🎧 New: AI-Generated Podcasts Turn your study notes into engaging audio conversations. Learn more

Ordenanza Municipal de Protección contra Incendios Coruña.pdf

Loading...
Loading...
Loading...
Loading...
Loading...
Loading...
Loading...

Full Transcript

ORDENANZA MUNICIPAL INCENDIOS DA CORUÑA DE PROTECCIÓN CONTRA ÍNDICE EXPOSICIÓN DE MOTIVOS CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1. Obxecto Artigo 2. Ámbito de aplicación Artigo 3. Informes do Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S.) Artigo 4. Actividades inspectoras do...

ORDENANZA MUNICIPAL INCENDIOS DA CORUÑA DE PROTECCIÓN CONTRA ÍNDICE EXPOSICIÓN DE MOTIVOS CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1. Obxecto Artigo 2. Ámbito de aplicación Artigo 3. Informes do Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S.) Artigo 4. Actividades inspectoras do Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S.) Artigo 5. Obrigas das persoas titulares das actividades CAPITULO II. DISPOSICIÓINS ESPECÍFICAS Artigo 6. Instalación e equipos contra incendios Artigo 7. Condicións complementarias das establecidas no Código Técnico da Edificación Artigo 8. Condicións especiais para edificios de grande altura Artigo 9. Condicións complementarias para os establecementos de uso industrial Artigo 10. Condicións específicas que deben cumprir os soares, parcelas, fincas, terreos sen edificar e rústicos, para previr os incendios e evitar a súa propagación Artigo 11. Condicións específicas que deben cumprir as instalacións vinculadas á celebración de actividades extraordinarias, recreativas e espectáculos públicos de carácter temporal Artigo 12. Condicións específicas para os establecementos destinados a ocio infantil que conteñan atraccións de xogo compostas por estruturas de varios niveis e percorridos intrincados Artigo 13. Plan de autoprotección Artigo 14. Dotación mínima permanente do Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S.) CAPÍTULO III. RÉXIME SANCIONADOR Artigo 15. Infraccións Artigo 16. Responsabilidade Artigo 17. Infraccións leves, graves e moi graves Artigo 18. Sancións Artigo 19. Prescrición das infraccións e sancións Artigo 20. Vinculación coa orde xurisdiccional penal Artigo 21. Órganos competentes DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS DISPOSICIÓN FINAL ANEXOS EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A prevención e extinción de incendios é unha competencia propia municipal de prestación obrigatoria para os que teñan unha poboación superior a 20.000 habitantes (artigos 25.2.f e 26.1.c da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local). O Concello da Coruña desenvolve esta obriga a través da presente ordenanza, a cal, desde o respecto estrito á lexislación do estado e a comunidade autónoma, permítelle a este Concello, a través do do Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S.), cumprir a obriga encomendada. Por cuestión de técnica normativa, a ordenanza limítase a incorporar esixencias complementarias ás establecidas na vixente normativa estatal de protección contra incendios e a realizar as adaptacións precisas para a aplicación da mesma ás peculiaridades deste municipio. En particular, esta ordenanza completa e adapta as disposicións referidas ás esixencias básicas de seguridade en caso de incendio (SE) e seguridade de utilización e accesibilidade (SUA) do código técnico de edificación (Real Decreto 314/2006, de 17 de marzo); á seguridade contra incendios en establecementos industriais (Real decreto 2267/2004, de 3 de decembro); á regulación das instalacións de protección contra incendios (Real Decreto 513/2017, de 22 de maio); ás disposicións referidas aos espectáculos públicos e actividades recreativas da Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade de Galicia; aos plans de autoprotección, no marco da regulación contida no Decreto 171/2010, de 1 de outubro, sobre plans de autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia e no Real decreto 393/2007, de 23 de marzo, polo que se aproba a Norma Básica de Autoprotección dos centros, establecementos e dependencias dedicados a actividades que podan dar orixe a situacións de emerxencia; e á ordenanza municipal reguladora dos procedementos para a intervención e control na execución de obras, implantación de instalacións e actividades ou servizos. O obxectivo da ordenanza é manter o nivel de seguridade da cidadanía, potenciando a prevención e a autoprotección cidadá, para tratar de evitar que se produzan os incendios e para limitar os seus efectos cando sucedan. Nomeadamente, a ordenanza contén previsións respecto de: - As instalacións, co fin de darlles unha maior funcionalidade e aproveitamento para os servizos de extinción de incendios. - A autoprotección cidadá, establecendo un catálogo municipal de edificios, establecementos ou actividades que deben dispoñer do seu propio plan de autoprotección; con previsión de prazos para que todos os edificios con licenza concedida se adapten á normativa; e con medidas dirixidas á formación dos equipos de emerxencia e a realización de simulacros anuais que poñan de manifesto a idoneidade dos plans de autoprotección. - O desenvolvemento das disposicións contidas na Lei 9/2013, de 19 de decembro, de emprendemento e da competitividade económica de Galicia, respecto de actividades, espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter extraordinario, en especial os que requiran a instalación de escenarios e estruturas móbiles. - A presencia dun retén mínimo do Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S.) naqueles eventos en que pola súa ocupación requiran unha resposta ante unha emerxencia. A ordenanza estrutúrase en tres capítulos, catro disposicións transitorias, unha disposición final e nove anexos. O capítulo primeiro (artigos 1 a 5) contén as disposicións xerais: o obxecto da ordenanza e o seu ámbito de aplicación; as funcións do S.E.I.S. referidas á emisión de informes e a actividade inspectora; e as obrigas das persoas titulares das actividades afectadas por esta ordenanza. O capítulo segundo (artigos 6 a14) regula as disposicións específicas que complementan as establecidas na normativa estatal e autonómica. O capítulo terceiro (artigos 15 a 21) establece as regras aplicables ao réxime sancionador. A regulación complétase con catro disposicións transitorias, que garanten unha aplicación adecuada da ordenanza a edificios, locais e establecementos autorizados con anterioridade á súa entrada en vigor; e unha disposición final, que establece a entrada en vigor da norma aos quince días da súa publicación no BOP. Os nove anexos que acompañan á norma recollen as especificidades respecto de: instalación e equipos de protección contra incendios (anexo I); condicións complementarias das establecidas no código técnico de edificación (anexo II); condicións especiais para edificios de grande altura (anexo III); condicións complementarias para os establecementos de uso industrial (anexo IV); condicións específicas que deben cumprir os soares, parcelas, terreos sen edificar e terreos rústicos, para previr os incendios e evitar a súa propagación (anexo V); condicións específicas que deben cumprir as instalacións de actividades extraordinarias de espectáculos públicos, deportivos ou recreativos de carácter temporal (anexo VI); condicións específicas que deben cumprir os establecementos de lecer infantil que conteñan atraccións de xogo compostas por estruturas de varios niveis e percorridos intrincados (anexo VII); plan de autoprotección (anexo VIII); e a dotación mínima permanente dun retén do Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (anexo IX). CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1. Obxecto 1. A presente ordenanza municipal ten por obxecto establecer as condicións de protección contra incendios que deben cumprir as edificacións, locais e establecementos do termo municipal da Coruña, así como as actividades recreativas e espectáculos públicos que se celebren no mesmo, co fin de garantir a seguridade das persoas e os seus bens, reducir mediante a prevención as posibilidades de que se produzan incendios, facilitar no seu caso a intervención do Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S.) e adoptar as medidas correctoras que correspondan en caso de incumprimento. 