UD 4 Comunicacións en Educación para a Saúde (Galego) PDF
Document Details
Uploaded by UltraCrispKazoo3776
Tags
Related
- Communication Skills And Health Education Course (NURS 315-2) PDF
- Communication Skills And Health Education Course (NURS 315-2) PDF
- Communication Skills and Health Education Course (NURS 315-2) PDF
- Health Educator Characteristics PDF
- Communication Skills: A Summary of Lecture Notes PDF
- Kỹ Năng Giáo Dục Sức Khoẻ PDF
Summary
This document discusses communication in health education, covering verbal and nonverbal communication, and factors that facilitate the process. It explores aspects of communication in the context of promoting and restoring health, highlighting aspects like communication barriers, and communication techniques. It introduces alternative communication methods for diverse groups.
Full Transcript
UD 4. COMUNICACIÓN EN EDUCACIÓN PARA A SAÚDE. 1. COMUNICACIÓN EN SAÚDE. A comunicación é o proceso mediante o cal a persoa que emite unha mensaxe desexa entrar en contacto con quen o recibe para conseguir un certo obxectivo. Elementos do proceso de comunicación: EMISOR: persoa que emi...
UD 4. COMUNICACIÓN EN EDUCACIÓN PARA A SAÚDE. 1. COMUNICACIÓN EN SAÚDE. A comunicación é o proceso mediante o cal a persoa que emite unha mensaxe desexa entrar en contacto con quen o recibe para conseguir un certo obxectivo. Elementos do proceso de comunicación: EMISOR: persoa que emite a mensaxe (verbal ou non verbal). MENSAXE: é o obxecto da transmisión, a información do emisor transformada a través dun código. RECEPTOR: persoa que recibe a mensaxe e a decodifica. CANLE: medio a través do cal se transmite a mensaxe verbal ou non verbal. CÓDIGO: sistema de signos e de regras identificables polo emisor e o receptor. CONTEXTO: é unha situación real en que se dá a comunicación. Comunicación verbal e non verbal Verbal Non verbal Oral Linguaxe falada Paralingüística Non oral Linguaxe escrita Kinesia e proxemia A comunicación verbal é aquel tipo de comunicación que se serve da linguaxe. Hai que ter tamén en conta a paralinguaxe: ton, pausas, volume, pausas, emisións fónicas emotivas, etc. A non verbal é aquela que non usa as palabras como elemento de comunicación, senón que se realiza a través de multitude de signos de gran variedade: expresión facial, contacto ocular, postura, movementos, distancia e estética. En ambas: Para interpretar correctamente as mensaxes verbais é necesario coñecer o código, que ten que ser común para emisor e receptor. Linguaxe corporal 55% Voz 38% Palabras 7% Dentro da comunicación non verbal atópase: KINESIA: estuda os movementos corporais, expresións faciais, etc. PARALINGÜÍSTICA: estuda a forma de expresarnos como ton, volume, pausa, ritmo, velocidade ao falar, etc. PROXÉMICA: investiga a forma en que manexamos o noso espazo persoal e o significado que ten. As barreiras na comunicación poden ser de tres tipos: Psicolóxicas ou sociais: personalidade incompatible, opinións, cultura e valores diferentes, falta de empatía, xerarquías, privacidade, estigmatización do tema tratado, etc. Semánticas: lingua, terminoloxía usada descoñecida ou inapropiada, etc. Físicas: atraso na transmisión da mensaxe, interferencias como ruídos, falta de iluminación, tamaño pequena de letra, etc. Factores que facilitan o proceso de comunicación: Concordancia entre o verbal e non verbal. Conduta asertiva e empática. Escoita activa: uso de paráfrase como confirmación da comunicación. Contorna adecuada. Atención á diversidade. Formulación adecuada de preguntas e respostas. Axustar o volume e a velocidade á circunstancia, ou á importancia. Realizar as pausas e reiteracións oportunas. Cara e mans á fronte, contactando coa mirada. Manter as distancias físicas e sociais. Como estratexia e estilo de comunicación, a asertividade diferénciase e sitúase nun punto intermedio entre outras dúas condutas polares: a agresividade e a pasividade. Defínese como un comportamento comunicacional no cal a persoa non agride (agresividade) nin se somete á vontade doutras persoas (pasividade), senón que manifesta as súas conviccións e defende os seus dereitos. Cabe