Desenvolvemento emocional do neno e nena no período de adaptación PDF

Summary

Este documento analiza o desenvolvemento emocional das nenas e nenos no período de adaptación. Describe as etapas do desenvolvemento, desde o primeiro ano ata os tres anos de idade. Examina as capacidades emocionais e como os nenos e nenas comprenden as emocións propias e dos demais.

Full Transcript

3.2.Desenvolvemento emocional do neno e nena no período de adaptación1 3.2.1.Desenvolvemento emocional. Actualmente enténdese por emoción a reacción interna que se produce ante determinadas situacións. A RAG defínea como un estado de ánimo pasaxeiro causado pola sorpresa, o medo, a alegría e...

3.2.Desenvolvemento emocional do neno e nena no período de adaptación1 3.2.1.Desenvolvemento emocional. Actualmente enténdese por emoción a reacción interna que se produce ante determinadas situacións. A RAG defínea como un estado de ánimo pasaxeiro causado pola sorpresa, o medo, a alegría etc., caracterizado por unha leve alteración física e psíquica. O neno e a nena desenvolve unha serie de capacidades para poder comprender as experiencias emocionais dos outros e as emocións complexas. Por iso primeiro comprende as emocións que se asocian a unha expresión facial, despois as emocións sinxelas (amor, medo...) e finalmente as emocións complexas (vergoña, orgullo...) Para poder comprender as emocións, os pequenos e pequenas teñen que desenvolver outros mecanismos de pensamento que lle permitan simular mentalmente a emoción que pode sentir o outro ante unha determinada situación. Harris (1992) establece que tales mecanismos son: A capacidade para pensar nos seus propios estados mentais. A capacidade para imaxinar que as outras persoas teñen emocións. A continuación afóndase no desenvolvemento emocional durante o primeiro, o segundo e o terceiro ano de vida do neno ou nena: ⮚ Desenvolvemento emocional durante o primeiro ano de vida. A experiencia emocional cambia cando se desenvolven capacidades sensoriais e cognitivas. Pero un factor moi importante do cambio vén da aprendizaxe: o neno ou nena aprende a modular a expresión das súas emocións en función do socialmente desexable. Tanto o choro como o sorriso son manifestacións moi presentes neste primeiro ano de vida: O choro é un mecanismo para expresar os estados de animo e as emocións. Algúns estudios chegan a conclusión de que o choro é indicativo de desagrado. Outros estudios din que o choro innato nos nenos e nenas acabados de nacer evoluciona dende unha vía para informar á nai sobre os seus estados de ánimo e necesidade, ata para pedir coidado e atención. 1 Este punto complementase co Tema 10, O crecemento e desenvolvemento físico do neno e a nena de 0 a 3 anos. O desenvolvemento cognitivo e lingüístico. O desenvolvemento emocional e social. O desenvolvemento da identidade sexual e dos roles de xénero. Alteracións máis frecuentes do desenvolvemento. Ambos enfoques serven para explicar os dous aspectos do choro: os herdados e os adquiridos. Pouco a pouco o choro do bebé varía para mostrar diferentes estados ou necesidades. O sorriso, como unha expresión de pracer ante un rostro ou unha voz que non se manifesta ata as 4 ou 6 semanas de vida. O desenvolvemento do recoñecemento das emocións segue un patrón evolutivo por etapas neste primeiro ano de vida: IDADE CARACTERÍSTICAS 2 meses Ausencia de recoñecemento. 6 meses Discriminación. Comeza a discriminar as caras. A partir Comprende expresións faciais sinxelas, e mostran dos 6 preferencia por unha ou por outras. meses 12 meses A capacidade de recoñecer expresións faciais nos demais son empregadas polo neno ou nena para comprender situacións e actuar en consecuencia. A partir Aprenden a interpretar a información que se deriva das dos 12 expresións emocionais dos adultos cando se enfrontan a meses situacións nas que non saben como comportarse. Fonte: Elaboración propia partindo de Gesell (1991) O neno ou nena durante o primeiro ano de vida, é capaz de expresar os seus estados emocionais e de comprender as expresións emocionais dos demais. Non intenta modificar ou provocar as emocións dos outros, cousa que fará no segundo ano de vida. Desenvolvemento emocional durante o segundo e terceiro ano de vida. Ao longo deste segundo ano, o neno ou nena comezará a manifestar condutas que intentan cambiar as emocións dos demais. O enfado e a consolación do mesmo é unha situación típica do segundo ano de vida. O feito de ofrecer consolo faise moi patente nesta idade posto que supón contacto físico. O medo tamén está moi presente nestes momentos, nun inicio xorde polo temor aos estraños e o temor á separación das figuras de apego, pero é a partir dos dous anos cando se amplían os medos e soen ser máis comúns. A continuación descríbense algunhas situacións de medo máis comúns nas idades de 1 a 3 anos: IDADE SITUACIÓNS INDUTORAS DO MEDO 1 ano Separación das figuras de apego. Estraños. Lesións. Ruídos. Animais. Escuridade. Separación das figuras de 2 anos apego. Estraños. Obxectos grandes. Cambios no ambiente persoal. Máscaras. Escuridade. Animais. Separación das figuras de 3 anos apego. Fonte: Elaboración propia partindo de Gesell (1991) 3.2.2.O apego. 