Historia da Educación: T2. Infancia, Sociedade e Educación
Document Details
Uploaded by LyricalOakland49
Tags
Summary
Este documento analiza a historia da educación, centrándose na infancia, a sociedade e a evolución do concepto de infancia a través de diferentes perspectivas. Explora a forma en que a infancia foi percibida e tratada ao longo do tempo, así como a influencia de diferentes correntes de pensamento e desenvolvementos sociais na concepción da infancia e da educación.
Full Transcript
[HISTORIA DA EDUCACIÓN] [T2. INFANCIA, SOCIEDADE E EDUCACIÓN NO DEVIR HISTÓRICO] **ÍNDICE** **1.Concepto de infancia** 1.1. Concepto de infancia na historia: dúas perspectivas 1.2. Evolución do concepto de infancia **2. Principais correntes que influíron na concepción da infancia na sociedade...
[HISTORIA DA EDUCACIÓN] [T2. INFANCIA, SOCIEDADE E EDUCACIÓN NO DEVIR HISTÓRICO] **ÍNDICE** **1.Concepto de infancia** 1.1. Concepto de infancia na historia: dúas perspectivas 1.2. Evolución do concepto de infancia **2. Principais correntes que influíron na concepción da infancia na sociedade contemporánea (S. XIX-XX)** 2.1. O naturalismo pedagóxico\ 2.2. Escolarización da infancia 2.3. Avances na Pedagoxía e outras Ciencias Sociais **3. A atención da infancia e a intervención pública (finais S. XIX e S. XX)** **1.Concepto de infancia** 1.1. Concepto de infancia na historia: dúas perspectivas En la sociedad tradicional "la duración de la infancia se reducía al período de mayor fragilidad, cuando la cría del hombre no podía valerse por sí misma. (...). Al niño se le separaba en seguida de sus padres, y puede decirse que la educación, durante muchos siglos, fue obra del aprendizaje, gracias a la convivencia del niño o del joven con los adultos, con quienes aprendía lo necesario ayudando a los mayores a hacerlo". a. **Philippe Aries (1973). El niño y la vida familiar en el Antiguo Régimen. Taurus** - *Na sociedade tradicional non existía unha diferenza real entre a idade adulta e a infancia* - Infancia\-\--\> Adultos en miniatura (mais fráxiles e menos intelixentes) - A familia non cumpría un rol relevante na socialización dos fillos/as, a aprendizaxe tiña lugar na comunidade. - Escolas, apenas existían. - *Na sociedade moderna desenvólvese un novo sentimento da infancia* - Infancia\-\--\> suxeitos de coidado e protección, necesitados de educación. - A familia ten unha función moral. - Separación entre a vida privada e a vida pública. - Consolidación da educación escolar. b. **Lloyd de Mause (1974). Historia de la infancia.** - Mostra a visión da infancia abusada. - Fronte á visión de Ariès segundo o cal o neno tradicional era feliz porque podía mesturarse libremente coas persoas de diversas clases e idades, para De Mause na Idade Media prodúcese unha total desprotección derivada da ausencia de interese polos nenos (abandono institucionalizado, castigos corporais, mutilación para pedir esmola, etc.). - A historia da infancia como relato de sucesivas formas de maltrato que lentamente cederon paso a formas de recoñecemento dos nenos/as como suxeitos autónomos. 1.2 Evolución do concepto da infancia - Durante séculos os nenos e e as nenas se consideraron coma cidadáns de segunda clase Fito importante no cambio de visión: Convención internacional dos Dereitos do Neno (1989) - Supérase a imaxe donenoe da nena comapersoas adultas en miniatura. - Recoñece o dereito da infancia non só a ser protexida senón tamén "el derecho a ser autónomos, a expresar su opinión y voluntad en aquello que les afecta, a participar como protagonistas activos, comociudadanos y ciudadanas en el más profundo sentido" - Infancia é unha construción social: imaxe colectivamente compartida sobre os nenos e as nenas que foi mudando ao longo da