UD1 A traballo e saúde PDF
Document Details
Uploaded by RosyCelebration8761
Tags
Summary
Este documento proporciona información en galego sobre a seguridade e a saúde no traballo, incluíndo un índice con varios tópicos relevantes como conceptos básicos, factores de risco laboral e danos derivados do traballo.
Full Transcript
UD 01 Seguridade e saúde no traballo Índice Traballo e saúde 3 1.1. Conceptos básicos 3 1.2. Relación entre conceptos...
UD 01 Seguridade e saúde no traballo Índice Traballo e saúde 3 1.1. Conceptos básicos 3 1.2. Relación entre conceptos 4 Factores de risco laboral 4 2.1. As condicións de traballo 4 2.2. Esquema resumo das condicións agrupadas e os riscos que se derivan, xunto cos danos que poden provocar e a técnica que trata de evitar eses danos 5 3. Danos derivados do traballo 6 2.1. Doenza profesional 6 2.2. Accidente de traballo 6 2.3. Outros danos 8 4. Dereitos e obrigas en materia de prevención de riscos laborais 8 4.1. Obrigas do empresario 8 4.2. Obrigas dos traballadores 11 2 1. Traballo e saúde 1.1. Conceptos básicos O traballo e a saúde son conceptos intimamente relacionados. Co traballo o ser humano busca satisfacer necesidades, pero no desempeño do mesmo o traballador pode danar a súa saúde se non se desenvolve nas condicións axeitadas. Pero, ¿que entendemos por saúde? A Organización Mundial da Saúde (OMS) define saúde como o completo estado de benestar físico, psíquico e social e non simplemente ausencia de enfermidade. Benestar físico: entendemos benestar físico como ausencia de enfermidades ou danos Benestar psíquico: equilibrio emocional, identificación do traballador coa súa tarefa Benestar social: relacións cos demais recoñecemento social e expectativas de futuro no traballo. Este concepto amplo de saúde lévanos a outros dous conceptos: o de risco laboral e o de condición de traballo. Risco laboral: é a posibilidade de que un traballador sufra algún dano na saúde derivado do traballo Condición de traballo: calquera característica do mesmo que poida influír na presencia de riscos para a seguridade e saúde do traballador. Quedan incluídos: Locais e instalacións Equipos de traballo e produtos Axentes físicos, químicos e biolóxicos e procedementos para usalos Organización e ordenación do traballo. 3 1.2. Relación entre conceptos O TRABALLO en condicións inadecuadas produce RISCOS LABORAIS, que poden ocasionar DANOS á saúde que se evitan con MEDIDAS DE PREVENCIÓN E PROTECCIÓN polo que se necesita unha LEXISLACIÓN. 2. Factores de risco laboral 2.1. As condicións de traballo "Condicións de traballo" son as características do traballo que poden ter influencia significa- tiva na xeración de riscos para a seguridade e a saúde dos/das traballadores/as. Abrangue: Características xerais dos locais e das instalacións (escaleiras, desniveis, portas, etc.). Ferramentas, equipamentos de traballo, máquinas e produtos (radial, tupi, cabina de pin- tura, copresor, etc.). Natureza dos axentes ambientais (físicos, químicos e biolóxicos) presentes no ambiente de traballo, e as súas intensidades, as concentracións e os niveis de presenza correspon- dentes: físicos (ruído, temperatura, iluminación, radiación, etc.), químicos (pinturas, de- terxentes, amianto, chumbo, etc.) ou biolóxicos: (virus, bacterias, fungos, parasitos, etc.) Procedementos para a utilización dos axentes citados anteriormente. Todas as características do traballo que inflúan na magnitude dos riscos a que estea ex- posto/a o/a traballador/a: carga de traballo, organización do traballo e condicións perso- ais. 4 2.2. Esquema resumo das condicións agrupadas e os riscos que se derivan, xunto cos danos que poden provocar e a técnica que trata de evitar eses danos FACTORES DE RISCO DANOS TÉCNICA PREVENTIVA Superficies de tránsito Escaleiras Lugares de Instalacións: eléctricas, traballo gases,... CONDICIÓNS DE Espazos de traballo Accidente de SEGURIDADE SEGURIDADE Ferramentas traballo Máquinas e os seus Equipos de elementos (fixos e traballo móbiles) Manexo de vehículos Ruído, humidade, Axentes temperatura, vibracións, físicos radiacións, CONDICIÓNS Contaminantes químicos Doenza Axentes HIXIENE AMBIENTAIS (corrosivos, irritantes, profesional químicos tóxicos,..) Axentes Bacterias, virus, fungos, biolóxicos parásitos Posturas, esforzos, Carga física CONDICIÓNS