísima documentación (os «textos arcaicos de Ur») o Na Baixa Mesopotamia migración das aldeas ás cidades por presión demográfica e rarefacción dos cursos da auga o Economía en mans do templo central, dominados por un sumo-sacerdote, asistido por consellos de anciáns, e ás veces de asambleas cidadáns DINÁSTICO ARCAICO II 2650 – 2550 aEC o Temos máis textos que nos períodos anteriores o Aparecen cidades rodeades de sólidas murallas, Uruk ou no norte de Siria. o A zona era un conglomerado de cidades-estado rivais, celosas da súa independencia o Nas cidades aparecen dous barrios diferenciados o O tradicional do templo o O do pazo real (sede dun poder independente do primeiro) ❖ Moitas das características do Dinástico Arcaico II, son extensibles ao Dinástico Arcaico III, polo que non facemos diferenciación no referente ao sistema político, económico e relixioso entre ambos períodos DINÁSTICO ARCAICO III 2550 – 2334 aEC o Metade II Milenio: primeiros soberanos comezan a empresa de conquista o Lugalzaggesi de Umma derrota a Urukagina e faise co Uruk, estendéndose polo sur de Summer e reforzando a autoridade real o Urukagina na cidade-estado de Lagaš reforza a autoridade real ao poñer todos os funcionarios baixo o seu control o 2360: as cidades sumerias caen no dominio dun soberano único, Lugalzaggesi A CIDADE SUMERIA A ECONOMÍA o Unidade socioeconómica: Economía aldeá, vertebrada na familia extensa ou nuclear o Economía: Agrícola, baseada na colonización do Tigris e do Éufrates o Practicábase a fruticultura, o dátil era un elemento esencial na dieta, e había unha grande produción de cebada e trigo o O papel económico do templo era moi importante o Elevado número de escribas e burócratas que traballan ao servizo da cidade para administrar a vida económica o Ingresos: numerosos e adicados a almacenarse para futuras épocas de escaseza, trocarse por materias primas ou obxectos de luxo no exterior e redistribuírse entre a burocracia e traballadores do templo. o O desenvolvemento da vida cidadá e as actividades produtivas esixía materias primas como os metais (cobre), pedras preciosas e madeira (construción de templos). o Ofrecía produtos manufacturados polos artesáns (ouriversaría ou cerámica) O SOBERANO: LUGAL – ENSI – EN o O poder real é hereditario, normalmente do pai ao fillo. Danse casos onde unha muller ten o poder o A raíña ten un rango elevado, bens propios e un papel na vida pública moi importante Funcións do rei o Dirixir os exércitos o Asinar tratados internacionais o Administrar a xustiza o Dirixir as grandes obras públicas o Construír, manter e dirixir a actividade económica dos templos O IMPERIO ACADIO (2334 – 2190 AEC) Os acadios son un grupo de lingua semita, situados na parte central de Mesopotamia, na rexión chamada Akkad. Tiveron estreitas relacións cos sumerios, dos que absorberían progresivamente a civilización. O fundador do Imperio Acadio foi Sargón. Comezou sendo un servidor do rei Kiš, pero apoderase de Ur, Lagaš e Umma. Pasou a ser o rei de Summer, mantendo os vencidos ensi e lugal, e introducindo os acadios en novos postos. Campañas militares até Síria e o Mediterráneo (contra Ebla e Mari) NARAMSIN 2254 – 2218 o Foi un rei acadio que destruíu a cidade de Ebla no 2300 Aec o Estivo en guerra contra os guti e lullios o Divinización do rei: usa o prefixo de “deus” antes do seu nome e o título de “deus de Akkad” o Noción de dominio universal: título de (Summer, Akkad, Elam, Subartu, Amurru) Estela de Naramsin INNOVACIÓNS DO PERÍODO ACADIO o Ruptura dos antigos límites da cidade-estado o Concentración de todos os poderes e terras no rei, e ampliación destes bens raíces o O monarca como figura heroica-guerreira vs relixiosa-administrativa anterior o Substitución do sumerio polo acadio, aínda que o sumerio continuará o seu uso en textos científicos e relixiosos o Tentativa de unificación relixiosa, pondo o rei a cabeza e establecendo unha relixión privilexiada con Enlil, nomeando aos acadios sacerdotes en Summer o Os obxectivos do Imperio varían en función do control das fontes de produción e os camiños de comercio. FIN DO IMPERIO ACADIO o “Maldición de Acad”: segundo ela, este imperio sería destruído polos gúteos, debido a impiedade de Naramsin ao profanas o templo de Enlil en Nippur o Tal vez houbo unha revolta relixiosa do clero de Nippur contra Accad, vendo noutros cultos como a Ishtar ou a Sin unha ameaza, promovendo revoltas independentistas OS GÚTEOS o Segundo a Lista Real, tras Uruk IV, aparece unha dinastía de gúteos con 21 reis, 91 anos e 41 días. Aínda que os especialistas falan dun período máis longo, entre 99 e 145 anos o Proceden da zona do actual Kurdistán o Chegar a ocupar nominalmente todo o país. O seu poder no sur foi realmente débil, Lagash por exemplo foi unha cidade autónoma o As fontes sumerias falan deles como un pobo de saqueadores de templos, abusaban dos impostos e corveas, máis descoidaron os canais e obras de rego o En xeral, é un período escuro na historia de Mesopotamia, con moitas incógnitas (tempo exacto de ocupación, como foron os seus reis...) O RENACEMENTO SUMERIO Utu-hegal, o último rei da V dinastía Uruk, marcha contra os gúteos, pero é destronado por un dos seus altos funcionarios sumerios, Ur-nammu. UR-NAMMU: o Funda a II dinastía de Ur, asumindo o título de rei de Ur, Summer e Accad o Restablece o poder territorial centralizado, que se atopaba disgregado, fortalezendo o papel do monarca o Promulga o código legal máis antigo: uniformización de pesos e medidas, protección social, ordalía fluvial para a bruxería e o adulterio, composicións para roubo de escravos, falso testemuño, difamación e golpes e feridas o Escava grandes canles para desenvolver a arquitectura e favorece o porto de Ur o Algúns trazos falan dunha divinización do soberano, pero o proceso será máis visible no seu fillo, Šulgi A ECONOMÍA NO RENACEMENTO SUMERIO o Grande centralización da actividade económica no palacio o Actividade bancaria: emprestamos e compras a crédito o Estructura social: ▪ Homes libres o Mašda o Eren: poboación dependente asignada ao templo ou á coroa, servidume que lle impón limitacións notábeis, como non poder viaxar sen licenza ▪ Escravos (Arád) o Orixe: débedas o Non semellante á escravitude greco-rromana o Personalidade xurídica: Poden posuír, ter nogocios, comprar a súa liberdade, casar con libres e defenderse xurídicamente contra os seus amos A RELIXIÓN DOS SUMERIOS o Veneraban ás grandes forzas da natureza e da fertilidade, representadas por algunhas divindades que garantían o equilibrio natural e custodiaban a cidade o Cada cidade tiña a súa divindade política políade, Zigurat o Deuses destacados: ▪ Anu (señor do ceo) ▪ Enlil (deus do vento e da tempestade, beneficioso e ruinoso) ▪ Enki (a terra) o Había outros deuses que protexían as fases da actividade humana, os astros principais o Crían nun mundo sobrenatural poboado de xenios e demos, bos e malos o O mundo da ultratumba non parece ter un lugar importante nas súas creenzas TEMA 2. BABILONIOS E HITITAS IMPERIO ANTIGO BABILÓNICO CON HAMMURAPI o Chega ao trono no 1792 a EC, herdando un reino de grandes dimensións o Estende a súa influencia pola Baixa Mesopotamia. Na Alta Mesopotamia probablemente gobernou por delegación o Na Baixa Mesopotamia introduce un gobernador e un grupo de funcionarios nas principais cidades para: facer cumprir as ordes do rei, garantir o fornecemento da rexión e administrar os dominios da Coroa o Instala guarnicións de soldados profesionais, recrutados e mercenarios para acabar coas insurrecións, proporcionar tropas e recrutar corveas para as obras públicas o A administración do estado caracterízase pola polivalencia e imprecisión dos cargos dos funcionarios. Por outra parte, a atención do rei chega aos máis mínimos detalles. CLASES SOCIAIS No Código de Hammurapi descríbense tres grupos sociais ▪ Awilum: Homes libres, propietarios de terras. Altos e medios funcionarios ▪ Muskenum: Nen escravos, nen libres, sometidos a corveas e servizos de armas. Agricultores, artesáns, pescadores e pequenos artesáns ▪ Wardum: Escravos domésticos ou públicos. Orixe: miseria, sentenza xudicial ou débedas (3 anos máx) Aínda así, os Wardum, contaban con liberades: o Bens para vender ou herdar o Casar con persoas libres o Dereito a comparecer ante a xustiza o Manumisión por adopción ou compra ECONOMÍA o O rei dominaba sobre todos, era o principal propietario das terras traballadas por escravos e mushkenum o Os templos eran factores económicos independentes e institucións de crédito. Acumulaban moitas terras, sendo grandes terratenentes o Outras profesións: médicos, mercadores, artesáns... o O Estado regulaba os prezos e salarios o A moeda non existía, os trocos ou pagamentos eran en metais Contratos e transaccións de negocios deixan testemuño dunha grande vitalidade económica e a importancia do comercio privado O CÓDIGO DE HAMMURAPI o Gravado nunha estela de diorita negra de máis de 2 metros, atopada en Susa no 1902 o Conta cun prólogo, 282 artigos e o epílogo o Contido: o Diferenza de penas, remuneracións, dereitos e obrigas en función da clase social o Serie de medidas para protexer ás viuvas e orfos, contra a usura... o Non é completo nin detallado nas materias tratadas o Máis que un código legal con aplicacións concretas, tenta ser unha ilustración para os homes e deuses dos criterios de xustiza e bo goberno do reinado de Hammurapi. É un discurso sobre o lícito e ilícito AS INVASIÓNS DOS NOVOS POBOS: HURRITAS E CASITAS o Cando morre Hammurapi descende o Imperio Babilonio o Entran en Mesopotamia poboacións procedentes de zonas marxinais o Dende a segunda metade do XVIII a EC, os hurritas e casitas teñen presenza en Mesopotamia o Estes usan a cabalaría e os carros de cabalos, ademais de posuír estaño o Hurritas establécense na Alta Mesopotamia o Casitas establécense no Éufrates medio, sobre a zona de Mari A INVASIÓN DOS HITITAS o No final do III milenio, os hititas (tribos indo-europeas) infíltranse en Anatolia o Usan a lingua indo-europea. A escrita primeiro é pictográfica e logo cuneiforme o Novas armas de combate: espadas, carros de combate de dúas rodas o Desenvolven a metalurxia do ferro o Instalados na península de