3.2.2.1.Puntos principais da teoría do apego A familia é o primeiro entorno de aprendizaxe, de socialización e de afecto. Neste ámbito o neno ou nena establece o primeiro mecanismo para o desenvolvemento social, o vínculo afectivo denominado apego. O apego, que foi estudado entre outros por Bowlby, Harlow e Ainsworth, é a relación especial que o neno ou nena establece cun número reducido de persoas. É un lazo afectivo con cada unha destas persoas, que lle impulsa a buscar a proximidade e o contacto con elas ao longo do tempo. A teoría do apego de John Bowlby (1993) enuncia que vimos preprogramados bioloxicamente para construír vínculos cos demais e que estes axúdannos a sobrevivir. Esta teoría caracterízase por abarcar os campos das teorías psicolóxicas, evolutivas e etolóxicas (estuda o fundamento evolucionista da conduta e a influencia das respostas evolucionadas no desenvolvemento e a supervivencia humana). O puntos principais que caracterizan a teoría do apego son: Necesidade innata do neno ou nena de unión cunha figura principal de apego (monotropía). Bowlby pensaba que debería existir un vínculo primario máis importante que outros e cualitativamente diferente, o cal, con carácter xeral, era creado coa nai. A maiores non descartou a posibilidade doutras figuras de apego para a nena ou neno. A nena ou neno compórtase de xeito que provoca contacto ou proximidade co coidador. Cando os máis pequenos e pequenas experimentan unha maior excitación, soen sinalar aos seus coidadores/as. O choro, o sorriso e a locomoción son exemplos destes comportamentos de sinalización. Cando nacemos non dispoñemos de capacidade para autorregularnos, polo que cobran especial importancia os coidados e atención que recibimos nesta época en que somos tan dependentes. Bowlby pensaba que existe un vínculo primario máis importante que outros e cualitativamente diferente, o cal, con carácter xeral, era creado coa nai. A maiores non descartou a posibilidade doutras figuras de apego para a nena ou neno. Deste xeito, podemos entender o apego como o escudo protector para o axeitado desenvolvemento do neno/a, a partir dun sentido de seguridade emocional, especialmente nos momentos de estrés. Esta vinculación, fundaméntase en dous sistemas:2 SISTEMA DE Condutas do neonato para asegurarse os APEGO coidados necesarios SISTEMA DE Resposta da figura coidadora. COIDADO A nena ou neno compórtase de xeito que provoca contacto ou proximidade co coidador. Cando os máis pequenos e pequenas experimentan unha maior excitación, soen sinalar aos seus coidadores/as. O choro, o sorriso e a locomoción son exemplos destes comportamentos de sinalización. E, de acordo á interacción destes dous sistemas, sempre que a resposta sexa consistente e axustada ás necesidades e características específicas de regulación do bebé, este sentirase protexido e contido, de forma que se sobreporá favorablemente as situacións estresantes, podendo iniciar condutas exploratorias con tranquilidade e interese: SISTEMA DE APEGO: SISTEMA DE COIDADO: SINAIS DE ESTRES NOS CONDUTAS DE CONTENCIÓN BEBÉS - Chorar - Estirar os brazos - Aferrarse ao outro - Mirada conectada - Chamar, buscar ou ir - Vocalizacións cara a outra persoa - Tacto afectivo - Rixidez corporal - Sostén afectivo - Mirada asustada - Proximidade, cercanía - Vocalizacións de - Efectividade en calmar a molestia (queixidos, sons necesidade específica. estranos,..) Unha nena ou neno debe recibir o coidado continuo da figura de apego máis importante durante os primeiros anos de vida. Este autor consideraba que se o vínculo de apego se rompía ou interrompía durante 2 anos, o neno ou nena podería pasar por un período crítico onde sufriría consecuencias irreversibles a largo prazo por esta privación materna. Bowlby empregou o termo de privación materna para referirse á separación ou perda da nai, así como á falta de desenvolvemento dunha figura de apego. A separación a corto prazo dunha figura de apego conduce á angustia. Bowlby, en colaboración con Robertson, describe que a angustia pasa por tres etapas progresivas: protesta, desesperación e desapego. 