A prosa do primeiro terzo do XX_ as Irmandades e o Grupo Nós (PDF)
Document Details
Uploaded by Deleted User
Tags
Summary
Este documento analiza a prosa galega do primeiro terzo do século XX, enfocándose nos autores das Irmandades e do Grupo Nós, e nas tendencias literarias da época. Examina estilos e temas como a narrativa popular, a renovación enxebre, o relato simbólico e outras innovacións.
Full Transcript
A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo) INTRODUCIÓN O 1º terzo do século XX vai ser unha etapa favorable para o desenvolvemento da literatura en lingua galega xa que se consolida o proceso de recuperación que...
A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo) INTRODUCIÓN O 1º terzo do século XX vai ser unha etapa favorable para o desenvolvemento da literatura en lingua galega xa que se consolida o proceso de recuperación que se iniciara no séc. XIX cos poetas do Rexurdimento e, ademais de continuar escribíndose poesía, nacen novos xéneros (narrativa, teatro, ensaio). ➔ No nacemento e consolidación da prosa serán fundamentais os autores das Irmandades da Fala e os da Xeración Nós. Tendencias da prosa entre 1916-1936 Tendencias da prosa de ficción entre 1916-1936 ★ Liña tradicional-populista: herdeiros da narrativa popularizante e da converxencia entre o tardorromantismo e os moldes realistas. Francisca Herrea Garrido ou Xosé Lesta Meis. ★ Renovación enxebre: prosa ficcional que responde ás demandas do nacionalismo irmandiño. Gonzalo López Abente ou Leandro Carré Alvarellos. ★ Relato simbólico-identitario: indagación nas claves da identidade nacional e do relato. Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo. ★ Renovación da narrativa popular: busca transformar e depurar o legado da narrativa popular, incorporando técnicas modernas. Alfonso R.Castelao e Rafael Dieste. Achegas á literatura En contacto coa literatura moderna, achegan á galega Renovación temática: dende o folclore ao exótico e urbano Novas técnicas en voga nas artes europeas. O monólogo interior A ruptura da linealidade temporal (Otero P.) Crean a prosa poética (Cuevillas) Achegan á literatura técnicas do relato oral e ven nela un medio para facer crítica social (Castelao). En fin, consolidan os xéneros literarios: narración curta, novela, discurso científico, ensaio... sentando as bases da moderna literatura galega na súa expresión non versificada. Vicente Risco ➔ Estudou Dereito. ➔ Profesor de Historia na Escola Normal de Ourense. ➔ Nas Irmandades: director da revista Nós, etnógrafo, pensador político (Teoría do nacionalismo galego, 1918). ➔ Realiza unha viaxe por Alemaña que marca unha intensificación dos seus posicionamentos, expresados en Mitteleuropa, 1933. ➔ Durante a Guerra Civil e posguerra vai apoiar o réxime franquista con ensaios contra o marxismo e defensa do catolicismo integrista. Liñas de pensamento Irracionalismo e crítica do positivismo: visión elitista da sociedade, propugnando a conformación dunha nova aristocracia encargada de levar adiante a dirección espiritual dos pobos. Historicismo: entre os elementos da nación galega, Risco concédelle especial importancia ao sentimento da Terra. Defensa dunha sociedade campesiña e patriarcal: allea ao capitalismo e á loita de clase. Obra de Vicente Risco Narrativa curta - Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros - O lobo da xente - A trabe de ouro e a trabe de alquitrán - A Coutada - Os europeos en Abrantes Narrativa longa - O porco de pé - Ensaio Teoría do nacionalismo galego - Nós, os inadaptados (artigo) - Mitteleuropa O porco de pé (1928) Unha das novelas máis innovadoras do panorama literario