Familiarización co Medio Acuático PDF 2122

Document Details

SaintlyObsidian7619

Uploaded by SaintlyObsidian7619

IES de Porto do Son

2022

Alberto Santos Blanco

Tags

swimming water activities aquatics education

Summary

This document is a guide for the familiarization with the aquatic environment. It provides information about water activities, games, and how to approach aquatic learning and practicing water-based activities. It details topics like water-based exercises, swimming techniques, and safety considerations for a school environment. This guide is suitable for secondary school students

Full Transcript

TN FAMILIARIZACIÓN CO MEDIO ACUÁTICO C.M. Guia no Medio Natural e Tempo Libre IES Porto do Son 2122 Alberto Santos Blanco 1 1. O medio acuático  A familiarización co medio  As actividades lúdicas e os xogos acuáticos 2. A res...

TN FAMILIARIZACIÓN CO MEDIO ACUÁTICO C.M. Guia no Medio Natural e Tempo Libre IES Porto do Son 2122 Alberto Santos Blanco 1 1. O medio acuático  A familiarización co medio  As actividades lúdicas e os xogos acuáticos 2. A respiración no medio acuático  Características da respiración no medio acuático  Efectos da respiración inadecuada  Didáctica da respiración 3. A flotación no medio acuático  Factores que determinan a flotación  O equilibrio na flotación  Didáctica da flotación 4. A propulsión no medio acuático  Técnicas de avance na auga  Didáctica da propulsión 5. As habilidades acuáticas específicas  Os desprazamentos no medio acuático  As entradas na auga  Os xiros  Os lanzamentos e as recepcións 2 1 O medio acuático As posibilidades lúdicas, deportivas e terapéuticas da auga son innumerables e aplicables a todas as idades da vida, desde a etapa de bebés ata a de persoas maiores que precisan exercitar os seus corpos sen danar as estruturas articulares e óseas. Pero a auga non é o entorno natural do ser humano. Parra desenvolverse neste contexto e preciso organizar un proceso de familiarización co medio, acumulando diversas experiencias relacionadas coas habilidades específicas que esixe ese espazo CARACTERISTICAS Existen numerosas diferencias entre o medio acuático e o terrestre, que podemos conxugar en tres ámbitos:  Ámbito das sensacións: en terra, o sistema propioceptivo informa constantemente da situación de cada segmento corporal e o sistema nervioso autónomo regula a posición e o tono muscular en función desa información subministrada Na auga, onde a densidade do medio e maior que o do aire, os receptores sensoriais amplifican as sinais recibidas e os estímulos percíbense de maneira máis intensa.  As destrezas necesarias: as forzas que actúan dentro da auga e o seu comportamento son moi distintas as que actúan en terra. É difícil moverse por ela. A posición do corpo para avanzar é distinta e para logralo, necesitamos realizar outros movementos. Ademais, a forma de respirar varia con respecto a estandarizada.  Ingravidez: no avance non temos contacto con ningunha superficie fixa. Inicialmente, estas características poden crear incomodidade ou incluso medo. Precisamos, para superalo, un proceso que desenvolva progresivamente o esquema corporal dentro da auga, que permita desenvolver as destrezas natatorias. Este proceso debe ser facilitado antes da aprendizaxe de aspectos técnicos máis complexos xa que estes se apoian en aqueles >> A FAMILIARIZACIÓN CO MEDIO O primeiro paso a dar no proceso de familiarización co medio acuático e perder o medo e sentirse suficientemente cómodo dentro da auga O traballo nas primeiras sesións debe ter por obxectivo coñecer o contexto (instalacións, normativa, materiais,...) e permitir un contacto coa auga e as súas características. Neste estadio de aprendizaxe, o traballo adoita comezarse por conseguir a entrada voluntaria na auga, lograr o dominio das habilidades acuáticas básicas (respiración, flotación, 3 propulsión), que aseguran a supervivencia no medio e, por último, o desenvolvemento das habilidades específicas, que permiten o movemento autónomo e versátil no medio acuático. As actividades propostas poden seguir esta sucesión de obxectivos: 1. Perda do medo a auga e a inmersión completa. Inicialmente debe traballarse en zonas nas que se fai pe para mellorar a seguridade. Tamén se adoita usar material lúdico que se vai introducindo progresivamente. 