Unidade 1. Anatomía xeral _ Aula Virtual CIFP Manuel Antonio PDF
Document Details
Uploaded by Deleted User
CIFP Manuel Antonio
2024
Angie Gloria Escalante Lazo
Tags
Summary
This document is an overview of general anatomy. It discusses the chemical, cellular, and tissue levels of organization and describes the different types of molecules, including carbohydrates, lipids, proteins, and nucleic acids. It also introduces the basic structure and functions of eukaryotic cells. The document is for a general physiology course in 2024.
Full Transcript
Unidade 1. Anatomía xeral Sitio: Aula Virtual CIFP Manuel Antonio Impreso por: Angie Gloria Escalante Lazo Curso: Fisiopatoloxía xeral 2024-2025 A Data: xoves, 19 de setembro de 2024, 12:09 AM Libro: Unidade 1. Anatomía xeral Descrición...
Unidade 1. Anatomía xeral Sitio: Aula Virtual CIFP Manuel Antonio Impreso por: Angie Gloria Escalante Lazo Curso: Fisiopatoloxía xeral 2024-2025 A Data: xoves, 19 de setembro de 2024, 12:09 AM Libro: Unidade 1. Anatomía xeral Descrición "Somos po de estrelas. O medio para que o cosmos se coñeza a si mesmo". C. Sagan Táboa de contidos 1. NIVEL QUÍMICO 2. NIVEL CELULAR 3. NIVEL TISULAR 4. SISTEMAS E APARATOS DO CORPO HUMANO 5. ANATOMÍA. EIXES E PLANOS 6. REXIÓNS E CAVIDADES CORPORAIS 1. NIVEL QUÍMICO Neste nivel atópanse as unidades elementais dos seres vivos. Trátase dos átomos e as moléculas, dando lugar a dous subniveis: Nivel atómico: toda a materia está constituída por átomos. No modelo clásico, dentro do átomo distínguense as partículas subatómicas denominadas protóns, electróns e neutróns. O ser humano está composto por 59 tipos de átomos diferentes. O 98% do noso corpo está composto só de carbono, oxíxeno, nitróxeno, hidróxeno, fósforo e calcio. Se engadimos o ferro, o sodio, o magnesio, o potasio e o zinc poñémonos xa no 99 por cento. Tan só once átomos. Os átomos estables teñen carga eléctrica cero. Se a un átomo lle sobra ou lle falta un electrón adquire carga (positiva ou negativa) denominándose ión. Os ións con carga positiva chámanse catións e os que teñen carga negativa, anións. Esquerda: modelo clásico do átomo cos electróns "orbitando" arredor do núcleo. Dereita: modelo cuántico de "nube" de probabilidades. No corpo humano os ións inorgánicos son necesarios para a actividade celular vital. Cando se atopan en disolución en líquidos orgánicos ou en tecidos poden denominarse tamén electrólitos, levando a cabo tarefas esenciais para a actividade eléctrica, na execución das contraccións musculares ou contribuíndo no mantemento da presión osmótica. Algúns dos ións máis importantes para o ser humano son: Ca2+– compoñente de ósos e dentes. Necesario para un correcto funcionamento dos músculos. K+– a función principal dos ións de potasio no ser humano é o mantemento do equilibrio osmótico, particularmente nos riles. Na+– o ión de sodio é o máis abundante no corpo humano. Ten un papel similar ao de potasio e é fundamental na xeración e transmisión do impulso nervioso. Cl-– participa na producción do ácido cloríhidrico no estómago e na síntese adecuada de determinados fluídos, como o moco e a suor. Fe 2+ /Fe 3+– o ión ferro atópase na hemoglobina, participando no proceso de transporte de oxíxeno. Nivel molecular: os átomos combínanse dando lugar a moléculas, compostos químicos de maior tamaño. As moléculas pódense combinar con outros átomos e moléculas dando lugar a uns novos compostos denominados macromoléculas. No organismo humano existen moléculas orgánicas e inorgánicas. As moléculas inorgánicas máis comúns presentes nos seres vivos son a auga, as sales minerais e o dióxido de carbono. Molécula de auga nos tres estados: sólido, líquido e gas Denomínanse moléculas orgánicas a aquelas cunha base de átomos de carbono formando longas ringleiras ou estruturas compleas e que se dan en contextos de organismos vivos. Unha macromolécula é, entón, una molécula orgánica polimérica, cun peso molecular elevado, constituída por moléculas pequenas unidas de xeito repetitivo. As moléculas orgánicas clasifícanse en glícidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos. monómeros 1. Os glícidos son polímeros constituídos por unidades de monosacáridos, unidos en forma de disacáridos, oligosaáridos ou polisacáridos. O monosacárido máis importante para o ser humano é a glicosa, única fonte posible de obtención de enerxía para as neuronas e a principal para o resto das células do corpo. Hidratos de carbono, glucidos, sacaridos Glucosa !! Reserva de Energía 2. Os lípidos son un grupo con estruturas químicas moi diferentes, pero cunha característica fisicoquímica común: son moléculas non solubles en disolventes polares como o auga. Ao tratarse dun grupo heteroxéneo cómpre clasificalos, á súa vez, en varios subgrupos: * Ácidos graxos, longas cadeas hidrocarbonadas lineais con función enerxética. Clasifícanse en saturados e insaturados en función do tipo de enlace entre os átomos de carbono. Deles, hai dous que o corpo humano non pode fabricar, denominados ácidos graxos esenciais: o ácido linolénico (omega- 3) e o ácido linoleico (omega-6). * Mono, di ou Triglicéridos, que son ácidos graxos unidos a unha molécula de glicerol. monogliceridos digligeridos trigliceridos * Fosfolípidos, que forman parte das membranas celulares. * Esteroides, derivados do colesterol, unha cadea hidrocarbonada unida polos extremos en forma de anel. No corpo humano forman parte das membranas e son o material co que se fabrican algunhas hormonas. 