manipulación de cargas,... Fatiga ERGONOMÍA ERGONÓMICAS Carga Contido da tarefa mental Organización, estilo de CONDICIÓNS Factores mando, condicións do Insatisfacción PSICOSOCIOLOXÍA PSICOSOCIAIS psicosociais emprego, tempo de traballo,… 5 3. Danos derivados do traballo A Lei de Prevención de Riscos Laborais sinala que os danos derivados do traballo son calquera enfermidade, patoloxía ou lesión sufridas polo traballador no exercicio das súas función. Podemos clasificar os danos profesionais en: 2.1. Doenza profesional Distinguimos dous conceptos de doenza profesional: un técnico, que é o que utilizan os especialistas en prevención, e outro legal, que é o recollido na Lei Xeral da Seguridade Social (LXSS). Concepto técnico: deterioro paulatino da saúde por sobreexposición a situacións insalubres no traballo Concepto legal: doenza contraída con ocasión do traballo por conta allea con motivo da realización de actividades establecidas no cadro de desenvolvemento regulamentario, sempre que derive de substancias ou elementos que se indican nese cadro. Polo tanto, en España, para que se considere unha doenza como profesional, é necesario que se cumpran unha serie de requisitos: Ao principio, só se lles recoñecía ós traballadores por conta allea, pero agora xa non é así, xa que os traballadores autónomos tamén están obrigados a cotizar por continxencias profesionais dende o 1 de xaneiro de 2019. Debe ser unha doenza recollida no RD 1299/2006 e debida aos elementos que aparecen nesa mesma norma. A actividade ou sector de traballo tamén debe estar no RD. Polo tanto, existe un sistema de lista pechada. 2.2. Accidente de traballo Distinguimos tamén un concepto técnico e un concepto legal. Concepto legal: lesión corporal que sufre un traballador por conta allea con ocasión ou a consecuencia do traballo. Requisitos: Ao principio, como na doenza profesional, só se lles recoñecía ós traballadores por conta allea, pero agora xa non é así, xa que os traballadores autónomos tamén están obrigados a cotizar por continxencias profesionais dende o 1 de xaneiro de 2019. Ten que existir unha relación causal entre o traballo e a lesión Ten que haber unha lesión efectiva. 6 Ademais, a Lei Xeral da Seguridade Social (LXSS) engade como accidentes de traballo outras situación que poidan provocar confusión sobre se o son ou non e que a lei, ao incluílas, deixa claro que si son accidentes de traballo: a. Accidentes in itinere: son os que sufre o traballador ao ir ou volver do lugar de traballo. A xurisprudencia matizou os requisitos que deben darse para que se considere accidente de traballo, aínda que seguen sendo requisitos bastante flexibles: Debe ocorrer no camiño de ida ou volta ao domicilio habitual. Recoñécense tamén os accidentes no traxecto entre o lugar de traballo e o domicilio laboral, e tamén entre domicilio laboral e habitual (por exemplo, unha viaxe de domingo entre un e outro domicilio con motivo de entrar a traballar na mañá do luns). Non poden producirse interrupcións (aínda que se son curtas habituais si se permiten). O percorrido realizado debe ser o habitual. O medio utilizado polo traballador debe ser un medio adecuado para ir ao traballo. b. Accidentes sufridos por cargos sindicais ó desprazarse para cumprir coas súas función, así como os ocorridos ao ir ou volver de exercitar esas función. c. Accidentes dos traballadores que, aínda que non estiveran desempeñando funcións do seu posto ou categoría profesional, facían tarefas para o bo funcionamento da empresa. d. Accidentes en misión: durante desprazamentos para cumprir co posto de traballo, dentro do horario laboral. e. Actos de salvamento e outros de natureza análoga, cando teñan conexión co traballo. f. Doenzas non incluídas no RD 1299/2006, pero que son debidas ó traballo, sempre que se probe por sentencia xudicial que a enfermidade xurdiu por causa exclusiva do traballo. g. Doenzas padecidas con anterioridade e que se agravan como consecuencia dunha lesión producida por un accidente de traballo. h. Doenzas intercorrentes: complicacións derivadas do proceso patolóxico do accidente de traballo ou que teñen orixe no novo medio no que se sitúa ó paciente para a súa curación. Presúmese, salvo proba en contrario, que todo accidente que sucede no lugar e tempo de traballo é un accidente de traballo. Poderá considerarse como accidente de traballo a imprudencia profesional que cometa o traballador como consecuencia do exercicio habitual do traballo e a confianza que este inspira. Non se consideran accidentes de traballo: Os que sexan debidos a imprudencia temeraria Os debidos a dolo (engano) do traballador. 