2. Flotación horizontal dinámica e cambios de posición. As propostas deben avanzar desde a flotación en equilibrio vertical á flotación ventral (boca abaixo), primeiro estática e logo dinámica. Despois avanzaremos á flotación dorsal estática e dinámica e, finalmente, aos cambios de posición de flotación. 3. Entrada voluntaria na auga: de pe con axuda, de pe sen axuda, de cabeza con axuda e de cabeza sen axuda 4. Deslizamentos. Co impulso conseguido empuxando cos pes contra a parede da piscina. 5. Volteretas, cara adiante e cara atrás. 6. Desprazamentos nadando, controlando a respiración, con traxectos progresivamente máis longos >> AS ACTIVIDADES LÚDICAS E OS XOGOS ACUÁTICOS Un excelente recurso para a familiarización co medio acuático e nas fases iniciais de aprendizaxe de xestos técnicos son as actividades lúdicas e os xogos, especialmente no grupo de nenos e da mocidade. Tradicionalmente son usadas para a aprendizaxe como premio polo bo comportamento e para promover experiencias diferentes, nas partes finais das sesións de traballo. Ademais, os seus beneficios son amplos neste campo, sempre e cando a súa selección e deseño, así como a súa dinamización, sexan adecuadas > Beneficios  Crean situacións relaxadas para desenvolver habilidades sociais.  Permiten centrar a atención no obxectivo lúdico e esquecer, momentaneamente, o medo a auga.  Contribúen á aprendizaxe das habilidades natatorias.  Potencian o respecto das regras e o xogo limpo. 4 > Criterios de selección Nos xogos acuáticos conflúen tres compoñentes, que deben coñecerse suficientemente:  O marco físico: a piscina na que se van desenvolver.  Os participantes: o dominio do medio, as súas reaccións, intereses, etc  A actividade a propoñer: elementos que a compoñen, nivel de dificultade, materiais precisos,... Á hora de seleccionarse e deseñarse, deben respectarse unha serie de principios:  Axustarse ao nivel madurativo, biolóxico, cognitivo e afectivo das persoas participantes. Si os participantes non dominan algunha habilidade, débense introducir as adaptacións necesarias.  Basearse en intereses reais das persoas participantes.  Propoñer tarefas significativas (que teñan significado para o participante) que permitan mellorar as capacidades físicas e as habilidades motrices.  Evitar a competitividade excesiva, xa que poden traer elementos de rivalidade e frustración, que pode empeorar as habilidades acuáticas xa adquiridas.  Manexar un nivel de complexidade adecuado á experiencia do nadador/a. A menor experiencia, menor complexidade. Axudarán a mellorar a autoestima e a manter a motivación. A proposta debe permitir acadar certo grao de éxito.  Permitir liberdade de decisión, que fomenten as aprendizaxes moito máis que a repetición de rutinas motrices.  Asegurar a participación simultánea do maior número de persoas. > Dinamización Algunhas indicacións para executar e dinamizar as actividades lúdicas e os xogos acuáticos poden ser:  Ofrecer unha boa variedade de propostas. Favorece que unha gran parte do grupo poida sentirse atraído a participar  Utilizar materiais motivadores e variados.  Asegurar o xogo limpo e o bo ambiente. Intervir para atallar conflitos.  Nos xogos por equipos, asegurar unha composición heteroxénea de cada un deles, para permitir un equilibrio de forzas. 5  Manter os grupos en varias sesións, para favorecer os vínculos persoais e incrementar o sentimento de pertenza a un grupo.  Dar a posibilidade de que as persoas participantes elixan os xogos e as actividades entre varias alternativas posibles. 2 A respiración no medio acuático A respiración é o proceso mediante o cal se capta o osíxeno disolto no aire e se expulsa dióxido de carbono, para manter as funcións vitais do organismo A respiración no medio acuático difire notablemente da habitual en terra. Por iso, e porque é un compoñente esencial para a supervivencia, é un dos elementos técnicos que debe aprenderse na primeira fase da familiarización. >> CARACTERÍSTICAS DA RESPIRACIÓN NO MEDIO ACUÁTICO Ten carácter:  Voluntaria, decídese en que momento se inspira e en que momento se espira.  