Anatolia, unha zona montañosa onde as cidades e agriculturas se asentaban nos vales debido a que as montañas eran inaccesíbeis ESTRUCTURA POLÍTICA DOS HITITAS ▪ Rei o Un primeiro entre pares o Designado polo seu antecesor e confirmado por un grupo de nobres o Ata a regulación da sucesión de Telepinus, van a darse frecuentes crises sucesorias o Nunca deificados en vida o Culto aos espíritos dos reis mortos o Concepto máis “laico” da soberanía ▪ Raíña o Posición independente o Título vitalicio, independente do reinado do rei o Ten un selo propio o Mantén correspondencia diplomática propia o Cando morría recibía culto á súa estatua ▪ Consellos de anciáns: gobernan as cidades ▪ Protectorados: antigos reinos gobernados por indíxenas pro-hititas o Pagan tributo anual o Contribúen con tropas o Xuramento de lealtade ▪ Pankus: asamblea de carácter guerreiro o Formada por homes libres o Relevante na vida política, ex: elección novo rei o Maior parte da poboación está excluída o Acabará por perder a súa función cando aumente o poder real A HISTORIA DOS HITITAS o 1650 Labarna unifica varios principados hititas, con capital en Hattusas o 1600 Hattushilis (1650-20) e Murshilis (1620-1590) comezan o proceso de expansión hitita cara Siria e Mesopotamia. o 1595 Murshilis saquea Babilonia, acabando co Imperio Antigo Babilónico o Dáse un período de declive onde domina o estado de Mitani o Tras o 1500 Telepinu restaura unha forte dinastía o Co rei Shuppilulimas dáse unha etapa de esplendor onde Mitani é sometido. Os hititas espállanse cara o norte de Siria, as montañas do Líbano e atópanse con Exipto. o Batalla de Qadesh entre Ramsés II e Muwatali = Tratado de paz o O territorio estaba na fronteira hitita-exipcia o Ambas potencias se comprometen a axudarse en caso de ser atacadas por unha terceira forza o Foi escrito en ambas linguas, e temos ambas redaccións, aínda que a hitita en acadio o No 1160 o Imperio Hitita colapsa o Invasións dos pobos do mar o Rivalidades pola sucesión ao trono o Situación de guerra civil Tema 3. Exipto A ORGANIZACIÓN DO ESTADO ▪ FARAÓN o Está no cume o Deus na terra o Fillo do deus Osiris-Ra ▪ BUROCRACIA: ESCRIBAS o Controlaba todos os aspectos da vida do país o Formaba a élite intelectual. Esencial no funcionamento dun estado burocrático ▪ VISIR o O título aparece na IV dinastía o Responsable de todo o funcionariado e o aparello administrativo central o Recibe os informes dos gobernadores (monarcas) e dos distritos (nomos) o Controla repartos de terras o Dirixe a policía o Preside a Corte Suprema de Xustiza o É Ministro de Finanzas, ao que se rende contas da xestión do tesouro o No Reino Antigo é elixido entre os fillos ou netos do rei o No Reino Novo será un funcionario brillante que escala as hierarquias do funcionariado ▪ SACERDOTES o Posición central na vida relixiosa, política e cultural o Administraban grandes parte de terra en nome dos deuses o Gardiáns dos costumes tradicionais o Xerarquización o Depositarios dos coñecementos científicos e técnicos (astronomía, medicina, matemáticas) ECONOMÍA DO EXIPTO FARAÓNICO AGRICULTURA o Actividade económica básica de Exipto o Cultivos: gran, frutas / Gando: cabras, porcos e aves de corral o As terras permanecían fértiles grazas ás inundacións anuais, máis as técnicas agrícolas eran pouco eficientes, as ferramentas primitivas e as melloras técnicas escasas. MINARÍA o Só era relevante para un pequeno número de persoas ricas o Os metais preciosos tiveron unha circulación escasa ata épocas tardías o O instrumental mecánico non estaba ao alcance da poboación e usaban normalmente instrumentos de madeira e pedra ❖ O intercambio de bens, exceptuando a súa realización a nivel local, estaba dirixido e gobernado pola monarquía e a administración central o Non se pode chamar comercio, xa que as mercadorías trocadas eran de valor semellante, sen darse o concepto de ganancia e beneficio o É unha economía redistributiva. Os movementos de bens tanto no exterior como no interior eran dirixidos polo poder central, que os redistribúe entre os súbditos o No troco de bens co exterior ten un papel importante o “intercambio diplomático de bens”, o cal anima o fluxo de bens entre Exipto e outras potencias mediterráneas DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO DO EXIPTO FARAÓNICO ÉPOCA TINITA (3050 – 2675) o Fontes tradicionais: o Unificación de Exipto resultado da conquista do reino do Norte o Sería por parte do rei Menes de Tebas, identificado por algúns autores como o rei Narmer Na súa paleta hai escenas bélicas que se interpretan como representacións das campañas de unificación de Exipto o Esta unificación é lendaria o Probablemente nunca existiu un reino do Alto Exipto e outro do Baixo Exipto, pois a zona do Delta, estaba dividida en varios reinos no período protohistórico o Certeza: o Para o 3000 emerxe en Exipto o Estado Dinástico Arcaico das 1 e 2 dinastías o Controlaba boa parte do Val do Nilo (1000km) desde o Delta ata a primeira catarata en Asúan REINO ANTIGO (2675 – 2350) o Período de esplendor (III-V dinastía) o Expedicións militares: Sinai, Libia e Nubia o Impoñíanselle tributos en escravos, ouro e madeiras preciosas o Época das pirámides o Pirámide de Djoser, proxectada por Imhotep, da III dinastía o Pirámides de Gizeh, feitas construír por Quéope, Quefrén e Micerino ❖ Hai unha imaxe moi cinematográfica da forza de traballo escrava nas pirámides, máis esto non foi así, xa que a escravitude como forza de traballo importante aparece no Reino Novo o Fase de declinio (Reino Antigo, final da V dinastía) o O poder estatal debilitase o Os gobernadores locais independízanse, ata transmiten os seus cargos ao fillos de forma hereditaria, sen ser estes nomeados polo faraón REINO MEDIO (2008 – 1630) o Unidade restaurada polos faraóns da XI dinastía o Época clásica o Expansión exipcia -> Dúas direccións: o Sur: Nubia o Leste: Siria, control da costa de Canaán para dominar terminais do comercio co mediterráno e a entreterra oriental o Sesostris III: alarga o dominio exipcio en Nubia, Palestina e Siria. Chegaron ao País do Punt, onde fundaron colonias para adquirir perfumes e madeiras preciosas o *País do Punt: As fontes son confusas, sitúano tanto ao norte como ao sur de Exipto. Actualmente hai dúas teorías da súa localización: o A maioritaria di que en Somalia, xa que hai produtos que traen de alí o Outros afirman que Arabia, porque coincide coa descripción ofrecida polas fontes da época (Un deserto situado cara o SE de Exipto) II PERÍODO INTERMEDIO (1630 – 1539/23) o Invasión dos Hiksos, infíltranse polo delta do Nilo o A orixe é descoñecida, foron empurrados por outros movementos da poboación ou eran mercenarios do faraón? o Trouxeron o caro de guerra o Dividiron a terra entre os xefes, establecéronse no Delta con capital en Avaris REINO NOVO (1539 – 1075) o Inicia con tres zonas en Exipto: o Delta cos Hiksos o Sur cos príncipes de Exipto o Nubia cos gobernantes locais o Kamose de Tebas: comeza campañas bélicas para unificar o país o Ahmose: unifica completamente Exipto Xa non se constrúen pirámides, enterramentos no Val dos Reis o Amenhotep IV chamado tamén Akhenaton ou Amenofis IV o Reforma relixiosa: Culto central ao Deus Aton (o disco solar). Henoteísmo máis que monoteísmo. Hai unha divindade suprema, e o resto están inferiores a ela o Esta imposición do Atonismo puido non ter tanto alcance, úsanse amuletos doutros deuses e nomes doutros deuses na antroponimia o No 5 ano de reinado: o faraón acaba por dispersar os sacerdocios doutros deuses, deixa de contribuír ao culto doutros deuses e fundase Akhetaten (actual Amarna), nova capital o No 9 ano de reinado: Aton é a única divindade suprema máis o único deus, apáganse os nomes doutros deuses (sobretodo Amon-Ra) e prohíbese realizar imaxes destes o Política externa: máis activa do que se pensaba Cartas de Amarna: política de contención cos emerxentes hititas o A súa sucesión é complicada, e hai unha política de damnatio memoriae dende Horemheb, que sobre todo será aplicada polos ramésidas o A ameaza hitita é cada vez máis forte e próxima. O momento decisivo foi con Rameses II o Rameses II é identificado, dende Eusebio de Cesarea, como o faraón ao que Moisés pide que liberte ao seu pobo. A Biblia menciona que os hebreos traballaban na construcción da cidade de Rameses, Pi- Rameses o Ten que realizar unha serie de campañas en Siria contra os hititas, que culminan na batalla de Qadesh (1274 Aec). Destacan batallas en Líbia e Núbia o Época de espendor artístico (cidades, templos...): Pi-Rameses, Rameseum o É o responsable da erradición total da reforma de Amarna o Rameses III o Fai fronte ás invasións dos pobos do mar, aos que derrota e expulsa a Canaán o Nese período Exipto sae debilitado e non consegue fortalecerse (secas, subidas do Nilo escasas, fames, carestía, desasosego e corrupción) o Rameses XI o Exipto está dividido Alto Exipto: controlado polo sumo sacerdote de Amón en Tebas Baixo Exipto: controlado por Esmendes o A partir do 1000: Exipto seguirá sendo un reino independente, pero sen forza e poder Tema 4. Israel e Fenicia ISRAEL o Canaán é unha encrucillada comercial que constituíu unha zona neurálxica do Oriente Próximo, onde se “encontran”, (ou baten unhas contra outras) as potencias da zona o A zona era de gran importancia económica. Está no medio de Exipto, Mesopotamia, Asia Menor e o Mediterráneo. Por este corredor transitaban as principais vías comerciais da época, como a vía do incenso o Entre 2000-1350: os príncipes canaaneus eran tributarios dos faraóns o A partir de 1350: divididos en dúas zonas de influencia: N para os Hititas, S para Exipto o Após o 1100: comezaron a ter formas políticas máis autónomas ORIXES MÍTICAS DE ISRAEL Segundo o relato bíblico: o Israel sairía de Abraham, Isaac e Xacob. o Xacob tería 12 fillos=12 tribos de Israel o Van a Exipto, alí están sometidos á servidume (traballando nas obras públicas) o Liberados por Moisés na súa saída, viaxan polo deserto 40 anos (cousa sorprendente tendo en conta que se pode percorrer en 3 días) o Despois de andar errando polo deserto, e morte Moisés, lanzase á conquista da Terra Prometida dirixidos por Xosué, nunha guerra relámpago HISTORICIDADE