Orixe e Definición da Filosofía PDF

Summary

Este documento presenta unha introducción sobre a orixe e a definición da filosofía, destacando as súas raíces gregas e o período arcaico. Tamén aborda o concepto de "logos" en contraste co mito, e explica as características e áreas da filosofía, como a metafísica e a antropoloxía.

Full Transcript

1.) ORIXE E DEFINICIÓN. A palabra filosofía provén das palabras gregas “PHYLO” (amor) e “SOPHYA” (sabedoría) polo que etimoloxicamente significa “amor á sabedoría”. O primeiro en utilizar este termo foi Pitágoras. A orixe, ou raíz, psicolóxica da Fª atópase no ASOMBRO POLA LIBERDADE que nos leva a:...

1.) ORIXE E DEFINICIÓN. A palabra filosofía provén das palabras gregas “PHYLO” (amor) e “SOPHYA” (sabedoría) polo que etimoloxicamente significa “amor á sabedoría”. O primeiro en utilizar este termo foi Pitágoras. A orixe, ou raíz, psicolóxica da Fª atópase no ASOMBRO POLA LIBERDADE que nos leva a: preguntarnos por qué as cousas son como son intentar distinguir entre APARIENCIA e ESENCIA (“verdadeira” realidade). A súa orixe histórica sitúase no PERÍODO ARCAICO da civilización grega.Tales de Mileto é considerado o 1º filósofo. PERÍODO ARCAICO (800-500 a.C) ARISTOCRACIA : poder político, económico (terratenentes) e virtudes (linaxe, poder forza…) POBO: sector primario (gandería…)➡ malas condicións➡ deciden EMIGRAR a XONIA (costas da actual Turquía) e a MAGNA GRECIA (Sicilia e sur de Italia). Alí crearon polis independentes. En Xonia: Mileto, Éfeso, Clazómene, Samos… Na Magna Grecia: Crotona, Elea, Siracusa, Agrixento, Leontinos. CONDICIÓNS QUE ATOPAN OS EMIGRADOS NAS COLONIAS: 1. Comercio. Proporciona prosperidade económica, o que deixa tempo “libre” para o ocio, e contacto con outras culturas. 2. Non hai sacerdocio organizado ➡ + permisibiladade. 3. Formas políticas + flexibles. 4. Lonxanía física das tradicións. O ocio posibilita ter tempo para actividades non productivas (pensar) e todo isto leva a unha apertura cultural que fai que a filosofía se orixine alí e non noutro sitio. Mentres, en Exipto velan pola ortodoxia dentro dunha xerarquía inamovible (sacerdocio organizado) que non permitía crear cousas novas, por iso a Fª non puido nacer en Exipto. 1.1. FILOSOFÍA FRONTE AO MITO. (paso do mito ao logos) Logos (razón, lei, palabra). Este proceso dase a comezos do S.VI a.C nas colonias gregas da Xonia. Aparece cando os humanos comezan a utilizar a RAZÓN, no lugar da tradición coma nas explicacións míticas e relixiosas, para resolver os seus problemas. A Fª toma conceptos propios do mito e dalles novo significado para utilizalos en teorías de pensadores. CARACTERÍSTICAS DO MITO (relato tradicional fabulado): 1. Narración fantástica. 2. Imaxinación 3. Personaxes: deuses, semideuses, heroes… 4. Explicacións de fenómenos e feitos. 5. Cómo ha de ser o comportamento humano? 6. Anónimos. 7. Tansmisión oral. 8. Indeterministas (caótica imaxe da realidade da natureza, mundo caprichoso no que é imposible a ciencia.) 9. Antropomórficos (deuses con características humanas.) 10. Animistas (atribúen calidades biolóxicas e psicolóxicas a obxectos e feitos. Deuses caprichosos e destino.) 11. Ahistóricos (danse nun período fóra da historia humana) 12. Etnocéntricos (tratan do pobo ao que pertence o mito) 13. Máxicos (posibilidade de actuar sobre a natureza a través de rituais, oracións, invocacións…) 14. Acríticos e dogmáticos (non poden estar suxeitos a discusión porque son revelados polos deuses) CARACTERÍSTICAS DO LOGOS (relato elaborado, con argumentos): 1. Razón: elimina o sobrenatural ➡ explicacións racionais. 2. Natureza como COSMOS ➡ (orde) ➡ leis estables. 