T3 Historia da Educación (PDF)
Document Details
Uploaded by LyricalOakland49
Tags
Related
- GENDER & DEVELOPMENT 6 - History Of Gender And Development - WID, WAD, GAD, GED PDF
- Social Science and Philosophy (Gender and Society) PPT PDF
- Education During Greek and Roman Times PDF
- Filipinising Colonial Gender Values: A History of Gender Formation in Philippine Higher Education PDF
- CAE-103 Culture and Arts Education in Plural Societies 3 PDF
- CM Éducation PDF
Summary
This document is a chapter on the history of education, specifically focusing on the experiences of women and their struggles for education in Spain, focusing on social margination and gender aspects. The chapter covers topics ranging from poverty and prostitution to religious and social institutions for women in the 19th and 20th centuries in Galicia.
Full Transcript
[HISTORIA DA EDUCACIÓN ] [T3. A EDUCACIÓN DAS MULLERES: XÉNERO, MARXINACIÓN SOCIAL E FORMACIÓN] **[ÍNDICE]** 1. **Xénero e marxinación social: a reeducación feminina** 1.1 Feminización da pobreza 1.2. Modelos de atención ás mulleres prostituídas na Modernidade: o recollemento feminino 1.3. Pr...
[HISTORIA DA EDUCACIÓN ] [T3. A EDUCACIÓN DAS MULLERES: XÉNERO, MARXINACIÓN SOCIAL E FORMACIÓN] **[ÍNDICE]** 1. **Xénero e marxinación social: a reeducación feminina** 1.1 Feminización da pobreza 1.2. Modelos de atención ás mulleres prostituídas na Modernidade: o recollemento feminino 1.3. Propostas institucionais e reeducadoras de Magdalena de San Jerónimo: as casas galera 1.4. A reeducación feminina no século XIX 1.5. Actualidade\... 2. **A educación da muller (S. XIX-XX)** 2.1 A educación da muller no século XIX 2.1.1. Concepción Arenal e a educación da muller 2.1.2. Iniciativas para reformar a educación tradicional da muller 2.2 As mulleres e a educación na II República (1931-1939) **1) Xénero e marxinación social: a reeducación feminina** 1.1 FEMINIZACIÓN DA POBREZA ((Idade moderna: S. XVI-XVIII) Cambio das políticas asistenciais (da esmola á institucionalización da acción social) **Mulleres marxinadas** - Soltería feminina vista como estado "incompleto" (perigo social): risco de pauperización - Matrimonio non era garantía de estabilidade para a muller pobre - Prostitución entendida como forma de desviación social -- Actitude oficial de tolerancia e regulación nos séculos medievais e modernos. No S. XVII Felipe IV prohibición das prostíbulos e encarceramento das mulleres "perdidas", en vigor ata o s. XVIII. **Sistema benéfico asistencia e punitivo (asistencia e castigo as mulleres marxinadas/desviadas)** - Xorden institucións de recollemento feminino con obxectivos comúns: reeducación, prevención, asistencia e reinserción social. \- As casas arrepentidas de ou recollidas: resposta relixiosa e social que intentaba ofrecer unha saída institucional ás que quixeran cambiar de vida. - Créanse as casas galeras (cárceres de mulleres) [CASAS DE RECOLLIDA PARA MULLERES "ARREPENTIDAS"] **Finalidade:** - Servir como correccional ou reformatorio das mulleres que tiveran poucas oportunidades na vida, dedicándose á prostitución ou á mendicidade. - Rexenerar/recuperar ás mulleres mediante o TRABALLO e a ORACIÓN. - ILLAMENTO do mundo e dos seus familiares. - Evitar a delincuencia. **Algúns exemplos e motivos de reclusión\...** - Abandono do marido: Favorecer o retorno á esposa co marido que simplemente era amonestado facéndolle prometer un mellor trato á esposa - As acusacións de mala fama pública bastaban para que a muller non só fora estigmatizada socialmente, senón que incorrera en delito. \- Nos casos de que existira unha inxusta reclusión, a situación para muller era moi demostrar a inocencia da complicada, xa que, debía contar co apoio dalgunha persoa de recoñecida honestidade, que recomendara a causa ante as autoridades. \- Para a súa defensa, debía aportar cinco testemuñas que corroboraran de maneira probada a súa inocencia. - Sentimento de culpa das mulleres en prostitución (Influencia do Estado e da Igrexa): suplicaban ser admitidas nas casas de arrepentidas confesando o seu arrepentimento. **Moral sexual do momento (XVI-XVIII)** - O sexo comopecado (dobre culpabilización: moral e criminal). - Casas de arrepentidas como destino forzado pola moral social cuxos valores eran os da honra e a honestidade. \- Estigmatización e prexuízo en base a un comportamento sexual "díscolo" ou "escandaloso" - A importancia do recoñecemento persoal (arrepentimento) da pecadora. - Alternativa de vida: penitencia e necesidade de vivir apartadas do mundo. - Non se trataba de combater a explotación feminina senón de salvar as súas almas corrompidas polo comercio sexual. 