3. As proteínas son as macromoléculas orgánicas máis abundantes no corpo humano. Levan a cabo numerosas funcións como elementos estruturais e como micromecanismos capaces de transportar substancias, catalizar reaccións, combinarse con outras moléculas para identificalas ou destruílas ou desencadear todo tipo de efectos no interior das células. Modelo da encima hexoquinasa. Arriba á dereita, os seus substratos: unha molécula de ATP e unha molécula de glicosa. Están compostas por unhas unidades básicas denominadas aminoácidos. Existen vinte tipos diferentes de aminoácidos, dos que nove son considerados esenciais no ser humano xa que non poden ser sintetizados e deben inxeridos a través dos alimentos. Os aminoácidos esenciais son o triptófano, a treonina, a valina, a lisina, a leucina, a metionina, a histidina a fenilalanina e a isoleucina. No podemos fabricar los aa esenciales y vitaminas Nas proteínas poden describirse diferentes niveis estruturais: alfa -D-glucopiranosil- beta -D-fructofuranósido se agrega algo más. un átomo, etc 4. Os ácidos nucleicos son moléculas orgánicas con capacidade de autocopia e de ser traducidos a proteínas, mediante os que os seres vivos gardan a información e as instrucións para o seu correcto desenvolvemento e funcionamento. Conforman o material xenético, unidos en longas cadeas denominadas xenes e en estruturas aínda maiores denominadas cromosomas. Todas as células do ser humano conteñen, no seu interior, 23 pares de cromosomas, procedentes de ambos proxenitores. Os ácidos nucleicos están compostos de secuencias de catro tipos de bases ou nucleótidos denominados Adenina, Guanina, Citosina e Timina no caso do ácido desoxirribonucleico, dando lugar á clásica estrutura en dobre hélice do ADN. No caso do ácido ribonucleico os nucleótidos son Adenina, Guanina, Citosina e Uracilo. Material genético ADN Traduce proteínas LUCA 1ERA célula -Nutrición aa, Energía -Relación(identifica el entorno peligroso) -Reproducción 2. NIVEL CELULAR A célula é a unidade mínima dun organismo vivo capaz de actuar de maneira autónoma e de realizar por si mesma as tres funcións que definen a un ser vivo: nutrición, relación e reprodución. Todo ser vivo está formado polo menos por unha célula: é, por tanto, a unidade morfolóxica e funcional de todos os seres vivos. O seu tamaño pode variar desde as 10 ás 1500 micras. (Unha micra ou micrómetro é a unidade de lonxitude equivalente á millonésima parte dun metro). A parte da bioloxía que se ocupa dela é a citoloxía. Dificulta procesos colaborativos Existen dous grandes tipos de células: as Procariotas (células sen núcleo, máis primitivas, cunha alta taxa de mutacións no seu material xenético) e as células Eucariotas (con núcleo, o que estabiliza o seu material xenético, máis evolucionadas, presentes nos organismos pluricelulares). Obliga una estrategia reproductiva mas concreta Colonia de bacterias juntas q no se ponen de acuerdo Cario: nucleo. Caries:......... en el nucleo Intercambio de material genético menos descendientes (2-200-2000 máx) Modelos organizativos organismos pluricelulares A estrutura básica dunha célula eucariota componse de membrana, citoplasma e núcleo. As características xenéticas de cada célula outorgan as principais propiedades de cada tecido, pois existirá unha configuración especial en base a tamaño, consumo enerxético, metabolismo, capacidade de movemento, transporte de substancias, produtos liberados e capacidade de reprodución, entre outras. Toda célula posúe unha membrana composta por unhas proteínas denominadas fosfolípidos, que teñen permeabilidade selectiva (deixan pasar selectivamente a un tipo de moléculas e non a outras) o que permite manter un medio interno altamente ordenado e illado do medio externo en canto á súa composición. A membrana dunha célula eucariota é unha estrutura complexa, composta por unha bicapa lipídica entre a que se atopan dispostas millóns doutras estruturas (proteínas de paso, proteínas de identificación, colesterol, etc…) Piel hipermeable al agua por ello no pasamos por efectos de la presión osmótica cremas q absorben PRESION OSMÓTICA grasas, parches Vasos sanguineos, capilares Sal va a donde + sal hay. El agua se mueve. Modelo del mosaico fluico Singer y Nicolson Proteina trasmenbranal Glucoproteinas Colesterol Citoesqueleto Bicapa lipídica con fosfolípidos ESTRUTURA E COMPOÑENTES DA CÉLULA 1. Nucléolo: Parte do núcleo encargada da produción e ensamblaxe dos compoñentes ribosómicos. 2. Núcleo: Estrutura das células Eucariotas que conten o material xenético. Cando a célula non está a dividirse o material xenético necesario para a vida da célula está disperso en forma de cromatina. Cando entra en fase de división (mitose) todo o material xenético compáctase nunhas estruturas denominadas cromosomas. Ribosomas 70-30 Svedberg Ribosomas son operarios de las estructuras primar. prot RER Cadena de montaje O ser humano contén 23 pares de cromosomas, ordenados de maior a menor tamaño do 1 ao 22, máis o par de cromosomas sexuais (X e Y). As mulleres posúen dous cromosomas X e os homes un X e un Y. 3. Ribosoma: Estruturas supra moleculares que se encargan de ensamblar proteínas a partir da información que lles chega do núcleo en forma de ácido ribonucleico. 4. Vesícula: Pequeno orgánulo de almacenaxe. 5. Retículo endoplasmático rugoso: Órgano situado xunto ao núcleo, formado por un amoreamento de membranas xunto ás que se adhiren os ribosomas. É o encargado da síntese e transporte de proteínas 6. Aparato de Golgi: Órgano presente en todas as células Eucariotas excepto glóbulos vermellos (eritrocitos ou hemacias) e células epidérmicas. Funciona como un órgano “empaquetador” de proteínas para o seu transporte. 7. Citoesquelete (microtúbulos): Entramado intracelular de microfilamentos ou microtúbulos proteicos que sostén e dá forma á célula. 8. Retículo endoplasmático liso: Conxunto de membranas que participan no transporte celular e síntese de triglicéridos, fosfolípidos e esteroides. 9. Mitocondria: Órganos da célula subministradores de enerxía Solo de línea materna ATP: Adenosín Trifosfato 10. Vacúolo: Saco formado pola confluencia de varias vesículas 11. Citoplasma: Parte da célula que se atopa entre a membrana plasmática e a membrana nuclear, e que contén todos os órganos e compoñentes da Apoptosis : muerte celular célula excepto ao núcleo. Está recheo dunha emulsión coloidal denominada citosol. programada o provocada 12. Lisosoma: Órganos de “dixestión” de la célula. Conteñen encimas proteolíticos capaces de desfacer proteínas, propias (autofaxia) ou alleas (heterofaxia). cuerpo de destrucción 13. Centriolos: Estrutura par en forma de microtúbulo sobre a que se dispoñen o resto de microfilamentos de soporte. Intervén nos procesos de división e mitose. Bacterias: procariotas teoría endosimbiótica Eucariotas do ser humano FUNCIÓNS AVANZADAS DAS CÉLULAS A) Condutividade: é a xeración dunha onda de excitación (impulso eléctrico) a toda a célula a partires do punto de estimulación. Esta é a propiedade fisiolóxica máis importante das neuronas. B) Contractilidade: é a capacidade dunha célula para cambiar de forma, xeralmente por acurtamento. Está moi desenvolvida nas células musculares. C) Respiración: esencial para a vida, é o proceso por medio do cal as células producen enerxía ao utilizar as sustancias alimenticias e o oxíxeno absorbido, para tal fin, e ademais producir dióxido de carbono e auga. D) Absorción: é a capacidade das células para captar sustancias do medio. E) Secreción: é o proceso por medio do cal a célula expulsa materiais útiles como unha encima dixestiva, ou unha hormona. F) Excreción: é a eliminación dos residuos do metabolismo celular. G) Reprodución: é o proceso de división celular. Nos organismos pluricelulares poden comprender diferentes procesos especializados, máis alá da simple mitose. 