CONCEPTOS ARTE COMPLETO 2023-24 PDF
Document Details
Uploaded by ExquisiteJungle
IES Rosais 2
2023
Tags
Summary
This document contains a list of concepts related to art history, and explanations of each concept. It is a study guide for students learning about art history.
Full Transcript
IES ROSAIS 2 Rúa Coutadas s/n, 36207 VIGO Tlno. 886-120511 Correo electrónico: [email protected]...
IES ROSAIS 2 Rúa Coutadas s/n, 36207 VIGO Tlno. 886-120511 Correo electrónico: [email protected] DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CONCEPTOS DE HISTORIA DA ARTE (O estudo dos conceptos será acumulativo) 1. Ábsida: coa palabra ábsida os romanos nomeaban ás construcións con forma de rotonda que se engadían ao corpo principal dalgún edificio e que deron orixe á ábsida das igrexas. Xeralmente, é de planta e alzado semicirculares; aínda que tamén hainos poligonais, elipsoidais; cóbrense con bóveda, é un dos elementos máis característicos das arquitecturas relixiosas bizantina, románica e gótica. Neste caso é a parte da igrexa situada na cabeceira onde está o altar maior. Por exemplo, ábsida da catedral de Santiago de Compostela. 2. Altorrelevo: o relevo é unha obra escultórica que non é de vulto redondo. É tamén tridimensional, pero a imaxe está adherida a un plano, sobresaíndo deste, en maior ou menor medida. Segundo como sobresae do devandito plano, diferéncianse os seguintes tipos de relevo: altorrelevo e baixorrelevo. O altorrelevo é un escultura de vulto completo pero que toca o plano de sustentación e se coloca nas partes altas, mentras que no baixorrelevo, o grosor das figuras é menor e se coloca nas partes inferiores. Chámase ‘relevo semiexento’ cando sobresae tanto do plano que case parece exento. A escea representada no relevo ten que ser ordeada. Por exemplo, a decoración interior do Arco de Tito en Roma. 3. Aparello almofadado: lei de disposición do material na construción dun muro de sillería coas xuntas biseladas e de aspecto rústico ou a medio devastar. Utilízanse por primeira vez na arte romana e logo, no Renacemento nos pisos inferiores dos pazos florentinos, por exemplo no de Médici-Riccardi. 4. Arcobotante: é un elemento estructural exterior en forma de medio arco que recolle a presión no arranque da bóveda e a transmite a un contraforte ou estribo adosado a o muro dunha nave lateral. Xunto con arco apuntado e a bóveda de crucería, é un elemento distintivo da arquitectura Gótica e nada máis que se pode apreciar no exterior da construción. Utilizouse por primeira vez no 1188 na Igrexa A Nosa Señora de Paris. 5. Arco apuntado: tipo de arco oxival formado por dous tramos de arco formando un ángulo central na clave e transmite mellor o empurre lateral que un de medio punto o que fai que se obteña unha maior sensación de verticalidade. O uso deste arco a partir do século XII rompe co clasicismo do arco de medio punto utilizado na arte romana e románica e grazas a súa verticalidade non provoca tantas presións como o arco de medio punto. Utilízase fundamentalmente na arte Gótica, por exemplo na Catedral de Reims. 6. Arco de ferradura: é un tipo de arco “ultrasemicircular” (curva máis ampla que un círculo) e cos arranques á mesma altura. Ten a súa orixe na arquitectura visigoda da Península Ibérica (VI-VIII) e, de aquí, pasa á arte musulmana, se ben o arco visigoda non é tan pechado. Na arte musulmana, os arcos de ferradura encádranse no alfiz e ten numerosas variantes. Por exemplo, os de Santa Comba de Bande. 7. Arco de medio punto: tipo de arco no que o intradós (parte interior do arco) é un semicírculo. É o elemento fundamental na arquitectura abovedada formando as de canón. Algunhas variantes son o arco peraltado ou o arco rebaixado. É o arco máis característico da arte Románica. Por exemplo, os utilizados en Santiago de Compostela. L.G.R.1 IES ROSAIS 2 Rúa Coutadas s/n, 36207 VIGO Tlno. 886-120511 Correo electrónico: [email protected] DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA 8. Arco de faixa: tamén chamado faixón ou perpiaño, é un elemento estructural que forma parte da bóveda de canón e serve para reforzala. Vai empotrado na estructura e a súa orientación é transversal ao eixe da bóveda que queda dividida en tramos. Os arcos faixóns apóianse en piares que aguantan a cuberta e as súas tensións transmítense ao exterior mediante os contrafortes, na arquitectura Románica, e aos arbotantes, na Gótica. Na arquitectura Gótica se lle denomina arco Perpiaño e forma parte da bóveda de aresta ou crucería. Por exemplo, utilizados en Santiago de Compostela (foto de abaixo). 