Invasión! Xeografía e Historia 2º ESO PDF
Document Details
Uploaded by WiseOak
Tags
Related
- Resumen de Humanidades 1er Parcial
- Influencia del Cristianismo en la Cultura PDF
- La Edad Media: Bizancio, el Islam y el Imperio Carolingio PDF
- Historia de la Antigua Grecia y Roma PDF
- Unitat 2. La Música en la civilització grega PDF
- Translatio Studiorum: Traslado de los libros y diálogo de civilizaciones en la Edad Media (PDF)
Summary
Este documento é unha lección de xeografía e historia sobre a invasión no período histórico da Idade Media. Incluí frases sobre a crise económica e social no Imperio Romano e a chegada dos pobos xermánicos. Tamén expón unha visión xeral dos reinos xermánicos.
Full Transcript
Xeografía e Historia 2º ESO TEMA 1. INVASIÓN! A Idade Media é un período histórico da civilización occidental que comeza coa caída do Imperio romano de Occidente, con capital en Roma, no ano 4...
Xeografía e Historia 2º ESO TEMA 1. INVASIÓN! A Idade Media é un período histórico da civilización occidental que comeza coa caída do Imperio romano de Occidente, con capital en Roma, no ano 476. Os historiadores debaten o seu final entre dúas datas: a caída do Imperio romano de Oriente, tamén chamado Imperio bizantino e con capital en Constantinopla, en 1453 e a chegada de Cristovo Colón a América, en 1492. 1.1. A etapa medieval Desde o século III, o Imperio romano entrou nunha forte crise económica e social. Os pobos xermánicos, que ata entón se localizaban en torno ás súas fronteiras, comezaron a realizar incursións en diferentes territorios de Roma para aproveitar a súa debilidade. Coa intención de defendelo e administralo mellor, o emperador Teodosio dividiu o imperio en dous no ano 395: constituíu o Imperio romano de Occidente e o Imperio romano de Oriente, que seguiron unha traxectoria histórica distinta: O Imperio romano de Occidente foi ocupado polos pobos xermánicos pouco a pouco ata que finalmente desapareceu no ano 476, coa caída de Roma. Os pobos xermánicos foron formando reinos independentes. O Imperio Romano de Oriente enfrontouse aos pobos xermánicos e expulsounos. Existiu durante case 1.000 anos máis, concretamente ata o ano 1453. Hoxe tamén se lle coñece como Imperio bizantino. ANAYA O período medieval foi extenso e adoita subdividirse en tres etapas: A Alta Idade Media, entre os anos 476 e o ano 1000 (que abrangue dende finais do século V ata finais do século X). Durante este tempo prodúcese a transición dende o mundo antigo ata o sistema feudal. A Plena Idade Media, entre o ano 1000 e o ano 1300 (comprende os séculos XI, XII e XIII). Foi unha época de auxe, coa consolidación do feudalismo e o crecemento das cidades. A Baixa Idade Media, entre os anos 1300 e 1453 ou 1492 (comprende os séculos XIV e parte do XV). Caracterízase por ser unha etapa de crise. 1 Xeografía e Historia 2º ESO Durante a Idade Media, tres civilizacións conviviron e enfrontáronse entre si arredor do mar Mediterráneo, provocando que as fronteiras foran mudando de maneira constante durante os seguintes anos: - A cristiandade occidental, civilización que naceu cando os reinos xermánicos que invadiran o Imperio romano de Occidente se converteron ao cristianismo católico. Co paso dos anos, adoptaron o sistema feudal como base das súas sociedades. - O Imperio bizantino, na zona oriental de Europa, que mantivo a lingua e os costumes grecolatinos nacidos na Idade Antiga. É o nome que recibiu o Imperio romano de Oriente durante a Idade Media. - O Islam, que foi unha civilización que xurdiu despois do nacemento dunha nova relixión na Península Arábiga no século VII. ANAYA 1.2. Os reinos xermánicos Os pobos xermánicos foron un grupo de tribos que habitaban no norte e no leste de Europa que mantiveron unha convivencia pacífica co Imperio romano durante séculos. Pero as tornas cambiaron co inicio SABÍAS QUE...? da crise de Roma durante o século III, xa que os pobos xermánicos -suevos, visigodos, alanos, Os gregos chamaban aos ostrogodos, burgundios, vándalos...