mencionar que a asertividade é unha conduta das persoas, un comportamento. Reduce a ansiedade Mellora a autoestima e a comprensión Axuda na relacións interpersoais A comunicación en saúde debe ser PERSUASIVA, non basta cunha transmisión simple da información ou coñecementos. O seu obxectivo primordial é axudar a cambiar aptitudes e actitudes que favorezan a saúde: empoderamento. Características: VERAZ, ben documentada e de fontes fiables. CLARA, ben presentada e utilizando medios adecuados para o tipo de programa. COMPRENSIBLE, estudando previamente o público a quen vai dirixida a acción educativa para poder adaptar o programa ao seu nivel. DE INTERESE PARA O RECEPTOR, dificilmente pódese chamar a atención de algo se non interesa. MÚLTIPLE E REITERADA, por varias canles para que non esqueza rapidamente. A comunicación alternativa Utilízanse de forma sustitutoria ou complementaria en persoas con problemas auditivos, afasias, autismo, tetraplexías, discapacidade intelectual, etc. Lingua de signos: consta de xestos corporais, expresións faciais, lectura de beizos e alfabeto dactílico. Pictogramas: debuxos que se combinan en táboas temáticas. 2. ASPECTOS XERAIS DA APRENDIZAXE. A finalidade da EpS é conseguir cambios de conduta que sexan saudables, autorresponsabilizando ao individuo da promoción ou recuperación da súa saúde. Estes cambios débense á posibilidade de aprender cales son os determinantes do comportamento no ámbito cognitivo/coñecementos, afectivo/valores e actitudes, e desenvolvemento de habilidades. Existe gran número de teorías para explicar os mecanismos a través dos cales se pode cambiar un comportamento. Dentro destas teorías, que podemos denominar cognitivo-condutuais (o comportamento estaría determinado por elementos persoais e ambientais), atoparíanse os modelos derivados da comunicación persuasiva, utilizados a miúdo como marco de referencia en proxectos de educación sanitaria. 3. O MODELO PERSUASIVO consta de seis etapas (fases da persuasión), sendo as tres primeiras propias da “comunicación simple” e as restantes da “comunicación persuasiva”: 1. Exposición da información (correcta e completa). 2. Atención á información (atractiva). 3. Comprensión da información (clara e asequible). 4. Aceptación/rexeito da mensaxe: nesta fase prodúcese o cambio de actitude (predisposición mental para comportarse dunha forma determinada). As actitudes de saúde pódense adquirir por tres vías fundamentais, a propia experiencia (vía máis importante), a observación de terceiras persoas e a comunicación. Non se ensina nin se aprende se non existe un grao de comunicación e motivación aceptable nas persoas que participan na EpS. A motivación, sentimento individual e profundo que se traduce en desexo para lograr algo, é unha das bases fundamentais da comunicación persuasiva e un requisito de todo proceso educativo que se debe ter en conta á hora de priorizar actividades educativas. 5. Persistencia do cambio de actitude: para iso é necesario repetir a motivación periodicamente. 6. Cambios de conduta: unha vez conseguido o cambio de actitude, as mensaxes sanitarias deben acompañarse de instrucións sobre a modificación de condutas. 4. MÉTODO PRAGMÁTICO. A maioría dos autores asumen na actualidade que un cambio de actitude é importante, pero insuficiente para conseguir modificar a conduta. É preciso que o medio ambiente externo sexa favorable (ou polo menos non contrario) a este cambio, e neste sentido, proponse un MÉTODO PRAGMÁTICO de educación sanitaria, onde se fai necesario un enfoque multifactorial, cara ao individuo e cara ao ambiente físico, socioeconómico e cultural, tendo en conta as circunstancias ambientais para que a comunicación persuasiva sexa eficaz (a ausencia dun medio ambiente favorable é o principal motivo de fracaso educativo). Tamén expresa a dificultade de modificar os comportamentos humanos de forma duradeira, en ocasións hábitos moi arraigados, sendo preciso acompañar a comunicación persuasiva de instrucións e medios (recursos) suficientes para o cambio, e mesmo poden ser necesarios servizos especializados (centros de desintoxicación, etc.). O modelo pragmático desenvolveuse a partir do modelo de comunicación persuasiva e do baseado na política económica. MODELO PRAGMÁTICO DE EDUCACIÓN SANITARIA Comunicación persuasiva e información Compoñente afectivo: sentimentos e emocións eficaz: veraz, clara, comprensible, completa, asociadas aos coñecementos. interesante, acreditada, repetida e breve. Instrucións nas mensaxes sobre como cambiar a Modelo baseado na política económica: conduta. presionar ás autoridades políticas para mellorar o medio ambiente da poboación. 