da súa época. Retrato grotesco de personaxes e grupos sociais característicos do mundo urbano do primeiro terzo do s.XX. Inexplicable ascensión de Don Celidonio a concelleiro e alcalde. Símbolo animalizado da degradación da sociedade burguesa que substitúe a intelixencia polo diñeiro. Fronte ao doutor Alveiros, encarnación da cultura, sensibilidade e espírito. Destaca pola riqueza e variedade da linguaxe. Ramón Otero Pedrayo ➔ Estudou Filosofía e Letras e mais Dereito en Madrid. ➔ Exerceu de catedrático de Xeografía e Historia ata o 36 e logo nos 50 na Universidade de Santiago. ➔ Durante a II República participou activamente en política, chegando a deputado do PG no Parlamento. ➔ Figura emblemática do galeguismo de posguerra e “Patriarca das Letras Galegas”. Obra de Otero Pedrayo obras curtas - Escrito na néboa - Arredor de si - Devalar ➔ Novelas sen peripecia. ➔ Narra a descuberta da realidade galega a través da crónica biográfica dos personaxes. ➔ Personaxes, retrato idealizado de si mesmo. ➔ Adrián Solovio, protagonista das dúas primeiras. obras longas - Os camiños da vida - A romaría de Xelmírez - O mesón dos ermos - Contos do camiño e da rúa (algúns contos) - O señorito da Reboraina ➔ Protagonistas, sinais de identidade de Galicia ➔ Crónica idealizada da historia medieval e decimonónica de Galicia Resumo do contido Os camiños da vida. Decadencia da fidalguía no XIX e cambios do mundo rural. Nostalxia polo Antigo Réxime, rexeitamento da nova forma de vida capitalista. A romaría de Xelmírez. Viaxe a Roma para pedir a sé arcebispal, esplendor cultural da Galicia medieval e mais os seus vínculos con Europa. O mesón dos ermos. Lévanos de novo á decadencia da clase fidalga, pero esta vez adobiada con intrigas, retratos e descricións realistas. O señorito da Reboraina. Novela irónica que narra as aventuras dun fidalgo irresponsable. Parece revisar situacións e tipos aparecidos en obras anteriores. Contos - Pantelas, home libre - Contos de Santos e Nadal - O purgatorio de don Ramiro - Entre a vendima e a castañeira ➔ Intuición como método de coñecemento ➔ Función da fidalguía ➔ Panteísmo (totalidade do universo é o único deus) ➔ Narración realista con contos fantásticos ➔ Humorismo macabro Castelao e o Grupo Nós A semellanza dos outros integrantes do Grupo, un dos trazos definitorios máis salientables é o polifacetismo. Hai, con todo, diverxencias: - A extracción social de Castelao é popular. - O seu pensamento social é esencialmente laico. - Profundamente progresista. - Non comparte o culturalismo cos restantes membros do Grupo. Practica unha arte de intervención, directa, que intenta modificar a percepción da realidade do seu público. Alfonso Daniel R. Castelao - (Rianxo, 1886-Bos Aires, 1950) Estuda Medicina. - En 1916 instálase en Pontevedra e entra en contacto coas Irmandades. - Coa proclamación da II República participa na fundación do Partido Galeguista e é elixido deputado. - En 1936 fai campaña a favor do Estatuto de Autonomía. - O estoupido da guerra civil sorpréndeo en Madrid, viaxa a Valencia e Barcelona e logo ao exilio. - A partir de 1940 instálase en Bos Aires, onde exerce un importante papel como dirixente do galeguismo no exilio. Características e estilo - Síntese e concentración: trátase de conseguir, cun mínimo de medios, un máximo de efectos. - O conxunto de relatos vén constituír un macrotexto que nos remite ás estruturas básicas do relato popular e nas que se proxecta a vida do autor e se contempla o contexto histórico, social, político e ideolóxico do primeiro terzo do s.XX. - Combinación de elementos líricos (por procedementos de recorrencias