Produción en TV - Temas exame PDF

Document Details

UnconditionalForsythia

Uploaded by UnconditionalForsythia

Tags

television production exam questions media studies film making

Summary

This document contains important topics for a television production exam. It covers the different phases of production like development, pre-production, production, and post-production, as well as relevant tasks and classifications.

Full Transcript

PRODUCIÓN EN TELEVISIÓN TEMAS IMPORTANTES DE CARA AO EXAME Neste documento enumérovos unha lista de temas importantes de cara ao estudo do exame. Son conceptos que deberiades coñecer non só para superar a materia, senón sobre todo porque os necesit...

PRODUCIÓN EN TELEVISIÓN TEMAS IMPORTANTES DE CARA AO EXAME Neste documento enumérovos unha lista de temas importantes de cara ao estudo do exame. Son conceptos que deberiades coñecer non só para superar a materia, senón sobre todo porque os necesitaredes para o voso futuro profesional. Recordade que todo o que está colgado na web (pdf, fotocopias, diapositivas…) é materia de exame, salvo os exemplos e documentos que se atopan dentro dos cartafoles (convenios, táboas, etc.) Os temas que enumero a continuación estarán presentes, nunha ou varias preguntas, no exame. Pero, por suposto, é necesario estudar ben todos os apuntamentos, pois haberá preguntas de temas que non están descritos a continuación. Con respecto ás preguntas, tede en conta que en moitos casos serán casuísticas polo que non se trata só de memorizar información senón de saber aplicar ese coñecemento na práctica profesional. Póñovos un exemplo: PREGUNTA: A produtora GoflyFilms está levando a cabo a contratación de seguros e permisos para un proxecto dunha película para televisión: ¿en que fase da produción se atopa o proxecto? RESPOSTAS: a) Na Planificación (Desenvolvemento); b) AN Preparación (Pre-produción); c) Na Execución (Produción); d) Na Finalización (Post- Produción) e Entrega Finalmente decidín que o exame terá 20 preguntas. Cada unha terá un valor de 0,5 puntos y os erros non restan. Teredes que alcanzar 10 puntos para a cualificación de APROBADO (5). 1. Fases e tarefas da produción audiovisual 1. Desenvolvemento a. Definición e deseño. Perfil ou formato do produto Deseño creativo e estudo de viabilidade técnica, comercial, económica e legal. Definición de obxectivos (tempo, custe, calidade) b. Planificación. Modalidade ou estratexia de produción. Identificación e obtención de recursos. División e asignacións de tarefas segundo o fluxo de traballo. Avaliación do custe e búsqueda da financiación. 2. Preprodución (preparación) Desglose das necesidades de produción. Configuración do equipo. Infraestrutura (instalacións, localizacións). Seguros e permisos. Dirección artística/Deseño de animación. 3. Produción (rodaxe, execución) Rodaxe, gravación, animación Seguimento e control Xestión de recursos Solución de situacións críticas: reaxustes de variables, replanificación, reaxustes orzamentarios. 4. Posprodución (montaxe, edición, finalización ou acabado) Composición final de elementos visuais e sonoros. Testeos e implementacións (sucesivas versións). Control de calidade final. Masterización e preparación de copias. Actualización (aplicacións multimedia). 5. Distribución, marketing. 6. Balance. Peche de contas e rexistro. Diferenza previsto-resultado (tempo, custe, calidade). Acertos e erros na toma de decisións. 2. Clasificación do equipo audiovisual O equipo audiovisual divídese en dous grandes bloques: O equipo artístico 1. Reparto principal Elixido polo director en acordo con outros directivos implicados (produtores executivos, cadea, xefe casting). 2. Actores secundarios e reparto a. Actor secundario (menos presencia que os principais pero imprescindibles). b. Actor de reparto (menos de vinte liñas de guión) c. Actor de pequenas partes (antiga figuracións con frase. Non supera as dúas liñas de guión) 3. Figuracións (CROWD) Inciden na acción, pero non poden falar. Recrean coa súa presencia un ambiente na escea, dan veracidade e profundidade nos planos. 4. Dobres Sustitúen aos actores en determinadas tarefas da fase de rodaxe/gravación. Hai dobles de acción (stunts), de corpo e de luces (Stand in) 5. Persoal complementario a. Profesores especialistas / Coach b. Coreógrafos c. Mestres de armas d. Entrenadores persoais e dietistas e. Asistente ás actrices e actores f. Coidadores de nenos O equipo técnico O equipo técnico divídese en departamentos. Aínda que existen moitas clasificacións e xeitos de organizar unha produción, unha clasificación habitual e sinxela destes departamentos é a seguinte: 1. Departamento de produción 2. Departamento de desenvolvemento/guión 3. Departamento de dirección / realización e script 4. Departamento de casting 5. Departamento de fotografía, cámara e iluminación 6. Departamento de son 7. Departamento de arte 8. Departamento de vestiario 9. Departamento de maquillaxe e perrucaría 10. Departamento de efectos especiais 11. Departamento de montaxe e pos-produción (audio, vídeo) 3. Regulación laboral dos traballadores e autónomos Ademais de todas as leis que afectan ao conxunto dos traballadores, cada sector laboral pode posuír un convenio colectivo, que é un acordo que subscriben os representantes dos traballadores e empresarios para fixar as condicións de traballo e productivididade e as obrigas ás que se comprometen cada parte. É dicir, é o resultado dunha negociación colectiva entre ambas partes. Os convenios colectivos poden ser de ámbito nacional, autonómico, provincial ou local. Os convenios colectivos afectan aos traballadores por conta allea (asalariados). Os traballadores por conta propia (empresarios e autónomos) réxense polos prezos de mercado. Actualmente, no sector audiovisual existen actualmente convenios colectivos para actores e actrices; figuración; técnicos; guionistas. 4. O departamento de produción: cargos e tarefas específicas de cada un de eles 1. Departamento de produción É o encargado de estruturar racionalmente o filme e controlar profesionalmente todo o proceso. En grandes produtoras e/ou rodaxes-gravacións este departamento subdivídese noutros: produción, transportes, localizacións, catering, contabilidade... En rodaxes sen tantas necesidades loxísticas o departamento de produción asume as funcións de transportes e localizacións. 