2 Berlin et al., 2008; Cassidy & Shaver, (2008) ⮚ Protesta: a nena ou neno chora, berra e protesta enfadado cando a figura de apego desaparece, tratará de aferrarse para evitar que marche, e as chamadas de atención poden ser cada vez maiores se non a atopa. ⮚ Desesperación: as protestas da nena ou neno comezan a deterse, e parecen estar máis tranquilas aínda que son molestas. Os pequenos e pequenas negan calquera intento de comodidade dos demais e mostran desinterese por calquera cousa. ⮚ Desapego: se a separación continúa comezará a interatuar con outras persoas novamente. Rexeitará á súa nai ao seu regreso e mostrará sinais de ira. A relación de apego da neno ou neno co seu coidador principal conduce ao desenvolvemento dun modelo de traballo interno. O modelo de traballo interno é un marco cognitivo que comprende representacións mentais para comprender ao mundo, a un mesmo e aos outros. A interacción dunha persoa cos demais está guiada por recordos e expectativas do seu modelo interno que axudan a avaliar o contacto cos demais. Hai tres características deste modelo de traballo interno: un modelo de outros como de confianza, un modelo do “eu” como valioso e un modelo do “eu” como efectivo cando se interactúa cos demais. Esta representación mental é a que guía o comportamento social e emocional no futuro a medida que o modelo de traballo interno da nena ou neno guía o seu comportamento cara aos demais en xeral. 3.2.2.2.Fases do apego. O modelo evolutivo de Bowlby (1993) establece catro fases para a creación deste vínculo afectivo, polo xeral estas fases son máis notables na relación entre nai e fillo ou filla, sen embargo este vínculo pode crearse entre un coidador ou coidadora principal e o neno ou nena. Atendendo a este autor recóllese, a continuación, a evolución das catro fases do vínculo de apego: a.1 Fase de preapego. Dende o nacemento ata as 6 primeiras semanas. Ao longo desta a conduta principal do bebé baséase no reflexos innatos. Sen embargo o sorriso, o choro ou a mirada do máis pequeno ou pequena fai que exista unha resposta por parte do adulto favorecendo o contacto físico e afectivo. Nesta fase teñen preferencia pola voz da súa nai ou da persoa que o coida habitualmente, aínda que non existen o vínculo de apego como tal. 2 Fase de formación do apego. Vai dende as 6 semanas ata o 6 meses. Nesta fase a conduta do neno ou nena vai dirixida fundamentalmente a súa nai ou coidador principal dun xeito máis claro que na primeira fase. Sen embargo aínda non mostra ningún tipo de ansiedade cando se separa da súa nai a pesar de que a recoñece. 3 Fase de apego propiamente dita. Este vai dende os 6-8 meses ata os 18-24 meses. Neste caso o vínculo afectivo é claro, mostrando ansiedade e enfado cando o separan da súa nai. É neste momento cando rexeita contacto físico doutra persoa que non sexa a nai ou coidador/a principal, xa que o único que quere e o calma é estar no colo do seu referente. 4 Formación de relacións recíprocas. Vai dende os 18-24 meses en diante. Esta fase está caracterizada pola aparición da linguaxe e a capacidade de representar mentalmente ao seu referente afectivo, o que fai que o neno ou nena saiba que a ausencia non é definitiva. Nesta fase, os nenos e nenas aos que a nai ou referente afectivo lles explica a súa ausencia, soen chorar menos que aos que non se lles explica a situación. Cando rematan as catro fases debería haber un vinculo afectivo entre as dúas partes, o que fai que o neno ou nena se sinta seguro porque haberá unha resposta deste referente nos momentos nos que o precise. 3.2.2.3.Tipos de apego O apego permítelle a cada neno ou nena a interacción cos demais, así como a construción dun modelo mental relacionado coas súas figuras de apego. Cando o neno ou nena chega á escola, esta debe saber integrar o seu mundo interior e individual no ambiente escolar e colectivo. Só encaixando estas dúas pezas, pódese facilitar e potenciar o desenvolvemento, o crecemento e a aprendizaxe. Durante os primeiros anos de vida, as vivencias máis cotiás nas que o neno ou nena necesita satisfacer as súas necesidades máis básicas (hixiene, comida, descanso,...) e as necesidades de xogo ou de expresión, son momentos ideais para establecer lazos de afecto ou de apego. Na maior parte dos casos trátase dun apego seguro, baseado na confianza, na seguridade e nas emocións positivas, pero se as respostas do adulto son erráticas (por exemplo unhas veces acode ante unha necesidade do neno ou nena e outras non), ou frías, se pode desenvolver un tipo de apego inseguro, xa sexa por ambivalencia ou por evitación. Ainsworth (1967) definiu estes 3 tipos de apego: Apego seguro: prodúcese cando o neno confía nos seus coidadores ou coidadoras e percíbeos como unha fonte de protección, coidado e sustento. Inseguro evitativo: neste apego a nai non é percibida polo neno ou nena como unha fonte de apoio, protección ou coidado. Inseguro ambivalente: este apego atópase asociado ao comportamento parental ambivalente, inconsciente e impredicible. O neno ou nena ante esta situación trata de chamar desesperadamente a atención da persoa coidadora. Main (2000) engade un cuarto: Apego desorganizado/desorientado: caracterízase por unha combinación de estratexias contraditorias que evidencian desexo de proximidade e busca, seguida por unha intensa evitación con aparente confusión ou desorientación co coidador ou coidadora. Mesa, A. e outros (2009) resaltan que: “A este grupo pertencen os nenos que dan mostra de inseguridade, relacionada co medo sen resolver da nai ou coidador cara a súa propia historia de apego, medo que é transmitido ao infante. Deste modo, a nai ou coidador convértese tanto nunha fonte de medo como nunha figura que usa para reasegurarse, xerando no neno unha contradición, que o fai dubidar en recorrer ou non a súa nai para buscar a tranquilidade e contención” (p.131). 