Sociedade feudal: Dereitos e desigualdades PDF
Document Details
Uploaded by Deleted User
Tags
Summary
Este documento analiza la sociedad feudal, sus derechos y desigualdades. Se centra en las nuevas oleadas de invasiones que afectaron a Europa, la debilidad de las monarquías y las bases de la estructura social de la época. Incluye preguntas sobre estos temas.
Full Transcript
2. A sociedade feudal. Dereitos e desigualdades 2.1. Novas vagas de invasións 1. Enumera os pobos que asolaron o territorio europeo na segunda vaga de invasións. De onde proviña cada un? 2. Explica por que a sociedade medieval temía a chegada da fin do mundo no ano 1.000. 1. Os pobos que asolaron...
2. A sociedade feudal. Dereitos e desigualdades 2.1. Novas vagas de invasións 1. Enumera os pobos que asolaron o territorio europeo na segunda vaga de invasións. De onde proviña cada un? 2. Explica por que a sociedade medieval temía a chegada da fin do mundo no ano 1.000. 1. Os pobos que asolaron o territorio europeo na segunda vaga de invasións foron: Os viquingos ou normandos: saqueadores que procedían de Escandinavia. Os maxiares ou húngaros: procedían das estepas de Asia e fundaron o reino de Hungría. Os sarracenos: musulmáns do norte de África. 2. As calamidades xeradas polas invasións fixeron que a xente pensase que estas eran un castigo divino e un anuncio da fin do mundo, que chegaría no ano 1.000. 2.2. A debilidade das monarquías 1. A pesar das divisións territoriais e diferenzas políticas, que elementos dotaban á Europa medieval de unidade? 2. Que aspectos explican a debilidade da monarquía nos séculos IX e X? 3. Os reinos altomedievais tiñan unha capital fixa? 1. Elementos como que a maioría da poboación fose cristiá, o comercio que aseguraba a comunicación entre rexións e unha estrutura social baseada na división entre señores e campesiñado, eran comúns en todos os territorios da Europa medieval. 2. Nos séculos IX e X os reis tiñan pouco poder debido aos seguintes motivos: Os exércitos reais eran reducidos, polo que necesitaban dos exércitos da nobreza. As fronteiras dos reinos non eran estables. Os reis só obtiñan ingresos do seu patrimonio e dos impostos nas cidades. Os reis non podían cobrar impostos nas terras dos seus vasalos. 3. Os reinos non dispoñían dunha capital fixa, senón que os monarcas se desprazaban polos seus castelos para controlar os seus territorios. Viaxaban acompañados da corte: un cortexo de familiares, guerreiros e conselleiros. 2.3. As bases da sociedade feudal 1. De que xeito afectaron as segundas invasións e a debilidade dos monarcas á independencia do campesiñado? 2. En que consiste un pacto de vasalaxe? 3. Como se organiza un feudo? 4. Fai un esquema da sociedade estamental. 1.As segundas invasións e a debilidade dos monarcas levaron ao campesiñado a buscar a protección da nobreza. A nobreza esixíalles traballar para ela e someterse á súa autoridade, de xeito que os campesiños se convertían en servos. 2. Un pacto de vasalaxe é a ligazón entre distintos nobres, nos que tamén se inclúe o rei. O nobre que prestaba homenaxe convertíase en vasalo e a cambio concedíaselle un feudo ou señorío. Deste xeito configúrase unha cadea de lazos persoais. 3. As terras que constituían o feudo organizábanse na reserva señorial (a parte que explotaba directamente o señor e onde tiña o castelo) e os mansos (porcións de terra que o señor lle concedía aos campesiño a cambio do pagamento dunhas rendas). A nobreza Privilexiados 4. Sociedade estamental: organizada en estamentos: O clero Os traballadores Non privilexiados 2.4. O campesiñado 1. O campesiñado era un grupo homoxéneo? 2. Explica por que o rendemento agrícola era baixo e analiza que cambiou a partir do século XI. 1. A maioría da poboación era campesiña e vivían nun feudo cun señor, pero non todos tiñan a mesma condición: Os servos estaban sometidos á autoridade do señor e apenas tiñan dereitos. Os campesiños libres tiñan maior poder de decisión sobre os seus actos persoais, pero tamén tiñan que pagar rendas ao señor e o décimo á Igrexa. 