Primeiros Auxilios PDF
Document Details
Uploaded by Deleted User
Tags
Summary
Este documento describe as pautas xerais de actuación ante unha situación de emerxencia, incluíndo a exploración primaria e secundaria, así como o triángulo de avaliación pediátrica. Con detalles sobre a valoración sobre posibles riscos, medidas de autoprotección, como avisar e socorrer nunha emerxencia, e tipos de exploracións.
Full Transcript
6.1.Pautas xerais de actuación ante unha situación de emerxencia. As actuacións que se realizaran ante calquera situación que precise dunha atención ou intervención denominarase PAS: Protexer, Avisar e Socorrer Protexer. O primeiro que se debe facer é unha...
6.1.Pautas xerais de actuación ante unha situación de emerxencia. As actuacións que se realizaran ante calquera situación que precise dunha atención ou intervención denominarase PAS: Protexer, Avisar e Socorrer Protexer. O primeiro que se debe facer é unha valoración sobre posibles riscos que poidan afectar á vítima e a nós mesmos. o Tomaremos medidas de autoprotección sempre que sexa posible. o Medidas para evitar outros riscos; abrir fiestras se hai un escape de gas e cerrar a chave de paso, cerrar a chave da auga se hai unha inundación... o Desconectar a electricidade antes de atender a un neno ou nena que ten un cable na man. Avisar. Avisar ao 112/061, teléfono único de emerxencias en toda a Comunidade Europea. É gratuíto e para calquera emerxencia. Polo xeral o profesional pregunta datos concretos polo que hai que estar preparado: tipo de accidente, número de vítimas, lesións, síntomas... Non colgar nunca o teléfono ata que nolo digan. Socorrer. O principal é manter a calma tendo coñecemento que a axuda está en camiño. Avaliarase ao bebé, neno ou nena seguindo os pasos que se describiron no tema. Non se pode mover ao accidentado se non se considera estritamente necesario ou non llo indicaron, posto que unha manipulación non apropiada pode ter consecuencias graves. 6.2.Tipos de exploración Cando nos atopamos ante un accidente dunha persoa ou neno/a que consideramos que pode precisar atención sanitaria débese realizar unha sinxela exploración que nos vai determinar as súas lesións e o seu estado. Diferéncianse por tanto dous tipos de exploración, a exploración primaria, que analizará o estado das funcións vitais e a exploración secundaria que indica o resto de lesións ou síntomas que pode chegar a mostrar. a) Exploración primaria Este tipo de exploración consiste en identificar todo aquilo que supoña unha ameaza a nivel vital do individuo, a través do recoñecemento de sinais vitais. Os sinais vitais que debemos recoñecer son: Consciencia, Respiración e Pulso A orde de exploración basease nos seguintes criterios de prioridade: o Estado de consciencia. Empregando estímulos verbais (preguntas) ou físicos (golpes pequenos para ver se reacciona). Se responde ten pulso e respira. Pódese empregar a escala AVDN para facer unha estimación do nivel de consciencia dunha vítima mediante a observación da resposta do comportamento da vítima a diferentes estímulos: ▪ A (Alerta) ▪ V (reacción a estímulos verbais) ▪ D (reacción ao estímulo doloroso) ▪ N (non reacciona a estímulos) o Valoración da respiración e mantemento da apertura da vía aérea, sempre mantendo o control da columna vertebral. Sen respiración non hai corazón que manteña o latexo. o Valoración e mantemento do pulso e ausencia de grandes hemorraxias. Se non o hai estará en parada cardiorrespiratoria e haberá que realizar a RCP (afóndase no punto 4.2). b) Exploración secundaria Trátase de controlar á vítima, se xa está consciente ou se recuperou a consciencia, e prever calquera agravamento mentres se agarda á recuperación total ou pola chegada da axuda sanitaria. Coa intención de informar aos servizos de urxencias que podan atender á vítima existen uns criterios de prioridade que determinan a orde na que se realizará esta exploración despois de realizar a exploración primaria: o Pupilas: débese revisar o seu tamaño, se reaccionan ante unha luz e si ámbalas dúas teñen o mesmo tamaño. o Exploración de cabeza e pescozo: haberá que fixarse en sinais de rotura de cranio; (hemorraxias no oído, no nariz e hematomas arredor dos ollos), lesións oculares, rotura