3.2.2.4.Funcións do apego. Seguindo a Félix López (1993, p. 31) poderíanse resaltar as seguintes funcións principais: Dende un punto de vista obxectivo, o seu sentido último é favorecer a supervivencia mantendo próximos e en contacto ás crías e aos seus proxenitores (ou quen faga a súa función). Dende un punto de vista subxectivo a función do apego é buscar seguridade na presencia e contacto coas figuras de apego. O suxeito busca as figuras de apego porque con elas se sente seguro. Ofrecer e regular a cantidade e calidade de estimulación que necesita un neno para o seu desenvolvemento. As adecuadas relacións de apego fomentan a saúde física e psíquica. Só os neno u nenas que teñen vínculos afectivos estables e satisfactorios se senten seguros, confiados e contentos. As figuras de apego teñen unha influencia decisiva no desenvolvemento social. É nas relacións coas figuras de apego onde o neno ou nena aprende a comunicarse cos demais. 3.2.3.Fases do período de adaptación do neno ou nena. Tendo en conta a Rangel (2010) os nenos e nenas pasan por unha serie de fases no período de adaptación, as cales indican en que momento está cada un dos nenos ou nenas de xeito único e individual con algunhas características en común. Fase de protesta: Neste caso o neno ou nena comprende que se atopa sen os seus referentes de apego (nai/pai). Esta fase soe durar un pouco máis dunha semana, dependendo da personalidade. Nesta fase poden mostrar algunhas das conductas seguintes: o A nivel somático: alteracións do sono, vómitos, trastornos dixestivos, regresión nos hábitos de autonomía. o A nivel familiar: conducta negativa cara a nai ou o pai, ansiedade ante unha posible separación, sentimento de medo e posible conduta agresiva. o A nivel afectivo: timidez, agresión ante os iguais ou familiares e apatía. Fase de ambivalencia: Neste momento o neno ou nena comeza a mostrar emocións de rexeitamendo e benestar, comeza a aceptación do novo contexto. Algunhas das condutas que pode mostrar son: o Variacións emocionais como ansiedade. O educador ou educadora deberá acompañar con afecto e seguridade ante esta situación. Fase de adaptación: Nesta fase o neno ou nena acepta o novo contexto, comezando a relacionarse cos obxectos que o rodean, no espazo, con adultos e co grupo de iguais. Mostra autonomía e benestar. Débese ter en conta que non tódolos nenos e nenas se adaptan ao mesmo tempo e polo tanto deberanse adecuar as circunstancias á individualidade de cada un. 3.2.4.Manifestacións do neno ou nena no período de adaptación. Cada nena ou neno ven dun ambiente moi diferente cunhas determinadas características, por isto o período de adaptación é o momento no que as nenas ou nenos comezan a formar os seus esquemas e a preparar as súas estratexias para a aceptación dun mesmo. Ao longo deste proceso a nena ou neno pode presentar varios tipos de reaccións, que tamén están condicionadas pola idade que o máis pequeno ou pequena teña cando entre na escola. Con carácter xeral: O lactante é activo dende o momento de nacer, establece interaccións sociais como poden ser o sorriso, o choro... cos adultos, establecéndose un inicio de comunicación onde o neno ou nena se ve correspondido. O bebé imita condutas doutras persoas, abre e pecha a boca cando o fai o adulto, move os ollos, sorrí á maioría dos adultos que interaccionan con el, comeza a imitación... Ao longo dos primeiros seis meses polo xeral mostra unha conduta agradable. De cara ao 7 e 8 mes a nena ou neno sinte medo aos estraños e rexéitaos. Ademais desenvólvense vínculos de apego coas persoas que están máis cerca. Polo tanto a separación de esta figura ou figuras de referencia non sempre son aceptadas polos máis pequenos e pequenas. Dos dous aos catro anos, o medo cara a os estraños e a ansiedade pola separación continúan sendo evidencias que van influír directamente na socialización do neno ou nena. Atópanse dentro das manifestacións condutuais da nena ou neno tres fases: Conduta orientada: son condutas como o choro, o sorriso, as miradas... ata o terceiro mes regulan a interacción coa nai. Conduta de sinalización: a partir dos