Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12 anos PDF

Document Details

Uploaded by Deleted User

Tags

psicoloxía do desenvolvemento desenvolvemento infantil desenvolvemento cognitivo desenvolvemento humano

Summary

Este documento é un libro sobre a psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12 anos, que trata sobre a introdución, orientacións teóricas, o desenvolvemento cognitivo, o desenvolvemento social e afectivo.

Full Transcript

1 2 ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN..................................................................................................... 5 1.1 Que é a Psicoloxía do Desenvolvemento?...............................................................................................5 1.2 Determinantes do desenv...

1 2 ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN..................................................................................................... 5 1.1 Que é a Psicoloxía do Desenvolvemento?...............................................................................................5 1.2 Determinantes do desenvolvemento psicolóxico...................................................................................5 1.3 O papel da herdanza e o medio na determinación do desenvolvemento................................................7 1.4 Deseño básicos para a investigación evolutiva........................................................................................8 2. ORIENTACIÓNS TEÓRICAS DA PSICOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO...........................13 2.1 Modelos e paradigmas da Psicoloxía do Desenvolvemento..................................................................13 2.2 Teorías centradas no proceso individual do coñecemento....................................................................14 2.3 Perspectiva etolóxica............................................................................................................................18 2.4 Enfoque ecolóxico.................................................................................................................................18 2.5 Teorías centradas nos factores históricos-culturais e no ciclo vital........................................................19 3. DESENVOLVEMENTO COGNITIVO.......................................................................... 21 3.1 Actividades intelectuais........................................................................................................................21 3.2 Intelixencia concreta: caracterización...................................................................................................25 3.3 Operacións concretas ou lóxico-matemáticas.......................................................................................26 3.4 Principais logros cognitivos na nenez....................................................................................................30 4. DESENVOLVEMENTO SOCIAL E AFECTIVO............................................................... 35 4.1 A comunicación oral e escrita................................................................................................................35 4.2 Autoconcepto e autoestima..................................................................................................................43 4.3 Identidade sexual e xénero....................................................................................................................49 4.4 Desenvolvemento social e moral...........................................................................................................53 4.4.1 Aspectos lúdicos: o xogo........................................................................................................53 4.4.2 Interacción cos iguais.............................................................................................................54 3 4.4.2 Desenvolvemento do apego e as