2. As esixencias recollidas nesta ordenanza son complementarias das establecidas na normativa estatal e autonómica que resulte de aplicación e das reguladas na ordenanza municipal reguladora dos procedementos para a intervención e control na execución de obras, implantación de instalacións e actividades ou servizos. Artigo 2. Ámbito de aplicación Esta ordenanza será de aplicación no termo municipal do Concello da Coruña a: a) os proxectos e obras de nova construción e actividades de implantación regulados pola ordenanza municipal reguladora dos procedementos para a intervención e control na execución de obras, implantación de instalacións e actividades ou servizos; b) as obras de reforma, ampliación ou cambio de uso en edificios, establecementos e actividades xa existentes, nos termos establecidos na disposición transitoria desta ordenanza; c) os espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter extraordinario que deban contar coa previa autorización municipal segundo o recollido na Lei 9/2013, de 13 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia. Artigo 3. Informes do Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S) 1. O Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S.) intervirá na tramitación dos expedientes que teñan por obxecto os referidos no artigo anterior a través de informes técnicos. 2. Será preceptiva a emisión de informe técnico favorable do Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S): a) para a concesión de licencia municipal respecto de edificios, establecementos ou instalacións que estean comprendidas dentro do catálogo municipal de plans de autoprotección, segundo figura no anexo VIII desta ordenanza; b) para a concesión de licenza ou autorización respecto de espectáculos públicos e actividades recreativas ou deportivas que a precisen segundo o art. 41 da Lei 9/2013, de 13 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia; c) para a instalación de hidrantes á rede pública de augas. 3. Ademais, o departamento municipal encargado da instrución dos expedientes de concesión de licenzas e/ou autorizacións poderá solicitar informe ao Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S) nos casos en que o considere oportuno pola complexidade de evacuación, aumento de risco, manifesto perigo ou outras circunstancias singulares que se deduzan do expediente. Artigo 4. Actividades inspectoras do Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S) 1. O Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S) poderá realizar inspeccións para a comprobación das condicións de protección contra incendios nos edificios, locais, establecementos, instalacións, espectáculos públicos ou actividades recreativas nos termos dispostos nesta ordenanza. 2. O persoal do S.E.I.S. poderá realizar as probas, comprobacións e toma de mostras que considere necesarias. Se, como resultado das inspeccións realizadas, se observasen incumprimentos do establecido nesta ordenanza, concederase á persoa interesada un prazo para determinar e executar as medidas correctoras, que deberán ser informadas favorablemente polo S.E.I.S. 3. O persoal do S.E.I.S. que exerza funcións de inspección estará autorizado para acceder a calquera establecemento suxeito á presente ordenanza. Artigo 5. Obrigas das persoas titulares das actividades 1. As persoas titulares das actividades deberán ter dispoñible para a súa exhibición, no caso de que lles sexa requirida, a correspondente licenza municipal, o certificado da instalación contra incendios por unha empresa homologada ou o contrato de mantemento das instalacións de protección contra incendio e, se é o caso, o certificado de posta en marcha (para actividades industriais) e o seu plan de emerxencia ou autoprotección. 2. As persoas titulares das actividades deberanlle proporcionar ao Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S) todos os datos e documentos referentes ás condicións de seguridade e protección contra incendios que lle sexan requiridos para o desenvolvemento dos seus labores de prevención, inspección e intervención en caso de sinistro. 3. As persoas titulares das actividades deberanlle comunicar ao Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S) calquera incendio que se produza no seu recinto, local ou instalación aínda que non se requirise a súa intervención, informando das súas causas e consecuencias e facilitando as visitas de inspección e investigación que resulten necesarias. 4. Naqueles casos nos que, pola singularidade ou características especiais da actividade, non exista nada regulado sobre ela no articulado desta ordenanza nin en ningunha outra normativa legal que lle sexa de aplicación, sexa tecnicamente inviable a súa execución, ou sexa incompatible coa seguridade e características aludidas, a persoa titular da actividade poderá achegar solucións alternativas que obteñan niveis de seguridade equivalentes aos establecidos. Estas solucións deberán estar suficientemente fundamentadas e xustificadas técnica e documentalmente. CAPÍTULO II. DISPOSICIÓNS ESPECÍFICAS Artigo 6. Instalación e equipos contra incendios As edificacións, locais e establecementos aos que resulte de aplicación esta ordenanza deberán cumprir as condicións referidas a instalación e equipos contra incendios recollidas no anexo I desta ordenanza. Artigo 7. Condiciones complementarias das establecidas no Código Técnico da Edificación As edificacións, locais e establecementos aos que resulte de aplicación esta ordenanza deberán cumprir as condicións complementarias das establecidas no Código Técnico da Edificación recollidas no anexo II desta ordenanza. Artigo 8. Condicións especiais para edificios de gran altura As edificacións de grande altura deberán cumprir as condicións especiais recollidas no anexo III desta ordenanza. Artigo 9. Condicións complementarias para os establecementos de uso industrial Os establecementos de uso industrial deberán cumprir as condicións complementarias das previstas no regulamento de seguridade contra incendios aprobado por Real Decreto 2267/2004, e 3 de decembro, recollidas no anexo IV desta ordenanza. Artigo 10. Condicións específicas que deben cumprir os soares, parcelas, fincas, terreos sen edificar e rústicos, para previr os incendios e evitar a súa propagación Serán obrigatorias as condicións específicas que deben cumprir os solares, parcelas, fincas, terreos