MITOS DA CREACIÓN E DAS IDADES HUMANAS PDF

Summary

Este documento analiza diversos mitos da creación e as idades humanas, con especial foco na cultura grega. Procura unha análise comparativa, en lugar de presentar un test ou exercicio.

Full Transcript

O referente de ambos é Hesíodo, que os desenvolveu en dúas obras: 😎 1. Teogonía 2. Traballos e días (TETE ) 🔁 🌟 🧑🏾‍🤝‍🧑🏿...

O referente de ambos é Hesíodo, que os desenvolveu en dúas obras: 😎 1. Teogonía 2. Traballos e días (TETE ) 🔁 🌟 🧑🏾‍🤝‍🧑🏿 Como un díptico con evolución oposta : o cosmos sigue unha ➕ dirección positiva (do desorde → á orde), fronte á humanidade , 🐒 cuxa evolución é negativa.➖ Creación En Grecia Hesíodo ofrece a explicación máis antiga de como chegaron a existir as cousas. Contrariamente á Xénese, o modelo hesiódico non é o dun creador/demiurgo, senón que 👨‍👩‍👧‍👧 🧘🏿‍♀️ sigue o modelo procreativo e xenealóxico da familia 🏛️ 🏺 humana , sendo unha explicación máis ben filosófica que ✨ mítica. Ademais do hesiódico na Antigüidade houbo outros mitos cosmogónicos , entre eles: Hai autores, como Apolodoro, que prescinden de toda a 🌥️ 🌎 parte do Caos primixenio e comezan a súa compilación mítica co matrimonio de Urano e Xea. Un verso da Ilíada mostra 🌊 que existiu outro mito segundo o cal todos os deuses e criaturas viventes xurdiron do Océano e Tetis foi a nai dos seus fillos. 1 O mito babilónico de Apsû e Tiâmat corresponderíase con este e podería ser a súa fonte. Un mito órfico, que 🥚 sobrevive nalgúns fragmentos, di que a noite foi cortexada polo vento e puxo un ovo de prata no seo da Escuridade; 🌥️ 🌍 ☀️ 🌝 dese ovo saíu Eros, quen puxo o universo en movemento e creou o ceo , a terra , o sol e a lúa. Nalgunhas versións do mito órfico Eros parece ser o pai dunha serie de xeracións de deuses. A cosmogonía ovidiana describe o caos e presenta a figura dun deus que organiza ese caos e crea o mundo e os seres vivos. Esta explicación non é nin naturalística nin mítica, ainda que fai referencia a esas dúas tradicións. O modelo procreativo encaixa menos coa liña que Ovidio segue nas Metamorfoses, mentres que a ordenación da materia caótica pode entenderse como arquetipo do seu novo tema de canto, a metamorfose. Segundo Ovidio na orixe o mundo non tiña espazo, tempo, formas, imaxes nin relacións intelixibles. Este xeito de comezar a enumeración cósmica en clave negativa considérase antigo e solemne. As partes do mundo que na orixe non estaban divididas corresponden ás que figuran en moitas cosmogonías antigas: auga, terra e aire, ás que se engade o cuarto elemento (lume), aquí non presente; máis que de elementos, Ovidio fala das partes do universo. Ovidio entende o caos como masa amorfa e confusa e non como abismo primordial (no sentido hesiódico). Esa masa contén os xens (semina) dos 2 elementos ainda non organizados. O léxico en parte remite a Lucrecio (cfr. semina rerum ou tamén a presenza de neoloxismos na pasaxe, como indigesta ou innabilis), pero a diferencia deste, cando se refire ao sol, a lúa e o mar, Ovidio escolle termos poéticos gregos e non naturalísticos (Titán, Febe, Anfitrite), como facendo ver que o paso do caos ao cosmos conleva un proceso de civilización e mitoloxización. Ovidio mantén unha ambiguidade sobre a figura do demiurgo (chamado deus, pero tamén fabricator, en clara referencia á tradición platónica e estoica) que pon fin á loita dos elementos, como unha especie de pacificación política; no cristianismo medieval Ovidio foi presentado como autoridade pola súa concordancia coa Xénese (malia que o deus ovidiano non é creador, senon organizador). Tamén é ambigua a alusión ao debate sobre a relación entre divinidade e natureza (deus… et melior natura: cfr. Spinoza: deus sive natura). A diferencia doepicureísmo de Lucrecio, onde ninguna forza superior controla a asociación dos átomos (situación que foi definida como “democracia conflictual”), o cosmos de Ovidio está gobernado por un dominio universal e pacificador que planifica e unifica, como o imperio romano. Despois de constituir o globo terráqueo como estrutura estable, o creador procede por orde sistemática, que Ovidio expón de xeito claro e didáctico. As descricións ovidianas das zonas do globo, os elementos ou os ventos teñen precedentes concretos que non podemos analizar aquí. Finalmente refírese á creación dos seres vivos, segundo unha xerarquía (peixes que habitan a auga, feras a terra e aves o ceo), na que o ser humano ocupa o posto máis alto. En realidade, igual que sucede no mito grego, o home non parece formar parte da mesma categoría que os animais, senón que ocupa un lugar intermedio entre estes e os deuses: así parece entendelo Ovidio cando se refire ao 3 bipedalismo como unha das características que distinguen a especie humana dos animais (teoría que na Antigüidade e na Idade Media tivo moita aceptación, como testemuñan, entre otros moitos, Salustio ou Isidoro de Sevilla): mentres que os animais andan sobre catro patas mirando a terra, o home érguese sobre