historia. **. Principais correntes que influíron na concepción da infancia na sociedade contemporánea (s. XIX-XX)** a\) Naturalismo pedagóxico (Rousseau) b\) Escolarización da infancia c\) Desenvolvemento da pedagoxía e outras ciencias sociais 2.1. O NATURALISMO PEDAGÓXICO **Descubrimento do neno/a:** Infancia como etapa substantiva e singular da vida humana que debe ser preservada dos contactos nocivos e precoces coa sociedade **Pensamento pedagóxico de Rousseau:** Descubrimento de que o neno/a non é un pequeno adulto - Ten unhas características singulares. Antes de chegar a adulto, ten que atravesar unhas etapas que requiren un labor pedagóxico diferente. - Por primeira vez recoñécese a plena personalidade do neno. - A educación debe levarse a cabo conforme á natureza (naturalismo) - Critica a educación verbalista e libresca - Baséase no concepto de liberdade e autonomía do educando - É unha chamada ao respecto á infancia e ao seu desenvolvemento. - Educar ao neno sen que a civilización o corrompa. Propón un sistema de instrucción privada que limita o contacto do neno coa civilización. - Contén un programa de educación para un alumno imaxinario (Emilio) e presenta ideas que influirán no movemento da Escola Nova. - Educación da muller: ao servizo do home, debe ser preparada para o matrimonio. - Inicio do patriarcado moderno. - Contrato social, espazo público (homes) VS contrato sexual, espazo privado (mulleres) 2.2 ESCOLARIZACIÓN DA INFANCIA - S. XIX e XX: a escola como marco institucional adecuado para a condición infantil. - Desenvolvemento persoal e cultural - Protección e control - Tendencia cara a escolarización da infancia: instalación da infancia nun período temporal cada vez máis amplo nas institucións educativas. Escola como espazo propio do neno/a 2.3. AVANCES NA PEDAGOXÍA E OUTRAS CIENCIAS SOCIAIS - Paidoloxía: Ciencia do Neno/a (aglutinar todas as aportacións científicas que se tiñan feito sobre a infancia) - Pedagoga sueca Ellen Key: "El siglo de los niños" (1900). - Movemento da Escola Nova: será introducido en España a través da I**nstitución Libre de Ensinanza.** - Movemento da **Escola Nova** O movemento da Escola Nova non foi uniforme, pero todas as experiencias e realizacións tiveron como finalidade realizar unha revisión crítica dos medios tradicionais de ensinanza. - **1899**: créase a Oficina Internacional das Escolas Novas dirixida por Adolphe Ferrière con sede en Xenebra que sintetizou as bases da Escola Nova. Encárgase de coordinar as institucións, métodos, experiencias que se encadraban no movemento. - **1920:** créase a Liga internacional da Educación Nova e institucionalízase o movemento a nivel internacional. **[Bases pedagóxicas da Escola Nova]** ![](media/image2.png) **Representantes da Escola Nova:** Rosseau, Pestalozzi, Montessori, Dewey, Ferrey, Frobel. INSTITUCIÓN LIBRE DE ENSINANZA (ESPAÑA) - **Nace en 1876:** impulsada por un grupo de catedráticos expulsados da Universidade pola súa defensa da liberdade de cátedra e non seguir os dogmas oficiais en materia relixiosa, política e moral. - Creación pedagóxica máis influinte no pensamento e na práctica da educación en España - **Fundador:** Francisco Giner de los Ríos. - **Obxectivo:** Mellorar a educación e estendela a todas as capas da sociedade española. - **Medio de expresión**: BILE (Boletín da ILE), revista pedagóxica de gran importancia. **[Principios pedagóxicos da ILE]** 1. Educar integralmente 2. Neutralidade activa 3. Educación activa 4. Educación física e moral 5. Educación estética 6. Educación social 7. Coeducación **3. A atención da infancia e a intervención pública (finais S. XIX e S. XX)** A intervención do Estado mediante políticas preservadoras do abandono e da delincuencia da infancia era demandada