3. Perda de anonimia. ➡ AUTORES. 4. Análise e síntese ➡ procura do diálogo. 5. Crítica. 1.2. CARACTERÍSTICAS DA FILOSOFÍA. Defínese, fronte ó mito, pola RACIONALIDADE. Pode ser: TEÓRICA: Explica o que é. Coñecer a realidade. PRÁCTICA: Explica o que debe ser. Axuda na toma de decisións sobre as nosas accións. CARACTERÍSTICAS: 1. RACIONAL. Organiza e estrutura as percepcións e sensacións orixinando ideas. 2. ARGUMENTAL. ➡ “argumentos”, polo que é: SISTEMÁTICA. Ideas sobre a realidade están organizadas. INTEGRADORA. Non deixa ningunha perspectiva de lado. 3. ANALÍTICA/ CRÍTICA. ➡ revisa as crenzas e opinións e: rexeita as dogmáticas (non apoiadas en argumentos coherentes) cuestiona os fundamentos dos saberes establecidos (organización social, cultural, económica…) 4. REFLEXIVA E AUTORREFLEXIVA. Polo que é: RADICAL. Intenta chegar ata as últimas cuestións. ABERTA. Nunca chegou a unha solución definitiva. 5. NORMATIVA. ➡ propón: normas individuais ➡ vida boa normas colectivas ➡ ben común. 1.3. ÁREAS (ou disciplinas) DA FILOSOFÍA. 1. METAFÍSICA. Estuda a realidade e as propiedades de todo o que é e existe. Modifica o seu foco de atención ao longo do tempo. É a 1ª disciplina creada, a máis antiga. Nun principio chamábase ontoloxía (“onto”= ser, realidade). Aristóteles é considerado o pai da mesma (S. IV a.C.) e tamén a chamaba Fª primeira. 2. ANTROPOLOXÍA. Analiza ao ser humano desde distintas perspectivas: biolóxica/física e cultural/social. 3. EPISTEMOLOXÍA. ➡ (Tª DO COÑECEMENTO). Estuda os límites do cto. e a validez do que cremos coñecer. Tamén pode chamarse gnoseloxía. (“epistemo”= cto. verdadeiro). O 1º en realizar unha completa é Platón. 4. LÓXICA. Estuda a validez dos razoamentos que facemos e analiza a súa estrutura e corrección. Non importa o contido polo que é unha ciencia formal. O seu pai é Aristóteles. 5. ÉTICA. Estuda o comportamento desde un punto de vista moral (o ben e o mal). Propón uns códigos, normas, deberes. para chegar a ter unha boa vida. Nace cos sofistas. 6. POLÍTICA. Estuda a organización social do poder. Busca acadar o ben común. 7. ESTÉTICA. Estuda a beleza, as sensacións que produce no humano e a súa función. Tamén a arte e a súa función na vida humana. -”qué se considera arte?”. 1.4. FILOSOFÍA E OUTROS SABERES E ACTIVIDADES HUMANAS. 1. MITO. Ambos explican (ou intentan facelo) un feito ou similar, ademais son normativos (comportamento). A Fª emerxe do mito. 2. SABER COMÚN. A Fª fúndase na experiencia da vida cotiá. 3. CIENCIA. Comparten o carácter crítico e non dogmático en busca de expliacacións racionais. 4. TECNOLOXÍA. Perspectiva da tecnociencia desde a súa relación co poder (político, económico…) o control e a extremada innovación. (Fª da técnica) 5. POLÍTICA. A Fª xustifica situacións políticas determinadas (ou a política intenta usala para iso) e cuestiona os sistemas políticos establecidos e idea outros mellores (utopías➡mundo real). 6. ARTE. Achégase a obxectivos filosóficos: aportar plenitude na nosa vida. 7. RELIXIÓN. Fª cristiá…. Metafísica, que analizou moitas veces a figura de Deus. 1.5. CONCEPCIÓNS DO SABER FILOSÓFICO. FILOSOFÍA COMO… (este punto é -imp.) 1. EXERCICIO CRÍTICO. → Función: fomentar cambios intelectuais, sociais e políticos. Eliminar prexuízos. → Época: nace con Sócrates. Aumenta a súa importancia a partir de Marx. 2. SABEDORÍA PRÁCTICA. → Función: principios para afrontar a vida cotiá. → Época: épocas de crise. 