sen edificar e rústicos, para previr os incendios e evitar a súa propagación recollidas no anexo V desta ordenanza. Artigo 11. Condicións específicas que deben cumprir as instalacións vinculadas á celebración de actividades extraordinarias, recreativas e espectáculos públicos de carácter temporal As instalacións vinculadas á celebración de actividades extraordinarias, recreativas e espectáculos públicos de carácter temporal deberán cumprir as condicións específicas recollidas no anexo VI desta ordenanza. Artigo 12. Condicións específicas para os establecementos destinados a ocio infantil que conteñan atraccións de xogo compostas por estruturas de varios niveis e percorridos intrincados Os establecementos destinados a ocio infantil que conteñan atraccións de xogo compostas por estruturas de varios niveis e percorridos intrincados deberán cumprir as condicións específicas recollidas no anexo VII desta ordenanza. Artigo 13. Plan de autoprotección Os edificios, establecementos e actividades que deban dispoñer de plan de autoprotección en virtude do Decreto 171/2010, de 1 de outubro, sobre plans de autoprotección da comunidade autónoma de Galicia, deberán cumprir as determinacións contidas no anexo VIII desta ordenanza. Artigo 14. Dotación mínima permanente del S.E.I.S. Cando concorran as circunstancias descritas no anexo IX desta ordenanza, será obrigatorio dispor dunha dotación mínima permanente do S.E.I.S. CAPÍTULO III. RÉXIME SANCIONADOR Artigo 15. Infraccións 1. Sen prexuízo do réxime sancionador previsto na normativa estatal e autonómica, o incumprimento por acción ou omisión das disposicións contidas nesta ordenanza terá a consideración de infracción administrativa. 2. As infraccións clasificaranse en leves, graves e moi graves. Artigo 16. Responsabilidade Serán responsables das infraccións: a) Os titulares das licenzas, persoas físicas ou administradores das persoas xurídicas, se procede. En caso de comunidades de propietarios, a responsabilidade recaerá sobre a xunta de propietarios. b) Os explotadores das licenzas. Se estes non coinciden cos titulares das licenzas, a responsabilidade será solidaria entre uns e outros. c) O técnico ou técnicos que expidan a certificación de finalización das obras e/ou das instalacións ou do mantemento das condicións de instalación de protección contra incendios cando as certificacións sexan de forma inexacta, incompleta ou falsas. d) Os propietarios de terreos, parcelas e soares, no relativo a garantir as condicións da súa seguridade, establecidas no anexo V desta ordenanza. A responsabilidade administrativa polas infraccións nesta materia será independente da responsabilidade civil, penal e doutra orde que poida esixírselles ás persoas interesadas. Artigo 17. Infraccións leves, graves e moi graves 1. Constitúen infraccións leves: a) a falta de sinalización de evacuación ou ocultación total ou parcial dela; b) a falta de sinalización dos equipos de protección contra incendios ou ocultación total ou parcial deles; c) a obstaculización dos medios de protección contra incendios propios; d) calquera outro incumprimento non cualificado de grave ou moi grave. 2. Constitúen infraccións graves: a) o deficiente ou inexistente mantemento dos equipos de protección contra incendios que afecte a menos do 25% dos medios necesarios; b) a introdución de modificacións respecto das condicións da licenza ou a autorización outorgada, cando estas modificacións impliquen un aumento de nivel de risco e/ou reduzan as medidas de seguridade; c) o funcionamento deficiente dos dispositivos de ventilación e evacuación de fumes; d) a ocupación de vía pública en lugares sinalizados como saída de emerxencia ou de acceso exclusivo para vehículos do Corpo de Bombeiros; e) a falta de implantación real do Plan de Emerxencia ou Autoprotección nos edificios ou actividades obrigados a telo; f) a obstaculización do exercicio do labor inspector por parte do persoal autorizado do Concello da Coruña ou a negativa ou resistencia a subministrar os datos ou a facilitar a información requirida no labor inspector; g) a subministración de información ou documentación falsa, inexacta, incompleta ou que induza a erro, explícita ou implicitamente; h) as deficiencias ou mal funcionamento dos elementos de compartimentación ou sectorización; i) a obstaculización do acceso dos hidrantes de incendio; j) o mal funcionamento da instalación da iluminación de emerxencia que afecte a menos do 25% da instalación; k) o mal deseño ou execución das instalacións de protección contra incendios; l) a falta do rexistro ou implantación do plan de autoprotección ou emerxencia. 3. Constitúen infraccións moi graves: a) a ocupación de vías de evacuación interiores con materiais ou obstáculos que impidan a libre circulación ata a saída do edificio ou a acumulación de materiais combustibles por encima do establecido legalmente ou en lugares inadecuados; b) o bloqueo de saídas con mecanismos que impidan a inmediata evacuación tanto en accesos ordinarios como de emerxencia, durante a ocupación do local; c) a realización de actividades con lume ou explosivos, non autorizados expresamente, que motiven un risco real de incendio ou de pánico entre o público en lugares con concorrencia de público; d) o deficiente ou inexistente mantemento dos equipos de protección contra incendios que afecte a máis do 25% da instalación; e) a falta de funcionamento dos dispositivos de ventilación e evacuación de fumes; f) a superación da capacidade autorizada na licenza municipal; g) o mal funcionamento da instalación da iluminación de emerxencia que afecte a máis do 25% da instalación; h) a falta de elaboración do plan de autoprotección ou emerxencia; i) carecer dos sistemas ou equipos de protección contra incendios obrigatorios. Artigo 18. Sancións 1. Ás infraccións tipificadas nesta ordenanza seranlles de aplicación as seguintes sancións: a) As infraccións leves serán sancionadas con multa de hasta 600 euros. b) As infraccións graves serán sancionadas con multa de 601 euros a 6.000 euros. c) As infraccións moi graves serán sancionadas con multa de 6.001 euros a 60.000 euros. 2. A imposición das sancións deberá gardar a debida proporcionalidade coa gravidade do feito ou omisión constitutiva da infracción, e terán que considerarse especialmente as seguintes circunstancias para graduar a sanción que se aplique: a) as circunstancias da persoa responsable; b) a importancia do dano ou deterioración causado; c) o grao de intencionalidade ou neglixencia ou a reiteración; d) a reincidencia e grao de participación. Artigo 19. Prescrición das infraccións e sancións A prescrición das infraccións e as sancións rexerase polo disposto no artigo 30 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Artigo 20. Vinculación coa orde xurisdicional penal Cando o instrutor dun expediente sancionador apreciase que unha infracción poida revestir carácter de delito, poñerao en coñecemento do órgano xudicial competente, suspendéndose a tramitación do expediente mentres a autoridade xudicial estea a coñecer o asunto. Artigo 21. Órganos competentes A competencia para a iniciación e instrución dos procedementos sancionadores e a imposición das sancións por infracción das normas establecidas nesta ordenanza corresponderalle á Xunta de Goberno Local ou ao órgano en quen