DOS RELATOS SAGRADOS NAS ORIXES Os relatos sacros sobre as orixes de Israel teñen anacronismos, o que indica o serodio (significa tardío) da súa redacción: o Camelos: anacronismo. Non foron domesticados ata finais do II Milenio e non se usan de maneira masiva ata despois do ano 1000 o Isaac atopase co rei filisteo Abimelec de Guedar. Históricamente, os filisteos non se asentan en Canáan ata o 1200, e as súas cidades prosperan nos séc XI e X o Os arameos que aparecen nos relatos do casamento de Jacob con Lia e Raquel. Na realdade non aparecen como grupo étnico diferenciado ata o 1100, e a súa relevancia chegou no séc IX coa aparación dos reinos arameos (como Aram-Damasco) o As xenealoxías utilízanse para denigrar as orixes de pobos rivais dos hebreos (Amón e Moab son fillos incestuosos de Lot, Esau é inferior a Jacob...) Respecto da fuxida de Exipto: o Ningunha fonte exipcia nomea un grupo de israelitas antigos, aínda que si a Israel como grupo en Canaán Na estela de Merneptah o É difícil asegurar que puideran pasar desapercibidos polas fortalezas exipcias que existían ao largo da Península do Sinai, as cales gardaban Exipto de calquera posible intromisión procedente de Asia o É estraño que non haxa ningún resto arqueolóxico dun grupo tan numeroso ao pasar polo Sinai Respecto da conquista relámpago da Terra: o Canaán está ferreamente controlada polos exipcios, custa crer que puideron conquistar cidades fieis a Exipto sen que este intervise o Moitas cidades citadas como conquistadas xa non existen no Inicio do Bronce Final, que é cando acontece a conquista do Xosué Por outra parte, mirando os datos arqueolóxicos, o panorama é diferente do que aparece nos relatos sacros dos israelitas Séc XII: Comezan a aparecer un gran número de asentamentos nas terras altas de Canaán, que parecen responder á necesidade das poboacións canaaneas trashumantes de asentarse Culturalmente son iguais ao resto das poboacións canaaneas circundantes A partir deste séc, en toda Canaaán comezará un proceso de diferenciación das poboacións canaaneas, acabarán por formarse os principados canaaneus Neste proceso apareece Israel, os israelitas son poboación autóctona de Canaán HISTORIA DE ISRAEL 1 ETAPA o Israel organízase nunha estrutura pre-estatal, O período dos xuíces, constituíndo unha federación de tribos patriarcais o O país non se unifica relixiosamente, non existe a centralización do culto. O país está cheo de santuarios e sacerdocios de Yahveh (a divindade do país) o Non hai unha milicia profesional nin nobres 2 ETAPA o Monarquía unificada, con David e Salomón. David sucede a Saúl como rei de Xudá o O modelo de Estado e o dunha monarquía absoluta o Existe a aristocracia, salienta a sacerdotal. Vira arredor do Templo de Xerusalén, onde se centraliza o culto DIVISIÓN DE ISRAEL (atópase dividido en 2 reinos, salvo nos períodos de David e Salomón) Reino Norte, Israel Reino Sur, Xudá o 732: Alianza entre os reinos de Israel e Aram, ameazan a Xerusalén o Ahaz (rei de Xudá), pide axuda a Asiria, converténdose en tributario o Asiria saquea Israel e Aram, anexionando Aram na súa totalidade e gran parte de Israel, deportando deste unha gran parte da poboación o 722: Israel está en mans de Asiria, a súa poboación é deportada. Desaparece a monarquía do Norte, a israelita o 701: O reino de Xudá busca aliarse con Exipto para acabar coa vasalaxe a Asiria, o que provoca o asedio asirío. A súa capital, Xerusalén, non fora tomada o As décadas seguintes, Xudá será un estado vasalo ou aliado das potencias da zona, ata que no 597 se converte nun protectorado babilónico o 587: O rei de Babilonia, Nabucodonosor, entra en Xerusalén e destrúe o templo, acabando co reino de Xudá e deportando a súa poboación. ❖ Comeza o PERÍODO DE EXILIO, no que se forxa en gran parte o Xudaísmo Clásico do período posterior do segundo templo o 538: O rei de Persia permite o retorno a Israel da poboación exiliada, e reconstrúese o templo, que a partir do 520 volve a funcionar. Inicia o período clásico do Xudaísmo do Templo o 334: Coa expansión grega da man da dinastía macedonia, Alexandre Magno conquista Israel. Esta ocupación producirá un proceso de helenización moi conflictivo o 169: Antíoco Epífanes, rei de Siria da dinastía dos Seléucidas. Era un dos reis dos diferentes reinos nos que se dividira o Imperio de Alexandre Magno tras a súa morte o Este rei usa o tesouro do Templo, e pon un altar a Zeus Olimpio no seu recinto (algo horrible a ollos dos xudeus), promulgando medidas para a helenización forzosa do país e de Xerusalén e o seu templo o 164: A causa desto ten lugar a Revolta dos Macabeos. Os israelitas tentan derrocar ao rei seléucida, impoñendo un rei que une en si mesmo a realeza e o sumo sacerdocio de Israel (gran novidade) o Neste período aparece o fenómeno das seitas dentro do xudaísmo, que mencionan as fontes cristiás, como os fariseos e saduceos, e a seita dos Manuscritos do Mar Morto (grupo mencionado por Flavio Josepho ou Filón de Alexandría como “esenios”) o 142: Israel volve a ser vasalo dos seléucidas pero con maior autonomía o 63: Pompeio, un xeneral romano, conquista Israel FENICIOS o Na costa sirio-libanesa, tralo fin do Bronce Final, hai unha agrupación de cidades- estado independentes e rivais entre si o Adícanse ao comercio e transporte marítimo de mercadorías, as máis relevantes son: Tiro, Sidón e Biblos o Só en época persa se estableceu un consello confederal con representantes de cada cidade en Trípoli o Aínda así, no transcurso da historia dos fenicios, a pesar da independencia das cidades, houbo unha que con frecuencia era predominante o Durante os séc. XII e X foi Sidón, substituída dende o séc. X por Tiro o O réxime político era a monarquía hereditaria e de lexitimación divina. Unha monarquía estilo Oriente Próximo: ▪ Rei xusto e virtuoso, construtor de templos e impulsor do benestar dos súbditos ▪ Raíña podía ser rexente e compartía altas funcións sacerdotais co rei ▪ Gobernador e comandante militar a cargo de cada cidade ▪ Asemblea da nobreza que asistía ao rei, antigamente integrada por nobreza de sangue, máis introduciuse oligarquía comercial ▪ Sufetes: elixidos pola oligarquía comercial, eran o medio de intervención desta na administración A COLONIZACIÓN FENICIA o Primeiro lugar colonizado é Chipre o Dende o Bronce Final hai pegadas fenicias, pero os vestixios máis antigos que testemuñan a existencia da cidade de Kition, non van máis aló do séc IX o Pola súa situación, pasa a ser un lugar de refuxio fronte á expansión de imperios circundantes o Malia as proclamacións de Sargón II, e de que os reis de Kition se declarasen vasalos dos reis de Asiria, nunca foron dominados dun xeito efectivo o Dentro do fenómeno colonizador, Chipre tivo un papel fundamental, ao ser xunto con Tiro o principal axente da colonización fenicia ETAPAS DO PROCESO COLONIZADOR DO MEDITERRÁNEO CENTRAL E OCCIDENTAL 1 ETAPA: o Dende finais séc. IX – comezos do séc. VIII o Fase de carácter comercial o Asentamentos e factorías ao longo dos itinerarios marcados pola súa expansión marítima: Sicilia, Península Ibérica, Sardeña e Túnez 2 ETAPA: o Dende inicios séc VII o Transformacións debido a xente chegada de Fenicia fuxindo dos asirios, crecemento demográfico dos asentamentos existentes e aparición de outros novos o Factorías en Sicilia, Sardeña e Península Ibérica pasan a ser cidades o Novas colonias fundadas non dende Fenicia, senón dende as propias colonias 3 ETAPA: o Dende o 600 diminúen os lazos cos fenicios pola inestabilidade política en Siria e Israel o Chipre é o vínculo co mundo fenicio occidental o Dende o séc V e durante o VI, Cartago é o principal centro do comercio fenicio, Gadir tamén ten moita importancia, Ebusus representaba nela os intereses cartaxineses CONCLUSIÓN DA COLONIZACIÓN FENICIA o Polo xeral, a aventura colonial fenicia non supuxo un dominio directo e marxinalización das culturas coas que entraban en contacto. As relacións entre colonizadores e colonizados tenderon a ser boas o A mestura étnica non foi un fenómeno raro o A dominación foi na maioría das veces, económica e cultural, máis que militar ou política. o Salvo en circunstancias moi especiais, como na conquista da Península Ibérica para compensar a perda do seu poder marítimo tras a I Guerra Púnica. Isto quere dicir que tras a I Guerra Púnica entre Roma e Cartago (colonia fenicia), os cartaxineses perderon poder no Mediterráneo Occidental, e como resposta expandíronse pola Península Ibérica para mellorar a súa posición comercial e militar Tema 5. Asiria e Persia ASIRIOS o Inicialmente eran un pobo de pastores e agricultores que vivían na zona montañosa da Alta Mesopotamia o A capital do reino asirio era Assur, tamén nome do deus deste pobo o No III mil: pequeno estado con pouca relevancia, exposto aos ataques dos pobos circundantes e aos tributos a estes REINO ASIRIO MEDIO o Asiria pasa a ser estado soberano no 1300 o Exército aguerrido e ben organizado, fará posible a expansión desde reino o Resisten ao desastre dos Pobos do Mar e herdan as potencias que había previamente na zona o O fundador de Asiria como grande potencia foi Tiglatpileser I (1114 – 1076) o Somete a unha parte de Anatolia o Vence a Babilonia (será estado satélite de Asiria varios séculos) o Os seus sucesores continuaron a política de expansión para impor o dominio sobre Siria, Fenicia e Canaán IMPERIO NEOASIRIO o Culme da expansión de Asiria (800 – 650) o Campañan militares que levan a conquistar o Próximo Oriente o Sargón II somete Israel o Senarequib destrúe Babilonia e instaura alí un gobernador asirio o Asubarnipal conquista Menfis e Tebas e somete a Exipto , que será administrado por nobres asirios e nobres locais. Rei mecenas: Nínive o Tras él o Imperio vaise abaixo o Babilonia independencia o Coalición que leva a guerra ao territorio asirio, e arrasa Nínive no 612 O ESTADO ASIRIO ▪ Rei o Poder absoluto o Poder provén do deus Asur, o rei é o seu sumo sacerdote e administra o seu dominio terrestre o Posto hereditario o Ratificación feita polo oráculo e xuramentos de fidelidade da familia real, os grandes dignatarios e o pobo asirio ▪ ADMINISTRACIÓN CENTRAL o Composta por altos funcionarios de familias nobres e ricas o