UD1 - Didáctica da Educación Infantil (PDF) - Curso 2024-25
Document Details
Uploaded by ThinnerConnemara4244
CIFP Ánxel Casal – Monte Alto
2024
Tags
Summary
This document is a past paper for the Didáctica da Educación Infantil course, 2024-25, from C.I.F.P. Anxel Casal - Montealto. It includes the index, introduction, professional profile, and competencies for the course. The paper focuses on early childhood education teaching methods and curriculum.
Full Transcript
UD1 Didáctica da Educación Infantil Curso 2024-25. C.I.F.P. Anxel Casal- Montealto. [A FIGURA DO/A EDUCADOR/A INFANTIL] ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN 2. PERFIL PROFESIONAL 2.1. COMPETENCIAS 2.1.1.COMPETENCIA XERAL 2.1.1.1. O QUE FAI O T...
UD1 Didáctica da Educación Infantil Curso 2024-25. C.I.F.P. Anxel Casal- Montealto. [A FIGURA DO/A EDUCADOR/A INFANTIL] ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN 2. PERFIL PROFESIONAL 2.1. COMPETENCIAS 2.1.1.COMPETENCIA XERAL 2.1.1.1. O QUE FAI O TSEI, CAL É A SÚA LABOR 2.1.1.2. COMO DESEMPEÑA A SÚA LABOR 2.1.1.3 ONDE DESEMPEÑA A SÚA LABOR 2.1.2. COMPETENCIAS PROFESIONAIS, PERSONAIS E SOCIAIS 2.2. COÑECEMENTOS QUE SUSTENTAN A PROFESIÓN DO/A TÉCNICO/A EN EDUCACIÓN INFANTIL. 2.3 A ÉTICA PROFESIONAL 1 1. INTRODUCCIÓN Este primeiro tema do módulo de “Didáctica da Educación Infantil“ (DEI) ten coma obxectivo principal introducirvos na propia materia deste módulo dun xeito global pasando por aspectos básicos das diferentes unidades didácticas que o compoñen e coma obxectivo secundario ,non por ilo menos importante, situarvos nesta profesión na que acabades de comezar a vosa formación inicial. En definitiva, trátase de que recoñezades as competencias, formas de intervención educativa, contexto e ámbitos de actuación do/a Educador/a Infantil. 2. PERFIL PROFESIONAL A R.A.E. define con xeito xeral o CONCEPTO DE PERFIL PROFESIONAL como: “ A descrición das características dun emprego, un contratante ou unha actividade”. Trátase da descrición dunha profesión que inclúe: COMPETENCIA XERAL Cualificación Competencias Profesional e profesionais, persoais Unidades de e sociais Competencia Ao rematar o ciclo formativo , a Técnico Superior en Educación Infantil debe ter adquirido as competencias profesionais, persoais e sociais (explicaremos que significa posteriormente) que cubran as demandas do sistema produtivo. Ademais debe ser competente para poder responder ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP) establecido polo Instituto Nacional para as cualificacións do Ministerio de Educación (INCUAL). O Instituto Nacional para as cualificacións do Ministerio de Educación (INCUAL) é o órgano responsable de definir, elaborar e manter actualizado o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP) e o correspondente Catálogo Modular de Formación Profesional. 2 A Lei Orgánica 5/2002 de 19 de Xuño das Cualificacións e a Formación Profesional no seu artigo 7.4 define a cualificación profesional e a competencia profesional: a) Competencia profesional: o conxunto de coñecementos e capacidades que permitan o exercicio da actividade profesional conforme ás esixencias da produción e o emprego. b) Cualificación profesional: o conxunto de competencias profesionais con significación para o emprego que poden ser adquiridas mediante formación modular ou outros tipos de formación e a través da experiencia laboral. Daquela O PERFIL PROFESIONAL DO TÍTULO DE TÉCNICO SUPERIOR EN EDUCACIÓN INFANTIL VEN RECOLLIDO, a nivel ESTATAL, no: REAL DECRETO 1394/2007, de 29 de outubro, polo que se establece o título de Técnico Superior en Educación infantil e se fixan as súas ensinanzas mínimas. 