3. NIVEL TISULAR As células constitúen as unidades vitais máis pequenas do noso organismo, pero non se atopan illadas, senón en grupos dun mesmo tipo celular denominados tecidos. Un tecido é un grupo de células similares, cunha mesma orixe embrionaria, e que funcionan de maneira conxunta para levar a cabo unha función especializada. A ciencia que estudia os tecidos chámase histoloxía. TIPOS DE TECIDOS Existen catro tipos principais de tecidos no corpo humano: a) Tecido nervioso: Xera e transmite impulsos nerviosos que contribúen á coordinación das distintas actividades do organismo. b) Tecido muscular: É o responsable da produción de forza mediante a contracción, e, como consecuencia, do movemento. c) Tecido epitelial: Cubre todas as superficies do organismo, tanto por fóra como por dentro, e recobre as cavidades e condutos orgánicos. Forma glándulas de secreción exócrinas e endócrinas. d) Tecido conectivo: Protexe e soporta ao organismo. Almacena enerxía en forma de graxa, proporciona inmunidade e mantén unidos aos diferentes órganos do corpo. Óseo y *sangre* TECIDO NERVIOSO O tecido nervioso é moi complexo, aínda que, basicamente, está composto por dous tipos de células: As neuronas, células nerviosas, moi especializadas, capaces de xerar e transmitir impulsos nerviosos; e as células da neuroglía, cuxa función é a nutrición e a defensa das células nerviosas. NEURONA Células especializadas Unidade funcional do sistema nervioso. Compostas por tres partes fundamentais, o corpo (soma), o axón e as dendritas. O corpo celular contén o núcleo e o resto de organelas celulares. As dendritas son prolongacións ramificadas que xorden do corpo e que establecen contacto con outras células nerviosas próximas, e o axón é una prolongación única e máis ou menos longa que transmite os impulsos nerviosos a distancia. SINAPSIS Sinapsis Dendritas Microtúbulo Vesículas Sinápticas ENFERMEDAD DESMELENIZANTE: Neurotransmisor Sinapsis ESCLEROSIS MULTIPLE (Axoaxónica) Espacio Sináptico Retículo Endoplásmico Rugoso Axón terminal -Vaina de mielina (proteina) facilita impulso Polirribosomas Nódulo de Ranvier nervioso Receptor Ribosomas -Celulas de Shwann/Oligodendrocitos : Pocas Aparato de Golgi Sinapsis (Axosomática) dendritas Vaina de Mielina (de la célula de Cono Axónico Schwann) Núcleo Nucleolo la Membrana lu a cé ) n el n (d hwa cleo e Sc Nú d Mitocondria Retículo Endoplásmico Microfilamento Liso Microtúbulo Axón is Dendritas aps tica) Sin drí en od (Ax NEUROGLÍA Nutrición y barrera Encéfalo/columna Existen catro tipos de células da neuroglía: A) Os astrocitos, con forma de estrela, interveñen na barreira hematoencefálica, que regula a entrada de sustancias ao sistema nervioso central (SNC). Son unha barreira selectiva entre as neuronas e os vasos sanguíneos. Participan no metabolismo dos neurotransmisores, e no balance de potasio necesario para xerar electricidade. B) Os oligodendrocitos, (ou células de Schwann, no sistema nervioso periférico) con poucas prolongacións, máis pequenos, actúan como mecanismo de defensa e protección das neuronas e producen un tipo de lipoproteína que envolve ás células nerviosas, denominada vaina de mielina. C) A microglía, composta por células derivadas dos monocitos, con capacidade de fagocitose, limpan o sistema nervioso de células mortas e fagocitan Más pequeño calquera patóxeno presente na súa contorna. Macrófagos: +grande de todos los fagos D) As células ependimarias teñen formas moi variadas e recobren os ventrículos cerebrais e o conduto central da medula espinal (función de revestimento). Tamén sintetizan o líquido cefalorraquídeo (función glandular) Conducto ependimario TECIDO MUSCULAR Está formado por células organizadas en fibras, capaces de contraerse e xerar forza ao facelo. Contribúen, por tanto, ao mantemento da postura e producen movemento e calor. Existen tres tipos principais: Late 60/min Mecanismo ingeniería proteica A) Tecido muscular estriado esquelético VOLUNTARIO Movimiento Sístole contrae B) Tecido muscular estriado cardíaco INVOLUNTARIO Siatema Electrico solo C) Tecido muscular liso INVOLUNTARIO TECIDO MUSCULAR ESTRIADO ESQUELÉTICO Está composto por fibras que conteñen bandas (estrías) claras e escuras dispostas perpendicularmente ao eixe lonxitudinal da fibra. Este tipo de tecido muscular pode contraerse ou relaxarse a vontade (conscientemente). A súa estrutura fibrosa confórmase polo acumulo en paralelo de multitude de fibras. TECIDO MUSCULAR ESTRIADO CARDÍACO Forma as paredes do corazón e, aínda que ten estriacións como o esquelético, a súa contracción non depende da vontade. Posúe un sistema de condución nerviosa específico que sincroniza o latido (a contracción) de todas as células musculares simultaneamente. TECIDO MUSCULAR LISO Está localizado nas paredes de estruturas ocas, como as vías respiratorias, os pulmóns, o tubo dixestivo, os condutos excretores, as vías urinarias e os vasos sanguíneos. A súa contracción permite, entre outras funcións, o avance do bolo alimenticio, a mobilización de fluídos no interior do organismo (secreción glandular), etc. Pupila del ojo Todos los tubos del cuerpo son tejido muscular liso a) Tecido muscular esquelético b) Tecido muscular liso c) Tecido muscular cardíaco TECIDO EPITELIAL Está formado por células poligonais amoreadas, distribuídas en capas continuas únicas ou múltiples. Posúen un extremo libre denominado apical (que da ao exterior, ou a unha cavidade orgánica) e