LEI 5/2019, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia PDF
Document Details
Uploaded by StylizedEarthArt
IES de Arzúa
2019
Tags
Related
Summary
This Galician law, LEI 5/2019, focuses on the natural heritage and biodiversity of Galicia. It outlines the conservation, sustainable use, improvement, and restoration of natural resources and biodiversity. It references various international and European conventions on conservation of nature and habitats.
Full Transcript
DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35934 I. Disposicións xerais Presidencia da Xunta de Galicia...
DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35934 I. Disposicións xerais Presidencia da Xunta de Galicia LEI 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia. Exposición de motivos I A conservación do medio é unha das demandas da sociedade actual e unha obriga non só de calquera administración pública, senón de toda a cidadanía, tal e como se desprende do disposto no artigo 45 da Constitución española. En materia de conservación do patrimonio natural, o Reino de España subscribiu diver- sos convenios internacionais de especial relevancia, como a Convención relativa ás zonas húmidas de importancia internacional, especialmente como hábitat de aves acuáticas, o Convenio relativo á conservación da vida silvestre e do medio natural en Europa, a Con- vención sobre a conservación das especies migratorias de animais silvestres, o Convenio sobre a diversidade biolóxica, o Protocolo de Nagoia sobre o acceso aos recursos xenéti- cos e a participación xusta e equitativa nos beneficios que deriven da súa utilización e mais o Convenio para a protección do medio mariño do Atlántico do nordés. Pola súa parte, no ámbito comunitario, cómpre salientar a Directiva 92/43/CEE do Con- sello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 flora silvestres, e a Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres. Ambas as directivas con- forman o eixe fundamental da política de conservación da biodiversidade da Unión Euro- pea e constitúen o marco normativo da Rede Natura 2000 a nivel comunitario. O obxectivo desta Rede Natura é o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, de determinados tipos de hábitats e especies, nas súas áreas de distribución natural, por medio de zonas especiais para a súa protección e conservación. Consonte o artigo 149.1.23ª da Constitución española, o Estado ten a competencia en materia de lexislación básica sobre a protección do medio, sen prexuízo das facultades das comunidades autónomas de estableceren normas adicionais de protección. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35935 No eido estatal, e dentro da normativa básica en materia de conservación do patrimonio natural, procede citar, fundamentalmente, a Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, que establece o réxime xurídico básico da conservación, o uso sustentable, a mellora e a restauración do patrimonio natural e da biodiversidade españo- la, como parte do deber de conservar e do dereito a gozar dun ambiente axeitado para o desenvolvemento da persoa, establecido no artigo 45.2 da Constitución española. Esta Lei 42/2007, do 13 de decembro, foi recentemente modificada pola Lei 7/2018, do 20 de xullo, de modificación da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da bio- diversidade, e esta lei galega está adaptada á dita modificación. Galicia posúe un incomparable patrimonio natural de excepcional valor, que constitúe un dos principais sinais de identidade da nosa comunidade autónoma e que exixe a súa axeitada preservación para satisfacer as necesidades non só das xeracións actuais senón tamén as das xeracións futuras. De acordo co artigo 27.30 do Estatuto de autonomía de Galicia, a Comunidade Autóno- ma galega ten a competencia exclusiva en materia de normas adicionais sobre a protec- ción do medio, nos termos do artigo 149.1.23ª da Constitución española. II En exercicio destas competencias ditouse a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conserva- ción da natureza, que constituíu o primeiro texto legal autonómico en establecer un marco de protección referido ao conxunto do territorio galego e que comprendía no seu ámbito de aplicación os espazos naturais, a fauna e a flora silvestres. As previsións desa lei e o CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 seu desenvolvemento regulamentario permitiron salvagardar os valores intrínsecos aos espazos naturais declarados como protexidos e manter nun bo estado de conservación a biodiversidade presente en Galicia. Porén, o tempo transcorrido desde a súa aprobación e os importantes cambios producidos na normativa comunitaria e na normativa básica estatal aconsellan a aprobación dunha nova lei autonómica na materia. A nova regulación que contén esta lei pretende levar a cabo unha protección transversal do patrimonio natural galego, integrando os requisitos de conservación, uso sustentable, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade nas demais políticas sec- toriais, e fomentar a información pública e os mecanismos de colaboración, cooperación e participación da sociedade na consecución dos seus obxectivos. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35936 Consonte o artigo 37, alínea a), da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, procede sinalar que esta norma se axusta aos principios de necesidade e de eficacia, dado que o dereito a gozar dun ambiente axeitado para o desenvolvemento da persoa e a preservación do medio natural e da biodiversidade, a súa mellora, restauración e uso sustentable se configuran como as razóns de interese real e os fins que motivan esta disposición de rango legal; aos principios de proporcionalidade, de seguridade xurídica e de simplicidade, ao establecer os contidos necesarios para regular o patrimonio natural, sen resultar excesiva ou deficitaria na súa regulación, e ao estable- cer un marco xurídico claro e de doada comprensión para os distintos destinatarios desta disposición, ao tempo que acorde coa normativa europea e estatal de carácter básico na materia, e aos principios de transparencia e de accesibilidade, ao garantir no seu articulado os dereitos do público en xeral a acceder a toda a información documental e gráfica de que dispoña a administración nesta materia obxecto de regulación. Por outra banda, con esta nova lei procédese á adaptación do réxime de autorización administrativa ao disposto na Lei 20/2013, do 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado, que deseña un sistema que elimina regulacións innecesarias, establece proce- dementos máis áxiles e minimiza as cargas administrativas, co fin de fomentar e impulsar o emprendemento e a iniciativa dos operadores económicos. Non obstante, esa pretensión non pode descoñecer as especificidades de seu do relacionado co patrimonio natural e a biodiversidade na súa interacción coas persoas, especialmente atendendo a necesidade de fomentar a súa preservación e o uso sustentable, o que fai preciso configurar un réxime propio descrito nesta lei respecto