3 En GALICIA ven regulado pola seguinte normativa: Decreto 226/2008, do 25 de setembro (DOG nº 198, 13/10/2008), polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en educación infantil. Posteriormente, en Galicia, o Decreto 38/2010, do 18 de marzo (DOG nº 57, 25/03/2010), modifica o citado Decreto 226/2008. En concreto no seu artigo 2 resúmese a IDENTIFICACIÓN do título: CUALIFICACIÓN PROFESIONAL: – Denominación: educación infantil. – Nivel: formación profesional de grao superior. – Duración: 2.000 horas. – Familia profesional: servizos socioculturais e á comunidade. – Referente europeo: CINE – 5b (Clasificación Internacional Normalizada da Educación). En coherencia co explicado anteriormente o PERFIL PROFESIONAL compréndese no artigo 3 do RD 1394/2007 de 29 de Outubro. “O perfil profesional do título de técnico superior en educación infantil determínase pola súa competencia xeral, polas súas competencias profesionais, persoais e sociais, así como pola relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas no título.” A continuación iremos explicando estos conceptos. 2.1. COMPETENCIAS 2.1.1. COMPETENCIA XERAL “A competencia xeral deste título consiste en deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de educación infantil no ámbito formal, consonte a proposta pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra coa especialización en educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda a etapa no ámbito non formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.” 4 Desta definición extráense 3 aspectos esenciais: que fai, como o fai e onde o fai. 2.1.1.1. O QUE FAI O TSEI, CAL É A SÚA LABOR O/a Técnico/a en Educación Infantil (TSEI) realiza a intervención educativa nos centros de educación a infancia (explicarémolo no apartado “Onde desempeña a súa labor”). As súas TAREFAS E FUNCIÓNS pódense resumir nas seguintes: Nas UD2 e UD3 afondaremos nestas tarefas e funcións en relación ao currículo de Educación Infantil por este motivo neste apartado non figuraran agrupadas nas áreas do currículo. TAREFAS E FUNCIÓNS VINCULADAS A ATENCIÓN AO GRUPO DE NENXS TAREFAS E FUNCIÓNS RELACIONADAS COAS SÚAS FAMILIAS TAREFAS E FUNCIÓNS COMO MEMBRO DUN EQUIPO DE TRABALLO TAREFAS E FUNCIÓNS EN RELACIÓN CON OUTROS PROFESIONAIS. A continuación desenvólvense cada unha desas tarefas: TAREFAS E FUNCIÓNS VINCULADAS A ATENCIÓN AO GRUPO DE NENXS Sempre atendendo ás necesidades e etapa de desenvolvemento de cada neno/a promovendo a autonomía e a autoconfianza e IMPLICANDO a/o neno/a nestas labores. Planificar e organizar o ambiente no que se atopan segundo a situación que se presente (rutina diaria –comida por exemplo-,obradoiro, xogo etc. - Organizar a disposición do mobiliario - Distribuír os espazos - Seleccionar os recursos materiais variados, seguros Planificar o tempo establecendo as RUTINAS diarias. Así interiorizan a secuencia de actividades e a asimilación da estrutura temporal. As rutinas danlles seguridade fronte a incerteza de non saber o que vai pasar e ademais iniciase a aprendizaxe de esperar. Responder e dar prioridade as necesidades básicas (descanso, hixiene, alimentación) atendendo á súa autonomía persoal favorecendo as relacións educativas e de afecto de xeito individualizado. Promover a estimulación e acompañamento autónomo no desenvolvemento integral ( sensorial, motor, cognitivo e psicomotor) Facilitar e promover tódolos tipos de expresión (oral, musical, plástica, lóxico-matemática, dramático-corporal): - Creando situacións de comunicación e intercambio 5 - Incidindo na literatura infantil e o no conto coma principal recurso de expresión - Fomentando novos intereses Axundando e orientando a nenos/as e familias no seu desenvolvemento global. TAREFAS E FUNCIÓNS RELACIONADAS COAS SÚAS FAMILIAS Na Educación Infantil a relación coas familias e a súa colaboración co centro son fundamentais e representan un importante criterio de calidade educativa. (Traballaremos en relación a este aspecto falando sobre as canles e instrumentos de comunicación coas familias nas seguintes Unidades). Imos analizar algunhas razóns que xustifican unhas relacións estables entre familias e equipo educativo: I. O/a educador/a necesita comprender o espazo vital do/a neno/a á través de