nasal ou maxilar, contusións... o Exploración do tórax e abdome: haberá que buscar lesións traumáticas ou dor de tórax ao nivel das costelas ou esterno, e no abdome hai que buscar lesións traumáticas, dor abdominal, rixidez ou síntomas de hemorraxia interna. o Exploración de extremidades: débese asegurar si existen: feridas sangrantes, contusións, puntos dolorosos, deformacións ou síntomas de fractura e valorar a mobilidade e sensibilidade das extremidades Feita esta exploración deberíase proceder a valorar a través da regra OPUMA, só en vítimas conscientes e a través de familiares ou acompañantes. Está regra consiste en descubrir: o O. Que foi o que sucedeu (OCORRIDO) o P. Antecedentes PERSOAIS o U. ÚLTIMA inxestión de líquidos ou sólidos, coñecer hora e tipo. o M. MEDICACIÓN que toma, no caso de que sexa afirmativo. o A. Se padece ALERXIAS 6.2.1.Triángulo de avaliación pediátrica. Nos últimos anos adoptouse un sistema de análise orixinal da Academia Americana de Pediatría que se basea nunha análise sinxela, rápida e visual de varios aspectos do lactante e do neno e nena, que nos orientará da gravidade e da necesidade de activar a axuda dos sistemas sanitarios ou non. Os sinais que forman parte deste “triángulo” e que nos dirán se un neno ou nena corre risco vital ou non son: Aparencia ou aspecto alterado. (“non o vexo como sempre” “está demasiado tranquilo”, “véxoo mal”), rixidez ou flaccidez, moi activo ou moi pasivo, non é quen de seguirnos coa mirada... Dificultade respiratoria. Non é quen de manter unha respiración normal, onde se visualiza o seguinte: o Aleteo nasal nas respiracións. o Esforzos para respirar (márcanselle as costelas). o Ruídos ao respirar. o Respiración abdominal (diafragma). Alteracións na cor da pel: está moi pálido, pel de mármore, azulada... Ante a presenza dalgún destes síntomas débese saber que o neno ou a nena pode estar nunha situación complexa e que pode ser que precise de axuda sanitaria. A non existencia destes síntomas non significa que o máis pequeno non precise de atención, por exemplo unha febre elevada pode non alterar o triángulo pero pode precisar da visita ao pediatra. Existen outras situacións nas que o neno ou a nena precisan de intervención sanitaria inmediata, entre as que se atopan: convulsións, vómitos persistentes, febre en lactantes menores de 3 meses, todas aquelas nas que se visualice unha degradación no estado xeral das nenas e nenos. 6.3.Parada cardiorrespiratoria A diferencia dos adultos, os nenos e nenas que poden sufrir unha parada mostrarán unha serie de “síntomas” que nos poden facer sospeitar. Causas: en pediatría existen tres tipos de causas, as de orixe respiratorio, orixe circulatorio e as causas cardíacas. Causas de orixe respiratorio. Estas son as que se producen pola obstrución da vía aérea por corpos estraños con ou sen atragoamento evidente, situacións de dificultade respiratoria (bronquites, pneumonías, asma...) Causas de orixe circulatorio. Son aquelas que comprometen o estado circulatorio dos nenos e nenas, como pode ser unha deshidratación xeralmente provocada por unha gastroenterite, queimaduras ou hemorraxias, diabetes, infeccións ou alerxias. Causas cardíacas. Polo xeral son nenos e nenas ou lactantes con algún tipo de antecedente de enfermidade previa. 6.3.1.Soporte Vital Básico (SVB). Reanimación cardiovascular Segundo o Manual de Soporte vital Pediátrico baseado nas guías do European Resuscitation Council (ERC) que intentan reducir ao mínimo as dúbidas de como actuar ante unha parada cardiorrespiratoria (PCR) para facilitar a actuación dos primeiros actuantes ante calquera idade, compre ter en conta que hai que adaptar o algoritmo e as compresións torácicas (dous dedos, un talón da man, as dúas..) cando é un neno ou nena acabado de nacer, lactante, e neno/a, por iso, veremos as indicacións específicas: O SVB realizarase tras a comprobación da perda de consciencia, comprobación da ausencia de respiración normal, a petición de axuda ao 112/061 e compresións torácicas (“masaxe cardíaca”). Despois, iníciase o protocolo coas indicacións para as idades: Cinco ventilacións de rescate iniciais antes de comezar coas compresións torácicas: 15/protocolo pediátrico. (30/ protocolo adultos) Unha persoa