3. CONCEPCIÓN ABSOLUTA DO MUNDO. → Función: comprensión global, unitaria e sistemática de toda a realidade. → Época: sistemas dos grandes filósofos. (Platón, Aristóteles, Tomé de Aquino, Hegel…) 4. SABER DE SABERES. → Función: unificar a disparidade doutras ciencias. → Época: sobre todo s.XX (filosofías da ciencia) 5. HISTORIA DA Fª. → Función: problemas (e intentos de solución) aos que se dedicaron históricamente os filósofos. → Época: constante. 6. ANÁLISE DA LINGUAXE. → Función: actividade clarificadora conceptual e da linguaxe para determinar a validez dos problemas que estuda a Fª. → Época: iniciada por Humme, ocupou gran parte da Fª anglosaxona do s.XX a través da filosofía análitica. 7. XERME DA CIENCIA. → Función: estuda o vínculo que hai entre ciencia e filosofía. → Época: comeza coa Fª positivista do s.XIX. 8. ARTE RETÓRICA.→ Función: reflexión sobre as distintas formas de exposición e argumentación de ideas, crenzas ou opinións co fin de persuadir a unha audiencia. → Época: nace cos sofistas e recupérase no s.XX coa Fª posmoderna. 2.) AS FERRAMENTAS DO SABER FILOSÓFICO. (ler por encima no libro) NO ENTRÓ NADA. 3.)A FILOSOFÍA DESDE UN PUNTO DE VISTA SOCIAL. 3.1. FILOSOFÍA E ETNOCENTRISMO. ETNOCENTRISMO: Concepto introducido por William G. Summer que se refire á tendencia a tomar como centro de referencia o propio país, pobo ou raza e rexeitar os grupos étnicos doutros lugares ou culturas distintas. Defende a crenza na superioridade da propia cultura, que debe manterse “pura”, sen contaminación doutras “anormais, estrañas, salvaxes, irracionais…”, e estenderse aos demais pobos. Pode ter como consecuencia o racismo e a xenofobia. En filosofía, refírese ao feito de considerar só a Fª grega como orixe exclusiva e ter unicamente en conta o pensamento da filosofía propia ou próxima a nosa cultura. Summer denunciaba o uso deste concepto como xustificación do imperialismo. DETERMINISMO XENÉTICO (ou biolóxico): Conxunto de crenzas que defenden a idea común da gran dependencia que ten o comportamento humano dos xenes que se herdaron. RELATIVISMO CULTURAL: Concepto que defende que non hai culturas boas nin malas, superiores nin inferiores, senón tan só distintas, e a imposibilidade de establecer un único punto de vista universal na interpretación das mesmas. Nace co antropólogo americano Franz Boas e é continuado pola súa alumna Margaret Mead. MULTICULTURALISMO: Consecuencia do relativismo cultural, recoñecemento do valor que posúen todas as distintas formas culturais a partir da promoción do respecto e a tolerancia desa pluralidade. 3.2. FILOSOFÍA E A CONDICIÓN DE SER MULLER. ANDROCENTRISMO: Consideración do sexo masculino como centro e protagonista, coloquialmente machismo. Vai ligado ao patriarcado e moitas veces a unha actitude misóxina. Un exemplo en Fª é a filosofía sexista aristotélica do S.IV a.C. Aínda así, nalgunhas escolas, como a pitágorica, aparentemente non existía diferenza entre homes e mulleres. Na Academia de Platón as mulleres eran igualmente admitidas e él consideraba que a repartición de tarefas non se debía decidir polas diferenzas físicas, senón polas aptitudes e a disposición da alma. O pensamento androcéntrico na Fª fortaleceuse durante a época medieval, enraizadas no mito de Adán e Eva. Tamén no S.XIX Nietzsche tiña fortes trazos deste pensamento. Creación das claves intelectuais do FEMINISMO EN 3 ONDAS: +1ª ONDA → Olympe de Gouges, → Reinvindican os mesmos dereitos civís cos (S.XVIII) Mary Wollstonecraft, homes (sobre todo no ámbito familiar). Harriet Taylor… +2ª ONDA → Simone de Beauvoir, → Reclaman o dereito ao voto feminino. (S.XIX – Clara Campoamor… (SUFRAXISTAS). principios S.XX) +3ª ONDA → Amelia Valcárcel, → Reclaman que todos os avances figuren nas (segunda Celia Amorós… leis. metade S.XX – S. XXI)

Use Quizgecko on...
Browser
Browser