datos que fagan referencia a historia persoal, as necesidades concretas e o nivel de desenvolvemento de cada neno así coma as características, hábitos, valores..., do grupo familiar, de xeito que permita ao educador facer unha intervención máis precisa de acordo coas necesidades de cada neno/a. II. Igualmente o/a TSEI informará as familias sobre os logros e progresos que observa , así coma os trazos máis importantes nas relacións cos outros nenos e nenas ou co/a educador,/a, as súas preferencias en canto a xogos e actividades..., de xeito que os proxenitores poidan tamén completar as ideas que teñen acerca do seu fillo nun medio distinto ao familiar. III. Tamén o/a TSEI deberá facer partícipes ás familias da intervención educativa favorecendo a cooperación e colaboración mutua. TAREFAS E FUNCIÓNS COMA MEMBRO DUN EQUIPO DE TRABALLO O/a TSEI forma parte dun equipo multidisplinar de traballo de xeito complementario. (Fagamos un breve inciso para definir o equipo multidisplinar e diferencialo do concepto de equipo interdisciplinar. Ambos conceptos os traballaredes no módulo de habilidades sociais). O EQUIPO INTERDISCIPLINAR= coma un conxunto de persoas, con diferentes formacións académicas e experiencias profesionais, que operan en conxunto, durante un tempo determinado, abocados a resolver un problema, é dicir, teñen un obxectivo común. 6 O EQUIPO MULTIDISCIPLINAR= conxunción de diferentes disciplinas profesionais, cada unha aportando de xeito independente a súa experiencia, para realizar a abordaxe dunha situación concreta. A coordinación entre os profesionais, neste nivel é meramente informativa. NA EDUCACIÓN FORMAL coma por exemplo nas Escolas Infantís de 0-3 anos do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar (as Galiñas azuis) o TSEI forma parte do Organigrama da Escola coma titor dun aula por grupos de idade (bebés, 1-2, mixtas e 2- 3,verémolo noutra UD) conxuntamente con outra TSEI formando unha parella educativa en cada aula. En dito organigrama figuran os TSEI, a directora da Escola formando o equipo educativo e o persoal non docente de servizos de comedor, cociña e outros. A través deste equipo de traballo o/a educador/a participa do proxecto global do centro (proxecto educativo, propostas pedagóxicas, etc.) NA EDUCACIÓN NON FORMAL como por exemplo nunha ludoteca en Galicia o TSEI ocuparase dun área dedicada á infancia de 2 a 6 anos e terá que coordinarse con outro Ludotecario/a con outra titulación ou formación (coma o TASOCT por exemplo) que traballa na área de nenos de 6 a 12 anos formando así o equipo educativo. En conclusión, o /a TSEI pode desenvolver as súas funcións nun equipo de educadores/as en función dos obxectivos que se propoñan que poden ser entre outros: - Deseñar a proposta de intervención - Programar a intervención e delimitar o papel de cada un dos seus membros - Planificar a formación permanente - Avaliar o proceso de ensinanza-aprendizaxe - Avaliar a propia intervención educativa - Realizar propostas de innovación e mellora - Aplicar dinámicas de grupo e técnicas de comunicación no equipo de traballo promovendo o intercambio de experiencias. - Xestionar grupos como metodoloxía de traballo co grupo de nenos e nenas. ¿QUE PRECISA UN GRUPO PARA FUNCIONAR CORRECTAMENTE? Condicións do equipo educativo - Capacidade de traballo persoal -HH.SS. Competencia - Compromiso co equipo -HH. comunicativas social - Participación activa -Autorregulación emocional - Esforzo colectivo en definir un proxecto común - Esforzo individual realizando as tarefas acordadas 7 TAREFAS E FUNCIÓNS EN RELACIÓN CON OUTROS PROFESIONAIS (Aspecto sobre o que se afondará en posterior UD definindo o concepto de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo) COS PROFESIONAIS ADICADOS A ATENCIÓN A DIVERSIDADE (Esta información tamén a traballaredes no módulo de “Desenvolvemento cognitivo e motor”) A atención a diversidade no eido da educación en Galicia afectando ao 2º ciclo de Educación Infantil ven regulada por: - Decreto 229/2011 de 7 de Decembro de atención a diversidade de Galicia - Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. - Orde que desenvolve o Decreto de atención á diversidade. ORDE do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro. A atención a diversidade no eido educativo e sociosanitario en toda a etapa de 0 a 6 anos regúlase no: -Decreto 183/2013 de 5 de Outubro polo que se crea a rede galega de atención temperá Enténdese a atención temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo darlles resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos/as con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. O esquema do protocolo de actuación de atención temperá onde figura a coordinación e tarefas do equipo educativo figura no fluxograma do folleto en pdf que vos colgarei na aula virtual. Para o primeiro ciclo de Educación Infantil non existe unha normativa autonómica específica en materia de atención a diversidade, contamos coas normativas de Escolas Infantís Municipais e das Escolas da Galiña Azul. As escolas infantís do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar dispoñen a nivel autonómico dun equipo de atención a diversidade (equipo de valoración e orientación dependente da Consellería de política social).Este equipo pode dar indicacións ao persoal educativo de cada escola Galiña azul sobre casos particulares que se presenten nas escolas referidas a calquera tipo de diversidade funcional. Tamén este equipo é o responsable de elaborar un informe que se adxunta á solicitude de matrícula sobre a necesidade de integrar na escola infantil a nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo. 8 Ademais tal e como se sinala nas instrucións e admisión e matrícula (tómase como referencia as instrucións para o curso 2020-21) pódese solicitar a flexibilización de matrícula en nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo. A flexibilización significa permanecer un ano máis despois de estar na aula 2-3 anos na escola infantil ou entrar con tres anos na escola infantil. As familias deberán acreditar documentación coma: os informes da unidade de atención temperá e do pediatra e para aqueles nenos/as que renoven matrícula xuntarase un informe de observación e seguimento do/a neno/a elaborado polo equipo de valoración e orientación de Política social conxuntamente co equipo educativo da escola infantil. ADEMAIS as titoras de aula coma parella educativa están en comunicación periódica cos servizos de atención temperá coma as unidades de rehabilitación e intervención en atención temperá do SERGAS, servizos de asociacións específicas ou profesionais privados co fin de ofrecer a atención individualizada máis axeitada as necesidades cambiantes de cada alumno/a con necesidades específicas de apoio educativo. Esta documentación remitirase ao equipo de orientación específico provincial para que realicen o ditame de escolarización que pode ser favorable a permanecer na escola infantil ou a escolarización no segundo ciclo nun CEIP. COS PROFESIONAIS DOS SERVIZOS SOCIAIS (Responden a activación de protocolos que estudaredes no módulos de “Intervención con Familias e atención a menores en risco social”) -Servizos Sociais Comunitarios: detectando situacións de risco. -Servizos Sociais Especializados, sevizo de menores: Notificando situacións de risco ou desamparo. 2.1.1.2. COMO DESEMPEÑA A SÚA LABOR Ao responder a pregunta de: Como desempeña a súa labor?, estamos falando da metodoloxía baseada nuns principios educativos –metodolóxicos- que responden as CARACTERÍSTICAS DA EDUCACIÓN INFANTIL (veremos na UD que tamén aparecen recollidos no currículo de Educación Infantil e outras normativas xerais de Educación coma a LOE e a LOMLOE modificación en artigo único da LOE) 9 CARACTERÍSTICAS DA EDUCACIÓN INFANTIL. 1. Carácter global: Non se traballa nun só ámbito de “desenvolvemento”, se non en tódalas súas facetas. 