só debe practicar a reanimación cardiopulmonar (RCP) durante 1 minuto antes de pedir axuda. Comprima o tórax aproximadamente un terzo da súa profundidade; empregar 2 dedos en lactantes, e unha ou dúas mans segundo sexa o tamaño do neno ou a nena e seguindo coa combinación 15/2 protocolo pediátrico. (30/2 protocolo adultos) Protocolo de actuación do soporte vital básico para lactantes e nenos/as: 1. Acercarse con precaución. Tendo coidado de que non haxa perigo para a vítima, para o actuante ou persoas que poidan estar cerca. Comprobar fontes de perigo, e tentar eliminalas no caso de ser afirmativo, e si non se pode actuar chamar ao 112/061. 2. Posición de persoa que realiza a reanimación ou primeiro/a actuante. De xeonllos ao carón do neno, nena ou lactante, neste último caso coa posibilidade de poñelo enriba dunha superficie alta (mesa, cambiador...), de xeito lateral á altura dos ombros. 3. Comprobar se responde. Falando e estimulando, non zarandear nunca. o Se responde: ▪ Deixar na posición na que o atopou e tentar non movelo. ▪ Se o neno ou nena fala pódese preguntar que lle sucedeu. ▪ Efectuar a exploración secundaria. Busca de sinais de hemorraxia grave. ▪ Continuar controlando o estado de consciencia do neno ou nena e a súa respiración. ▪ Alertar ao 112/061 se fora preciso. o Se non responde: ▪ Activarase a cadea de socorro PAS (ver 5.1). ▪ Se está só/soa, berrar pedindo axuda e chamando a atención sen deixar ao accidentado. ▪ Se hai alguén máis, que estea ao seu carón por se precisa axuda. 4. Abrir a vía aérea (manobra fronte-queixo) o Nenos e nenas (maiores de 1 ano) que están inconscientes, a lingua e a posición da cabeza pode obstruír as vías aéreas. A manobra que se fará é a de “fronte-queixo”, que consiste en: ✔ Vítima estirada sobre as súas costas (decúbito supino) ✔ Colocar unha man na fronte empurrando a cabeza cara atrás amodo. ✔ Desprazar a mandíbula cara adiante coa punta dos dedos da outra man situándoos baixo o queixelo. Deste xeito asegurase a apertura da vía aérea separando a lingua da parte posterior do pescozo. o Lactantes. Realizarase a manobra fronte-queixo, pero con coidado de non facer unha extensión vertical excesiva. Xa que poderíase comprimir a traquea e polo tanto pechar a vía aérea. No caso de presenza dun corpo estraño visible e facilmente extraíble na boca, intentarase retiralo cos dedos, pero sempre tendo en conta o ver onde está, nunca facelo sen mirar. 5. Comprobar a respiración Sempre coa vía aérea aberta, comprobar se o bebé ou nena ou neno respira con normalidade (VER, OÍR E SENTIR): o VER, observar se existe movemento no peito o OIR, escoitar se existen ruídos respiratorios o SENTIR, notar a respiración na súa meixela Esta comprobación farase durante 10 segundos antes de decidir se o neno ou nena respira con normalidade. Non debemos confundir unha “respiración agónica” cunha respiración normal. o Se respira: Neste caso se respira colocarase na posición lateral de seguridade (PLS, decúbito supino) sempre que se poida e alertarase ao 112/061. Valorar o estado do paciente ata que chegue a axuda. No caso de lactantes é máis complexo manter esta posición, tentar na medida do posible poñelo de lado aínda que sexa con apoio. o Se non respira ou non respira de xeito normal: Se está só/soa: ▪ Realizar 5 ventilacións de rescate iniciais e continuar coas técnicas e reanimación durante 1 minuto. ▪ Ao minuto chamar ao 112/061. Se está acompañado/a: ▪ Chamar ao 112/061, tendo coñecemento da información que se vai trasladar. 1 ▪ Realizar 5 ventilacións de rescate e continuar coa RCP 6. Realizar ventilacións de rescate 1 Imaxe de Maniobras de Mentón-Frente e de Respiración. No caso de lactantes e nenos/as, debido a que a causa xeral do paro é respiratoria, é preciso iniciar as secuencias de 5 ventilacións e despois combinar as compresións torácicas coas ventilacións. o Nenos e nenas (boca a boca) ▪ Manter a vía aérea aberta coa manobra “fronte-queixo”. Cunha man manter a cabeza cara atrás e cos dous dedos pechar o nariz do neno ou nena. ▪ Colla aire e poña os seus beizos sobre a boca da vítima asegurándose de que quede selada. 