1.2. MODELOS INSTITUCIONAIS DE ATENCIÓN ÁS MULLERES PROSTITUIDAS (CASAS DE ARREPENTIDAS) **Modelos:** 1. Modelo monástico 2. Casa de reclusión ou retiro **Elementos comúns entre os dous modelos:** \- Silencio e vida comunitaria: orde conventual \- Supresión dos signos de feminidade \- Medios disciplinarios extraordinarios \- Traballo obrigatorio 1.3. PROPOSTAS INSTITUCIONAIS E REEDUCADORAS DE SOR MAGDALENA DE SAN JERÓNIMO: AS CASAS GALERA **Dobre condición de muller desviada:** desviación delitiva (das leis penais) e social (das normas morais) - Galeras de mulleres de Sor Magdalena de San Jerónimo (S. XVII-XVIII) \- Tratado "Razón y forma de la Galera": impulso definitivo para a creación dos primeiros cárceres de mulleres. Primeiro precedente de regulamento dunha institución de reclusión para mulleres. - Propoñía crear un réxime penitenciario que igualara a muller ao home na imposición do castigo e na forma de cumprilo. - Orientación moralizadora: corrixir a natureza "viciada" das mulleres. - Principios reitores: DISCIPLINA E VIXIANZA. Traballo obrigatorio (entre 10-12 horas diarias). - Créanse en diferentes cidades españolas ao longo dos séculos XVII e XVIII como espazos carcerarios específicos para mulleres. Cada unha se rexía polos seus propios regulamentos. - Perviviron como cárceres independentes ata que quedaron centralizadas en 1846 a cargo da Dirección Xeral de Presidios pasando a denominarse "Casas de Corrección de mulleres" 1.4. A REEDUCACIÓN FEMININA NO S.XIX *As respostas reeducadoras de carácter institucional foron dadas desde o campo relixioso e como iniciativas privadas* **Colexios , refuxios e asilos para a protección e reeducación de nenas e mozas:** Congregacións relixiosas (adoratrices, oblatas, trinitarias\...) - Ofrecían un refuxio ao que podían acollerse voluntariamente todas as mulleres que o solicitaban para saír de situacións de inminente perigo de inmoralidade ou desamparo. - Acollida, instrución e aprendizaxe laboral. - As relixiosas non só acollían ás que chegaban senón que tamén saían aos espazos públicos e incluso acudían aos burdeis. **Características destas institucións:** - Atención especial á acollida - Chamábanlle "colexialas"(dignificar ás mulleres) - Valoran positivamente a recreación e os momentos de diversión (festas, música, canto, etc.). - Formación: relixiosa e moral (cambio de actitudes), de primeira ensinanza e en labores do fogar e profesionais (expectativas do mundo laboral). - Liberdade (permanencia voluntaria). Sen castigos nin violencia. - A saída acostumaba ser ao servizo doméstico en casas recomendadas. Tamén como obreiras, dependentas e especialistas en diferentes industrias tras a aprendizaxe realizada nas institucións. **S.XX** Ata o S. XX non hai nada a nivel estatal sobre protección, reeducación ou rehabilitación feminina. Todas as iniciativas que se dan no S. XIX son privadas ou relixiosas. Incluso no S. XX a aparición de organismos públicos como o Patronato Real para a Represión da Trata de Blancas (1902) ou os Tribunais Tutelares (1918), non supoñen necesariamente a creación de institución propias senón que seguen poñendo en mans de iniciativas privadas as intervencións de reeducación e rehabilitación social. 1.5. ACTUALIDADE\... **Rede galega contra a trata sexual:** Instrumento de coordinación entre entidades do terceiro sector que interveñen con persoas vítimas de trata con fins de explotación sexual, a sensibilización dos axentes sociais implicados e prevención desta problemática social **Informe estudo-exploratorio da trata de persoas en Galicia:** Por \"trata de persoas\"entenderase a captación,o transporte,o traslado, a acollida ou a recepción de persoas, recorrendo á ameaza ou ao uso da forza ou outras formas de coacción, ao rapto, á fraude, ao engano, ao abuso de poder ou dunha situación de vulnerabilidade, ou á concesión ou recepción de pagamentos ou beneficios para obter o consentimento dunha persoa que teña autoridade sobre outra, con fins de explotación. **Características mais destacadas:** - Xénero (as mulleres protagoniza a trata secual detectada) - Nacionalidades mais frecuentes na trata sexual: Brasil, Colombia, Paraguai, República Dominicana\... - Contacto dos tratantes coas vítimas de trata sexual: selectivo e asociado ao ambiente familiar ou de amigos/coñecidos. - Dificultades das organizacións para detectar ás víctimas de trata: \- Falta de autoconciencia da vítima: percepción debeda moral cos/as tratantes. \- Medo e inseguridade ante a ameaza dos/as tratantes. Ausencia de confianza dos sistemas de protección \- Dificultade de acceso a vítima (forte vixianza) \- Existencia de barreiras idiomáticas e de mobilidade xeográfica que fan inconstante a comunicación. \- Falta de recursos **2) A educación da muller (S. XIX-XX)** 2.1. A EDUCACIÓN DA MULLER NO S. XIX Preocupación por mellorar os