De mecánica contraria á respiración aérea: inspirase pola boca cando a cara está fora da auga e espírase polo nariz ou pola boca-nariz cando a cara está somerxida. Perséguese con esta secuencia un obxectivo dobre: o Obter, en cada inspiración, a maior cantidade de aire posible. Como se trata dunha cavidade moito máis grande, a boca permite captar máis volume no tempo limitado do que dispoñemos en cada ciclo. o Manter o aire máis tempo dentro do corpo para axudar na flotación, xa que a expiración polo nariz é moito máis lenta  Forzada. A auga exerce presión sobre o corpo e comprime a caixa torácica. Para vencer esa forza de resistencia, é necesario forzar a musculatura que intervén na respiración.  De cadencia variable, xa que se debe acompasar cos movementos de brazos e pernas. 6 >> EFECTOS DA RESPIRACIÓN INADECUADA Controla r a respiración é primordial para non afogar, pero tamén para minimizar o esforzo e obter un rendemento maior. Aínda que cada estilo de natación ten a súa propia técnica respiratoria, todas coinciden nun aspecto: respirar de forma incorrecta condiciona a execución As consecuencias dunha mala técnica poden ser:  Si non se escolle ben o momento, risco de tragar auga.  Si se respira en cada brazada, o tempo para inspirar é moi curto, polo que se capta pouco aire. Isto diminúe a flotación, provoca mareos e aumenta a fatiga muscular por unha mala osixenación.  Si se inspira cada moitas brazadas, hai falta de osíxeno e aumenta a fatiga >> DIDÁCTICA DA RESPIRACIÓN De forma xeral, o mecanismo da respiración acuática é simple. Pero nas primeiras fases da aprendizaxe, é un dos puntos que máis custa adquirir e dominar debido, sobre todo, a dous factores:  Problemas para expulsar lentamente o aire simultaneamente pola nariz e boca e pódese tragar auga.  Complexidade coordinativa da respiración e os movementos das extremidades. A aprendizaxe desta habilidade debe ser progresiva: 1.- Traballo analítico de respiración en estático. 2.- Experimentar expiración continua lenta e expiración explosiva, por separado e combinadas. 3.- Practica de respiración dinámica en desprazamentos elementais. 4.- Dominio da respiración dinámica con pequenas apneas inspiratorias durante a acción de brazos. 5.- Practica de apneas para mellorar as saídas e os xiros 6.- Práctica de respiración dinámica en desprazamentos complexos. 7 3 A flotación no medio acuático A flotación é a capacidade dun corpo de sosterse nun fluído. Este sostemento non é sempre igual, xa que depende das características do líquido e da persoa e varía segundo a posición do seu corpo e da súa situación estática ou dinámica. >> FACTORES QUE DETERMINAN A FLOTACIÓN Os factores que máis interveñen son:  A densidade da auga. Depende da súa temperatura e da súa composición. O calor diminúe a densidade polo que se flota mellor en auga fría que en auga quente. O sal aumenta a densidade polo que se flota máis no mar que nun rio ou nunha piscina.  A densidade do corpo. E dicir, a relación entre peso e volume. O tecido muscular e o óseo aumentan a densidade do corpo o que o fai máis difícil de flotar mentres que o tecido graxo, a auga corporal e o aire nos pulmóns diminúen a densidade o que provoca unha maior flotabilidade. A composición caporal varia coa idade, entre homes e mulleres e segundo a constitución física: - A idade. A partires da adolescencia aumenta a masa muscular e diminúe a cantidade de auga corporal polo que a flotabilidade e menor. Nas persoas maiores, nas que hai unha perda importante da auga corporal, este detalle é moi evidente. - O sexo. As mulleres adoitan flotar mellor pola porcentaxe maior de auga e tecido graxo no seu corpo. Ademais, esta graxa sitúase principalmente nas zonas de cadeiras, peito e abdome polo que se flota de forma máis homoxénea. Nos homes hai mais tecido muscular e máis denso, especialmente nas pernas e a