- percibiron unha pobos do norte bárbaros porque era como lles sonaban maior debilidade dos romanos. as linguas que falaban. Para Ademais, no século V, un pobo de Asia que se imitalos burlábanse repetindo denominaban os hunos, dirixidos por Atila, a onomatopea bar-bar. A orixe da palabra é, pois, ameazaron aos xermanos, polo que estes víronse despectiva ao establecer obrigados a fuxir e a penetrar dentro das fronteiras unha diferenciación entre os romanas. Como xa vimos, foron rexeitados polas gregos (nós) fronte a eses tropas do Imperio romano de Oriente, pero si que pobos incultos e salvaxes entraron no Imperio romano de Occidente. (eles), por exemplo os persas. Os romanos mantiveron o uso Esa entrada no Imperio romano levou, ao da palabra, que continuou comezo, a dúas circunstancias parellas. Por un lado, ata os nosos días. algún dos pobos xermánicos chegou a convivir cos 2 Xeografía e Historia 2º ESO romanos en diferentes partes do territorio -facilitando a administración do sistema romano, que estaba en decadencia-, como veremos no caso dos suevos ou os visigodos na Península Ibérica. Por outra parte, algúns pobos xermánicos expulsaron aos gobernantes romanos das zonas a onde chegaron. Cando entraron en Roma, neste caso os hérulos baixo o mando de Odoacro, depuxeron ao último emperador, Rómulo Augústulo. Foi en 476, ano que transcende por estes feitos ao supoñer a caída do Imperio romano de Occidente. Dos reinos independentes que constituíron os pobos xermánicos, os máis importantes foron o visigodo na Península Ibérica e o franco, que despois se convertería no Imperio carolinxio, que abranguía máis ou menos a zona da actual Francia. Outros foron reinos máis débiles que, co tempo, foron absorbidos por outros máis poderosos ou desapareceron. Tres exemplos son os ostrogodos, que se asentaron en Italia a finais do século V baixo o mando de Teodorico, pero foron expulsados polo Imperio bizantino no século VI; os anglos e saxóns, que ocuparon parte da actual Inglaterra procedentes de Dinamarca e os Países Baixos; ou os lombardos, que no século VI se asentaron ao norte da actual Italia -na zona de Lombardía- e permaneceron durante dous séculos. BLINKLEARNING 1.2.1. A organización nos pobos xermánicos Os costumes e características dos pobos xermánicos eran diferentes aos romanos. Aínda que se adecuaron a certas tradicións romanas para non romper de maneira drástica con todos os hábitos dos habitantes do antigo Imperio, a súa chegada supuxo certos cambios que afectaron ao modo de vida da poboación. Para explicalas mellor, podemos dividir as consecuencias da chegada dos pobos xermánicos en políticas, económicas, sociais e culturais: 3 Xeografía e Historia 2º ESO Política: Gran parte dos pobos xermánicos carecían nun inicio de leis escritas. No inicio dos reinos independentes, os guerreiros máis importantes elixían a un xefe militar que facía as funcións de máximo mandatario, nalgúns casos nomeado rei. Este cargo era electivo nun principio, aínda que despois se converteu en hereditario. Para gobernar, axudáronse de nobres xermanos e conselleiros romanos, conservando a moeda e respectando os privilexios da antiga nobreza romana para mantelos como aliados. Economía: Cara ao final do Imperio romano, os saqueos dos pobos xermánicos xeraban terror á poboación e impúxose un clima de inseguridade. A vida trasladouse das cidades (no Imperio romano, o urbano tiña moito peso) ao campo