delegue. DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS Primeira Os edificios, locais e establecementos cuxa construción e uso fosen autorizados con anterioridade á vixencia desta ordenanza municipal rexeranse, no momento de solicitar a licenza de apertura, funcionamento ou inicio de actividade, polos preceptos aplicables ao outorgarse as licenzas correspondentes, salvo nos casos seguintes: a) De realizarse modificacións substanciais que empeoren as condicións de seguridade, será de aplicación a presente ordenanza. b) En obras de reforma nas que se manteña o uso, esta ordenanza aplicarase nos elementos modificados pola reforma, sempre que iso non supoña unha maior adecuación ás condicións de seguridade establecidas nesta ordenanza. c) Se a reforma altera a ocupación ou a súa distribución con respecto aos elementos da evacuación, a aplicación desta ordenanza tamén debe afectar a estes. d) Cando se cambie o uso, esta ordenanza aplicarase á parte afectada polo devandito cambio. Segunda Nos casos excepcionais que queden xustificados polo interese público ou por razón de manifesta perigosidade, a autoridade municipal, por proposta do Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S), poderá dispoñer a aplicación de medidas correctoras en materia de protección contra incendios, que se levarán a cabo nun prazo temporal determinado e proporcionado, sempre que estas sexan técnica e economicamente posibles. Terceira Esta ordenanza será de aplicación a todos os novos expedientes de petición de licenza municipal e/ou autorización que se efectúen con data posterior á súa entrada en vigor. Todos os edificios, establecementos ou actividades con autorización ou licenza xa concedida na data de entrada en vigor desta ordenanza e que estean incluídos no catálogo municipal de plans de autoprotección recollido no anexo VIII desta ordenanza deberán cumprir as seguintes determinacións: a) Se dispoñen de plan de autoprotección, elaborado, implantado e rexistrado segundo o R.D. 171/2010 deberán comunicalo ó Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S) nun prazo non superior a 3 meses desde a entrada en vigor desta ordenanza. b) Se dispoñen de plan de autoprotección pero non está implantado e/ou rexistrado, deberán proceder á súa implantación e rexistro nun prazo non superior a 6 meses desde a entrada en vigor desta ordenanza e comunicalo ó Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S). c) Se non dispoñen de plan de autoprotección, nun prazo non superior a un ano desde a entrada en vigor desta ordenanza, deberán elaboralo, implantalo e rexistralo e comunicalo á sección de Prevención de Bombeiros. Cuarta As obras que se realicen en edificios xa construídos, co exclusivo obxecto de adaptarse á presente ordenanza e mellorar así as condicións de seguridade contra incendios, estarán exentas do pago de taxas por licenza de obra. DISPOSICIÓN FINAL Esta ordenanza municipal entrará en vigor aos quince días hábiles da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. ANEXO I.- INSTALACIÓN E EQUIPOS CONTRA INCENDIOS I. Extintores 1. No caso de instalárense extintores para protección de locais con presenza de aceites, graxas animais ou vexetais, como poderían ser cociñas de uso doméstico ou industrial, estes serán eficacia mínima 21A-113B-75F. 2. Os extintores situados á intemperie deberán estar adecuadamente protexidos das inclemencias do tempo mediante un “armario de extintor” que debe estar sinalizado, ventilado e levar a inscrición “extintor”. 3. Naqueles locais ou recintos interiores, nos que a saída non dea a espazos de dominio público, nos que sexa necesaria a instalación de extintores e nos cales a súa superficie sexa menor a 50 m2 ou a densidade de deseño de ocupación sexa menor a 5 m2/persoa, a instalación do extintor será fóra do local e a menos de 5 m da súa saída. II. Bocas de incendio equipadas A edificación ou industria na que sexa necesaria a instalación dun sistema de bocas de incendio equipadas deberá cumprir as seguintes premisas: a) O único modelo válido de bocas de incendio para instalar será do tipo de 25 mm con toma adicional de 45 mm. A toma adicional de 45mm estará equipada con válvula, racor e tapón. b) As instalacións de bocas de incendio equipadas deberán dispoñer dunha conexión de fachada para bombeiros, dotada dunha bifurcación siamesa de 70 mm de diámetro con racor tipo Barcelona, válvula de corte e válvula de retención na condución, de modo que poida presurizarse a instalación desde o camión de bombeiros. O punto de conexión estará disposto na fachada principal e aloxada nun armario similar á toma de fachada da columna seca e rotulada de forma clara e concisa e de maneira permanente coa inscrición “BIES. CONEXIÓN DE BOMBEIROS”. Este punto non será de consideración en caso de ser necesario instalar unha soa boca de incendio. III. Columna seca A edificación ou industria na que sexa necesaria a instalación dunha columna seca deberá cumprir as seguintes premisas: a) A columna seca das plantas baixo rasante será independente da columna seca das plantas sobre rasante. b) Todas as tomas de fachada deberán estar marcadas de forma clara e concisa e de maneira permanente coa inscrición “COLUMNA SECA” e deberán facer referencia a: b.1) se a columna é de plantas sobre rasante ou baixo rasante; b.2) a escaleira á cal pertence e número de plantas á que dá servizo; b.3) a presión máxima de servizo. c) Cada columna seca debe dispoñer da súa propia conexión de servizo. d) A columna seca de plantas baixo rasante deberá levar tomas de saída de planta en todas as plantas e con chave de seccionamento en todas as plantas situadas por baixo da saída. e) Cada edificio ou establecemento debe contar cun número suficiente de columnas secas para que a distancia medida a través dos percorridos de evacuación, desde unha boca de saída ata calquera orixe de evacuación sexa inferior a 60 m. f) En edificios ou establecementos con escaleira protexida ou especialmente protexida, as bocas de saída de columna seca situaranse fóra do recinto de escaleira en todas as súas plantas. g) O mantemento das columnas secas será o reflectido na táboa I do regulamento de instalacións de protección contra incendios, aprobado por Real Decreto 513/2017, de 22 de maio. A maiores, deben levarse a cabo como mínimo unha vez ao ano por empresa de mantemento as operacións establecidas na táboa I do citado regulamento e marcarase a columna seca segundo as prescricións da letra b). IV. Sistema de alarma de incendio 1. O sistema de alarma de incendio estará composto como mínimo dos seguintes compoñentes: o equipo de control e indicación (e.c.i.) coa súa fonte de alimentación independente da rede eléctrica (central receptora de alarma), pulsador de alarma manual, dispositivo de alarma de incendio (sirena, campá etc.), posibilidade de módulos de control (orde de apertura ou peche de portas, instalacións etc.) ou de información (estado de alarma, avaría de equipos etc.) e instalación eléctrica. 2. O equipo de control e indicación (e.c.i.) deberá estar situado en zonas de risco nulo, onde poida estar vixiado o maior tempo posible e facilmente accesible aos servizos de emerxencia. Naqueles equipos de control e indicación (e.c.i.) de tipo convencional, deberase incluír na mesma central unha designación de zonas que indique que riscos está a protexer e un plano interpretativo. 