graxa acumúlase no abdome, polo que o corpo flota menos. - O somatotipo: a forma e composición do corpo, a distribución dos tecidos, etc. Os endomorfos, con extremidades curtas e tendencia a acumular graxa, flota con máis facilidade. Os ectomorfos, con extremidades longas e delgadas, o tronco curto e pouca graxa e o mesomorfo, con grandes masas musculoesqueléticas tenden a flotar peor. 8  O momento respiratorio: durante a inspiración, a cantidade de aire nos pulmóns e maior polo que tamén o é a flotación. En situacións de estrés (coma na aprendizaxe) respírase de forma entre cortada, o que provoca que se colla menos aire e, en consecuencia, que se flote peor.  A contracción muscular. A maior grado de tensión muscular, peor flotación. A tensión aumenta en situacións de medo, ansiedade. >> O EQUILIBRIO NA FLOTACIÓN Hai dúas forzas contrarias que actúan sobre os corpos somerxidos.  O peso: a forza con que a gravidade atrae o corpo cara o fondo. Aplícase no centro de gravidade (CG) e o seu valor depende da masa do corpo.  A forza de empuxe. Impulsa o corpo cara arriba cun valor que depende do volume de auga que desaloxa o corpo cando está somerxido (principio de Arquímedes). Aplícase no centro de flotación (CF) Cando o CG e o CF están igualados, prodúcese o equilibrio e o corpo flota. Se non, o corpo fúndese ou xira ata que o CG e o CF están aliñados e se consigue o equilibrio. >> TIPOS DE FLOTACIÓN A flotación directa é aquela que se consigue sen utilizar ningún elemento de axuda. No caso contrario falamos de flotación indirecta. A flotación directa pode ser  Estática. Si o corpo se mantén na superficie sen necesidade de movemento.  Dinámica. O corpo flota mentres se move gracias a: o A propulsión (flotación dinámica con desprazamento), por exemplo, cando nadamos. 9 o O empuxe que xera o movemento de pes e mans para manternos nun equilibrio vertical (flotación dinámica sen desprazamento), por exemplo, na natación sincronizada. >> DIDÁCTICA DA FLOTACIÓN A aprendizaxe da flotación debe ser progresivo, tanto na axuda que recibe a persoa como na posición do corpo e deben observarse 3 fases: 1. O técnico presta axuda desde dentro da auga. 2. Hai flotación indirecta utilizando material auxiliar 3. A persoa flota de xeito autónomo En canto ás posición:  Comezar coa corpo en posición ventral e agrupado  Continuar con flotacións dorsais e coas extremidades separadas  Finalizar con cambios de flotación ventral a dorsal e viceversa Unha posible progresión para asimilar a flotación sería: 1. Flotación en equilibrio vertical con material auxiliar, por exemplo, flotar verticalmente coa axuda de 2 churros debaixo dos brazos. 2. Flotación parcial con material de apoio fixo, por exemplo, agarrarse ao borde e deixar que as pernas floten. 3. Flotación con axuda doutra persoa. 4. Flotación global con material auxiliar, por exemplo, flotar dorsalmente cunha táboa entre as pernas. 5. Flotación variando a posición do corpo, por exemplo, pasando dunha posición agrupada a unha estendida. 6. Flotación variando o volume pulmonar 4 A propulsión no medio acuático A propulsión é a forza que impulsa ao corpo para que se desprace a través dun medio. Esta forza permite vencer a resistencia que o medio presenta ao avance. No medio acuático xerase cos brazos (brazadas) e pernas (patadas) 10 >> TIPOS DE RESISTENCIA A densidade da auga é moito maior que a do aire. Polo tanto, exerce moita máis resistencia ao avance. Esta resistencia pode ser de 3 tipos:  Resistencia frontal, directamente fronte a nadadora/o. Cando maior é a superficie frontal , maior é a resistencia.  Succión posterior ou resistencia de estela. A auga non é capaz de encher o espazo que queda detrás do nadador/a que avanza e que arrastra parte da masa de auga. Isto provoca unha ralentización do movemento de retorno ao inicio do xesto técnico.  