en busca de refuxio nun intenso proceso de ruralización. A agricultura e a gandería seguiron sendo a base da economía mentres a artesanía e o comercio perderon peso respecto á etapa romana. Sociedade: As clases medias, que estaban formadas por comerciantes, artesáns, funcionarios e pequenos propietarios urbanos e agrícolas, foron perderon importancia. En cambio, as clases máis desfavorecidas, as que tiñan menos privilexios, medraron en número. Cultura: A cultura entrou nun período de crise. As escolas desapareceron, o que fixo que a transmisión da sabedoría quedara reducida aos mosteiros cristiáns. Por esta razón, moitos monarcas xermánicos nomearon conselleiros a monxes, bispos e abades ao ser os máis eruditos da época. A lingua oficial continuou sendo o latín -ao igual que no Imperio romano-. Ao mesturarse coas linguas xermanas (por exemplo, os visigodos falaban o denominado idioma gótico), provocou o nacemento das linguas romances como son o castelán, o galego, o catalán, o francés... En canto á relixión, adoraban elementos naturais (o Sol, a auga...) ou tiñan influencias da relixión escandinava (unha adoración politeísta con deuses como Odin, Thor, Loki ou Frey) aínda que acabaron converténdose ao cristianismo, que era a relixión oficial do Imperio romano. Fronte ás grandes construcións do Imperio Conversión de Recaredo, rei visigodo, ao cristianismo. MUÑOZ DEGRAIN romano, situadas sobre todo nas cidades, a volta á vida no rural levou á construción de pequenas igrexas. Comezou un estilo chamado Prerrománico, que sentaría as bases de moitos aspectos do Románico. Cultiváronse outras artes menores como a ourivaría. 1.2.2. Os pobos xermánicos na Península Ibérica Os primeiros pobos xermánicos en entrar na Península Ibérica foron os suevos, os vándalos e os alanos. A súa entrada produciuse no ano 409. Os 4 Xeografía e Historia 2º ESO visigodos entraron na Península Ibérica polo nordeste sobre o ano 416, cando se estableceron tamén no sur da Galia, na actual Francia. Mentres os vándalos e os alanos acabaron abandonando a Península Ibérica, os suevos aliáronse co emperador romano Honorio para gardar a seguridade na zona da Gallaecia. Este territorio abranguía cidades actuais como Lugo, Astorga, Ourense, Tui, Porto e Braga, que quedou establecida como capital. Os suevos foron un pobo orixinario do mar Báltico, que fora descendendo cara a actual Alemaña cometendo todo tipo de saqueos e pillaxes. Estímase que chegaron á península uns 30.000. Co paso dos anos ampliaron o seu territorio, pero foron invadidos polos visigodos no ano 585. Os visigodos tamén chegaron a un acordo con Roma para defender o sur de Francia e o Guerreiro suevo. REVISTA DE HISTORIA nordeste da Península Ibérica, onde se instalaron nun inicio establecendo a súa capital en Tolosa. Trala caída do Imperio romano de Occidente pasaron a dirixir o territorio. No ano 507, foron derrotados polos francos baixo o mando do rei Clodoveo, de xeito que se estableceron definitivamente en Hispania e trasladaron a capital a Toledo. O rei Leovixildo invadiu o territorio dos suevos no ano 585 e tamén someteu a cántabros e ástures. Os seus sucesores derrotaron aos bizantinos no sur a comezos do século VII, polo que todo o territorio da Península Ibérica quedou baixo dominio dos visigodos ata a chegada dos musulmáns no ano 711. 