un extremo basal pola que se une ao tecido conectivo mediante a lámina basal. As células epiteliais están unidas entre si de xeito moi firme, fixándose tamén de maneira moi sólida ao tecido conectivo sobre o que se apoian. Os epitelios son avasculares (non teñen vasos sanguíneos) e a súa nutrición procede do tecido conectivo. Os epitelios desempeñan diversas funcións (protección mecánica, inmunidade, termorregulación, absorción e eliminación de sustancias…), polo que se distinguen varios tipos principais. a) Epitelio de recubrimento: Pode tratarse dun epitelio simple, formado por unha soa capa de células (monoestratificado) se está nunha zona pouco exposta, ou composto, formado por múltiples capas (poliestratificado) se está en zonas de moito desgaste. As células destes epitelios poden ter distintas formas e en función delas podemos falar de epitelios escamosos (con células aplanadas, como escamas), cúbicos, cando as células son de forma cúbica, ou columnares cando teñen forma de columna. b) Epitelio glandular: As glándulas están formadas por células de tipo epitelial capaces de secretar sustancias. Existen dous tipos de glándulas: I. Glándulas endócrinas: O produto da súa secreción (hormonas) vértese ao sangue. II. Glándulas exócrinas: O produto da súa secreción (moco, sebo, cera, encimas dixestivas, suor…) vértese ao interior de cavidades ou superficies de recubrimento. Segundo a forma, as glándulas exócrinas poden ser: * Acinares: forma de uva e luz reducida * Alveolares: forma de saco, luz ampla * Tubulares: forma de tubo * Mixta Segundo o mecanismo: * Merocrinas (ecrinas): secretan o produto por exocitose, sen lesionar a membrana celular. As máis comúns *Apocrinas: A secreción libérase en vesículas rodeadas de membrana. Este proceso supón certa lesión celular, de rápida recuperación. * Holocrinas: A célula secretora vaise enchendo do produto de secreción e finalmente estoupa para liberalo 1. Apócrina 2. Holócrina 3. Merócrina/Ecrina Segundo a composición química: * Serosas: secreción rica en proteínas, habitualmente encimas. Ex: glándula parótide * Mucosas: Producen secreción mucosa. Ex: gl. Esofáxicas * Mixtas: Ambos tipos. Ex: glándula sublingual TECIDO CONECTIVO É o máis abundante no organismo, e o de distribución máis ampla. Serve para unir, xuntar ou suxeitar outros tecidos do corpo, para protexer e illar órganos internos e para compartimentar estruturas como os músculos. Serve, tamén, para almacenar enerxía en forma de tecido adiposo (un subtipo especial de tecido conectivo), e constitúe un sistema de transporte (considérase ao sangue un tipo de tecido conectivo líquido). O tecido conectivo está moi vascularizado e presenta unha innervación importante, excepto no caso dun tipo especial: a cartilaxe, que non ten vasos nin nervios. Está formado por tres elementos básicos: a) Sustancia fundamental: A sustancia fundamental (SF) é un material translúcido, extensamente hidratado e de consistencia xelatinosa, no que están inmersas as células e as fibras tisulares e outros compoñentes en solución. Funciona como un solvente que permite o intercambio de metabolitos (nutrientes e residuos) dunha célula a outra a través do espazo intersticial. b) Fibras (Coláxeno): As fibras coláxenas serven para resistir estiramentos e están presentes en todos os tipos de tecido conxuntivo, en particular os tendóns, os ligamentos e as fascias. c) Células: Aínda que algunhas delas son levemente móbiles (células libres), as células do tecido conxuntivo son esencialmente fixas e inmóbiles (células sésiles). 1. Fibroblastos. Células altamente basofílicas debido ao seu alto contido de Retículo Endoplasmático. Chamados fibrocitos no seu estado inactivo. 2. Adipocitos, ou células adiposas. Son células que almacenan graxa, constituíndo esta o máximo compoñente do seu citoplasma. 3. Macrófagos. Células do sistema inmune, tamén chamados histiocitos, con capacidade de fagocitar. Tecido óseo O tecido óseo é un subtipo especial de tecido conectivo. É, xunto co cartilaxinoso, o compoñente fundamental do sistema esquelético. Está constituído fundamentalmente por fosfato cálcico inorgánico e fibras de coláxeno tipo I, no seo do cal atópanse inmersas as células óseas. O tecido óseo pode ser de dous tipos: tecido óseo compacto e tecido óseo esponxoso. O tecido óseo compacto atópase na diáfise dos ósos longos, no exterior e interior dos ósos planos e en distintas zonas do resto dos ósos. Está constituído por capas concéntricas de laminas óseas que forman estruturas cilíndricas chamadas osteonas. No centro das osteonas atópanse os condutos de Havers por onde transitan os vasos sanguíneos e os condutos de Volkmann que serven para conectar varios condutos de Havers. A carón dos condutos de Havers, uns aneis concéntricos de sustancia fundamental, sales minerais, carbonato cálcico e fosfato cálcico, lle confiren a súa característica rixidez, ademais de fibras coláxenas, que lle proporcionan forza e certa elasticidade. Entre os aneis hai uns pequenos ocos que conteñen as células maduras do óso: os osteocitos. O tecido óseo esponxoso atópase nas epífises dos ósos longos e na rexión interior da maior parte dos demais ósos, incluíndo os ósos planos. O seu aspecto é diferente á do óso compacto, posúe laminas intersticiais que se dispoñen de forma irregular formando pequenos tabiques que se chaman trabéculas, os cales compoñen unha estrutura esponxosa en cuxos ocos atópase a medula ósea vermella. A medula ósea vermella é o lugar onde se forman as células constituíntes do sangue, o seu correcto funcionamento é esencial para o organismo. O sangue é un tipo de tecido conectivo con certas particularidades, posto que é líquido e non contén fibras nin substancia fundamental. Igual que outros tecidos conectivos presenta células inmersas nunha matriz extracelular. O sangue circula por todo o organismo a través do sistema cardiovascular e leva a cabo importantes funcións: a) Transporte de sustancias (nutritivas, gases, residuos, hormonas…) b) Defensa fronte a procesos patolóxicos (contén células e anticorpos do sistema inmunitario) c) Hemostase e coagulación (plaquetas e factores de coagulación) d) Termorregulación (mecanismos de vasodilatación-vasoconstrición) O volume de sangre dun adulto oscila