emocións...........................................................................56 4.5 Desenvolvemento social e moral...........................................................................................................63 4 1. INTRODUCIÓN 1.1 QUE É A PSICOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO? OBXECTO DE ESTUDO  Cambios que se producen nas persoas ao longo do tempo  Mudanzas na conducta humana (externa e interna) CARACTERÍSTICAS DIFERENCIADORAS  Carácter normativo (cuasi-): aplicabilidade a todos  Cambios relacionados coa idade: período da vida GAUSS OBXECTIVOS 1) Identificar esa conducta e describila 2) Explicar o por que 3) Predicir DEFINICIÓN PALACIOS “A Psicoloxía do Desenvolvemento é a disciplina que ten como obxecto de estudo os cambios psicolóxicos que ocorren ao longo da vida humana; estes cambios están relacionados coa idade ou distintos períodos da vida e están moito máis preto do normativo que do idiosincrático” (Palacios, 1999) 1.2 DETERMINANTES DO DESENVOLVEMENTO PSICOLÓXICO 1) IDADE  Falamos de períodos: 0–2 2–6 6 – 12 1ª infancia 2ª infancia Nenez 12 - 20 20 – 65 + 65 5 Adolescencia Madurez Vellez  Hai que ter en conta ás variacións interindividuais. 2) MADURACIÓN  Continúa o proceso de maduración do embarazo.  Fixa e predicible ao principio. 3) CULTURA Por exemplo a escola. Ollo aos etnocentrismos. 4) MOMENTO HISTÓRICO  Ritmo das mudanzas sociais. 5) SUBGRUPOS SOCIAIS ❖ Canto máis complexa unha sociedade máis diversidade hai. 6) CARACTERÍSTICAS INDIVIDUAIS ✓ É a maior fonte de variación. ✓ Por caracteres xenéticos e polas vivencias. FACTORES CAMBIOS PSICOLÓXICOS 1. Etapa da vida (idade e maduración) 2. Circunstancias do contexto (cultura, momento histórico, subgrupo social) 3. Circunstancias individuais (xenética e vivencias) 6 1.3 O PAPEL DA HERDANZA E O MEDIO NA DETERMINACIÓN DO DESENVOLVEMENTO ETAPAS exclusivistas dualistas actualidade innatistas ambientalistas porcentaxes fórmulas interaccionan preconfiguración ambiente ENFOQUE ETOLÓXICO “...o innato foi adquirido nalgún momento da filoxénese...” CONTIDOS PECHADOS ♣ Non son alterables a nivel individual. ♣ As alteracións son a nivel de especie. Exemplos: Características morfolóxicas (1 cerebro, 2 orellas,...). Calendario evolutivo (nacemos sen dentes, dente de leite,...). CONTIDOS ABERTOS  Non falamos de contidos concretos.  Falamos de posibilidades ou potencialidade de adquisición.  Son potencialidades porque temos os contidos pechados. Exemplos: 1. Contido pechado: órganos fonadores, cerebro, calendario madurativo,... 2. Estimulación externa. 3. Linguaxe 7 CONCLUSIÓN “Podemos afirmar que os procesos psicolóxicos están posibilitados polos xenes que nos definen como membros da especie, están limitados por un certo calendario madurativo que determina o momento no que certas adquisicións son posibles, e están finalmente determinados na súa concreción polas interaccións da persoa co seu entorno” CONCEPTO DE CANALIZACIÓN Os seres humanos somos máis semellantes canto máis pequenos somos. A nosa natureza é máis pechada canto máis novos. Por que?: Por lóxica filoxenética: Se temos uns mínimos evolutivos garantidos, e con un mínimo de estimulación do entorno somos capaces de sobrevivir. Ollo: só nos primeiros meses de vida ou 2 anos. Exemplo de Paisaxe Epixenético: “…Glaciar que se desborda pola ladeira dunha montaña cunha lingua de xeo ao principio estreita, pero logo cada vez máis ancha e aberta a medida que se acerca ao val e intérnase nel; despois quitamos todo o xeo e deixamos caer un obxecto que roda; ao principio, posto que é estreito e empinado, terá poucas traxectorias posibles (o seu curso estará moi canalizado) e o seu movemento moi predicible; canto máis se afasta da súa orixe, a traxectoria vai depender dos obstáculos e impulsos cos que se atope e da dirección que tome ante cada un deles; a traxectoria é agora menos predicible, está menos canalizada, máis susceptible a influencias e variacións que vai atopando no seu percorrido...