2. Carácter individual: Non se pode aplicar a mesma intensidade de acción en tódolos/as nenos/as, cada neno/a ten o seu propio ritmo de maduración, intereses e situación da estrutura familiar e socioeconómica. PRINCIPIOS METODOLÓXICOS (Esta é unha proposta de principios, cada centro de atención a infancia e sobre todo nas Escolas Infantís recollen no documento de PROXECTO EDUCATIVO un apartado específico cos principios educativos ou metodolóxicos a seguir que marcarán OS SINAIS DE IDENTIDADE e polo tanto o estilo educativo de dito centro de atención a infancia. Verémolo en vindeiras UD). Entre os principios metodolóxicos poderíanse establecer os seguintes: 1. Ambiente axeitado, de confianza. 2. O deseño e proposta dun conxunto de experiencias que lles faciliten a vivencia de situacións positivas e estimulen o desenvolvemento integral. 3. A atención á diversidade. A atención aos diferentes estilos de aprendizaxes e a súa resposta en base a agrupamentos, a distribución do tempo, ao ritmo das actividades e ao establecemento das rutinas. 4. O establecemento dun marco de participación, colaboración e coordinación coas familias. 5. Favorecer o interese e curiosidade dos nenos e nenas polo seu propio contorno físico, social e cultural, facilitando os recursos para coñecelo, comprendelo e respectalo. 6. Comprensión da función da educadora como facilitadora de recursos e facilitadora de procesos que, cunha actitude aberta e flexible e en formación permanente, traballa en equipo para conxuntar a tarefa de todos e ofrecer ás criaturas seguridade e confianza e unidade nun proxecto común. 7. A Coeducación 8. A normalización da Lingua Galega. 10 2.1.1.3. ONDE DESEMPEÑA A SÚA LABOR En resposta á pregunta de Onde desempeña a súa labor o TSEI? Estámonos a referir a en que ámbitos se sitúa a súa CONTORNA PROFESIONAL, ONDE realiza profesionalmente a súa intervención educativa: A. Ámbito formal B. Ámbito non formal. Definiremos ámbolos dous conceptos máis adiante agora imos tratar o significado de CONTORNO PROFESIONAL. O Decreto 226/2008, do 25 de setembro (DOG nº 198, 13/10/2008), polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en educación infantil, establece no seu artigo 7 o contorno profesional do TSEI: “1. Estas persoas exercerán a súa actividade no sector da educación formal e non formal e no sector dos servizos sociais de atención á infancia. 2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes: Educador/a infantil en primeiro ciclo de educación infantil, sempre baixo a supervisión dun mestre ou dunha mestra, en institucións públicas e privadas. – Educador ou educadora en institucións ou en programas específicos de traballo con menores (de cero a seis anos) en situación de risco social, ou en medios de apoio familiar, seguindo as directrices doutros profesionais. Educador/a en programas ou actividades de lecer e tempo libre infantil con menores de cero a seis anos: ludotecas, casas de cultura, bibliotecas, centros educativos, centros de lecer, granxas escola, etc.” Por isto, non podemos considerar a escola como a única institución educativa que realiza a súa intervención coa infancia, se non que se desenvolve tamén noutros ámbitos organizativos e estruturais que xorden das necesidades dos/as nenos/as, as súas familias e a sociedade. 11 A) O ÁMBITO FORMAL - É institucional. Fai referencia ao sistema educativo en tódalas súas etapas e ciclos. Coñécese tamén coma educación regrada. -Conduce a obtención de títulos oficiais. - É intencional pois existe un propósito claro de actuar de forma consciente e esixe deseño, preparación, organización, selección dos contidos culturais e científicos que se queren transmitir e a definición dos obxectivos que se queren alcanzar. - Require unha actividade clara entre docente e alumnado na que media unha interacción baseada nunha relación interpersoal. - Forma parte do proceso de socialización primaria. - É necesaria a preparación previa do/a docente. A.1) CENTROS ADICADOS