Funcións dos títulos mal definidas o Gobernadores de provincias fronteirizas con responsabilidades militares o A administración central e provincial mantíñanse dos tributos e impostos cobrados a sector privado (taxas agrícolas, comerciais, peaxes...) o Outros ingresos eran os das terras do estado (confiscación e venda de escravos) ▪ ECONOMÍA (as terras) o Economía agrícola, Terras da coroa privadas concedidas polo rei o Da coroa: A cargo dos pazos ou centros provinciais da administración Dispuñan de cortes, cabalos, celeiros e almacéns para o material Persoal que traballa a terra: esclavos de guerra e nativos vinculados ao poder central o Privadas : Extensión media de 3, 5 ha Obxecto de catastro o Terras concedidas polo rei a particulares: Carga militar S. XV XVI: aparece nobreza terratenente, serie de familias que alargaban as súas propiedades a causa dos empréstamos hipotecarios en cebada ou estaño Esta aristocracia nutre a administración provincial e local con altos funcionarios que herdan os cargos Matrimonios endóxenos- casta encerrada Acaban confundindo a actividade para o estado e os negocios particulares ▪ ARTESANADO o Pouco desenvolto o Concentrado na administración o Por necesidades militares, dase un auxe da metalurxia o Desde o s. VIII o ferro despraza o cobre e bronce o Trocos: incenso de Damasco, xunco de Caldea, manufacutras de luxo de Siria e Fenicia, cabalos de Irán o Non participaban demasiado no comercio, o interno estaba en mans de arameos, e o externo de fenicios ▪ EXÉRCITO ASIRIO o Sistema eficaz de comunicacións (correos, sinais de lume, espionaxe) o Sistema de apoio loxístico (panadeiros, cociñeiros, escribas...) o Usaban maquinaria de guerra abundante (torres madeira, túneis, catapultas, arietes...) o Esixía carpinteiros e enxeñeiros o Dispoñia de tropas en calquer momento e punto xeográfico o Era permanente o Con Tiglat Peliser III dividiuse en soldados profesionais (recrutados nas provincias do imperio) tropas auxiliares ou continxentes estranxeiros (medos, crimerios, árabes, elamitas) soldados do rei - ilkus (xovenes que cuprían o servizo militar e eran chamados á guerra) reservistas (movilizados só en extrema necesidade) suplenetes (recrutados masivamente en rexións do imperio para excepcionais campañas) SITUACIÓN INTERNACIONAL TRAS O DERRUMBE DO REINO ASI RIO o Os babilonios co rei Nabopolasar serán os primeiros respnsables do derrumbe de Asiria o O imperio babilónico, cando se forme, será o estado dominante na rexión Asia Menor o Desenvolvemento do reino dos Fríxios e dos Lídos, estenderán o estado pola zona, incluíndo as cidades costeiras gregas. Os gregos tomarán a moeda dos lídios Exipto o Toma o poder Psamético, príncipe local vasalo de Asiria o Reunifica Exipto, con capital en Sais, no delta o Con él, Exipto ten o seu último período de explendor o Retomase o culto aos faraóns, restauran monumentos e acentúan os trazos conservadores da súa civilización. (Vontade de vincularse ao pasado glorioso de Exipto) o Non era unha enorme potencia a nivel o O rei saíta fixo un sistema de fortificacións cara oriente para pechar as invasión dende Asía o Relacións amistosas e estreitas entre exipto e centros gregos o Os faraóns saítas conscientes da súa debilidade internacional, estableceron relacións diplomáticas estreitas con varias cidades gregas. Grupos de colonos gregos fundaron Naucraris nunha parte do delta exipcio Tras o derrumbamento do Reino Asirio o Aparente equilibrio en Oriente Próximo entre babilonios, exipcios e lídios o Falso, exipcios e babilonios disputaron a área de Siria, para o comercio no mediterráneo o Batalla de Karkemish (605): Exipcios derrotados por Babilonios, que pasan a ser dominantes na zona o Máxima expansión do Imperio Babilónico con Nabucodonosor II, época da conquista e detrucción do Templo de Xerusalén e a deportación a Babilonia o 538, co rei babiloinio Nabonido, esta é atacada polos persas a mandos de Ciro e sucumbe PERSAS o Procedían do altiplano iraniano o Aparecen por primeira vez no s.IX en guerra contra Asiria, que cae no s.VII baixo o dominio dos medos, grupo afin de Persia o Os medos, xunto con Nabopolasar de Babilonia, deron o gran golpe aos asirios e destrúen Nínive no 612 o No 550, o persa Ciro rebeláse contra o rei medo Astiage e faise co seu posto o Comezan expedicións militares que porán toda a rexión de oriente baixo o seu poder en 13 anos - Reino de Lídia: primeiro obxectivo, a capital Sardes é tomada no 546, o rei Creso é aprisionado - Lícia e cidades gregas costeiras sometidas nos anos seguintes - Imperio Babilónico derrotado no 538 - Exipto próximo obxectivo, máis Ciro morre o Sucesor de Ciro = Cambises - Derrota aos exipcios e entra victorioso en Menfis no 525, acabando co reino saíta - Morrerá vítima dunha conxura o Rei Darío - Zoroastrismo contra a casta sacerdotal - Reorganiza o estado, eliminando a vella organización tribal ESTRUTURA POLÍTICA E SOCIAL DO IMPERIO o O Imperio dividido en 20 distritos, en cada un, dirixe un funcionario chamado sátrapa, elixido entre os familiares do rei ou as grandes familias persas, e nomeado polo rei o A actuación do sátrapa estaba suxeita a unha forte vixilancia: un secretario que garantía a conexión co poder central e un grupo de inspectores coñecido como “os ollos e orellas do rei” estaban autorizados a dispor do exército en caso de necesidade e presentábanse sen aviso previo para verificar a regularidade da xestión da satrapia o A parte do sátrapa o rei nomea máis funcionarios: comandante e xefe de tropas de guarnición, e funcionario para recoller os impostos o O corazón da administración era o pazo real , o rei rodeado de funcionarios persas e conselleiros das terras sometidas o A garda seleccionada polo rei era o principal instrumento militar do reino, eran “os inmortais”, 10000 cabaleiros persas fieis ao soberano o Antes da formación do Imperio, as tribos persas adícabanse a crianza de ovellas e cabalos, a artesanía ou a facer razzias nas tribos veciñas. o É importante a saída ao mar, moitas das rutas comerciais marítimas tiñan que recalar na costa da Pérside o Durante o reinado de Ciro, o sistema económico e político persa desenvolveuse ata ser unha estructura estatal organizada, que permaneceu case inalterada durante dous séculos ata o derrumbamento final a finais do s.IV o Dende o punto de vista económico, o imperio era un enorme mercado común no que coexistían variadas realidades: dende zonas costeiras fenicias ata agrícolas exipcias e pastorís mesopotámicas o Estas rexións tiñan que pagar enormes tributos para o tesouro do estado, todo agravado polos enormes gastos da corte o As propias satrapias eran centro de gasto, e favorecían a crise financieira no imperio o Durante o reinado de Darío, desenvolvese a agricultura, introducindo novos cultivos que se difundiron polo imperio (algodón ou sésamo) o As rexións costeiras do mediterráneo foron as que obtiveron maior beneficio deste estado polo aumento dos trocos entre rexións o A moeda persa (o dárico), converteuse na moeda patrón internacional, do que se beneficiaron especialmente os fenicios 1 Sitúase no mediterráneo oriental, bastante cerca do resto do mundo grego e do mundo oriental, e tampoco estará moi lexos do mediterráneo meridional. Está dividida en dous tercios orientais e un tercio occidental; a zona occidental non está case excavada. Os lugares que podemos destacar son: o Cnosos – palacio. o Festos – palacios antiguos. o Palacio de Mallia – si ou non. o Gurnia – Palacio si ou non. o Zakros. o Camares – tipo de cerámica, centro de producción cerámica. o Myrtos – asentamento importante. o Arkanes – non se sabe se hai un palacio ou non. https://i.pinimg.com/originals/7c/cf/64/7ccf644c3c2e707069262b1b1fdca330.jpg Existen tres tipos de escritura dentro das formas escritas: 2 − A escritura pictográfica: non descifrable. − O lineal A: escritura de tipo silábico que evolucionará ao lineal B cos micénicos. É a máis típica, non descifrable. − O lineal B: escritura silábica, foi posible descifrala porque se pensaba que era unha variante do grego. 6.1. Cronoloxía da cultura minoica. − Prepalacial (3250-2100): A sociedade minoica vai converténdose pouco a pouco nunha sociedade máis complexa. − Protopalacial (1900-1800): Construción dos primeiros pazos e posterior destrucción dos pazos. − Neopalacial (1700-1500): Segundos palacios. É o período clásico, de esplendor. − Creta Micénica (1450): Destrución en Creta, destrúense todos os pazos menos o de Cnosos, o cal ocupan os gregos micénicos (levan todo a súa cultura alí). − 1360: Fin do pazo. Fin da cultura micénica: acaba aí pero florece no resto do continente grego. 6.2. Descubridor. Arthur John Evans. o Buscaba excavar o Pazo de Minos, pero acabou excavando o de Cnosos. o É o responsable da popularización de Cnosos, da glorificación e a idealización da Civilización Minoica: ▪ Seres gráceis (finos). ▪ Pacíficos. ▪ Estetas (obxetos belos, mundo de beleza). ▪ Amantes dos deportes… o Visión determinada polo que se excavaba: o pazo, o sector señorial. ▪ Vaise modificando a medida que se foi coñecendo a civilización. o Fontes: arqueoloxía, iconografía. o As fontes escritas seguen a estar mudas para nós. Frescos de Cnosos. Hai moitas representacións distintas das mesmas cousas, dos mesmos frescos atopados en Cnossos. − O príncipe dos lirios. 3 − Boxeadores de Santorini. − Damas de azul: sospeitosamente demasiado moderna. − O salto do touro de Cnossos. Disco de Festos. Un disco con pictogramas que non se collecen en toda Creta, senón só nesa zona. Algúns pensan que é una figura dun sitio diferente e outros pensan que é una falsificación (problemas cas representación cretenses). 6.3. Aparición da sociedade palacial. 