Resumen Filosofía Temas 4 e 5 PDF
Document Details
Uploaded by Deleted User
Tags
Related
- Resumen Examen Epistemología PDF
- Guía de Aprendizaje - Epistemología - Universidad Nacional de Jaén PDF
- UD 2. El Problema Filosófico Del Conocimiento PDF
- CONOCIMIENTO CIENTÍFICO - Gerardo Galetto PDF
- La Episteme Emergente y las Corrientes Complejas del Conocimiento PDF
- Antología Completa (1) PDF - Resumen de Epistemología
Summary
Este documento presenta un resumen de Filosofía, abarcando temas como el conocimiento, la creencia, la opinión y diferentes criterios de verdad, desde la correspondencia hasta la evidencia y el consenso.
Full Transcript
RESUMEN FILOSOFÍA TEMAS 4 Y 5 Tema 4 1\. Coñecemento, crenza e opinión: definición, posibilidade e límites do coñecemento O coñecemento ofrece unha descrición arredor de como son as cousas, corresponde a un 'saber que'. Non todo o que precisamos é un 'saber que', cómprenos disponer de saberes prá...
RESUMEN FILOSOFÍA TEMAS 4 Y 5 Tema 4 1\. Coñecemento, crenza e opinión: definición, posibilidade e límites do coñecemento O coñecemento ofrece unha descrición arredor de como son as cousas, corresponde a un 'saber que'. Non todo o que precisamos é un 'saber que', cómprenos disponer de saberes prácticos, se trata dun 'saber como'. O 'saber que' é un coñecemento teórico, está composto por tódalas afirmacións que consideramos válidas sobre a realidade. Para que unha afirmación sexa auténtico coñecemento non chega con que sexa unha afirmación verdadeira, ademáis cómpre que sexamos quen de xustificala dun xeito adecuado. O coñecemento é unha opinión verdadeira que somos quen de xustificar. Na crenza podemos distinguir dous tipos fundamentais: -Uso acertivo: estamos seguros de algo, aínda que non teñamos suficientes probas para demostralo. -Uso dubitativo: expresa que non estamos realmente seguros de verdade do que afirmamos. Opinión Crenza Coñecemento -------------- --------- -------- ------------- Seguridade \- \+ \+ Xustificable \- \- \+ Obxectivo \- \- \+ 5\. Criterios de verdade En certas sociedades adóitase considerar que a verdade se basea no criterio de autoridade (procedemento que basea a veracidade dunha afirmación no prestixio de quen a propuxo). Tamén se aceptan como verdadeiras aquelas crenzas que perduraron por tradición ao longo dos anos e sempre se transmitiron de xeración en xeración. Esta interpretación tradicional non admite críticas nin cuestionamentos racionais. En cambio, a filosofía tratou de atopar outras formas de aproximarse á verdade. Teorías da verdade: a verdade como correspondencia ou adecuación. Diferentes criterios da verdade ao longo da historia. Na historia do pensamento propuxéronse diferentes procedementos para determinar que é verdadeiro e que é falso. Denomínanse criterios de verdade (procedemento que permite xulgar se unha afirmación é verdadeira ou falsa). Aristóteles na súa *'Metafísica'* afirma 'Dicir do que é que non é, ou do que non é que é é falso; e dicir do que é que é ou do que non é que non é é verdadeiro.' Defende o criterio de verdade como correspondencia, que sostén que unha afirmación é verdadeira cando o que se di se corresponde coa realidade. O criterio de verdade como correspondencia adoptouse posteriormente polos filósofos medievais: 'a verdade é a adecuación entre o entendemento e as cousas'. O criterio da evidencia. A verdade como evidencia O filósofo francés Descartes aspiraba a alcanzar unha certeza absoluta. Levouno a aplicar un método radical: a dúbida metódica, poner en cuestión aquilo do que non estivera seguro. Conduciu a Descartes a dubidar ata da existencia real do que o rodeaba. E se as cousas que vía e tocaba eran produto dun soño? Para estar completamente seguro, o mellor era buscar unha verdade absolutamente certa e indubidable, para o cal non bastaba o criterio de verdade como correspondencia. Descartes pensaba que a verdade debe ser evidente e indubidable, algo é indiscutiblemente verdadeiro cando o captamos mediante a intuición intelectual. A intuición permítenos alcanzar certas verdades fundamentais de forma clara e distinta. Unha