seis meses é cando a nena ou neno comeza a distinguir as figuras familiares doutras persoas ou obxectos. Conduta de acercamento: soe ser ata os 3 ou 4 anos, o neno ou nena busca a presenza da nai ou persoa de referencia. Todos estes aspectos, xunto co recollido sobre o apego nos puntos anteriores, fai que sexa moi importante coñecer ao neno ou nena a través da familia para que o acompañamento neste proceso resulte o máis respectuoso posible atendendo e entendendo o desenvolvemento integral dos pequenos e pequenas. Alpi et al. (2003) afirman que ao longo do Proceso de adaptación vivenciánse tres momentos chave con relación os nenos e nenas, familias e educadoras/es: achegamento, confianza e pertenza. - Fase de achegamento: trátase do primeiro contacto das familias, nenos e nenas na escola onde se establece unha relación de seguridade e confianza. - Fase de confianza: onde a familia deposita na educadora ou educador do seu fillo/a unha confianza que é percibida polo/a neno ou nena. - Fase de pertenza: o neno ou nena sinte a pertenza a un grupo de iguais e a familia mostra tranquilidade de cara aos coidados do seu fillo/a. Algunhas das manifestacións que xeralmente se producen ao longo deste período de adaptación na escola, por parte dos nenos e nenas que comezan na escola son: Choro: haberá que tentar calmalos e poder ter a familia preto para acompañar no proceso. Esta reacción as veces pódese producir por contaxio con outros nenos e nenas. Nunca se debe deixar que o choro sexa prolongado pois pode xerar un aumento de cortisol no cerebro que é prexudicial para o neno ou nena. Algúns psicólogos como Lundberg, U. (1984) atoparon unha relación directa entre o nivel de ansiedade dos nenos e nenas producido pola separación durante o período de adaptación, coa elevada liberación de cortisol, a cal é unha hormona producida ante situacións de estrés. Polo tanto, tentar reducir esta ansiedade producida pola separación neste proceso, non so vai garantir o bo estado emocional do neno ou nena senón que favorece o seu estado xeral de saúde. Ausencia de choro: xeralmente o neno ou nena está na aula, pero amosa unha actitude de observador ou observadora, manténdose ao marxe do que sucede nela. Se non se lle presta a atención que require pode que as manifestacións de angustia cheguen máis tarde. Ausencia de síntomas ao inicio, aparecendo máis tarde: Ás veces non mostran ningún síntoma de rexeitamento, aceptando o que se atopan, pero co tempo soen mostralo por non ser capaz de integrarse. Aferrarse a un material: polo xeral é o obxecto de apego ou obxecto transicional cun valor afectivo moi alto para o neno ou nena, pois dálle seguridade nesa experiencia nova que é a adaptación a unha escola. Agarrarse con forza á persoa familiar no momento da separación: se isto se da seguramente é porque non se fixo adecuadamente o período de adaptación. De ser o caso, nunca se debe “arrincar” ao neno ou nena dos brazos da persoa familiar. Será esta a que debe facilitar o proceso. Agresións: como os nenos e nenas non saben xestionar as súas emocións é probable que respondan cunha agresión. É tarefa do educador ou educadora ir xestionando estas emocións cos nenos e nenas no período de adaptación e ao longo do curso. Vómitos: xeralmente é consecuencia do choro prolongado dos nenos e nenas. Como educadores ou educadoras temos que evitar esta situación. Cando os profesionais da escola son sensibles ás necesidades dos nenos e das nenas, cando actúan en sincronía con esas necesidades, cando son capaces de implicarse co neno ou nena nunha relación de afecto e simpatía, e cando isto ocorre dunha maneira estable e durante períodos de tempos significativos, a relación emocional segura está servida. Polo tanto, é fundamental planificar unha escola que favoreza o crecemento emocional autónomo e harmónico dos nenos e nenas, respectuoso cos seus intereses e necesidades. Para conseguilo, tal e como recolle Palou (2010) cómpre ter en conta as seguintes condicións: Crer nas competencias do neno ou nena e nas súas iniciativas. Escoitar de forma empática ao neno ou nena. Mirar dunha forma atenta e intencionada. Establecer un contacto corporal próximo e cálido. Permitir o movemento libre e autónomo. 4.O período de adaptación Na escola amplíase o campo da socialización (novos adultos e novos nenos e nenas) e impúlsase o desenvolvemento social. Por tanto, prodúcense novas experiencias e aprendizaxes, e son necesarias novas habilidades sociais, novas estratexias de relación e aumenta o mundo afectivo. O período de adaptación (proceso de familiarización) constitúe un piar do traballo educativo na escola infantil e un dos momentos máis sensibles. É por isto necesario tomar conciencia da importancia da organización, planificación e xestión de todo este delicado proceso. Os primeiros encontros coas familias son oportunidades para sentar as bases da necesaria relación de confianza, respecto e comunicación entre as nenas e os nenos, as familias e as e os profesionais da escola infantil. A continuación compártense algúns aspectos importantes da liña pedagóxica do período de adaptación. 