9. Arco formeiro: é un arco que discurre paralelo ao eixe lonxitudinal da nave dunha igrexa ou catedral. A súa función principal é a de soster os muros de separación entre as naves. Se o edificio ten unha única nave, os arcos formeiros irán empotrados nos muros e serán “cegos”. Os arcos formeiros van de piar a piar coincidindo cos tramos da bóveda. Típico do estilo Románico e Gótico; por exemplo, os que dividen as naves na catedral de Santiago. 10. Arco peraltado: é unha variante do arco de medio punto ao que se lle engadiron dovelas por encima da liña de imposta. Característico do Prerrománico, especialmente o Asturiano. Por exemplo, utilizados en Santa María do Naranco. 11. Arco rebaixado: variante do arco de medio punto cunha forma máis “aplastada” ben por non ser un semicírculo (arco escarzano) ou ben por ter o centro xeométrico por debaixo das liñas de imposta (arco Carpanel). Empréganse, sobre todo, a finais do Gótico e a principios do Renacemento. Arco escarzano Arco carpanel L.G.R.2 IES ROSAIS 2 Rúa Coutadas s/n, 36207 VIGO Tlno. 886-120511 Correo electrónico: [email protected] DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA 12. Arquitrabe: etimoloxicamente, significa ‘viga mestra’. É un elemento arquitectónico disposto horizontalmente sobre soportes verticais. Pecha a parte superior dun van e sostén o peso da construcción sobrestante. Pola súa sinxeleza, é un dos elementos de construcción máis antigos, como o demostran os dolmes. O arquitrabe foi usado polos exipcios. Na arquitectura clásica grega, é a parte baixa do entaboamento, que apoia directamente sobre o capitel. 13. Arquivolta: é cada unha das molduras que forman unha serie de arcos concéntricos decorando o arco das ventás ou das portadas medievais no exterior. Soe arrancar dunha xamba e rematar nunha imposta (saledizo sobre o que descansa un arco ou bóveda). Pode estar adornada, nas primeiras etapas con motivos xeométricos (dentes de serra, axedrezados ou dados) ou elementos naturais e, finalmente decorada con elementos escultóricos (Pórtico da Gloria).Utilízase na arte Románica e Gótica. Por exemplo, Porta de Platerías en Santiago de Compostela. 14. Baixorrelevo: relevo é unha obra escultórica que non é de vulto redondo. É tamén tridimensional, pero a imaxe está adherida a un plano, sobresaíndo deste, en maior ou menor medida. Segundo como sobresae do devandito plano, diferéncianse os seguintes tipos de relevo: altorrelevo e baixorrelevo. O altorrelevo é un escultura de vulto completo pero que toca o plano de sustentación e se coloca nas partes altas, mentras que no baixorrelevo, o grosor das figuras é menor e se coloca nas partes inferiores. Chámase ‘relevo semiexento’ cando sobresae tanto do plano que case parece exento. A escea representada no relevo ten que ser ordeada. 15. Basa: asento do fuste dunha columna, dun piar, dunha pilastra... Os primeiros ensaios da arte de construir descoñeceron a basa: as columnas asentábanse directamente sobre o chan. A orde arquitectónica grega máis antiga, a dórica, non tiña basa. A basa máis sinxela é o plinto, peza cadrada, que logo se foi complicando con toros, escocias... Por exemplo, templos xónicos e corintios gregos. 16. Bóveda de aresta: elemento arquitéctonico abovedado resultante da intersección de dúas bóvedas de canón que se cruzan perpendicularmente. A súa xeneralización débese a facilidade coa que distribúe os empurres da cuberta de cara os muros exteriores. Foi sobradamente utilizado na arte Románica (catedral de Santiago de Compostela, por exemplo) e se recupera con brío no Renacemento, sobre todo, no Quattrocento. 17. Bóveda de canón:tipo de bóveda que ten unha sección semicircular xerada pola prolongación dun arco de medio punto ao longo dun eixe lonxitudinal, de tal xeito, que os seus paramentos posúen a forma de media superficie cilíndrica. A súa tipoloxía varía en función do arco directriz: bóveda de canón rebaixado (arco rebaixado), bóveda de canón en carpanel (arco carpanel) e arco de canón apuntado (arco oxival). Os arcos de canón van reforzados cos arcos faixóns. O empurre horizontal desta bóveda é considerable e se absorbe mediante estribos: contrafortes ou muros de contención. Abandonouse o emprego desta bóveda a favor da de aresta. Utilizáronse na arte romana e románica, por exemplo na catedral de Santiago de Compostela. 18. Bóveda de cruzaría: tamén chamada “nervada”, tipo de bóveda formada polo cruce de dúas bóvedas de canón apuntado. Diferénciase da aresta en que a de cruzaría está reforzada por L.G.R.3 IES ROSAIS 2 Rúa Coutadas s/n, 36207 VIGO Tlno. 886-120511 Correo electrónico: [email protected] DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA dous ou máis nervios diagonais que se cruzan na clave. Consta de dous elementos: os arcos (armazón) e os panos ou plementos (cubren os espazos intermedios entre os arcos) e, transversalmente, quedan encadrados polos arcos faixóns e, lonxitudinalmente, polos formeiros. Xunto co arco apuntado e o arcobotante, é un dos elementos que distinguen á arquitectura Gótica. 