destas verdades indubidables é o feito de que, como estou pensando, teño que existir. É o célebre *cogito* cartesiano: penso, entón existo. A verdade como coherencia. Emprégase fundamentalmente nas ciencias formais (matemáticas) Unha afirmación é verdadeira cando non é contraditoria e pode encaixar adecuadamente co resto de afirmacións que consideramos válidas. Exemplo: o número 17 é primo. Sabemos que os números primos só son divisibles por 1 e por eles mesmos. Como o 17 cumple esta condición, esta afirmación é coherente co noso saber matemático. O criterio da verdade como coherencia tamén foi adoptado máis alá das matemáticas por algúns filósofos. Hegel, alemán dos séculos XVIII-XIX. A verdade pragmática O pragmatismo xurdiu a finais do século XIX nos EEUU. Para os filósofos pragmatistas, como William James (filósofo americano, séculos XIX-XX), o criterio de verdade é a utilidade (eficacia e solución para resolver os problema ou satisfacer as necesidades). Para saber se algo á verdadeiro, debemos fixarnos nas súas consecuencias prácticas. Se os resultados derivados de aceptar unha afirmación son útiles, proveitosos e eficaces, consideramos que esa afirmación é verdadeira. A verdade como consenso A teoría consensual está asociada aos filósofos alemáms Jürgen Habermas e Karl-Otto Apel. Segundo estes autores, o fundamento para afirmar que algo é verdadeiro está no acordó resultante dun proceso de diálogo desenvolto en condicións adecuadas. Un exemplo podería ser o das verdades científicas: as afirmacións que hoxe consideramos científicamente válidas foron establecidas mediante o debate, crítica e revisión de expertos dentro da comunidade científica. Habermas e Apel insisten en que, para que este proceso de diálogo sexa válido, fai falta que se cumpran unha serie de requisitos básicos: -O diálogo debe de estar aberto a tódolos participantes interesados -Tódolos participantes deben esforzarse por xustificar adecuadamente as súas opinión -Deben estar dispostos a cambiar de posición cando os argumentos ofrecidos por outras persoas resulten convincentes. Unicamente nesta comunidade de diálogo danse as condicións para que tódolos interlocutores poidan poñerse de acordó nunha posición común e alcanzar o consenso. 6\. Actitudes filosóficas ante a verdade Dogmatismo e escepticismo O dogmatismo cre que é posible coñecer a verdade con total seguridade. O dogma é un principio firme e certo sobre o que se pode construír o coñecemento. Os partidarios do dogmatismo afirman que hai algún principios elementais que podemos alcanzar con total seguridade. Algún filósofos dogmáticos son Descartes, Leibniz. O escepticismo nega a posibilidade de coñecer a verdade. Para un escéptico, a verdade absoluta é algo inalcanzable. O máximo que podemos coñecer son afirmacións probables ou verosímiles, pero nunca podemos ter a completa seguridade de estar en posesión da verdade. Os filósofos escépticos máis coñecidos son Gorgias, Pirrón de Elis (filósofo grego, S. IV-III a. C. considerado como o primeiro escéptico), Sexto Empírico, Montaigne ou David Hume. Relativismo e subxectivismo O relativismo é a teoría segundo a cal no existe ninguna verdade universal e absoluta. Os seus defensores cren que o que consideramos verdadeiro ou falso é relativo, xa que depende do seu punto de vista, do momento e do lugar onde nos situamos. Non podemos afirmar que haxa unha única verdade para todo o mundo. O sofista Protágoras é un dos primeiros relativistas dos que temos noticia. Dicía que o home é a medida de tódalas cousas, na súa opinión todo o que afirmamos sobre a realidade depende do noso particular punto de vista. O subxectivismo afirma que o que a unha persoa lle parece verdadeiro ou falso depende únicamente de factores individuais, O escepticismo considera que a mellor actitude ante o coñecemento é a dúbida, xa que nunca poderemos estar seguros de haber alcanzado a verdade. Para un escéptico, o máis recomendable é suspender o xuízo, absténdonos de facer afirmacións rotundas e limitándonos a ofrecer a nosa propia opinión, que pode estar equivocada. Os relativistas, pola