Summary

This presentation discusses various physical workplace hazards, such as noise, vibrations, temperature, and radiation, and their impacts on worker health. It also covers measures to prevent these risks. It includes vital information for workplace safety.

Full Transcript

TEMA 2. FACTORES DE RISCOS. RISCOS FÍSICOS Son distintas formas de enerxía que, xeadas por determinadas fontes, poden afectar aos que estén baixo o seu radio de acción. Poden ser de orixe mecánico, térmico ou electromagnético, dando lugar a efectos moi distintos entre sí. Son: Ruí...

TEMA 2. FACTORES DE RISCOS. RISCOS FÍSICOS Son distintas formas de enerxía que, xeadas por determinadas fontes, poden afectar aos que estén baixo o seu radio de acción. Poden ser de orixe mecánico, térmico ou electromagnético, dando lugar a efectos moi distintos entre sí. Son: Ruído. Iluminación. Vibracións. Temperatura. Radiacións. Electricidade. Ruído É un dos axentes físicos máis extendidos dentro do ámbito laboral. Pode producir na saúde dos traballadores danos no aparato auditivo, alteracións fisiolóxicas e, incluso, psicolóxicas. O ruído se mide en dB e a media permitida nunha xornada é de 87dB e o nivel máximo que non se pode pasar nunca é de 140dB. Xeralmente o ruído provoca problemas auditivos como a xordeira pero tamén pode provocar no sistema dixestivo, cardiovascular, respiratorio ou no sistema nervioso central. Hai varios tipos de medidas fronte o ruído pero a máis común é a utilización dos EPIS como tapóns ou cascos. VIBRACIÓNS Unha vibración é un movemento oscilatorio das partículas dun corpo respecto a unha posición de referencia. O número de oscilacións por segundo é a frecuencia. (é medida en Hertzio). As vibracións poden afectar ao corpo enteiro ou ao eixo man-brazo. (dentro do eixo man-brazo está o síndrome de Ryanaud, enfermidade dos vasos sanguíneos caracterizada por provocar perda de sensibilidade nas máns en unha cor branca nas mesmas) As vibracións poden ser de moi baixa frecuencia(1Hz), de baixa frecuencia(2-20Hz) ou de alta frecuencia(20-100Hz) As vibracións teñen consecuencias negativas na saúda das persoas traballadoras que van desde mareos ou vómitos hasta artrose) A prevención máis eficaz e reducir a exposición das persoas traballadoras a través da adquisición de máquinas autónomas ou quendas reducidas. ILUMINACIÓN É un factor ambiental de gran importancia no traballo, porque unhas condicións adecuadas de iluminación fan que aquel se realice de forma eficaz e segura. A iluminación será diferente dependendo do tipo de traballo e a esixencia visual do mesmo. Sempre será preferible luz natural, cando non sexa posible a luz artificial debe iluminar o entorno de forma uniforme e indirecta. Limpar as fontes de luz de forma habitual axuda a que unas boas condición de traballo se manteñan. O CALOR Cando o calor afecta ao organismo humano, empezan a actuar os mecanismos da termorregulación, cuxo obxectivo é manter baixo control a temperatura interna do corpo. Comeza o proceso de sudoración cos riscos de deshidratación que este proceso conleva. Tamén se pode chegar ao colapso cardíaco ou ao síncope debido a unha temperatura excesiva de traballo. As medidas preventivas son tentar que as persoas traballadoras non estean expostas a temperaturas extremas e no caso de non ser posible proporcionar roupa axeitada, quendas pequenas e hidratación constante. O FRÍO En ambientes con baixa temperatura debe conservarse o calor do corpo para manter a temperatura do cerebro e asegurar o adecuado rego sanguíneo das extremidades. Os vasos sanguíneos que regan a pel e as extremidades se contraen para reducir a perda de calor do ambiente. O corpo empeza a tiritar, o que aumenta o ritmo de produción de calor. Unha prolongada exposición ao frío pode producir a conxelación e a