“ 1.4 DESEÑO BÁSICOS PARA A INVESTIGACIÓN EVOLUTIVA DESEÑO LONXITUDINAL Estudo do mesmo individuo ou grupo ao longo dun período. Exemplo: Estudo sobre o desenvolvemento afectivo na segunda infancia 1º Seleccionar unha mostra de suxeitos: 3 nenas (María, Eva e Xulia) de 2 anos (xeración de -nados en- 2006) 2º Estudar a mesma mostra durante os anos do estudio: Cando teñen 2 anos (2008) Cando teñen 4 anos (2010) 8 Cando teñen 6 anos (2012) Intraindividuais María aos 2 4 6 anos Interindividuais Intraindividuais Eva aos 2 4 6 anos Interindividuais Intraindividuais Xulia aos 2 4 6 anos VANTAXES:  Podemos establecer a traxectoria evolutiva con fiabilidade.  Non hai problemas de homoxeneidade. DESVANTAXES:  A investigación prolóngase varios anos.  Son estudos caros.  Mortalidade experimental.  Medidas repetidas (mesmas probas) fanse expertos. DESEÑO TRANSVERSAL Estudo dun grupo de suxeitos nados en distintos anos nun período concreto. Exemplo: Estudo sobre a desenvolvemento perceptivo ata os 12 anos 1º Seleccionar unha mostra de suxeitos: 2 nenos e 2 nenas de 1 ano (xeración de -nados en- 2007) 2 nenos e 2 nenas de 6 anos (xeración de -nados en- 2002) 2 nenos e 2 nenas de 12 anos (xeración de -nados en- 1996) 2º Estudar toda a mostra durante o ano 2008 9 ANXO PEDRO 1 ano MARTIÑO 12 anos Inferir traxectoria intraindividual 6 anos CATUXA interindividuais ANA ROSA 1 ano 12 anos 6 anos XAVIER IAGO XOAN 6 anos 12 anos 1 ano ALICIA EVA ISA 1 ano 6 anos 12 anos VANTAXES:  Máis económicos.  Máis rápido. DESVANTAXES:  Non podemos saber os cambios intraindividuais.  Temos que facer interferencias.  Problemas de homoxeneidade. DESEÑO SECUENCIAL Estudan varias xeracións (da mesma idade) en varias ocasións. Estuda o mesmo, da mesma maneira en grupos de xeracións diferentes. 10 Proporcionan información relevante respecto á influencia dos cambios históricos sobre o desenvolvemento. Poden utilizarse tanto nun plantexamento lonxitudinal como transversal (coas vantaxes e inconvenientes propios de cada un). Exemplo: Deseño secuencial lonxitudinal  Consiste en repetir un mesmo deseño lonxitudinal en grupos o máis equivalentes posibles pero de distintas xeracións.  Principal vantaxes: permite diferenciar entre os efectos debidos á idade e os debidos á xeración. Exemplo: Estudo sobre o desenvolvemento perceptivo de 3 a 6 anos 1º Selección da Mostra 100 nenos e 100 nenas de 3 anos (xeración 1997) 100 nenos e 100 nenas de 3 anos (xeración 2005) 2º Estudar a mesma mostra durante os anos do estudo X 1997 X 2005 Cando teñen 3 anos (anos 2000 e 2008 ) Cando teñen 4 anos (anos 2001 e 2009 ) Cando teñen 5 anos (anos 2002 e 2010 ) Cando teñen 6 anos (anos 2003 e 2011 ) 11 12 2. ORIENTACIÓNS TEÓRICAS DA PSICOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO 2.1 MODELOS E PARADIGMAS DA PSICOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO MODELO MECANICISTA ► Metáfora da máquina ► Organismo reactivo (E (estímulo) - R (resposta)) ► Tábula rasa (J. Locke (1632-1704): empirismo) ► Non hai estadios ► Cambios cuantitativos ► O desenvolvemento redúcese ao aprendizaxe ► A teoría máis destacada é o condutismo J. LOCKE ► Presupostos: - O importante é o externo e visible non o organismo - O importante é o pequeno non o global - O importante para o organismo é a primeira impresión MODELO ORGANICISTA ❖ Metáfora do organismo activo ❖ Organismo activo ❖ Corrente do racionalismo (Leibniz (1646-1716)) ❖ Cambios cualitativos ❖ O desenvolvemento é unha secuencia de estadios prefixados ❖ Existe unha meta e unha dirección ❖ Os cambios son: unidireccionais, irreversíbeis, tenden a un obxectivo LEIBNIZ ❖ A teoría máis destacada é o construtivismo MODELO CONTEXTUAL-DIALÉCTICO  Organismo activo  Cambios cualitativos e cuantitativos  Preocúpase polos cambios situacionais inmediatos e os individuais e culturais a longo prazo  A relación desenvolvemento-aprendizaxe é dialéctica, é dicir, non se pode dar un sen o outro  No desenvolvemento é importante a interacción do contexto-cultura-individuo  O desenvolvemento