4.1.Traballo previo á incorporación dos nenos e nenas á escola. No traballo que se debe realizar antes do comezo do período de adaptación débense distinguir dous tipos de axentes implicados neste proceso: 4.1.1.Equipo educativo. É importante manter xuntanzas de equipo previas ao inicio do período de adaptación onde se poida reflexionar sobre a organización do mesmo; polo tanto, haberá que planificar a incorporación dos nenos e nenas á escola e as posibilidades das familias, valorando as liñas xerais establecidas para a rede de escolas infantís concretando nas peculiaridades de cada escola. 4.1.2.Familias. Neste caso haberá que aproveitar todos os momentos que hai de encontro coas familias para compartir a información sobre este proceso. Os encontros previos á incorporación dos nenos e nenas á escola coas familias pódense dividir en: Momento de inscrición. Neste caso o papel da dirección do centro vai ser fundamental para asentar a base do proceso. É importante que as familias teñan a posibilidade de ver as instalacións da escola. Para isto, dende a escola buscaranse os momentos máis axeitados para facer un percorrido pola mesma á vez que se lle poden ir explicando aspectos en canto ao funcionamento e organización do centro. Momento de matrícula. Neste caso trasladaráselle a información de xeito oral e escrito (folletos informativos3), cuestións de organización (RRI, proxecto educativo, documentos do centro, etc), e liñas xerais do período de adaptación: posibilidade de participación do mesmo, como se vai desenvolver... Con carácter xeral, é a dirección da escola a que se encarga deste cometido. Entrevista inicial4. Na entrevista, as familias coñecen ás e aos profesionais que van ser as titoras ou titores da aula do seu fillo ou filla. Neste momento vanse formar os primeiros vínculos de confianza e seguridade coa familia, posto que é o primeiro encontro presencial cos titores da aula, polo que se debe tratar con especial coidado. Na entrevista trataranse aspectos relacionados cos nenos, nenas e familia; pero ademais tamén deberá afondarse en temas como: liña educativa da escola, a importancia dos momentos do cotiá (hixiene, sesta, acollida- recollida e alimentación), as canles de comunicación e participación... Sempre estando pendente de resolver as posibles dúbidas que poidan xurdir. Esta realizarase preferentemente durante o mes de xullo e/ou nos primeiros días de setembro. Xuntanza xeral coas familias5. Neste caso tentarase tratar temas sobre aspectos do funcionamento, organización e proxectos da escola, ademais tratarase a metodoloxía empregada na escola a nivel xeral. Algunhas das ferramentas que se poden empregar para poder facer unha xuntanza amena son: solicitar a algunha familia do curso anterior que conte a súa experiencia, realizar cuestións para coñecer a opinión das familias sobre a escola, amosar imaxes ou algunha presentación sobre diferentes momentos da xornada... Dependendo do número de unidades que teña a escola poden convocarse unha única xuntanza, ou dúas dividindo os grupos de idade, posto que o espazo non sempre é o axeitado para recibir a tantas familias. Esta xuntanza poderá realizarse ou ben a finais de xullo ou nos primeiros días de setembro (o máis habitual). Normalmente é a dirección da escola é a encargada de levar o peso desta xuntanza xeral. 3 Anexo I. Achégase un exemplo dos trípticos informativos sobre o período de adaptación. 4 Este punto completase no Tema 15. A participación dos pais e das nais na escola infantil. A interacción coas familias. As entrevistas cos pais e coas nais. As reunións xerais e grupais. A acción titorial. 5 Este punto completase no Tema 15. A participación dos pais e das nais na escola infantil. A interacción coas familias. As entrevistas cos pais e coas nais. As reunións xerais e grupais. A acción titorial. Xuntanzas de aula coas familias. Polo xeral este tipo de xuntanzas soen ser a continuación da xuntanza xeral, deste xeito convócanse ás familias un só día. Ao realizarse na aula é importante tratar temas concretos do período de adaptación, como vai estar distribuído o espazo, que espazo ocuparan as familias, propostas de xogo... Ademais concretarase por grupo de idade a metodoloxía a empregar ao longo do curso atendendo ás necesidades dos máis pequenos e pequenas. É importante poder ter un guión conxunto de escola onde se transmitan os mesmos puntos adaptándoos a cada idade. Estas xuntanzas desenvolveranse en xullo ou nos primeiros días de setembro (o máis habitual), e dinamízanas os