entre os cinco e os seis litros. É unha mestura de dous compoñentes: unha fracción líquida denominada plasma (55%) e outra de elementos celulares (45%) de tres clases: glóbulos vermellos (hemacias ou eritrocitos), glóbulos brancos (leucocitos) e plaquetas (trombocitos). O plasma é a matriz extracelular líquida e está composta nun 90% de auga. O resto son proteínas como a albumina (a proteína máis abundante do sangue, con función de mantemento da presión osmótica), nutrientes como a glicosa, residuos como a urea, gases como o oxíxeno, electrólitos como o sodio ou sustancias reguladoras como as hormonas ou os factores de coagulación. O plasma sen os factores de coagulación recibe o nome de soro. Plasma Plaquetas y leucocitos Elementos figurados Eritrocitos Os elementos formes son o conxunto de células e derivados celulares e se dividen, como dixemos, en tres clases: A) Eritrocitos, hemacias ou glóbulos vermellos: Pequenos discos bicóncavos anucleados duns 7,5 micrómetros de diámetro. Non dispoñen das organelas habituais do resto de células, pero presentan un elemento característico, unha proteína denominada hemoglobina, que confire ao sangre o seu color vermello característico e é a encargada do transporte de oxíxeno e do dióxido de carbono. B) Leucocitos ou glóbulos brancos. Existen varios tipos que se clasifican segundo a presencia ou non de gránulos no seu citoplasma e das súas características na tinguidura. I. Granulocitos: Leucocitos con gránulos no seu interior. Divídense en tres tipos: * Neutrófilos: Os gránulos do seu citoplasma tínguense dunha color púrpura claro cos colorantes neutros, como a Giemsa. Denomínanse tamén Polimorfonucleares porque os seus núcleos presentan múltiples lóbulos. Son os leucocitos máis abundantes e o seu valor oscila entre o 60-70% do total de glóbulos brancos nunha mostra normal. Son células moi móbiles, o que lles permite desprazarse ou migrar cara o lugar da lesión tisular, e fagocitos moi activos. Os gránulos están cargados de potentes lisosomas con hidrolasas capaces de destruír os antíxenos fagocitados. * Eosinofilos: os seus numerosos gránulos intracitoplasmáticos son grandes e se tinguen de cor vermella-laranxa cos colorantes ácidos como a eosina. O seu núcleo soe ser bilobulado. Supoñen o 2-5% dos leucocitos circulantes. Son máis numerosos nalgunhas zonas susceptibles de inflamación crónica potencial, como no recubrimento dos sistemas respiratorio e intestinal. Son fagocitos débiles e destacan pola súa protección fronte a parasitos e pola súa intervención en procesos inflamatorios crónicos, así como en reaccións alérxicas. * Basófilos: Conteñen abundantes gránulos de gran tamaño que se tinguen de cor púrpura escura cos colorantes básicos como o azul de metileno. Son os leucocitos menos numerosos, representando tan só o 0,5-1% do volume total. O seu núcleo lobulado presenta unha característica forma de S pero soe quedar oculta polos gránulos. Estes conteñen unha gran variedade de sustancias entre as que destacan a histamina (sustancia química inflamatoria vasoactiva), a heparina (anticoagulante) e diversas encimas. Participan nas reaccións de hipersensibilidade, na resposta inmunitaria innata fronte a infeccións e na resposta fronte a parasitos. II.Agranulocitos: Carecen de gránulos intracitoplasmáticos e son de dous tipos: * Linfocitos: son os glóbulos brancos de menor tamaño. Son os agranulocitos máis comúns e constitúen en torno ao 25-40% do total de leucocitos. Polo xeral posúen un núcleo grande, esférico, rodeado por un citoplasma pequeno e redondeado que se tingue de azul claro. Pódense clasificar segundo a súa función en: ** Linfocitos T: participan na resposta inmunolóxica celular ou mediada por células. Os LT citotóxicos poden lisar células infectadas ou cancerosas. Os LT cooperadores colaboran cos linfocitos B inducindo unha resposta inmune fronte a antíxenos. Os LT reguladores ou supresores poden suprimir unha reacción inmunitaria influíndo sobre outras células defensivas e os linfocitos gamma/delta que aparecen principalmente nos epitelios con funcións defensivas e participación en enfermidades alérxicas e autoinmunes. **Linfocitos B: Participan na resposta inmunolóxica mediada por anticorpos. A súa función é a produción de anticorpos circulantes. Evolucionan a células plasmáticas. Algúns linfocitos T e B estimulados por un antíxeno poden diferenciarse nunha subpoblación de células de memoria capaces de sobrevivir durante anos, gardando información sobre o antíxeno co que interactuaron, permitindo unha resposta máis rápida e efectiva. O seu desenrolo é a base para o uso de vacinas como método preventivo fronte a procesos infecciosos. **Linfocitos NK: Natural killers. Responsables da inmunidade antitumoral e das células infectadas por virus. *Monocitos: son os leucocitos de maior tamaño. Representan un 2-10% do total. O seu núcleo é grande, escuro, polo xeral con forma de ferradura, rodeado por un citoplasma amplo de cor azul gris. Células con gran mobilidade e moi fagocíticas. Unha vez que o monocito abandona o torrente circulatorio cara os tecidos transfórmase en macrófago. C) Trombocitos ou plaquetas: Son fragmentos citoplasmáticos anucleados derivados doutras células, os megacariocitos. Son os elementos formes de menor tamaño (entre 2 e 4 µm de diámetro) e adoptan a forma de discos case incoloros. Forman parte do sistema hemostático e interveñen no proceso de coagulación. 