3. Deberase colocar unha sirena óptica acústica ao exterior do edificio cando non se dispoña de vixilancia permanente na central de alarma e control. 4 A instalación eléctrica deste sistema débese realizar sempre con cable trenzado, apantallado, libre de halóxenos e con resistencia ao lume mínima de 30 minutos. V. Sistema de detección de incendio 1. O sistema de detección de incendios incluirá os mesmos elementos que o sistema de alarma de incendios máis a instalación dos detectores máis adecuados ao risco que hai que protexer. 2. O equipo de control e indicación (e.c.i.) deberá estar situado en zonas de risco nulo, onde poida estar vixiado o maior tempo posible e facilmente accesible aos servizos de emerxencia. Naqueles equipos de control e indicación (e.c.i.) de tipo convencional, deberase incluír na mesma central unha designación de zonas que indique que riscos está a protexer e un plano interpretativo. O local ou recinto onde se instale a central de detección de incendios deberá ademais estar protexido cun detector de fumes. 3. Nos establecementos obrigados a ter un sistema de detección e alarma de incendios deberanse instalar detectores de incendio se existen falsos teitos ou chans técnicos, sempre que se dea algunha destas circunstancias: a) a carga de lume do falso teito ou chan teña elementos combustibles con carga de lume maior de 42 MJ/m2; b) se a altura do falso chan ou teito é superior a 80 cm. 4. A instalación eléctrica deste sistema débese realizar sempre con cable trenzado, apantallado, libre de halóxenos e con resistencia ao lume mínima de 30 minutos. VI. Instalación automática de extinción 1. Nos recintos, equipos ou instalacións nos que se instale un sistema de extinción automático, no momento en que este se active, tamén se debe realizar de forma automática e xeneralizada o corte de subministracións do local ou equipo afectado, tales como gas, electricidade, ventilación etc. Naquelas extincións automáticas nas que poida ser contraproducente o corte das subministracións automáticas deberase xustificar tecnicamente. 2. A extinción poderá ser manual ou automática. A extinción manual estará composta por un disparador precintado e rotulado de forma clara, concisa e de maneira permanente coa inscrición “DISPARO EXTINCIÓN”, e deberase dispoñer nunha zona segura afastada do risco que hai que protexer. Na extinción automática o disparo da extinción será automático e deberá ter obrigatoriamente un sinal visual e sonoro que avise do disparo da extinción. As extincións automáticas vixiadas por unha detección electrónica deberán estar controladas por unha central de extinción independente e conectada coa central de incendios xeral. Ademais, dispoñerase tamén obrigatoriamente de disparo de extinción de forma manual. Deberá ter un retardo na extinción e un sistema de pre-alarma que garanta a evacuación que este na sala ou local e un letreiro de extinción disparada nas entradas ao recinto onde se produza o disparo. Naquelas extincións automáticas vixiadas por un equipo de control e indicación deberán estar controladas por unha central de extinción independente e conectada coa central de incendios xeral. 3. As extincións en campás de cociña deberán ser de tipo automático e deberán protexer: a) os equipos situados debaixo da campá extractora; b) a parte posterior dos filtros; c) os condutos de extracción. Este tipo de extincións deberá ser equipado, unicamente, con difusores de tipo aberto, non permitíndose sistemas nos que a detección e/ou activación se realice polo efecto da calor producida polo lume sobre bulbos térmicos, fusibles térmicos ou outros elementos de natureza análoga situados en difusores do tipo cerrado que formen parte dun sistema de tubaxe húmida ou similar. Permitirase a instalación de difusores de tipo cerrado sempre que a apertura de calquera deles implique a apertura de todos os que compoñen o sistema. VII. Hidrantes exteriores 1. O tipo de hidrante normalizado no Concello da Coruña será do tipo “debaixo da terra” segundo a normativa UNE EN 14339 e con marcado “CE”, admitíndose os seguintes modelos: a) enterrado de DN100 mm de entrada do tipo de columna seca con dúas tomas laterais de 70 mm tipo Barcelona para seccións de tubaxe de 100 mm ou maior; b) enterrado de DN80 mm de entrada do tipo de columna seca cunha toma lateral de 70 mm tipo Barcelona para seccións de tubaxe menores a 100 mm. Estes hidrantes deberán estar sinalizados con rótulo. O sinal cumprirá os parámetros segundo a normativa UNE 23033. Considerando que debe ser visualizada polos bombeiros desde o camión, situaranse o máis preto posible do hidrante (un radio non maior a 2,5 m) e irá fixado sobre fachada ou sobre poste de tubo metálico galvanizado a unha altura entre o bordo inferior ao sinal e o chan non inferior a 1,5 m en zona rural e de 2,1 m en zona urbana sendo o tamaño e pictograma segundo UNE 23033 e UNE 23034 respectivamente. A tapa da arqueta será cadrada de cor vermella e estará rotulada con “BOMBEIROS” ou “INCENDIOS”. Esta arqueta deberá ter un sistema de drenaxe de auga. 2. A ordenación e urbanización de terreos, a través de figuras do planeamento urbanístico que inclúan trazado de redes de abastecemento de augas, debe contemplar a instalación de hidrantes, con independencia dos que se esixen no Código Técnico da Edificación e no Regulamento de Seguridade contra Incendios en Establecementos Industriais para os edificios que alí se establecen conforme aos seus usos. Esa instalación deberá cumprir, ademais do establecido no Real decreto 513/2017, do 12 de Xuño polo que se aproba o Regulamento de Instalación de Protección contra Incendios, as seguintes condicións: a) Os hidrantes estarán situados en lugares facilmente accesibles, preferiblemente nas esquinas das rúas, fóra do espazo destinado a circulación e estacionamento de vehículos, debidamente sinalizados, conforme á Norma UNE 23033, e distribuídos de maneira que a distancia entre eles medida por espazos públicos non sexa superior a 200 metros. Se o hidrante instalado pode verse afectado da súa obstrución ou ocultación debido a: instalación de terrazas, posibilidade de estacionamento de vehículo etc., deberá sinalizarse debidamente. b) Os hidrantes situaranse baixo rasante do pavimento con arqueta accesible. Os seus tipos deberanse axustar ás consideracións do Servizo Municipal de Extinción de Incendios da Coruña (S.E.I.S). c) Salvo que se especifiquen outras presións ou caudais, o deseño e a alimentación da rede que conteña os hidrantes serán adecuados e capaces de subministrar durante dúas horas, na hipótese de funcionamento dos dous hidrantes máis próximos un caudal mínimo de 500 litros/minuto por cada boca de saída; cunha presión mínima en ambos os casos de 1 bar en zonas urbanas (cuxo uso sexa especificamente o enchido dos camións contra incendios) e de 5 bares no resto. As tubaxes de alimentación de auga aos hidrantes serán de diámetro capaz de requirir o caudal mínimo e o número de hidrantes antes comentado. A sección da tubaxe de alimentación dos hidrantes deberase xustificar mediante cálculo hidráulico. d) Para os edificios que o precisen, no caso de non existir rede de distribución, poderase substituír o hidrante por unha reserva de auga de 120 m3 de capacidade mínima que cumpra as condicións da norma