rítmicas: fundamentalmente paralelismos e antíteses) e humorísticos (ironía). - Protagonistas dos seus relatos son as clases populares. - Parte da lingua popular, mais achega un modelo de galego culto. Obras Rafael Dieste (Rianxo, 1899 - 1950) - Principal prosista da Xeración do 25, antes da guerra. - Colaboración nos diarios Galicia e El Pueblo Gallego. ➔Durante a República colabora coas Misiones Pedagógicas e en revistas como Resol. - Tras a guerra, sofre o exilio e desenvolve un gran labor cultural e político en Arxentina, até o seu regreso a mediados dos 60. - Un importante número das súas colaboracións xornalísticas dos anos 20 foi reunido no volume Antre a terra e o ceo (1981). Trazos da narrativa A importancia concedida á técnica: mestura do popular e do culto. Emprega recursos típicos do relato oral como as apelacións ao auditorio, autoxustificacións do narrador, referencias espazo-temporais concretas, constantes digresións, etc. De raíz culta son o gusto pola descrición plástica impresionista de ambientes e personaxes, rica adxectivación, rupturas no plano temporal, etc. Preferencia por temas que teñan misterio ou algún matiz extraordinario: combina relatos realistas con outros fantásticos, nos que non faltan elementos macabros, terroríficos ou de ciencia ficción. Orixe popular e folclórica dos argumentos: próximos ás lendas e supersticións e do perfil dos personaxes que recolle dos ambientes do Rianxo de comezos de século. Obra de Dieste - Dos arquivos do trasno (Contos) - A fiestra valdeira (Teatro) - Antre a terra e o ceo (Xornalismo) Dos arquivos do trasno Características xerais: ➔ Liña da tradición popular: presentación do narrador orador, para pasar despois á narración que é contada para un público. Esta característica formal relaciónase coa estrutura oral dos contos tradicionais. ➔ Liña de modernidade: - Introduce contidos de reflexión filosófica e emotiva, sen caer na antropoloxía dos modelos narrativos tradicionais. - O sentido do texto compete só ao lector e hai pluralidade de voces narrativas. - Presenta a realidade como máxica. Suxire un clima sobrenatural sen apartarse da natureza (realismo transcendente). Os acontecementos son posibles pero dubidosos; son ambigüos e problemáticos. Revista Nós - Fundada en 1920 e proxecto emblemático do Grupo. - Dirixida por Vicente Risco, acompañado por Arturo Noguerol como xerente, Otero Pedrayo e Cuevillas, aos que se unirán Castelao como director artístico e Ánxel Casal como editor. - Entre 1920 e 1936, en dúas etapas, publicou 144 números. - Tiñan como obxectivo principal europeizar e universalizar a cultura galega. - Esta tarefa foi compartida coas seccións do Seminario de Estudos Galegos (1923), das que foron responsables significados colaboradores da revista Labor das Irmandades - Fomentar o cultivo dos xéneros menos desenvolvidos ata entón (teatro, ensaio e narrativa) - Creación de canles de expresión como revistas (A Nosa Terra ou Nós), suplementos en xornais (“Terra a Nosa!”-vinculado ao xornal El Noroeste) ou editoriais e coleccións de novelas breves (Céltiga, Lar ou Nós). - Participación na creación en 1923 do Seminario de Estudos Galegos (SEG), fundamental no impulso do ensaio. - Destacan autores vinculados ás Irmandades como Antón Villar Ponte (iniciador do ensaísmo político), Lois Porteiro Garea ou Xoán Vicente Viqueira. O TEATRO DO 1º TERZO DO SÉCULO XX: AS IRMANDADES, VANGARDAS E GRUPO NÓS Introdución - O 1º terzo do século XX vai ser unha etapa favorable para o desenvolvemento da literatura en lingua galega. - Consolídase o proceso de recuperación iniciado no século XIX - Continúase escribindo poesía