da exixencia de autorización, que se funda en razóns de protección do medio, as cales constitúen unha das razóns de interese xeral previstas no artigo 17.1 da dita lei. Esta lei require a necesidade de obter autorización para aqueles usos e actuacións que CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 poidan implicar unha afección ao patrimonio natural ou á biodiversidade presente na nosa comunidade autónoma, sen prexuízo da súa posterior concreción nos correspondentes instrumentos de planificación ou no desenvolvemento regulamentario desta lei. O réxime de autorización previsto nesta lei respecta as previsións da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior; da Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás activi- dades de servizos e o seu exercicio, e da Lei 20/2013, do 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado, na medida en que a súa exixencia responde á razón imperiosa de interese xeral consistente na protección do medio e se circunscribe aos supostos en que a dita protección non se pode conseguir mediante a presentación dunha declaración respon- sable ou dunha comunicación previa. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35937 III Esta lei consta de cento trinta e seis artigos, divididos en catro títulos, cinco disposicións adicionais, oito disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e seis disposicións derradeiras. As rúbricas dos títulos fan referencia a «Disposicións xerais» (título I, artigos 1 ao 20), «Espazos naturais protexidos» (título II, artigos 21 ao 87), «Conservación das es- pecies e dos hábitats» (título III, artigos 88 ao 115) e «Inspección e réxime sancionador» (título IV, artigos 116 ao 136). O título I (artigos 1 ao 20) está composto por sete capítulos e establece en primeiro lugar o obxecto, o ámbito de aplicación e os principios xerais da lei, entre os que se consolida a prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación territorial e urbanística, a precau- ción respecto das posibles intervencións que poidan afectar negativamente o patrimonio natural ou a biodiversidade e mais a prevención dos problemas derivados do cambio cli- mático. Tamén inclúe unha serie de definicións que contribúen a unha mellor comprensión do contido da lei e delimita as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia respectando a lexislación básica estatal e os pronunciamentos ditados para o efec- to polo Tribunal Constitucional. Establece mecanismos de colaboración e cooperación para fomentar a conservación e o uso sustentable do patrimonio natural con outras administracións e institucións públicas e privadas, coas persoas propietarias e usuarias do territorio, así como coas entidades de custodia do territorio, que se configuran como organizacións ás cales se lles atribúen im- portantes funcións en distintos ámbitos ao longo de toda a lei. Recolle a necesidade de integrar a conservación do patrimonio natural e da biodiversi- CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 dade dentro das accións desenvoltas a nivel autonómico en materia de educación ambien- tal. Incide nas obrigas da Administración autonómica de dar acceso á información ambien- tal que conste no seu poder, de garantir a participación pública non só na execución das políticas públicas, senón tamén no seu deseño, e de promover a participación solidaria da cidadanía en actuacións de voluntariado. Así mesmo, recolle os medios de financiamento que deben garantir o cumprimento dos obxectivos desta lei e prevé a posibilidade de outorgar axudas que contribúan á conserva- ción e ao aproveitamento sustentable dos espazos naturais protexidos e da biodiversidade. Por último, este primeiro título recolle a integración dos principios de conservación do patrimonio natural e da biodiversidade en diferentes actuacións sectoriais, tendo en conta ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35938 o carácter transversal da conservación do patrimonio natural e da biodiversidade e os pos- tulados comunitarios nesta liña, e permite condicionar o outorgamento das autorizacións previstas nesta lei á previa prestación dunha garantía financeira que responda dos posibles danos que poidan derivar da execución das actuacións autorizadas para os devanditos re- cursos naturais e que eviten que sexa a sociedade a que teña que facer fronte aos custos da reposición da situación alterada ao seu estado anterior. IV O título II (artigos 21 ao 87) é o máis extenso da lei, dedícase aos espazos naturais protexidos e está composto por oito capítulos. Comeza este título definindo os espazos naturais que deben ser obxecto dunha protec- ción especial e establece as súas categorías. Entre estas categorías inclúense varias no- vidades con respecto á regulación vixente con anterioridade: créanse como subcategoría dentro das reservas as microrreservas, que teñen unha superficie reducida e se declaran por un prazo de tempo determinado; suprímese a categoría de zona de especial protección dos valores naturais, tendo en conta que todos os espazos pertencentes ata o de agora á dita categoría teñen a condición tamén de espazos protexidos Rede Natura 2000; inclúese unha superficie mínima para que un novo espazo poida ser declarado parque natural, e establécese a Rede de parques de Galicia como un sistema axeitado para mellorar a coor- dinación na xestión dos parques declarados na nosa comunidade autónoma. A respecto dos espazos naturais de interese local, amplíase o seu ámbito, posto que poden compren- der espazos integrados en máis dun termo municipal; introdúcese a posibilidade de acudir a diferentes modalidades asociativas e de colaboración para a súa xestión, e incídese no seu valor para o desenvolvemento de actuacións de educación ambiental e de uso social CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 do ambiente. A Rede galega de espazos protexidos mantense cos mesmos efectos que ata o de ago- ra, ben que se inclúe a posibilidade de que aquelas limitacións ao uso dos bens e dereitos derivadas da declaración dun espazo incluído nesta rede ou dos seus instrumentos de planificación, que non foran indemnizables, poidan aínda así ser obxecto de axudas, sub- vencións ou outras medidas compensatorias para contribuír á conservación e ao aprovei- tamento sustentable do espazo. Permítese que a área de influencia socioeconómica dun espazo incluído nesta rede galega abarque non só o termo municipal no cal se localice o espazo e a súa zona periférica de protección, senón tamén outros municipios limítrofes, e recóllese a posibilidade de que a Administración autonómica outorgue axudas nestas áreas para o desenvolvemento de actividades tradicionais sustentables. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35939 O procedemento de declaración dun espazo natural protexido regúlase con maior deta- lle que ata o de agora, salientando ademais dúas importantes novidades, como son o es- tablecemento do procedemento de elaboración e aprobación de propostas de declaración de lugares de importancia comunitaria e a previsión de que, con carácter xeral, a declara- ción dun espazo natural protexido leva asemade á aprobación do seu correspondente ins- trumento de planificación. Con esta aprobación simultánea preténdese evitar que existan espazos naturais declarados como protexidos sen o seu correspondente e imprescindible instrumento de planificación. Respecto do réxime de protección cautelar, requírese un informe favorable da conse- llaría competente en materia de conservación do patrimonio natural desde a iniciación do procedemento de declaración dun espazo natural protexido ou de aprobación de calquera instrumento de planificación para o outorgamento de calquera autorización que habilite para realizar transformacións da realidade física, xeolóxica ou biolóxica no seu ámbito territorial. Pola súa banda, a vixencia do réxime de protección preventiva mantense ata a declaración do espazo natural protexido ou, se é o caso, do seu instrumento de planifica- ción, por se considerar necesario para garantir en todo momento a protección dos valores naturais inherentes aos espazos. As previsións relativas ás medidas de conservación, vixilancia e seguimento dos espa- zos protexidos Rede Natura 2000 competencia da Comunidade Autónoma de Galicia man- teñen as liñas básicas establecidas pola lexislación estatal, sen prexuízo dun incremento da participación social que ten lugar coa previsión dos acordos de custodia do territorio tamén neste ámbito. CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 Na regulación dos instrumentos de planificación dos recursos e dos espazos naturais mellórase a súa sistemática e o seu nivel de detalle, recollendo a prevalencia destes ins- trumentos de planificación sobre calquera outro instrumento de ordenación territorial, urba- nístico, dos recursos naturais ou físico. Verbo das categorías destes instrumentos de pla- nificación, substitúese a denominación de plans de conservación pola de plans de xestión e incorpóranse as normas de xestión e de conservación, que son o instrumento de plani- ficación específico para os espazos naturais de interese local e para os espazos privados de interese natural. Con respecto ao contido dos instrumentos de planificación, cómpre salientar a exixencia dunha memoria económica acerca dos custos e dos instrumentos financeiros previstos para a súa aplicación, así como a exixencia de programas de segui- mento; previsións que resultan coherentes e imprescindibles para conseguir a súa efectiva ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35940 aplicación práctica. Estes instrumentos de planificación teñen unha vixencia indefinida, a excepción dos plans reitores de uso e xestión, que concretan en cada caso o seu prazo de vixencia, o cal será, como mínimo, de dez anos. Regúlanse os trámites que integran o procedemento de aprobación destes instrumentos de planificación, sendo tales trámites os que, polo carácter específico destas disposicións normativas, han de observarse, sen que resulten aplicables as previsións contidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, para a elaboración das disposicións regulamentarias autonómicas. Tamén se leva a cabo unha regulación xeral dos usos e das actividades para desenvolver nos espazos naturais protexidos, sen prexuízo da súa concreción en cada instrumento de planificación respectivo. A regulación da xestión dos espazos naturais protexidos introduce como novidade a previsión dunha maior participación social, coa posibilidade de subscribir convenios ou acordos de xestión coas persoas propietarias e usuarias dos terreos ou con entidades de custodia do territorio, e modifícase a denominación das xuntas consultivas, que pasan a denominarse xuntas reitoras, sen que este cambio da denominación implique unha modifi- cación das funcións que teñen encomendadas. Neste título tamén se incorporan como novidade as áreas protexidas por instrumentos internacionais, e desenvólvense diversas cuestións de competencia autonómica respecto das zonas húmidas de importancia internacional, dos xeoparques e das reservas da bios- fera. A propósito destas últimas, a Rede de reservas da biosfera de Galicia terá como fina- lidade a de acadar unha mellor coordinación e xestión destes espazos e configúrase como unha firme aposta polo desenvolvemento desta categoría de espazo protexido en Galicia. CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 Non esquece esta lei exixir, con sometemento á lexislación básica estatal na materia, unha axeitada avaliación das repercusións no espazo, no caso dos plans, os programas ou os proxectos que poidan afectar espazos protexidos da Rede Natura 2000, e unha avalia- ción ambiental daqueles plans, programas e proxectos que poidan así mesmo afectar de forma apreciable os espazos incluídos na Rede galega de espazos protexidos. Por último, este título recolle unha serie de previsións no tocante ás infraestruturas verdes e á conectividade e a restauración ecolóxicas, impoñendo a obriga de as consella- rías con competencias afectadas elaboraren conxuntamente unha estratexia galega nesta materia que respecte a estratexia estatal aprobada para o efecto. Esta participación na ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35941 elaboración da estratexia galega é unha mostra máis das numerosas previsións contidas nesta lei para facer efectiva a integración da consideración ambiental nas demais políticas sectoriais, exixencia derivada do propio Tratado de funcionamento da Unión Europea, no seu artigo 11. V O título III (artigos 88 ao 115) dedícase á regulación da conservación das especies e dos hábitats. Neste título inclúense dous capítulos: o primeiro relativo ás especies silvestres e o segundo aos hábitats, incorporando así o principio básico da relación directa entre a preservación das especies e a dos seus hábitats. Neste título desenvólvese a lexislación básica estatal e concrétanse aquelas cuestións singulares propias da Comunidade Autó- noma de Galicia. Cómpre salientar que a regulación dos hábitats é unha novidade desta lei verbo do réxime legal existente ata o de agora en Galicia. O capítulo I deste título III regula, polo tanto, a conservación das especies silvestres. Nel establécese unha serie de principios xerais e posteriormente determínanse un réxime de protección xeral – que se concreta nunha serie de prohibicións– e un réxime de protección especial. O réxime de protección especial vén determinado pola inclusión dunha especie silves- tre na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial de Galicia, listaxe que se crea nesta lei coa terminoloxía empregada na lexislación estatal e que substitúe o Rexistro de especies de interese galego, que malia ser creado pola Lei 9/2001, do 21 de agosto, non tivo dezasete anos despois un desenvolvemento regulamentario. Dentro da CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 listaxe inclúese o Catálogo galego de especies ameazadas, que, ben que preexistente, ve agora restrinxidas as súas catro categorías a unicamente dúas: «en perigo de extinción» –coa subcategoría de «en perigo crítico de extinción»– e «vulnerable», para unha maior coherencia