Historia Examen 1 (1) PDF
Document Details
Uploaded by Deleted User
Tags
Summary
This document appears to be an exam paper or study guide focused on the American and French Revolutions. It contains questions about the events, causes, and key figures of these historical periods. It is likely secondary school level content.
Full Transcript
AS REVOLUCIÓNS LIBERAIS 1. O DESENVOLVEMENTO DA REVOLUCIÓN AMERICANA 1. Que posuía Reino Unido en América do Norte? - Posuías TRECE COLONIAS na costa oriental de América do Norte 2. Que diferenciaba ás colonias do norte e ás colonias do sur? - Mentres as colonias do norte baseaban a súa economía n...
AS REVOLUCIÓNS LIBERAIS 1. O DESENVOLVEMENTO DA REVOLUCIÓN AMERICANA 1. Que posuía Reino Unido en América do Norte? - Posuías TRECE COLONIAS na costa oriental de América do Norte 2. Que diferenciaba ás colonias do norte e ás colonias do sur? - Mentres as colonias do norte baseaban a súa economía na agricultura de subsistencia e comercio, nas colonias do sur estendéronse as plantacións de azucre e tabaco con escravos/as negros/as. 3. Reino Unido non desexaba...? - Desenvolver a industria colonial, senón dispoñer de materias primas e monopolizar o comercio. 4. Baixo que autoridade estaban as TRECE COLONIAS? - Estaban baixo a autoridade da monarquía de Inglaterra, pero tiñan autonomía. 5. Por que as colonias poucas veces pagaban os impostos? - As colonias non querían pagar os impostos porque non tiñan representación no Parlamento británico. 6. Como responderon as colonias ás leis de Xurxo III? - As colonias responderon facendo "boicot" aos produtos británicos. 7. Que estableceu en 1773 o Parlamento británico? A que compañía lle daban o monopolio? - En 1773 o Parlamento británico estableceu as TEA ACTS - Dábanlle o monopolio do té á Compañía Inglesa das Indias Orientais 8. Como reaccionaron os colonos americanos? - Os colonos americanos rexeitárono levando a cabo o MOTÍN DO TÉ 9. Que sucedeu en 1776? - En 1776 Thomas Jefferson redactou a Declaración de Dereitos de Virxinia. 10. E o 4 de xullo de 1776? - Os representantes das TRECE COLONIAS asinaron a DECLARACIÓN DE INDEPENDENCIA 11. Como e cando rematou a guerra? - Rematou en 1783 coa sinatura do Tratado de Versalles no que Reino Unido recoñeceu a independencia. 12. Que se aproba en 1787? - Aprobouse a Constitución de Estados Unidos, a primeira Constitución da historia. - Recoñecíase a soberanía nacional e a separación de poderes. 13. Onde residía o poder lexislativo? - O poder lexislativo residía en dúas cámaras: Cámara de Representantes e Senado - Elixíanse por sufraxio universal masculino 14. E onde residían os poderes executivo e xudicial? - O poder executivo residía nun presidente - O poder xudicial e xuíces independentes 15. En que se converte George Washington en 1789? - No primeiro presidente estadounidense 2. O INICIO DA REVOLUCIÓN FRANCESA 1. Que se produciu a finais do século XVIII en Francia? - Produciuse unha revolución que puxo fin ao Antigo Réxime 2. Cales foron as tres causas fundamentais? - Descontento social - Crise económica - As ideas ilustradas 3. En maio de 1789 reunense os? - Estados Xerais 4. Como votaba cada estamento? - Cada estamento deliberaba por separado e emitía un voto. 5. Que lle pedía o TERCEIRO ESTADO ao rei? - Pedía ao rei o voto por persoa ou por cabeza. O rei negouse. 