1) Produtor/a Dono/a da produtora e propietario dos produtos audiovisuais que se leven a cabo nela. É o máximo responsable da organización financeira e da administración dos recursos. Encárgase de obter o diñeiro para producir a obra audiovisual e de contratar pola súa conta (ou segundo as instrucións do produtos executivo e/ou do director) ao equipo artístico e técnico que participa nela. Normalmente conta co servizo dun produtor executivo (ás veces é a mesma persoa que cumpre as dúas tarefas) que se encarga de poñer en marcha e supervisar o proxecto. O produtor/a é quen ten a última palabra sobre calquera proxecto audiovisual xa que tamén é ao que repercutirá o beneficio desa obra. Tan só nalgúns casos de grandes directores o dereito final sobre a obra (final cut) recae sobre eles e non sobre o produtor. 2) Produtor executivo – Executive producer É contratado polo produtor para un determinado proxecto audiovisual, ou ben propón un proxecto ao produtor, e se recibe un si, o pon en marcha. Será o responsable da política de produción e xestión de dito proxecto: deseñara e desenvolverá o plan de produción e o plan de rodaxe de acordo á escala de produción (orzamentos) do que se dispoña. En España hai veces que realmente o produtor non é un persoa física, senón que é unha empresa produtora e as tarefas asignadas ao produtor realmente as realiza tamén o produtor executivo. As principais funcións dun produtor executivo, atendendo a como se formula este cargo na industria do Estado, serían: Reunir o equipo creativo que mellor resultados poida ofrecer para un proxecto. Propoñerá e contratará ao director, ao director de fotografía e ao deseñador de produción máis adecuados para un determinado guión. Deseñar o plan de produción, o plan de rodaxe e os orzamentos, incluídas as posteriores modificacións. Realizar estudos de viabilidade. Debe render contas ao produtor, coprodutores, produtores delegados ou o consello de administración da empresa, e manter o control do proxecto. Supervisar o proxecto en todas as fases (de pre a pos). Ao fin e ao cabo, é o máximo responsable do seu resultado xunto co director e o produtor, pudendo tomar decisións finais sobre a montaxe. En definitiva, un produtor executivo, grazas ao seu saber facer e coñecemento do sector, debe axudar ao produtor (ou empresa produtora) a sacar o máximo partido dun determinado orzamento para un determinado proxecto, coa fin de obter un produto da mellor calidade e vistosidade posibles. 3) Coprodutor Trátase dun cargo executivo que representa a outras empresas que se asocian na produción dun proxecto. Apenas ten responsabilidades a nivel organizativo, loxístico ou creativo: unicamente se encarga de supervisar se o orzamento e os prazos acordados se cumpran. Por exemplo, se un banco privado ou fondo de inversións colabora na financiación dun filme, dita entidade nomeará un executivo como coprodutor para que represente os seus intereses. 4) Produtor delegado Sería unha figura parecida á do coprodutor pero cando a empresa que cofinancia no proxecto é unha televisión ou grupo mediático, en lugar doutros tipos de empresas. Existe cando hai unha coprodución, especialmente con televisións que adquiren os dereitos de explotación dun filme. Coida de que se manteñan as condicións acordadas. Son delegados das produtoras que invisten, con certo poder de decisión, pero non exercen labores de organización. 5) Director de produción – Line producer O director de produción (supervisando polo produtor e o produtor executivo) é o máximo responsable de coordinar a todos os equipos desde o principio ata o final do proceso e o seu papel fundamental lévao a cabo na preprodución, cando busca os recursos necesarios para rodar. É a man dereita do produtor executivo, é contratado por este nas primeiras fases do proxecto e é o que marcará os obxectivos xerais, características e pautas de traballo. A súa labor máis importante é toda a preprodución, en rodaxe delega no xefe de produción. É o organizador da produción técnica, e entre as súas funcións destacan: Deseña un plan de produción para facer a película o mellor e máis barata posible. Ten que coñecer todos os recunchos do negocio e persoalmente a todos os profesionais do medio para elixir aos que van a participar no filme Elabora o plan de rodaxe xunto co Primeiro Axudante de Dirección Elixe (consultándoo co director, produtor e produtor executivo) e contrata aos xefes do resto de departamentos: arte, vestiario, casting, transportes, etc. Póñense en contacto con xestorías, avogados e é o que “monta” o departamento de contabilidade para comezar a facturar e realizar contratacións o antes posible. Organiza o calendario de actividades e reunións, desde a preparación até a posprodución. Baixo a supervisión do produtor executivo, elabora o orzamento a partires das necesidade de cada departamento. En España é un posto relativamente novo, importando da industria de Estados Unidos: ata fai relativamente pouco, o director de produción (line producer) e o xefe de produción (Unit production manager) eran a mesma persoa, acaparando este último cargo todas as responsabilidades. Non obstante, demostrouse que dividir as tarefas do cargo en dous, ocupándose cada un da preprodución e produción, respectivamente, é moito máis eficiente. A mellor escola para chegar a ser director de produción é, sen dúbidas, pasar polo cargo de xefe de produción ou ben como Primeiro axudante de dirección (1AD). 6) Xefe de produción – Unit production manager Unha vez que empeza a fase de rodaxe-gravación, o máximo responsable pasa a ser o xefe de produción. Representa ao director de produción e coordina o departamento de produción de rodaxe. EN producións pequenas, director de produción e xefe de produción son a mesma persoa, pero en grandes proxectos é conveniente que sexan persoas diferentes como se dixo antes. O xefe de produción debe solventar todos os problemas en rodaxe e conseguir que nunca se pare. É responsable de manter os prazos e o diñeiro asignado á rodaxe e sole sen contratado para cada filme. EN rodaxe é o supervisor do traballo de todos. Traballa en colaboración directa co 1AD, supervisando que todos os elementos da rodaxe están dispoñibles cando se precisan, para facilitarlle dese xeito o traballo ao director. As súas principais funcións son: Velar que se cumpra o plan de rodaxe xunto co 1AD Supervisar a labor dos departamentos de localizacións e transportes Mediar entre departamentos que poidan ter conflitos Manter a disciplina do equipo de produción Supervisar e firmas as ordes de rodaxe Aprobar os informes diarios de produción (que recollen o rodado cada día). O xefe de produción contrata ao equipo de responsabilidades medias-baixas: axudantes, auxiliares, drivers, axudantes de localizacións, catering, etc. 7) Produtor asociado É un cargo no que o produtor delega un número limitado de funcións e actúa baixo a supervisión e control de dito produtor. O termo pode tamén referirse á persoa que podería desempeñar a produción executiva dun proxecto, pero que actúa en nome dunha produtora subordinada a outra nunha produción asociada, sendo ambas nacionais. 