5. A APRENDIZAXE SIGNIFICATIVA. Os modelos de proceso de aprendizaxe en EpS con adultos, provenientes de enfoques cognitivos e distintas teorías de educación de adultos, buscan lograr unha aprendizaxe significativa, condicionado tanto o nivel de desenvolvemento operativo (capacidades previas), como polos coñecementos previos (o individuo que inicia unha nova aprendizaxe faino a partir dos coñecementos que construíu na súa experiencia previa). O factor máis importante que inflúe sobre a aprendizaxe é a cantidade, claridade e organización dos coñecementos que xa ten o individuo. A persoa aprenderá desde a súa experiencia, vivencias, preconceptos e modelos cognitivos, reorganizándoos e modificándoos ante as novas informacións ou experiencias que se dan no proceso educativo. Este feito é de especial importancia nos procesos educativos en adultos, xa que parten dunha ampla bagaxe de experiencias. A aprendizaxe significativa, en contraposición coa aprendizaxe memorística ou por vaso baleiro, relaciona de forma substantiva e non arbitraria o novo material de aprendizaxe co que o suxeito xa sabe. Non se limita á mera memorización sen o establecemento de relacións cos seus coñecementos previos. Segundo este modelo, o proceso de ensino-aprendizaxe pasará polas seguintes fases: Expresión e/ou investigación da súa realidade: consiste en que cada persoa se autoexplore, investigue sobre si, sexa máis consciente da súa propia realidade, parta da súa situación, da súa experiencia persoal. Para iso téntase posibilitar a expresión, a reflexión e unha certa elaboración da súa realidade. Afondamento no tema: preténdese que cada persoa amplíe a visión da súa realidade, coñeza posibles factores causais, cambie o sentido que atribúe aos acontecementos, modifique o seu marco conceptual ou emocional, en definitiva, reelabore a súa situación. Para iso é conveniente posibilitar a reorganización e/ou o incremento de coñecementos, e analizar a súa situación nun sentido xeral ou específico dalgúns temas (cambio de actitudes, cambio emocionais, etc.). Afrontamento da súa situación: nesta fase preténdese que cada persoa valore e decida a acción sobre a súa realidade, e desenvolva recursos e habilidades necesarias para introducir na súa vida os cambios que previamente considerase necesarios. É conveniente posibilitar a identificación e análise de posibles cambios, tomar decisións respecto a eles, analizar problemas e dificultades, así como buscar solucións, desenvolver os recursos e habilidades necesarias para este cambio. 6. O ROL DO EDUCADOR. Función O educador ten a función de preparar, antes da sesión educativa, e xestionar na propia sesión educativa: A tarefa (inclúe as técnicas e actividades educativas aplicadas a cada contido e adaptadas ao grupo: linguaxe clara, exemplos cotiáns, etc.) O tempo. O espazo (condicións físicas en que se desenvolve o proceso educativo). O clima no grupo (como produto das relacións entre educador/a e educandos entre si). Os recursos. Actitudes Congruencia (adecuación entre o que sentimos, pensamos e expresamos) Aceptación (non manipular ás outras persoas, senón aceptar ao outro tal como é). Empatía (colocarnos no lugar doutras persoas e manifestar desexo de axuda). Habilidades Xenerais: Escoita activa. Comprensión empática. Asertividade. Autocontrol emocional. Manexo de conflitos. Negociación. Relacionadas co manexo de grupos: Axudar a pensar. Reforzar positivamente. Manexo de discusións. Canalizar e impulsar a tarefa. Dar resposta ás necesidades expostas polos grupos. Resumir e devolver. Relacionadas coa tarefa: Manexo da técnicas educativas e de recursos.