4 A sociedade vai evolucionando ata chegar a unha gran xerarquización a nivel social (nos cemiterios algúns mortos enterrados con moitas riquezas) e a nivel de asentamentos (os máis pequenos subordinados ós máis grandes). Nesta sociedade será na cal aparezan os pazos, baseada na agricultura. A artesanía tiña un segundo plano, case marxinal. Palacio: − Como institución política, determina a sociedade. − Como estrutura arquitectónica, monumental. Hipóteses xurdimento dos palacios: - Por evolución arquitectónica: o A evolución interna (endóxena): ten como exemplo Myrtos. Se constrúe a partir dun patio aberto, logo se van engadindo estancias de maneira desorganizada (un proto−protopazo) para usos diferentes. Aparece a unidade central e vanse unindo estancias pequenas. Elemento fundamental que non aparece é a estrutura monumental. o A evolución externa (exóxena): ten como exemplo o pazo de Mari e o de Beycesultán. Determinadas salas crecen máis que outras (carácter minoica). En forma de malla de salas pequenas. Prefiren o desenvolvemento propio interno. Aparecen centros distributivos e unha elite. Tamén hai unha evolución arquitectónica como o Furnu Korifi en Myrtos. Ademais, aparecen notacións simbólicas para control de bens (usos primeiros do que será a escritura). − Modelo exóxeno: introdución de modelos artesáns exteriores derivada das invasións. − Modelo endóxeno: evolución da propia sociedade, + aceptado. - Modelo de C. Renfrew: 1. Final do neolítico: aparición da Oliveira e a vide que se unen aos cereais e legumes (policultivo mediterráneo). 2. Policultivo Mediterráneo. Especialización da producción agrícola e extensión da superficie de cultivo: terras baixas e planas (cultivo de cereais) e terras nas faldras das que ten solos máis delgados (uva e Oliveira). Aumenta a producción e prodúcese un aumento demográfico.p 3. A nivel local, xorden os xefes redistributivos ao frente dos labores de coordinación dos trocos de produtos especializados. Ademais xorden edificios novos e maiores para almacenar os produtos especializados. 4. Os xefes alentaron a especialización da artesanía e a producción de bens de prestixio. Incrementa así a producción e refórzase a interdependencia de agricultores especializados. 6. 4. A Creta Dos Primeiros Palacios. Minoico Medio (1900 a. C.) – Período Protopalacial. Sociedade de gran actividade artesanal: 5 − Cerámica de Camarés: polícroma de fondo escuro e decoración branca, vermella ou laranxa. Cerámica de “casca de ovo” (paredes moi finas). Cerámica luxosa, que consumía unha elite determinada. (Supón un avance nas técnicas, unha maior especialización, tornos, …). − Materiais: pedra, marfil, vidro e pedras finas. − Metalurxia: eixadas, tesoiras, taladros tubulares, puñais, anzós e puntas de frecha. Controlan a dosificación de cobre−estaño. Método de fundición á cera. − Ourivaría: chegou pouco a nós. − Glíptica (selos, aneis, …): xeroglíficos e escenas da vida real. Dato: Problemas ca iconografía, non se sabe ben o significado. 6. 5. Os Asentamentos: As Cidades. No MM = Minoico Medio (1900 a.C.) os asentamentos aparecen como cidades. Teñen plano claro e regular de rúas que divide en bloques de edificios a estrutura. Moitas veces ten como foco unha praza ou edificio importante. Sempre entrada para acceder aos bloques e teñen canais de drenaxe que desembocan en canais xerais. Casas individuais de dous andares e varias habitacións, posteriormente aparecerán fachadas continuas para varios edificios. Canalización de auga nos edificios. Ás veces estrutúranse en barrios. Pode aparecer un edificio con funcións administrativas. Non hai murallas rodeando as cidades, excepto en Petra. Xerarquización entre cidades, indica relacións de tipo administrativo entre elas. Pouca poboación (6.000 hab = megápolis), pequenas en comparación con outras civilizacións. 6 6.6. Os Pazos Minoicos. Aparecen no IB MM. Destacan Festos, Cnossos, Malia. Ademais, os complexos palaciais en Monastiricai e Zacros, que non se sabe ben se son palacios, o de Zacros crese que era un centro administrativo. Desde punto de vista arquitectónico: a) Son construcións monumentais, aínda que varían as dimensións entre pazos (o pazo de Zacros é 1/4 do de Cnossos. O de Gurnia 1/6 do palacio de Cnossos). Destacan con respecto ao resto de edificacións. b) Constrúense a partir dun patio central (ao descuberto a excepción de Gurnia, sen función concreta), que non ocupa o centro xeométrico; senón o funcional. A través del desenvólvese o resto do palacio. Forma rectangular en proporción 1:2 respecto á superficie total, de 1:8. Eixe maior de orientación Norte−Sur. a. Hipóteses función do patio: onde se desenvolvían os rituais ou onde se desenvolvese o xogo do salto do touro = problema, o pavimento tan liso que sería moi difícil realizalo. Outro problema, era que non estaba nada claro onde se situarían os espectadores. c) Por orientación se fala de que se constrúe tendo en conta as consideracións de tipo simbólico e relixioso. d) A fachada principal é a oeste, precedida por unha ampla explanada pavimentada ou embaldosada. Función: reunións públicas, interface entre as autoridades do pazo e a poboación. a. Aparecen vieiros con cubertas lixeiras = para procesións? Tamén camiños pavimentados que dan a outras fachadas e plataformas de pedra con acceso mediante escaleiras (ritos probablemente). b. Zona de Koloures, grandes graneiros de forma circular, enterrados e accesibles ao uso público. i. Desaparecen no período Neopalacial. ii. No período Neopalacial reforzase a monumentalidade da fachada e se eliminan certos accesos ao pazo. c. A fachada norte e oeste moito máis desarrolladas = provoca certa hipertrofia. 7 e) “Almacéns do Templo”: no lado Occidental do pazo, que abranxen unha gran extensión. Moitos tiñan emblemas relixiosos: o almacenado (bens agrícolas) era un imposto das divinidades? f) “Santuario tripartito”. Complexo da Sá do Trono. (Non común en todos os palacios, só algúns como Cnossos) g) Zonas residenciais, para nobres. h) “Piano mobile” (piso principal de una residencia) coas súas salas de recepción. Tratábase dunha representación de poder, situado no baixo. i) Frescos decorativos. Palacio de Festos e de Knosos Funcións do pazo. Centro político, relixioso e de almacenamento. Outras funcións: 1. Centros de produción: a. Festos: produtos de pedra, la tecida e cerámica. b. Knossos: + de 400 pezas de talar realizadas en bloque de obsidiana. 2. Centro de consumo: maioritariamente de bens de luxo, pero tamén de bens artesanais. 3. Reguladores de trocos locais (Festos e Cnossos). 6.7. Fin Do Periodo Paleopalacial (Protopalacial). Da final cun gran horizonte de destrución no MM.IIB. Terremoto ou violencia? Non se sabe con certeza, pero os preparativos para a defensa, escondrixos, reforzamento das defensas, preparativos para torres de defensa… fan pensar nun estado de violencia (o caso de Pirgos). Algúns pazos foron queimados, que pode ser a causa dun terremoto ou de violencia. Desaparecen vellos palacios, substituídos por un modelo novo con algunhas diferencias: zonas de almacenamento menores, aumenta a zona dedicada aos talleres artesanais,... Chegada de estranxeiros de Anatolia que traerán os novos pazos? Demasiado semellantes conceptualmente aos vellos. Non hai indicios arqueolóxicos de invasión. 6.8. Periodo Neopalacial. 1700 − 1500 a.C. Destruíronse non sabemos como os primeiros palacios, reconstrúense os palacios de novo. É o momento culme dos palacios (palacios no seu momento clásico). Intesifícase a presencia minoica: Creta comunícase máis co exterior. 8 o Reconstrúense os pazos por riba dos anteriores. Influencia minoica expándese e intensificase no Exeo meridional, pero non en xeral. Probas de contactos co Peloponeso Occidental, sobre todo con Messenia. Os pazos están no seu momento clásico. A diferenza fundamental a respecto dos do período anterior está no reforzamento da monumentalidade da fachada occidental. Elimínanse os accesos ao pazo por esta zona e existe unha maior separación entre pobo e dirixentes. Os patios centrais son moito menos accesibles ao público. Desaparición dos Koloures. Outra diferencia é a diminución das zonas dedicadas ao almacenamento (de gran, viño) no MFI fronte ao MMIII. Este espazo dedicarase agora á produción de produtos de luxo e de ritual. Indícanos a aparición dunha nova xerarquía social. Imitan a arquitectura palacial por exemplo nos materiais que utilizan, da sillería, separación das zonas resindencias e talleres ou arquivos, rexistros. Grandes residencias, que imitan a arquitectura palaciana. Indicio de aparición dunha nova xerarquía social. Aparecen cerca dos pazos das cidades principais e tamén en cidades secundarias e aglomeracións rurais, onde son os edificios centrais. Na zona de almacenamento: o Pizoi: productos típicos do policultivo. Abundancia de emblemas de tipo relixioso. Fachada septemtrional tamén desenvolta, a meridional non case. 6.9. Sociedade Cretense. A identidade dos señores do pazo segue sendo unha incógnita. Suponse que eran ou reis ou sacerdotes, polo que algúns pazos serían templos. Puideron concentrar todo o poder político?: sí, ou un poder compartido. Non se sabe se exercían o poder absoluto. Pode haber outras institución, que se reparta o poder. Paleopalacial: sociedade xerarquizada. Os obxectos de luxo e a propia arquitectura monumental indican a existencia dunha élite. Existencia dunha elite, ten a capacidade de derixir unha arquitectura. Só a existencia dunha elite é a que pode movilizar os recursos para o palacio. Neopalacial: − Nobreza das “grandes residencias”: altos funcionarios. − Casas semellantes ás “grandes residencias”: unha calse próxima á nobreza. Teñen menos pedra, distinta organización das habitacións… Tipo de material diferente nada de sillería, utilizase outro tipo de pedra, menos rico, menos luxoso. − Artesáns que viven nas súas casas e traballan nelas, agrupados cerca do pazo. Traballaban para o pazo a tempo completo ou só traballaban para el por encomenda? − Agricultores. 6.10. División Territorial. No Palacial, Creta dividida en rexións, dependendo cada unha delas dun pazo: − Malia: planura costeira, meseta de Lasithi, golfo de Mirabello ata Charme. − Cnossos: vales de Creta Central sobre a costa N. − Festos: grande planura de Mesara. 9 − Zacros: a extremidade oriental da illa. A organización interna das rexións e as relacións entre centros palaciais, as cidades secundarias e os hábitats rurais non poden ser precisadas. 