8) Primeiro axudante de produción – Xefe de localizacións Man dereita do xefe de produción. Se existise un departamento de localización nun determinado proxecto, el sería o xefe de dito departamento. É o encargado de levar a cabo a contratación cos donos das localizacións: chegar a un acordo cos prezos e realizar as xestións necesarias. Encárgase de organizar as áreas nas que se divide a localización, como e onde colocar os camións, carpas e aseos portátiles, organizar as comidas co departamento ou empresa contratada de catering, etc. É, ademais, o xefe e coordinador dos auxiliares e axudantes de produción. Veremos as súas funcións con máis detemento no seguinte epígrafe. 9) Segundo axudante de produción / Coordinador de produción É a outra man dereita do xefe de produción e encárgase das labores de oficina. Normalmente nas rodaxes apenas visita o set e pásase o día no basecamp pegado ao seu ordenador e traballando cóbado con cóbado co segundo axudante de dirección. Realiza, imprime, saca copias e distribúe todos os informes escritos necesarios para a produción: desgloses, plans de rodaxe, informes financeiros, informes de cámara, tramitacións de permisos, preparativos de viaxes, etc. O seu principal cometido é elaborar o informe diario de produción (tamén chamado parte diario de produción, ou simplemente parte de produción). Ademais, encárgase doutras tarefas como: Elaborar o listado de equipo (crewlist) e distribuílo. Confirmar o desglose de guión do que se vai rodar ao día seguinte. Distribuír as ordes de rodaxe do día seguinte. Controlar e coordinar as incorporación de todos os membros do equipo (artístico e técnico), así como as súas viaxes e desprazamentos. Asegurarse de que todos os membros do equipo artístico (actores e figurantes) firmaron o seu contrato de cesión de dereitos de imaxe. Levar un control das fichas de persoal técnico. Realizar a memoria administrativa do proxecto. 10) Axudantes de produción Están ás ordes directas do xefe de produción e do xefe de localizacións. Encárganse de múltiples tarefas (tanto en rodaxe como en oficina) como: Asegurar o bo funcionamento administrativo da produción e prover das necesidades técnicas e de material para o resto de departamentos (control e entrega de teléfonos móbiles, contratación de liñas de Internet, previsión e alugueres de impresoras, etc.) Encargarse dos walkie-talkies. Repartilos a todo o equipo ao comezo da xornada, recollelos ao final e cargar as baterías para o día seguinte. Coordinarse cos departamentos de localizacións e de transportes para facilitar a chegada e acomodamento do persoal ao set Preparar o craft service (café, zumes, refrescos, doces, etc.) e que equipo poida picotear entre horas sen que se paralice a rodaxe. Coordinar que nos cortes de comida estea todo listo para que o equipo ao completo poida comer no tempo previsto. 11) Auxiliares de produción (P.A.) Diferéncianse cos anteriores en que o axudante ten máis responsabilidades que o auxiliar. Non obstante, trátase dun posto fundamental e son o apoio dos axudantes en todas as súas decisións. Incorpóranse aproximadamente unha semana antes, ou directamente o primeiro día de rodaxe. É habitual incluso que se contrate a máis auxiliares dos previstos coa rodaxe empezada, como reforzo para días concretos nos que vai haber moito nivel de traballo. As súas tarefas poden chegar a ser do máis diversas: axuda ao departamento de localizacións a montar carpas e balizar o set, cortar rúas ao tráfico e aos peóns mentres se grava, repartir botellas de auga entre o equipo, etc. 5. Os técnicos audiovisuais: cargos e funcións xerais ANEXO 6. Como se elabora un desglose e tipos de desglose O desglose é o elemento fundamental para coñecer as necesidades loxísticas e artísticas mediante a lectura e o tratamento posterior que realizaremos do guión. É preciso realizar unha detallada lectura para catalogar as necesidades (artísticas, técnicas e materiais) de rodaxe que presenta o guión. Sérvenos, por tanto, para determinar todos os elementos necesarios para a gravación. Trátase de extraer todo tipo de información do guión literalmente ou entre liñas a través de sinxelas técnicas de lectura, subliñado e división. Para realizar o desglose de produción, o guión divídese no que se chama secuencias mecánicas que non deben de confundirse coa secuencia narrativa. Mentres que esta última pode desenvolverse en distintos escenarios e tempos e mantén unha unidade dramática complete, a secuencia mecánica ou secuencia de produción desenvólvese nun mesmo escenario e nun mesmo tempo parecido. Por exemplo, se tres personaxes manteñen unha conversa que comeza nunha habitación, continúan noutra, para que logo dous deles saian á rúa e entren nun coche, e que o guión volte á mesma casa tras unha breve elipse para ensinarnos como segue o terceiro personaxe, trátase dunha única secuencia dramática, a mesma porque segue un fío condutor aínda que cambie de escenario e tempo. Non obstante, contamos cinco escenas diferentes en función das distintas localizacións, e en realidade catro secuencias mecánicas porque repetimos escenarios sen apenas cambio. O concepto de secuencia mecánica debe de sustentarse fundamentalmente na idea da unidade do espazo en relación ao guión, ou entenderse como a mínima unidade de rodaxe posible. Na terminoloxía de produción, secuencia mecánica é toda unidade autónoma de rexistro que non supoña traslado de equipo nin cambio de iluminación, vestiario, atrezzo, ambientación... Por iso, se no noso exemplo a elipse fose máis longa, cambiando de día a noite, ou dun día a outro, teríamos cinco secuencias mecánicas, que igualarían ao número de escenas do guión. Lista de necesidades O equipo de produción procede entón a realizar listas de necesidades e desgloses específicos. Os máis habituais son: - Lista de personaxes, consignándoo número exacto de personaxes que interveñen, o momento da súa aparición, o lugar ou localización, o