Fricción corporal, xerada pola resistencia da auga en contacto co corpo. >> TÉCNICAS DE AVANCE NA AUGA Para nadar mas rápido existen tres posibilidades:  Incrementar a propulsión  Reducir a resistencia a auga  Combinar as 2 anteriores. A estratexia escollida debe respectar os principios da hidrodinámica:  Postura hidrodinámica. En posición horizontal , a resistencia frontal da auga é menor xa que solo se opón á masa de auga a cabeza e os ombreiros. Ademais, si se aliña ben o corpo e se unen as extremidades (posición de frecha) redúcese a fricción da auga e os ocos, o que diminúe a succión posterior.  Movemento propulsivo uniforme. Evitar espazos de tempo nos que non haxa movementos propulsivos.  Velocidade acompasada. A velocidade do movemento aumenta exponencialmente a resistencia que opón a auga polo que, canto máis rápido e precipitado sexa o movemento, máis resistencia se creará. 11  Impulso en sentido contrario ao desprazamento. Polo principio de acción e reacción, ao exercer unha forza cara abaixo, experiméntase un empuxe cara a superficie e, ao aplicar un impulso cara atrás, avánzase. >> DIDÁCTICA DA PROPULSIÓN Na aprendizaxe da propulsión debe traballarse:  A posición do corpo. Aliñación horizontal, pero coas pernas a certa profundidade para facer unha acción propulsiva. Lembrade a importancia da colocación da cadeira.  As fontes propulsoras: o As pernas: a patada é a principal fonte para flotar, manter o corpo estable e xerar propulsión. A execución debe progresar desde un empuxe tipo bicicleta a un batido rudimentario, un batido con flexión de xeonllo menor e, finalmente, un batido alternativo coas pernas estendidas. o Os brazos: Aínda que cada estilo ten unha técnica de execución diferente, en todas as brazadas se diferencian dúas fases, a fase de tracción, propulsiva e subacuática e a fase de recobro. o Os brazos e as pernas simultaneamente. o A coordinación dos movementos propulsivos das extremidades e da respiración. 4 As habilidades acuáticas específicas Unha vez que a supervivencia dentro da auga está conseguida, é o momento de pasar a dominar as destrezas que permiten, non so non fundirse, senón desprazarse polo medio a vontade e manipular o propio corpo e os obxectos con liberdade. As habilidades acuáticas específicas son aquelas que permiten que a persoa sexa completamente autónoma no medio acuático e poida moverse libremente por el O seu dominio é un paso previo para o traballo da técnica dos estilos de natación e para o resto dos deportes acuáticos. Nesta etapa é importante ofrecer un repertorio amplo de movementos e situacións, tamén con actividades lúdicas e xogos. As habilidades acuáticas específicas son os desprazamentos, as entradas na auga, os xiros e as manipulacións de obxectos (lanzar, recoller, recibir. 12 >> OS DESPRAZAMENTOS No medio acuático, o corpo avanza pola propulsión xerada polo movemento das extremidades superiores e inferiores, que permiten vencer a resistencia ao avance. Esta propulsión vese favorecida si o corpo adapta unha posición hidrodinámica. Nos desprazamentos inflúen unha serie de factores que se deben coñecer:  A postura corporal: a posición ideal é a horizontal, cunha certa inmersión das pernas para facilitar a propulsión. Calquera ruptura da horizontalidade supón unha redución do avance. Por exemplo, nadar coa cabeza erguida provoca que as pernas se afundan e sexa necesario arquear as costas para recolocarse, o que xera sobreesforzo.  Os movementos propulsivos: diferente segundo o estilo ou a disciplina acuática.  O percorrido: dominar o desprazamento implica gobernar o percorrido en tódolos seus aspectos, para chegar ao punto escollido na forma na que se queira. Para iso, é imprescindible ter control do corpo e da súa posición no espazo en todo momento, sobre todo, cando se realizan xiros e volteos. Si a cabeza ou algunha extremidade sae da liña que marca o eixe lonxitudinal do corpo, o movemento ladease e a resistencia aumenta. Xeralmente, as desviacións da traxectoria orixínanse porque a cabeza ou os brazos se saen do eixe lonxitudinal.  A velocidade e o ritmo: é importante poder varialos a vontade e atopar o que mellor se adapte ao obxectivo perseguido. >> DIDÁCTICA DOS DESPRAZAMENTOS É necesario atender as distintas fases do proceso de aprendizaxe, centrarnos nalgúns elementos de interese e ter en conta algunhas cuestións pedagóxicas. PROCESO DE APRENDIZAXE: A aprendizaxe do desprazamento presenta a seguinte progresión: 1. Percorridos en posicións verticais, tocando cos pes no fondo. 