A EDUCACIÓN FORMAL: (Profundaremos neste senso na UD5 referida aos recursos, espazos e equipamentos) Os centros de educación infantil (0-3 anos): os centros de primeiro ciclo de Educación Infantil, ou Escolas Infantís, son aqueles centros docentes, públicos, concertados ou privados, que prestan un servizo educativo de xeito regular e continuado a nenos/as de 0 a 3 anos, de acordo ao establecido no currículo de dita etapa disposto polas distintas Comunidades Autónomas. En Galicia o currículo de Educación Infantil contemplaba esta etapa educativa no decreto derrogado recentemente (Decreto 330/2009 de 4 de Xuño) pero non se contempla no vixente decreto( Decreto 150/2022 de 8 de Setembro). Os centros de Educación Infantil autorizados deben contar cun proxecto pedagóxico que responda ás necesidades educativas dos/as nenos/as de 0 a 3 años, e cumprir cos requisitos que establece a normativa correspondente, que garanta que se trata dun centro que cumpre os estándares mínimos de calidade do servizo educativo, do persoal que o atende e das instalacións e equipamentos dos que dispón. A normativa en Galicia é a seguinte: Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia (Traballaremos neste senso na UD referida aos recursos, espazos e equipamentos) Dito Decreto, entre outras cousas que xa traballaremos máis adiante, clasifica aos centros en: 12 Artigo 3º.-Centros de menores. Artigo 4º.-Centros de atención á infancia *Asociado ao contorno profesional dedicado a menores en situación de risco, desamparo ou risco social -Centros de atención de día *Asociado ao contorno profesional vinculado a intervención educativa formal no primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3 anos). -Escolas infantís. -Puntos de atención a primeira infancia. -Espazos infantís. B) O ÁMBITO NON FORMAL - Fai referencia á multitude de actividades educativas que NON están incluídas no sistema educativo. Están libres de regulacións e formalismos. - Responde a necesidades e intereses de grupos sociais diferentes en calquera poboación. - Están organizadas e planificadas ao servizo de finalidades de institucións e entidades específicas. * OLLO, NUNCA a debemos confundir coa EDUCACIÓN INFORMAL, caracterizada por: - tratarse da aprendizaxe obtida das experiencias da vida cotiá - sen estruturarse - non sistemática - non organizada B.1) CENTROS ADICADOS A EDUCACIÓN NON FORMAL: (afondaremos neste senso na UD referida aos recursos, espazos e equipamentos) Son centros onde a intervención do TSEI faise dun xeito socioeducativo atendendo aos principios antes citados da educación non formal. -Ludotecas. (tamén a veredes no módulo de “xogo”) Dende o ámbito da educación non formal, a ludoteca concíbese como un espacio onde se aprende xogando. Para Rodriguez (2011) “As ludotecas son espacios de encontro entre nenos/as que posúen unha serie de xoguetes diversos destinados ao xogo ou para o seu préstamo e deben estar accesibles a nenos/as de tódolos ámbitos sociais con un axente de intervención ,o ludotecario/a que toma o papel do educador/a do centro.” As súas características e requisitos veñen recollidas na seguinte normativa: Decreto 354/2003 de 16 de Setembro polo que se regulan as ludotecas como centros de servicios sociais e se establecen os seus requisitos. 13 -Granxa – escola. Reguladas por normativa propia do TEMPO LIBRE infantil e xuvenil, Lei 6/2012 de 19 de Xuño de Xuventude de Galicia. Unha granxa escola é un establecemento educativo que alberga hortas e animais e está dedicado á ensinanza práctica de como se vive no medio rural. -Aulas da natureza. Son lugares de encontro coa natureza en base a Educación Ambiental. -Centros de tempo libre. Os centros de tempo libre son institucións que realizan actividades socio-educativas, de ocio e tempo libre dirixidas ao público infantil. Aglutinan clubs, asociacións, e os propios centros de tempo libre fundamentalmente. -Seccións en bibliotecas -Seccións nos museos 2.1.2. COMPETENCIAS