Document Details

SaintlyObsidian7619

Uploaded by SaintlyObsidian7619

IES de Porto do Son

Tags

leisure free time social activities Galician

Summary

This Galician document analyzes leisure and free time in society, exploring its historical context and societal impacts. It discusses the concept of leisure, various activities, and their benefits. The document also focuses on the importance of leisure in personal development and social well-being.

Full Transcript

CARACTERIZACIÓ N DOS PROXECTOS DE TEMPO LIBRE LECER E TEMPO LIBRE O tempo libre e o lecer son un termómetro que nos permite coñecer o evolucionada que está unha sociedade. As persoas que pertencen ás sociedades máis avanzadas dispoñen dun maior tempo libre e o enfocan dunha m...

CARACTERIZACIÓ N DOS PROXECTOS DE TEMPO LIBRE LECER E TEMPO LIBRE O tempo libre e o lecer son un termómetro que nos permite coñecer o evolucionada que está unha sociedade. As persoas que pertencen ás sociedades máis avanzadas dispoñen dun maior tempo libre e o enfocan dunha maneira máis responsable. Ademáis, as actividades de lecer son máis complexas e sofisticadas nas sociedades máis evolucionadas. As actividades de lecer requiren animadores e dinamizadores profesionais que as dirixan de maneira axeitada. Esta demanda fai que sexa una saída profesional interesante. O animador debe plantexar actividades dinámicas, que favorezan a participación activa de todos os membros e que permitan o disfrute do tiempo libre dunha forma positiva. TEMPO LIBRE: definición. O tempo libre é aquel que lle queda a unha persoa despois de haber cuberto as necesidades fisiolóxicas: comer, durmir, asearse, etc.; de cumplir coas súas obrigas familiares e sociais: coidado de familiares, compromisos sociais ineludibles, tarefas domésticas, etc.; e de haber desempeñado a súa actividade fundamental: estudiar ou traballar. LECER/OCIO O ocio é o emprego do tempo libre en actividades elixidas con tres características: -De maneira voluntaria. -De carácter autotélico. É dicir, que a actividade é un fin en sí mesmo. -Que supoña unha experiencia satisfactoria. Calquera actividade que realicemos no noso tempo libre e que cumpla estas tres características, considerarémola unha actividade de lecer. LECER E TEMPO LIBRE UNHA ACTIVIDADE, PARA CONSIDERARSE DE OCIO, PRECISA...... suceder nun momento determinado, libre de obrigas.... afrontarse cunha actitude positiva, ser desexada e realizarse de xeito libre.... proporcionar diversión. A actitude persoal. O máis importante do ocio non é tanto o que se fai ou cando se fai, senón COMO SE FAI, É dicir, como se vive aquelo que se fai. A actitude persoal nas actividades de ocio refírese á entrega, de maneira voluntaria e desinteresada, que lle vai a producir á persoa unha experiencia de satisfacción e de encontro consigo mesma. EMPREGO DO TEMPO LIBRE Emprego do tempo libre. Barómetro do CIS 2017 BENEFICIOS DUN OCIO ENRIQUECEDOR Sociais: establécense relacións interpersoais ricas e variadas, melloran a integración social, favorece a participación... Físicos: loita contra as alteracións físicas e motoras derivadas do sedentarismo e o illamento social. Comunicativos: amplía os recursos comunicativos, mellora a expresividade. Cognitivos: apertura da mente a novos intereses, actividades,... Emocionais: mantén e mellora a capacidade de desfrute, de distensión, ferramenta contra o estrés, mellora da autoestima, sentimento de utilidade,... Estéticos: reforzamento de capacidades artísticas,... Éticos: adquisición de valores positivos, como a solidariedade, empatía, colaboración,... BENEFICIOS DUN OCIO ENRIQUECEDOR O lecer como desenvolvemento da persoa Podemos enfocalo desde dúas ópticas: Individual e Social. Desde o punto de vista individual, o lecer cumple tres funcións. 1.- Desenvolvemento: O lecer serve como medio para a evolución da personalidade do individuo. 2.- Descanso: Sirve de repouso da actividade principal: Traballo. 3.- Diversión: É unha vía de escape das presións da vida diaria. Desde o punto de vista social, podemos O lecer como diferenciar cinco funcións: 1.- Creatividade: Posibilita o desenvolvemento da desenvolveme persoa no que máis lle atrae e lle interesa. Libre elección das persoas á hora de determinar as nto da persoa actividades. 2.- Festiva: Créase un punto de encontró que favorece a comunicación e a interacción. Dáse a experiencia comunitaria e vivencia social. 3.- Lúdica: Favorece o equilibro físico e psicolóxico da persoa, a cal xoga, divírtese, entretense,… 4.- Medioambiental: Transmite coñecementos, crencias e cultura. Determinado polo contexto onde se desenvolva a persoa. 5.- Solidaria: Fomenta a integración de persoas e colectivos que se encontran en risco de exclusión social. CARACTERÍSTICAS DO TEMPO LIBRE NA SOCIEDADE. Ao longo da Historia, dous acontecementos históricos marcaron uns cambios importante na maneira de traballar. A Revolución Francesa e a Revolución Industrial. Introdúxose a xornada laboral e as persoas disponían de tempo libre logo do seu traballo. Este cambios afianzáronse no século XX, dipoñéndose de 8 horas de traballo e fins de semana libres. En xeral. O Lecer ocupa un lugar importante na sociedade actual. CARACTERÍSTICAS DO TEMPO LIBRE NA SOCIEDADE. CARACTERÍSTICA S DO TEMPO LIBRE NA SOCIEDADE. ANÁLISE DA SOCIEDADE E O TEMPO LIBRE O tempo libre na sociedade actual caracterízase polos seguintes factores: - LECER covertido en SECTOR ECONÓMICO. Xera riqueza polas ofertas diversas e de calidade. O TEMPO LIBRE É SAÚDE: A sociedade ANÁLISE DA trata de buscar actividades de ocio que SOCIEDADE E ocupen o seu tempo libre de maneira saudable. O TEMPO LIBRE ANÁLISE DA SOCIEDADE E O TEMPO LIBRE Como parte negativa, a industria televisiva e de videoxogos, implican actividades sedentarias moi competitivas e xogan en contra da cultura do movemento. Reto importante para os dinamizadores de actividades para superar esta competencia. ANÁLISE DA SOCIEDADE E O TEMPO LIBRE A GLOBALIZACIÓN. Fai que a COMUNICACIÓN sexa unha forma masiva mediante internet, televisión, radio, etc. Chega a moitas persoas simultáneamente e de maneira instantánea. ANÁLISE DA SOCIEDADE E O TEMPO LIBRE VALOR Á EDUCACIÓN E Á FORMACIÓN: En coñecementos e en valores. Aumentou considerablemente o porcentaxe de persoas con estudos superiores e iso afecta a súa maneira de afrontar o tempo libre e o tipo de actividades que se desenvolven. O maior nivel de formación permite unha gran diversidade e complexidade á hora de plantexar actividades de lecer. ANÁLISE DA SOCIEDADE E O TEMPO LIBRE PREDOMINA O SECTOR TERCIARIO: Isto fixo que se reduzan o número de traballos físicos, como a agricultura e a gandeiría. Ademais, a irrupción da tecnoloxía fai que se cambie drásc¡ticamente a menira de traballar, pasando a un nivel de informatización moi elevado.

Use Quizgecko on...
Browser
Browser