é multidireccional  A teoría máis destacada é o Ciclo Vital 13 COMPARATIVA DOS MODELOS MECANICISTA ORGANICISTA CONTEXTUAL-DIALÉCTICO Metáfora máquina Metáfora organismo Organismo reactivo Organismo activo Organismo activo Tábula rasa Características innatas Contexto-Cultura-Individuo Empirismo Racionalismo Cuantitativos Cualitativos Cuantitativos e cualitativos Non estadios Estadios Non estadios Desenvolvemento=aprendizaxe Desenvolvemento≠aprendizaxe Desenvolvemento↔aprendizaxe Non hai metas Unha meta e dirección Multidireccional Condutismo Construtivismo Ciclo Vital 2.2 TEORÍAS CENTRADAS NO PROCESO INDIVIDUAL DO COÑECEMENTO A TEORÍA DE PIAGET (1896-1980) Pioneiro da Psicoloxía Cognitiva: estudo dos procesos. Etapas: construción activa do coñecemento do mundo que nos rodea. 1. Período sensoriomotor  0 a 2 anos  Intelixencia constrúese a partir de reflexos innatos PIAGET  Tende a intencionalidade 2. Período pre-operacional 2 a 7 anos Os nenos aprenden a pensar Usan os primeiros símbolos e imaxes internas (culler=avión) Pero é un pensamento ilóxico e non é sistemático O pensamento é egocéntrico (dende o seu punto de vista), intuitivo e subxectivo 3. Período das operacións concretas ▪ 7 a 11 anos ▪ Pensan de forma lóxica ▪ Pero só sobre persoas e obxectos presentes ▪ Ten problemas con ideas abstractas 14 4. Período das operacións formais  Máis de 11 anos  Ten un pensamento formal  Poden traballar de forma hipotética e abstracta COMPARATIVA DAS TEORÍAS OPERACIÓNS SENSORIOMOTOR PRE-OPERACIONAL OPERACIÓNS FORMAIS CONCRETAS 0 – 2 anos 2 – 7 anos 7 – 11 anos Máis de 11 anos Pensa de forma Reflexos innatos Aprende a pensar Pensa de forma lóxica hipotética e abstracta Persoas e obxectos Símbolos e imaxes presentes Pensamento ilóxico e Problemas co abstracto non sistemático Egocéntrico, intuitivo e subxectivo COMO SE PRODUCE O DESENVOLVEMENTO COGNITIVO? equilibración esquemas realidade desequilibrio asimilación (incorpora) acomodación (transfórmase) ENFOQUE COGNITIVO Anos 50 Metáfora do ordenador Semellanzas: I. Ambos enfróntanse a unha gran variedade de problemas 15 II. Ambos son procesadores de información III. Ambos incorporan modelos ao seu funcionamento IV. Ambos fan un gran número de operacións Diferenzas: a. Os compoñentes do ordenador son máis grandes b. O ordenador ten menor número de compoñentes Caracterización: 1. A representación mental separa o neurolóxico e cultural 2. Metáfora do ordenador 3. Pouca importancia aos factores históricos e culturais 4. Necesarios os estudos interdisciplinarios TEORÍA PSICOANALÍTICA DE FREUD (1856 -1939)  O desenvolvemento é por motivos: intrínsecos, inconscientes e ocultos.  O desenvolvemento baséase en fontes de pracer en cada etapa: 1. Fase oral  0 a 1.5 anos  Fonte de pracer: cavidade bucal e beizos FREUD  Busca estimulación bucal e chupa todo  Conflito: destete  Fixacións: alcoholismo, tabaquismo, morderse as unllas e personalidade inmadura 2. Fase anal ♣ 1.5 a 3 anos ♣ Fonte de pracer: o ano ♣ Desfruta expulsando e retendo as feces ♣ Fixacións: persoas obsesiva coa hixiene, personalidade hostil 3. Fase fálica  3 a 6 anos  Fonte de pracer: xenitais masculino  Inicio e fin do Complexo de Edipo ou Electra  Fixacións: problemas sexuais, condutas prepotentes e exhibicionismo 4. Fase de latencia ❖ 6 a 11 anos ❖ Interese sexual está “durmido” 16 5. Fase xenital  Máis de 11 anos  Fase inicial do desenvolvemento psicosexual  Inicio das relacións sexuais adultas COMPARATIVA DA TEORÍA PSICOANÁLITICA DE FREUD ORAL ANAL FÁLICA LATENCIA XENITAL 0 – 1.5 anos 1.5 – 3 anos 3 – 6 anos 6 – 11 anos Máis de 11 anos Boca Ano Órgano xenital masculino Destete Expulsión e Complexo Edipo “Durmido” Desenvolvemento control psicosexual Alcoholismo, Hixiene, Problemas personalidade personalidade sexuais, inmadura hostil prepotencia e exhibicionismo DESENVOLVEMENTO Instancias Polo pulsional: Ello principio do pracer Polo defensivo:. Yo principio de realidade Polo autocrítico: Superyó principio moral MECANISMOS DE DEFENSA ► Represión: o suxeito mantén no subconsciente o que lle produce dor. ► Proxección: o suxeito atribúe a outra persoa o que rexeita de si mesmo. ► Sublimación: o suxeito fai unha actividade (por exemplo, arte) para acougar o seu impulso sexual. ► Negación: o suxeito expresa algún desexo reprimido, pero di que non lle pertence. ► Intelectualización: o suxeito trata de manter afastadas as emocións a hora de afrontar os conflitos. ► Racionalismo: non tenta afastar as emocións para solucionar o problema senón que a tenta racionalizar. 