UNE 23500 de abastecementos de auga. Esta reserva de auga non poderá servir para outros usos que non sexan de contra incendios. e) No caso de existir unha rede de auga insuficiente para as prestacións citadas no apartado C e non ser posible a súa adecuación, poderase substituír o hidrante, nos edificios que o precisen, por unha reserva de auga de 60 m3 de capacidade mínima e que cumpra a norma UNE 23500 de abastecemento de auga. Esta reserva de auga non poderá servir para outros usos que non sexan de contra incendios. f) Aqueles edificios que polo seu uso precisen dun hidrante, este estará a menos de 100 metros do acceso principal ao edificio. g) Segundo establece o Real Decreto 2267/2004 e o Real Decreto 513/2017, nos establecementos industriais polo menos un dos hidrantes (situado, se é posible, na entrada) deberá ter unha saída de 100 mm. orientada perpendicular á fachada e de costas á mesma. É por iso que se considera unha excepción o suprimir os hidrantes baixo terra desta ordenanza, por este hidrante con saída de 100 mm que, en todo caso, deberá conter tamén saídas de 70 mm con racor Barcelona. 3. O mantemento e/ou reparación das instalacións de protección contra incendios deberanse realizar fóra do horario da actividade. No caso de ser necesarias as ditas accións durante o horario da actividade, as instalacións de protección contra incendios deberanse manter en estado operativo ou en caso de ter que estar inoperativas deberá ser o menor tempo posible e suplilas con medidas de protección alternativas consensuadas co Servizo Municipal de Extinción de Incendios da Coruña (S.E.I.S). VIII. Rociadores automáticos 1. As instalacións de rociadores automáticos deberán dispoñer dunha conexión de fachada para bombeiros, dotada dunha bifurcación siamesa de 70 mm de diámetro con racor tipo Barcelona, válvula de corte e válvula de retención na condución, de modo que poida presurizarse a instalación desde o camión de bombeiros. Haberá tantas tomas de fachada como postos de control de rociadores existan. O punto de conexión estará disposto na fachada principal que protexa o sector de incendio correspondente e aloxada nun armario similar á toma de fachada da columna seca e rotulada de forma clara e concisa e de maneira permanente coa inscrición “ROCIADORES. CONEXIÓN DE BOMBEIROS” e en caso necesario marcarase o sector de incendio á cal pertence. IX. Instalacións de control e evacuación de fumes e calor. 1. As instalacións de control e evacuación de fume débense someter a instalación e mantemento establecidos no RD 513-2017 de instalacións de protección contra incendios. 2. Os interruptores* do sistema de control de fumes e calor débense marcar coa inscrición: “ventilación ou extracción (segundo proceda). Uso exclusivo de bombeiros”. Estes interruptores débense situar en zonas de risco nulo, facilmente accesible aos servizos de emerxencia e marcados de forma clara, sinxela e permanente. [*Para evitar o uso indebido do sistema, poderanse situar no interior dun armario, oco ou similar, con chave de acceso de cadradiño de 8 mm] X. Certificación de solucións de protección pasiva Ata que non exista un rexistro autonómico de aplicadores de protección pasiva e dado que normalmente estas solucións non son evidentes, cando se adopten solucións de protección pasiva para dotar os elementos de sectorización da resistencia requirida, sempre deberá achegarse un certificado especifico emitido polo técnico director da obra, ou outro técnico titulado competente, que describa a solución adoptada. Este certificado deberá indicar como mínimo: sector de incendio onde se aplica, os materiais empregados, certificado de homologación, elementos protexidos, masividades, espesores, táboas de aplicación e grao de resistencia ao lume conseguido. Este certificado poderase substituír por unha certificación dunha entidade de control, a cal deberá certificar que se acadaron os graos de resistencia ao lume requiridos. XI. Señalizacion fotoluminiscente. 1. A instalación dos sistemas de sinalización fotoluminiscente estarán conforme ao anexo I, do RD 513/2017 de instalacións de protección contra incendios. 2. A sinalización fotoluminiscente non poderá ir directamente sobre o equipo de protección contra incendio. 3. Deberanse sinalizar obrigatoriamente a situación dos equipos e instalacións de protección contra incendios, de utilización manual. 4. Deberanse dispoñer de planos do tipo “vostede está aquí” todos os edificios, establecementos e actividades que deben dispoñer de Plan de Autoprotección, segundo disponse no anexo VIII de plans de autoprotección da presente ordenanza. Estes planos instalásense en todas as saídas de evacuación, a unha distancia máxima de 5 m destas, e estarán realizados conforme a norma UNE 23032 e representasen os medios manuais de protección contra incendios e os percorridos de evacuación ata a saída máis próxima. Os planos do tipo “vostede está aquí” teñen que estar colocados de forma que os planos estean orientados cara ao que representan, de maneira que sexa de fácil interpretación. 5. Deberanse instalar sinalización fotoluminiscente de categoría A, en todos os edificios, establecementos e actividades que deben dispoñer de Plan de Autoprotección, segundo disponse no anexo VIII de plans de autoprotección da presente ordenanza. 6. A altura de instalación da sinalización deberá respectarse os seguintes criterios: - Desde o teito ata a parte superior do sinal, deixar máis 30 cm. - Desde o chan á parte inferior do sinal deixar como mínimo de 2 mts. ANEXO II: CONDICIÓNS COMPLEMENTARIAS DAS ESTABLECIDAS NO CÓDIGO TÉCNICO DE EDIFICACIÓN I. Propagación interior 1. Os cadros de mando e protección de instalacións eléctricas non se poderán situar en percorridos de evacuación protexidas. Os cadros de mando e protección das instalacións de ventilación dos aparcadoiros poderanse situar na ramplas de acceso a eles sempre que se sectoricen con elementos resistentes ao lume EI 60. 2. Locais e zonas de risco especial: O recinto que conteña o grupo de presión de bombas de protección de incendios será local de risco especial baixo. Este recinto ademais será exclusivo dese uso, e non se pode compartir con outros usos ou actividades. II. Evacuación de ocupantes 1. As portas previstas como saída de recinto, planta e edificio para máis de 50 ocupantes abrirán no sentido da evacuación, excepto en edificios de uso residencial vivenda. 2. Nos aparcadoiros robotizados, ademais das esixencias establecidas no Código Técnico da Edificación, dispoñerase dunha escaleira especialmente protexida dun metro de anchura e un sistema de evacuación de fumes, conforme ao establecido no apartado 8.2 do DB SE 3 do Código Técnico da Edificación. Tanto o pulsador como a detección de incendios estarán conectados a unha central receptora de alarmas permanentemente atendida durante as 24 horas do día. 3. En establecementos ou locais de actividades múltiples, deberán ter exposto á entrada da sala a limitación de capacidade máxima permitida e deberán expoñer a posibilidade da súa localización mediante un plano “in situ” onde aparezan reflectidos a disposición e o número máximo dos asentos (non fixos) de maneira que cumpran a táboa 4.1 de dimensionado dos elementos de evacuación. Este factor será aplicado a aqueles establecementos ou locais con posibilidade de asentos para máis de 100 persoas, así como os que dispoñan de 50 a 100 asentos cunha única saída. 