6.11. Intercambio Minoico. FRESCO DE SANTORINI: Representación dun barco cretense. A TALASOCRACIA: Poder marítimo de Minos. Creta non é autosuficiente. Necesidade de materiais, a través de relación externas. Necesidade de desenvolver as relacións exteriores para fornecerse de prata, chumbo, cobre ou estaño. No Paleopalacial: o Citera parece ter sido o 1º dos asentamentos cretenses no continente. Kastri: vestixios arquitectónicos dunha instalación permanente no paleopalacial. o Importantes cantidades de cerámica minoica na Argólide e ao redor do golfo de Sarónica. Influencia minoica en Lerna e en Laconia. o Desenvólvese a relación entre Creta e as cidades occidentais. o Chipre: contactos de pouca importancia no MMI e II. o Puñais sirios e cilindros da 1ª dinastía babilónica. Fragmentos de vasillas minoicas en Beirut, Biblos, Ras Shamra e Qatna. Documentación oriental fálanos sobre o comercio con Mesopotamia e as relación co rei de Babilonia. o Exipto: contactos máis importantes e directos do que se tendía a creer. Algúns puideron chegar indirectamente pola costa siria, mais outros tiveron que ser directamente como a estatuiña de User en Knossos no MMII. ▪ Cerámica de Camarés en Exipto. Cerámica luxosa. ▪ Algunhas pezas indican un coñecemento da arte exipcia, como o aplique de vasilla en forma de esfinxe en Malia (MMII), no influxo exipcio da xoia das avellas ou na espada de acróbata de Malia. ▪ Papel do pazo é difícil de saber. Con todo, os obxectos que aparecen en Exipto son de produción palacial e de consumo restrinxido. Papel do palacio neste intercambio? Intercambio de cousas sobre os dous reis. No Neopalacial: o Expansión dos contactos minoicos polo Exeo. o Non houbo unha expansión xeral: faltan vestixios en moitas illas e noutras os que parecen ser por contactos indirectos. 10 6.12. Fin do Mundo Minoico. No final do Neopalacial prodúcese o fin da presenza minoica no Exeo. A colonia de Citera abandonada, Hagia Irini (Keos) desaparece, a presencia minoica desaparece e aparece a micénica. No Dodecaneso mantense máis ao mesmo tempo que a micénica. Nun lapso pequeno de tempo, salvo Cnossos, todos os pazos destruídos, as “residencias” saqueadas e incendiadas. Hipótese de Marinathos sobre a erupción de Thera. Ademais: cinzas na atmosfera que provocaron un inverno volcánico, rompese o ciclo de colleitas; movementos sísmicos que acompaña as erupcións; e gran sunami que acabou ca súa frota naval. o Problemas: o Destrución de Akrotiri do MR IA e a de Creta MR IB (50 anos de diferenza). o Acción destrutiva foi demasiado selectiva, como en Pirgos. Hipótese da ocupación micénica: o Novos tipos de tumbas e de costumes funerarios: tholoi micénicos en Kefala e en Arcanes cara o 1370. Tumbas de foxa ou pozo, de cámara co dromos de paredes inclinadas. Extensión do uso de sarcófagos de madeira. Aparición de “tumbas de guerreiros” ao redor de Cnossos, e no MR IIIA en Arcanes, Festos e a Canea. Novo mundo. o Desaparece o escritura tradicional de creta minoica. Nova documentación. Desaparición no 1.450 do lineal A e aparición do lineal B. o Monarcas: xente de fora, do mundo micénico. 1360: palacio de Knossos deixará de ser importante. TEMA 7: O MUNDO GREGO MICÉNICO. 7.1. Periodización do Mundo Heládico. PERIODO CRONOLOXÍA CARACTERIZACIÓN HISTÓRICA Heládico Antiguo (HA) 2500 − 2000 a.C. − Proto−pazos: Lerna, destaca sobre o resto. − Desenvolvemento de xefaturas. − Estratificación do continente grego. − Comeza a aparecer unha elite. Heládico Medio (HM) 2000 − 1600 a.C. − Chegada dos gregos (entendidos como aqueles falantes de grego). − Ruptura de cultura material grande, producto dunha invasión. 11 Heládico Recente (HR) 1600 − 1100 a.C. − Desenvolvemento da cultura micénica desde o final dos círculos de tumbas ata o submicénico. − Sociedade menos rica = menor capacidade de recursos e man de obra para edificacións. Principais palacios: o Phylos (onde atópanse gran parte dos transcritos e tabuliñas de lineal B (Escritura silábica con algún signo pictográfico)) o Argos. o Gla (non claro se é pazo ou fortificación).. o Thebes. o Mycenas. o Tyrinthe (non claro se os dous últimos 1 reino ou 2). o Athenas. o Orchomene. o Cnossos. Diferencia palacios minoicos e micénicos = os seus elementos definitorios: o Minoicos: patio central. o Micénicos: megaron (unha parte do palacio). ▪ MEGARON, 3 partes: ▪ Pórtico: aberto con 2 columnas in antis. ▪ Vestíbulo: tamén chamado pronaos (antesala). ▪ Sala principal: tamén cela ou naos. Teito aberto ou cunha abertura, 4 columnas, estancia principal do rei. 7.2. Chegada dos Gregos. 3 hipóteses cronolóxicas: − Cara o 2.000 a. C. (testemuños lingüísticos e arqueolóxicos): imposible polas tabuliñas atopadas escritas nunha forma arcaica de grego. − Cara o 1.600 a. C. (desenvolvemento da civilización micénica): débiles argumentos de apoio. − Cara o 1.300 a. C (fin da civilización micénica): débiles argumentos de apoio. Hipótese de cronoloxía alta: 2 tipos de testemuños a favor: 12 o Lingüísticos (tabuliñas de Lineal B cara o 1.200 a. C).: En Grecia xa se falaba unha forma arcaica de grego (“grego micénico”). Diferenciación dialectal do grego histórico (eolio, xonio, dorio, etc.) posterior ao fin do mundo micénico. Polos datos que temos, a chegada dos gregos non foi moi serodia, non anterior aos inicios da Idade do Bronce. o Arqueolóxicos: cara o 2.200−2.100 (Inicio do Bronce medio da Grecia Continental ou Heládico Medio): primeira ruptura da cultura material dentro do Bronce grego. 7.3. Inicios da Cultura Micénica. Cultura micénica é a civilización da Grecia continental e insular (fundamentalmente o Peloponeso) entre os S. XVI e XII a. C. (Heládico Recente I- III). Nacemento da civilización micénica: o A fins do Heládico Medio, círculos de tumbas de foxa A e B de Micenas (S. XVIIXVI), enterramentos con paralelos contemporáneos noutras zonas de Grecia (Mesenia ou Argólide) mais sen precedentes no continente pola riqueza do seu enxoval. Círculos de tumbas de foxa de Micenas: − Datábeis en transición Heládico Medio−Heládico Recente. − Pobreza do período anterior, agora documéntase un forte aumento do luxo e da riqueza (aínda no círculo de tumbas de foxa máis antigo: o B, descuberto en 1.952). − Hábitat de Micenas nesta época: descoñecido (destrución durante a construción do pazo anterior?). − Sepáranse as tumbas por muros de pedra. − Outro tipo de tumba, corredor e vestíbulo: tumba de nido de avispa. Cidades amuralladas. Acrópole de Tirinto = palacio con megaron. 13 Pouca información. Tabuliñas atopadas: o Proporcionan información dun período recente, reutilizábanse ao estar feitas en arxila. Rexistros administrativos. o Só conservadas as que fosen cocidas nos incendios de destrución dos palacios: información tan só do último ano do palacio. o Tabuliñas de Pylos. o Sociedade: Datos do ultimo ano do palacio. En tabliñas aparecía a sociedade. 7.4. Sociedade Micénica. − Sociedade de guerreiros. Wa-na-ka, o soberano: o Espallado polo mundo micénico. Aparece en Ano Englianós, Tebas, Tirinto ou Cnossos. o En Ano Englianós, tiña un te−me−no (=terreo) que estaba exento de do−so−mo (= impostos) a Posidón (deus + imp). o Servidores que exercían certas profesións: oleiro do rei, costureiras reais, o e−te−do−mo (non se sabe o sdo) do rei. o Non ten un carácter divino, senón que aparece como un ser humano (aínda que si pode estar relacionado con deuses, ao igual que os altos cargos). ▪ Ex: En Ano Englianós está encargado dun culto dun deus e dunha deusa: Posidón é chamada Po−ti−ni−ja (= señora). Rituais en Pa−ki−ja−na (= santuario dedicado a Posidón). Ra-wa-ke-ta: o É o 2º soberano, despois do rei en poder. o Interprétase como o xefe do “pobo en armas” ao se relacionar ra-wa-co cun término do grego homérico que significaba xefe do pobo en armas. Sen embargo, esta interpretación da problemas (non aceptada). o Nunca aparece en contextos militares, senón en contextos de tipo cultural. o Ten un te−me−no (1/3 do do wa−na−ka), suxeito a do−so−mo. E-qe-ta: o Son os “seguidores do rei”, sendo comparados cos comités. Personaxes de alta condición, nobres. o Moitos son terratenentes, coñécense polo seu patronímico, o que se lle confire un certo aire aristocrático. o Posúen escravos. o En Cnossos usaban unha indumentaria particular que os caracteriza. o Funcións de índole militar, tendo posiblemente carros. 14 o Estamos perante un grupo aristocrático de tipo guerreiro. Qa-si-re-we: o Son nobres independentes e grandes propietarios de mo−ra (tipo de terreo). o Actúan como comandantes e oficiais das guarnicións militares micénicas, denominadas o−ko. o Posible procedencia etimolóxica de basileus, o rei homérico. o Relacionados ca vixilancia da costa. Da-mo: o É o conxunto de poboación libre que constituíu o pobo. o Entidade administrativa local con vocación agrícola. o Especie de distrito. o Sobresaen nel os campesiños libres. o Ten relación co palacio e coa administración do distritos. o Paga impostos a organización central. o Hai un en cada distrito, como mínimo. o Posuíu terras, tanto de individuos particulares como comunais. o Xuridicamente constituído por unha corporación de labregos libres que controlan unha parte das terras e formaban un grupo importante da poboación que mantiña como conxunto unha serie de relación coa administración do distrito. o Non existe un único da−mo, senón practicamente un en cada distrito de cada reino, estando obrigado a pagar unha serie de impostos ao poder central. o Estes impostos pagaríanse como individuos e como entidade xurídica colectiva. Da mesma maneira pagábanse impostos aos santuarios. o Ao ser unha entidade xurídica, non constituíu un grupo social uniforme. Nel hai pastores, labregos, artesáns, mais tamén altos funcionarios como os os te−re−ta (que son moitos dos que teñen ko−to−na ke−ke−me−na (tipo de terreo). Do-e-ro: o Último grupo da escala social, son os escravos. o 2 tipos de escravos: 1. Os pertencentes a persoas físicas reais (que poden ser artesáns ou de calquera outro grupo social) ou a entidades xurídicas como o da−mo. Forman parte de proceso de produción (axudantes) e outros traballaban no servizo persoal dos seus amos. 2. Os pertencentes a unha divinidade. Non sabemos case nada, mais pode ser que desfrutasen, como asignatarios de terras, dunha situación económica superior á dos restantes escravos. o Respecto á súa orixe, non sabemos practicamente nada. Non se pode demostrar que fosen prisioneiros de guerra. Entre eles aparecen homes, mulleres, rapaces e rapazas. 