6. Que fixo o Terceiro Estado ante a negativa? - Autoproclamouse ASEMBLEA NACIONAL 7. Logo reúnense na Sala do Xogo da Pelota xurando? - Permanecer unidos e darlle a Francia unha Constitución 8. A Asemblea Nacional pasou a chamarse? - Asemblea Constituínte SEGUNDA FASE: A ASEMBLEA CONSTITUÍNTE (1789-1791) 9. Que sucedeu o 14 de xullo de 1789 en París? - Os grupos revolucionarios asaltaron a Prisión da Bastilla 10. Que levou a cabo o 4 de agosto a ASEMBLEA CONSTITUÍNTE? - Aprobou a DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO HOME E DO CIDADÁN - Supuxo a fin do ABSOLUTISMO e o triunfo da REVOLUCIÓN LIBERAL 11. Enumera os puntos fundamentais da primeira Constitución de Francia (1791): - SOBERANÍA NACIONAL e DEREITOS FUNDAMENTAIS - MONARQUÍA PARLAMENTARIA - DIVISIÓN DE PODERES - SUFRAXIO CENSATARIO TERCEIRA FASE: ASEMBLEA LEXISLATIVA (1791-1792) 12. Tras a celebración de eleccións en 1791 constituíse a? - Asemblea Lexislativa 13. Por que foi un período turbulento? - A nobreza e o clero resistíanse a perder privilexios - As monarquías europeas sentíanse ameazadas - Algúns grupos consideraban insuficientes as reformas 14. Que fixo o pobo de París en 1792? - Asaltou o Palacio das Tullerías - O monarca foi destituido 3. A RADICALIZACIÓN DA REVOLUCIÓN FRANCESA 1. Que vai decidir en 1792 a Asemblea Lexislativa? - Elixir por sufraxio universal masculino unha nova Asemblea: a CONVENCIÓN 2. Que grupos revolucionarios tiñan máis forza? - Os xirondinos e os xacobinos 3. Que accións levaron a cabo os xirondinos (1792-1793)? - Abolir a monarquía e proclamar a República - Xulgaron e condenaron a Luis XVI - Houbo un levantamento realista 4. Que fixeron os xacobinos (1793-1794)? - Tomaron o poder con Robespierre - Aprobaron unha Constitución democrática - Implantaron o "réxime do Terror" - Estableceron prezos máximos - Crearon un novo calendario - Finalmente Robespierre foi guillotinado 5. Como se evitou unha nova ditadura? - Instaurouse un goberno MODERADO con a CONSTITUCIÓN DE 1795 6. Que pretendían os realistas durante o Directorio? - Restaurar aos BORBÓNS, pero NAPOLEÓN freou a revolta 7. Como finaliza a Revolución? - NAPOLEÓN dá un golpe de Estado o 18 de Brumario(9 de noviembre) e establece o CONSULADO 4. A EUROPA NAPOLEÓNICA 1. Como definirías o Consulado? - Réxime personalista onde NAPOLEÓN acaparou todo o poder 2. Que sucedeu en 1804? - Napoleón foi nomeado EMPERADOR 3. En que consistiu a súa POLÍTICA EXPANSIONISTA? - En conseguir a hexemonía en Europa - Impediu o comercio británico 4. Que feito provocou a Guerra de Independencia española? - A ocupación de España cando ía invadir Portugal 5. Por que Napoleón invade Rusia? - Porque Rusia comerciaba co Reino Unido 6. Que acontecementos provocan a derrota de Napoleón? - A derrota en Rusia - A derrota na batalla de Leipzig 7. Cal foi o seu final? - Foi derrotado en Waterloo (1815) e deportado á Illa de Santa Helena 5. A VOLTA AO ANTIGO RÉXIME: A RESTAURACIÓN 1. Por que se chama a este período Restauración? - Porque se van RESTAURAR as vellas monarquías en Europa 2. Que foi o CONGRESO DE VIENA (1814-1815)? - Un congreso onde se reuniron as principais potencias europeas - O seu obxectivo era garantir unha paz duradeira e evitar revolucións 3. Que bloques se formaron? - A SANTA ALIANZA: AUSTRIA, PRUSIA e RUSIA - A CUÁDRUPLA ALIANZA: AUSTRIA, PRUSIA, REINO UNIDO e RUSIA 6. NOVAS VAGAS REVOLUCIONARIAS (1820-1848) 1. Que vai xurdir en diversos lugares? - Van xurdir revolucións contra os intentos de restaurar o Antigo Réxime 2. Que dous factores influíron? - A afirmación dos sentimentos nacionais - A defensa do liberalismo 3. Por que xurdiron os sentimentos nacionalistas? - Porque o CONGRESO DE VIENA reorganizou o mapa europeo: a) Dividindo territorios con lingua e cultura común b) Unindo nun mesmo Estado pobos con culturas diferentes 4. Que é o LIBERALISMO? - Doutrina política que rexeitaba o ABSOLUTISMO e trataba de recuperar os dereitos da Revolución francesa 5. En que datas se producen as revolucións? - En 1820, 1830 e 1848 6. Que ocorreu en España na Revolución de 1820? - O teniente coronel Riego rebelouse contra FERNANDO VII - O rei tivo que respectar a CONSTITUCIÓN DE 1812 