2. Deslizamentos horizontais. 3. Percorridos curtos en posicións horizontais. Primeiro en posición ventral e despois, dorsal. 4. Desprazamentos libres sen axuda externa, tamén, primeiro ventrais e logo dorsais. 5. Desprazamentos libres con cambios de dirección. 6. Desprazamentos libres con cambios de posición ventral a dorsal e viceversa. ELEMENTOS DE INTERESE:  Utilizar (ou non) material auxiliar. 13  Variar as posicións corporais (vertical, agrupada, ventral, dorsal,...) para situar ao aprendiz en diferentes esixencias.  Variar as superficies propulsivas.  Variar a posición da cabeza.  Variar a intensidade da acción propulsiva.  Variar a dirección dos desprazamentos. RECURSOS PEDAGÓXICOS: Presentar as diferentes tarefas de distintas formas:  Exercicios individuais.  Propostas lúdicas por parellas ou grupos.  Actividades lúdicas baseadas nos desprazamentos (por exemplo, seguindo unha sinal, tocar un gorro dunha cor determinada, chocar as mans dun compañeiro a unha sinal,...).  Xogos de persecución >> AS ENTRADAS NA AUGA É un elemento básico nas primeiras fases, porque adoita provocar medo. Inicialmente, e para as persoas que presentan medo, a entrada na auga pódese facer das seguintes maneiras:  Baixando polas escadas dos extremos, para poder somerxer o corpo a velocidade desexada.  Nas piscinas tipo praia, andando pola rampla.  Escorregando por un tobogán. Pode ser un propio ou un construído cunha colchoneta ou rampla.  Desde posición sentada no borde do vaso. Cos pes na auga e o corpo fora, as mans agarradas ao borde. Arrástranse as DEFINICIÓNS nalgas ata caer dentro da auga. Chámase vaso dunha piscina á parte que >> DIDÁCTICA DAS ENTRADAS NA AUGA contén a auga. A praia, refírese á superficie que A entrada na auga pódese facer de moitas formas, xa sexa para caer bordea ao vaso pola de pe ou para entrar de cabeza. Débese avanzar desde as formas que se pode andar. máis sinxelas, na que o nadador ten máximo control do seu corpo, ata formas máis complexas. A entrada da cabeza, rompendo a lámina de auga coas mans, provoca inseguridade, polo que debe incluírse de xeito moi progresivo: 14  Entrada de pe, variando as posicións da posición corporal (salto en bomba, en palillo, etc).  Entrada de cabeza desde posición sentada, cos pes tocando a parede, estirando os brazos cara adiante e inclinando progresivamente o corpo ata apuntar coas mans a auga, ata que o desequilibrio provoque que o corpo caia á auga.  Entrada de cabeza desde posición axeonllada, co mesmo principio que desde a posición anterior.  Entrada de cabeza desde posición de cuclillas.  Entrada de cabeza desde posición erguida. Para ensinar a entrada de cabeza é de máxima importancia asegurarse que a piscina ten a profundidade adecuada (polo menos 1,80 metros), de que non hai obstáculos ocultos, nin persoas na zona de entrada. Ademais, é imprescindible entrar sempre cos brazos estendidos por diante da cabeza. >> OS XIROS Son rotacións arredor dun eixe corporal. Na natación é moi importante o seu dominio, non so con relación á súa corrección técnica senón tamén no que se refire á orientación espacial, ao equilibrio e ao control respiratorio. No corpo descríbense 3 eixes principais de xiro:  Eixe lonxitudinal, coma un eixe que atravesa o corpo desde a cabeza ata os pes. Permite facer xiros que cambian a posición de dorsal a ventral.  Eixe anteroposterior, coma un eixe que atravesa o corpo de diante cara atrás. Permite facer xiros como un disco, desde unha posición horizontal.  Eixe transversal, coma un eixe que atravesa o corpo de lado a lado. Permite facer volteretas cara adiante ou cara atrás. 