ao tempo que se afianzan novos xéneros (prosa, teatro, ensaio). - O teatro é o xénero menos cultivado da literatura galega, por dúas razóns: ↳ A exclusión da lingua galega dos espazos públicos cultos debido á diglosia (e o teatro é un espectáculo social fundamentalmente burgués). ↳ As sucesivas prohibicións de representar en linguas diferentes ao castelán. ESCOLA REXIONALISTA DE DECLAMACIÓN Primeira etapa 1902-1903. Dirixido por Salinas e Sánchez Mino. Representa ¡Filla..! de Galo Salinas. Teatro costumista, drama rural, melodrama que exaltan o campo fronte á cidade, tamén teatro histórico na busca de episodios e personaxes destacados, escrito en verso. Segunda etapa 1903-1905. Dirixida por M. Lugrís Freire (A ponte, Minia, Mareiras) onde se representan textos de maior dimensión social, denuncia do caciquismo, satiriza emigrantes que retornan ricos e desgaleguizados. O TEATRO NAS IRMANDADES DA FALA O teatro deixa de ser un divertimento para converterse nunha arma política, reivindicativa. ↳ Antón Villar Ponte cre firmemente na potencialidade do teatro para desenvolver o proxecto cívico-cultural que defende. ↳ Diversifícase a oferta teatral: teatro histórico, social (denuncia da emigración e caciquismo), señorial (de pazo), cómico, infantil e comedia burguesa. OBXECTIVOS O teatro deixa de ser un divertimento para converterse nunha arma política, reivindicativa. ↳ Antón Villar Ponte cre firmemente na potencialidade do teatro para desenvolver o proxecto cívico-cultural que defende. ↳ Diversifícase a oferta teatral: teatro histórico, social (denuncia da emigración e caciquismo), señorial (de pazo), cómico, infantil e comedia burguesa. 1919, Conservatorio Nacional de Arte Galega, dirixida por Fernando Osorio Docampo, fará máis de cen representacións ao ano. ↳ Outras Irmandades tamén organizan as súas agrupacións artísticas. ↳ 1ª estrea A man de Santiña de R. Cabanillas ↳ Donosiña e Alén de Xaime Quintanilla Estréase tamén O mariscal de R. Cabanillas. A DRAMATURXIA INTERNACIONAL - O Grupo Nós - As Vangardas Non utilizan o teatro como arma política ou pedagóxica pero si lle dan un pulo extraordinario desde o punto de vista literario, facéndoo participar tamén das correntes europeas. Aparecen os primeiros elementos simbolistas e surrealistas, superando o realismo anterior: a partir de agora non só van falar galego labregos e caciques, senón tamén fidalgos e princesas, bocois e sapos, pipotes e penedos, os santos do Pórtico da Gloria, os fantasmas. Vicente Risco O bufón d´El-Rei, 1928. > Estreada en Bos Aires en 1933. Drama tráxico, con elementos lendarios e carácter simbolista. Relaciona a deformidade física coa moral. Ambientado na Idade Media. Otero Pedrayo - A lagarada, estreada polo Centro Dramático Galego. Mestura realismo e fantasía, simbolista. - Teatro de máscaras, piezas breves inéditas daquela. - O desengano do priorio. - Rosalía. Teatro experimental, vanguardista, sen acción. Alfonso Daniel R. Castelao Os vellos non deben namorarse, estreada en 1941 > en Bos Aires e publicada en 1953. Concédelle protagonismo á iluminación, a música, decorado, máscaras dos personaxes… Sintetiza o teatro popular e o moderno: simbolismo e expresionismo. Estética de farsa. Rafael Dieste A fiestra valdeira, publicada en 1927 e estreada en 1935. 1ª representación profesional en 1994. Obra Comedia simbólica sobre a identidade (individual e colectiva). Costumismo, pano de fondo. Humorismo nos diálogos. RESUMO 1º ETAPA: Escola Rexional de Declamación 2º ETAPA : Irmandades da Fala (Villar Ponte e Cabanillas) 3º ETAPA: Grupo Nós: Risco, Otero Pedrayo e Castelao 4º ETAPA: Vangardas: Rafael Dieste