7.5. Economía Micénica. Palacio centro de recursos productivos. Actividade económica engañosa, solo falan da economía do palacio. A estrutura fundamental de produción de bens segue a ser a agricultura unida á gandaría. Certa industria de tipo artesanal. 15 De maneira moi secundaria pequena industria de cerámica e metalurxia, xunto coa pequena produción de aromas. Polas tabuliñas podemos ver que se seguen mantendo os mesmos tipos de cultivos testemuñados en épocas anteriores. En 1º lugar temos os cereais, a continuación, o aceite e os legumes, por último temos produtos de importancia ritual como os aromas. En resumo, policultivo mediterráneo. 7.6. O Pazo como Centro Económico. A economía de cada unha das cidades micénicas encóntrase centralizada polo palacio. Según o que sabemos polas tabuiñas, que non reflexan todo a realidade e ademais só mostrar a etapa final. En cada palacio debeu existir unha oficina para levar a cabo a administración do gran e outra na que se xestionaba tanto a produción como o consumo de aceite e a fabricación de perfumes. A gandaría do touro, vaca, cabra, año, porco ou cabalo constituía a outra rama de economía palacial. O palacio non só controlaba o consumo de todos estes tipos de animais, senón que tamén vixiaba a súa produción, pois nas tabuliñas os encontramos relacionados coa burocracia palacial (castradores, seleccionadores do gando, etc). No que a artesanía se refire, é ben coñecido na actualidade o funcionamento do sector metalúrxico. Os forxadores de metais dependen igualmente do palacio, o cal lles subministra metais en bruto que teñen que traballar (por medio do pa-si-re-u = encargado de administrar materiais, capataces na metalurxia). Polo tanto, podemos dicir que o palacio tamén funcionaba como importador de materias primas. Porén, tamén existían aspectos económicos e administrativos alleos ao palacio, aínda que en menor medida. Hai oficios fóra do palacio. 7.7. A Estrutura da Propiedade da Terra. Só de Pylos, do resto das cidades a descoñecemos. Reconstrución hipotética, xa que os termos aparecen en contextos non demasiado claros. o Mo-ra: terras posuídas pola nobreza militar allea ao pazo e das que a penas temos noticias, xa que carecían de interese para a burocracia palacial e do templo (debido a non estar baixo o seu control). Qa−si−re−we. Non son de interese palacial. o Ko-to-na: este é un 2º grupo de terras de menor tamaño. 2 tipos: ▪ Ko-to-na ki-ti-me-na: están en posuimento de particulares que parecen ser de elevada condición social. ▪ Ke-ke-me-na ko-to-na: constitúen a terra comunal, que se asigna a particulares como os o−na−ta (mediante “arrendamentos”). 7.8. Expansión Micénica. Dende o ano 1.400, prodúcese a expansión micénica. Conquista de Creta: feito máis relevante = substitución de cretenses por micénicos no Mediterráneo. De cronoloxía anterior. Esta expansión trouxo consigo: o Actividade comercial. o Establecementos micénicos en diversos puntos do Mediterráneo: Sicilia, Sardeña, Illas Eolias. 16 o Fundacións micénicas: non eran colonias, nin centros urbanos; senón lugares de desembarco e emporios comerciais; puntos loxísiticos. o Vías comerciais micénicas estendéronse ata o punto de poder favorecerse de produtos de lonxe, como o ámbar. o Expansión micénica orientouse especialmente para o leste: asentamientos en Asia Menor. Micénicos: gran potencia na política internacional do momento (os akhiyawa dos documentos hititas? = non, referíanse aos aqueos). 7.9. Relixión. Politeísta, na que o panteón de deuses comparte bastantes destes co panteón grego da época clásica. o Nel atopamos algúns dos deuses Olímpicos: Posidón (Po−si−da−o), Demeter (Da−ma− ter), Zeus (Duwo), Hera, Enialio (E−nu−wa−ri−jo), Dionisio (Di−wo−nu−so). o Sendo curiosamente este último considerado desde sempre un recén chegado ao panteón helénico, o que as tabuliñas micénicas botaron abaixo. o Eniliano é o nome de Ares ou o sobrenome deste, según as zonas. o Hai algún que non aparecen mencionados clara e outros con sobrenomes que non sabemos se xa eran sobrenomes para eles na época micénica. o Outra serie de Olímpicos como Atenea, Hefesto, Apolo, Artemis ou Hermes son obxecto de debate e controversia. o Hai, ademais, deuses que son descoñecidos na época clásica, tales como as diversas potnias (po-ti-ni-ja) das que falan as tabuliñas. o En resumo, respecto da época clásica no panteón micénico fáltannos algúns deuses e sóbrannos outros. Salienta a importancia de Posidón é frecuente en Ano Englianós (Pylos). Intimamente vinculado ao seu pazo e soberano. o Do seu culto sabemos poucas cousas. ▪ Tiña un santuario: o Po-si-da-i-jo. Este, xunto con outros santuarios, situábase no mesmo Ano Englianós, sendo o único do que temos testemuñado que se honrase cunha procesión, se se pode interpretar a− ke(qe) wa−tu como “o que conduce ás xentes”. ▪ Era o destinatario de aceite na cerimonia do re-ke-to-te-ri-jo. ▪ Era o beneficiario dun do-so-mo; que podería tratarse dunha ofrenda, dun tributo ritual ao deus ou facer referencia á función similar á que cumprían certos santuarios do Oriente Próximo, polo que os tributos serían realmente entregados ao tesouro do palacio. A parte do culto aos olímpicos, culto a outras divinidades menores como as Ninfas, os Panes, os daimones, … Quizá se rendese culto aos heroes aínda que isto no está nada claro. Cultos populares que se levaban a cabo normalmente no campo, nunha serie de santuarios situados en covas e nos cumes das montañas. Mais, en xeral, serían cultos aos mesmos deuses que constituían o panteón micénico. Existiu un sacerdocio organizado: aparecen distincións nas tabuliñas entre sacerdotes e sacerdotisas designados cos nomes de i-ji-re-u e i-ji-re-ja. Estes están diferenciados según as súas funcións: arautos, portadores da auga ritual, da chave... 17 Aparecen outras personaxes executando función rituais como o rei e algúns funcionarios, da mesma maneira que vemos aos sacerdotes desempeñando funcións económicas como administradores dos terreos do templo. Isto era así porque no mundo micénico as funcións económicas e relixiosas non estaban claramente delimitadas, senón que constituían unha certa unidade. 7.10. Fin Do Mundo Micénico. mundo micénico non desaparece subitamente. Proceso de desintegración que durou século e medio. Fins do S. XIII (HR III B−C) onde se destruíron a maioría dos palacios. O sistema político e social non se recuperará. Do 1.200 ao 1.125-1.100 a. C.: o É un período de supervivencia deste mundo. Segue a relixiosidade. o Condicións dispares segundo as zonas: certas zonas medran, noutras hai migracións. o Fragmentase o mundo micénico en ámbitos rexionais distintos. Rómpese a homoxeneidade. Reconstrución parcial de Micenas e Tirinte. Indicios de recuperación en Tebas. Imaxe xeral: drástico declinio demográfico = abandono dos campos e movementos migratorios. Prodúcese ao mesmo tempo un colapso no Mediterráneo (no BF III = 1200 a.C), debido a: o Guerras civís. o Revoltas populares. o Catástrofes naturais (Ex: movementos sísmicos). o Invasións dos pobos do mar no Mediterráneo Oriental. Tucídides recolleu e transmitiu a tradición segundo a cal oitenta anos despois da caída de Troia tería lugar a invasión do Peloponeso polos descendentes de Heráclides. As razóns que se teñen para falar dunha invasión dórica son: o A existencia en épocas posteriores dun dialecto espallado por case todo o Peloponeso coñecido como dialecto dórico. Problemática: Chadwick (un dos tradutores do Lineal B) sostiña que a lingua que empregaba o pobo non era o grego micénico, senón un dialecto dórico ou protodórico por mostras en tabuliñas micénicas. Polo tanto, dito dialecto sería moito anterior. o Aparición no HR III C dunha serie de supostas novidades arqueolóxicas que serían atribuíbles aos dorios tras a súa invasión: 1. Fíbulas de violín (imperdible), mais estas aparecían xa no HR III B o que fai que difícilmente poidan ser intrusivas. Aínda que se puidese demostrar que realmente proceden do norte, non se podería concluír que tivesen relación cos grandes desastres xa que aparecen entre os micénicos antes das catástrofes. 2. Certas armas, especialmente espadas, que aparecen no mundo micénico antes do 1.200 a. C., de orixe balcánica ou centro−europea poderían indicar infiltracións dóricas, mais o número das que aparecen é demasiado pequeno para que se poida supor a entrada dun continxente de tropas estranxeiras. 3. Cerámica non micénica como a aparecida en Korakou no HR III C que parece ser, en efecto, procedente do Norte; mais a súa cantidade é demasiado pequena para ser coherente coa idea dunha invasión de área. 18 4. A aparición do ferro, a cremación e enterramentos en cistas son 3 elementos que non fan unha aparición repentina; senón que son elementos que se van desenvolvendo no HR. IIIC. Por outra parte, estes 3 elementos xamais aparecen xuntos no mesmo sitio, tal como sería de esperar de ser consecuencia de elementos invasores, xa que ao chegar a un lugar debería producirse a aparición simultánea dos 3 elementos que supostamente lle son propios. 5. A presenza de elementos racionalmente nórdicos non é demasiado significativa. A diferenza de esqueletos entre o Bronce Final (HR) e o Ferro Inicial é insignificante. Hai un 5,9% de esqueletos do HR III C fronte a un 7,7% do Ferro Inicial, o cal para unha invasión que chega a impor a súa lingua en relativamente pouco tempo resulta un continxente pequenísimo, xa que habería un aumento de só un 1,8% no nº de individuos que poderían representar o elemento intruso. Hipótese do colapso do mundo micénico de K. Killian = debilidades e problemas internos que acaban colapsando o sistema: o Inmenso esforzo de traballo (e seguramente económico) que supuxo a construción de fortalezas e de centros palaciais. o A dependencia do palacio dunha plusvalía das colleitas e dos produtos artesanais. o A perda dos bens almacenados polas destrucións do s.XIII e as súas repercusións sobre o pagamento de traballo en corveas e sobre o comercio. o Datos que indican certos problemas no abastecemento de produtos da agricultura (resultado da sobreexplotación de terras que levaría a un empobrecemento destas e aos consecuentes rendementos decrecentes). o Todo isto agravado polas loitas entre centros micénicos, tal como se reflicte nun fresco do megaron do palacio de Micenas, onde se ve a micénicos atacando a outro palacio micénico. 