1.2.3. O Imperio carolinxio Dentro dos reinos xermánicos que substituíron ao Imperio romano, o reino franco mantivo un extenso territorio unido, máis ou menos o que hoxe ocupa Francia con partes da Península Itálica e Europa central. O seu monarca máis importante foi Carlomagno, que reinou entre os séculos VIII e IX (742-814). Asegurouse o poder tras chegar a un pacto coa Igrexa católica: el defendería ao cristianismo de perigos como a expansión do Islam se o Papa o coroaba emperador das terras que conquistara. Así o fixo no ano 800 e naceu desta maneira o Imperio carolinxio, que quería revivir o esplendor do Imperio romano. Así, non só se ocupou de impulsar as conquistas militares senón a recuperación da cultura grecorromana dende Aquisgrán, capital do imperio. Creáronse escolas, o latín volveuse ensinar nas escolas e os monxes copiaron nos mosteiros gran cantidade de obras de autores gregos e romanos. Para unir o imperio, Carlomagno elaborou leis, que se denominaron capitulares, e organizou a administración do territorio dividíndoo en condados, cun conde á fronte e marcas, nas zonas fronteirizas con tropas e dirixidas por marqueses. Condes e marqueses eran homes de confianza do rei e recibían terras en pago polos seus servizos e o dereito de gobernalas nun momento no 5 Xeografía e Historia 2º ESO que a actividade agraria era a base económica. Mediante estas relacións establecidas entre o emperador e os seus súbditos naceu o feudalismo. Coa morte de Carlomagno no ano 814, o seu fillo Luís o Piadoso foi o sucesor. Este dividiu o territorio do Imperio carolinxio entre os seus tres fillos: Lotario, Luís e Carlos. Lotario, primoxénito, recibiu o título de emperador e quixo impoñer a súa autoridade, polo que os irmáns rebeláronse e obrigárono a asinar o Tratado de Verdún no ano 843. Despois da Carlomagno. ALBERTO DURERO morte de Lotario, Luís o Xermánico e Carlos o Calvo dividiron a parte do irmán e naceron os territorios que son o xerme das actuais Francia e Alemaña. 1.3. O Imperio bizantino Imperio bizantino é o nome co que hoxe nos referimos ao Imperio romano de Oriente. A súa capital foi Constantinopla, a actual Istambul (capital de Turquía). Nun momento de dificultades en Roma, o emperador Constantino fixéralle chamar así a Bizancio, nome que lle puxeran os gregos a unha colonia súa dende o século VII antes da nosa era. Actividades económicas, cargos políticos, lexislación, vestimenta ou características da arte continuaron o camiño iniciado na civilización romana. SABÍAS QUE...? Dende o século V, o Imperio bizantino pasou por períodos de auxe e decadencia. No século VI, A pesar de ser unha época viviu o seu momento de maior esplendor co de expansión, durante o emperador Xustiniano (527-565) á fronte. Anos mandato de Xustiniano viviuse un duro episodio de peste antes ca Carlomagno, quixo recuperar o territorio dende o ano 541 que asolou á do antigo Imperio romano –cando estaba unido- poboación. Chegou a afectar e conquistou diversos lugares polo Mediterráneo. ao emperador. Á súa morte, a maioría perdéronse. Os seus A peste provocou un duro sucesores continuaron coa perda de territorios, golpe para a economía. Só en sendo moi prexudicial a perda no século VII das Constantinopla, morreu o 40% provincias máis ricas no leste (Siria, Palestina ou da poboación. A enfermidade volvería en diferentes ondadas Exipto) por parte dos musulmáns. A crise foi a en anos posteriores, pero sen a tónica dende o século XI, pero o Imperio bizantino crueza desa primeira vez. mantívose ata que foi invadido polas tropas turcas no ano 1453. O goberno dos bizantinos recaía no emperador, que se apoiaba en numerosos funcionarios. A administración organizouse en provincias, nas que estaba á fronte un xefe político e militar. 