Resolución do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Galicia - PDF
Document Details
Uploaded by ResoluteCalifornium7127
CPI Castro Baxoi
2024
Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Tags
Summary
This Galician document details an agreement between the Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades of the Xunta de Galicia and the trade unions CC.OO., ANPE and UGT-SP Ensino. The agreement focuses on measures to improve the functioning of the education system and working conditions for teachers in Galicia. The document is dated January 10, 2024
Full Transcript
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4004 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL...
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4004 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto do Acordo entre esta consellería e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. O 11 de outubro de 2023, as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino asinaron un acordo, que foi autorizado na reunión do Consello da Xunta do día 7 de decem- bro de 2023, sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condi- cións laborais do persoal funcionario e laboral docente da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. En aplicación do disposto no artigo 38 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, procede ordenar a publicación do texto deste acordo no Diario Oficial de Galicia. En con- secuencia, ACORDO: Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto do acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensi- CVE-DOG: uaa34l66-vta7-tgq0-wxt2-ayvb7iqrm3p7 nanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2024 Jesús Manuel Álvarez Bértolo Director xeral de Centros e Recursos Humanos ANEXO Exposición de motivos O Acordo que acadan a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4005 Ensino ten a finalidade de adoptar unha serie de medidas que redunden na mellora do fun- cionamento do sistema educativo, cunha incidencia en todos os sectores da comunidade educativa: as familias, o alumnado, os equipos directivos e o profesorado, en xeral. A redución das ratios das etapas de educación infantil e educación primaria de 25 a 20 alumnos por aula e a de educación secundaria obrigatoria e bacharelato a 25 e 30, res- pectivamente, favorecerá a consecución dos obxectivos destas etapas. Por outra parte, o feito de que cada alumno ou alumna cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %, cun grao I de dependencia acreditada ou cun trastorno grave da conduta acreditada compute, para os efectos desta ratio, como dous, e que cada alumno ou alumna cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65 % ou cun grao II ou III de dependencia acreditada compute, para estes mesmos efectos da ratio, como tres, é unha medida moi potente de aposta pola inclusión educativa, de atención á diversidade e de protección das familias máis desfavorecidas. A redución das ratios será progresiva, pero o compromiso de non efectuar a supresión de unidades durante o seu período de implantación, cando non proceda se as novas ratios están xa vixentes, é unha clara aposta pola estabilidade do profesorado. En relación co profesorado, abórdanse, ademais, tres cuestións que se considera esen- cial fomentar: – A formación do profesorado. – O desempeño dos órganos unipersoais de goberno. – O desempeño da titoría. CVE-DOG: uaa34l66-vta7-tgq0-wxt2-ayvb7iqrm3p7 Incentívanse así, neste acordo, a formación do profesorado, o desempeño dos órganos unipersoais de goberno e da titoría con incrementos retributivos. Así mesmo, redúcese o horario lectivo do persoal docente que imparte as ensinanzas de educación infantil e primaria a 23 horas e difírese a negociación dunha nova regulación do horario lectivo da xornada de traballo do persoal funcionario e persoal laboral docente ao momento en que se aborde unha xornada de traballo de 35 horas semanais para todo o persoal da Xunta de Galicia. Finalmente, nas medidas complementarias establécese o compromiso da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de reducir as tarefas bu- ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4006 rocráticas, regular as reunións telemáticas e as licenzas de formación sen retribución, así como o incremento das axudas para a formación. 1. Ámbito de aplicación. 1.1. Este acordo será de aplicación ao persoal funcionario e laboral docente dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 1.2. A redución de ratios resultará de aplicación nos centros públicos e nos centros pri- vados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia. 2. Redución de ratios. 2.1. Redúcense as ratios máximas por grupo na educación infantil, na educación prima- ria, na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato. 2.1.1. No curso 2024/25 iniciarase o calendario de aplicación cunha ratio máxima de 20 alumnos/as en 4º de educación infantil. Esta ratio máxima de 20 alumnos/as por aula aplicarase de forma progresiva nas etapas de educación infantil e educación primaria nos sucesivos cursos. 2.1.2. Non obstante, aquelas aulas que ao inicio da aplicación progresiva desta redu- ción de ratios teñan entre 20 e 25 alumnos/as, non verán incrementado o seu número de alumnos/as reais en toda a duración do período de aplicación respecto do número real que tivesen no curso anterior. CVE-DOG: uaa34l66-vta7-tgq0-wxt2-ayvb7iqrm3p7 2.1.3. As ratios máximas na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato serán de 25 e 30 alumnos/as por aula, respectivamente. A negociación do calendario de aplicación nestas etapas iniciarase coincidindo co remate da aplicación das novas ratios na etapa de educación infantil. 