contra, afirman que as cousas que consideramos verdadeiras ou falsas dependen das crenzas e opinión estendidas na nosa contorna. O relativismo considera que a verdade depende do momento e do lugar. O perspectivismo De acordo coa perspectiva, a verdade só se pode captar desde un puntode vista determinado. Por iso a verdade presenta un aspecto variable segundo as persoas, momentos e lugares. Isto non quere dicir que a verdade no existe, nin que cada un teña a súa. Para un filósofo perspectivista si que existe unha verdade, pero esta só se pode contemplar desde unha perspectiva concreta, que condiciona a forma en que a percibimos. O filósofo español José Ortega y Gasset (XIX-XX) defendía que só é posible captar a realidade desde a nosa peculiar circunstancia. Con este termo Ortega refírese ao punto de vista desde o que contemplamos a verdade, influído polo momento e lugar en que vivimos. 7\. O coñecemento na antiga Grecia A gnoseoloxía é a rama da filosofía que formula preguntas relacionadas co coñecemento. A gnoseoloxía de Platón Xa na antiga Grecia, Platón distingue dous niveis xerais de coñecemento en función do tipo de realidade coñecida. Diferenciaba a doxa (opinión) da episteme (ciencia ou saber verdadeiro). Só o saber verdadeiro é auténticamente fiable. As opinión son variables e cambiantes. A gnoseoloxía de Platón distingue entre a opinión (*doxa*) e a ciencia ou saber verdadeiro (*episteme*). Para explicar a diferenza entre saber verdadeiro e opinión, Platón utilizaba unha comparación. O coñecemento, segundo este símil (co símil da liña, incluído no seu libro '*República*', ofrece unha representación alegórica da súa teoría dual do coñecemento), é unha liña que podemos percibir en dúas partes: -A primeira corresponde aos coñecementos sensibles, se capta cos sentidos e xera a opinión. -A segunda representa o coñecemento intelixente, alcanzado mediante a razón, é o único que constitúe un saber auténtico e valioso. No pensamento de Platón, a filosofía do coñecemento está íntimamente unida á teoría das Ideas. A metafísica platónica partía da distinción entre o mundo sensible e o mundo intelixible. O coñecemento do mundo sensible, a través dos sentidos, é imperfecto e engañoso. Por iso se denomina opinión (*doxa*). O verdadeiro coñecemento consiste en captar as Ideas mediante a razón. É o auténtico saber, ao que podemos chamar ciencia (*episteme*). Para Platón, a ciencia/saber verdadeiro é moito máis valioso que a opinión. O problema do coñecemento na filosofía aristotélica Aristóteles non compartía a teoría das Ideas do seu mestre Platón. Segundo Aristóteles, a verdadeira realidade está constituída polos seres do mundo sensible que podemos percibir, non cría na existencia dun mundo intelixible, de esencias puras e independentes. Pensaba que o coñecemento debe partir dos individuos particulares que captamos cos sentidos. Segundo Aristóteles, o coñecemento verdadeiramente valioso consiste en coñecer o universal e non o particular. O proceso de abstracción Para Aristóteles, o coñecemento verdadeiro consiste en ir máis alá do particular para captar o universal, que é a forma ou esencia compartida por tódolos individuos dunha mesma especie. Para o pensamento aristotélico, o único que existe son os individuos particulares do mundo que nos rodea. Por iso o coñecemento comeza cando percibimos eses individuos a través dos nosos sentidos, posteriormente esas percepcións almacénanse na memoria, e poden ser evocadas grazas á imaxinación. Finalmente, o entendemento permítenos contrastar percepcións similares e obter delas os trazos que teñen en común. O proceso crucial consiste en prescindir dos seus trazos secundarios e particulares. O entendemento debe únicamente quedarse co que estes individuos teñen en común. Coñecer consiste en extraer a forma inmanente que varios individuos particulares teñen en común (concepto de idea, de Platón), prescindindo dos seus trazos concretos e particulares, é o proceso de abstracción indutiva. 