19. Canon: en grego significa regra, lei, modelo. En escultura, é a regra das proporcións humanas conforme a un tipo ideal. En pinturas e esculturas exipcias, obsérvanse cuadrículas que parecen demostrar a aplicación dun canon. Os pintores gregos Parrasio e Zeuxis, e o escultor grego Mirón fixeron estudos sobre o canon. Especialmente célebre é o canon de Policleto, de sete cabezas (a máis célebre obra de Policleto é o Doríforo); posterior, é o canon de Lisipo, de 8 cabezas (Apoxiomeno). 20. Capitel composto: trátase de un tipo de capitel que non pertence aos órdenes arquitectónicos gregos (dórico, xónico e corintio), senón que, xunto ao toscano é unha das aportacións romanas aos órdenes clásicos. En proporcións e elementos compositivos é idéntico ao orden corintio, con dúas diferenzas: a basa é máis rica en molduras e se asemella á orden corintia invertido, mentras que o capitel é unha mestura ou composición (de aí o seu nome) do capitel xónico e do corintio. Do primeiro toma as volutas da parte superior e, do segundo, as follas de acanto que adornan a parte inferior. Aparece na época de Augusto, século I a C y d C. 21. Capitel corintio: tipo de capitel que pertence ás órdenes arquitectónicas da Grecia clásica, situado na parte superior da columna, sobre o fuste, e que sostén directamente o arquitrabe. Caracterízase por ter forma de campá invertida ou cesta de follas de acanto dispostas en dúas ou máis filas, curvadas cara afora, e formando nas extremidades unhas pequenas espirais ou volutas (caulículos) e está composto dos seguintes elementos (de abaixo arriba): astrálago, equino e ábaco. Aparece moito despois do capitel xónico. Conta a lenda que foi o escultor Calímaco quen, tras unha viaxe a Corinto, inventou a finais do século V a.C. este capitel. O primeiro templo coñecido onde aparece é o templo de ‘Apolo Epicuro’ en Basas, construído polo Ictino (Partenón). 22. Capitel dórico: tipo de capitel pertencente ás órdenes arquitectónicas da Grecia clásica, situado na parte superior da columna, sobre o fuste, e que sostén directamente o arquitrabe. A orde dórica, é a máis antiga, nace no século VII a. C. e está formada dos seguintes elementos (de abaixo arriba): baquetón, colariño, equino e ábaco. A súa orixe parece estar na necesidade dunha maior base de sustentación para o arquitrabe, e tamén na conveniencia estética de dulcificar a brusca transición entre a horizontalidade do entaboamento e a verticalidade da columna. O Partenón é o máximo expoñente desta orde. 23. Capitel xónico: tipo de capitel pertencente ás órdenes arquitectónicas da Grecia clásica, situado na parte superior da columna, sobre o fuste, e que sostén directamente o arquitrabe. O capitel xónico aparece despois do capitel dórico, a mediados do século VI a.C. e está formado dos seguintes elementos (de abaixo arriba): colariño de tabas ou astrálagos), equino (decoración de ovas ou óvalos e dúas volutas características) e ábaco. A súa orixe parece estar na necesidade dunha maior base de sustentación para o arquitrabe, e tamén na conveniencia estética de dulcificar a brusca transición entre a horizontalidade do entaboamento e a verticalidade da columna. L.G.R.4 IES ROSAIS 2 Rúa Coutadas s/n, 36207 VIGO Tlno. 886-120511 Correo electrónico: [email protected] DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA 24. Ciborio: ou “tambor”, trátase dunha construción en forma de torre de planta cadrada ou octogonal que se eleva sobre o cruceiro dunha igrexa. Empregouse, sobre todo, na arquitectura relixiosa e nos templos medievais. Levántase sobre pechinas ou trompas e soe estar rodeados de ventás coa que se alivia o peso da construción superior, ao tempo que proporciona luz ao interior. 25. Claroscuro: trátase dunha técnica pictórica que consiste no uso de contrastes fortes entre os volumes representados, uns iluminados e outros ensombrecidos o que permite crear maiores efectos de relevo e modelado das formas, a través da gradación dos tonos lumínicos. Iniciada polos pintores flamencos e italianos del Cinquecento, alcanza o seu gran desenvolvemento no Barroco, sobre todo, con Caravaggio quen creou un estilo propio chamado tenebrismo. 