2.2. Durante a implantación progresiva da redución de ratios máximas nas etapas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato non se realizarán supresións de unidades naqueles centros en que, como consecuencia da diminución de alumnado, proceda efectuar unha supresión cos límites vixentes no curso académico correspondente pero non proceda coas ratios de 20 alumnos/as en educa- ción infantil e educación primaria, 25 alumnos/as en educación secundaria obrigatoria e 30 alumnos/as en bacharelato. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4007 2.3. Se, nalgún caso excepcional, non se poden cumprir as novas ratios establecidas, por inexistencia de aulas no centro educativo, no caso das ensinanzas de educación in- fantil e primaria, dotarase o centro dun especialista de educación primaria máis dos que lle corresponden por catálogo. 2.4. Cada alumno ou alumna cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %, cun grao I de dependencia acreditada ou cun trastorno grave da conduta acreditada computará, para os efectos desta ratio, como dous. 2.5. Cada alumno ou alumna cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65 % ou cun grao II ou III de dependencia acreditada computará, para os efectos desta ratio, como tres. 2.6. Computará, para os efectos de ratios, o alumnado repetidor. 2.7. Nas aulas que escolaricen alumnado de diferentes niveis, ciclos e/ou etapas edu- cativas serán de aplicación as ratios recollidas no Acordo de agrupamentos do alumnado, do 10 de xullo de 2009. 3. Redución do horario lectivo. Redúcese o horario lectivo do persoal docente que imparte as ensinanzas de educación infantil e primaria a 23 horas e difírese a negociación dunha nova regulación do horario lectivo da xornada de traballo do persoal funcionario e persoal laboral docente ao momento en que se aborde unha xornada de traballo de 35 horas semanais para todo o persoal da Xunta de Galicia. CVE-DOG: uaa34l66-vta7-tgq0-wxt2-ayvb7iqrm3p7 4. Incremento mensual do compoñente do complemento específico por formación per- manente do persoal funcionario e persoal laboral docente. 4.1. O importe mensual do compoñente do complemento específico por formación permanente do persoal funcionario e do persoal laboral docente terá os seguintes incre- mentos: Efectos Incremento porcentual 1.1.2024 10 % 1.1.2025 10 % Total 20 % ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4008 4.2. Transcorridos seis anos desde a sinatura deste acordo, para o perfeccionamento do compoñente do complemento específico por formación permanente, requirirase que o profesorado acadase o nivel B1 de competencia dixital docente. A Consellería comprométese a realizar unha oferta formativa suficiente que lle permita a todo o profesorado acadar o nivel B1. 5. Incremento polo desempeño de órganos unipersoais de goberno, por ser responsable de centros de menos de tres (3) unidades en educación infantil e primaria e por función de inspección educativa. 5.1. Incremento lineal polo desempeño de órganos unipersoais de goberno, por ser res- ponsable de centros de menos de tres (3) unidades en educación infantil e primaria e polo exercicio da función de inspección: Efectos Contía mensual en euros 1.1.2024 20 1.1.2025 20 1.1.2026 20 Total 60 5.2. Este incremento resulta de aplicación tamén aos seguintes postos que teñen equi- parada a súa retribución a unha dirección ou a unha xefatura de estudos de centros tipo A: – Xefaturas de residencias. – Membros dos equipos de orientación específica. CVE-DOG: uaa34l66-vta7-tgq0-wxt2-ayvb7iqrm3p7 – Á Dirección do CAFI, CFR, Centro Galego de Innovación da Formación Profesional e Centro Autonómico de Formación e Innovación, e ao persoal asesor destes centros. – Asesores técnicos docentes. 6. Incremento do importe mensual do compoñente do complemento específico por fun- ción titorial e outras funcións docentes. Efectos Incremento mensual 1.1.2024 10 % 1.1.2025 10 % ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4009 7. Medidas complementarias. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades compro- métese a: 7.1. Elaborar un plan de simplificación das tarefas burocráticas nos centros educativos que permita unha maior dedicación do persoal docente ás actividades especificamente educativas. Constituirase un grupo de traballo que durante o curso 2023/24 elaborará un plan para que se poida implantar no curso 2024/25. 7.2. Estender e regular a posibilidade de realizar reunións de forma telemática aos órga- nos de coordinación docente, nos centros educativos, sempre que así o decida o claustro de profesorado no uso da súa autonomía e, se é o caso, do órgano convocante segundo a natureza das sesións que se van realizar. 7.3. Duplicar o importe das axudas por formación «reintegros por formación», a partir da convocatoria que se realice no ano 2024. 7.4. Regular as licenzas de formación non retribuídas que resultarán de aplicación a partir do ano 2024. 8. Comisión de Seguimento do acordo. Para facilitar o cumprimento e a interpretación deste acordo constituirase unha comisión de seguimento formada por representantes da Consellería de Cultura, Educación, Forma- CVE-DOG: uaa34l66-vta7-tgq0-wxt2-ayvb7iqrm3p7 ción Profesional e Universidades e das organizacións sindicais asinantes, que se reunirá polo menos unha vez ao ano ou por petición de calquera das partes. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia