Resumo Unidade 1. Ciencias da Natureza - 5º EP PDF

Summary

Este resumo da Unidade 1 de Ciencias da Natureza para 5º EP describe os seres vivos, o seu descubrimento, as funcións vitais e a estrutura celular. Inclúe información sobre o ciclo de vida, a función de nutrición, e os distintos tipos de células, eucariotas e procariotas.

Full Transcript

5º EP CIENCIAS DA NATUREZA Resumo Unidade 1. Os seres vivos O DESCUBRIMENTO DE HOOKE Robert Hooke naceu en 1635 en Inglaterra. Está considerado un dos grandes científicos da historia. Foi un apaixonado...

5º EP CIENCIAS DA NATUREZA Resumo Unidade 1. Os seres vivos O DESCUBRIMENTO DE HOOKE Robert Hooke naceu en 1635 en Inglaterra. Está considerado un dos grandes científicos da historia. Foi un apaixonado do mundo das ciencias e, cos seus descubrimentos, fixo importantes achegas en campos tan diferentes como a medicina, a arquitectura ou a física. Pero, como contribuíu Hooke a coñecer mellor aos seres vivos? A clave está nun microscopio que el mesmo construíu. Os microscopios son instrumentos que permiten observar obxectos demasiado pequenos para poder velos a simple vista. Hai varios tipos de microscopios, pero o mais común, e o que se descubriu en primeiro lugar, é o microscopio óptico. Os microscopios ópticos levan lentes que nos permiten obter unha imaxe aumentada dos obxectos. O microscopio que construíu Hooke tiña 50 aumentos. QUE É UN SER VIVO? As persoas, as plantas, as bacterias... somos seres vivos. Pero, que é o que nos diferencia dos seres inertes? Todos os seres vivos teñen características comúns:  Nacen doutros seres vivos iguais a eles.  Medran; é dicir, aumentan de tamaño e cambian de forma segundo avanza a súa vida.  Posúen a capacidade de reproducirse.  Morren. Ciclo de vida dunha ra. A estas características chámaselles ciclo de vida. XXXXXXXXXXXXXXXXXXX  As funcións vitais dos seres vivos Todosos seres vivos, sen excepción, realizan funcións que lles permiten vivir e adaptarse ao medio. Estas funcións denomínanse funcións vitais. As funcións vitais son tres: 1. Función de nutrición: A función de nutrición consiste en tomar os alimentos e as substancias necesarias para que o organismo se manteña con vida. Para realizar a función de nutrición os seres vivos toman do medio as substancias nutritivas e a enerxía que precisan, e expulsan ao medio as substancias de refugallo que fabrican. 1 5º EP CIENCIAS DA NATUREZA Resumo Por exemplo, os mamíferos obteñen nutrientes e enerxía dos alimentos e da auga que toman, e expulsan as substancias de refugallo nas feces e nos ouriños. 2. Función de relación: A función de relación permítelles aos seres vivos reaccionar ante os cambios que se producen no medio. Mediante esta función, os seres vivos coñecen o que pasa ao seu arredor para reaccionar dunha maneira axeitada. Unha planta precisa luz para sobrevivir. Se ten pouca luz e necesita máis, pode mover as súas follas e orientalas cara ao sol. Este é un exemplo de función de relación. 3. Función de reproducción: A función de reprodución permítelles aos seres vivos ter descendentes da súa mesma especie. Por exemplo, da unión dunha ovella e un carneiro nace a súa cría: o año. 4. Os virus, no límite da vida: Un caso especial é o dos virus. Son partículas moi pequenas e moi sinxelas que poden causar enfermidades en animais, plantas ou bacterias. Unha opinión moi estendida é que os virus non son seres vivos, pero o certo é que os científicos aínda non se puxeron de acordo en se o son ou non. Por iso, dise que están no límite da vida. A CÉLULA Os seres vivos estamos formados por células. As células son moi pequenas e son a estrutura básica coa que se constrúe a vida.  A célula, que é?  A teoría celular sostén que todos os seres vivos están formados por células. Baséase en  tres ideas fundamentais:  A célula é a unidade anatómica dos seres vivos. Isto significa que todos os seres vivos, sen excepcións, están formados por células.  A célula é a unidade fisiolóxica dos seres vivos; é dicir, pode realizar as tres funcións vitais: función de nutrición, función de relación e función de reprodución.  Todas as células fórmanse a partir da división doutras células iguais a elas.  As partes da célula  Todas as células teñen unha estrutura na que se poden distinguir:   Membrana plasmática. É unha envoltura que rodea á célula.  Citoplasma. É unha substancia xelatinosa situada entre o núcleo e a membrana plasmática. Contén os orgánulos que realizan diferentes funcións.  Orgánulos. Son os encargados de realizar funcións específicas.  Material xenético (ADN) que contén as intrucións para o funcionamento da célula. 2 5º EP CIENCIAS DA NATUREZA Resumo  Tipos de células  Células eucariotas Ademais da membrana plasmática, o citoplasma e os orgánulos posúen un núcleo, que contén o material xenético, ben definido. O núcleo encóntrase no interior da célula separado por unha membrana do citoplasma. É o encargado de controlar o funcionamento celular. As células eucariotas están presentes en seres vivos como animais, plantas, fungos ou algas.  A célula animal: Está formada pola membrana plasmática, o citoplasma, os orgánulos e o núcleo.  