8\. O coñecemento na filosofía moderna Ciencia e filosofía Na Idade Moderna, a filosofía volveu interesarse polo coñecemento. O desenvolvemento da ciencia trala revolución científica dos séculos XVI e XVII fixo que os filósofos desa época prestasen grande atención aos problemas gnoseolóxicos. A partir do século XVII, o tema do coñecemento converteuse nunha das preocupacións centrais para a filosofía. O problema que lle preocupaba aos filósofos desta época era o da orixe, a validez e os límites do coñecemento humano. Grandes correntes da gnoseoloxía moderna A maior parte dos filósofos da Idade Moderna pódense situar en dúas grandes correntes, ás que se denominan racionalismo e empirismo'. O tema do coñecemento interesáballes igual aos racionalistas e empiristas. Coñecer, para estes pensadores, consistía en ter contidos mentais. Con esta visión, as ideas que temos na conciencia son representacións da realidade. As diferenzas entre racionalistas e empiristas xorden ao tratar de aclarar como obtemos estas ideas. Os racionalistas consideran que para alcanzar un coñecemento seguro debe partirse da razón, os empiristas pensan que a única maneira de conseguir coñecementos válidos é a partir da experiencia. 9\. O racionalismo É unha corrente filosófica segundo a cal a razón debe ser o punto de partida para alcanzar coñecementos seguros. Os filósofos racionalistas viviron no continente europeo durante os séculos XVII e XVIII. Destacan Descartes, Leibniz e Spinoza. Os filósofos racionalistas cren, en xeral, que os sentidos non son fiables porque nos poden engañar. A razón si que nos pode proporcionar coñecementos fiables, porque existen algunas verdades innatas que todos temos desde o noso nacemento e que son absolutamente seguras. Descartes sostiña que unha idea innata moi importante era o *cogito*: se eu pensó, iso significa que eu teño que existir. Esta verdade cáptase de forma inmediata mediante a intuición Un pensamento inspirado polas matemáticas O modelo de coñecemento no que se inspiran os racionalistas son as matemáticas. En matemáticas o coñecemento fundaméntase nunhas poucas verdades que se consideran incuestionables, consideradas axiomas. A partir dos axiomas, os matemáticos obteñen outras verdades mediante un proceso de dedución (pasar de xeral a particular). Crían que era posible construír un saber completo partindo das verdades evidentes e innatas da razón. Para logralo erea imprescindible seguir un método adecuado. Tanto Descartes como Leibniz aspiraban a sentar as bases dunha 'ciencia universal'. Descartes (século XVII) É o primeiro pensador da Idade Moderna pola súa rotura coa Escolástica, así como pola importancia que lle outorga ao papel do suxeito na filosofía. Foi tamén un destacado científico. Como matemático foi o creador da xeometría analítica, como físico investigou temas como as leis de reflexión e refracción da luz. As obras filosóficas máis coñecidas de Descartes son '*Discurso do método*' e '*Meditacións metafísicas*'. A fama adquirida por Descartes fixo que a raíña Cristina de Suecia, moi interesada pola ciencia e a cultura, o invitase á súa corte de Estocolmo. 10\. O empirismo O valor da experiencia Nas illas Británicas xurdiu unha corrente filosófica moi diferente denominada empirismo. Os principais filósofos empiristas son Hobbes, Locke, Hume e Berkeley. Os empiristas negaban a existencia de ideas innatas. Ao nacer non temos ninguna idea, porque tódalas ideas sen excepción proveñen da experiencia, a mente é como un papel en branco (*tabula rasa*, Locke). O recurso á indución O modelo de coñecemento no que se inspiran os empiristas é o das ciencias naturais, como a física ou a química. Estas ciencias baséanse na experimentación e, segundo os empiristas, elaboran as súas leis mediante a indución (parte de verdades particulares para obter resultados universais nun proceso de xeneralización). A experiencia é a orixe, pero tamén o límite do coñecemento. Por iso os empiristas cuestionaron que se poida coñecer aquilo do que non temos experiencia (a vida trala morte, Deus, calquera feito futuro). 