6 Xeografía e Historia 2º ESO A súa economía baseábase na agricultura, aínda que tamén tiña un comercio importante ao facer de intermediario entre Europa e Asia. Nos seus mercados había especias, sedas, marfil ou perlas de Oriente ademais de ámbar, peles ou cereais do norte de Europa. Tamén tiña importancia a artesanía. A arte bizantina reflectiu o poder dos emperadores e da Igrexa. As manifestacións principais témolas na arquitectura coa igrexa como edificio principal. Un dos exemplos máis destacados é a basílica de Santa Sofía de Constantinopla. Adoitaban ter mosaicos que decoraban o interior, como os chamados Xustiniano e a corte ou Teodora e o seu séquito na Igrexa de San Vital de Rávena, en Italia. En pintura, tamén se realizaron imaxes sagradas sobre táboa ou metal que decoraban edificios relixiosos. 1.4. O Islam 1.4.1. A Arabia preislámica No século VII naceu unha nova relixión, o Islam, que hoxe conta con miles de fieis en todo o mundo e que na Idade Media uniu aos árabes nun imperio. O seu xerme sitúase na Península Arábiga, dividida basicamente en dúas partes: o mundo semisedentario das caravanas cun gran comercio entre cidades e de tradición politeísta e as tribos nómades de beduínos, parte delas enfrontadas entre si, no centro desértico cunha relixión fetichista -crían que algúns obxectos materiais tiñan poderes sobrenaturais-. Moitas destas tribos realizaban razzias ou saqueos a grupos veciños para sobrevivir. As principais actividades económicas eran o pastoreo, co coidado de animais como camelos e cabras, e o comercio, con caravanas que intercambiaban produtos entre Oriente e o Mediterráneo. Había dous elementos comúns entre todos os habitantes desta zona: a lingua árabe e o culto á Pedra Negra, un fragmento de pedra basáltica que se veneraba xunto a numerosos ídolos no santuario da Kaaba, na Meca. 7 Xeografía e Historia 2º ESO Caravana en Arabia. THÉODORE FRÈRE 1.4.2. O nacemento do Islam Neste contexto, Mahoma conseguiría unir aos árabes baixo unha mesma relixión. Estímase que naceu sobre o ano 570 e, segundo a tradición contada por el mesmo, o arcanxo Gabriel anuncioulle, máis ou menos no ano 610, que el era o novo profeta elixido para predicar unha nova relixión, o Islam -que significa submisión a Alá-. Os mandatarios da Meca estaban en contra da relixión que predicaba Mahoma por considerar que ía contra as tradicións árabes e que podía provocar unha rebelión das clases máis desfavorecidas. Debido a esta situación, Mahoma fuxiu cos seus seguidores da Meca a Medina na denominada Héxira (fuxida) no ano 622, considerada a data de nacemento do Islam. En Medina, consegue que a maioría da poboación se converta ao Islam e reúne un exército que invade a Meca no ano 630. Á súa morte no ano 632, o Islam contaba cun bo número de seguidores na Península Arábiga. A doutrina de Mahoma foi recollida no Corán, o libro sagrado do Islam. O Corán é un libro relixioso, pero tamén é considerado nalgúns lugares un código civil, é dicir, que contén normas que regulan o comportamento individual e a organización social, económica e incluso política. Establece a lei islámica ou sharia. Os fieis que seguen o Islam reciben o nome de musulmáns. Todo bo musulmán debe seguir os chamados cinco piares do Islam: a profesión de fe (recitar: “Non hai máis deus que Alá e Mahoma é o seu profeta”), orar cinco veces ao día en dirección á Meca e os venres na mesquita, dar esmola aos necesitados, o xaxún dende a saída do sol ao solpor no Ramadán e a peregrinación á Meca polo menos unha vez na vida. 1.4.3. A expansión do Islam Tralo nacemento do Islam, os seus seguidores conquistaron extensos territorios que chegaron no seu momento de máxima expansión -menos dun século despois de xurdir- dende a India ata a Península Ibérica. Esta expansión produciuse baixo o mandato de distintos dirixentes nos chamados califatos, que se denominaban así porque o líder político e relixioso era o califa. Podemos diferenciar tres etapas principais no territorio islámico na Idade Media: 8 Xeografía e Historia 2º ESO Califato