4. SISTEMAS E APARATOS DO CORPO HUMANO A citoloxía encárgase do estudio das células. A histoloxía dos tecidos. E o estudio morfolóxico das estruturas macroscópicas do corpo humano denomínase anatomía. Hai varias maneiras de estudiar e explicar a anatomía: a anatomía sistemática estudia o corpo por sistemas e aparatos; a anatomía topográfica estudia o corpo por rexións; a anatomía radiolóxica, anatomía cirúrxica, anatomía artística… Un conxunto de tecidos que colaboran nunha mesma función desígnanse co nome do órgano. Sistema: É un grupo de órganos asociados que concorren nunha función xeral e están formados predominantemente polos mesmos tipos de tecidos. Por exemplo, o sistema nervioso. Aparato: É un grupo de sistemas que desempeñan una función común e máis ampla. Por exemplo o aparato locomotor, integrado polos sistemas muscular, esquelético, articular e nervioso. Os principais sistemas e aparatos do organismo humano son os seguintes: Sistema tegumentario: pel, pelo e uñas. Sistema nervioso: É unha rede de tecidos altamente especializada cuxo compoñente principal son as neuronas, células que se atopan conectadas entre si de maneira complexa e que teñen a propiedade de conducir, usando sinais electroquímicas, unha gran variedade de estímulos cara o resto dos tecidos, executando as funcións de control do organismo. Aparato locomotor: Conxunto dos sistemas esquelético, articular e muscular. Estes sistemas coordinados polo sistema nervioso permiten o movemento. O sistema óseo presta apoio estrutural e protección mediante os ósos. O sistema articular está formado polas articulacións e ligamentos asociados que unen o sistema esquelético e permite os movementos corporais. O sistema muscular executa os movementos a través dos órganos contráctiles denominados músculos. Aparato cardiocirculatorio: Conxunto dos sistemas cardiovascular e linfático. O sistema cardiovascular está formado polo corazón e os vasos sanguíneos (arterias, veas e capilares). O sistema linfático está formado polos capilares, vasos e ganglios linfáticos, o bazo, o timo e a medula ósea. Aparato respiratorio: Conxunto de órganos encargados de realizar o intercambio de gases entre o aire e o sangue. Está constituído polos pulmóns e as vías respiratorias. Aparato dixestivo: É o conxunto de órganos (boca, farinxe, esófago, estómago, intestino delgado e intestino groso) encargados do proceso da dixestión, é dicir, a transformación dos alimentos para que poidan ser absorbidos e utilizados polas células do organismo. Sistema endócrino: Conxunto de órganos e tecidos do organismo que liberan un tipo de sustancias chamadas hormonas. Está constituído por células especializadas e glándulas endócrinas. Actúa como unha rede de comunicación celular que responde aos estímulos liberando hormonas. Aparato xenital: Conxunto de órganos concibidos para a reprodución e síntese das hormonas sexuais. Sistema inmunitario: Conxunto de órganos, células e tecidos destinados a protexer o organismo fronte a axentes patóxenos externos. Aparato urinario ou excretor: Conxunto de órganos encargados da eliminación dos residuos nitroxenados do metabolismo a través da urina. 5. ANATOMÍA. EIXES E PLANOS A anatomía é o estudio das estruturas macroscópicas dun organismo. A anatomía topográfica ou rexional: organiza o estudio do corpo por rexións seguindo diversos criterios. A anatomía rexional tende a unha descrición máis global das relacións entre as diferentes estruturas compoñentes de una zona. A anatomía clínica ou funcional: pon énfase sobre o estudio da estrutura e a función en relación a situacións de índole médico-clínica (e outras ciencias da saúde). Aquí importan diferentes áreas como: a anatomía cirúrxica; a anatomía radiolóxica ou ecográfica en relación ao diagnóstico por imaxes; a anatomía morfoxenética que se relaciona coas enfermidades conxénitas do desenvolvemento; a anatomía patolóxica (estudia a anatomía dos tecidos vistos no microscopio), etc. A anatomía sistemática ou descritiva: esquematiza o estudio do corpo humano fraccionándoo nas mínimas partes constituíntes, e organizándoas por sistemas e aparatos. PLANO ANATÓMICO. POSICIÓNS No estudio da anatomía humana, os planos anatómicos son tres planos do espazo que conforman as referencias espaciais coas que se describen a disposición dos diferentes tecidos, órganos e sistemas, e as relacións que hai entre eles. Esas referencias deben partir dun suposto absoluto: o corpo que vai ser estudiado debe encontrarse nunha determinada posición, denominada posición anatómica. Denomínase Decúbito supino á posición deitada boca arriba.Denomínase Decúbito prono á posición deitada boca abaixo. Denomínase Decúbito lateral á posición deitada de lado. Denomínase Posición de Trendelemburg á posición deitada boca arriba coas pernas un pouco máis elevadas que a cabeza. Outras posicións son: Posición de Fowler: O paciente está semisentado na cama coa cabeceira elevada 45° (ángulo con respecto aos pés). Os xeonllos están flexionados. Emprégase para facilitar as actividades da vida diaria, tales como comer, ler, etc. cando o paciente presenta problemas respiratorios ou cardíacos, xa que facilita a expansión pulmonar. Posición de Sims ou semiprona: É intermedia entre as posicións de decúbito prono e decúbito lateral. O paciente está en decúbito lateral, o brazo inferior estendido por detrás do corpo, o brazo superior flexionado polo cóbado e próximo á cabeza. A perna inferior, semiflexionada a nivel do xeonllo e a perna superior tamén flexionada, pero á altura do cadril e xeonllo. O corpo está lixeiramente inclinado cara diante. Emprégase en persoas inconscientes, por se se produce o vómito, para evitar así a broncoaspiración (posición lateral de seguridade). Posición de antitrendelemburg ou Morestín ou Trendelemburg invertida: O paciente permanece en decúbito supino nun plano inclinado de 45° con respecto o chan, coa cabeza máis elevada ca os pés. Emprégase en pacientes con dificultade respiratoria, problemas de refluxo gastroesofáxico, ou para mellorar o rego ás extremidades inferiores. POSICIÓN ANATÓMICA A posición anatómica é aquela que, por convenio, empregamos para o estudio anatómico do corpo humano. No corpo humano vivo consiste no corpo erecto (de pé), coa cabeza e colo tamén erectos, mirando á fronte, cara diante, cos brazos estendidos cara abaixo, a cada lado do corpo, coas palmas das mans voltas cara diante (antebrazos en supinación), as puntas dos dedos mirando á fronte, as pernas estendidas e xuntas (en adución), e os nocellos e pés igualmente estendidos (no bico dos pés), coa punta do pé sinalando á fronte). En relación á cara, esta queda mirando á fronte. Nesta posición, o ventre (palma) de cada mano é de situación 'ventral' ou anterior, mirando cara diante, pero a planta de cada pé (ventre) mira cara atrás e é de posición dorsal ou posterior. Existe unha variante desta posición, propia das descricións forenses (autopsias). Nesta variante o cadáver atópase en posición de decúbito supino (deitado boca arriba). O que antes miraba cara diante agora mira cara arriba e o que antes miraba cara atrás mira agora cara abaixo. EIXES E PLANOS Partindo da posición anatómica defínense, en primeiro lugar, tres eixes, similares aos eixes dun gráfico. Os eixes son liñas (non planos): 1. O eixe vertical vai da cabeza aos pés: é un eixe 'cranio-caudal' ('cabeza-cola'). 