polos sectores máis sensibilizados da sociedade (Movemento proteccionista) **CONSELLO SUPERIOR DE PROTECCIÓN DE MENORES** ![](media/image4.png) [Protección do abandono físico] Comezos do s. XX: grao alarmante de abandono e mortalidade infantil. - **Medicina social:** intervención da medicina ante os problemas de abandono físico, hixiene, crecemento e desenvolvemento do neno. - O problema non é so de hixiene senón tamén de educación. - **Protección da infancia**: os nenos/as non só tiñan que ser asistidos fisicamente, senón que tamén debenser obxecto dunha educación protectora. - **Bases formativas** dos menores internados nas institucións benéficas e nas dependentes do Consello Superior: a instrución/moralización e o adestramento laboral e profesional ou aprendizaxe dun oficio. - Predominio dos **internados** como "institucións totais" de escola e vida (réxime de illamento: internalización/control). [Protección de abandono moral (menores infractores) ] **Finais do S. XIX** Cambia o interese social polos nenos abandonados e/ou infractores: - Nenos/as non deben ser castigados con penas represivas como os adultos senón sometidos a medidas de educación e reforma. - Considérase aos mozos/as infractores seres necesitados de tutela e educación. - Antecedentes na xurisdicción de menores en EEUU: tribunais para nenos (Chicago, 1899). - **Características:** especificidade do tribunal (só para nenos/as); supresión do cárcere; liberdade vixiada. **S. XX. Continúa a evolución do movemento proteccionista** - Substitución do termo "neno delincuente" por expresións como "nenos difíciles", "nenos problemas", etc. - Comeza a falarse de causas ambientais, aínda que a responsabilidade seguía sendo do neno máis que do sistema. - Dobre vía no tratamento do/a menor: hospicio (orfos e vagabundos) e o cárcere (para os infratores da lei). **S. XX. Tribunais tutelares de menores** reeducar aos menores desviados, adaptalos a vida social e reinsertalos na familia, escola e no traballo **1918-** Creación en España: Avelino Montero Ríos presenta no Senado o seu proxecto de bases para a instauración en España dos Tribunais para nenos e consegue a súa aprobación. - Xurisdición específica para os menores de 15 anos (ampliada aos menores de 16 anos un Decreto-lei de 1925), podendo privar da patria potestade a aqueles pais que abandonasen a educación dos seus fillos e decretar a liberdade vixiada dos pequenos delincuentes. - Aactuación dos tribunais debería considerarse educadora, razón pola que os presidentes (xuíces), debían posuír unha preparación pedagóxica: Xuíz pedagogo. - Ostribunais para nenos pasan a denominarse "Tribunais tutelares de menores" (1929) - Incorpóranse ao Consello Superior de Protección de Menores porque son institucións máis de "tutela e corrección" que de castigo **S. XX. Tribunais tutelares de menores** [Medidas:] - Decarácter puntual: sanción breve ou leves correccións. - Decarácter duradeiro: custodia en familia ou entidade tutelar, ingreso en establecemento de observación, de educación, de reforma, etc. [Tipos de institucións:] - Casas de detención ou observación: sometíase ao menor a observación moral e física, esperando a comparecencia ante o Tribunal. - "Reformatorios" ou "Colonias benéficas de traballo": os menores infractores recibían educación e instrucción profesional. - "Casas de familia": pequenos grupos de 10-12 nenos vivían xuntos, ao coidado dunha persoa con formación técnica, e acudían a traballar en talleres, fábricas ou establecementos mercantís. [Formación dos profesionais:] - Pretendíase que fosen relixiosos --e especialmente Terciarios Capuchinos- as persoas dedicadas ao labor reeducativo dos menores. Métodos de corrección e principios da moralidade católica. ![](media/image6.png)