2.O rendemento agrícola era baixo porque o campesiñado usaba ferramentas rudimentarias e tiñan unha rotación bienal nos cultivos (un ano cultivaban e o ano seguinte quedaba en barbeito). No século XI aumentou a produción gracias a que introduciron innovacións como o arado de vesadoiro e a rotación trienal. 2.5. A nobreza 1. Dentro da nobreza, tiñan a mesma función os cabaleiros e as damas? 1. Os cabaleiros tiñan como principal actividade a guerra, preparándose para ela dende mozos. A mesnada era cando os cabaleiros se reunían para prestarlle axuda ao rei. Por outra banda, as damas tiñan como misión contraer matrimonio e continuar a liñaxe. En ocasións as damas ingresaban en mosteiros nos que obtiñan educación e acababan tendo postos de poder como as abadesas. 2.6. A Igrexa e o clero 1. Fai un esquema que sintetice a organización da Igrexa católica na Idade Media. 2. Por que se di que a Igrexa tiña un gran poder político e económico na Idade Media? 3. Explica por que se enfrontaron o papado e o Sacro Imperio. 4. Que foron as herexías? 1. A máxima autoridade da Igrexa é o papa. O clero organizábase en: Regular: Son as ordes relixiosas, que viven baixo unha regra. O abade dirixe a orde e os superiores administran os conventos. Secular: Cardeais, bispos e sacerdotes. Os bispos tiñan moito poder e dirixían unha diocese formada por varias parroquias. 2. A Igrexa tiña moita influencia política ao intervir os papas nos asuntos dos Estados cristiáns. Ademais tiña un gran poder económico ao posuír gran parte das terras e cobrar rendas e o décimo. 3. Tradicionalmente, o Sacro Imperio nomeaba á xerarquía eclesiástica e ao papa. Cando, no s. XI, o papa Gregorio quixo independizar o papado do emperador, produciuse unha disputa que durou preto dun século. 4. As herexías son correntes relixiosas contrarias aos dogmas da Igrexa de Roma. Exemplos de herexías medievais son os valdenses ou os cátaros. 2.7. A expansión da cristiandade 1. Que son as cruzadas? 2. Que son as rutas de peregrinación? 1. As cruzadas eran intervencións militares que estaban organizadas polo papa e polos monarcas para conquistar Terra Santa ao Imperio islámico. Entre finais do s. XI e o s. XIII realizáronse oito cruzadas que deixaron moitos enfrontamentos entre os cristiáns e musulmáns. 2. As rutas de peregrinación xorden na Idade Media cando moitos viaxeiros foron atraídos polas reliquias que se conservaban en cidades como Roma, Xerusalén e Santiago de Compostela. 2.8. A arte románica. A arquitectura 1. Por que se di que o Románico é unha arte internacional e relixiosa? 2. Debuxa os seguintes elementos da arte románica: arco de medio punto, bóveda de canón, bóveda de aresta e cúpula. 3. Como son os muros das igrexas románicas? Para que serven as columnas, os piares e os contrafortes? 4. Debuxa a planta dunha igrexa románica e indica as súas partes. 1. Dise que o Románico foi un estilo internacional porque se expandiu por Europa nos séculos XI e XII, gracias aos mosteiros beneditinos da orde de Cluny e as rutas de peregrinación. Ademais, era unha arte relixiosa porque axudaba aos fieis que non sabían ler a achegarse aos textos sagrados a través das representacións. 2. Arco de medio punto Bóveda de canón Bóveda de aresta Cúpula 3. Os muros das igrexas románicas son grosos e con poucas ventás, xa que teñen que aguantar moito peso das cubertas feitas en pedra. As columnas e os piares son elementos que axudan a soster ese gran peso, ao igual que os contrafortes, que reforzan o exterior do edificio. 4. 2.9. A función didáctica da escultura e da pintura románicas 1. Que función tiña a escultura románica? Que características amosa? 2. Cales son as representacións principais da pintura e da escultura románica? 1. A escultura románica tiña principalmente unha función didáctica e relixiosa: ensinar os personaxes e os temas das Sagradas Escrituras. Amosa as seguintes características: Adaptación á arquitectura. Esculturas policromadas con fortes cores. Figuras humanas esquemáticas pero con moita expresividade. 2.Tanto a escultura como a pintura teñen o mesmo tema: a relixión. Deste xeito, adoitamos atopar: Pantocrátor: Cristo en actitude de bendicir. Tetramorfo: os catro evanxelistas (Mateo representado como un anxo, Marcos como un león, Lucas como un boi e Xoán como unha aguia). A Virxe co Neno no colo.