26. Clave dun arco: trátase da dovela central dun arco ou bóveda, soe ser maior que as outras dovelas e estar decorada. A última peza que se coloca na construción dun arco, é a chave e ata que non está colocada, hai que sostelo, normalmente coa cimbra (construción provisional que aguanta un arco ou bóveda). 27. Cor complementaria: é a que se atopa nunha situación oponible dentro do círculo cromático (ou roda de cores, é a representación ordenada e circular das cores de acordo co seu tono e no que se representan as cores primarias e as súas derivadas). Como hai varios tipos de círculo cromático, a denominación complementario depende do modelo empregado: RGB, CMYK ou tradicional. Así, ao mesturar as cores complementarias nunha determinada proporción, o seu resultado é unha cor neutra (gris, branco ou negro). 28. Columna salomónica: a columna é un elemento arquitectónico sustentante e serve de soporte de entaboamentos, arcos, bóvedas... Consiste nun pé dereito xeralmente de sección circular, e que se compón de tres partes: basa, fuste e capitel. A columna salomónica, é un tipo de columna con fuste helicoidal (en espiral). É característica do estilo Barroco e un bo exemplo serían as columnas do “Baldaquino” da Basílica de San Pedro de Bernini. 29. Contraforte: ou “estribo”, trátase dun engrosamento do muro, normalmente de cara ao exterior, usado para soportar o compoñente horizontal da carga que supón a bóveda ou cuberta a dúas augas. A presión da cuberta e o seu peso tenden a empurrar transversalmente o muro L.G.R.5 IES ROSAIS 2 Rúa Coutadas s/n, 36207 VIGO Tlno. 886-120511 Correo electrónico: [email protected] DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA que o sustenta, por este motivo o muro debe de reforzarse para que non ceda. Foron utilizados desde a antiguedade e convírtense en elementos característicos da arte románica e gótica. 30. Contraposto: ou contrapposto, italianismo que significa a oposición harmónica das diversas partes do corpo humano, especialmente cando algunha delas se atopan en movemento ou tensión, estando as súas simétricas, en repouso. O contraposto foi estudado por rigor polos escultores gresgos, que lograron romper o coa chamada lei da frontalidade (de fronte). O contraposto foi moi empregado de novo a partir do Renacemento tardío. Por exemplo, O David de Miguel Ángel. 31. Cornixa: en arquitectura, en xeral, é unha moldura que se utiliza como remate dunha edificación. Na arquitectura grega clásica era o elemento que culminaba o entaboamento; situábase, sobresaíndo, sobre o friso. Sustentaba o frontón; delimitaba a base do tímpano e servía para protexer a parede. 32. Cadro de Historia: trátase dun xénero pictórico que se inspira en acontecementos históricos, desde a historia antiga ata os máis recentes e tamén mitolóxicos. Tamén se inclúe nel, o xénero alegórico e os cadros que toman a súa narración da literatura. Polo tanto, se fala de pintura histórica porque narra unha historia, non soamente eventos históricos. Tradicionalmente, foi considerado un xénero moi importante. Un exemplo sería a “Rendición de Breda” de Diego Velázquez. 33. Cadro de xénero: tamén coñecida como pintura costumbrista, é un tipo de representación pictórica que plasma esceas da vida cotiá, persoas normais, da rúa ou contemporáneas ao autor e lugares comúns como festas, tabernas, mercados, rúas, etc. Soen ser representacións realistas, imaxinarias ou embelecidas polo artista. Foi tildada como xénero petit en oposición ao gran xénero que era a pintura de historia. Aínda así, o tema de xénero aparece en casi todas as tradicóns artísticas. 34. Cúpula: bóveda semiesférica colocada, xeralmente, cobre un espazo cadrado, o paso da cúpula á planta circular ou octogonal, lógrase por medio de trompas ou pechinos. Para conseguir unha maior elevación e iluminación, faise reposar a cúpula sobre un tambor cilíndrico. A cúpula é unha creación da arte romana (Panteón de Roma, 43,5m de diámetro), característica da arte bizantina (Santa Sofía de Constantinopla, 31m de diámetro) e elemento arquitectónico sobradamente utilizado en toda a Historia de Arte. 35. Curva praxiteliana: é un elemento característico da obra de Praxíteles, escultor grego, ateniense do século IV a C. Trátase dun contraposto, é dicir, un contrabalanceo acusado entre os diferentes membros do corpo que chega a adquirir trazos curvilíneos ou en forma de ese. As curvas praxitelianas acentúan a sensación de dinamismo. Por exemplo, o “Hermes co neno Dionisio” de Praxíteles. 