2. O eixe transversal va de lado a lado: es un eixe latero-lateral. 3. O eixe anteroposterior va de diante a atrás: é un eixe ventro-dorsal. Dado que un plano delimítase con dúas liñas (dous eixes), os tres eixes delimitan aos tres planos do espazo. 1. O plano horizontal fórmase ao sumar os eixes anteroposterior e laterolateral e recibe o nome de plano transversal ou axial. O plano transversal é perpendicular ao eixe vertical e divide ao corpo nunha parte inferior (podálica ou caudal) e noutra parte superior (cranial ou cefálica). 2. O plano saxital, medial ou mediano está formado polos eixes anteroposterior e vertical. Este plano divide ao corpo en dúas metades simétricas, dereita e esquerda (é o único plano que o fai). Denomínanse Planos parasaxitais ou medianos aos planos paralelos ao plano medio saxital e non dividen en metades simétricas. 3. O plano coronal ou frontal está formado polos eixes transversal e vertical e divide ao corpo nunha parte ventral ou anterior e dorsal ou posterior. Eje Craneocaudal Plano Transversal (Axial) Eje Ante ha rop Eje rd a-derec (Dor osterior soven e Izqui ateral) tral) erol (Lat Plano nal Sagit ano Coro al Pl tal) (Fron TERMINOLOXÍA ANATÓMICA Situándonos de fronte ao suxeito anatómico obsérvanse os seguintes termos de orientación: Anterior ou ventral: Por diante del corpo (cara, ventre) Posterior ou dorsal: Por detrás (caluga, costas) Superior ou cranial: Todo o que no suxeito anatómico queda cara arriba. Inferior ou caudal: Todo o que no suxeito anatómico queda cara abaixo. Medial: Indica unha posición próxima ao eixe cranio caudal, ou ao plano saxital (á liña media do corpo). Lateral: Indica unha posición que se afasta da liña media. Externo: Significa fora de, e fai referencia ás superficies externas do corpo ou á posición máis afastada do interior dun órgano oco. Interno: Significa dentro de, e utilízase para falar de estruturas que se atopan dentro do corpo ou cerca da parte interior dun órgano oco. Superficial: Refírese ao que está máis cerca da superficie externa do corpo. Profundo: Utilízase para describir algo que está afastado da superficie. Proximal: Significa cerca do punto de unión da parte co corpo ou a liña media. Distal: Fai referencia a un punto máis afastado do punto de unión ou da liña media. E os seguintes termos de movemento: Flexión: Movemento de pregamento dunha articulación (diminúe o ángulo) Extensión: Movemento de extensión dunha articulación (aumenta el ángulo) Aproximación: Movemento de acercamento dunha extremidade ao tronco ou liña media. Denomínase tamén Adución. Separación: Movemento de afastamento dunha extremidade ao tronco ou liña media. Tamén se chama Abdución. Rotación: Movemento de xiro sobre o eixe lonxitudinal dunha articulación. Denomínase medial cando xira cara a liña media ou lateral se xira cara o exterior. No caso específico do antebrazo denomínanse Pronación e Supinación, respectivamente. Circundución: Movemento de recorrido circular pendular sobre o eixe lonxitudinal dunha extremidade. Elevación: Movemento de ascenso Depresión: Movemento de descenso Protrusión: Movemento de avance da mandíbula Retrusión: Movemento de retroceso da mandíbula Eversión: Movemento de abdución do nocello Inversión: Movemento de adución do nocello Oposición: Movemento de aproximación do primeiro dedo ao resto Reposición: Movemento de afastamento do primeiro dedo con respecto ao resto 6. REXIÓNS E CAVIDADES CORPORAIS Organización topográfica: O corpo humano divídese en cinco grandes rexións: cabeza, pescozo, tronco, extremidades superiores e extremidades inferiores. Cada rexión está organizada en distintas partes e presenta unhas cavidades naturais. CABEZA A cabeza está situada na parte superior do corpo e está formada por un armazón esferoidal de ósos planos denominado cranio que protexe ao encéfalo (a parte do sistema nervioso central que está dentro do cranio). Pivota sobre a columna vertebral (cervical) e exerce os movementos de rotación a través dos músculos do colo. Na parte anterior (dianteira) da cabeza, denominada macizo facial ou cara, atópanse outros órganos importantes que compoñen os órganos dos sentidos, como a vista, o oído, o equilibrio, o olfacto e o gusto. A parte superior da cabeza está cuberta de pel e, polo xeral, de pelo e a este conxunto denomináselle coiro cabeludo. A cabeza divídese, entón, en dúas zonas ben diferenciadas: o cranio e a cara ou macizo facial. En ocasións denomínase cranio ao conxunto de ósos que forman ambas partes (aínda que o nome correcto para esa estrutura sería caveira). O límite entre a cabeza e o colo correspondería a unha liña imaxinaria que iría desde o queixo por diante ata a protuberancia occipital externa por detrás. No seu percorrido atoparía aos lados, o ángulo da mandíbula e a apófise mastoides do óso temporal detrás da orella. O cranio está esencialmente constituído por oito ósos, catro pares e catro impares. Os catro impares son o frontal, o occipital, o etmoides e o esfenoides. Os catro pares son os dous parietais e os dous temporais. No macizo facial hai catorce ósos: 3 Maxilares (2 superiores e 1 inferior), 2 Palatinos, 2 Cigomáticos, 2 Ósos propios do nariz, 2 Cornetes, 2 Lacrimais e 1 Vómer. PESCOZO OU COLO É a parte do corpo que une a cabeza co tronco e permite a súa mobilidade. Está formado polas sete primeiras vértebras da columna (vértebras cervicais), que conforman a súa parte posterior, e por un grupo numeroso de músculos que o rodea. O seu límite superior demárcao a base do cranio e o inferior o borde superior do esterno e ambas cinturas escapulares. Ao seu través, e protexida polas vértebras pasa a medula espinal, que é a parte do sistema nervioso central que se atopa fóra do cranio; tamén atravesan o colo as vías respiratoria e dixestiva, e varios vasos importantes que irrigan a cabeza, procedentes do corazón como a arteria carótide, e a vea xugular. Na súa parte anteroinferior localízase unha importante glándula do sistema endócrino: a glándula