hipotermia. Como medidas preventivas utilizaremos a exposición controlada e as quendas reducidas cunha axeitada roupa de traballo que protexa fronte ao frío. A ELECTRICIDADE É unha das formas de enerxía máis utilizada. Os efectos da electricidade sobre a saúde poden ir desde unha caída ata a norte por asfixia, a tetanización muscular, o paro cardíaco… A maior ou menor gravidade dependerá da intensidade da corrente e do tempo de exposición á mesma. Para protexer utilizaremos tódolos EPIS precisos coma luvas ou ferramentas con goma e trataremos de seguir os pasos necesarios, sempre tentando traballar sen corrente cando sexa posible. RADIACIÓNS As radiacións son ondas e partículas electromagnéticas emitidas por determinadas materias. Algunhas se producen de forma natural, como a radiación solar, e outras se producen artificialmente. Constitúen un risco amplamente estendido, tanto na vida laboral como cotidiá. As radiacións poden ser: Non ionízantes. Non son capaces de ionizar partes do noso corpo, e aínda que os seus efectos son menos perigosos que os das radiacións ionizantes, non deixan de producir efectos adversos para a saúde. Ionízantes. Son capaces de ionizar células do noso corpo e producen efectos de suma gravidade para o noso organismo. RISCOS PSICOSOCIAIS Os riscos psicosociais no traballo son aqueles relacionados coa saúde mental das persoas traballadoras. Segundo a OMS é unha das ameazas principais do século XXI xa que na actualidade constitúen ao menos o 30% das baixas laborais e das enfermidades relacionadas co traballo. É un gran reto posto que aínda non temos unha concepción xeral destes riscos e estamos un pouco atrasados no seu tratamento e prevención como país. Os riscos psicosociais tratados neste tema serán o estrés, o mobbing e a adicción ao traballo. ESTRÉS O primeiro que hai que dicir do estrés e que non é precisamente algo malo para o ser humano. O estrés e unha resposta evolutiva que nos proporciona un elevado nivel de actividade cando requirimos un extra de enerxía para solucionar unha tarefa. O estrés pasa a ser negativo cando se cronifica e as persoas traballadoras pasan a sentir estrés en momentos onde non requiren de esa enerxía extra posto que non están levando a cabo ningunha tarefa. No traballo os factores que máis poden elevar os niveis de estrés son a cultura da empresa, o clima laboral e a organización do traballo. A prevención do estrés vai encamiñada a facer que o traballo e o entorno laboral non sexan factores determinantes na aparición do estrés negativo e a axudar en caso de aparición. As recomendación son pedir axuda cando a persoa sinte que non pode con todo, falar co entorno laboral e expoñer a situación que pode estar causando estrés para tentan solucionala e facer autoavaliacións constantes para anticiparse á enfermidade. Tamén desde a empresa pode fomentarse estilos de vida saudables que favorecen a prevención dunha enfermidade psicosocial como é o estrés. MOOBING A Unión Europea na Resolución con data 14 de maio de 2001, define mobbing como o “comportamento negativo entre compañeiros ou entre superiores ou inferiores xerárquicos, a causa do cal o afectado é obxecto de acoso e ataque sistemático durante moito tempo, de maneira directa ou indirecta, de parte de unha ou máis persoas, co obxectivo e/ou efecto de facerlle o vacío”. A incidencia poblacional do mobbing se calcula que se atope entre o 10% e o 15% do total dos traballadores en activo. O mobbing pode ser directo, con agresións de tipo intimidatorio, que a súa vez poden incluír ofensas verbais: ou indirecto, como o illamento ou a exclusión social. Dada a súa conceptualización, Leymann identificou 45 comportamentos que se dan no proceso de mobbing, e os agrupou en 5 categorías diferentes: - Impedir ás vítimas que se expresen. - Illar á