7. Que sucedeu en Francia na Revolución de 1830? - O rei Carlos X foi derrocado - Luis Filipe de Orleáns implantou unha MONARQUÍA LIBERAL 8. Onde tivo lugar a Revolución de 1848? - Afectou a moitos países do centro e sur de Europa 9. Como finalizaron estas revolucións? - Aínda que fracasaron, supuxeron o avance do liberalismo 7. OS NACIONALISMOS. A UNIFICACIÓN ITALIANA 1. Con que reivindicación nacía a ideoloxía nacionalista? - Pedíase que as fronteiras dos Estados coincidisen coas fronteiras relixiosas, étnicas e lingüísticas 2. Cando "madura" o nacionalismo? - Entre 1815 e 1848 3. Que dous tipos de nacionalismos houbo? - Nacionalismos disgregadores - Nacionalismos unificadores 4. Que países se disgregan do IMPERIO OTOMÁN? - GRECIA, SERBIA, ROMANÍA, MONTENEGRO, BULGARIA e ALBANIA 5. Que países son exemplo de nacionalismo unificador? - ALEMAÑA, ITALIA e POLONIA 6. Como estaba a península Itálica? - Dividida en diversos Estados 7. Que fixo xurdir o sentimento de unidade? - A existencia dunha lingua e historia común 8. Quen foron os artífices da unidade italiana? - VÍTOR MANUEL II, CAVOUR e GARIBALDI 8. A UNIFICACIÓN ALEMÁ 1. Como estaba o territorio alemán en 1815? - Dividido en 39 Estados, chamado CONFEDERACIÓN XERMÁNICA 2. Cal foi o Estado máis poderoso? - PRUSIA 3. Que personaxes aceleraron a unificación? - GUILLERME I e OTTO VON BISMARCK 4. Cando se inicia e remata o proceso? - Iniciase en 1864 e finaliza en 1871 5. Como finalizou o proceso? - Coa proclamación do SEGUNDO REICH 6. En que se converteu o novo país alemán? - Nunha das principais potencias europeas ata a Primeira Guerra Mundial 2. REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E IMPERIALISMO. A REPARTICIÓN DO MUNDO 1. GRAN BRETAÑA: O INICIO DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL 1. Que impulsou o desenvolvemento da industria moderna no século XVIII? -Impulsouno o crecemento da poboación e tamén as formas de producción, a banca, o comercio e os transportes. 2. Que dúas revolucións se van suceder en en que datas? -A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL, en Gran Bretaña, cara a 1760 -A SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL, cara a 1870 3. Na segunda metade do século XVIII vai ter lugar un importante crecemento demográfico especialmente porque vai descender a mortalidade, enumera e explica as causas deste descenso: -A mellora da alimentación: porque grazas aos avances en agricultura e aos novos hábitos alimenticios, a poboación fíxose máis resistente ás enfermidades. -Os avances na medicina: polo descubrimento de vacinas, a creación de novos hospitais -As melloras na hixiene persoal e pública 4. Ao aumentar a poboación, medrou a demanda de alimentos, o que favoreceu a chegada de innovacións na agricultura e na gandaría. Enumera as tres innovacións máis importantes: -MELLORA NAS TÉCNICAS AGRÍCOLAS: - O barbeito deu paso ao sistema NORFOLK - O arado de madeira foi substituído polo arado de ferro - A introducción de novas máquinas -TRANSFORMACIÓNS DAS PROPIEDADES AGRARIAS -REFORMA DA GANDARÍA 2. AS PRIMEIRAS INDUSTRIAS DESTACADAS 1. Ata o século XVIII onde e como se elaboraban as manufacturas? -Elaborábanse en obradoiros, de forma manual e con ferramentas simples 2. E xa na segunda metade do século, que se vai inventar en Gran Bretaña? -Inventáronse máquinas que requerían grandes espazos e investimentos. 3. Así, os obradoiros empezan a substituírse por fábricas e os obreiros/as empezan a traballar con máquinas 4. Que nova fonte de enerxía vai aparecer? Quen a patenta? -A nova fonte de enerxía vai ser o vapor. -James WATT en 1769 5. En que consistía a DIVISIÓN DO TRABALLO? Que aumentou con isto? -A división do traballo consistía en que cada persoa se especializaba nunha soa tarefa do proceso produtivo. -Con isto aumentou a produtividade. 