tempo, vestiario, sexo, condición, características. - Lista de vestiario para cada un dos personaxes, relacionando traxes e detalles de caracterización. - Lista de escenografía e decorados, que inclúe necesidades de construción, adecuación ou detalles específicos e ten en conta o mobiliario. - Lista de localizacións, agrupando escenarios naturais necesarios. - Ademais de listas de son, iluminación, efectos especiais, material de arquivo ou necesidades de figuración, expoñendo necesidades e por suposto a lista de desglose de produción. O desglose de produción resume as necesidades de cada unha das secuencias mecánicas con datos significativos como por exemplo: - O lugar da acción e efecto (día e noite) - Relación de personaxes - Relación de vestiarios e complementos - Atrezzo de man (só o que nos serve para a acción e menciona expresamente o guión) - Semoventes e vehículos - Medios técnicos especiais - Número de planos e páxinas da secuencia - Resumo da acción En relación ao número de planos, é sempre importante telo en conta porque se trata dunha información moi importante á hora de determinar o tempo necesario de gravación para cada escena. Se o noso guión está formatado de forma profesional, saberemos que unha páxina de guión corresponde ao redor dun minuto de película. Tamén que para acadar unha gravación que montada e finalizada dure un minuto, precisamos polo menos dúas horas de gravación, pero estes son datos orientativos que non podemos seguir cegamente para os noso cálculos. Por exemplo, se escribimos no noso guión que se ve un rapaz que se achega lentamente a beber auga a unha pequena fonte mentres outro o observa desde lonxe, esa frase pode non ocupar case nada na páxina, e non obstante o realizador quere darlle unha duración maior e que o rapaz tarde dous minutos en chegar. Iso quere dicir que para un cálculo correcto do tempo de gravación necesario debemos acudir ao guión técnico. Criterios para a elaboración do desglose Realizar o desglose require coñecer unha metodoloxía de traballo. Na súa elaboración participan a script, o primeiro e segundo axudante de dirección e o xefe de produción. Para elaborar ben o desglose debemos de efectuar dúas lectura de guión moi concretas nos seus obxectivos. 1. A primeira lectura A primeira lectura permítenos coñecer a historia, distinguir os personaxes protagonistas e clasificalos segundo a súa importancia (principal, secundario e figuración especial, situala xeograficamente... Ademais, realízase o timing (tempo aproximado de duración de cada páxina de guión) para que o director teña unha primeira aproximación da duración de cada secuencia (sobre todo os diálogos). 2. A segunda lectura Logo de coñecer a historia desenvolta, realízase o desglose segundo un sinxelo sistema de marcación, con rotuladores fluorescentes, dos ítems precisos con distintas cores segundo a súa categoría. Un exemplo de sistema pode ser: — Protagonistas cor amarela. — Secundarios cor amarela. — Figuración con frase cor violeta. — Figuración ambiente cor violeta. — Especialistas cor laranxa. — Efectos especiais cor azul. — Atrezzo cor verde. — Vehículo / semoventes cor rosa. — Vestiario rodease cun círculo. — Maquillaxe * márcase cun asterisco. — Efectos son / música cor marrón. — Equipamento especial cor vermella. Nesta segunda lectura xa se van anotando as necesidades de cada un dos equipos (localizacións, vestiario, maquillaxe, decorados, atrezzo, etc.) Termos empregados no desglose - Título do proxecto - Número de secuencia / Número de escena (Unidade de desenvolvemento da acción formulada no guión. A súa duración pode variar tanto no texto como temporalmente. - Data (día no que se grava, se se coñece) - Páxina do guión - Porcentaxe de páxinas de guión (Cada páxina do guión divídese en oito octavos que se contabilizan como 1/8. Esta división proporciona a cantidade de texto e tempo (aproximado) necesario para rodala. - Localización. Pode incluír os seguintes apartados: o Nome que lle outorga a ficción do guión. Ubicación dramáticas onde se desenvolve a acción marcada polo guión aínda que poida ser modificada segundo as posibilidades da produción. o Localización/Decorado: Lugar concreto elixido para rodar a secuencia que debe cumprir as expectativas do guión e do director. o Código numérico: pódese engadir un número ou un código que identifique rapidamente ese lugar. o Interior / Exterior o Día / Noite - Raccord (Sitúase a secuencia dentro do conxunto do guión. É dicir, esta secuencia ven da secuencia x e vai á secuencia x) - Sinopse (Breve descrición do que sucede na escena. Unha frase) - Personaxes / Reparto o Protagonista o Principais o Secundarios o Figuración (Fig.) e especialistas - Atrezzo e escenografía (Enmarca decorados e atrezzo con necesidades propias para construír ou retocar as localizacións a rodas. - Estilismo (maquillaxe, peluquería e vestiario) - Semoventes / Vehículos - Efectos (Os que se desenvolverán no set de rodaxe) - Son (Indícanse necesidades especiais para o son en directo) - Persoal técnico / Material técnico (Anótanse as necesidades técnicas da produción. Cando sempre hai as mesmas necesidades técnicas, indícanse só as que cambian con respecto ás necesidades xerais) - Varios produción (observacións e outras necesidades) - Número de páxina de desglose Outros tipos de desglose Ademais do desglose de produción, existen outros tipos de desglose precisos nunha produción, xa que é imprescindible coñecer as necesidades de todos os equipos. En realidade, os desgloses non son máis que listados detallados das necesidades polo que en cada produción poden variar. Os máis frecuentes son: - Desgloses de produción. - Desgloses artísticos. - Desgloses de estilismo. - Desgloses de decorados. - Desgloses técnicos. Desgloses de produción. Son tres os tipos de desgloses de produción - Desglose de secuencia xeral Desglose xeral da secuencia, insírense os actores, a localización, a súa ubicación (interior/exterior), temporalidade (día/noite), o día de script, os octavos de páxina e a páxina numérica do guión. - Desglose de localizacións Agrupa as localizacións dramáticas. A partires deste listado o equipo de produción comezará a buscar as localizacións de produción onde as rodeamos. - Secuencias de produción Agrupamos as secuencias dramáticas en secuencias de produción que comparte unha mesma localización de produción. Para aforrar cartos é fundamental tentar agrupar as secuencias narrativas en poucas secuencias de produción. Desgloses