vítima. - Desacreditar á vítima no seu traballo. - Menospreciar á vítima diante dos seus compañeiros. - Comprometer a saúde da vítima. En todo caso, e como sinala a doutrina xudicial, hai que ter en conta catro elementos esenciais que caracterizan o mobbing: - Persecución. - Violencia extrema. - Prolongación no tempo. - Finalidade de danar física ou psicoloxicamente ao traballador. ADICCIÓN A definición do dicionario é: Hábito de condutas perigosas ou de consumo de determinados produtos, en especial drogas, e do que non se pode prescindir ou resulta moi difícil facelo por razóns de dependencia psicolóxica ou incluso fisiolóxica. Resulta insuficiente posto que non fala das causas nin das consecuencias e é unha definición bastante vaga. DEFINICIÓN AMERICAN SOCIETY OF ADDICTION MEDICINE Segundo a ASAM, a adicción é unha enfermidade primaria e crónica de recompensa cerebral, motivación, memoria e circuitos relacionados. A disfunción nestes circuitos conduce a manifestacións biolóxicas, psicolóxicas, sociais e espirituais. Esto está reflexado nun individuo que persigue patolóxicamente a recompensa e / ou o alivio mediante o uso de substancias e outras condutas. A adicción se caracteriza pola incapacidade de manter a abstinencia, o deterioro no control da conduta, o desexo, a diminución do recoñecemento de problemas significativos nos comportamentos e as relacións interpersonais, e unha resposta emocional disfuncional. Ao igual que outras enfermidades crónicas, a adicción a menudo implica ciclos de recaída e remisión. Sen tratamento ou participación en actividades de recuperación, a adicción é progresiv a e pode resultar en discapacidade ou morte prematura. SÍNTOMAS Perda do interese en aficións ou actividades que antes eran moi importantes. Cambios no peso. Alteracións bruscas no estado de ánimo. Irritabilidade. Ira e nerviosismo do adicto cando alguén lle plantexa que realmente sexa un adicto. Debilidade e dificultade para conciliar o soño. Cadros de ansiedade, estrés ou depresión. GRAOS DE ADICCIÓN Para diagnosticar o trastorno por consumo de substancias debe cumprirse dos criterios dos seguintes, durante 12 meses: Uso perigoso. Problemas sociais ou interpersoais relacionados có consumo. Incumprimento dos principais roles polo seu consumo. Síndrome de abstinencia (tamén para o cannabis). Tolerancia, uso de maior cantidade de substancia ou máis tempo. Intentos repetidos de deixalo ou controlar o consumo. Empregar máis tempo do que se pensaba en actividades relacionadas có consumo. Ter problemas físicos ou psicolóxicos relacionados có consumo. Deixar de facer outras actividades debido ao consumo. Se clasifica en tres graos de severidade, segundo o número de criterios que cumpra: leve (2- 3), moderado (4-5) e grave (6 ou máis). WORKAHOLICS A adicción ao traballo non solo resulta ser un aspecto que entorpece a nosa plenitude diaria, senón que é unha enfermidade potencialmente perigosa, como calquera adicción. É importante distinguir que non se trata de pasar moito tempo no traballo, algo que lle pasa a moitos, senón que os “Workaholics” ou adictos ao traballo, converten o traballo nunha vía de escape. O equilibrio psicolóxico dunha persoa pasa, entre outros factores, por un uso correcto do seu tempo e unha diversificación de intereses vitais. Pero o mundo de hoxe está dominado obsesivamente polo traballo –e o medo a perdelo– e polo desexo de éxito profesional. O laboral é tan omnipresente na vida da maioría das persoas que moitas temen os momentos de ocio como se tiveran que afrontar un vacío existencial. A maioría dos estudos sosteñen que as características dun workaholic, unha persoa con adicción ao traballo, poden agruparse nas seguintes categorías: Tendencias compulsivas: traballan intensamente e teñen dificultades para relaxarse. Necesidade de