Expositiva 1C. Grandes preguntas Ciencias da Vida (1) PDF

Summary

This document is an expository presentation on the fundamentals of life sciences, exploring various aspects of life, its origin, and the characteristics of living organisms. It addresses fundamental questions in biology.

Full Transcript

TEMA 1 Finalidades da Ensinanza de Ciencias da Natureza en EP. A educación científica básica e a construción de coñecementos científicos 1C AS GRANDES PREGUNTAS DAS CIENCIAS DA VIDA Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Experimentais II (EACEII)...

TEMA 1 Finalidades da Ensinanza de Ciencias da Natureza en EP. A educación científica básica e a construción de coñecementos científicos 1C AS GRANDES PREGUNTAS DAS CIENCIAS DA VIDA Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Experimentais II (EACEII) Curso 2024-2025 Lucía Casas e Blanca Puig Lecturas recomendadas Antes de nada… As Ciencias da Vida estudan aos seres vivos desde puntos de vista moi diversos, abordando estes de maneira individual na súa estrutura (morfoloxía e anatomía) e funcións (fisioloxía), e a nivel de poboacións (xenética, ecoloxía). O estudo da Bioloxía é claro: os seres vivos. Porén, non resulta nada fácil definir o concepto de "ser vivo" ou o "concepto de vida". Grandes preguntas das Ciencias da Vida Que é a vida? Diferenzas vivo / inanimado Cal é a orixe da vida? Cal é a orixe das especies? Que confire a cada organismo a súa identidade específica e individual? Como ten lugar o desenvolvemento? Como se orixinan e contaxian as enfermidades infecciosas? Que relacións teñen os seres vivos entre si e co seu medio? (A algunhas déronselle respostas de carácter relixioso, o que influíu no debate científico) Que é a vida? Diferenzas vivo / inanimado Que diferenzas existen entre "vivo" e "inanimado"? Vitalismo contra Materialismo Significados de vivo, confusión: - En ciencias: oposto a inanimado - Na vida cotiá: oposto a morto Que é a vida? Segundo Lynn Margulis unión simbiótica y cooperativa que permite triunfar a los que se asocian Que é a vida? Respostas históricas Posturas e ideas na historia sobre as diferenzas entre vivo e non vivo: 1. Vitalismo: os seres vivos posúen un alma/espírito/forza vital que os dota de vida 2. Materialismo: (Tales de Mileto), vida intrínseca á materia 3. Mecanicismo: Revolución Científica s. XVII Descartes: os organismos funcionan como máquinas O mecanicismo refuta o pensamento sobrenatural, pero, reduce os procesos vitais a leis físicas/químicas OS CHÍCHAROS SON SERES VIVOS? Antes de nada… pensemos Un chícharo é un ser vivo? (criterios, xustificación) Comunica os teus criterios Hipótese 1 Criterio para identificar aos seres vivos: nacen, crecen, se reproducen e morren. De acordo a esta definición, o lume é un ser vivo? E un polo asado? Este criterios é insuficiente para responder á nosa pregunta inicial Hipótese 2 Criterio para identificar aos seres vivos: están feitos de células De acordo a esta definición, a mesa é un ser vivo? Este criterios é insuficiente para responder á nosa pregunta inicial Como poderíamos lograr uns criterios válidos para identificar a un ser vivo? Podemos atender a: Características Que características teñen en común os seres vivos? O ADN é unha característica común aos seres vivos Podemos levar a cabo un procedemento para extraer o ADN dos chícharos? Podemos levar a cabo un procedemento para extraer o ADN dos chícharos? Chícharos (unha lata) Batedora Vaso (matraz) Auga Deterxente lavalouzas (1 culler aprox.) 1 lata de piña no seu xugo (1 cucharadiña) Tubo de ensaio Alcohol Noticia Ángel Carracedo Extracto pódcast Ángel Carracedo Que é o que caracteriza aos seres vivos? Ernest Mayr PALABRA PARA ACORDARME CRIMEAH Estrutura e organización –mesmos compoñentes que materia composición Adaptación Metabolismo inanimada, moléculas específicas: proteínas, química ácidos nucleicos – sistemas complexos, ordenados, con organización capacidade de regulación; a célula unidade de organización CARACTERÍSTICAS sistemas abertos – intercambian enerxía e materia co medio DOS SERES VIVOS –secuencias precisas de etapas (cigoto, ciclo vital