4. Hai que sinalizar o número de planta en cada escaleira e no vestíbulo de independencia. Este sinal deberá ser fotoluminiscente e de medida mínima 21x21 cm. Tamén se deben sinalizar nos vestíbulos do ascensor de emerxencia. 5. En edificios existentes de uso residencial vivenda, cando se trate de instalar un ascensor que permita mellorar as condicións de accesibilidade para persoas con discapacidade, poderase solicitar o informe ao Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S) nos casos en que así o considere o órgano municipal que conceda a licencia pola complexidade de evacuación ou aumento de risco. Como regra xeral, esta instalación adecuarase ás prescricións do CTE DB SI e SUA e como mínimo deberá dispoñerse de iluminación de emerxencia, extintores e compartimentar os locais de risco especial que comuniquen coa caixa de escaleiras. 6. As vías de evacuación que discorran por zonas de locais de risco especial medio e alto estarán marcadas mediante sinalización de balizamento fotoluminiscente no chan ou na parede de forma clara, concisa e permanente, de maneira que se asegure a inexistencia de obstáculos que poidan dificultar a evacuación. Esta sinalización de balizamento poderá ser por cintas, pegadas etc., que cumpran a normativa UNE 23035 de sinalización fotoluminiscente e de categoría mínima B. Se a sinalización é de chan ademais terá que ser antiescorregadizo. 7. As escaleiras protexidas ou especialmente protexidas de evacuación descendente e ventilación por presión diferencial deben dispoñer, na súa parte alta, dunha abertura de superficie mínima de 1 m2, que poida abrirse desde o nivel de acceso, coa inscrición: “ventilación escaleiras. Uso exclusivo de bombeiros” 1. Estes interruptores débense situar en zonas de risco nulo, facilmente accesible aos servizos de emerxencia e marcados de forma clara, sinxela e permanente. 8. Control de fume en aparcadoiros. Cando se debe instalar un sistema de control de fume, os interruptores de accionamento de emerxencia dos motores de ventilación deberanse instalar en zonas de risco nulo, facilmente accesible aos servizos de emerxencia ademais de marcados de forma clara, sinxela e permanente que poñerá “Ventilación ou extracción en caso de incendio”1. Nos aparcadoiros en caso de non poder situalos na zona antes apuntada poderán estar na rampla de acceso saída compartimentados con elementos como mínimo EI-60. 9. Toda porta considerada para os efectos de evacuación non poderá manter activado durante o horario no que se desenvolva o exercicio da actividade ou exista ocupación no local, calquera tipo de pasador, fechadura ou outro sistema de bloqueo que impida a calquera das súas follas permanecer perfectamente operables en todo momento. III. Instalacións de Protección contra Incendios 1. Extintores 1.1. En edificios con escaleira protexida ou especialmente protexida, os extintores, situaranse fóra do recinto de escaleira e do vestíbulo de independencia. 1.2. En edificios con escaleira non protexida ou aberta, os extintores situaranse na mesma planta do edificio de vivendas. 1.3. Haberá como mínimo un extintor por cada planta de edificio de vivendas. 2. Bocas de incendio equipadas 2.1. En edificios con escaleira protexida ou especialmente protexida, as bocas de incendio equipadas situaranse fóra do recinto de escaleira e do vestíbulo de independencia. 3. Columna seca 3.1. A instalación dunha columna seca pódese substituír por unha instalación de bocas de incendio equipadas coa condición de que: - Non sexa xa perceptiva a obriga polo CTE DB SI4 da instalación de bocas de incendio equipadas. - Se garantan os caudais e as presión mínimas do sistema de bocas de incendio equipadas marcadas en normativa vixente. - O sistema está composto por tubaxe de aceiro galvanizado de diámetro nominal de 65 mm como mínimo con saídas de boca de incendio en todas as plantas e a proba de estanquidade e resistencia mecánica sexa de 15 Kg/cm2 durante dúas horas como mínimo sen aparecer ningunha fuga na instalación. 4. Sistema de alarma de incendio 4.1. Precisarase un sistema de alarma de incendio en uso docente sempre, independentemente da súa superficie. 4.2. Precisarase un sistema de alarma de incendio nos establecementos que están ocupados por persoas con discapacidade física ou psíquica ou persoas que na súa maioría son incapaces de coidarse polos seus propios medios, tales como garderías, escolas infantís, ludotecas, residencias xeriátricas, centros de día e similares, o sistema de alarma será preciso sempre independentemente da súa superficie. 5. Sistema de detección e alarma de incendio 5.1. Precisarase un sistema de detección e alarma de incendio nos establecementos de uso docente de superficie construída superior a 1.000 m2. 5.2. Precisarase un sistema de detección e alarma de incendio nos establecementos que están ocupados por persoas con discapacidade física ou psíquica ou persoas que na súa maioría son incapaces de coidarse polos seus propios medios, tales como garderías, escolas infantís, ludotecas, residencias xeriátricas, centros de día e similares se a súa superficie é superior a 500 m2 ou se desenvolven en máis dunha planta. 5.3. Precisarase un sistema de detección e alarma de incendio nos establecementos ou locais de uso comercial de superficie construída superior a 1.000 m2. 5.4. Precisarase un sistema de detección e alarma de incendio nos establecementos ou locais de uso público de superficie construída superior a 500 m2. 6. Instalación automática de extinción 6.1. Deberán dispoñer de sistema automático de extinción por rociadores, os aparcadoiros situados baixo rasante cando a superficie sexa maior de 2500 m2 por planta, así como aqueles aparcadoiros que teñan tres ou máis plantas baixo rasante e que a suma total da superficie de todas as plantas sexa superior a 2500 m2. A dita instalación deberá cumprir a norma UNE EN 12845. 7. Hidrantes exteriores 7.1. Contarán con instalación de hidrantes os edificios de agrupacións de vivendas unifamiliares de máis de 50 vivendas. O criterio será de instalar un hidrante por cada grupo de 50 vivendas unifamiliares. IV. Intervención dos bombeiros 1. Os accesos aos viarios ou espazos libres das urbanizacións privadas deberanse axustar ás especificacións do Código técnico de edificación recollidas no documento básico de seguridade contra incendios na sección de intervención de bombeiros. 2. Naquelas escaleiras de edificio de vivendas, cuxo portal de acceso estea situado a máis de 30 metros do espazo de manobra accesible aos camións de bombeiros, deberase realizar unha instalación de bocas de incendio equipadas. 3. As aberturas de acceso en fachadas que non sexan claramente visibles e practicables por mor do seu tipo construtivo débense sinalizar para que sexan facilmente localizables polos equipos de socorro. A dita sinalización acordarase co Servizo de Extinción de Incendio e Salvamento da Coruña (S.E.I.S). 