PROFESIONAIS PERSOAIS E SOCIAIS REPASANDO o traballado ao comezo do tema: A competencia xeral está formada por : - A cualificación profesional e unidades de competencia, xa vistas. - Competencias profesionais, persoais e sociais que trataremos agora. DEFINICIÓN: as competencias profesionais, persoais e sociais describen o conxunto de coñecementos, destrezas e competencias que permiten responder aos requirimentos do sector produtivo , aumentar a empregabilidade e favorecer a cohesión social. CLASIFICACIÓN: 1. Competencias profesionais Son aquelas que indican as etapas relevantes do subproceso tecnolóxico e se indican as principais subfuncións de cada etapa e o seu campo de aplicación no sector de que se trate. 2. Competencias persoais Son aquelas que están relacionadas coa empregabilidade e responden as competencias que permiten atopar, manter e cambiar de emprego e que fan do traballador alguén polivalente. Poden ser entre outras: -Capacidade de traballo en equipo -Sensibilidade -Confidencialidade -Habilidades de xestión emocional - Responsabilidade - Motivación cara as tarefas 14 3. Competencias sociais Son aquelas que se relacionan coa vida en sociedade e que favorecen o seu bó funcionamento. Poden ser entre outras: -Respecto -Tolerancia -Empatía -Apertura a novas situacións e ideas, flexibilidade -Habilidades sociais -Habilidades de comunicación No caso do/a educador/a infantil veñen recollidas para Galicia no Decreto 226/2008: no que se citan as competencias profesionais, persoais e sociais deste título e que son as que se relacionan deseguido: a) Programar a intervención educativa e de atención social á infancia a partir das directrices do programa da institución e das características individuais, do grupo e do contexto. b) Organizar os recursos para o desenvolvemento da actividade respondendo ás necesidades e ás características dos nenos e das nenas. c) Desenvolver as actividades programadas empregando as estratexias metodolóxicas e os recursos apropiados, e creando un clima de confianza. d) Deseñar e aplicar estratexias de actuación coas familias, no marco das finalidades e os procedementos da institución, para mellorar o proceso de intervención. e) Responder ás necesidades dos cativos e das cativas, así como das familias que requiran a participación de profesionais ou servizos, utilizando os recursos e os procedementos axeitados. f) Actuar ante continxencias relativas ás persoas, aos recursos ou ao medio, transmitindo seguridade e confianza, e aplicando, de ser o caso, os protocolos de actuación establecidos. g) Avaliar o proceso de intervención e os resultados obtidos, elaborar e xestionar a documentación asociada ao proceso, e transmitir a información co fin de mellorar a calidade do servizo. h) Manter actualizados os coñecementos científicos e técnicos relativos á propia actividade profesional, utilizando os recursos existentes para a aprendizaxe ao longo da vida. i) Actuar con autonomía e iniciativa no deseño e na realización de actividades, con respecto polas liñas pedagóxicas e de actuación da institución en que se desenvolva a actividade. 15 j) Manter relacións fluídas cos nenos e as nenas, coas súas familias, cos membros do seu grupo e con outro persoal profesional, amosando habilidades sociais e capacidade de xestión da diversidade cultural, e achegar solucións para os conflitos que se presenten. k) Xerar contornos seguros, respectando a normativa e os protocolos de seguridade na planificación e no desenvolvemento das actividades. l) Exercer os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven das relacións laborais, consonte o establecido na lexislación. m) Xestionar a propia carreira profesional, analizando oportunidades de emprego, auto- emprego e aprendizaxe. n) Crear e xestionar unha pequena empresa, realizando o estudo da viabilidade de produtos, de planificación da produción e de comercialización. o) Participar na vida económica, social e cultural