1 insuflación constante durante 1 segundo. Observar se se levanta o peito do neno ou nena con cada ventilación. ▪ Mantendo a vía aérea aberta, destapar o nariz e retirar a boca, observar se o peito baixa coa saída do aire e se baixa de todo será unha ventilación efectiva. ▪ Volva a coller aire e repetir a operación para facer unha nova ventilación. o Lactantes (boca a boca-nariz) Hai que ter en conta que a capacidade respiratoria do lactante é menor que a do neno/a, polo tanto a cantidade de aire insuflado debe ser menor. Empregarase a técnica boca a boca-nariz, colocando a boca de xeito que abarque completamente a boca e o nariz do lactante. Ao igual que nos nenos e nenas máis maiores, se as ventilacións non se corresponden coa elevación do tórax, hai que valorar que algo se está facendo mal. Antes de volver a insuflar: ▪ Volva a comprobar a correcta posición da manobra fronte-queixo. Lembre que en lactantes é mínima. ▪ Comprobar a boca do/a lactante e retirar calquera obxecto que obstrúa a vía, por se se tratase dun corpo estraño. 2 7. Realizar comprensións torácicas 2 Imaxe de maniobra de ventilación de rescate Para a realización desta manobra, tanto o neno ou nena como o lactante debe estar estirado boca arriba sobre unha superficie o suficientemente dura e estable. O seu obxectivo será comprimir o tórax contra as costas para conseguir que o sangue circule por todo o corpo. o Nenos e nenas ▪ Colocar o talón dunha man enriba do peito e coa outra suxeitando a fronte do neno ou nena. Se son moi grandes poden empregarse as dúas mans. ▪ Colocar os cóbados completamente rectos e os ombros que queden directamente sobre o peito do nenos ou nena. ▪ Ao comprimir, a profundidade ten que ser de 1/3 do diámetro do tórax. ▪ O ritmo das compresións torácicas adecuado é de 120 por minuto (un pouco menos de 2 comprensións por segundo). Deben practicarse 15 comprensións torácicas. o Lactantes ▪ Localizarase o punto de comprensión, no terzo inferior do esterno. Coincide co centro do tórax. ▪ Apóianse dous dedos. ▪ Inícianse comprensións a un ritmo de 120 por minuto a unha profundidade dun terzo de diámetro do tórax. Aínda que os lactantes teñen unha frecuencia cardíaca máis rápida o ritmo realizarase ao mesmo que en nenos e nenas máis maiores. ▪ Alternaranse 15 comprensións con 2 insuflacións boca a boca- nariz. 3 8. Combinación comprensións torácicas e insuflacións. 3 Comprensións torácicas en lactantes e nenos e nenas Ao pasar 1 minuto asegurarémonos de que está avisado o 112/061 ou de estar sós farémolo nós, e continuaremos coa combinación de 15 compresións torácicas e 2 ventilacións ata que: o Chegue o profesional. o Que o actuante estea fisicamente exhausto. o Que vexamos que a vítima recupera a respiración normal. Se non se pode (por ter unha lesión na boca ou nariz) ou non se queren practicar as respiracións de rescate, hai que facer as comprensións torácicas dun ritmo continuado de 120 por minuto. Isto será unha situación excepcional en pediatría. As manobras páranse cando a vítima comeza a respirar, se se está esgotado/a e non se pode continuar ou coa chegada de axuda. 6.3.2.Posición lateral de seguridade (PLS). Esta posición permite que quede aberta a vía aérea de calquera vítima inconsciente con respiración normal, ademais evita que a lingua bloquee a vía aérea, evita o atragoamento por se vomita e permite a saída de fluídos pola boca. Os pasos a seguir son: 1. Quitar calquera cousa que poida molestar á hora de realizar a posición, como poden ser gafas, gorros, bufandas... 2. De xeonllos ao carón da vítima asegurarse de que as pernas estean aliñadas. 3. Colocar o brazo máis próximo ao actuante de xeito que quede en ángulo recto co corpo, cóbado flexionado e a palma da man cara arriba. 4. Cunha man, pasar o outro brazo por riba do peito e manteña o dorso da man contra a meixela da vítima que está máis preto. 5. Coa outra man, suxeitar a perna máis lonxe por riba do xeonllo e levantar mantendo o contacto do pé no chan. 6. Mantendo a man premida sobre a meixela, tirar da perna flexionada para facer xirar á vítima cara o lado do actuante. 7. Axustar a perna superior para que a cadeira e o xeonllo formen un ángulo recto. 8. Colocar a cabeza de xeito que garanta a apertura da vía aérea. 9. Colocar a man baixo a meixela, para elevar un pouco a cabeza. 10. Comprobar a respiración con regularidade.