17 2.3 PERSPECTIVA ETOLÓXICA  Sería o estudo biolóxico da conduta dos animais no seu espazo natural.  No estudo do desenvolvemento danlle moita importancia ao “entorno”.  Sobre todo estudan nos animais as condutas adaptables, por exemplo, a impronta.  Impronta (apego) período crítico  Cuestións que queren resolver: 1. A análise causal do comportamento: busca a relación dos antecedentes e unha conduta. 2. Evolución dun comportamento: describe e analiza o entorno. 3. Análise funcional do comportamento: consecuencia das condutas. 4. Cuestión filoxenética: busca a orixe das condutas comparando especies (por exemplo sorriso primates e humanos pode ser xogo).  Aportación metodolóxica: observación coidadosa do medio natural. 2.4 ENFOQUE ECOLÓXICO / PERSPECTIVA ECOLÓXICA  Estudan ao neno no seu ambiente natural.  Bronfenbrenner (1917-2005) (1979): “...PsD é a ciencia da conduta estraña dos nenos en situacións pouco frecuentes con adultos descoñecidos e durante o menor tempo posible...”  O ambiente ecolóxico é un sistema de 4 estruturas:  Microsistema: roles que rodean ao rapaz (por exemplo familia, BRONFENBRENNER colexio, patio...). Son relacións bidireccionais macrosistema e recíprocas. Falan de escenarios.  Mesosistema: relación exosistema entre microsistemas do rapaz (por exemplo pais- mesosistema profesores).  Exosistema: ambientes sociais que afectan ao rapaz, aínda que non microsistema participe neles (por exemplo traballo do pai). 18  Macrosistema: é a cultura e subculturas na que o rapaz se educa. Aféctalle nas crenzas, tradicións. Serían: clases sociais, grupos étnicos ou relixiosos. 2.5 TEORÍAS CENTRADAS NOS FACTORES HISTÓRICOS-CULTURAIS E NO CICLO VITAL ENFOQUE DO CICLO VITAL → Rexeitan que o desenvolvemento se poida explicar en termos biolóxicos. → Rompen coa: Secuencialidade Unidireccionalidade Estado final Irreversibilidade Transformación cualitativo-estrutural Universalidade → Apoian a: Multidimensionalidade Multidireccionalidade Descontinuidade → Factores que inflúen no desenvolvemento: 1. Influencias normativas relacionadas coa idade: determinantes biolóxicos e ambientais. Maduración e socialización. 2. Influencias normativas relacionadas coa historia: acontecementos que inflúen nun grupo cultural. 3. Non-normativos ao longo de todo o ciclo vital, é dicir, que non acontece a todo o mundo, por exemplo profesión e saúde. ENFOQUE HISTÓRICO-CULTURAL DE VYGOTSKY (1896 -1934)  Critica a Piaget porque non da importancia ao contexto.  Considera 4 puntos clave no desenvolvemento: 1) Xénese social do individuo ▪ Non se pode entender o desenvolvemento do neno sen falar do medio social no que se cría. VYGOTSKY ▪ O pensamento, razoamento, a memoria... poden levala a cabo: Individuo Plano intrapsicolóxico Grupo de persoas Plano interpsicolóxico ▪ Primeiro aparece no Plano interpsicolóxico e pasa ao intrapsicolóxico. 19 ▪ As habilidades cognitivas aparecen cando o rapaz participa activamente no contexto social. Como o social (o externo) chega a convertese en individual (interno)? 2) Internalización ▪ É o proceso a través do cal as actividades do plano externo poden executarse no plano interno. ▪ Os procesos non son simplemente transferidos. 