ter o control total. Incapacidade para delegar tarefas e para traballar en equipo. Os demáis non o van a facer tan ben, o teño que facer todo eu. Malestar intenso cando non obtén o rendemento esperado, non controla a situación ou as cousas non son como el esperaba. Escasas relacións interpersonais cós compañeiros. Autovaloración centrada no traballo e non no resto da súa vida. Se puntúan segundo como foi a súa xornada laboral e polos éxitos ou fracasos alcanzados no seu emprego. Habitualmente non é recoñecida polo propio adicto, sendo a familia quenes o detectan, debido ao exceso de tempo que dedica ao traballo e a súa compulsividade. Tempo que resta á familia, e ésta acaba creando un tipo de vida ao marxe do adicto. RISCOS BIOLÓXICOS Os axentes biolóxicos son seres vivos (bacterias, vermes) ou estruturas biolóxicas (virus) que ocasionan enfermidades de tipo infeccioso ou parasitario ao penetrar no organismo. Os axentes biolóxicos poden penetrar no organismo de igual forma que os contaminantes químicos, é dicir, por vía inhalaría, dixestiva, dérmica e parenteral. Poden ser virus, bacterias, fungos, protozoos e vermes. VIRUS Organismos de estrutura moi sinxela que para reproducirse necesitan dun hóspede. Exemplos: Gripe, tifus, coronavirus, sida. Os virus son como secuestradores. Invaden as células vivas e normais e as usan para multiplicarse e producir outros virus coma eles. BACTERIAS Microorganismos unicelulares que poden vivir nun medio sen necesidade dun hóspede. Exemplos: Tétanos, Tuberculose, disentería… As bacterias infecciosas se reproducen rapidamente dentro do corpo e poden provocar enfermidades. Moitas despiden substancias químicas chamadas toxinas, que poden danar os tecidos e así causan enfermidades. PROTOZOOS Organismos unicelulares ou pluricelulares. Exemplo: Amebiasis, toxoplasmosis. Os protozoos fan que os humanos se enfermen cando se volven parasitos de humanos. O protozoo Trypanosoma causa a enfermidade de Chagas e a enfermidade do sono. O protozoo Giardia causa giardiasis e o protozoo Plasmodium causa malaria. FUNGOS Microorganismos vexetais parasitarios que tamén poden vivir en materias orgánicas en descomposición. exemplos: Tiña, Micosis, pe de atleta… As infeccións por fungos como a meninxite e as infeccións sanguíneas son menos comúns que as que se producen na pel e os pulmóns, pero poden ser mortais. VERMES Organismos de vida libre ou parasitos. Exemplos: Trematodos, cestodos… A obstrución ata pode perforar a parede intestinal ou o apéndice, o que causa sangrado interno (hemorraxia) ou apendicites. Obstrución de conduto. Nalgúns casos, os vermes poden bloquear os estreitos condutos do fígado ou do páncreas, o que causa dor intensa. PREVENCIÓN A transmisión dos axentes biolóxicos no traballo se produce polo contacto con persoas, animais ou obxectos contaminados. As medidas para prever o risco biolóxico son: Non comer, beber e fumar en zonas de traballo. Uso de equipos de protección (luvas e máscaras). Utilización de produtos antisépticos para limpar mans e ollos. Procedementos escritos sobre a manipulación de produtos perigosos. Permitir ao traballador dez minutos dentro da xornada laboral para o seu aseo persoal. Non mesturar a roupa de traballo coa da rúa. Desinfección da roupa de traballo e os equipos de protección persoal por parte da empresa. Vacinación. RISCOS QUÍMICO S Os axentes químicos son materia inerte que, en forma de gas, vapor ou aerosoles, fibras, polvos, fumes ou néboas presentes na atmosfera de traballo, poden penetrar no organismo e alterar a saúde dos traballadores. Os axentes químicos penetran no organismo a través de diferentes vías, como poden ser a pel, a respiración ou a inxestión, ou a través de feridas ou cortes, producindo danos á saúde cando o organismo as absorbe en determinadas