artísticos Para catalogar todos os actores da longametraxe empregamos: - Desglose de actores Rexístranse todos os actores (protagonistas, principais, secundarios e de reparto) que participan axuntándolles un número segundo a súa categoría (os primeiros números os principais, logo os secundarios e así sucesivamente). Posteriormente, cando realicemos o plan de traballo da longametraxe, encheremos as sesións nas que son convocados. - Listado de figuración Enumeración dos figurantes precisos en cada secuencia segundo o papel que van representar. Desgloses de estilismo Estes desgloses concentras as necesidades de imaxe dos actores. - Desglose de maquillaxe Apúntanse os diferentes cambios de imaxe do personaxes segundo a acción que estean desenvolvendo. Neste desglose apúntanse: o As caracterizacións especiais o Os cambios de maquillaxe o As condicións climatolóxicas o O raccord con outras secuencias - Desglose de peluquería Como no caso da maquillaxe, abórdanse os cambios de imaxe dos actores - Desglose de vestiario Este desglose céntrase na roupa e complementos que os actores lucirán en cada unha das secuencias. As anotacións principais que se fan nestes desgloses refírense a: o Tipo de vestido o Cantidade necesaria o Complementos o Estación do ano o O raccord con outras secuencias. Desgloses de decorados Abordan as necesidades de construción e ambientación dos decorados. - Desglose de necesidades Contabilízanse, segundo as localizacións de produción: o O mobiliario necesario o Traballo de xardinaría o Necesidade de pintura o Tapicería - Desglose de construción de decorados: Calcúlanse os días necesarios para montar o decorado segundo: o Data de construción o Data da rodaxe o Data da montaxe o Desglose de atrezzo Desgloses técnicos. - Desglose de son: O desglose de son aborda as características propias do audio: o A música de fondo o Os diálogos dos actores o Os efectos sonoros o Voz en off o Son ambiente 7. O concepto de conflito e os distintos tipos de conflito Concepto Segundo o dicionario, un conflito é un problema, un combate, un enfrontamento, unha loita… Isto quere dicir que para contar unha historia temos que enfrontar aos noso personaxes nunha batalla campal? Non, en absoluto. Tipos Personaxe contra personaxe É o conflito máis básico dun personaxe (ou varios personaxes) contra a súa forza antagonista. Os seus obxectivos son opostos e loitan (moitas veces fisicamente) para acadalos. Personaxe contra a sociedade O protagonista ou protagonistas rebélanse contra as normas establecidas. A sociedade é a antagonista neste caso, pero para axudarnos a establecer un conflito máis evidente, podemos empregar un personaxe ou grupo de personaxes para representar a esa sociedade e concretar os seus valores e motivos Personaxe contra o sobrehumano Xa poder ser contra os deuses, as forzas da natureza, vampiros, pantasmas, demos, o azar, o destino ou as circunstancias da vida. Esta é unha loita a partes desiguais, un conflito que parte cunha clara desvantaxe cara o protagonista, pero que nos mantén en vilo precisamente pola súa dificultade. Personaxe contra as máquinas Un conflito moi usado no xénero da ciencia ficción, do ser humano en loita contra as máquinas que el mesmo creou e que finalmente se rebelan. Personaxe contra si mesmo Case sempre debemos incorporar un conflito dun personaxe contra si mesmo. Crear un arco de transformación. O arco de transformación é o cambio de punto de vista que o personaxe sofre desde o comezo ata o fin da historia, os estadios que atravesa e o crecemento psicolóxico ou emocional que experimenta. Existen diferentes progresións no arco do personaxe: Positivo: o personaxe evoluciona dunha situación mala ou boa (ou simplemente a unha situación mellor que a inicial). Negativo: xusto ao revés que no anterior. No arco negativo, o personaxe evoluciona cara unha situación peor que a inicial e a historia ten un final tráxico. Neutro: o personaxe permanece igual e a súa situación non cambia aínda que aprenderá algo durante a historia. Este tipo de personaxe terá unha personalidade moi forte. 8. Diferenza entre plan de produción, plan de traballo e aplicacións informáticas para a produción Nunha rodaxe, o tempo é diñeiro. Polo tanto, a planificación dun proxecto é vital para obter o maior rendemento económico (preprodución 4 veces o tempo de rodaxe mínimo, pero menos custo). PRODUCIÓN é responsable de cumprir os prazos para que non se dispare o orzamento. Plan de produción É un calendario que marca os prazos nos que deben ir cumpríndose as distintas fases (PREP., RODAXE, POSTP., etc. desglosadas nos seus diferentes apartados). Dentro deste especificarase a duración (canto tempo?) e a secuencialización (en que orde?). Debe ser realista pero sen respiro. A Preprodución pode ir en conta atrás regresiva, en negativo (semana -3, semana -2, semana -1). Os parazos inamovibles son a entrega ou estrea. Plan de traballo É a ferramenta fundamental para configurar a orde de rodaxe das secuencias. Tras realizar os desgloses, o equipo de produción busca as localizacións onde desenvolver a acción do guión. Coas localización decididas, o plan de traballo organízase segundo estas agrupándose en días de rodaxe que non manterán o desenvolvemento narrativo da acción. Estes días pódense ir trasladando durante as semanas que dure a rodaxe ata que todos os días encaixen perfectamente. Polo tanto, o plan de rodaxe ordénase segundo unha serie de variables que deben ser consideradas e evaluadas polo equipo de dirección e produción. Normalmente solen ordenarse segundo o uso e dispoñibilidade das localizacións, pero esta non é a única variable a considerar: - Localizacións: Os rodaxes esixen localizacións que son claves pola súa imaxe ou coma soporte de veracidade. Por esta razón, tras o complexo proceso de selección, o plan de traballo debe axustarse ás datas e horarios pactados cumprindo os seguintes parámetros: a concesión do permiso, consensuar a data do acceso ao local e as necesidades de construción de decorados e atrezzo. - Dispoñibilidade dos actores: unicamente dispoñemos o plan de traballo segundo as datas de algún actor protagonista cando este é moi coñecido entre o público e mantén unha axenda difícil de variar segundo compromisos xa adquiridos antes de aceptar o papel. - Posibilidades climáticas: dependendo da cidade e estación do ano en que se realice a rodaxe, podemos atopar problemas coas previsións climatolóxicas. Por esta razón debemos ter en conta as variables