co establecido na Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade. Na mesma liña seguida nesta lei para outros procedementos, regúlase tamén dun xeito detallado o procedemento de inclusión dunha especie na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial de Galicia, así como os efectos da dita inclusión. Entre estes efectos destacan, consonte o previsto tamén na lexislación estatal básica, unha serie de prohibicións e a necesidade de aprobar un plan de recuperación verbo das especies en pe- ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35942 rigo de extinción e un plan de conservación verbo das especies vulnerables. Con respecto aos plans de recuperación e de conservación das especies ameazadas terrestres e ás es- pecies ameazadas non altamente migratorias cuxos hábitats se sitúen exclusivamente en espazos con continuidade ecolóxica do ecosistema mariño a respecto do espazo natural terrestre obxecto de protección, avalada pola mellor evidencia científica existente, especifí- case o seu procedemento de aprobación e revisión, así como o seu contido mínimo, entre o que se inclúe, ao igual que nos instrumentos de planificación previstos no título anterior, unha memoria económica e unhas medidas para o seguimento da eficacia destes plans. Pola súa banda, establécese unha serie de excepcións ás prohibicións, seguindo o dis- posto para o efecto pola normativa básica estatal e mantendo previsións autonómicas es- pecíficas. En todo caso, estas excepcións requiren da obtención da pertinente autorización por parte da consellaría competente en materia de conservación do patrimonio natural, tí- tulo administrativo a través do cal se salvagarda a adecuada protección da biodiversidade. Neste título tamén se aborda unha serie de cuestións complementarias á protección das especies silvestres, establecendo accións de conservación ex situ, de control das especies alóctonas e de reintrodución de especies autóctonas extinguidas. Por último, regúlase o Catálogo galego de árbores senlleiras, xa existente, e cuxo desenvolvemento se remite a un regulamento. Pola súa parte, o capítulo II deste título III está destinado á conservación dos hábitats. Créase o Catálogo dos hábitats en perigo de desaparición de Galicia, en concordancia co respectivo catálogo nacional establecido pola normativa básica estatal, no cal se integrarán tanto os hábitats en perigo de desaparición declarados expresamente por parte da conse- llaría competente en materia de conservación do patrimonio natural coma os incluídos no CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 catálogo nacional e que se atopen en Galicia. Ademais, créase o Inventario galego do patri- monio natural e da biodiversidade, para os efectos de contribuír a unha mellor información pública sobre os elementos integrantes do patrimonio natural de Galicia. VI Por último, o título IV (artigos 116 ao 136) establece as previsións para a correcta vixi- lancia, a inspección e o control do cumprimento do disposto nesta lei e mais a tipificación e a clasificación das infraccións e das sancións, co respecto das previsións estatais básicas e o engadido das particularidades específicas da Comunidade Autónoma de Galicia. A lei dedica unha atención especial á reparación do dano causado e á reposición da situación ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35943 alterada ao seu estado anterior, aspectos que poden ser materialmente tan importantes coma a mesma tipificación da infracción e a determinación da sanción aplicable. As disposicións da parte final do articulado teñen por obxecto adecuar as situacións preexistentes á nova regulación contida nesta lei, salientando que, para os efectos de acadar unha maior celeridade na tramitación dos procedementos previstos nesta lei, a disposición adicional cuarta modifica o prazo máximo de emisión de informes que debe emitir o Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no eido das competencias que lle corresponden ao dito órgano conforme esta lei e as outras normas autonómicas. Esta lei foi obxecto de consulta, ampla audiencia e ditame do Consello Económico e Social de Galicia. Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co arti- go 13.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febrei- ro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, promulgo en nome de El-Rei a Lei do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia. TÍTULO I Disposicións xerais CAPÍTULO I Disposicións xerais Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación Esta lei ten por obxecto establecer o réxime xurídico da conservación, do uso sustenta- CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 ble, da mellora e da restauración do patrimonio natural, da biodiversidade e da xeodiversi- dade, aplicable no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Artigo 2. Principios xerais Son principios inspiradores desta lei: a) o mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos sistemas vitais básicos, co apoio dos servizos dos ecosistemas para o benestar humano b) a conservación e a restauración da biodiversidade e da xeodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. As medidas que se adop- ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35944 ten para ese fin terán en conta as exixencias económicas, sociais e culturais, así como as particularidades rexionais e locais c) a utilización ordenada dos recursos para garantir o aproveitamento sustentable do patrimonio natural, en particular das especies e dos ecosistemas, a súa conservación, res- tauración e mellora e mais para evitar a perda neta da biodiversidade d) a conservación e a preservación da variedade, a singularidade e a beleza dos ecosis- temas naturais, da diversidade xeolóxica e da paisaxe e) a integración dos requisitos da conservación, do uso sustentable, da mellora e da res- tauración do patrimonio natural e da biodiversidade nas políticas sectoriais, e en particular na toma de decisións no ámbito político, económico e social f) a prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación territorial e urbanística g) a precaución nas intervencións que poidan afectar o patrimonio natural ou a biodiver- sidade h) a garantía da información á cidadanía e a súa formación e concienciación sobre a importancia do patrimonio natural e da biodiversidade, así como a súa participación no deseño e na execución das políticas públicas dirixidas á consecución dos obxectivos esta- blecidos por esta lei i) a mellora do coñecemento científico como base da conservación do patrimonio natural e da biodiversidade, en coordinación coas universidades galegas e coas demais institu- CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 cións de investigación públicas ou privadas j) a prevención dos problemas derivados do cambio climático, a mitigación e a adapta- ción a el e mais a loita contra os seus efectos adversos k) a contribución dos procesos de mellora na sustentabilidade do desenvolvemento aso- ciados aos espazos naturais ou seminaturais l) a participación dos habitantes e das persoas propietarias ou titulares dun dereito de uso dos territorios incluídos nos espazos naturais protexidos nas actividades coherentes coa conservación do patrimonio natural e da biodiversidade que se desenvolvan nos de- vanditos espazos e nos beneficios que deriven delas ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35945 m) o mantemento e a adaptación das poboacións de todas as especies de aves que vi- ven normalmente en estado salvaxe nun nivel que corresponda en particular ás exixencias ecolóxicas, científicas e culturais, tendo en conta as exixencias económicas e recreativas. Artigo 3. Definicións Para os efectos desta lei, enténdese por: 1) Acordo de custodia do territorio: o pacto subscrito de modo voluntario entre unha per- soa física ou xurídica, pública ou privada, propietaria ou titular dun dereito de uso sobre un territorio e unha entidade de custodia do territorio co obxecto de favorecer a súa protección e conservación. 