Tema 5: Ética profesional e código deontolóxico na Educación Social PDF
Document Details
Uploaded by LyricalOakland49
USC
Pablo Á. Meira Cartea e Kylyan M. Bisquert i Pérez
Tags
Summary
Este documento presenta un guión sobre ética profesional e o código deontolóxico en educación social. Aborda temas como a dimensión ética na educación social, os condicionantes da dimensión ética, modelos éticos e conflitos morais. Foi elaborado por Pablo Á. Meira Cartea e Kylyan M. Bisquert i Pérez para a USC.
Full Transcript
FORMACIÓN E PROFESIONALIZACIÓN EN EDUCACIÓN SOCIAL Tema 5. Ética profesional e código deontolóxico na Educación Social Grao en Educación Profs. Pablo Á. Meira Cartea Social e Kylyan M. Bisquert i Pérez Guión1. Por que é im...
FORMACIÓN E PROFESIONALIZACIÓN EN EDUCACIÓN SOCIAL Tema 5. Ética profesional e código deontolóxico na Educación Social Grao en Educación Profs. Pablo Á. Meira Cartea Social e Kylyan M. Bisquert i Pérez Guión1. Por que é importante este tema? 2. A dimensión ética na Educación Social: a necesidade dunha ética profesional 3. A función deontolóxica e o Código Deontolóxico da/do Educador/a Social ÍNDICE 4. Os condicionantes da dimensión ética na Educación Social 4.1. Os sistemas éticos de referencia 4.2. A carga ideolóxica dos contextos educativos 4.3. A tensión emocional na toma de decisións 4.4. Fontes de conflito moral na Educación Social 1. Por que é importante este tema? “(…) más que moral (códigos de valores, de conductas, reglamentos y leyes) se trata de hacer ética (reflexión crítica sobre las morales), para estar a la altura de las circunstancias y la misión encomendada a una Educación Social que ha de atender a sociedades dinámicas, pluralistas y complejas. (…) se trata, más allá del compromiso político personal del profesional de la Educación Social, de ir a la responsabilidad (al rendimiento público de cuentas, al hacerse cargo, al cargar con la realidad) de la práctica profesional. Y es que la Educación Social parte de una militancia política clara ante la inequidad y la injusticia, pero, más allá de la denuncia, asume una acción pedagógica con objeto de erradicarlas” Begoña Román (2013, p. 11) 1. Por que é importante este tema? “… (necesitamos) pasar de una intervención actuadora-aplicacionista a otra reflexiva-creativa. La primera se mueve en un modelo tecnocrático con respuestas cerradas y concretas (un problema, una única solución y buena); es decir, en una cultura profesional reactiva y convencional. La segunda promueve una cultura profesional reflexiva, creadora, crítica, que utiliza estrategias de investigación-acción y por ello puede anticipar, planificar desde el diálogo, la deliberación, la coordinación (post- convencional) y por ello tener más “éxito”” Begoña Román (2013, p. 12) 2. A dimensión ética na Educación Social: a necesidade dunha ética profesional Ética/Moral persoal Código Deontolóxico Ética/Moral profesional Ética/Moral cívica 2. A dimensión ética na Educación Social: a necesidade dunha ética profesional ÉTICAS AXENTE CONTEXTO CRITERIO CARACTERÍSTICAS Ética persoal Iria Fogar Calidade de Pluralidade, vida preferencias, subxectividade… Ética cívica Iria López Cidadanía Dignidade, Compromiso, xustiza, participación, autonomía solidariedade... Ética Educadora Social. Servizos Excelencia Excelente vs. profesional Iria López Sociais profesional + Contratual Primarios deontoloxía Ética da Coordinadora dos Departamento Calidade Que tipo de organización Servizos Sociais, de Servicios técnica + coordinadora? Iria López Sociais satisfacción dos usuarios Fonte: Ramos, 2017 e elaboración propia 2. A dimensión ética na Educación Social: a necesidade dunha ética profesional A ética profesional é a conciencia que ten unha profesión respecto dos bens que aporta a unha sociedade e sobre o conxunto de deberes, normas e sancións que regulan a súa práctica. Educación Social “(…) toda intervención [socio-educativa] se fundamenta en “(…) hablar de ética ha de consistir desde un principio en la un conocimiento -lo científico-, adopta una forma de definición de un ideal ético que concrete y establezca el estrategia -lo técnico- y responde inevitablemente a un modo de entender la relación con la sociedad, la forma porqué ideológico y político -lo ético-, es decir, tiene una de dar sentido a una práctica, de construir la esencia moral estructura moral que implica el compromiso con unas ideas y unos valores” o ethos constitutivo de la profesión” (Vilar, 2013, p. 28). (Vilar, 2013, p. 29). 