4. As solucións construtivas en fachadas de dobre pel e en fachadas ventiladas, no caso de que a cámara de ventilación sexa superior a 30 cm, deben permitir a accesibilidade dos bombeiros e dispoñer de pasarelas entre o revestimento exterior e o peche interior nas aberturas de acceso. O número de pasarelas será como mínimo o xustificativo como ocos de acceso ás plantas co fin de xustificar a accesibilidade por fachada do CTE DB SI S5. As características construtivas destas pasarelas cumprirán as seguintes premisas: - Terán unha resistencia ao lume igual á resistencia ao lume do establecemento do que forma parte. - A dimensión mínima do ancho útil será de 0,8 m e dispoñerá de varanda de protección por ambos os lados. ANEXO III: CONDICIÓNS ESPECIAIS PARA EDIFICIOS DE GRANDE ALTURA Para os efectos da presente ordenanza, entenderase por edificios de grande altura aqueles cuxa altura de evacuación descendente sexa superior a 50 metros. I. Evacuación de ocupantes Os materiais utilizados na construción dos chanzos de escaleiras exteriores, varandas, pasarelas e similares deben impedir a visión directa do espazo aberto. II. Instalacións de protección contra incendios 1. En todo o edificio, cada unha das plantas ten que dispoñer dun sistema de extinción automática de auga. Esta extinción abarcará a todas as zonas do edificio (zonas comúns e as vivendas). 2. En todos os edificios, o sistema de abastecemento de auga debe garantir o caudal simultáneo de rociadores e bocas de incendio equipadas (BIE), como mínimo, durante dúas horas. Este sistema adecuarase á normativa UNE 23500. Existirá un sistema de abastecemento de auga cada 35 m de altura. Cada sala de bombas dos abastecementos de auga deberán dispoñer dunha conexión de fachada para bombeiros, dotada dunha bifurcación siamesa de 70 mm de diámetro con racor tipo Barcelona, válvula de corte e válvula de retención na condución, de modo que poida presurizarse a instalación da columna seca. III. Accesibilidade aos bombeiros 1. Estes edificios dispoñerán como mínimo de dúas fachadas accesibles, as máis representativas do edificio, unha das cales debe ser a de maior dimensión. En calquera caso, e como mínimo, debe ser accesible o 50% da lonxitude do seu perímetro. 2. Para facilitar a accesibilidade dos equipos de intervención ao edificio, dispoñerase dun ascensor de emerxencia con vestíbulo de independencia ventilado, comunicado directamente cunha das escaleiras especialmente protexidas do edificio. Este vestíbulo terá unha superficie mínima de 6 m2, para facilitar a evacuación de persoas con mobilidade reducida. 3. Para facilitar as tarefas de intervención nos edificios, cada 8 plantas dispoñerase dunha zona de 25 m2 (superficie libre de obstáculos) comunicada directamente coa escaleira e co vestíbulo de independencia do ascensor de emerxencia. Esta zona segura constituirá un sector de incendio e cumprirá cos requisitos e coas características do tipo EI 180, establecidos no Código Técnico da Edificación. IV. Resistencia ao lume da estrutura 1. A resistencia ao lume mínima da estrutura nos edificios de grande altura será R 180. ANEXO IV: CONDICIÓNS COMPLEMENTARIAS ESTABLECEMENTOS DE USO INDUSTRIAL PARA Os establecementos de uso industrial regularanse polo Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais, aprobado por Real decreto 2267/2004, do 3 de decembro, disposicións posteriores e polas contidas no presente anexo. As inspeccións de control regulamentarias deberán seguir as especificacións da norma I. Usos industriais específicos 1. En establecementos industriais con produtos almacenados e venda directa ao público. Teranse en canta as seguintes consideracións: a) Cando a carga de lume total, ponderado e corrixida do dito establecemento, calculada segundo o anexo I do Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais, sexa igual ou inferior a 3x106 MJ deberase aplicar para a súa xustificación o CTE. b) Cando a carga de lume total, ponderado e corrixida do dito establecemento, calculada segundo o anexo I do Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais, sexa superior a 3x106 MJ deberase aplicar para a súa xustificación o RSCIEI ademais do CTE DB SI na sección 3 de condicións de evacuación. 2. Aos establecementos destinados a arquivos, mini-almacéns, rochos ou similares na súa totalidade, aplicaráselles o Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais e o presente anexo e, para os efectos de aplicación desta normativa, serán considerados como mínimo establecementos de nivel de risco intrínseco medio. II. Cálculo da carga de lume 1. Almacén de loxística ou tránsito. Cando nos establecementos destinados a almacéns de loxística ou tránsito se descoñezan os produtos almacenados e, polo tanto, non se poida calcular a carga de lume, como mínimo consideraranse establecementos de nivel de risco intrínseco “medio”. 2. Zona de almacenaxe. Para o cálculo da densidade da carga de lume ponderada e corrixida en almacéns, e de acordo co apartado 3.2.2.b do Anexo I do Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais, é preciso utilizar como a superficie ocupada en planta por cada zona con diferente tipoloxía de almacenaxe. Nos establecementos industriais onde se establecen os criterios de cálculo da altura de almacenamento en establecementos de uso industrial, debe dispoñerse unha altura exacta de almacenamento que debe xustificarse no proxecto de solicitude de autorización e a asunción responsable desta por parte da persoa titular mediante a súa sinatura manuscrita adxunta a ela ou calquera outra fórmula equivalente. O titular da actividade estará obrigado a marcar unha liña continua á altura de almacenamento autorizada, ao longo de todo o perímetro de almacenamento. De igual forma deben fixarse carteis de dimensións mínimas 420x420 mm, cada 25 m do perímetro de almacenamento, e polo menos un a unha distancia inferior a 5 metros do acceso do almacenamento, co texto: “altura máxima de almacenamento autorizada: X metros”. No suposto de que na inspección dos técnicos municipais se comprobase o incumprimento da altura máxima de almacenamento autorizada, procederíase a incoar o correspondente expediente sancionador por infracción dos condicionantes da licenza, sen prexuízo da adopción do resto das medidas que legalmente procedan. III. Sectorización As salas de carga de baterías con superficie construída maior de 20 m2 deberanse situar en locais de risco especial baixo. IV. Propagación exterior 1. Os materiais de revestimento en fachadas e medianeiras dos establecementos deben ser de clase de reacción ao lume B-s3d0, ou ben dunha clase máis esixente desde o punto de vista da seguridade. V. Percorridos de evacuación 1. Densidade de ocupación: ademais do cálculo da ocupación estimada de aplicar o punto 6 de evacuación dos establecementos industriais aplicarase tamén un cálculo de seguridade baseado nunha densidade de deseño dunha persoa por cada 40 m2 de superficie útil; tomando o valor máis restritivo de ambos os cálculos para obter a ocupación do establecemento industrial. 2. En establecementos con altura de evacuación descendente maior a 28 m as escaleiras serán do tipo especialmente protexidas. 3. En establecementos con altura de evacuación ascendente as escaleiras serán do tipo especialmente protexidas. VI. Ventilación e eliminación de fumes 1. Os interruptores de control* do sistema de evacuación de fumes deben situarse en zonas de risco nulo, facilmente localizables polos servizos de emerxencia exterior e deben estar marcadas de forma clara, sinxela e permanente coa inscrición “Ventilación ou extracción. Uso exclusivo de bombeiros”. [*

Use Quizgecko on...
Browser
Browser