2) Biodiversidade ou diversidade biolóxica: a variabilidade dos organismos vivos de cal- quera fonte, incluídos, entre outras cousas, os ecosistemas terrestres e mariños e mais os outros ecosistemas acuáticos e os complexos ecolóxicos de que forman parte. Comprende a diversidade dentro de cada especie, entre as especies e dos ecosistemas. 3) Conservación: o mantemento ou o restablecemento en estado favorable do patri- monio natural e da biodiversidade, en particular dos hábitats naturais e seminaturais das poboacións de especies de fauna e de flora silvestres, así como o conxunto de medidas necesarias para o acadar. 4) Coñecemento tradicional: o coñecemento, as innovacións e as prácticas das po- boacións locais ligados ao patrimonio natural e á biodiversidade, desenvolvidos desde a experiencia e adaptados á cultura e ao ambiente local. CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 5) Corredor ecolóxico: o territorio, de extensión e configuración variables, que, debido á súa disposición e ao seu estado de conservación, conecta funcionalmente espazos natu- rais de singular relevancia para a flora ou a fauna silvestres, separados entre si, permitindo, entre outros procesos ecolóxicos, o intercambio xenético entre poboacións de especies silvestres ou a migración de espécimes desas especies. 6) Custodia do territorio: o conxunto de estratexias ou técnicas xurídicas a través das cales se implican as persoas propietarias e usuarias do territorio na conservación e no uso dos valores e dos recursos naturais, culturais e paisaxísticos. 7) Ecosistema: o complexo dinámico de comunidades vexetais, de animais e de mi- croorganismos e o seu medio non vivente que interactúan como unha unidade funcional. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35946 8) Efectos significativos: a alteración de carácter permanente ou de longa duración do patrimonio natural, e, no caso dos espazos naturais protexidos, tamén toda alteración que afecte os elementos que motivaron a súa declaración e os obxectivos de conservación. 9) Entidade de custodia do territorio: a organización pública ou privada, sen ánimo de lucro, que leva a cabo iniciativas que inclúan a realización de acordos de custodia do terri- torio para a conservación do patrimonio natural e da biodiversidade. 10) Especie ou subespecie: a unidade de categorización dos seres vivos. Considéranse como tal os taxons que fosen descritos como tales nunha publicación científica de recoñecido prestixio e cando exista consenso por parte da comunidade cien- tífica acerca da súa validez. 11) Especie autóctona: a existente dentro da súa área de distribución natural. 12) Especie autóctona extinguida: a especie autóctona desaparecida no pasado da súa área de distribución natural. 13) Especie exótica invasora: a que se introduce ou establece nun ecosistema ou nun hábitat natural ou seminatural e que é un axente de cambio e ameaza para a diversidade biolóxica nativa, xa sexa polo seu comportamento invasor ou polo risco de contaminación xenética. 14) Especie naturalizada: a especie exótica establecida no ecosistema con carácter permanente, introducida legalmente antes da entrada en vigor da Lei 42/2007, do 13 de de- cembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, e verbo da que non existan indicios nin evidencias de efectos significativos no medio natural en que habita, presentando ademais CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 un especial interese, social ou económico. 15) Hábitat dunha especie: o medio definido por factores abióticos e bióticos específicos onde vive a especie nunha das fases do seu ciclo biolóxico. 16) Hábitats naturais: as zonas terrestres ou acuáticas diferenciadas polas súas ca- racterísticas xeográficas, abióticas e bióticas, tanto se son enteiramente naturais coma seminaturais. 17) Instrumentos de planificación: calquera técnica de xestión dun espazo natural e dos seus usos, ou dunha especie silvestre, que fose sometido a un proceso de información pública, que fose obxecto dunha aprobación formal e que fose publicado. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35947 18) Introdución: refírese ao movemento pola acción humana, voluntaria ou accidental, dunha especie fóra da súa área de distribución natural. Este movemento pódese realizar dentro dun país ou entre países ou zonas fóra da xurisdición nacional. 19) Lugares de importancia comunitaria: aqueles espazos do conxunto do territorio na- cional ou do medio mariño, xunto coa zona económica exclusiva e a plataforma continental, aprobados como tales, que contribúen de forma apreciable ao mantemento ou, se é o caso, ao restablecemento do estado de conservación favorable dos tipos de hábitats naturais e dos hábitats das especies de interese comunitario, que figuran respectivamente nos ane- xos I e II da Lei 42/2007, do 13 de decembro, na súa área de distribución natural. 20) Material xenético: todo material de orixe vexetal, fúnxica, animal, microbiana ou doutro tipo que conteña unidades funcionais da herdanza. 21) Modificación non substancial dun instrumento de planificación: os cambios no instru- mento xa aprobado que non constitúen variacións fundamentais no seu contido e que non afectan nin os obxectivos de conservación nin a normativa. 22) Modificación substancial dun instrumento de planificación: os cambios no instrumen- to xa aprobado que constitúen variacións fundamentais no seu contido ou que afectan os obxectivos de conservación ou a normativa. 23) Patrimonio natural: o conxunto de bens e de recursos da natureza fonte de diversi- dade biolóxica e xeolóxica, que teñen un valor relevante ambiental, paisaxístico, científico ou cultural. CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 24) Poboación: o conxunto de individuos do mesmo taxon que ocupan un lugar nun tempo determinado, que teñen descendencia fértil, illado doutros grupos, sen intercambio xenético normal entre eles, e que teñen trazos adaptativos únicos ou diferentes. 