titores ou titoras da aula. Xornada de portas abertas. Nesta xornada a escola abre as portas a nenos e nenas, familias e contorno para dar a coñecer o centro. Os espazos están organizados con propostas de xogo que amosan ás familias cal é a metodoloxía da escola e como é o traballo das educadoras e educadores, pero non se debe esquecer que tamén é un primeiro contacto informal onde se comeza a crear un vinculo entre familia, nenas e nenos e equipo educativo. Polo xeral soe ter un horario de mañá e de tarde para facilitar que todas as familias poidan asistir e correspondese co inicio do curso escolar. As datas de comezo do curso escolar veñen recollidas na Resolución do 11 de marzo de 2024 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e AGASS para o curso 2024/25. 4.2.Incorporación das nenas e dos nenos á escola. Como xa se dixo no punto anterior o curso comeza coa xornada de portas abertas e será o primeiro día que os nenos e nenas van á escola. A incorporación á escola comezará o día 6 de setembro, tal e como recolle a resolución citada. ⮚ Planificación do inicio do curso para nenos e nenas de renovación: Neste caso pódese falar de dúas situacións diferentes que se poden dar: ◦ Nenos e nenas que xa estiveron no mes de agosto na escola de garda, os cales comezan o curso con total normalidade empregando servizos e horarios solicitados na matrícula. ◦ Nenos e nenas que non estiveron no mes de agosto por que colleron vacacións ao estar a escola pechada. Neste caso é importante, previo consenso coa familia, facer unha pequena readaptación, sempre e cando sexa posible. ⮚ Planificación do inicio do curso para nenas e nenos de nova incorporación: ◦ En setembro iníciase o período de adaptación das nenas e nenos e das familias. A presenza das familias nestes primeiros días facilita o establecemento de novos vínculos dende unha base afectiva e segura. ◦ Levarase a cabo unha incorporación progresiva e gradual das nenas e dos nenos, atendendo ás súas necesidades e aos ritmos individuais, e tendo en conta as particularidades psicoevolutivas de cada tramo de idade. ◦ Facilitarase a cada familia unha planificación con primeiros días e horarios, onde se irán axustando os tempos atendendo ás necesidades de nenos, nenas e familias. 4.3.Avaliación A observación directa e sistemática e a avaliación continua resulta imprescindible para ir axustando as distintas situacións educativas ás necesidades de nenos e nenas, de cada familia e á organización como escola. Neste sentido, como calquera outra planificación educativa é grupal, pero tamén individual. Por iso a avaliación deberá ir encamiñada cara unha tripla vertente: nenas e nenos, familias e equipo educativo. a Nenos e nenas. Os tempos e ritmos de cada cativa/o deben ser contemplados nesta programación en función da evolución de cada unha/un e as súas familias. Por iso é importante recoller de xeito continuado como se está desenvolvendo este proceso a nivel individual. Para a recollida de información pódense realizar guías de observación individuais mentres dure este período. Achégase un exemplo da mesma. 6 b Familias. Neste sentido, e para que sexa posible a avaliación continua do proceso de adaptación, parece necesario establecer os tempos de valoración conxunta coas familias de forma habitual, reservando un tempo para falar con elas tanto na chegada como na recollida do neno ou nena, para ir axustando o máximo posible atendendo as necesidades específicas da familia, tendo en conta a organización xeral da aula e da escola. Algúns instrumentos de avaliación poden ser; xuntanzas coas familias por grupo-aula, enquisas avaliativas do proceso...7 c Equipo educativo. Finalmente, faise recollida de información, rexistro e reflexión de xeito continuado, onde ao remate do proceso se salienten todas as vivencias, emocións e experiencias da propia planificación da escola, en canto a: 6 Anexo II. Guía de observación e seguimento do neno ou nena do período de adaptación. 7 Anexo III. Cuestionario de avaliación das familias do período de adaptación. nenas e nenos papel da familia rol do persoal da escola tempos, materiais e espazos actuacións en situacións imprevistas autoavaliacións... Todo isto quedará recollido na memoria anual do centro, que axuda a avaliar e facer propostas de mellora e avance da adaptación de cara a vindeiros cursos. 