11\. A crítica kantiana Que podemos coñecer? No seu libro *Crítica da razón pura*, o filósofo alemán Immanuel Kant (século XVIII, o maior ilustrado alemán) intentou aclarar cales son as posibilidades do coñecemento humano. Impresionado polos avances científicos do seu tempo, Kant tratou de investigar o fundamento que facía posible a ciencia. Recolleu na súa filosofía a influencia dos racionalistas (dogmatismo) e empiristas (escepticismo). Cría que os empirisas acertaban ao insistir na importancia da experiencia para o coñecemento, pero pensaban que a razón humana tamén tiña un papel importante, como afirmaban os racionalistas. Kant mantén que a experiencia nos proporciona o contido ou materia dos nosos coñecementos, pero a nosa razón é a que organiza eses contidos dándolles forma. Por iso afirmaba que o coñecemento empeza coa experiencia, pero non todo el provén dela. Existen algún elementos do coñecemento que son anteriores á experiencia (a priori). Todo coñecemento consta de dous elementos imprescindibles: -Unha materia dada a posteriori -Unhas formas postas a priori O coñecemento é unha síntesis de experiencia e razón. A sensibilidade: é a facultade que nos permite captar impresións mediante os sentidos. Para atopar os coñecementos a priori, Kant realizou un exhaustivo estudo da forma en que os seres humanos coñecemos a realidade. Segundo Kant, o coñecemento fai uso de tres facultades diferentes: sensibilidade, entendemento e razón. O que captamos cos sentidos está asociado a un marco espazo-temporal. Segundo Kant, o espazo e o tempo constitúen a forma das nosas concepcións sensibles. Trátase de elementos a priori da sensibilidade, que nós utilizamos para organizar os datos dos sentidos. A existencia de formas a priori na sensibilidade permite e Kant explicar que posibilita que as matemáticas sexan unha ciencia. As matemáticas, segundo Kant, ocúpanse dos números e das figuras, pero estas figuras refírense ao espazo, aos números e ao tempo. O entendemento e as categorías Unha vez captados os datos sensibles, o entendementoelabóralos para producir conceptos a partir deles. Logo de recibir unha cor vermella, un sabor doce, o meu entendemento procesa eses datos para indicarme que teño unha mazá. O contido dos conceptos son os datos da sensibilidade, a forma que permite organizar eses datos e darlles sentido non procede da experiencia, senón da mente. Segundo Kant, o entendemento posúe unha serie de elementos a priori (categorías) que dan forma aos datos sensibles. Kant cría que certos conceptos fundamentais (como os de substancia ou de causalidade) eran categorías do entendemento. As categorías permiten a Kant explicar por qué a física é unha ciencia: todas as leis da física baséanse no principio de causalidade. Pode a metafísica conertirse nunha ciencia? A metafísica estuda a Deus, a alma e o mundo, non podemos ter experiencia deles, polo que non se considera unha ciencia. A terceira facultade que estuda Kant é a razón. Segundo Kant, existe un límite para o coñecemento Non temos a capacidade de coñecer aquilo que está máis alá da experiencia. Só podemos captar a realidade tal e como se nos amosa aos sentidos e á mente. Na *Crítica da razón pura*, chama fenómeno a esta realidade que se nos amosa. Non podemos alcanzar a realidade en si mesma (noúmeno=cousa en si), porque só podemos captar os fenómenos. O coñecemento sempre será limitado. Kant amosou na súa epistemoloxía que o suxeito ten un papel moi relevante no coñecemento. Os filósofos anteriores consideraban que o noso coñecemento dependía enteiramente dos obxectos que precibimos. Kant considerou que a clave para compréndelo está no propio suxeito (é activo) e nos elementos que a nosa mente achega ao coñecemento. Kant sinalou a importancia deste radical cambio de perspectiva, comparando a súa propia teoría coa forma en que Copérnico cambiara o punto de vista na astronomía. Tema 5 1\. Que é a ciencia? A ciencia moderna comezou a xestarse no século XVI e a desenvolverse no XVII, logo da revolución científica. Nesa época xurdiu unha nova forma de estudar a natureza, baseada na experiencia e na utilización das matemáticas. Os científicos modernos rexeitaban os argumentos de autoridade que foran aceptados durante séculos. Para eles, o coñecemento debía basearse na observación e a medición. A ciencia é unha actividade investigadora baseada na observación e a experiencia para producir coñecemento. O obxectivo da nova ciencia é atopar as leis matemáticas que marcan o funcionamento da natureza. 