36. Deambulatorio: ou “xirola”, trátase dun espazo que rodea o altar maior e por onde transitan os fieis de xeito fluido. É característico da arquitectura románica (igrexas de peregrinación) e que logo se transmitiu á arquitectura gótica. Normalmente, na cabeceira da nave central sitúase o presbiterio e a continuación a capela principal onde se atopa o altar maior formando unha L.G.R.6 IES ROSAIS 2 Rúa Coutadas s/n, 36207 VIGO Tlno. 886-120511 Correo electrónico: [email protected] DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA ábsida de planta semicircular ou poligonal. Por exemplo, a xirola da catedral de Santiago de Compostela. 37. Doela: trátase dun elemento construtivo que conforma un arco. Na arquitectura clásica soe ser de pedra e ter forma de cuña e disposta de forma radial nun arco ou bóveda. A do centro é a que se chama “chave” e as dos extremos que soportan o peso, “salmer”. A parte interior da dovela chámase “intradós”, e a externa “trasdós”. 38. Entaboamento: trátase do conxunto de pezas que se sitúan inmediatamente sobre as columnas e que está dividido en tres seccións (de abaixo arriba): arquitrabe, friso e cornixa. Os entaboamentos son elementos básicos da arquitectura clásica e a súa estructura varía nas tres órdenes: Dórico, Xónico e Corintio. A orixe destes elementos atópase na imitación en pedra das formas que se facían en madeira, así o arquitrabe sería a copia en pedra da viga de madeira. Os triglifos (orde dórico) do friso serían as cabezas das vigas secundarias e a cornixa sería o borde das taboas da cuberta. 39. Éntase: na orde Dórica da arte clásica grega, é o ancheamento da parte central do fuste das columnas. Facíase para diminuir a apariencia de concavidade que presenta o fuste recto. Podémolo observar, por exemplo nas columnas do Partenón. 40. Escultura de vulto redondo: trátase dun tipo de escultura propria da chamada escultura exenta na que se representa a terceira dimensión en verdadeira proporción, a veces, a tamaño natural a diferencia de lo que se realiza no relevo de medio bulto, que o fai cunha lixeira redución, mentras que no altorrelevo a redución é maior. Por exemplo, O David de Miguel Ángel. 41. Escultura exenta: é aquela escultura que está tallada, esculpida ou modelada por tódolos lados e non está suxeita a ningún muro ou parede, é dicir, soamente se atopa apoiada a unha base. Represéntase a terceira dimensión e verdadeira proporción, a veces, a tamaño natural polo que, pódese observar desde tódolos ángulos. Un exemplo sería as escultura de Miguel Anxo “O David”. 42. Esfumado/sfumato: técnica pictórica que se obtén superpoñendo varias capas de pintura extremadamente delicadas, proporcionando á composición uns contornos imprecisos. Utilizábase nos cadros do Renacemento para proporcionarlles unha sensación de profundidade e foi inventada por Leonardo da Vinci e que nunca desvelou o seu procedemento. Conseguiuna plenamente na “A Gioconda” e “San Xoán Bautista”. 43. Estatua ecuestre: trátase de representacións de homes montados a cabalo que se levan facendo desde a antiguedade como unha homenaxe a personaxes destacados. Na Roma clásica representábanse así líderes e estadistas enfatizando o papel destacado dos equites o cabaleiros na cidade de Roma. Trala caída do Imperio Romano non se volveu a recuperar este tipo de escultura ata o Renacemento, seguindo como modelo a única escultura ecuestre en bronce que se mantivo, a do Emperador Marco Aurelio. 44. Estatua-columna: é unha obra de escultura, xeralmente de vulto redondo, que representa unha figura labrada á imitación do natural. O canon xeralmente é esvelto e está adosada ao fuste dunha columna, ou ocupa o lugar do fuste. As Cariátides do Erecteion da Acrópolis de L.G.R.7 IES ROSAIS 2 Rúa Coutadas s/n, 36207 VIGO Tlno. 886-120511 Correo electrónico: [email protected] DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA Atenas son estatuas-columna. Tamén foron amplamente utilizadas nas portadas das igrexas ou catedrais románicas e góticas. Pórtico Real da Catedral de Chartres, é un magnífico exemplo. 45. Estilo: etimoloxicamente, procede dunha palabra grega que significa columna. A columna era o elemento definidor da arquitectura grega, polo que estilo significaba o xeito de facer a arquitectura. Os estilos arquitectónicos clásicos gregos foron a orde dórica, xónica e corintia. Outro significado de estilo é unha palabra latina que significa punzón, utilizados polos romanos para escribir. De aquí deriva o significado máis xeneralizado de estilo: xeito de escribir, falar, compoñer, construír, esculpir, pintar, etc, dun artista, época, escola ou zona xeográfica. 