3) Zona de desenvolvemento próximo (ZPD) “...a distancia entre o nivel do desenvolvemento actual determinado pola capacidade de resolver os problemas independentemente e o nivel de desenvolvemento potencial, determinado pola capacidade de resolvelos con axuda dun adulto ou en colaboración cun igual máis capaz...” (Vygotsky, 1978) ▪ É o mellor predictor das capacidades cognitivas. Exemplo: “Dous nenos poden ter o mesmo nivel de rendemento ao realizar a mesma tarefa dunha maneira independente (intrapsicolóxica) e sen embargo, diferir bastante no grao no que aproveitan a axuda do adulto (interpsicolóxico)” ▪ Para el a ZPD é unha rexión dinámica e sensible. 4) Mediación ▪ É a ferramenta psicolóxica a través do cal o social pasa a individual. ▪ A palabra é o maior mediador do desenvolvemento cognitivo. 20 3. DESENVOLVEMENTO COGNITIVO 3.1 ACTIVIDADES INTELECTUAIS O CEREBRO A MEMORIA ESTÁTICA OU DINÁMICA? A amplitude mídese presentado ao suxeito secuencias de estímulos a unha velocidade constante. Definición para C. Genovard (1981): “...memoria é o proceso de recordar aplicado aos contidos e materiais aprendidos que se manteñen almacenados para, teoricamente, ser utilizados nunha etapa posterior. A memoria é o nome que lle damos á capacidade de reter na mente tanto experiencias pasadas como presentes; desta capacidade servímonos cada día no noso comportamento: controla, regula e subxace a todo proceso de comprensión. Por unha parte, ten erros e limitacións e, por outra, amósase prodixiosamente rápida, con gran capacidade para almacenar coñecementos, datos, informacións, experiencia, obxectos, sucesos, vivencias, relacións interpersoais...” MODELOS A Teoría do procesamento da información fala de dous modelos. MODELO ESTRUTURAL (ATKINSON E SHIFFRIN, 1968): MODELO DUAL 1) Memoria ou rexistro sensorial (AIS): os 5 sentidos ✓ Receptor de información, é a primeira exploración ou identificación. ✓ Rexistra na mesma dimensión (visual, auditiva...). ✓ A información non seleccionada pérdese en fraccións de segundo. ✓ A súa capacidade é ilimitada. 2) Memoria a curto prazo ou de traballo (MCP):  A información procésase de novo.  Non ten porque ser na mesma dimensión que no AIS (una imaxe pode pasar a rexistrarse verbalmente).  A información non procesada pérdese en 15 ou 20 segundos.  A súa capacidade é limitada, 7 ± 2 items. 3) Memoria a longo prazo (MLP) 21  É o almacén propiamente dito.  A información non se perde con tanta facilidade.  A súa capacidade é ilimitada. MODELO DE NIVEIS DE PROCESAMENTO (CRAICK E LOCKHART, 1972) 1. Superficial  Baseado na elaboración sensorial ou do significante (letras, sons, ortografía...). 2. Profundo simple  Baseado na análise semántica ou do significado. 3. Profundo interrelacionado  Baseado nas relacións que se establecen entre os conceptos ou ideas. EFECTO STROOP = interferencia semántica producida como consecuencia da automaticidade da lectura. ESTRATEXIAS DE CODIFICACIÓN E ALMACENAMENTO QUE É A CODIFICACIÓN? Segundo a codificación poderíamos falar de tres sub-almacéns: 1. Memoria episódica ♣ Atopamos información de tipo experiencial ou vivida. 2. Memoria semántica ♣ Atopamos información de nivel máis abstracto, esquemático e cultural (por exemplo coñecemento científico). 3. Memoria procedimental CALES SON AS ESTRATEXIAS QUE EMPREGAMOS PARA A CODIFICACIÓN? → Repetición / mantemento → Elaborativa / construtiva 22 ESTRATEXIA DE REPETICIÓN ESTRATEXIA DE REPETICIÓN Criterio Uso Cando? Que? cuantitativo Materiais Espontáneo Sistemático Almacenar Manter Introducila non significativos Frecuencia enunciación ESTRATEXIA DE ELABORACIÓN (OU RECONSTRUCIÓN OU CODIFICACIÓN CONSTRUTIVA) Criterio cualitativo: incrementar, ampliar, traballar, investigar. Autores como Hernández e García (1991) tres tipos de codificación: 1. ESENCIALIZACIÓN  É a actividade que se fai sobre a información co obxecto de reducir o accesorio e destacar o principal.  Técnicas: o subliñado, extracción de ideas principais... 2. ORGANIZACIÓN  Aos 10 anos o seu uso é fluído.  É a actividade pola cal estrutúrase unha información dada, relacionando as súas partes e integrándoas nun todo.  Técnicas de reconstrución organizativa: cadros sinópticos, resumos. 3. ELABORACIÓN  Ata a adolescencia o seu uso non é fluído.  