25) Praga ocasionada pola fauna silvestre autóctona: aquela situación en que existe unha deterioración do hábitat ou das especies de flora ou fauna silvestres de tal forma que a dita situación sexa continua no tempo e estea por riba do limiar de tolerancia; entendido este como o límite a partir do cal a densidade da poboación dos individuos de fauna silves- tre autóctona que conforman a praga poidan ocasionar problemas ambientais, molestias ou produzan ou poidan producir prexuízos económicos ou danos de tal intensidade, exten- sión ou natureza que fagan necesaria a aplicación de medidas de control como medio máis eficaz para combatela. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35948 26) Recursos naturais: todo compoñente da natureza susceptible de ser aproveitado polo ser humano para satisfacer as súas necesidades e que teña un valor actual ou poten- cial, tales como a paisaxe natural; as augas superficiais e subterráneas; o solo, o subsolo e as terras pola súa capacidade de uso maior, sexan agrícolas, pecuarias, forestais, cinexéti- cas e de protección; a biodiversidade; a xeodiversidade; os recursos xenéticos e os ecosis- temas que lle dan soporte á vida; os hidrocarburos; os recursos hidroenerxéticos, eólicos, solares, xeotérmicos e similares; a atmosfera e o espectro radioeléctrico, e os minerais, as rochas e os outros recursos xeolóxicos renovables e non renovables. 27) Recursos xenéticos: o material xenético de valor real ou potencial. 28) Reservas da biosfera: os territorios declarados como tales no eido do Programa MAB (sobre o home e a biosfera) da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), de xestión integrada, participativa e sustentable do pa- trimonio e dos recursos naturais. 29) Solta: a liberación de exemplares de especies no medio natural. 30) Taxon: o grupo de organismos con características comúns. 31) Taxon autóctono: o taxon existente de forma natural nun lugar determinado, incluí- dos os extinguidos, se é o caso. 32) Taxon extinguido: o taxon autóctono desaparecido no pasado da súa área de distri- bución natural. 33) Uso sustentable do patrimonio natural: a utilización dos seus compoñentes dun CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 modo e a un ritmo que non ocasione a súa redución no longo prazo, coa que se manteñen as posibilidades da súa achega á satisfacción das necesidades das xeracións actuais e futuras. 34) Uso tradicional: o uso e o costume practicados de forma histórica e que se veñan realizando sen que se detectasen efectos negativos apreciables sobre os bens e os recur- sos do patrimonio natural, así como todos aqueles que sexan especificamente identifica- dos como tales nos instrumentos de planificación. 35) Xeodiversidade ou diversidade xeolóxica: a variedade de elementos xeolóxicos, in- cluídos as rochas, os minerais, os fósiles, os solos, as formas do releve, as formacións e as unidades xeolóxicas e as paisaxes, que son o produto e o rexistro da evolución da Terra. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35949 36) Xeoparques ou parques xeolóxicos: os territorios delimitados que presentan formas xeolóxicas únicas, de especial importancia científica, singularidade ou beleza e que son representativos da historia evolutiva xeolóxica e dos eventos e procesos que as formaron. Tamén os lugares que destacan polos seus valores arqueolóxicos, ecolóxicos ou culturais relacionados coa xea. 37) Zonas especiais de conservación: os lugares de importancia comunitaria aprobados pola Comisión Europea e declarados pola administración competente xunto coa aproba- ción do correspondente plan ou instrumento de xestión. 38) Zonas de especial protección para as aves: os espazos do territorio nacional e do medio mariño, xunto coa zona económica exclusiva e a plataforma continental, declarados como tales pola administración competente, máis axeitados en número e en superficie para a conservación das especies de aves incluídas no anexo IV da Lei 42/2007, do 13 de decembro, e para as aves migratorias de presenza regular en España. Artigo 4. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia Correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia o exercicio das funcións que esta lei atribúe á Administración e ao Parlamento autonómicos respecto dos espazos, das espe- cies (agás as altamente migratorias) e dos hábitats e das áreas críticas situados no medio terrestre da comunidade autónoma de Galicia, así como no medio mariño cando exista continuidade ecolóxica do ecosistema mariño co espazo natural terrestre obxecto de pro- tección, avalada pola mellor evidencia científica existente. Artigo 5. Deberes de conservación CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 1. A Administración autonómica, no seu respectivo ámbito competencial, as entidades de dereito público e privado e toda a cidadanía teñen o deber de respectar e conservar o patrimonio natural e a biodiversidade, prestando especial atención aos hábitats e ás espe- cies silvestres en réxime de protección especial, así como, cando así se impoña, a obriga de restaurar ou reparar o dano que puidesen causar aos recursos naturais obxecto de protección por esta lei. 2. A Administración autonómica e as administracións locais galegas teñen os seguintes deberes: a) os previstos no artigo 5.2 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, no seu respectivo ámbito competencial ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35950 b) adoptar as medidas preventivas necesarias para evitar a execución de accións con- trarias aos obxectivos desta lei e, se é o caso, determinar as medidas pertinentes para a reparación dos danos e as perdas causados c) colaborar e cooperar entre si e coas entidades de dereito privado, nos termos estable- cidos nesta lei, para garantir un uso sustentable do patrimonio natural e da biodiversidade d) incorporar criterios de sustentabilidade nas decisións sobre os aproveitamentos dos recursos, para garantir un gozo do medio natural que permita a satisfacción das necesida- des das xeracións actuais e futuras. CAPÍTULO II Mecanismos de colaboración e cooperación Artigo 6. Mecanismos de colaboración e cooperación 1. A Administración autonómica fomentará a custodia do territorio mediante uns acordos entre as entidades de custodia e as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, propietarias e usuarias do territorio que teñan por obxectivo principal a conservación do patrimonio natural e da biodiversidade. 2. A Administración autonómica, cando sexa titular de terreos situados en espazos na- turais, poderá subscribir acordos de cesión da súa xestión, total ou parcial, a entidades de custodia do territorio. Os acordos para a cesión da xestión formalizaranse por escrito, terán unha duración CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 temporal limitada e recollerán, en todo caso, o sistema de financiamento para o seu axeita- do desenvolvemento e as directrices mínimas de xestión, que se deberán fixar previamente nun documento de xestión. Estes acordos non supoñerán en ningún caso a transmisión da titularidade dos terreos obxecto destes. 