altos índices de analfabetismo en España (81% a mediados do século): **Lei de Instrución Pública-Lei Moyano (1857)** - Establece que todas as nenas deben acudir á escola primaria obrigatoriamente desde os 6 ata os 9anos (elevado absentismo e escasas escolas) - A educación das nenas debe ser diferente dos nenos (labores propios do seu sexo) en lugar da iniciación profesional que reciben os rapaces. - Primeira referencia legal á educación de persoas adultas (leccións de noite e de domingo para os adultos cuxa educación tivera sido descoidada) **Finais do s. XIX:** tómase conciencia do problema da muller: a educación como condición previa para a emancipación feminina. **Diferenzas na educación feminina segundo a clase social:** O S. XIX será o tempo no que se consoliden os primeiros sistemas de educación nacional (escola gratuíta e obrigatoria). España, agardará practicamente ata a II República que supón una profunda innovación da educación feminina, como consecuencia dunha ilustración insuficiente no s. XVIII e pola carencia dunha revolución comparable á de 1789 ou ás europeas. A Lei Moyano (1857) foi máis unha declaración de intencións que unha realidade. 2.1.1. Concepción Arenal e a educación da muller - Preocupación pola desigualdade social: XUSTIZA SOCIAL como referente. - A beneficencia e a caridade (as súas visitas e o seu traballo en cárceres, hospitais, hospicios, etc.) tiñan un carácter de militancia social e política. - Acuestión social é unha cuestión pedagóxica \- EDUCACIÓN como elemento de transformación social. Educación como dereito e deber. \- Se se quere unha democracia auténtica é necesario capacitar aos individuos para sabela vivir. \- **Papel da muller:** "Es un error grave, y de los más perjudiciales,-escribía- inculcar a la mujer que su misión única es la de esposa y madre; equivale a decirle que por sí no puede ser nada y a aniquilar su yo moral e intelectual". \- **Favorecer a apertura profesional femenina:** "No creemos que pueden fijarse límites a la aptitud de la mujer, ni excluirla a priori de ninguna profesión, como no sea la de las armas, que repugna a su naturaleza, y ojalá que repugnara a la del hombre" "Que no diga la industria trabajadora o madre, sino que diga la sociedad, la ley, como dice la justicia: madre y trabajadora". - **Proposta para a educación da muller** - A muller necesita unha educación completa: cultivar facultades intelectuais e volitivas (capacidade de decidir e ordear a propia conduta). - A educación debe ser a mesma para o home que para amuller. - A muller non é un medio, é un fin en si mesmo - Ten un papel que desempeñar no fogar que é insubstituíble. Influenza que exerce na educación da familia. A súa misión non é unicamente a de nai e esposa, debe poder entender e participar nas cuestións sociais. - **Propostas para a mellora dos cárceres de mulleres** - Transformar as prisións en establecementos educativos - O importante é a DIGNIFICACIÓN da persoa (exclusión de todo tipo de castigos humillantes) - Confianza no poder transformador da EDUCACIÓN 2.1.2. Iniciativas para reformar a educación tradicional da muller: *Conferencias dominicais para a educación da muller (1869)* - Promovidas por Fernando de Castro (reitor da Universidade Central de Madrid). - 15conferencias realizadas a cargo de homes na Universidade Central de Madrid. - Primeiros intentos de reformar a educación tradicional da muller. - Propósito das conferencias: convencer de que a muller, para cumprir o seu destino na vida (esposa e nai), necesitaba de maior instrución. \- A educación da muller como obxectivo para a rexeneración social. Non como obxectivo en si mesmo. 2.2. AS MULLERES E A EDUCACIÓN NA II REPÚBLICA (1931-1939) - **Democratización do país**: facilitou a participación política de homes e mulleres. \- Novas expectativas de progreso. - **Avances a nivel lexislativo:** \- Constitución de 1931: recoñece a igualdade de homes e mulleres \- Dereito ao voto das mulleres (1931) \- Lei do divorcio (1932) - **Aspectos educativos:** Escola pública, obrigatoria, laica e mixta \- Incremento da taxas de escolarización e crecemento da graduación escolar (redución das elevadas taxas de analfabetismo feminino). \- A incorporación da muller ao bacharelato e ás aulas universitarias foi un proceso máis lento, lastrado polas deficiencias de base e polos prexuízos sobre a capacidade da muller para o estudo e para o desempeño de determinadas profesións. \- Imaxe demuller activa e produtora. Ocupación de novos postos de traballo. AS MESTRAS DA REPÚBLICA **Imaxen da muller da república:** Mulleres valentes e comprometidas que participaron na conquista dos dereitos das mulleres e na modernización da educación, baseada nos principios da escola pública e democrática.