climáticas. - Emprego de recursos técnicos de cámara: O plan de traballo toma coma referencia o equipamento de cámara cando a rodaxe implica a utilización de material moi custoso e que precisa dunhas datas concretas por cuestións de aluguer e desprazamento. Este material sole ser: grúa e cabeza quente, steadycam, camera car. Para poder ter en conta todos estes elementos, as fontes de documentación do plan de traballo son: Os desgloses Previsións climatolóxicas Guión Presuposto de actores Presuposto de materiais técnicos (cámara, iluminación, etc.) Presupostos das localizacións O plan de traballo, coma os desgloses, posúe unha serie de características de construción que é básico coñecer: Secuencia: Número da secuencia Localización: código numérico da localización de produción INT/EXT Localización dramática: Nome que o guión literario otorga ao espazo físico onde se desenvolve a acción Acción: breve descrición dos sucesos acaecidos na secuencia. Día/Noite Octavos de páxina: calculan a descrición da acción da secuncia e a cantidade de texto que os personaxes deben recitar. A páxina do guión divídese en oito octavos de páxina que serve coma medida da complexidade do diálogo da secuencia. Día de Script: data cronolóxica na que, segundo o guión, se deselvolve a secuencia en relación coa historia. Actores: o código numérico dos actores protegonistas, principais ou secundarios. Figuración: cálculo numérico dos figurantes que o desenvolvemento da acción require para dotala de verosimilitude. Ferramentas informáticas A elaboración dun proceso audiovisual require a preparación e coordinación de todas as necesidades expostas no guión. Para realizalas empregamos as follas de desglose, pero o sector audiovisual anglosaxón conta con varios programas e utilidades informáticas destinadas a optimizar os tempos de traballo. O máis empregado e coñecido é o Movie Magic, que se compón de tres utilidades diferentes: Movie magic Screenwriter: para creación do guión. Movie magic Scheduling: desglose e plan de traballo. Movie magic Budgeting: realización de presupostos. Este programa axuda, ao equipo de direción, a planificar e organizar o equipo técnico, humano e loxístico que interveñen na produción. O primeiro e segundo axudante de dirección emprégano durante a preprodución introducindo as necesidades que a lectura detallada do guión. Cobre: produción, fotografía, decorados, maquillaxe, peluquería e son. Durante a preprodución, Movie Magic Scheduling permite realizar un desglose xeral do guión, habilitando cada necesidade co seu equipo. Este proceso aforraranos tempo e permite conseguir os listados de desgloses de cada partida técnica. Polo tanto, do guión extraemos os seguintes datos que o programa xa clasifica: As localizacións A acción desenvolvida Se é de día ou noite A tipoloxía dos personaxes: protegonistas, principais e figuración Relación de vestiario e os seus respectivos complementos Atrezzo e accesorios Relación de semovientes e vehículos Medios técnicos especiais (efectos especiais ou complementos de movemento da cámara) Octavos de páxina da secuencial Breve resumo da acción Número de figurantes A introdución destes datos permite que indicar as necesidades loxísticas necesarias para o equipo de produción (direción, horarios, custe e teléfono de contacto). Tras realizar o desglose, Movie Magic Scheduling permite, con todas as necesidades xa ubicadas na base de datos, realizar o plan de traballo. Mediante as tiras secuenciais, o programa permítenos distribuílas segundo as secuencias de produción que determinamos de forma gráfica (pódense adxudicar cores a cada secuencia segundo os parámetros de día/noite, interior/exterior. Realizado, e aprobado, o plan de traballo durante a rodaxe Movie Magic Scheduling, permite ao axudante de dirección centralizar toda a información (días de rodaxe, custes, horarios, etc.) e realizar a orde de traballo diario e o plan de traballo semanal. A realización destes ordes é sencilla, pois o programa xa conta cos datos que se lle introduciron previamente: - Secuencias - Actores e figuración que intervén - Localización dramática e de produción - Sinopse - Octavos de páxina de cada secuencia (e total de todas aquelas a rodar nesa xornada) - Necesidade de cada un dos equipos Ademais o axudante de dirección introducirá novos datos segundo o desenvolvemento diario da rodaxe: - Horario de citación do equipo - Duración da xornada laboral - Horarios de comida - Transporte do equipo 9. Con respecto á planificación da produción, distinguir as diferentes actividades requiridas ao longo da produción Esta planificación debe de comprender as diferentes fases de produción e o desenvolvemento de cada unha das actividades requeridas: - Compra de dereitos do guión Logo dunha intensa búsqeuda, adquírense os dereitos dobre o libro, novela ou guión, pactando novas versións elaboradas polo propio guionista ou o director. - Cálculo do orzamento O produtor executivo realiza un orzamento estimativo do custe xereal da longametraxe, marcando os parámetros máximos de gasto. - Contratación do director e director de produción O produtor executivo, co guión xa adquirido, busca un director que comparta a súa mesma visión do cine e que sexa capaz de desenvolvelo nunha langometraxe atractiva para o público. A continuación contrata a un director de produción responsable, desde ese momento, da produción. - Elección dos papeis protagonistas Xunto ao productor executivo, o director elixe os papeis protagonistas da longametraxe segundo adecuación ao papel e capacidade de convocar ao público. - Casting de papeis non protagonistas Contrátase a un director de casting que suxira posibles actores para os papeis menos relevantes. - Realización do guión técnico O director, tras supervisar e aprobar a última versión literaria do guión, realiza un guión técnico (coas súas propias indicacións de cámara e movementos) ou indica os principais parámetros do storyboard. - Contratación de xefes de equipo Elección do equipo humano que organizará o equipo de fotografía (cámara e iluminación), decorados, maquillaxe, perrucaría, vestiario, son e montaxe - Desglose de guión O equipo comeza a realizar o desgolse de guión para trasladar, aos demais equipos, as necesidades xerais de rodaxe. - Búsqueda de localizacións O equipo de produción comeza a buscar as localizacións máis adecuadas á visión persoal que realizou o director de guión. - Contratación de equipo humano Logo dos xefes de equipo, contrátase