46. Friso: nas ordes clásicas, forma parte do entaboamento entre o arquitrabe e a cornixa. Na orde dórica, o friso caracterizouse pola alternancia de triglifos e metopas. Na orde xónica e corintia, o friso era liso ou con decoración; a decoración consistía en procesións, escenas de batalla, etc. Tamén se da o nome de friso a unha superficie dunha parede esculpida ou pintada con desenvolvemento horizontalmente; exemplos célebres deste último tipo de friso son a ‘Procesión panateneas’ no Partenón de Atenas, e os frisos da ‘Ara Pacis’ de Roma. 47. Fuste: é a parte principal da columna, en concreto, a parte entre o capitel e a basa, aínda que, unha columna pode estar constituída únicamente por este elemento. Pode ser monolítico, se é dun só bloque, e aparellado, se está formado por tambores superpostos. Pode ser recto ou en espiral (helicoidal) como a columna salomónica. Segundo a decoración pode ser liso ou ornamentado (aresta viva, estrías, acanaladuras...). Tamén pode ter éntase, un ancheamento na parte central que corrixe as deformacións visuais, como se pode observar nas columnas do Partenón de Atenas. 48. Iconografía: etimoloxicamente, significa ‘descrición das imaxes’. É a ciencia que estuda a descrición de estatuas, relevos, pinturas... Ocúpase, por exemplo, dos personaxes da mitoloxía grecorromana, ou dos personaxes bíblicos ou dos do cristianismo, entre eles os santos (haxiografía). 49. Imposta: trátase dun salinte que separa os diferentes pisos dun edificio. Normalmente é un aparello de sillares voladizo, ás veces con moldura, sobre o que vai estribado (reforzado) nun arco ou bóveda. Marca sempre a liña divisoria entre un elemento arquitectónico que sustenta (columna, piar ou muro) e outro sustentado curvo (arco ou bóveda). 50. Liña serpentinata: designa o trazado en forma de serpentina (“S”) dunha figura. Está relacionada co contrapposto que se produce cando se representa á figura humana coas cadeiras, ombreiros e cabeza, de cara adiante ou ao lateral, producíndose un desprazamento do centro de gravidade de cara a un lado. A liña serpentinata, require un estudo profundo do corpo e está considerada un maior avance técnico. Comezouse a utilizar no período clásico e helenístico da arte grega (“Laocoonte e os seus fillos” “Venus de Milo”) e será unha característica do manierismo (Miguel Anxo, O Greco). 51. Ménsula: en arquitectura, chámase ménsula a calquera elemento estructural en voladizo. Pódense distinguir dous tipos: - Ménsulas curtas: serven de soporte para outro elemento, como o arranque dun arco, balcón ou cuberta. Soían estar decoradas. L.G.R.8 IES ROSAIS 2 Rúa Coutadas s/n, 36207 VIGO Tlno. 886-120511 Correo electrónico: [email protected] DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA - Ménsulas longas: pola súa lonxitude horizontal funcionan como unha viga. 52. Métopa: etimoloxicamente, significa ‘entre buracos’. Nos entaboamentos da orde dórica dos templos pertencentes á arte grega clásica, situábanse entre os triglifos. En realidade, era un recordo dos espazos baleiros entre os traveseiros dos entaboamentos primitivos de madeira. Poden ser de pedra, mármore ou terracota e, cada un deles estaba decorado con baixorrelevos de temas variados e se caracterizaron por relatar sucesos históricos. A súa función era decorativa e estaban policromadas. Por exemplo, as metopas do Partenón, decoradas coa ‘Xigantomaquia’, a ‘Amazonomaquia’, a ‘Guerra de Troia’ e a ‘Centauromaquia’. 53. Nártice: ou “nártex”, trátase do pórtico construído á entrada das basílicas paleocristiás no que permanecían os catecúmenos (persoa que aínda non foi bautizada). As basílicas paleocristiás, xeralmente estaban precedidas por un amplo patio rodeado de pórticos, no centro do cal había unha fonte e accedíase a el mediante un primeiro nártex, o exterior (exonártex) , e pasábase do patio á basílica propiamente dita mediante un segundo nártex, o interior (endonártex). 54. Natureza morta/bodegón: trátase dunha representación de animais, flores e outros obxectos naturais (froitas, comida, plantas, rochas, etc.) ou feitos polo ser humano (utensilios de cociña, de mesa, de casa, antiguedades, libros, xoias, moedas, etc.) nun espazo acotado. Transmiten un efecto de serenidade, benestar e harmonía. As orixes hai que buscalas na antiguedade pero, cando se fixo máis popular en occidente foi a partir do século XVII. Ademais, soían ter un simbolismo relixiosos ou alegórico en relación cos obxectos que representaban. 55. Parteluz: ou “mainel”, é un elemento arquitectónico sustentante en forma de columna que se dispón no centro dun arco dividíndoo en dous vans. Normalmente, está situado baixo o tímpano do pórtico ou forma parte dun ventanal. Se está situado nun pórtico, pode estar adornado con iconografía relixiosa. Moi utilizado na arte Románica e Gótica, por exemplo no Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela. 56. Perspectiva xerárquica: trátase do tipo de perspectina na que o tamaño dos personaxes representados ven determinado pola importancia (moral, social ou relixiosa) dos mesmos. É típica da arte exipcia onde o faraón ou deus ten un maior tamaño, e da románica na que Deus ou a Virxe destacan claramente sobre as demais. 