6. De que dispoñía a industria británica do algodón? Foi a primeira en incorporar que? -Dispoñía dunha materia prima moi abundante e barata que chegaba das colonias. -Foi a primeira en incorporar innovacións técnicas no fiado e no tecido. 7. Por que se multiplicou a produción téxtil británica? -Porque se aos inventos mencionados lle sumamos a utilización do vapor a produción téxtil multiplicouse. 8. O sector téxtil impulsou dúas fontes de produción, cales? -O sector téxtil impulsou a agricultura que subministraba materias primas e impulsou a siderurxia que proporcionaba ferro. 9. Ao escasear o carbón vexetal, que se empezou a utilizar? E posteriormente, que novo procedemento se utilizou? -Empezouse a utilizar o carbón de coque -Henry Cort patentou un novo procedemento que deu lugar á construción de modernos altos fornos 3. O IMPACTO DA REVOLUCIÓN DOS TRANSPORTES 1. Como a produción industrial británica crecía a gran velocidade, de que foi necesario dispoñer? -Foi necesario dispoñer de transportes rápidos e seguros para aprovisionar ás fábricas e distribuir as mercadorías 2. Por que se construiu unha rede de canles entre 1770 e 1830? -Para unir os centros produtores de materias primas coas fábricas. 3. Como se aplica a máquina de vapor á navegación? -Púxose en funcionamento unha liña comercial con barcos propulsados a vapor. 4. Explica como xorde o FERROCARRIL da conxunción de dous avances: -A máquina de vapor, que propulsaba a locomotora -O ferro, materia prima principal para construir o tren e os raís 5. Que construiu GEORGE STEPHENSON? -En 1815 construiu unha locomotora a vapor para transportar as cargas entre minas de carbón 6. A primeira liña ferroviaria abriuse en 1830 para o transporte regular de persoas entre Liverpool e Manchester. 7. Que melloras trouxo o ferrocarril? -Acelerou a industrialización: potenciou a minaría aumentando a demanda de carbón e potenciou a siderurxia 8. Enumera e explica os efectos que tiveron os novos transportes: -Impulso da minaría, metalurxia e siderurxia -Favoreceu a especialización da economía mundial -Potenciaron o desenvolvemento do comercio e as viaxes -Tiveron efectos sobre a vida cotiá das persoas 4. A SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL 1. Cando se vai producir a segunda revolución industrial? -A partir de 1870 2. Cales van ser as novas fontes de enerxía? -A electricidade e o petróleo 3. Que invento vai ser capaz de producir aceiro de calidade a baixo prezo? -O convertedor de Bessemer 4. Que promoveu a fabricación de material eléctrico? -Promoveu a fabricación de grandes empresas como Siemens, AEG ou Philips. 5. A finais do século XIX e principios do século XX que destacou nos transportes e comunicación? O ferrocarril xeneralizou o seu uso Os barcos de vapor melloraron e impúxeronse A invención do motor de explosión movido por gasolina e do pneumático propiciaron o nacemento do automóbil A aviación deu os seus primeiros pasos co aeroplano dos irmáns WRIGHT 6. Explica en que consistía o TAYLORISMO: -O proceso de produción se dividía en pequenas tarefas cunha duración cronometrada. Así, cada obreiro ou obreira especializábase nunha tarefa. 7. E o empresario Henry FORD que empregaba nas súas fábricas? -Empregaba o traballo en cadea, pasando os produtos dun operario/a a outro/a a través dunha cadea de montaxe. A isto chamóuselle FORDISMO 8. Define produción en serie: -Fabricación dun produto en grandes cantidades 9. Define sociedade anónima: -Cando o capital dunha empresa se fracciona en accións que se negociaban en Bolsa. 10. Explica como nace o CAPITALISMO FINANCIEIRO: -Os clientes das empresas gardaban os seus aforros nos bancos e os bancos investíanos na industria e outros negocios.