Irritabilidade Homeostasis embrión…) – mecanismos reguladores e de control que regulación manteñen o sistema en equilibrio dinámico – as macromoléculas sintetízanse de acordo programa xenético coas instruccións do programa xenético – os organismos cambian como resultado da Crecemento Reprodución evolución acción da selección natural sobre incontables e desenrolo xeracións Características seres vivos Os seres vivos son seres complexos formados por unha ou máis células, capaces de desenvolver tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución. Seres complexos: para realizar as súas funcións vitais precisan ter un elevado nº de compoñentes químicos de moi diversos tipos. Un ser vivo é moito máis complexo que un ser inerte. Composición: todos están formados por células (unicelulares/pluricelulares). Só os virus son formas acelulares, razón do debate sobre se poden ser considerados ou non seres vivos. Nutrición, relación e reprodución A nutrición é a capacidade de intercambiar materia e enerxía co exterior para asegurar as súas outras funcións vitais, crecer e desenvolverse. Pola función de nutrición podemos establecer unha gran división: autótrofos / heterótrofos. A relación é a capacidade de captar estímulos do exterior e do interior do seres vivos, e emitir respostas axeitadas para asegurar a súa supervivencia, a cal se traduce na capacidade de manter constante o seu medio interno (homeostasis). Nutrición, relación e reprodución AS PLANTAS SE NUTREN? Nutrición, relación e reprodución A reprodución é a capacidade de orixinar novos organismos ou individuos iguais ao seu proxenitor (asexual) ou semellantes aos seus proxenitores pero non iguais (sexual) Os seres vivos deben a súa estrutura e funcións á información contida no seu ADN/xenes. Esta información é a que se transmite na reprodución aos descendentes e a que permite os procesos de adaptación e evolución. Por todo isto, a reprodución sexa quizais a característica máis notable e distintiva dos seres vivos. Cal é a orixe da vida? Como apareceu o primeiro ser vivo? Creación versus xeración espontánea (o mesmo com distinta causa da xénese) Narración da creación dos seres vivos na Biblia 20 Dijo Dios: “Llénense las aguas de seres vivientes y revoloteen aves sobre la tierra y bajo el firmamento.” 21 Dios creó entonces los grandes monstruos marinos y todos los seres que viven en el agua según su especie, y todas las aves, según su especie. Y vio Dios que todo ello era bueno. 22 Los bendijo Dios, diciendo: “Crezcan, multiplíquense y llenen las aguas del mar, y multiplíquense asimismo las aves sobre la tierra.” 23 Y atardeció y amaneció: fue el día Quinto. 24 Dijo Dios: “Produzca la tierra vivientes según sus especies, animales del campo, reptiles y fieras.” Y así fue. 25 Dios hizo las distintas clases de animales salvajes según su especie, los animales del campo según sus especies, y todos los reptiles de la tierra según sus especies. Y vio Dios que todo esto era bueno. Génesis Cal é a orixe da vida? Como apareceu o primeiro ser vivo? Os vermes, insectos, ras xurden da lama, do lixo Fase filosófica: Aristóteles (384-322 a.C.): Orixe dos seres vivos «… entre los animales, nacen unos animales que guardan con los recién nacidos afinidad formal y, en cambio, otros por sí solos y no de congéneres, y, de estos últimos, unos de tierra y de plantas en putrefacción, como ocurre con multitud de insectos, y, en cambio, otros se originan dentro de los propios animales a partir de los residuos que se forman en sus órganos.». Aristóteles Historia de los animales, Madrid: Akal, 1990, traducción de J. Vara Donado. Libro V, 1, 539a, pp.240 «… Los mosquitos nacen de larvas que surgen del poso del vinagre. Y es que incluso en las sustancias que parecen estar libres de toda putrefacción nacen seres vivos, como, por ejemplo, en la nieve de tiempo» Aristóteles Historia de los animales, Madrid: Akal, 1990, traducción de J. Vara Donado. Libro V, 19, 552b, pp.284 Cal é a orixe da vida? Como apareceu o primeiro ser vivo? -Receita para obter ratos do trigo (Van Helmont) -Fase científica – Século XVII. A “xeración espontánea” A observación (e