15 >> DIDÁCTICA DOS XIROS Son elementos que requiren moita práctica. Cantas máis repeticións se fagan, máis se interioriza o patrón de movementos e a súa coordinación. A progresión para os xiros pode ser:  Para xiros no eixe lonxitudinal: o En flotación horizontal comézase inclinando o corpo cara un lado e fundindo o ombreiro na auga, o que provoca que o outro ombreiro se eleve. Debe acompañarse este xesto dun xiro da cadeira no mesmo sentido no que se está rotando. o En flotación vertical, o xiro provócase exclusivamente coa acción das extremidades superiores e inferiores, xerando empuxe cara un lado para que o corpo rote cara o outro.  Para xiros no eixe transversal: o Para os xiros cara adiante, iníciase a acción cunha inclinación do tronco cara adiante, fundindo a cara na auga. Nese momento, agrúpase o corpo e faise impulso cos brazos para dar a volta. o Para xiros cara atrás. Agrúpase o corpo levando os xeonllos ao peito e lánzase a cabeza cara atrás. Mentres, os brazos impulsan ata volver ao equilibrio vertical. Na aprendizaxe dos xiros, pódese propoñer o método analítico (por partes) para despois facer o xesto completo (por exemplo, nas volteretas comezar con medio xiro e despois seguir con xiros completos). >> OS LANZAMENTOS E RECEPCIÓNS Manipular obxectos no medio acuático presenta problemas motores parecidos a facelo no medio terrestre. É preciso a coordinación oculo-manual, a coordinación xeral e o dominio da lateralidade. Porén, dentro da auga tamén é preciso manterse a flote e sacar o brazo e a man fora da auga. Cando unha parte do corpo sae da auga, a gravidade terrestre actúa e multiplica o peso que o corpo soporta para manterse a flote. Para compensalo, as extremidades que seguen dentro da auga teñen que xerar máis empuxe. Isto engade máis dificultade a este tipo de xestos. Os lanzamentos poden realizarse en posición estática ou en movemento e van variar en función do obxecto lanzado, da traxectoria perseguida e do obxectivo (de distancia, de precisión de potencia, estéticos). 16 As recepcións pódense efectuar en desprazamento ou en estático e con/sen oposición de outros nadadores >> DIDÁCTICA DOS LANZAMENTOS E RECEPCIÓNS Os lanzamentos realízanse seguindo unha secuencia específica:  Preparación. O obxecto retrásase o máis posible para buscar tensión nos músculos do brazo: o ombreiro tírase cara atrás, o cóbado mantense en lixeira flexión e a palma da man mira cara arriba e sostén o obxecto.  Impulso. Unha vez armado o brazo, realízase unha acción de catapulta: tírase o ombreiro cara adiante e esténdese o brazo, mantendo un punto de fixación de todo o movemento, que se concreta no abdome  Final. Vólvese a unha posición de equilibrio, para desfacer a inclinación cara adiante froito da fase de impulso. As recepcións seguen unha secuencia de accións inversa aos lanzamentos:  Colocación das mans. Levántanse os brazos e esténdense diante do corpo. As mans adiántanse, cos dedos separados e as palmas diríxense cara adiante.  Captura e suxeición. Ao interceptar o móbil en pleno voo, cunha man ou coas dúas.  Amortiguación. Lévase o brazo ou brazos cara atrás, freando a traxectoria do balón. Para a aprendizaxe dos xestos de lanzamento e recepción debemos pasar polas seguintes fases: 1. Lanzamentos a distancia. Aumentándoa progresivamente e utilizando as dúas mans. Comezamos con lanzamentos en posición estática para despois atender aos lanzamentos dinámicos. 2. Lanzamentos de precisión. Por exemplo encestando un balón en diferentes recipientes, variando o tamaño destes. A progresión vai desde lanzamentos estáticas sobre un obxectivo fixo e posteriormente sobre un obxectivo móbil ata os lanzamentos dinámicos, primeiro tamén sobre un obxectivo estático e despois sobre un obxectivo móbil. 3. Lanzamentos de potencia. En canto ás recepcións, a progresión sería: 1. Recollida de obxectos flotantes sobre a superficie. 2. Recepción de obxectos en posición estática. O tamaño do obxecto débese ir reducindo progresivamente e a velocidade do lanzamento aumentando. 3. Recepción de obxectos en desprazamento. O criterio anterior de tamaño e velocidade do obxecto aplícase igualmente. 17 Bibliografía e Webgrafía  Massaguer, J (2021).Técnicas de natación. Altamar.  http://www.i-natacion.com/articulos/ensenanza/flotacion.html  https://www.respirodeporte.es/ejes-planos-y-movimientos/

Use Quizgecko on...
Browser
Browser