57. Perspectiva aérea: tamén chamada “atmosférica”, consiste no método para lograr a sensación de profundidade nunha pintura de tal forma que, canto máis afastados estean os obxectos, se verán máis difuminados. O pó e a humidade no ambiente causan a dispersión da luminosidade. Aínda que o termo foi acuñado por Leonardo da Vinci, xa se empregaba nos murais grecorromanos de Pompeya. 58. Perspectiva lineal: consiste no tipo de perspectiva na que as liñas que van do máis próximo ao máis afastado da representación, converxen nun punto chamado “punto de fuga”, creando a ilusión de profundidade. Ata o inicio do Renacemento non houbo preocupación pola perspectiva, pero a finais da Idade Media algúns pintores como Giotto, Piero della Francesca e Masaccio, inician o camiño para a súa conquista. No norte de Europa, será Jan Van Eyck quen logre no seu “Matrimonio Arnolfini” un cadro modélico neste aspecto, ao colocar o espello no fondo da representación, este actúa como punto de fuga. L.G.R.9 IES ROSAIS 2 Rúa Coutadas s/n, 36207 VIGO Tlno. 886-120511 Correo electrónico: [email protected] DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA 59. Piar: trátase dun elemento de soporte de un edificio de orientación vertical e destinado a recibir o peso edificación e transmitilas á cimentación e que posúe unha sección poligonal (a sección da columna é circular). Según a súa disposición poden ser clasificados en: piares illados ou exentos; adosados; embebidos (incrustado no muro) e pola súa forma podémolos clasificar en: cuadrangular, rectangular ou octogonal. Foron utilizados en diferentes estilos artísticos: Islámico, Románico, Gótico, Renacemento, etc. 60. Pilastra: trátase dun piar ou columna adosado a un muro e cunha función estructural, sostendo o teito, entablamento ou arquitrabe, ou meramente decorativa. Está composta polos mesmos elementos constructivos que as columnas ou piares: basa, fuste e capitel. Cando sobresalen do muro e son alongadas e conectadas con arequerías cegas, reciben o nome de bandas lombardas. 61. Plan central: tamén chamada “planta centralizada”, trátase dun tipo de planta arquitectónica que organiza o espazo interior dun edificio en rotonda. Pode ser cadrada, circular ou de cruz grega, e cúbrese cunha cúpula. Son características da arte relixiosaPaleocristiá, Bizantina e Visigoda. A función dos edificios que utilizaban esta planta varía: baptisterios (baptisterio de Florencia), mausoleos, martiria, etc. Pero tamén se utilizaron nas construccións militares. 62. Planta basilical: trátase dun tipo de planta que se desenvolve lonxitudinalmente. Posúe un número impar de naves, tres ou cinco, sendo a central máis ancha; as naves están separadas por columnas; ten ábsida na cabeceira. Pode ir precedida de nártex e atrio e, ás veces, tiñan cruceiro. O modelo provén das basílicas romanas que ocupaban un lugar no foro e, entre outras funcións, servían para a administración da xustiza. 63. Planta cruz grega: tipo de planta que se corresponde co deseño usado nas igrexas nas que o brazo maior (que se aliña co pórtico principal, atrio, altar maior e ábsida) ten a mesma lonxitude que o brazo menor ou transepto. Teñen a súa orixe na arquitectura persa sasánida e era a planta típica utilizada na arte bizantina, por exemplo San Marcos de Venecia. Será recuperada na arte do Renacemento. 64. Planta cruz latina: tipo de planta que se corresponde co deseño usado nas igrexas nas que o brazo maior (que se alinea co pórtico principal, atrio, altar maior e ábsida), ten maior lonxitude que o brazo menor ou transepto. É moi común nas igrexas da cristiandade latina, sobre todo, nas igrexas monásticas dos benedictinos (Cluny e Cister) e nas denominadas igrexas de peregrinación románicas como a catedral de Santiago de Compostela, e nas igrexas góticas. A zona na que se cruzan o brazo maior e o menor, denomínase cruceiro e a forma da súa cuberta pode ser moi variada: bóveda de aresta, de cruzaría, cúpula, cimborrio, etc. As naves soen estar divididas en naves (número impar) e na cabeceira atópase a ábsida semicircular, poligonal ou cadrada. Por exemplo, catedral de Santiago de Compostela. 