7 Concepto técnico: Suceso anormal, non querido nin desexado, que interrompe a continuidade do traballo de forma súbita e inesperada e produce danos contra as persoas e/ou cousas. Polo tanto, dende o punto de vista da prevención non é necesaria a existencia de lesión no traballador. Distinguimos así os seguintes tipos de accidente dende o punto de vista técnico: Típico: onde hai lesións ás persoas e danos ás cousas Caso: hai lesións ás persoas pero non danos materiais Branco: non hai lesións pero si danos materiais Incidente: non hai lesións nin danos materiais 2.3. Outros danos 2.3.1. Fatiga laboral É a diminución da capacidade física e mental despois de facer un traballo en tempo breve e sen posibilidade de recuperación. Pode producirse por dúas causas: carga física (posturas incómodas, esforzos...) ou carga mental (manexo de moita información, tarefas complicadas...), de aí que se fale de fatiga física e mental. 2.3.2. Avellentamento prematuro Fatiga crónica ou desgaste que provoca que se acelere o proceso normal de avellentamento e que non coincida a idade cronolóxica coa idade biolóxica 2.3.3. Insatisfacción laboral Actitude xeral negativa cara o traballo que procede da diferencia entre as expectativas xeradas respecto ao traballo e a realidade do que é o traballo, e a importancia que se lle dá a esa diferencia. Inflúen polo tanto 3 factores á vez: as condicións de traballo as expectativas do traballador cara o mesmo a importancia que lles dea a que estas se cumpran ou non 4. Dereitos e obrigas en materia de prevención de riscos laborais 4.1. Obrigas do empresario a. Planificar a prevención O empresario está obrigado a elaborar un plan de prevención de riscos, o cal debe integrarse dentro da organización da empresa. b. Avaliar os riscos 8 Cando non se poden evitar, débense avaliar. A avaliación de riscos faise por cada posto de traballo. c. Elaborar un plan de emerxencia No plan de emerxencia analízanse as posibles situacións de emerxencia (incendio, explosión etc.) e as medidas necesarias en primeiros auxilios, loita contra incendios e medidas de evacuación. d. Prover equipos de traballo O empresario debe proporcionar equipos seguros así como adoptar medidas de protección para utilizar eses equipos. e. Prover equipos de protección individual Os EPIs serán entregados de forma gratuíta pola empresa. Avaliaranse que postos necesitan EPIs e seleccionaranse aqueles que sexan adecuados ao dano do que protexen. Todos deben de levar marcado CE. A empresa debe informar e formar aos traballadores sobre como usalos así como vixiar que os operarios os utilicen. f. Adoptar medidas en caso de risco grave e inminente É aquel risco que é probable que ocorra nun futuro inmediato e supón un dano grave para os traballadores. O empresario está obrigado a incluír medidas no Plan de Emerxencia fronte a este tipo de risco. Debe tamén dar instrucións para que os traballadores poidan interromper a actividade e abandonar de inmediato o traballo. Quen pode paralizar totalmente o traballo en caso de risco grave e inminente? Pode paralizar totalmente o traballo o empresario pero, se este non o fai, tamén están facultados os representantes dos traballadores, os cales deben comunicalo inmediatamente ao empresario e á autoridade laboral nun prazo de 24 horas para que está decida se continúa ou non a paralización. 9 g. Dar formación e información O empresario debe informar os traballadores dos riscos xerais da empresa e dos específicos dos seus postos de traballo así como das medidas de prevención e protección e en caso de emerxencia. Esta obriga concrétase na entrega do manual de prevención. Ademais, debe ofrecer formación teórica e práctica suficiente e adaptada aos riscos do posto de traballo. A formación debe realizarse no momento da contratación, no caso de modificación do posto de traballo, trala introdución de novas tecnoloxías ou se se producen cambios nos equipos de traballo. A formación realízase, se é posible, dentro da xornada de traballo e compútase como tempo