a experiencia) indicaba que xurdían vermes do fango, moscas da carne podrecida, cochinillas dos lugares húmidos... Así, a idea de que a vida (seres vivos) se orixinaban continuamente a partir de eses restos de materia orgánica denominouse xeración espontánea. EXPERIMENTO DE VAN HELMONT SOBRE XERACIÓN ESPONTÁNEA (1667) Las criaturas como los piojos, las garrapatas, las pulgas y los gusanos son nuestros miserables huéspedes y vecinos, pero nacen de nuestras entrañas y excrementos. Porque si colocamos ropa interior llena de sudor con trigo en un recipiente de boca ancha, al cabo de veintiún días el olor cambia, y el fermento, surgiendo de la ropa interior y penetrando a través de las cáscaras de trigo, cambia el trigo en ratones. Pero lo que es más notable aún es que se forman ratones de ambos sexos y que éstos se pueden cruzar con ratones que hayan nacido de manera normal... pero lo que es verdaderamente increíble es que los ratones que han surgido del trigo y la ropa íntima sudada no son pequeñitos, ni deformes ni defectuosos, sino que son adultos perfectos... Cal é a orixe da vida? Como apareceu o primeiro ser vivo? -Fase científica – Século XVII. A “xeración espontánea” EXPERIMENTO DE REDI REFUTANDO A XERACIÓN ESPONTÁNEA (1674) Colocou unha peza de carne vermella en tres recipientes iguais o 1º aberto, o 2º tapado cun corcho e o 3º tapado cunha gasa ben atada. Despois de varias semanas, Redi observou que no recipiente aberto creceran larvas. Nos outros recipientes a carne estaba podre e fedía, pero non crecera ningunha larva. Redi concluíu que a carne dos animais mortos non pode enxendrar vermes, se nesta non se depositan ovos de animais. Francesco Redi Cal é a orixe da vida? Como apareceu o primeiro ser vivo? -Fase científica – Século XVIII. A “xeración espontánea” EXPERIMENTO DE NEEDHAM VERIFICANDO A XERACIÓN ESPONTÁNEA (1745) REFUTACIÓN DA XERACIÓN ESPONTÁNEA DE MICROBIOS POR SPALLANZANI (1769) John Needham Lazzaro Spallanzani Cal é a orixe da vida? Como apareceu o primeiro ser vivo? -Fase científica – Século XIX. A “xeración espontánea” Refutación “definitiva” da teoría da xeración espontánea por Pasteur EXPERIMENTO DE PASTEUR REFUTANDO DEFINITIVAMENTE A XERACIÓN ESPONTÁNEA (1864) O caldo dun matraz non se descompón cando o colo deste está dobrado formando unha S Louis Pasteur Teoría microbiana da enfermidade Pasteur pone fin a la polémica sobre la generación espontánea, avanza para abordar el origen infeccioso de la enfermedad y, a través del descubrimiento de la atenuación, desarrolla la vacunación Como se orixinan e contaxian – e os microorganismos? as enfermidades infecciosas? Teoría microbiana da enfermidade Koch desarrolla técnicas de esterilidad y medios semisólidos para facilitar el aislamiento bacteriano. También introduce criterios teóricos para definir el papel de las bacterias en las enfermedades. llama exterior llama más caliente cono exterior amarillo asa de inoculación cono interior azul cono interior azul Cal é a orixe dos primeiros seres vivos? Orixe dos seres vivos Incógnita da orixe do primeiro ser vivo Creacionismo Extractos del Libro de Genesis, Antiguo Testamento Capítulo 1 11 Después dijo Dios: Produzca la tierra hierba verde, hierba que dé semilla; árbol de fruto que dé fruto según su género, que su semilla esté en él, sobre la tierra. Y fue así. 12 Produjo, pues, la tierra hierba verde, hierba que da semilla según su naturaleza, y árbol que da fruto, cuya semilla está en él, según su género. Y vio Dios que era bueno. 20 Dijo Dios: Produzcan las aguas seres vivientes, y aves que vuelen sobre la tierra, en la abierta expansión de los cielos. 21 Y creó Dios los grandes monstruos marinos, y todo ser viviente que se mueve, que las aguas produjeron según su género, y toda ave alada según su especie. Y vio Dios que era bueno. 22 Y Dios los bendijo, diciendo: Fructificad y multiplicaos, y llenad las aguas en los mares, y multiplíquense las aves en la tierra. 24 Luego dijo Dios: Produzca la tierra seres vivientes según su género, bestias y serpientes y animales de la tierra según su especie. Y fue así. 25 E hizo Dios animales de la tierra según su género, y ganado según su género, y todo animal que se arrastra sobre la tierra según su especie. Y vio Dios que era bueno. 