2\. Clasificación da ciencias 1ºCiencias formais e ciencias empíricas -As ciencias formais ocúpanse de obxectos abstractos, que non existen na realidade natural, non se ocupan de feitos ou acontecementos que ocorren no mundo, senón de relación entre símbolos. Non ten contido empírico (mates, lóxica). -As ciencias empíricas ocúpanse de feitos que podemos coñecer mediante a experiencia, investigan as realidades que poden observarse e cuxas propiedades podemos coñecer empíricamente (física, química, historia, psicoloxía). 2º Ciencias empíricas naturais e humanas/sociais: as ciencias empíricas divídense en dous grandes grupos -Ciencias naturais: ocúpanse de obxectos presentes no mundo físico, se poden investigar experimentalmente, pretenden explicar (física, química, bioloxía ou xeoloxía). -Ciencias sociais: pretenden comprender ao ser humano e a sociedade desde diferentes perspectivas (historia, antropoloxía, socioloxía ou psicoloxía, esta última ten unha parte natural) 3º A explicación nas ciencias naturais Ademáis de ocuparse de temas diferentes, as ciencias naturais e as humanas se distinguen polo método. Nas ciencias naturais caracterízase a experimentación. Por iso dicimos que baséanse na explicación, que pretende conectar fenómenos mediante leis causais (no prognóstico do tempo, os meteorólogos son científicos naturais). As ciencias humanas poden recorrer poucas veces á experimentación. Un historiador non pode reproducir as condicións do pasado nun laboratorio para realizar experimentos. As ciencias humanas habitualmente non nos ofrecen fórmulas matemáticas ou leis causais precisas. 4º A comprensión nas ciencias humanas As ciencias humanas non pretender explicar, senón comprender, é dicir, coñecer as motivacións e o significado das realidades humanas e sociais. A comprensión emprega o método hermenéutico (interpretación dos feitos). 3\. Como se fai a ciencia? A ciencia e o método Os éxitos científicos desde o século XVII debéronse á utilización dun novo método moi eficaz nas ciencias naturais: o método científico. Foi proposto inicialmente por Galileo Galilei, está baseado na elaboración de hipótesis (suposición ou conxectura) que despois se contrastan experimentalmente para comprobar se son certas ou falsas. Tamén se pode chamar hipotético-dedutivo. Catro fases: -Definición do problema: é necesario determinar con precisión cal é a pregunta que pretende responder. -Formulación de hipótesis: baseándose no que xa se coñece sobre o problema, elabóranse unha serie de conxecturas que, se son verdadeiras, serían a resposta á pregunta que interesa. -Contraste de hipótesis mediante experimentos: as hipótesis póñense a proba experimentalmente para comprobar se son verdadeiras ou falsas. Débense comparar os resultados do experimento coas consecuencias que haberían. -Obtención de conclusións: se o experimento amosa resultados diferentes das predicións das hipótesis, hai que revisalas e tratar de elaborar outras novas. Se o experimento confirma as hipótesis, estas poden ser aceptadas. O experimento pode intentar xeneralizar as súas conclusións en busca dunha lei matemática que explique o fenómeno. Este método non se pode utilizar do mesmo xeito nas ciencias humanas, que aplican métodos de investigación diferentes ao ter un carácter máis cualitativo e centrado na comprensión. A estructura da ciencia (Paradigma}Teoría}Lei}Feito) As ciencias naturais ofrécennos modelos explicativos ontegrados por leis, teorías e paradigmas. Ocúpase de estudar feitos: acontecementos que podemos observar e rexistrar. Nas ciencias naturais pódense medir cuantitativamente. Unha lei científica é unha expresión dunha regularidade nos acontecementos naturais. As leis relacionan varios feitos ou fenómenos entre si, a miúdo mediante fórmulas matemáticas. Unha teoría científica articula