tiroides. Na súa parte anterior e superior, próximas á superficie, localízanse algunhas estruturas óseas e cartilaxinosas que sosteñen e protexen a estrutura da farinxe. Os máis importantes son o óso hioides e o cartilaxe tiroides (vulgarmente chamado noz). Nas caras laterais localízanse unhas grandes cadeas ganglionares de fácil exploración por estar cerca da superficie. TRONCO Estrutura central do corpo humano, da que xorden o colo e as extremidades. Divídese en tres zonas principais, de arriba para abaixo: tórax, abdome e pelve. A súa parte posterior denomínase xenericamente lombo ou costas. LOMBO: O lombo é a parte posterior do tronco e se estende desde a base do colo ata a cintura pelviana. Sobre a liña medial proxecta na superficie as apófises espiñosas das vértebras que forman a columna vertebral dorsal (12 vértebras) e a columna lumbar (5). A ambos lados do seu terzo superior atópanse as rexións escapulares, que se corresponden coa escápula ou omoplata, óso posterior da cintura escapular de cada extremidade superior. TÓRAX: O tórax é a parte do corpo humano que está entre a base do colo e o diafragma. É a parte superior do tronco, e se atopa protexido por un armazón óseo delimitado polas vértebras dorsais, as costelas e o esterno e está separado do abdome polo músculo chamado diafragma. A ambos lados da parte superior do tórax únense as extremidades superiores ou brazos Contén ás vías aéreas (traquea, bronquios) aos pulmóns, ao corazón, ao esófago, e aos grandes vasos sanguíneos que saen e chegan ao corazón, como a arteria aorta ou a vea cava. No seu interior, entre ambos pulmóns, atópase un compartimento illado do entorno chamado mediastino. Subrexións torácicas anteriores: * Rexións axilares, correspondentes ás axilas * Rexións pectorais ou mamarias, unha en cada pectoral maior * Rexións claviculares, por riba das pectorais, correspondentes a ambas clavículas. * Rexión esternal, central, sobre a proxección cutánea do esterno Subrexións torácicas posteriores: * Rexións escapulares * Rexión vertebral dorsal ou torácica ABDOME O abdome é a parte do tronco situada entre o músculo diafragma e a pelve. Trátase dunha gran cavidade situada na porción media do tronco. Non posúe protección ósea, excepto as vértebras lumbares na súa parte posterior, e está rodeada de grandes grupos musculares, que o protexen e, ao mesmo tempo, dotan de flexibilidade ao tronco. Contén unha gran cantidade de órganos. Subrexións abdominais anteriores: Para comodidade na localización dos órganos abdominais, os anatomistas dividen o abdome en rexións imaxinarias, trazando dúas liñas verticais (liñas claviculares medias) e dúas horizontais (subcostal e intertubercular): * Rexión umbilical ou mesogastrio: É a zona media, arredor do embigo. Nesta rexión localízase principalmente o intestino delgado formando unhas pregaduras denominadas “asas”. * Hipogastrio: Por debaixo da rexión umbilical. En realidade é unha rexión a cabalo entre o abdome e a pelve. Aquí atopamos asas intestinais e, na muller, a parte superior do útero. *Epigastrio: Por riba da rexión umbilical. É a zona do estómago. * Flancos: son dous, un á dereita da rexión umbilical, é a rexión do colon ascendente; e outro á esquerda onde se localiza o colon descendente. * Fosas ilíacas onde están os ósos ilíacos. Son dous, a ambos lados do hipogastrio, unha á dereita, onde se atopan o cego e o apéndice; e outra á esquerda. É a rexión do colon sigmoide ou sigma. Nas fosas ilíacas localízanse, na muller, os anexos (ovarios e trompas de Falopio). * Hipocondrio dereito, por debaixo do reborde costal dereito, á dereita do epigastrio. Nesta rexión localízanse o fígado e as vías biliares. * Hipocondrio esquerdo, por debaixo do reborde costal esquerdo, á esquerda do epigastrio. Aquí está o bazo. Subrexións abdominais posteriores * Rexión vertebral lumbar * Rexión lumbar o renal * Rexión sacra * Rexións glúteas PELVE É a porción máis inferior do tronco. Trátase dunha cavidade protexida por un armazón óseo composto polo óso sacro, o óso cóccix (ou coxis) e os ósos coxais (ósos das cadeiras) que teñen tres partes: ilio, isquion e pube. Na parte superior (ou pelve maior) atópanse as asas intestinais máis inferiores, e na parte inferior (ou pelve menor) están a última porción do intestino groso denominada recto, a vexiga e, entre ambos, estruturas do aparato reprodutor: próstata e vesículas seminais no home e porción inferior do útero, ovarios e trompas na muller. EXTREMIDADES Son prolongacións alargadas e articuladas que saen do tronco, formadas fundamentalmente por estruturas óseas e musculares. Nos humanos, as extremidades teñen funcións concretas: * Membros ou extremidades superiores: Serven para coller e manexar obxectos e identificalos mediante o tacto. Conectan co tronco a través dunha articulación denominada cintura escapular (ombro), formada pola clavícula, a escápula e o úmero. Cada membro superior divídese en tres zonas: brazo, antebrazo, e man. Entre o brazo e o antebrazo existe una articulación denominada cóbado, que é a unión do úmero cos ósos do antebrazo: o cúbito e o radio. Entre o antebrazo e a man existe unha articulación denominada pulso. A man está formada por tres grupos de ósos: os máis proximais denomínanse xenericamente ósos do carpo e forman a estrutura ósea do pulso. A continuación distribúense cinco ósos longos denominados metacarpianos que constitúen a man propiamente dita. A cada un dos metacarpianos lle seguen un grupo de ósos cortos denominados falanxes que compoñen os ósos e permiten a súa mobilidade. *Membros ou extremidades inferiores: Serven para elevar o tronco e para deambular. Conectan coa pelve a través dunha articulación denominada cintura pelviana (cadeira) formada polo coxal e o fémur de cada lado. Cada extremidade inferior divídese en coxa, perna, e pé. Entre a coxa e a perna existe unha articulación denominada xeonllo, formada pola unión do fémur coa tibia e o peroné, e reforzada por un óso libre denominado rótula. Entre a perna e o pé existe unha articulación denominada nocello. Os ósos do pé que contribúen a esa articulación denomínanse xenericamente ósos do tarso. A continuación deles dispóñense cinco ósos longos denominados metatarsianos e finalmente as falanxes que conforman os dedos.