de traballo, sen que sexa posible trasladar ao traballador os seus custos. Se se realiza fóra do horario de traballo descóntase o tempo investido na mesma. h. Consulta e participación Os representantes dos traballadores teñen dereito a ser consultados e a participar nas decisións que tome a empresa en Prevención de Riscos. i. Vixilancia da saúde A empresa está obrigada a realizar periodicamente controis médicos aos seus traballadores a través dos servizos de prevención. Isto realizarase cando se inicia a actividade laboral, ao reincorporarse ao traballo despois dunha ausencia prolongada por motivos de saúde e ao finalizar a actividade laboral cando poidan aparecer secuelas a longo prazo. Só se realizan as probas imprescindibles e necesarias, respectando a dignidade, intimidade e confidencialidade dos datos médicos, polo que só se comunicará ao empresario e representantes a condición de apto ou non apto. Os resultados completos comunícanse ao traballador. O traballador pode asinar que non quere realizar a vixilancia da saúde, salvo que se dean as seguintes excepcións: Que sexa obrigatorio por lei Que a súa non realización implique graves riscos para a súa saúde ou a saúde de terceiras persoas Que sexa imprescindible para valorar os efectos das condicións do traballo sobre a saúde dos traballadores. 10 j. Protección de grupos especiais de risco Protección da maternidade e lactación Débese realizar unha avaliación específica de riscos. Para evitar a exposición da traballadora embarazada a eses riscos, en primeiro lugar hai que adaptar as condicións de traballo do seu posto. Entre esas medidas débese incluír, cando sexa necesario, a non realización do traballo nocturno. Cando non é posible adaptar o posto de traballo, en segundo lugar, tentarase cambiar á traballadora a un posto compatible co seu estado, conservando o seu nivel retributivo. Se ningunha das medidas anteriores é posible, en último lugar, queda en suspensión o seu contrato de traballo por risco durante o embarazo ou lactación cobrando o 100% da base reguladora. Menores e traballadores especialmente sensibles Débese realizar unha avaliación específica de riscos. Os menores non poden traballar en traballos perigosos, nocivos, tóxicos, insalubres, nin en horario nocturno nin facer horas extraordinarias. Traballadores contratados por ETT A ETT está obrigada a: informar dos riscos concretos e as medidas de prevención e protección formar aos traballadores no momento da contratación a vixilancia da saúde e a entrega dos EPIs A empresa usuaria é a responsable das condicións de execución. 4.2. Obrigas dos traballadores Os/as traballadores/as, segundo a súa formación e seguindo as instrucións dos/das empresarios/as, deberán, en particular: a. Empregar adecuadamente máquinas, aparellos, ferramentas, substancias perigosas, equipamentos de transporte e calquera outro medio co que desenvolvan a súa actividade. b. Empregar correctamente os medios e os equipamentos de protección facilitados polo/a empresario/a, segundo as instrucións recibidas deste/a. c. Non pór fóra de funcionamento e empregar correctamente os dispositivos de seguridade existentes ou que se instalen nos medios relacionados coa súa actividade ou nos lugares de traballo onde esta teña lugar. d. Informar de inmediato a persoa superior xerárquica directa e os/as traballadores/as designados/as para realizar actividades de protección e de prevención ou, de ser o caso, o servizo de prevención, acerca de 11 calquera situación que entrañe, ao seu xuízo, un risco para a seguridade e a saúde dos/das traballadores/as. e. Contribuír ao cumprimento das obrigas establecidas pola autoridade competente co fin de protexer a seguridade e a saúde dos/das traballadores/as no traballo. f. Cooperar co/coa empresario/a para que este/a poida garantir unhas condicións de traballo que sexan seguras e non entrañen riscos para a seguridade e a saúde dos/das traballadores/as (por exemplo, asistir aos cursos de formación en materia preventiva que estableza a empresa). g. Velar tanto pola súa seguridade e saúde como pola dos/das seus/súas compañeiros/as e das persoas ás que poida afectar a súa actividade profesional. O incumprimento por parte dos/das traballadores/as das obrigas en materia de prevención de riscos terá a consideración de incumprimento laboral. 12