3. Así mesmo, poderanse establecer mecanismos de cooperación da Administración autonómica con outras administracións e institucións públicas ou privadas coa finalidade de incentivar a conservación do patrimonio natural e da biodiversidade e a integración dos sectores socioeconómicos nesta conservación. 4. Cando o ámbito territorial dun espazo natural protexido linde con outra comunidade autónoma, a persoa titular da Presidencia da Xunta de Galicia poderá subscribir convenios ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35951 ou acordos de cooperación coas comunidades autónomas correspondentes, logo do cum- primento das exixencias impostas pola normativa aplicable, co obxectivo de salvagardar a coherencia e a efectividade das medidas de protección correspondentes. CAPÍTULO III Educación e formación Artigo 7. Estratexia galega de educación ambiental 1. A Estratexia galega de educación ambiental é o documento de carácter programático e orientativo a través do cal a consellaría competente en materia de ambiente concreta os fundamentos, as directrices e as actuacións ligadas ao deseño, o desenvolvemento e a avaliación da educación ambiental na nosa comunidade autónoma. 2. A Estratexia galega de educación ambiental integrará entre os seus obxectivos a con- secución dos principios inspiradores desta lei, para cuxos efectos incluirá uns programas de formación e educación específicos sobre a necesidade de protexer o patrimonio natural e a biodiversidade, nos que se promoverán os coñecementos tradicionais sustentables para a súa conservación e a implicación da cidadanía e dos axentes económicos e sociais coa conservación do dito patrimonio natural e da biodiversidade. CAPÍTULO IV Información e participación pública Artigo 8. Información CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 1. A consellaría competente en materia de conservación do patrimonio natural recom- pilará e poñerá á disposición do público toda a información documental e gráfica de que dispoña, relativa aos espazos naturais protexidos, á biodiversidade e á xeodiversidade, agás que resulte aplicable algunha das excepcións previstas no artigo 13 da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente (incorpora as directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE). 2. A consellaría competente en materia de conservación do patrimonio natural co- laborará coa Administración estatal na elaboración dos informes previstos no artigo 11 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35952 Artigo 9. Participación pública 1. A Administración autonómica garantirá a participación pública no deseño e na execu- ción das políticas públicas dirixidas á consecución dos obxectivos desta lei. En todo caso, garántese a participación pública: a) nos procedementos de declaración dos espazos naturais protexidos de competencia autonómica b) nos procedementos de aprobación, revisión ou modificación dos instrumentos de planificación de espazos e nos procedementos de aprobación dos plans de recuperación e dos plans de conservación de especies catalogadas previstos nesta lei c) nos proxectos de reintrodución de especies autóctonas extinguidas de competencia autonómica d) na elaboración de disposicións de carácter xeral autonómicas dirixidas á consecución dos obxectivos establecidos nesta lei. 2. Igualmente, promoverá e facilitará a participación solidaria da cidadanía en actua- cións de voluntariado, mediante actividades organizadas para o efecto. 3. Así mesmo, promoverá os mecanismos para facilitar a participación das persoas pro- pietarias ou titulares dun dereito de uso dos terreos ou daqueles sectores socioeconómicos que resulten directamente afectados nas actuacións que se desenvolvan na Rede galega de espazos protexidos. CAPÍTULO V Financiamento e axudas CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 Artigo 10. Financiamento 1. A Administración autonómica habilitará os medios humanos, materiais e financeiros necesarios para o cumprimento do establecido nesta lei. 2. As vías de financiamento que garantirán o cumprimento do establecido nesta lei son as seguintes: a) as dotacións orzamentarias autonómicas específicas para a planificación, a ordena- ción, a protección, o uso e a xestión da Rede galega de espazos protexidos e mais para a protección e a conservación da biodiversidade ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35953 b) os recursos procedentes da Administración xeral do Estado e doutras administracións públicas c) os recursos derivados de programas procedentes de fondos europeos d) as achegas ou as doazóns realizadas por parte de persoas físicas ou xurídicas e con destino específico á promoción de actuacións de conservación da natureza e) o importe resultante da incautación total ou parcial das garantías constituídas ao amparo desta lei f) os ingresos derivados da prestación de servizos relacionados cos espazos naturais protexidos e da comercialización da súa imaxe de marca g) as partidas específicas recollidas nos instrumentos de financiamento regulados na Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural, e no correspondente programa de desenvolvemento rural sustentable h) o importe das sancións e das indemnizacións impostas en aplicación desta lei. 3. A aprobación por parte da Administración autonómica do instrumento de planificación dun espazo natural protexido ou dun plan de recuperación ou de conservación das espe- cies incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas irá acompañada dunha previ- sión das fontes de financiamento que garantan o cumprimento dos seus fins. Artigo 11. Axudas 1. A consellaría competente en materia de conservación do patrimonio natural poderá establecer axudas técnicas, económicas e financeiras co fin de contribuír á conservación e CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 ao aproveitamento sustentable dos espazos naturais protexidos e da biodiversidade. Estas axudas tamén poderán ter por obxecto a promoción do desenvolvemento so- cioeconómico das poboacións dos espazos naturais protexidos ou das súas áreas de in- fluencia socioeconómica, coa finalidade de contribuír á mellora da calidade de vida dos seus habitantes e ao desenvolvemento sustentable nestes ámbitos. 2. No outorgamento das axudas previstas na alínea 1 deste artigo darase prioridade ás seguintes actuacións: a) a promoción dos usos tradicionais sustentables, así como daqueles novos que con- tribúan favorablemente ao mantemento da biodiversidade ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35954 b) as actuacións desenvoltas nos espazos incluídos na Rede galega de espazos pro- texidos, e especialmente nos espazos protexidos Rede Natura 2000 competencia da Co- munidade Autónoma de Galicia, ou nas súas respectivas áreas de influencia socioeconó- mica, así como sobre as especies presentes nos devanditos espazos, dirixidas á mellora do estado de conservación dos espazos e á redución de presións e ameazas e mais aque- loutras que resulten coherentes coa planificación c) as actuacións para desenvolver nas áreas de presenza ou críticas para as especies ameazadas, ou nas áreas con hábitats ameazados ou cualificados como prioritarios para a Unión Europea d) as actuacións para desenvolver por persoas propietarias ou titulares dun dereito de uso dos terreos afectados polas limitacións derivadas da declaración do espazo natural protexido ou da aprobación do seu instrumento de planificación e) as actuacións previstas nos instrumentos de planificación das áreas protexidas por instrumentos internacionais. 