diferentes leis, feitos e observacións rexistradas nun ámbito concreto da natureza. Un exemplo é a mecánica newtoniana, que inclúe de forma coherente diversas leis (gravitación ou 3 leis do movemento). Un paradigma científico é un conxunto de diversas teoría relacionadas entre si que permiten explicar globalmente a realidade. Son sistemas integrados de coñecementos, crenzas, inerpretacións e métodos de traballo, dentro dos cales se desenvolve o traballo dos científicos nunha época determinada. A mecánica newtoniana é unha teoría que forma parte do paradigma da fita clásica. Os paradigmas científicos actúan como marco explicativo da realidade. Cada un está asociado cunha cosmovisión ou interpretación do mundo característica. 4\. O indutivismo A ciencia e a indución O indutivismo afirma que a ciencia se constrúe mediante razoamentoa que, partindo dos casos particulares dados pola experiencia, tratan de obter conclusións aplicando a xeneralicación. Tivo moitos partidariosdesde os inicios da ciencia moderna. Un dos máis influentes foi Francis Bacon (inglés S.XVI-XVII, propuxo o método no seu *Novum organum*). No século XIX, John Stuart Mill defendeu o indutivismo como procedemento básico para o avance das ciencias. Os indutivistas, ao igual que os empiristas, cren que a ciencia comeza coa experiencia. A observación experimental permítenos elaborar enunciados particulares sobre os feitos que percibimos. Despois de levar a cabo a experiencia moitas veces e comprobar que o resultado sempre é o mesmo, o indutivista pasaría a xeneralizar as súas conclusións. As críticas ao indutivismo Cantas veces habería que repetir o experimento para que as coclusións sexan verdadeiramente universais? Non podemos repetilo infinitamente, nalgún momento debemos deter o proceso. Esta dificultade, coñecida como o problema da indución, impulsou a moitos filósofos a buscar interpretacións alternativas para explicar como funciona a ciencia. O caso do pavo indutivisa (Bertrand Russell) permite entender de xeito claro e ameno en que consiste o problema da indución. 5\. O falsacionismo Unha forma de delimitar o que é a ciencia O falsacionismo é unha teoría epistemolóxica proposta por Karl Popper (s.XX de orixe austríaca, posteriormente nacionalizado británico, espuxo as súas ideas sore a ciencia en obras como '*A lóxica da invertigación científica*') a mediados do s.XX. Antes de Popper, críase que a ciencia avanzaba cando conseguía verificar alguna afirmación, converténdoa nunha lei, Popper rexeitou con evidencia esta interpretación indutivista. Segundo Popper, nunc apodemos estar seguros de que unha xeneralización é completamente certa, porque abarca un número infinito de casos. As afirmacións da ciencia xamais se poden verificar por completo. Se a ciencia non avanza mediante a verificación, como consegue elaborar as súas leis? Popper cría que os enunciados científicos só teñen unha validez profesional. Unha lei científica fai afirmacións que podemos aceptar temporalmente mentres non fosen contraditas pola experiencia. Os experimentos e a falsación A formulación de Popper permite establecer un criterio para decidir se unha afirmación é científica ou non. Segundo Popper, os experimentos non poden nunca verificar completamente unha afirmación, pero si que a poden falsar demostrando que non é certa. Un certo campo do saber é unha ciencia cando produce afirmacións falsables, que poden someterse a este tipo de proba. As ciencias máis fiables son as que teñen moitas afirmacións aínda que non puideron ser falsadas, malia sometelas numerosas veces á proba experimental. Unha teoría científica debe ser falsable, é dicir, debe poder expoñerse a quedar refutada. 