2. A dimensión ética na Educación Social: a necesidade dunha ética profesional Niveis de reflexión ética na profesión: Reflexión sobre os principios e valores xerais que CUESTIÓNS constitúen a base valorativa de referencia de una MORAIS persoa ou colectivo. Teñen una orientación (OU ÉTICAS) axiolóxica (ética) e teleolóxica (orientan os fins). Non están asociadas a conflitos concretos. PROBLEMAS/ Asociados a conflitos concretos. Aparecen cando DILEMAS as/os profesionais teñen respostas concretas pre- MORAIS establecidas para a situación que reduce a (OU ÉTICOS) incerteza e facilita a toma de decisións. CONFLITOS Situación conflitiva non prevista que implica unha MORAIS resposta reactiva, que pode estar apoiada en estratexias e elementos pre-formalizados pero que é (OU ÉTICOS) preciso construír. Marco de principios éticos básicos e contidos fundamentais para profesionais que traballan con persoas Principio Contido Respecto polas 1. Todos os individuos son entes autónomos mentres non se demostre o contrario. persoas 2. Debes respectar os criterios, xuízos, determinacións e decisións dos individuos (dignidade, autónomos mentres non prexudiquen a outros. 3. Debes protexer do dano aos individuos non autónomos, o que pode esixir facer caso liberdade, omiso dos seus criterios, xuízos, determinacións e decisións. autonomía) Non maleficencia 1. Non debes facer dano. 2. Debes minimizar os posibles riscos. Beneficencia 1. Debes extremar os posibles beneficios. Xustiza 1. Debes proporcionar ás persoas os beneficios e vantaxes que lles correspondan (dar cobertura aos seus dereitos e as súas necesidades). 2. Non debes impoñer ás persoas aquelas cargas que non lles correspondan. Equidade 1. Todas persoas deben que ser tratadas con igual dignidade. 2. Todas as persoas teñen os mesmos dereitos. Baseado no Informe Belmont (1979) 3. A función deontolóxica e o Código Deontolóxico da Educadora e do Educador Social FUNCIÓN DEONTOLÓXICA Norma Deontolóxica Potestade sancionadora - Aprobación do Código Deontolóxico - Réxime de faltas e sancións (Estatuto en sede Colexial Xeral) - Autorregulación - Sanción de legalidade polo Goberno Lei 2/1974, de 13 de febreiro, sobre Colexios Profesionais. Decreto 230/2006, do 30 de novembro, polo que se aproban os estatutos do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia. DOGA Nº 238, Mércores, 13 de decembro de 2006 Artigo 9.-Funcións. Para o cumprimento das súas finalidades o colexio profesional exercerá as funcións encomendadas na lexislación básica do Estado e na lexislación autonómica galega, sendo, entre outras, as seguintes: a) Exercer a representación e defensa da profesión. b) Ordenar a actividade dos/das colexiados/as, velando pola ética e a dignidade profesional destes, así como conciliando os seus intereses co interese social e cos dereitos dos cidadáns. c) Exercer a potestade disciplinaria sobre os/as profesionais colexiados/as. (...) l) Organizar actividades e servizos comúns de carácter profesional, cultural, asistencial, de previsión e análogos, de interese para os/as colexiados/as, así como de cobertura de posibles responsabilidades civís contraídas por eles no servizo da súa profesión. m) Intervir como mediador nos conflitos profesionais que xurdan entre os/as colexiados/as. (...) q) Emitir informes e ditames, de carácter non vinculante, en procedementos xudiciais ou administrativos en que se susciten cuestións que afecten materias da educación social. (...) t) Actuar como árbitro nos conflitos entre colexiados/as e terceiros, cando así o soliciten ambas as partes. Artigo 17º.-Son dereitos das/dos colexiadas/os (...) b) Ser defendida/o, asistida/o, asesorada/o ou representada/o, por petición propia, polo colexio en todas aquelas cuestións relacionadas co exercicio profesional e, en especial, nos casos de menoscabo, desconsideración, aldraxe ou descoñecemento en cuestións profesionais. (...) g) Non ser limitada/o nin no exercicio, nin no dereito a exercer a profesión de educador/a social por normas ou actuacións do colexio, salvo as que veñan dadas por titulación, código deontolóxico ou cumprimento das normas estatutarias. Artigo 18º.