doses. Os efectos dos axentes químicos sobre o corpo humano poden ser: Irritantes: producen irritacións da pel ou mucosas (halóxenos, ozonos,...). Asfixiantes: aqueles que impiden ou dificultan o subministro de osíxeno ata as células (monóxido de carbono, butano, metano, nitróxeno, chumbo...). Anestésicos: desprazan o osíxeno. Producen somnolencia, perda de reflexos e de coñecemento (disolventes industriais, acetona, propano...). Corrosivos: producen a destrución dos tecidos sobre os que actúan (ácidos, álcalis...). Sensibilizantes: Producen reaccións alérxicas (formaldehido, fibras vexetais, polvo de madeira...). Canceríxenos, mutáxenos e teratóxenos: producen cáncer, alteracións no feto durante o desarrollo embrionario e modificacións hereditarias (arsénico, amianto, benceno, cadmio, níquel, fibras vexetais, polvo de madeira...). Sistémicos: producen alteracións sobre diversos órganos: sistema nervioso central, ril (mercurio, magnesio, cadmio, manganeso, chumbo e os seus derivados...). Neumoconióticos: substancias en forma de polvo ou fumes que actúan a través da súa acumulación no pulmón (silicatos, asbestos, amianto, ferro, aluminio...). Medidas preventivas e de protección fronte aos axentes químicos Sobre o foco Sobre o medio Sobre o receptor Substitución de Limpeza Formación e produtos información Illamento do proceso Ventilación Pechar en cabinas Mantemento Mantemento Rotación persoal Modificación do Sistemas de alarma EPIS proceso Selección de equipos Aumento da distancia Control médico axeitados entre o foco e o receptor RIESGOS ORGANIZATIVOS CONDICIÓNS DE SEGURIDADE NOS LUGARES E ESPAZO DE TRABALLO O Real Decreto 486/1997 sobre condicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo, considera que son lugares de traballo os locais, os corredoiros, as escaleiras, as vías de circulación, os servizos hixiénicos, os vestiarios, os comedores, as zonas de descanso e os locais de primeiros auxilios. Os principais riscos debidos á falta de condicións de seguridade nos lugares de traballos son: As caídas de persoas, ao mesmo e distinto nivel. Os choques contra obxectos móbiles e inmóbiles. Os atrapamentos, cortes e proxeccións de partículas. ERGONOMÍA A ergonomía é unha ciencia interdisciplinaria que estuda a forma de adecuar o medio de traballo ás características dos traballadores, facendo o traballo máis seguro e confortable e mellorando a produtividade e o rendemento. Nalgúns traballos hai que transportar cargas manualmente e poden producirse sobre esforzos, que consisten en que o esforzo sobre pasa a capacidade de funcionamento normal do noso organismo e provoca danos dorso-lumbares. Por isto, para elevar, empurrar ou desprazar cargas manualmente se debe manter o tronco dereito, de modo que a carga estará simétrica e pegada ao corpo. Na postura de traballo na posición sentada a cadeira debe ter o asento e o respaldo regulables en altura e en ángulo de inclinación. Os mandos de regulación deben ser seguros e fáciles de manipular. A base de apoio será estable e consistirá en cinco patas con rodas que permitan o xiro e os desprazamentos. Sempre é convinte que dispoña de repousabrazos para descansar os ombreiros e os brazos. O asento da cadeira debe ter unha superficie case plana e o borde dianteiro redondeado para evitar a compresión das coxas, debe estar recuberto cun material transpirable, flexible e acolchado. O plano de traballo ou a mesa debe permitir manter o tronco erguido fronte ao plano de traballo e o máis cerca posible do mesmo, de maneira que os cóbados e os xeonllos formen un ángulo de 90°. A altura da mesa debe estar ao nivel de apoio dos cóbados, en posición erguida e cos ombreiros relaxados. O uso dun repousapés permite o axuste da cadeira á mesa e favorece a circulación sanguínea.

Use Quizgecko on...
Browser
Browser