5.O papel do adulto no proceso de adaptación á escola infantil Se se pensa no período de adaptación habería que diferenciar dous tipos de persoas adultas implicadas: as familias e as/os educadoras e educadores; polo tanto farase fincapé nun rol e no outro, aínda que o traballo sexa compartido. Ao contar coa parella educativa na aula nos momentos máis significativos da xornada temos que ter claro cal vai ser o rol específico de cada un dos educadores e educadoras. Este rol ten que quedarlle claro á familia no momento da entrevista para que teña coñecemento de a quen se pode dirixir para resolver algunha dúbida. Para o período de adaptación o máis axeitado sería que un/unha dos/as educadores/as se dedicara aos nenos e nenas de renovación, e o/a outro/a aos nenos e nenas de novo ingreso e ás súas familias. Sempre debe deixarse claro que as/os dúas/dous van ser as/os titoras/es de aula, pero que para ofrecer unha atención de calidade os roles van estar moi marcados para que nenas, nenos e familias non se sintan perdidos no proceso. En todo caso, e dependendo de como se vaia desenvolvendo o período de adaptación, este rol das/os educadoras/es pode mudar, ás veces os nenos e nenas de renovación poden demandar máis á persoa que se destinou para os de novo ingreso. Prodúcese o cambio informando previamente ás familias e axústanse roles para que sexa o máis positivo posible para todos e todas. Resaltar que é importante que o educador ou educadora se dedique a unha tarefa de observación constante, atendendo ás características individuais de cada neno ou nena, ás necesidades, ás reaccións e comportamentos con adultos, con iguais... Todo isto vai conformar unha avaliación inicial para coñecer cal vai ser a posible interacción cos nenos ou nenas. Seguindo a Carmen Ibañez Sandín (2006) o papel do adulto no proceso de adaptación consiste en auxiliar, canalizar e observar para coñecer a forma peculiar de cada neno e nena de resolver situacións. Para Jaramillo (2009) a actitude do educador ou educadora no período de adaptación deberá ser: Receptiva, para poder ter en conta todas as variables do proceso para que este sexa calmado e eficaz. Paciente, ante a espera de resultados inminentes na adaptación do neno ou nena, asumindo o rol de confianza e seguridade. Flexible, aceptando a variabilidade do proceso con relación a cada neno ou nena como ser independente. Ademais deberá crear un ambiente de aprendizaxe que facilite o descubrimento por parte dos nenos e nenas onde estes poidan facerse coa iniciativa da súa propia aprendizaxe. 6.A colaboración dos pais e nais neste proceso Neste período non só son os nenos e nenas os que teñen que adaptarse á nova situación, senón que tamén están as familias que en moitos casos sofren un sentimento de culpa por ter que deixar aos seus fillos na escola. Para que este proceso resulte positivo, é moi importante que a familia asuma este momento con decisión e responsabilidade. Se pola contra este momento se vive con angustia, os máis pequenos e pequenas tamén o vivirán angustiados. Dende ás escolas infantís considérase que as familias deben acompañar ao longo deste período, e para poder favorecer este proceso deberase ter en conta varios aspectos: Para facilitar a adaptación é importante graduar os horarios con nenos, nenas e familias na aula. A función da presenza da familia dentro da aula é a de dar a posibilidade a nenas e nenos de ter unha figura de apego cerca que lles transmita seguridade; pero non debemos esquecer, que quen ten que adaptarse ao novo espazo, materias, educadoras, grupo de iguais... é o neno e a nena, polo que a acción do adulto será a mínima posible, atendendo ao seu fillo ou filla só se o demanda. Cando as familias comecen a saír da aula, e para evitar que a familia sinta que “está perdendo o tempo”, solicitarase a súa colaboración para a preparación de material, separador das axendas, fotografía do casilleiro... Para isto, débese ter organizado un espazo cerca da aula para que as familias poidan realizar este tipo de actividades e á súa vez estean preto por se o neno ou nena os precisan. É importante que a familia se despida do neno ou nena cando comece a saír da aula para crear un clima de confianza e seguridade. Cando se trata dun bebé é moi útil ter a presenza das familias na aula para ver como fan o contacto directo con el ou ela: como lle falan, como realizan o cambio de cueiros, como lle dan o biberón, como o collen no colo... Isto vainos transmitir toda a información que precisamos como educadoras e educadores para coñecer de primeira man as actuacións co bebé. É moi importante trasladar ás familias que hai máis nenos e nenas e que o momento de aula ten que ser en silencio e tranquilo, para que os demais nenos e nenas non se sintan intimidados, e para que o propio fillo ou filla faga o descubrimento do novo espazo en primeira persoa. Deste xeito non se forza ningún tipo de situación que o neno ou nena non queira facer. A duración e presenza dos familiares en aula dependerá de como se adapte o máis pequeno ou pequena, espazando cada vez mais o tempo de presenza do adulto na aula ata que o neno ou nena se adapte por completo á nova situación. Non se debe esquecer que se trata dun momento compartido entre a familia e a escola.

Use Quizgecko on...
Browser
Browser