-Son deberes das/dos colexiadas/os a) Respectar e cumprir o disposto nos estatutos e calquera outra norma que se estableza para o bo funcionamento e desenvolvemento da actividade colexial. (...) c) Ser ética/o e leal nas relacións co colexio, cos/coas demais colexiadas/os, e non danando, por acción ou omisión, os dereitos das/dos demais, sexa isto na relación colexial ou na relación profesional. d) O exercicio profesional debe estar sometido ao respecto dos dereitos das persoas, á ética profesional e deontolóxica, así como a unha praxe que teña como guía o servizo á comunidade e o interese social da intervención da/do educador/a social. (...) Capítulo IV. Exercicio profesional. Principios básicos Artigo 20º. Principios do exercicio profesional. No exercicio da actividade profesional, a/o educador/a social, ademais da observancia das leis, normativas legais e outras que lle sexan de aplicación, deberá manter como principios: a) O compromiso dunha intervención socio-educativa exixente e respectuosa cos dereitos das persoas, así como cos seus valores sociais e culturais. b) Discreción, responsabilidade e observancia do segredo profesional. c) Diálogo e disposición á interacción, na procura dunha transformación pedagóxica da realidade dos individuos, do desenvolvemento da cidadanía e da construción dunha sociedade solidaria, participativa, cooperativa e plural. d) En relación coa comunidade en xeral, debe seguirse como guía de actuación o servizo a esta: a observancia dos principios éticos e deontolóxicos da profesión, así como unha delimitación conceptual ética dos actos e procesos interventivos. 3. A función deontolóxica e o Código Deontolóxico da Educadora e do Educador Social Código Deontolóxico de Educadoras e Educadores Sociais (Congreso de Toledo, ASEDES, 2007) Proceso de seis anos de elaboración, froito do debate e do consenso A ética por riba da calidade, pois non hai calidade sen ética Un código “de mínimos” Unha garantía diante da sociedade: responsabilidade ¿Obrigatorio vs. Orientativo? Estruturado en tres Capítulos: Capítulo I: aspectos xerais, marcos de referencia ético-normativos, lexitimación ética e profesional do Código. Capítulo II: define 11 principios deontolóxicos xerais. Capítulo III: normas deontolóxicas xerais en 27 artigos organizados en cinco seccións e dúas disposicións adicionais. Funcionalidade do código Referencia para a práctica da Educación Social: implica a responsabilidade de cada profesional de aplicalo (autocontrol) e de facer que sexa cumprido polo resto É normativo e prescriptivo (ambiguo?), pode ser utilizado para valorar a calidade ética dunha intervención profesional singular e obriga a todas/os as/os Educadoras/es Sociais (colexiados ou non) A nivel de Consello Xeral, se hai denuncia lévase á Comisión Ética para que a valore o caso en base ao Código Proceso de revisión por parte dunha comisión deontolóxica no Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES) O Colexio Profesional pode tomar a iniciativa para velar polas boas prácticas profesionais (ten potestade sancionadora) É parte fundamental dos sinais de identidade da profesión Art. 36: “A lei regulará as peculiaridades propias do réxime xurídico dos Colexios Profesionais e o exercicio das profesións tituladas (…)” Capítulo I: aspectos xerais Fontes de lexitimación ética. Constitución Española (1978) Declaración Universal dos Dereitos das Persoas (1948) Convención Europea para a Salvagarda dos Dereitos das Persoas (1950) Carta Social Europea (1965) Convención sobre os Dereitos das/os Nenas/os (1989) Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea (2000) Capítulo I: aspectos xerais Capítulo II: principios orientadores 1. Respecto aos dereitos humanos 2. Respecto aos suxeitos da acción socioeducativa 3. Principio de xustiza social 4. Principio de profesionalidade 5. Principio da acción socio-educativa 6. Principio de autonomía profesional 7. Principio de coherencia institucional 8. Principio da información responsable e da confidencialidade 9. Principio da solidariedade profesional 10. Principio da participación comunitaria 11. Principio de complementariedade de funcións de coordinación Principios que deberían garantir tres cuestións morais fundamentais: As relativas a dereitos individuais e ao benestar que deben garantir os dereitos do usuario a seguir as súas propias decisións e eleccións (por exemplo: o principio de autodeterminación e confidencialidade), e a responsabilidade do profesional de procurar o benestar das persoas usuarias (p.e.: o principio de respecto polo usuario, de servizo e axuda, de respecto polos dereitos humanos, de defensa da estrutura familiar, da educación, etc.). Pero faltan consideracións sobre a calidade dos vínculos (profesionais?, afectivos?...) que se poden ou deben establecer con elas As relativas ao benestar do público para garantir o benestar do usuario, é dicir, a responsabilidade da educadora social diante da súa institución contratadora