cunha actitude crítica e de responsabilidade 2.2. COÑECEMENTOS QUE SUSTENTAN A PROFESIÓN DO TÉCNICO EN EDUCACIÓN INFANTIL A modo de resumen, o/a TSEI na súa formación inicial logrará COÑECEMENTOS DE TIPO CONCEPTUAL sólidos acerca de: os antecedentes pedagóxicos da Educación Infantil, así coma das súas determinantes sociais. as teorías do desenvolvemento infantil, tanto dende o punto de vista biolóxico coma cognitivo, emocional e social. os avances metodolóxicos para realizar unha intervención axeitada dende o punto de vista educativo. a lexislación e directrices de diferentes organismos competentes en programas relacionados coa infancia. alcance da protección dos/as nenos/as na nosa sociedade. Ademais, deberá acadar COÑECEMENTOS INSTRUMENTAIS: de planificación, para a participación nos documentos de planificación colectiva. de observación e de avaliación, da intervención educativa, da institución e do seu contexto sociocultural, dos progresos dos/as nenos/as a través de cuestionarios e rexistros de observación, entrevistas e enquisas. de intervención no grupo a través das actividades da vida diaria, da dinámica de 16 grupos infantís de xogos e actividades de expresión e dramatización da comunicación verbal e non verbal a través dos diferentes modos de expresión e comunicación. de información as familias e a outros profesionais a través de partes de información diaria, de informes elaborados periodicamente sobre o comportamento e a evolución de cada neno/a no grupo e no programa de traballo, a través diferentes instrumentos coma por exemplo : Entrevistas , reunións, contacto informal diario, axendas, circulares, folletos informativos etc. A FORMACIÓN DO TSEI NON DEBE QUEDARSE NESTA FORMACIÓN INICIAL PARA A OBTENCIÓN DA SÚA COMPETENCIA PROFESIONAL SE NON QUE DEBE SEGUIR AS ACCIÓNS FORMATIVAS DE FORMACIÓN PERMANENTE. Exemplos: - Cursos de formación e seminarios presenciais ou a distancia - Xornadas e congresos - Proxectos de innovación pedagóxica - Proxectos de formación en centros - Intercambio de experiencias a través de programas europeos - Obradoiros 2.3 A ÉTICA PROFESIONAL A ética profesional fai referencia ao conxunto de principios e normas morais que regulan a actividade profesional. Pódense tocar diferentes aspectos de ética profesional a partir do recoñecemento dunha serie de principios que conlevan unha serie de obrigas e deberes no comportamento profesional do TSEI : 1. Respecto a persoa que inclúe o respecto polos dereitos humáns e defensa dos dereitos da infancia 2. Interese superior no neno/a: consagrado na Convención dos Dereitos do Neno (art.18) e no artigo 39.4 da Constitución española. Así mesmo, o principio de interese superior do menor está consagrado na Lei de Protección Xurídica do Menor, modificada en 2015. 3. Responsabilidade cumprindo tódalas súas tarefas e funcións de xeito consciente e completo 4. Independencia 5. Lealdade respectando os principios da entidade na que desenvolve a súa labor 17 6. Honestidade e sinceridade (transparencia) 7. Confidencialidade e privacidade 8. Facilitar as relacións con outros profesionais: actitude aberta cara o traballo multidisciplinar e en equipa. 9. Formación permanente para poder exercer a profesión de TSEI en termos de calidade (coñecemento de normativa, métodos e técnicas...) ** No ano 2022 debemos ter en conta que saíu un novo R.D. a nivel Estatal e tamén un Decreto novo da educación infantil a nivel Autonómico. Este cambio afecta á ordenación e ao currículo do alumnado de educación infantil pero NON ao que é o perfil profesional. Co cal para definir o perfil profesional, que é o que nos interesa neste tema, iremos ao antigo porque é o que se mantén. A nova lexislación que veremos máis adiante é: Real Decreto 95/2022, de 1 de febrero, por el que se establece la ordenación y las enseñanzas mínimas de la Educación Infantil (BOE nº 28, 2 febrero 2022) DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº172, 9 setembro 2022) 18