6\. A teoría dos paradigmas O concepto de paradigma A proposta epistemolóxica de Thomas Samuel Kuhn (físico e filósofo da ciencia estadounidense, s. XX. Obra: *A estrutura das revolucións científicas*) introduce o concepto de paradigma científico, alternativo ao falsacionismo. Segundo Kuhn, os científicos que traballaban nun determinado momento histórico comparten unha mesma visión determinada do mundo, que inclúe unha perspectiva sobre os problemas que hai que investigar, os métodos que poden empregarse e as ideas fundamentais das que se debe partir. Isto é o que Kuhn denomina paradigma científico. Considéranse paradigmas científicos: o sistema aristotélico-ptolemaico anterior á revolución copernicana, o sistema newtoniano aceptado ata a teoría da relatividade de Einstein. Ciencia normal e ciencia revolucionaria Kuhn cre que a maior parte do tempo os científicos se dedican a producir coñecemento mentres traballan nun paradigma comaprtido. Son as etapas de ciencia normal. Ás veces danse anomalías cuxa solución non é doada de encontrar no marco teórico do paradigma establecido. Meses casos poden aparecer científicos orixinais e atrevidos, que intentan vencer ás dificultades saíndose do paradigma tradicional, son os momentos de ciencia revolucionaria. Exemplo da cosmovisión aristotélica: Aristóteles propuxo na súa filosofía unha visión xeocéntrica, heteroxénea e teleolóxica do universo. Estivo en vigor durante case dous mil anos. Co paso do tempo o paradigma xeocéntrico empezou a ter problemas. A invención do telescopio mostrou que o universo non era como Aristóteles imaxinara. Entón algún científicos propuxeron unha teoría alternativa, baseada no heliocentrismo. É o comezo da revolución científica, que marca o cambio de paradigma cara á ciencia moderna. Segundo Kuhn, a ciencia revolucionaria aparece cando algún científicos se separan do paradigma establecido e proponen unha visión diferente, novidosa e incompatible coa cosmovisión anterior. 7\. Ciencia e técnica: trátase de dúas actividades diferentes A ciencia ten como obcextivo a producción de coñecemento válido O propósito da técnica é fundamentalmente práctico, é unha actividade transformadora que permite crear artefactos ou deseñar procedementos para satisfacer os nosos desexos e necesidades. Convén distinguir técnica e tecnoloxía: A técnica ocúpase de crear dispositivos ou inventar métodos para lograr os nosos propósitos A tecnoloxía é unha reflexión ou un saber sobre a técnica. 8\. A técnica como acción transformadora A intervención humana modifica o medio A técnica formou parte das actividades humanas desde as orixes da nosa especie A técnica forma parte das nosas vidas Na actualidade, a ciencia e a técnica están íntimamente relacionadas. A interconexión é tan estreita que algún filósofos falan dunha única realidade, denominada tecnociencia. 9\. Liberación ou escravitude Aínda que a técnica proporciona ferramentas útiles e poderosas, tamén hai que ter en conta que as súas repercusións non sempre foron positivas. Por exemplo cos automóviles: cando se inventaron, avanca indubidable, ao faciliar a movilidade, cando o número de automóviles se multiplica, aparecen problemas inesperados (contaminación, atascos, esgotamento dos recursos petrolíferos, quecemento global...). A aparición de problemas como estes levou a algún filósofos a criticar con dureza o imparable desenvolvemento científico e técnico propio da nosa época. A tecnociencia actual só se preocupa de crear os medios necesarios para acadar un propósito. Os científicos e os técnicos non adoitan cuestionarse se o propósito é beneficioso ou prexudicial. A razón instrumental e a razón orientada a fins Os filósofos máis críticos como Max Horkheimer (filósofo sociólogo alemán, s.XX, pertence á escola de Frankfurt) afirman que a ciencia e a técnica só se basean na razón instrumental (uso da razón para determinar os meidos que son necesarios con vistas a un fin determinado. Permite encontrar os medios, pero non reflexiona sobre a finalidade á que se orientan). Isto significa que, para lograr os seus aances, os investigadores únicamente se preocupan por atopar o *como* sen pensar no *para que*. Fronte a esta situación, o que verdadeiramente necesita a humanidade é unha razón orientada a fins (uso da razón para reflexionar sobre a finalidade que queremos lograr coas nosas acción). Para os críticos da técnica, antes de desenvolver os nosos inventos debemos considerar se nos van a axudar a lograr o tipo de vida que realmente queremos vivir.