aos técnicos necesarios para as últimas semanas de preprodución, o rodaxe e a posprodución. - Contratación de material técnico A través das diferentes empresas de servizo do sector, alúgase o material (cámara, iluminación e son) preciso para a rodaxe. - Contratacións dos seguros Segundo a complexidade do proxecto, a produtora contrata os seguros correspondentes aos actores, director, director de fotografía e os propios de material e acabado de proxecto. - Construción de decorados Cos deseños aprobados polo director, o equipo de decorados comeza a construcións e ubicacións nos futuros sets de rodaxe. - Secuencias de produción definitivas Con todas as localización atopadas e aceptadas polo equipo de dirección, organízanse as secuencias de produción. - Ensaios e probas de estilismo Os actores convócanse a lecturas de guión, ensaios e probas de estilismo (maquillaxe, perrucaría e vestiario). - Elaboración do plan de traballo O equipo de dirección, en colaboración co de produción, propón as datas de rodaxe segundo as dispoñibilidades loxísticas. - Últimas reunións de equipo Para finalzar o plan de traballo e supervisar os avances dos equipos, realízanse reunións para comentar dúbidas e dispoñibilidade de materiais. - Inicio da rodaxe Co plan de traballo finalizado e revisado con todos os equipos, finalízase a fase de preprodución e iníciase a rodaxe. - Finalización de rodaxe Coa rodaxe da última secuencia proposta no plan de traballo finaliza a rodaxe, empézase a xustificar o gasto realizado e a devolución do material alugado. - Película no laboratorio A película envíase cada día de rodaxe ao laboratorio, onde se trata o negativo. - Premontaxe Primeira montaxe da longametraxe segundo as indicacións do director reflexadas no parte de script. Ainda faltaría o visionado do produtor executivo. - Montaxe final Montaxe definitiva do audio e do vídeo rexistrado durante a rodaxe. - Títulos de crédito (cabeceira) A realización da cabeceira da longametraxe. Existen empresas de posprodución especializada na súa elaboración. - Introdución da música Coa montaxe de audio case finalizada, o compositor entrega os distintos temas da banda sonora e axústanse ao audio dos actores e do soundtrack. - Tratamento da imaxe Cambios de textura, de luz que melloren o concepto fotográfico formulado polo director e o director de fotografía. - Copia master Con toda a posprodución finalizada, realízase unha copia master a partires da cal se realizarán as copias a distribuír entre as salas comerciais. - Entrega á distribuidora O produtor executivo contacta co distribuidor que acepta distribuír a longametraxe no ámbito xeográfico no que se desenvolve a súa función. - Publicidade e marketing O distribuidor comeza a promocionar a longametraxe mediante a inclusión do tráiler noutras salas cinematográficas, en cadeas televisivas e a compra de espazo en prensa e revistas especializadas. - Estrea Realizadas xa as negociacións por parte do distribuidor co exhibidor, a longametraxe estrease nas salas comerciais. 10. Documentos necesarios nunha rodaxe 1. O plan de rodaxe/gravación Un plan de rodaxe/gravación ben elaborado debería atender ás variables tempo-espacio- recursos (humanos e materiais). Debe estar confeccionado conxuntamente polo equipo de dirección e o equipo de produción. Non existe unha fórmula máxica para elaborar un bo plan de rodaxe / gravación, pero é importante que sempre teña como base aos seguintes factores: 1. Disponibilidade dos actores: isto é básico e debe pecharse con eles por contrato antes do inicio da rodaxe / gravación. 2. Disponibilidade das localizacións: non é o mesmo gravar nun plató alugado mensualmente para a produción que un alugado por uns días; tampouco é o mesmo rodar nun exterior do que se conseguiu un permiso puntual para determinados días que nun paraxe natural. A partir destas dúas premisas, o plan de rodaxe debería eleborarse segundo os seguintes criterios: 1. O normal é agrupar as secuencias por decorado, con independencia da orde cronolóxica da aparición no guión. Xeralmente acostúmase a empezar a gravar en exteriores por se a meteoroloxía non é boa e quedan secuencias por grabar sempre haxa marxe para grabalas máis adiante, ou mesmo cambialas por outras de estudo. A orde de grabación pode ser a seguinte: Primeiro: Ext/Día Segundo: Ext/Noite Interiores naturales (localizacións interiores) Estudo (plató) 2. En cine o máximo que se acostuma a rodar por día son 3 páxinas de guión. En televisión isto pode chegar a superar as 10 por día. 3. O ideal é que non haxa máis dun cambio de localización por día de rodaxe. Canto menos se mova o equpipo mellor, xa que se perden moitas horas útiles nos traslados. 4. Hai que agrupar, na medida do posible, as xornadas de traballo dos actores. Lembrar que os actores se poden contratar mensualmente ou por xornada (convocatoria). 5. Continuidade das secuencias: aínda que é moi difícil poder gravar unha peza en orde cronolóxico co guión, o ideal é tratar de seguir certa continuidade para que o equipo artístico e o técnico poidan seguir a curva dramática da historia. Está ben a gravar pola primeira escena e rematar coa última escena do guión, pero sempre tendo moito coidado de que non se empece cunha escena de alta intensidade emocional pois os equipos precisan dun tempo para estar ao máis alto nivel. 6. Unha gravación nunca debe parar e, salvo causas de forza maior, non debería haber días libres excepto o fin de semana e festivos (o ideal e concentrar os festivos para facer pontes cos fins de semana). Os grandes desplazamentos de equipo acostuman a facerse aproveitando os fins de semana. En producións non remuneradas ou de moi baixo presuposto, como pode ser unha webserie, acostúmase a gravar doutro xeito, adecuando a produción ás necesidades das persoas que traballan nelas pois, xeralmente, colaboran de maneira altruista. 3. Ferramentas e tipos de plan de rodaxe O programa máis utilizado para a elaboración do plan de rodaxe é o Movie Magic Scheduling. Tanto o equipo de dirección como o de produción deben coñecer o seu funcionamento. Neste programa podemos elaborar tanto o plan de rodaxe vertical (stripboard) como o plan de rodaxe horizontal: 1. Plan de rodaxe vertical: é un plan de rodaxe por columnas. Para elaborar este plan vaixe enchendo cada columna cunha secuencia, indicando o nome do ESCENARIO segundo o guión e unha breve descripción do que acontece. O resto da información engádese por filas horizontais. 