3. A Administración autonómica, as administracións locais de Galicia e as entidades públicas que dependen delas, no exercicio das súas competencias, non poderán subven- cionar ou conceder axudas, en relación cun plan, un programa ou un proxecto que se pre- tenda desenvolver nos espazos naturais protexidos, cando da análise das súas posibles repercusións sobre os valores que xustificaron a súa declaración se concluíse que terían efectos significativos negativos sobre eles. Exceptúanse desta prohibición os supostos pre- vistos no artigo 84.3. CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 4. A Administración autonómica, as administracións locais de Galicia e as entidades públicas que dependen delas deberán, no exercicio das súas competencias, priorizar no outorgamento das axudas ou subvencións previstas neste artigo aqueles plans, progra- mas, proxectos ou actividades que se executen nun espazo protexido cando contribúan ao desenvolvemento sustentable das poboacións locais e sexan acordes cos obxectivos de conservación. A Administración autonómica, as administracións locais de Galicia e as entidades públi- cas que dependen delas deberanlle comunicar anualmente o outorgamento destas axudas ou subvencións á consellaría competente en materia de conservación do patrimonio natural. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35955 CAPÍTULO VI Actuacións sectoriais Artigo 12. Actuacións vinculadas con usos recreativos, deportivos e turísticos 1. A Administración autonómica en colaboración, se é o caso, con outras administracións públicas ou entidades privadas fomentará, dentro do seu respectivo ámbito competencial, a implantación e o desenvolvemento de modelos de turismo compatibles coa consecución dos obxectivos desta lei. Neste senso, favorecerá aquelas actividades sustentables que posibiliten a divulgación do medio natural e que inclúan a interpretación do patrimonio natural como unha oferta dos seus servizos. Así mesmo, fomentará as actividades turísticas que incidan na mellora da economía e na calidade de vida das poboacións rurais en que se desenvolvan. 2. A consellaría competente en materia de conservación do patrimonio natural, por cau- sa de conservar o devandito patrimonio, poderá regular as condicións que, por razón da conservación do patrimonio natural, deben cumprir os usos recreativos, deportivos, turísti- cos e outros que se desenvolvan no medio natural, co fin de compatibilizar estes coa con- servación do patrimonio natural. Así mesmo, determinará as condicións ou as regulacións en materia de turismo de observación, fotografía ou calquera outra actividade ligada coa xea e coa flora e a fauna silvestres, de xeito que a execución destas actividades se realice sen ocasionar danos ou molestias a estas. Artigo 13. Control das pragas ocasionadas pola fauna silvestre autóctona 1. A consellaría competente en materia de patrimonio natural poderá declarar a situación CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 de praga ocasionada por algunha especie de fauna silvestre autóctona cando exista unha deterioración do hábitat ou das especies de flora ou fauna silvestres, de tal xeito que a dita situación sexa continua no tempo e estea por riba do limiar de tolerancia; entendido este como o límite a partir do cal a densidade da poboación dos individuos de fauna silvestre autóctona que conforman a praga poidan ocasionar problemas ambientais, molestias ou perdas económicas que produzan ou poidan producir prexuízos económicos ou danos de tal intensidade, extensión ou natureza que fagan necesaria a aplicación de medidas de control como medio máis eficaz para a combater. 2. A declaración dunha praga requirirá o establecemento de sistemas de control que, respectando a lexislación sectorial, aseguren o mantemento duns niveis poboacionais mí- nimos que garantan a viabilidade da poboación obxecto de control. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35956 Artigo 14. Protección da avifauna e dos quirópteros contra a colisión e a electrocu- ción nas liñas eléctricas 1. As novas liñas de transporte e distribución de enerxía eléctrica e a modificación das existentes deberán ser deseñadas de maneira que se minimicen os riscos de electrocución e colisión para a avifauna e os quirópteros, tanto na determinación dos trazados coma no deseño construtivo. 2. A consellaría competente en materia de conservación do patrimonio natural deter- minará, mediante unha resolución que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, as zonas de protección para a avifauna e os quirópteros existentes no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, entre as que se incluirán as zonas de especial protec- ción para as aves, os ámbitos de aplicación dos plans de recuperación e de conservación elaborados pola Comunidade Autónoma para as especies de aves incluídas no Catálo- go español de especies ameazadas ou no Catálogo galego e, cando non estean com- prendidas nos anteriores, as áreas prioritarias de reprodución, alimentación, dispersión e concentración local das especies de aves incluídas nos ditos catálogos. Nestas zonas adoptaranse as medidas de protección da avifauna e dos quirópteros previstas na normativa sectorial aplicable. Artigo 15. Protección da avifauna e dos quirópteros no desenvolvemento do sector eólico CVE-DOG: jvlyqdq6-agq2-xud5-b9j2-1v3ubrvb12c8 Na planificación do aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, a Administración au- tonómica terá en conta o disposto na normativa sectorial vixente en canto á existencia de zonas de especial protección para as aves e ás necesidades das aves migratorias e dos quirópteros. Artigo 16. Actuacións agrícolas 1. As consellarías competentes en materia de conservación do patrimonio natural e en materia agrícola identificarán conxuntamente os sistemas agrícolas e as prácticas asocia- das que resulten máis relevantes para o mantemento da conservación da natureza, así como as áreas agrícolas de alto valor natural. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 35957 2. A loita contra as pragas agrícolas, os tratamentos fitosanitarios e a fertilización de sis- temas agrarios deberanse realizar de xeito que resulten compatibles cos obxectivos desta lei e de conformidade coa súa normativa específica. 3. Para dar cumprimento ás alíneas anteriores, a consellaría competente en materia de conservación do patrimonio natural e a consellaría competente en materia agrícola elabo- rarán conxuntamente uns códigos de boas prácticas agrarias que permitan compatibilizar as actuacións agrarias coa conservación do patrimonio natural. Artigo 17. Actuacións forestais 1. A xestión dos montes rexerase polos principios de aproveitamento sustentable, de conservación e de mellora do patrimonio natural.