e da sociedade en xeral, así como o fomento do maior ben para o maior número de persoas (p.e. principios como os de xustiza social, solidariedade, participación comunitaria ou traballo coordinado en equipo). Pero falta algún máis explícito sobre as responsabilidades e obrigas morais das empresas e institucións cos/coas profesionais da educación social As relativas ás cuestións relacionadas coas desigualdades e a opresión estrutural: principios que preservan das situacións de abuso ou maltrato institucional. Resaltan a responsabilidade da educadora social de desafiar á opresión e traballar polos cambios nas instancias políticas e na sociedade. Destaca o principio de xustiza social Pero falta algún máis explícito sobre o compromiso de denunciar situacións de explotación ou abuso institucional Capítulo III: normas deontolóxicas xerais Sección Primeira: sobre a/o Educador/a Social con relación aos suxeitos da acción socio-educativa (7 artigos) Sección Segunda: sobre a/o Educador/a Social na relación coa súa profesión (6 artigos) Sección Terceira: sobre a/o Educador/a Social en relación co equipo (8 artigos) Sección Cuarta: sobre a/o Educador/a Social con relación á institución onde realiza o seu traballo (2 artigos) Sección Quita: sobre a/o Educador/a Social con relación á sociedade en xeral (5 artigos) Disposicións Adicionais “En ética, la frialdad de la racionalidad está bien representada por la ética principalista o deontológica que, como el conocimiento tecnocientífico, huye de todo aquello que tiene que ver con el amor, la piedad y la compasión. El Código Deontológico Del Educador Y La Educadora Social aprobado en Toledo en 2004 es, como todos los códigos deontológicos, un buen ejemplo. En él no se refleja ningún esfuerzo por entrar en el ámbito de la ética del cuidar, todo lo contrario: se refiere al otro como un sujeto; se estructura a partir de unos grandes principios deontológicos y no aparece, ni por asomo, ningún adjetivo que califique la relación con los sujetos de alguna manera que se pueda considerar que va más allá de las relaciones profesionales tecnocientíficas (por no aparecer, no lo hace siquiera el concepto vínculo)”. Joan Canimas (2009) Canimas, J. (2009). Apuntes para una ética de la complejidad (o de si hay lugar para la beneficencia, la piedad y la compasión en la educación social). Revista de Educación Social, 10. 4. Os condicionantes da dimensión ética na Educación Social 4.1. Os modelos éticos de referencia Presupón a existencia duns principios Modelo dedutivo universais claros e xeneralizables que se (casuismo, aplicarán despois ás situacións concretas de deontolóxico) conflito. Si o principio está ben fundamentado hai que aplicalo sempre, con independencia das súas consecuencias. Problemas Na pluralidade ideolóxica das sociedades actuais é difícil atopar uns únicos principios básicos de referencia para todas as persoas. As características particulares das situacións concretas de aplicación soen ter a suficiente entidade e complexidade para impedir moitas veces unha aplicación literal dos principios establecidos. 4.1. Os modelos éticos de referencia A construción ética faise realizando xuízos en situacións concretas e individuais, tendo en Modelo conta as circunstancias do contexto e ás persoas indutivo afectadas. As normas xerais son demasiado (situacionismo, abstractas para reflectir a realidade. A utilitarismo) perspectiva utilitarista considera que a bondade dos principios só pode valorarse en función das consecuencias da súa aplicación. Problemas - Pódese caer nun relativismo extremo e na arbitrariedade moral. - Dificultade para construír un conxunto de principios de referencia aplicables a un amplo rango de situacións -principalmente relacionados coa equidade- e para superar os condicionamentos do contexto. 4.1. Os modelos éticos de referencia Hai que chegar a un consenso suficientemente amplo entre os membros dunha comunidade ou colectivo Éticas que sirva de referencia para establecer as leis e Discursivas normas que ordenen a convivencia. As habilidades e os actos comunicativos son claves neste modelo: a (dialóxicas) través da fala, do diálogo, pódese acadar o consenso e a cooperación, establecendo equilibrios entre a autonomía persoal e o desenvolvemento colectivo. Problemas - Faise máis fincapé no procedemento da discusión que nos contidos (éticas procedimentais). - Para que a comunicación sexa posible é preciso que todas as persoas estean nunhas condicións mínimas de igualdade para ser interlocutoras válidas. 