ortodoxo (632-661): Os primeiros sucesores de Mahoma elixíronse entre os seus familiares e amigos. Nesta etapa, na que se sucederon catro califas ortodoxos, a capital situouse en Medina. A expansión produciuse pola actual Asia cara ao norte e o leste e por África cara ao oeste. Califato omeia (661-750): Déixase de elixir aos califas entre candidatos próximos a Mahoma. A familia Omeia pasou a gobernar o imperio de maneira hereditaria e formou unha dinastía. A capital estableceuse en Damasco e o Imperio islámico chegou á súa máxima extensión. Califato abbasí (750-1258): Os omeias foron destronados por unha nova familia da zona de Mesopotamia, os abbasís. A capital pasou a Bagdad. Freouse a expansión e algúns dirixentes locais comezaron a independizarse. No ano 1258, o saqueo de Bagdad polos mongois puxo fin ao califato abbasí e supuxo a disolución definitiva do imperio en diferentes califatos. Expansión do Islam no ano 750. ANAYA 1.4.4. A organización no Islam Política: O goberno estaba dirixido, como vimos, polo califa -xefe político e relixioso-. Nos reinos cristiáns, o emperador ou o rei é o líder político e o Papa é o líder relixioso. Axudábase do visir ou primeiro ministro, que dirixía toda a administración. Como o imperio foi aumentando, dividiuse en provincias ou coras, ás frontes das que estaba un emir, líder político sen atribucións relixiosas. Economía: Sen abandonar o pastoreo, a agricultura foi a base e cultivábanse trigo, arroz, algodón, cana de azucre, azafrán, cítricos ou verduras como a espinaca e a berenxena. Adoptaron o regadío con noras e alxibes, que melloraron dos romanos. Tiveron importancia a artesanía e o comercio, coas cidades como centro neurálxico e de gran relevancia. Sociedade: Era moi diversa ao existir diferentes grupos étnicos -árabes, bérberes, escravos negros ou eslavos- e relixións -musulmá, cristiá ou xudía-. 9 Xeografía e Historia 2º ESO Había tres grupos fundamentais: unha aristocracia árabe privilexiada; a masa popular que incluía campesiños, artesáns e comerciantes libres; e escravos. 1.4.5. A arte islámica O Corán prohibe a representación de figuras humanas e animais, polo que as principais manifestacións artísticas son a arquitectura e a decoración. A mesquita é o edificio máis destacado. Non é a casa de deus, como as igrexas no cristianismo, senón o lugar onde os musulmáns van rezar. Son edificios de grandes dimensións que constan de dúas partes: o patio é un espazo aberto rodeado por un pórtico onde se sitúan as fontes das ablucións -os fieis lávanse e purifícanse antes de orar- e unha torre ou minarete -dende onde o almuédano chama á oración-. A sala de oración é un espazo cuberto, dividido en partes por soportes e arcos. Un dos seus muros, a qibla, está orientado á Meca e ten no centro o mihrab, un nicho baleiro que alberga o Corán. Entre as mesquitas máis importantes atópanse a mesquita de Al-Aqsa de Xerusalén, a mesquita de Córdoba ou a mesquita da Rocha de Xerusalén. Mesquita do Córdoba. SEAN PAVONE Tamén se construíron palacios, fogar dos dirixentes, fortalezas, mausoleos - lugares de enterramento- e madrasas -centros de estudo do Corán-. Os materiais que se utilizaban eran pobres, como ladrillo, xeso ou madeira. Os soportes máis usados foron a columna ou o piar sobre os que descansaban arcos de ferradura, túmidos ou lobulados. En canto á decoración, o exterior dos edificios é sobrio pero os interiores son moi ricos cubertos con mármores, azulexos ou pranchas de xeso e madeira. Os temas decorativos fundamentais son o ataurique (debuxos vexetais), a lacería (figuras xeométricas) e a epigrafía (escritura con versículos do Corán). De esquerda a dereita, decoración con ataurique, lacería e epigrafía. ANAYA 10