Ven ser unha construción expansiva, que busca fora do texto (apuntes, tema) nalgúns casos, apoio para a súa mellor comprensión ou memorización, e noutros, ampliación para un enriquecemento conceptual.  Exemplos de elaboración son preguntas suscitadoras de hipóteses, que presentan semellanzas, diferenzas, valoracións. 23 ATENCIÓN “A atención é un mecanismo de selección perceptiva que asegura a eficacia do procesamento da información”. A maior atención, maior control da situación Imos atopar dous mecanismos dentro da atención. 1. Estado de alerta  É variable, ao longo do tempo e da actividade. 2. Selectividade  É o mecanismo polo que seleccionamos unha parte do total no cal temos fixada a atención.  Descartamos o resto pola capacidade limitada da atención.  Simultaneidade de actividades. REPRESENTACIÓN MENTAL Ata os 6 ou 7 anos mediante imaxes mentais. Representación mental máis básica. +7 anos: importancia a linguaxe como elemento de construción da representación. OS PROCESOS DE RECUPERACIÓN DA INFORMACIÓN  Poderíamos dicir que é o proceso terminal da memoria.  Canto máis significativa a información máis doada de recuperar.  Para estudalo fixéronse estudos do tipo: 1) Probas de recordo libre (evocación) 2) Probas de recoñecemento METACOGNICIÓN OU METAMEMORIA coñecemento procesos Limitacións, Metacognición regulación cognitivos capacidades, produtos o xeito de control funcionar… 24 Exemplo: darse de conta que teño máis fácil de aprender a tarefa A que a B, se penso que debería analizar todas as alternativas nunha tarefa de elección múltiple, antes de decidir cal é a correcta.  Canto máis familiar algo, máis doada é de recordar.  Canto máis difícil algo, máis tempo. ► O que troca coa idade é o grao de planificación e elaboración dos procedementos de memorización (Ex. Lembrarse do monopatín). ► Tenden a perfeccionar (corrixindo e introducindo cambios) as técnicas. 3.2 INTELIXENCIA CONCRETA: CARACTERIZACIÓN Que ocorreu antes do Período Preoperacional? ♦ O pensamento operacional concreto para Piaget está formado por operacións, isto é, accións mentais que permiten que as criaturas realicen mentalmente o que xa levaron a cabo fisicamente antes. ♦ Características das operacións: a. Descentralización fronte a centralización (8 a 10 anos): ▪ Agora os rapaces son capaces de ter en conta varias dimensións ou perspectivas. ▪ Rompen co egocentrismo, son máis obxectivos. Exemplo: “As tres montañas” (Piaget e Inhelder, 1948) b. Realidade inferida fronte a aparencia: ▪ Nestas idades xa non se deixan guiar tanto polos datos perceptivos, as aparencias. ▪ Isto é debido ao emprego do razoamento. Exemplo: “Cadrado sobre un lado ou sobre un vértice” “Os 6 paus orneados por tamaño” c. Reversibilidade fronte a irreversibilidade: ▪ Os rapaces saben que ante un fenómeno, hai unhas accións que compensan as outras e conducen ao mesmo punto de partida. ▪ Fai referencia á posibilidade de anular unha acción realizada. Dúas formas: a) Reversibilidade por inversión (ou negación) implica anular a acción realizada facendo a acción contraria. b) Reversibilidade por reciprocidade (ou compensación) consiste en anular os efectos da acción realizada mediante unha acción recíproca ou compensadora; é dicir, mediante a relación de distintas 25 características dun obxecto en lugar de centrarse nunha única propiedade. ▪ É dicir ten un pensamento máis móbil. Exemplo: “Camiño ao colexio” – “Montón de caramelos” d. Transformación fronte a estados: ▪ Os rapaces son capaces de seguir e ter en conta as transformacións, en vez de fixarse tanto no estado inicial e final. ▪ Son máis sensibles aos aspectos dinámicos e cambiantes. ▪ O máis destacado, en comparación coa etapa anterior, é a interiorización das operacións. ▪ A veces non son moi diferentes as respostas que dan, senón os procesos. 