A célula vexetal: Está formada pola membrana plasmática, o citoplasma, os orgánulos e o núcleo. Ademais posúe unha parede celular que rodea á membrana plasmática. A parede celular protexe a célula do exterior e dálle rixidez. Tamén conteñen un tipo de orgánulo que lle permite realizar a fotosíntese (os cloroplastos). Célula animal (1), célula vexetal (2). Células procariotas As células procariotas non teñen núcleo definido, o material xenético está libre no citoplasma. Ademais posúen menos orgánulos. As bacterias son seres vivos que están formadas por células de tipo procariota. A ORGANIZACIÓN DOS SERES VIVOS Xa sabemos que os seres vivos están formados por células; pero, como se organizan? Os seres vivos poden ser unicelulares ou pluricelulares, segundo o número de células que posúan. Vexamos as súas características. 3 5º EP CIENCIAS DA NATUREZA Resumo  Unicelulares  Os seres vivos unicelulares están formados por unha soa célula. Neste caso a célula  funciona como un organismo e realiza as tres funcións vitais: función de nutrición, función de relación e función de reprodución. As bacterias son seres vivos unicelulares.  Pluricelulares  Os seres vivos pluricelulares están formados por moitas células. Estas células son de moitos tipos diferentes. Organízanse e únense entre si dun modo ordenado, como as pezas dun crebacabezas, formando niveis de organización cada vez máis complexos. Os niveis de organización son os seguintes:  As células que realizan unha mesma función agrúpanse para formar tecidos. Por exemplo, as células musculares agrúpanse para formar o tecido muscular.  Varios tecidos que realizan unha mesma función forman un órgano. Por exemplo, o tecido muscular forma os músculos.  Os órganos agrúpanse para formar aparatos ou sistemas. Nestas agrupacións os órganos coordínanse para realizar funcións mais complexas. Por exemplo, os músculos forman parte do aparato locomotor.  O conxunto de todas as células, tecidos, órganos, aparatos e sistemas forman un organismo; por exemplo, un ser humano. 4 5º EP CIENCIAS DA NATUREZA Resumo Niveis de organización: célula (1), tecido (2), órgano (fígado) (3), aparato (aparato dixestivo) (4). OS CINCO REINOS DA NATUREZA Como xa sabes, os seres vivos son moitos e de formas moi diferentes. Xa se descrubiron máis de 1,7 millóns de especies diferentes, pero existen moitas máis; todos os anos descóbrese algunha especie nova. A pesar desta gran diversidade, os seres vivos poden agruparse en cinco grupos chamados reinos. 1. Reino vexetal (ou Metafitas) 2. Reino animal (ou Metazoos) 3. Reino dos fungos (ou Fungi) 4. Reino moneras 5. Reino protista  Reino dos animais  Os animais son seres vivos pluricelulares que se poden desprazar, aínda que existen algunhas excepcións. Non poden fabricar o seu propio alimento, polo que se alimentan doutros seres vivos ou dos restos destes. 5 5º EP CIENCIAS DA NATUREZA Resumo Poden clasificarse en dous grandes grupos:  Vertebrados. Teñen columna vertebral. As ras, as pescadas ou os corvos son animais vertebrados.  Invertebrados. Non teñen columna vertebral. As miñocas, as ameixas ou as arañas son animais invertebrados.  Reino das plantas As plantas son seres vivos pluricelulares que non se poden desprazar. Poden fabricar o seu propio alimento a partir dos nutrientes que obteñen do solo, do dióxido de carbono e da luz do sol mediante un proceso denominado fotosíntese. Poden agruparse en dous grandes grupos:  Plantas con flor, que se reproducen mediante sementes. Algúns exemplos son a roseira, as silvas ou a cebola.  Plantas sen flor, que se reproducen mediante esporas, como fentos e carrizas.  Reino dos fungos Os fungos non se poden desprazar nin tampouco poden fabricar o seu propio alimento. Aliméntanse doutros seres vivos ou dos restos deses seres vivos. Os fungos poden ser:  Unicelulares, como, por exemplo, os fermentos.  Pluricelulares, que están formados por moitas células que se agrupan en filamentos chamados hifas. A este grupo pertencen os fungos que forman cogomelos ou o mofo.  Reino moneras  O reino moneras inclúe seres vivos unicelulares moi sinxelos. Están formados por células procariotas. A este reino pertencen as bacterias. As bacterias foron os primeiros seres vivos que habitaron a Terra e, durante moito tempo, foron os únicos do noso planeta. Poden vivir en hábitats moi diversos. Algunhas bacterias son moi útiles para o ser humano, pero outras poden causar enfermidades. 6 5º EP CIENCIAS DA NATUREZA Resumo  Reino protista Neste reino atópase unha gran variedade de organismos. Todos están formados por células eucariotas. Este reino está formado por aqueles seres vivos que non se poden incluír en ningún dos outros catro reinos. Distínguense dous grandes grupos:  As algas: As algas poden fabricar o seu propio alimento, xa que, ao igual que as plantas, poden realizar a fotosíntese. Poden ser unicelulares ou pluricelulares. Viven na auga ou en ambientes moi húmidos.  Os protozoos: Os protozoos son seres vivos unicelulares que non poden fabricar o seu propio alimento. Viven na auga ou en ambientes moi húmidos. Por exemplo, as amebas ou os paramecios. 7

Use Quizgecko on...
Browser
Browser