26 Entonces dijo Dios: Hagamos al hombre a nuestra imagen, conforme a nuestra semejanza; y señoree en los peces del mar, en las aves de los cielos, en las bestias, en toda la tierra, y en todo animal que se arrastra sobre la tierra. 27 Y creó Dios al hombre a su imagen, a imagen de Dios lo creó; varón y hembra los creó. 28 Y los bendijo Dios, y les dijo: Fructificad y multiplicaos; llenad la tierra, y sojuzgadla, y señoread en los peces del mar, en las aves de los cielos, y en todas las bestias que se mueven sobre la tierra. Cal é a orixe dos primeiros seres vivos? IMPORTANTE DESTO: QUE ESTE EXPERIMENTO REFLEXA AS CONDICIÓNS DA Orixe dos seres vivos ATMÓSFERA PRIMITIVA Miller, 1953, síntese abiótica de aminoácidos Ciencia EXPERIMENTO DE MILLER E UREY (1953) Cal é a orixe dos primeiros seres vivos? Orixe dos seres vivos Ciencia Oparin, 1924, condición da inexistencia de vida anterior, porque: – 1 Se se formasen agora compostos orgánicos serían inxeridos polos organismos – 2 A síntese é posible só nunha atmósfera reductora Cal é a orixe das especies? Fixismo versus evolucionismo A Historia Natural (descriptiva) transfórmase en Bioloxía (explicativa) coa teoría da evolución Fixismo: supón especies inmutables (fixas) que apareceron simultáneamente. Unha variedade: creacionismo, apoiado na autoridade da Biblia. Linneo: “A Natureza conta con tantas especies como foron creadas desde a orixe” Ante datos discordantes a teoría é modificada a cataclismos e “creacións sucesivas” (Cuvier, 1769-1832) Órganos homólogos considerados proba do “arquetipo” orixinal (Owen) Cálculo idade da Terra: 23 outubro 4004 a. C. Calendario de Ussher-Lightfoot (interpretación relixiosa) Linneo Georges Cuvier Cal é a orixe das especies? Datos discordantes co fixismo Fósiles (na foto Megaterio, Bolivia) Organismos extintos Animais semellantes en distintos continentes Intento de explicación: Teoría modificada a cataclismos e “creación sucesivas” (Cuvier) Cal é a orixe das especies? Fixismo versus evolucionismo Lamarck (1809), seguindo a precursores que propoñían o cambio ou “transformación” das especies, estrutura as ideas evolucionistas. Propón a transformación a un ritmo moi lento (“tempo infinito”), e unha comparativa dos animais máis simples co ser humano, que por primeira vez é considerado suxeito de estudo como eles. A teoría evolucionista de Lamarck propón que os seres vivos adquiren características ao longo da súa vida en resposta ao entorno e que esas características son transmitidas á súa descendencia. Lamarck (1744-1829) Cal é a orixe das especies? Fixismo versus evolucionismo Darwin (1859) con Wallace: propón un mecanismo de cambio, selección natural, baseándose en teorías de Malthus e o actualismo xeolóxico de Lyell, e nas súas propias observacións nas Galápagos e a Pampa arxentina Primeira idea científica con impacto inmediato na opinión pública, “best seller” Oposición da igrexa (prohibición, condenas), prohibición do ensino da evolución (hoxe en varios estados USA) A teoría evolucionista de Darwin propón que as condicións do ambiente fan que individuos dentro dunha mesma poboación, poidan adaptarse mellor que outros por ter nacido cunha característica que resulta unha vantaxe. Se estas características son hereditarias a Darwin (1809-1882) Wallace (1823-1913) especie evoluciona grazas á selección natural. Orixe das especies e seres humanos O impacto público: relacionado co cambio na “posición central” do ser humano Darwin evita tocar explicitamente a cuestión da orixe do home no primeiro libro (tiña presentes as duras críticas e condenas relixiosas a outros evolucionistas como Lamarck ou Chambers, que publicou anónimamente até 1871 As polémicas públicas centradas na especie humana e en se “descende do mono” Neodarwinismo: 1937, relacionando o darwinismo cos coñecementos xenéticos. A teoría da evolución transforma radicalmente as preguntas e programas de investigación en bioloxía: mirada diferente sobre os seres vivos

Use Quizgecko on...
Browser
Browser