dúas pernas e mira o ceo. A diferencia de Hesíodo, Ovidio inclúe no final da súa creación o mito antropogónico, volvendo outra vez á idea das sementes divinas (semina rerum) que poderían estar na terra da que Prometeo, con auga de chuvia, amasou as figuras humanas co molde dos deuses (outra idea coincidente coa Xénese: o home feito a imaxe de deus). Hesíodo, que tratou extensamente o mito de Prometeo tanto na Teogonía como en Traballos e días (na primeira en relación coa xustiza de Zeus, que o Titán transgrediu, e na segunda en referencia ás causas da degradación humana), nunca se referiu a esta idea de Prometeo como modelador de figuras humanas, que en cambio aparece nalgúns textos «menores» (ex. fábulas nº 100 e 240 de Esopo, ou a fábula de Fedro titulada Prometeo e o Engano) e tivo moito éxito na recepción posterior do mito prometeico. Mito das idades e das razas En Traballos e Días Hesíodo introduciu algúns mitos para ilustrar a dureza da vida ou do mundo adxudicado como destino ao home. Un deles é o mito das idades e das razas metálicas, que describe as causas da condición humana actual, despois de un proceso de degradación que pasa por distintas idades asociadas simbólicamente con metáis (ouro, prata, bronce, ferro). Desde unha perspectiva moral, o mito hesiódico insiste na recomendación da práctica da xustiza e a contención da soberbia. Ovidio presenta un mito relativamente semellante ao 4 hesiódico (suprimindo a idade dos héroes, que este intercalara para introducir nun esquema prestado a suposta idade heroica grega). Con todo, introduce algunhas diferenzas. Veremos, en particular, dúas ideas que figuran ao comezo da idade de ouro que non teñen correspondencia en Hesíodo. Temos que ter en conta as aportacións de dous autores anteriores a Ovidio: Arato e Virxilio. Segundo a versión do mito debida a Arato (autor grego do século III que escribiu unha obra de gran éxito en Roma: Phainómena, sobre os fenómenos astronómicos e meteorolóxicos), na idade de ouro os deuses vivían cos homes, pero durante a idade de prata só a Xustiza quedou convivindo con eles. Ao facérense máis perversos, na idade de bronce, a Xustiza emigrou ao ceo e pasou a ser a constelación da Virxe. Virxilio recolle este detalle de Arato e converte a idade de ouro nun argumento central da propaganda augústea (como tamén fai Horacio no Carmen saeculare). Faino na égloga IV das Bucólicas. Despois dunha pequena introdución, Virxilio introduce o tema das idades: Chegou xa a derradeira idade do agoiro da Cumana; comeza unha grandiosa sucesión de séculos, e xa retorna a Virxe, xa retorna o reino de Saturno, xa descende do fondo do ceo unha nova linaxe. polo recén nacido, co que a raza de ferro finará, e ha de xurdir polo mundo a de ouro, vela, pura Lucina: xa reina o teu Apolo. Virxilio reduciu o sistema hesiódico a dúas idades, referíndose a un retorno da idade de ouro despois da actual de ferro (concepción do tempo cíclico) e relacionándoa co retorno da Virxe (isto é: a Xustiza), do reino de Saturno (lémbrese que para Hesíodo a idade de ouro correspondía ao reinado de Cronos) e, tamén, co nacemento dun misterioso neno, que coincidirá co inicio da renovación. Xa desde a Antigüidade debátese quen é o rapaz que canta Virxilio, cuxo nacemento traerá a nova idade 5 de ouro: algúns intérpretes sostiveron que era o fillo de Asinio Polión, outros que o propio Augusto (que pacificou o Imperio romano despois dunha época de guerras civís) e os primeiros cristiáns mesmo dixeron que era Cristo, elevando a Virxilio á categoría de profeta. En calquera caso, é claro que esa idade áurea coincide co imperio de Augusto, asociándose con el. Virxilio caracteriza a idade de outro dun xeito semellante a Hesíodo: entre outras cousas, os homes non terán que traballar e a terra producirá os seus froitos espontaneamente. Traerán a casa as cabras os ubres cheos de leite, as bestas deixarán de temer ós leóns rexos e o mesmo berce teu verterá brandas flores. E morrerá a cobra, e a herba que agocha o seu veleno morrerá, e nacerá arreo a mirra siria (...) O viaxeiro do mar retirarase, e o pino navegante non fará trocos. Todo o dará calquera solo. Os sachos xa non farán sufrir a terra, nin a fouciña á vide, mesmo o forte arador librará os bois do xugo. A asociación da idade de ouro coa propaganda política tivo moito éxito posterior, tanto na época imperial romana (Nerón, por ex.) como na Idade Media (Carlomagno) e mesmo posteriormente. Ovidio, como Virxilio, introduce a figura da Xustiza na súa versión do mito das idades e, ademáis, parece contestar á propaganda augústea baseada no mito da idade de ouro de xeito sutil (lémbrese que nas obras de xuventude burlárase dalgúns elementos importantes da imaxe que Augusto quería proxectar: por certo, tamén da idade de ouro, que Ovidio vencellaba co mercantilismo). No comezo di: De outro naceu a idade primeira, que sen un encargado nin lei, de seu practicaba a xustiza e a fidelidade. 6

Use Quizgecko on...
Browser
Browser