3.3 OPERACIÓNS CONCRETAS OU LÓXICO -MATEMÁTICAS Podemos distinguir entre operacións infra-lóxicas e lóxicas. OPERACIÓNS INFRA-LÓXICAS Refírense a organización da realidade segundo parámetros espaciais e temporais, é dicir, dependen do físico. Aplícanse a obxecto continuos. Versan sobre relacións de vecindade no espazo e no tempo. Exemplo: - Desenvolvemento do concepto de medida: construción da torre segundo un modelo. - Tendal: mesmo orden, ocupando máis e inverso (7/8 anos). - Situación do moneco nun plano. - Puntos de vista segundo ás tres montañas (10 anos). - Líquido dunha botella. OPERACIÓNS LÓXICAS  Son abstraccións lóxicas de clasificación, seriación e o concepto de número.  Non hai tanta dependencia do físico.  Aplícanse a obxecto descontinuos.  Son abstraccións dunha calidade común a todos eles, ou na ordenación segundo as diferenzas respecto a un criterio determinado. Exemplo: Medios de transporte: son obxectos descontinuos, diferentes e que non atraen na clasificación ata que os definimos. 26 CONSERVACIÓN Definición: “...é un concepto cognitivo que pode entenderse como a comprensión de que as relacións cuantitativas entre dous obxectos permanecen invariables, consérvanse, aínda que se produza algún tipo de transformación nalgún deles, que non implique adición ou subtracción...” Para algúns autores é precisamente a conservación a indicación máis clara de que o neno pasou do período preoperacional ao das operacións lóxico-concretas. Para ser capaz de realizar probas de conservación o suxeito debe ser capaz de: a. Descentrar a atención, mediante a comprensión, toma en consideración máis dunha característica. b. Empregar a reversibilidade, mediante a inversión. c. Comprender as transformacións, sabe que non cambiou nada. CLASIFICACIÓN Definición: “...é un concepto cognitivo que responde á capacidade de categorizar obxectos...” Para entender a realidade é necesario ser capaz de organizala. Como?: construíndo clases ou conxuntos coas cousas que son semellantes, e establecer parentescos entre elas. Isto implica establecer as relacións de inclusión dunhas clases noutras. Piaget fala de tres contidos básicos na capacidade de categorización: 1. Clasificación: consiste en agrupar obxectos respecto dunha dimensión ou criterio. 2. Clasificación múltiple: consiste en clasificar obxectos simultaneamente atendo a dúas dimensións ou criterios. 3. Inclusión de clase: supón a comprensión da relación que existe entre clase e subclase; é dicir, a subclase é máis pequena que a clase. O desenvolvemento destas tres capacidades segue o seguinte proceso: I. Etapa (preoperacional, antes dos 6 anos):  Non organiza o material en clases, nin en subclases, en función das semellanzas.  Guíase de factores figurais, agrupa de acordo con razóns variadas.  O resultado, pois, non é unha clase lóxica senón unha figura complexa con ou sen contido significativo para o rapaz. II. Etapa (transición entre preoperatorio e operacións concretas, 6 – 7 anos): 27  Os nenos realizan clasificacións con poucos erros.  Cando elixen un criterio incorrecto resúltalles difícil rectificar.  Forman coleccións con obxectos de acordo ás súas semellanzas.  A relación de inclusión dunha clase noutras non a domina (non da cambiado de criterio de clasificación unha vez marcado un). III. Etapa (nivel operatorio, 8 anos):  Os suxeitos son capaces de construír auténticas clases e subclases.  Poden cambiar os criterios de clasificación.  Poden realizar clasificacións ascendentes e descendentes.  Poden comparar as partes e o todo de forma reversible. SERIACIÓN Definición: “...refírese ás relacións de orde establecidas entre varios obxectos...” Esta operación representa a contrapartida de clasificación:  Na clasificación o rapaz ten que fixarse en aquilo que hai de semellante entre os obxectos.  Na seriación a atención ponse precisamente nas diferenzas entre os obxectos. Piaget distingue tres tipos de relacións: 1. Seriación: na que o neno ordena un conxunto de elementos con respecto a un criterio ou dimensión. 2. Seriación múltiple: ordénanse tendo en conta dous ou máis criterios. 3. Inferencia transitiva: o neno alcanza a comprensión da transitividade (si A

Use Quizgecko on...
Browser
Browser