65. Presbiterio: trátase do espazo que, nun templo católico, precede ao altar maior e que, ata o Concilio Vaticano II, quedaba reservado ao clero. Pode estar separado da nave central por escalinatas ou barandillas. Tamén soe ser o lugar destiñado ao coro, pero non sempre. Nos estilos románico e gótico, é o tramo da nave que une a capela da ábsida coa do cruceiro. 66. Retrato: trátase dun xénero da pintura no que se pretende representar a apariencia visual do suxeito (ser humano ou animal). Os retratistas traballaban por encargo. Cando o artista L.G.R.10 IES ROSAIS 2 Rúa Coutadas s/n, 36207 VIGO Tlno. 886-120511 Correo electrónico: [email protected] DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA retrátase a sí mesmo, falamos dun autorretrato. Dentro da xerarquía dos xéneros, o retrato, ten unha postura intermedia, por un lado representa a unha persoa feita a semellanza de Deus, pola outra, é unha glorificación da vanidade humana. 67. Rosetón: trátase dunha ventá circular calada e con vidrieiras. O rosetón alcanzou o seu apoxeo na arte Gótica, mentras que na Románica era de pequeno tamaño. Desde o século XIII, os rosetóns aumentaron as súas dimensións e a complexidade da súa decoración e pasaron a situarse nas fachadas por encima das portadas e nos frentes do transepto. A súa función era doble: iluminar o interior do templo e conseguir un ambiente de misterio ao incidir no altar os raios do sol que atravesan as vidrieiras de vivas cores. Un exemplo podería ser o de Notre Dame de Paris. 68. Técnica de panos mollados: trátase dun xeito de esculpir iniciado por Fidias, artista grego ateniense do século V a.C. Consiste nun tratamento especial dos panos que cobren os corpos das esculturas, elemento que el utiliza con gran forza expresiva. Os panos vense adheridos aos corpos coma se estivesen mollados, co que se acentúan os xogos de luz. Dinamiza as figuras incidindo na súa sutileza, grazas á sensualidade que delas se desprende. Por exemplo, esculturas dos tímpanos do Partenón. 69. Tímpano: nos templos correspondentes á arte clásica grega, trátase do espazo triangular delimitado polo frontón. Habitualmente, estaba decorado con programas escultóricos. Na arquitectura das igrexas cristiás, é un espazo semicircular ou oxival (gótico) delimitado polo dintel e as arquivoltas nas portadas. Nos templos gregos había dous tímpanos, en frontes opostos. Nas igrexas cristiás, cada portada tiña o seu, e se a portada tiña varias portas, cada porta tiña o seu tímpano. Por exemplo, os tímpanos da Portada de Praterías en Santiago de Compostela. 70. Tribuna: trátase dunha galería elevada, normalmente no primeiro piso, encima das naves laterais do templo, coa mesma lonxitude e anchura e aberta á nave central, para uso dos fieis. Utilizouse, sobre todo, na arquitectura bizantina, románica e gótica. Na basílica paleocristiana, é a bancada seguida e adosada á ábsida. Nas catedrais de peregrinación, as tribunas tiñan a función de albergar aos peregrinos. Por exemplo, na catedral de Santiago de Compostela. 71. Triforio: trátase dun elemento arquitectónico situado nas naves centrais encima das arcadas que dan ás naves laterais. Trátase dunha liña de vans, normalmente xeminados, abertos nos muros, polo tanto non é un corredor como a tribuna. Cando coincide tribuna e triforio, a primeira constitúe o segundo andar e o triforio o terceiro. Característico das catedrais góticas, por exemplo a de León. 72. Triglifo: etimolóxicamente, significa ‘tres’ e ‘esculpir’. Elemento decorativo do friso dórico, de forma rectangular, con entalladuras ou canles verticais. Recorda ás trabes dos primitivos que facían entaboamentos de madeira. Propios dos templos da Grecia clásica, por exemplo, no Partenón. 73. Trompa: Chámase así ao elemento sustentante que permite pasar dunha planta octogonal a unha cadrada. Ten forma abucinada, como un abanico, e parece unha pequena bóveda semicónica. Foi utilizada por primeira vez na arte islámica e, despois utilizouse na arte bizantina e románica. (Lembra que pasamos dunha bóveda circular a unha planta cadrada coas L.G.R.11 IES ROSAIS 2 Rúa Coutadas s/n, 36207 VIGO Tlno. 886-120511 Correo electrónico: [email protected] DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA pechinas que teñen forma triangular. Iniciada polos romanos pero o exemplo máis fermoso é o de Santa Sofía de Constantinopla). MÁIS INFORMACIÓN: -Definicións de arte: http://www.murciaeduca.es/iesjimenezdelaespada/aula/archivos/repositorio//0/50/ VOCABULARIO_DE_HISTORIA_DEL_ARTE.pdf http://www.proyectosfindecarrera.com/a-definiciones-62.html http://80.24.102.10/departamentos/sociales/arte/util/voca.htm -Tódalas definicións sobre castelos e mundo medieval: http://www.naturayeducacion.com/castillos/informacion/caballeros.asp L.G.R.12