4.1. Os modelos éticos de referencia Una vía alternativa e converxente para a ética aplicada. Ten en conta: a) Teñen que existir principios de referencia aínda que na Modelo pluralidade das sociedades contemporáneas non se poden Hermenéutico definir nin aplicar dogmaticamente. Crítico b) A bondade da súa aplicación dependerá do contexto e das circunstancias concretas (ética situada). c) Nese contexto é necesario incorporar a todas as persoas implicadas nun proceso de construción mediante o diálogo. Alternativa - Supera o modelo dedutivo dada a dificultade para construír principios con contidos únicos e uniformes para tod@s en sociedades cada vez máis complexas. - Supera a modelo indutivo xa que non se pode construír unha ética de cada caso concreto. - Supera o modelo discursivo dado que ofrece unha alternativa para as situacións nas que as condicións ideais da fala –a equidade das persoas implicadas- non se dan. - Non considera a dimensión emocional e a esfera privada dos cuidados. Problemas - Aínda que contempla a participación das persoas implicadas segue sendo un enfoque de sesgo formalista e racionalista. 4.1. Os modelos éticos de referencia Vía de orientación feminista que cuestiona as éticas occidentais e o seu carácter formalista e de pretensión universal: - Denuncia que as éticas formais (deontolóxicas, principialistas, Ética de utilitaristas...) asumen unha concepción universalista e formal da Coidados xustiza a partir dun suxeito homoxéneo (masculino...) que ignora a diversidade da sociedade. Pluralista. - É necesario incorporar as características contextuais dos problemas morais e a esfera da vida privada (non só a pública). - Fronte ao deber como premisa moral da prioridade á responsabilidade: conformamos unha rede de relacións na que dependemos uns dos outros (“os outros concretos”), e na que nos temos que coidar uns aos outros. - Importancia da afectividade e do espazo privado (fronte ao formalismo racionalista e ao espazo público). - O obxectivo non é só cumprir as normas en función duns principios universais, senón atender as necesidades das persoas e facilitarlles Problemas unha vida boa. - Pasar do pluralismo moral ao relativismo moral. - Pasar da discriminación positiva á discriminación negativa. “La ética del cuidar, de la piedad o de la hospitalidad posibilita pensar los valores no única o principalmente en términos de racionalidad, sino también en términos de sensibilidad, afectividad y emocionalidad; permite pensar los valores en relación con el hábito, la cordialidad y la costumbre; cuidar el clima en el que los valores se manifiestan y se hace posible aprenderlos y cambiarlos; pensar en necesidades básicas más que en valores universales; permite, en definitiva, construir una minima habitalia y no tanto una minima moralia. Joan Canimas (2009) ÉTICA(s) DA XUSTIZA/PRINCIPIALISTA(s) ÉTICA(s) DO COIDADO Aplicación de principios morais abstractos (formalismo). A Caracterízase por un xuízo máis contextual. Tendencia a imparcialidade é importante, ollar ao outro como un outro adoptar o punto de vista do "outro particular“ xenérico, prescindindo das súas particularidades como (particularismo), á consideración dos sentimentos, á individuo (imparcialismo). Por estas características, todas as preocupación polos detalles concretos da situación a persoas racionais deben coincidir na solución dun problema xulgar. Como se ten en conta o contexto, non todos moral. teñen que coincidir na solución do problema moral. Baséase no respecto dos dereitos formais das/dos demais. Baséase na responsabilidade polas/os demais. Dereito dun ser humano a facer o que desexe sen afectar aos Preocupación pola posibilidade de omisión, de non dereitos alleos, polo que supón poñer regras que reduzan a axudar cando poderíamos facelo. Non se trata só de invasión doutros dereitos e limitar o dano ao mínimo. A conter a agresión; a falta de resposta, non actuar cando responsabilidade cara o resto enténdese como unha habería que facelo, tamén é un problema. Ética da limitación da acción, un freo á agresión. Ética do deber. responsabilidade. Parte das persoas como separadas, independentes. Parte da comprensión do mundo como unha rede de Concepción do individuo como previo ás relacións sociais. relacións nas que se insire o Eu. Recoñecemento das responsabilidades cara os demais. Ocúpase de como chegar a unhas regras mínimas de Ocúpase no só das regras, senón de calquera cousa que convivencia, dos procedementos a seguir para chegar a se valore como moral. resultados xustos, sen pronunciarse