2. Plan de rodaxe horizontal: é igual que o vertical pero coas secuencias dipostas como filas, en lugar de como columnas. É útil para realizar indicacións de tipo máis loxístico, como o total de páxinas de guión por xornada, traslados de equipo, viaxes, etc. Pero existen outros programas informáticos que se usan para a mesma función como GORILLA, EASE SCENECHRONIZE, SCENIOS, THE TAKES, SHOOTIZE… 4. Orde de rodaxe Unha rodaxe require dunha sólida organización. Implica a moitas persoas e precisa de moitos medios técnicos, e ademáis está suxeito a datas e horarios concretos, con cambios de localizacións, con autorizacións... Por iso é necesario un documento que funcione como unha folla de ruta para que todo vaia sen sobresaltos e se poidan grabar todas as secuencias planificadas: este documento é a ORDE DE RODAXE. A orde de rodaxe é un documento que se entrega diariamente a todos os membros do equipo. Está elaborada polo/pola 1AD (Primeiro/a Axudante de Dirección) e polo/a xefe/a de produción. A información que contén unha orde de rodaxe é a seguinte: - Nome do proxecto - Día de rodaxe (por exemplo, 3 de 5) - Data de gravación - Horario previsto - Listos: hora na que se empeza a grabar. - Nomes dos principais xefes de departamento e responsables da produción. - Contacto de produción e dirección de rodaxe (teléfonos, mails...) - Localización (dirección exacta, coordenadas...) - Previsión meteorolóxica para a xornada - Hora de saida e posta do sol - Información de seguridade: centro hospitalario de Urxencias máis próximo. - Secuencias previstas para o día - Escenario, efecto (p.ex. Int/Día), e sinopse - Extensión das secuencias (número de páxinas de guión en octavos) - Actores: nome dos actores e do personaxe que interpretan, así como horarios de recollida, horas de maquillaxe, peiteado e vestiario, hora que entra no set e hora a que acaba. - Figuración: Número e tipo de figurantes... - Avance do día seguinte: un resumo das secuencias que se rodarán a seguinte xornada. - Sinatura do 1AD e do Xefe/a de Produción 5. Outros documentos para a rodaxe - Información de seguridade e riscos laborais - Caderno ATA para rodaxes no extraxeiro - Seguros da produción audiovisual: a) Seguridade social b) Seguros de responsabilidade civil a terceiros c) Seguro de accidentes (sobre todo se a grabación se realiza nun país extranxeiro ou se se contrata a especialistas) d) Seguro de máster de vídeo. Este seguro cubre o gasto que ocasionaría á produción a pérdida de material gravado ou a obtención dunha copia de seguridade. Cada vez faise menos xa que os dispositivos de almacenamento informatico son baratos e fanse moitas copias de seguridade. e) Seguro meteorolóxico f) Seguro de interrupción de rodaxe g) Seguro de garantía de bo fin (completion band). Nas coproducións internacionais esíxese este seguro cando interveñen inversores privados ou se realizan prevendas a distribuidores ou televisións. Este seguro garante a execución da obra en tempo e forma acordada e para iso hai unha figura responsable de contralo: o garante de execución. h) Seguro de erros e omisións: cubre ao produtor de problemas derivados á adquisición de dereitos e xestión de dereitos de propiedade intelectual (plaxio, difamación, atentado á imaxe...) e) Seguro de equipos técnicos, escenografía, vestiario... Todo se pode asegurar. É decisión de produción decidir o que. 11. As técnicas de realización Normalmente, a diferencia do cine, os programas ou series de TV grávanse a MULTICÁMARA. Basicamente, existen 3 técnicas: Técnica de realización en directo Técnica de realización en falso directo Técnica de realización por bloques ou secuencias 12. O traballo do equipo de produción na posproducción O equipo de produción na posprodución é máis reducido, pero segue tendo a responsabilidade de que se cumpran os prazos e a obra se entregue en tempo e forma. Ademais, en paralelo, é preciso facer balance e peche da produción, tarefas que recaen directamente sobre o equipo de produción. O balance Ao longo da produción o máis adecuado é levar un correcto control de tesourería no que se deixa constancia de todos os ingresos e gastos que se realizan ao longo de todo o proceso. Neste control apúntanse as fontes de financiación empregadas, incluído o capital propio da produtora (que provén de preventas, axudas, inversores privados, etc.) e todos os gastos ocasionados divididos por partidas, seguindo o mesmo esquema que o do orzamento. Con estes datos pódese realizar un balance da produción analizando as posibles desviacións nas que se de incorreu respecto ao orzamento inicial, se se corrixiron correctamente, e cal é o peche final da conta de resultados (consecuencia da diferencia entre ingresos e gastos). Realmente nunha produción audiovisual non é posible facer un peche totalmente definitivo ata que acabe a etapa de explotación e comercialización do produto, xa que os ingresos vanse producindo nesta fase (e algúns gastos como a distribución). Hai que ter en conta ademais que a “vida útil” dun proxecto audiovisual pode ser de moitos anos despois da súa produción e a empresa produtora nalgunhas circunstancias podería seguir negociando con ese produto durante moito tempo. O peche definitivo Unha vez que o produto audiovisual está rematado o equipo de produción é xa mínimo e xeralmente redúcese o equipo habitual (fixo) da empresa produtora. O traballo que realiza este equipo nesta fase é o de pechar definitivamente a produción e para elo lévanse a cabo, entre outras, as seguintes tarefas: - Entrega das copias pertinentes - Pago de facturas pendentes (a provedores, amortización de préstamos…) - Cumprir acordos comerciais ou de calquer outro tipo con empresas e institucións - Campaña de comunicación e publicidade (que debería iniciarse antes da fase de produción, mais agora acentúase) - Envío a festivais - Boas prácticas: é o momento de agradecerlle o esforzo e a colaboración de todas as persoas e entidades que colaboraron na produción, polo que pequenos detalles como o envío dunha copia do produto (ou un enlace online privado para o seu visionado), o convite á estrea ou a un pase exclusive e outro tipo de detalles axudarán a afianzar novas cooperacións (non só a nivel particular, senón tamén para outros posibles produtores que desexen seguir un camiño semellante ao noso. É moi importante non deixar malas sensacións polo camiño). - Para nota: coñecer en profundidade os medios técnicos (equipos de luz, cámaras, formatos…)

Use Quizgecko on...
Browser
Browser