7.11. Período Submicénico. 1.125/1.100 − 1.050 a. C. Supervivencia da tradición micénica, máis perdendo importancia até desaparecer no S. XI. Novas destrucións e abandonos sen explicacións na 2ª metade do século XII, seguidas de despoboamento do continente e das illas: o Destrución e abandono de Iolco (Tesalia), Mileto (costa tesálica)e Emporio (Kíos). o Destrución con recuperacións no “Celeiro” de Micenas, Lefkandi ou Enkomi. Novos movementos de poboación micénica a Creta, Chipre e tal vez ás Illas Xónicas. Cara o S. XI intensifícase o despoboamento, o empobrecemento das comunidades e ruptura das comunicación co exterior. Fin do mundo micénico. TEMA 8: A GRECIA DA ÉPOCA ESCURA E O MUNDO HOMÉRICO. 8.1. Consecuencias da caída do mundo micénico. − Fin da escritura. − Fin dos sistemas palaciais. − Fin da arquitectura monumental (palacios). 19 − Fin da escultura. − Fin das rutas de comunicación co exterior. Mundo en completo declive. 8.2. Datos Arqueolóxicos da Época Escura (s. XI – IX a.C). Escasos datos: o Descoñecense as formas de hábitat. o Proceden, de forma exclusiva, das necrópolis. Datos únicamente de tipo arqueolóxico. Formas de hábitat prácticamente descoñecida. Fenómeno importante de despoboamento. Impresión xeral: o Gran despoboamente do continente grego (pudo perder até as ¾ partes da poboación). o Sobreviven pequenos grupos de humanos por exemplo Nichoria (Mesénia), Lefkandi (Eubea), Atenas, Argos, Asine e Tirinto (Argólide). Encarganse de sentar as bases da nova sociedade grega. Lingua, recordos certos. Estes grupos humanos foron os encargados de sentar as bases e dar forma á nova sociedade grega, grazas en parte as innovacións tecnolóxicas: o Cerámica protoxeométrica: desenvolvemento dun novo estilo cerámico (protoxeométrico) caracterizado polo uso de novas técnicas (compás, pente múltiple e torno rápido que permite maior variedade de formas, paredes máis finas e maior tamaño) e por unha decoración basicamente lineal, tendente a unha xeometrización progresiva. Desenvolveuse inicialmente en Atenas e Argos desde o 1050 a.C., expansión posterior por toda Grecia. o Metalurxia do ferro: espállase en Grecia no s. XI a. C. nas mesmas áreas de desenvolvementos da cerámica protoxeométrica como material para obxectos de uso diario (armas, instrumental…). Xeneralización do ferro en toda a Grecia. Moito mellor, máis resistente. Menor problema de que se doble a arma. Época Escura: paradoxo: como pode ser que o interrego entre dúas etapas de esplendor fose o despoboamento e atraso cultural? o Hipótese tradicional: a escasa poboación só puido preocuparse pola súa subsistencia, perdéndose moitos dos logros da época micénica, conservándose só a lingua e a tradición oral. Tª demasiado simple. 20 o Outras hipótesis: parten da base de que non tivo por que darse un drástico despoboamento, senón que puido haber unha transformación da actividade económica básica que mudou as formas de hábitat. ▪ O despoboamento de Grecia dende o s.XII a. C., quizás non fose tan acusado como parece: Argólide: abandono da maioría dos núcleos de habitación de época micénica y submicénica. En troca, Tirinte ten un claro crecemento documentado, ao igual que outros lugares como a illa de Rodas. Pérdida da poboación menor do que se supuxo, sendo probable que houbese unha reubicación de poboación, concentrándose en núcleos determinados ( + seguridade?). o Nesta liña, a hipótese da Snodgrass: o aparente despoboamento de Grecia puido deberse á importancia alcanzada nesta época pola ganadaría: o Existen indicios que apuntan a que os gregos do s.XI a.C tiveron que recorrer ao pastoreo como principal actividade económica. o Cambio motivado por: ▪ Pérdida de poboación = diminución da man de obra agrícola. ▪ Desorganización da actividade agrícola: desaparición dos palacios. o Xeneralización do pastoreo: ▪ Transformación do hábitat: agora, aldeas moito máis repartidas e espalladas polo territorio, formadas por cabanas de materiais vexetais. ▪ Cambio en actividade económica provocou que só se conservasen, en cada rexión de Grecia, un ou dous dos antigos hábitats fixos que sobrevivirían desde a Idade do Bronce. o A necesidade de grandes superficies de terreo da actividade pastoril favorece a sensación de abandono dalgunhas rexións que, pese a que está ocupadas, presentan unha densidade de ocupación moito menor. o Hai unha serie de datos que só se poden explicar si se conservaron a través de tradicións orais mantidas vivas polos pastores que, cos seus rabaños, percorrían áreas deshabitadas de Grecia: ▪ Conservación, entre época micénica e arcaica, de toponimia de lugares despoboados nestes séculos. ▪ Reactivación de cultos, en época arcaica, nos mesmos lugares que en épocas anteriores. o Ofrendas máis antigas (s.X a.C.) descubertas en santuarios gregos (Olimpia) formadas por figuriñas de animais (bois). Estas van desaparecendo co paso do tempo: perda da importancia da pecuaria? o Poemas homéricos: riqueza en bois (medíase riqueza polo nº de bois que tiña unha persoa). o Estudo de restos animais: predominio dos bóvidos durante esta etapa (IEH). o Noutras áreas de Grecia (Ática ou Eubea), a agricultura puido ter un papel moito máis importante, capaz de xerar considerables acumulacións de riqueza (caso de Lefkandi) ou de posibilitar acción como a migración Xonia a Asia Menor. 21 8.3. Relixión. S. XI e X a. C.: ignoramos as características da relixión grega, aínda que sabemos que era politeísta e que mantivo deuses micénicos. Relixión politeísta. Non hai templos. Aparente abandono da maioría dos lugares de culto micénicos. Abandónanse moitos lugares de culto, hay determinadas zonas nas que parece haber unha continidade entre micena e arcaica de Grecia. Descontinuidade nos cultos: posiblemente non foi a tónica xeral en toda Grecia, en certas zonas permanecen certos cultos entre a época micénica e a arcaica, maila aparentemente interrupción da época escura. Lugares sagrados nos S. XI y X a. C.: o Probable culto doméstico (como en época micénica e postmicénica). o Cultos comunitarios: posiblemente en santuario a ceo aberto sen ningún tipo de construción (sen vestixio arqueolóxico). Escasez de restos arqueolóxicos vinculados co culto nos s. XI−X a. C.: o Gran edificio absidial de Nichoria (sobre restos de unha edificación micénica). o Indicios dun posible culto intermitente nas ruínas de Micenas e Tirinte. o No lugar do posterior santuario de Hera en Argos: ofrendas dende fins do s.XI ou inicios do X. o Olimpia, ofrendas dende o s.X. o Heroon de Lefkandi: aparecen dous embalsamamentos, unha incinerada e a outra embalsamada. Dedicado a unha serie de personaxes que non son nin deuses nin humanos = culto heroico? Home incinerado, non xoias – muller non incinerada, xoias, prendedores. Enterraron catro cabalos tamén. o Pervivencia de tradicións antigas: culto en cavernas en Creta. 8.4. Homero. Intentos de reconstrución histórica da sociedade homérica para a facer coincidir cun período concreto da historia grega está chamado ao fracaso. Homero é poeta, non historiador. Poemas homéricos ofrecen descricións de acontecementos e obxectos que pertencen a 3 períodos: o Época micénica (algún obxectos: casco de colmeillos de xabaril de Merones). o Época escura, certas prácticas e gran parte das formas de organización social. o Época arcaica: período contemporáneo a Homero (s.VII a. C ), data retrasada na actualidade por algúns autores ata o s.VI (Ballabriga ou Signes Codoñer). Homero – Plasma unha sociedade? Busca facer un poema, non unha historia, plasma a súa propia ficción, etc. Non hai burocracia, non hai mundo palacial. 8.5. Sociedade descrita por Homero. Trazo máis interesante: vontade arcaizante, desexo de ordenar o pasado, de recrealo para agradar aos seus oíntes, os aristócratas preocupados por afirmarse como descendentes dos primeiros señores de Grecia. 22 Hipótese de M. I. Finley: a sociedade homérica corresponde en liñas xerais á Época Escura: o A desaparición homérica das casas aristócratas (Odisea) coincide mellor coa Idade Escura que co mundo dos palacios micénicos ou coa sociedade arcaica do período da gran onda colonizadora polo Mediterráneo Occidental da segunda metade do s.VIII. o Criticada polos que consideran que a epopeia homérica é un documento contemporáneo do nacemento das polis que ten como referencia as transformacións coñecidas polo mundo grego no s.VIII. Actualmente case ningún autor defende que a Ilíada e Odisea sexan un fiel reflexo do mundo dos palacios micénicos. Pura ficción? Algún momento concreto? Sociedade real a grandes rasgos. Época micénica? Artefactos da época micénica. Non aparecen os palacios. Época escura? Prácticas e organización social. Formas institucionais. Etapa arcaica? Época contemporánea. Non aparece a polis. Pretende describir un mundo idealizado para agradar a súa audiencia. Describe a sociedade aristocrática. 8.6. Economía. A organización económica está articulada arredor do oikos, o dominio do nobre. O ideal económico do oikos é a autarquía, tratando de producir por si mesmo todos os produtos gandeiros e agrícolas que necesita e de non importar máis que algunhas materias primas indispensables, como os metais. É unha unidade de consumo e producción. Pecuaria. A economía do oikos é mixta, agrícola e gandeira, mais con predominio da pecuaria sobre a agricultura. Os terreos de pasto ocupan Oikos a maior parte do solo nas zonas chas, complementándose con pastos das montañas e dos bosques próximos. Non hai moito terreo para cultivar. A cría do gando está en mans da poboación servil e nalgúns casos libre, mais de baixa condición social. Non obstante, existe un animal que é criado polos nobres, o cabalo. A súa posesión considérase de luxo e por iso os aristócratas enorgullecíanse ao chamarse a si mesmos Hippobotai (= criadores de cabalos). Caza e Pesca. Complementan os recursos cárnicos obtidos pola pecuaria (dieta complementaria). A caza practícase como deporte pola nobreza, sendo concibid

Use Quizgecko on...
Browser
Browser