sobre estes. Non se pode dicir que algo é bo en xeral, só si a decisión se tomou seguindo as normas (procedimentalismo). Fonte: Marín, 1993 e elaboración propia A ética do coidado incorpora aspectos emocionais e afectivos que poden complementar (e/ou… cuestionar?) os enfoques éticos máis racionais. ÉTICA DA XUSTIZA/ PRINCIPIALISTA ÉTICA DO COIDADO Deontoloxía/Teoloxía Intuicionismo/ética dialóxica Punto de vista moral: o outro universal Punto de vista moral: o outro concreto Racionalismo nos principios Emocións nas decisión morais Autonomía Empoderamento Xustiza distributiva Protección, discriminación positiva Non maleficiencia Situación de vulnerabilidade Beneficencia Cultivo da boa relación educador/educando Estándares nas guías Empatía no concreto (sen relativismo) Fonte: Baeza, I., e Quispe, L. (2020) Proyecto “Humanizando los Cuidados Intensivos”, nuevo paradigma de orientación de los Cuidados Intensivos. Revista de Biología y Derecho, 48: 111-126. 4.2. A carga ideolóxica nos contextos socioeducativos “[La ética] es el fundamento de la misma profesión, sobre todo en aquellos oficios en los que el objeto de conocimiento o de intervención son las personas. Y es el fundamento, es decir, aquello sobre lo que se construyen los saberes y las prácticas de una profesión, porque la ética tiene que ver con los tipos de mirada y de relación que mantenemos con el mundo y con quien lo habita” (Canimas, 2009) a) As profesións ligadas á acción social nunca son b) Os conflitos de valores derivados desta posición neutras, sempre manifestan algún tipo de posición sempre están presentes, a pesar de que con frecuencia máis ou menos explícita cara un determinado as accións socioeducativas concretas se vivan como marco de valores, parten sempre dunha posición illadas e independentes, lonxe das grandes ética e ideolóxica declaracións éticas e ideolóxicas c) Malia existir sempre unha marxe de manobra en d) Os conflitos morais non existen en si ,senón que se función do estilo persoal, o colectivo profesional producen nos límites de cada un dos modelos. P.ex.: un ten que asumir que non (sempre) pode modificar trato brusco e/ou paternalista pode non supoñer ningún os condicionantes que se derivan do marco legal e problema no modelo asistencial-tecnocrático, mentres xurídico (…ideolóxico) onde desenvolve a súa que pode xerar un conflito con relación ao valor do actividade respecto á autonomía persoal nun modelo socio-crítico e) Admitir a cohabitación de diferentes modelos educativos no campo pedagóxico, leva a aceptar a existencia de diferentes lóxicas éticas, que poden incluso entrar en confrontación 4.3. A tensión emocional derivada da toma de decisións a) Existe unha exposición permanente a situacións en que hai que tomar decisións pouco satisfactorias que non permiten atopar facilmente b) Un combate desequilibrado, posto que no a “boa” resposta (problemas ou dilemas morais). intento de enfrontar situacións críticas, non só E os conflitos con outras/os (xestoras/es, colegas, xoga a capacitación técnica e a racionalidade, usuarias/os, etc.) que xeran desasosego e, moitas senón que entran en escena variables de carácter veces, indefensión afectivo que poden minar a resistencia emocional da/do profesional e afectar á súa saúde mental e moral c) … pero é necesario recoñecer que os valores están no centro das accións sociais, son ineludibles neste marco profesional: a d) Tamén é necesario recoñecer os nosos valores reflexión moral non é un feito excepcional persoais e profesionais na busca de coherencia entre para momentos solemnes, senón que forma ambas dimensións. Poden darse situacións de parte do cotiá “desdobramento ético” xa que, tendo a/o profesional asumidos unha serie de valores e crenzas concretos, os seus modos de vida e as súas accións resultan contraditorios con eses valores asumidos 4.4. Fontes de conflito moral na Educación Social Oposición entre valores Entre o encargo e a misión ou a responsabilidade social adquirida Efectos non Obxección ou desexados. obediencia Precariedade e Contradicións entre falta de os resultados medios previstos e os reais. Os límites da Ineficacia e implicación persoal maltrato Conflitos grupais Fatiga e estrés (equipos) ou individuais (persoa) de carácter profesional Tensións na relación Tensións na educativa cos relación usuarios profesional Os límites da implicación persoal Ausencia de Rigor e Asimetría, uso do transformación profesionalidade poder e distancia óptima Impotencia e perda de sentido Fonte: Vilar (2013). Elaboración propia.