Dominio do Estilo de Nado Crol - TN - 2022 - PDF
Document Details
Uploaded by SaintlyObsidian7619
IES de Porto do Son
2022
TN
Tags
Summary
Este documento é un estudo do estilo de natación crol. Contido en tres seccións: unha descrición da técnica de crol, e unha guía de didáctica. Incluíndo as partes da técnica e tamén a propia instrucción, en relación a distintos aspectos técnicos da natação crol, desenvolvidos nunha secuencia clara.
Full Transcript
TN DOMINIO DO ESTILO DE NADO C RO L C.M. Guia no Medio Natural e Tempo Libre IES Porto do Son 2122 Alberto Santos Blanco 1 1. Introdución 2. O estilo libre (crol) A técnica de execución > A postura corporal...
TN DOMINIO DO ESTILO DE NADO C RO L C.M. Guia no Medio Natural e Tempo Libre IES Porto do Son 2122 Alberto Santos Blanco 1 1. Introdución 2. O estilo libre (crol) A técnica de execución > A postura corporal > A brazada > A patada > A respiración > A coordinación A viraxe A saída 3. Didáctica do estilo 2 1 Introdución A primeira referencia deste estilo de nado atribúeselle a John Arthur Trudgen, quen aprendeu a nadar desta forma grazas aos nativos americanos que anos antes gañábanlle con moita facilidade aos británicos. John Arthur Trudgen agregoulle a este estilo de nado unha patada en tesoira que era utilizada polos británicos no estilo de nado en braza. A este estilo de nado, daquela, chamóuselle Trudgen, xa que se popularizou case de maneira inmediata pola velocidade coa que este estilo permitía nadar. Tempo despois, este estilo foi mellorado por un profesor de natación australiano chamado Richard Cavill, denominándose “crol australiano”. A palabra crol é unha adaptación gráfica da voz inglesa "crawl" que significa gatear, arrastrarse ou reptar. Trátase do estilo ca velocidade media de nado máis rápido (polo menos de momento), debido á acción alternativa e constante de pernas e brazos, o que produce unha continuidade na propulsión. Con todo, o estilo de bolboreta nalgúns momentos do seu ciclo pode alcanzar velocidades puntas superiores ás do estilo crol. É o estilo onde se poden atopar unha maior cantidade de variantes nos tipos de coordinación. Por exemplo, na respiración que pode ser cada ciclo de brazos (respírase cada dous brazadas), bilateral (respírase cada tres brazadas) ou cada dous ciclos (respírase cada catro brazadas). Outro exemplo sería a sincronización entre os brazos e as pernas O regulamento oficial Natación da FINA (Federación Internacional de Natación), non fala do "estilo crol" propiamente dito, senón que se refire ao "estilo libre" como aquel en cuxas probas con esa denominación o nadador pode nadar calquera estilo; é dicir, crol, costas, braza, bolboreta e mesmo se podería nadar a estilo can. Con todo, a FINA matiza que nas probas de estilos, tanto individuais como por equipos, o termo "estilo libre" deberase interpretar como calquera estilo menos a braza, as costas ou a bolboreta. 2 O estilo crol Este estilo é unha evolución histórica da braza, cando a patada comezou a realizarse de tesoira e o recobro pasou a facerse aéreo. Ambos estilos comparten elementos como a posición ventral. 3 >> A TÉCNICA DE EXECUCIÓN Aínda que o crol é un estilo eminentemente libre, si existen algunhas grandes liñas técnicas, amplamente aceptadas polo conxunto de nadadores e nadadoras, liñas que axudan a nadar de maneira máis rápida e eficiente. Estes principios técnicos afectan á postura corporal, á brazada, á patada, á respiración e á coordinación de todos estes elementos. > A POSTURA CORPORAL No crol, o corpo colócase en posición horizontal ventral, coa liña dos ombreiros ao nivel da superficie da auga e a cadeira lixeiramente por debaixo. A principal razón desta postura é a de reducir a resistencia da auga ao avance do corpo e que as pernas adquiran algo de profundidade para mellorar a propulsión. > A BRAZADA A acción de brazos no crol é alterna, cunha fase subacuática e unha fase aérea. Fase de tracción. É subacuática e consta de 4 subfases: o Entrada. O obxectivo é introducir a man na auga de forma efectiva. Esta debe situarse nunha liña en prolongación do ombreiro. A man entra máis aló da cabeza, coa palma da man virada parcialmente cara fora. Debemos facer a entrada co cóbado elevado e semiflexionado. Para ilustralo de forma gráfica, debemos saber que o primeiro que entra na auga son os dedos, seguidos do pulso, o antebrazo, o cóbado e finalmente o brazo. A palma da nosa man debe mirar cara abaixo e fóra para unha entrada máis ergonómica no medio acuático. o Agarre. O brazo vaise estendendo cara adiante e cara abaixo ata que a man chega a uns 20 cms de profundidade. Neste desprazamento, a man, o pulso e o cóbado vanse flexionando, adoptando unha posición parecida a que teríamos agarrando un barril. O cóbado sigue estando máis alto que a man. o Tirón. Esta fase é a máis propulsiva. Durante a mesma debemos flexionar o noso brazo ata case 90º. O tirón execútase cara atrás, dirixindo a acción cara a cadeira contraria a esa man. A máxima flexión realízase no momento no que a man está debaixo do noso ombreiro. Os nosos dedos deben manterse pechados coa palma mirando cara atrás e o pulso o máis firme posible. Debemos realizar unha tracción rápida e forte. 4 o Empuxe. O brazo estírase debaixo das cadeiras, co pulso flexionado e coa palma da man orientada cara os pes. O movemento é cara atrás, afora e arriba, de maneira que, de estar debaixo do corpo, o brazo pasa a estar ao costado. Ao final do empuxe, cando o brazo acada a máxima extensión, realízase un xiro da man para poñela en disposición de iniciar o recobro. A man sae da auga coa palma orientada cara o mulo, cun xesto de “salpicar auga”. ROLIDO Fase de recobro. É aérea e sirve para que o brazo retorne á O rolido é a rotación ou xiro das cadeiras que se posición inicial de maneira que poida iniciar un novo ciclo realiza nos estilos de crol propulsivo. A fase comeza coa man aínda dentro da auga. e costas e ten as seguintes Gracias ao rolido e a elevación do ombreiro, sae da auga, vantaxes: axúdanos a comezando polo ombreiro, o cóbado flexionado, o antebrazo afondar a brazada e iso e, finalmente, a man. Ao superar a liña da cabeza, o brazo tradúcese nunha mellora esténdese e xírase a man para colocala coa palma mirando da velocidade e nunha correcta posición cara fora e lixeiramente inclinada con respecto á superficie da hidrodinámica auga. Imaxe 1: Subfases tracción 5 > A PATADA No crol, a acción de pernas é alternativa, cun movemento ascendente e descendente que se ve afectado polo rolido. A importancia na propulsión é menor que nos estilos de braza e/ou bolboreta. Tamén se executa en dúas fases: Fase de tracción ou empuxe. Cando o pé está cerca da superficie da auga e o xeonllo flexionado, o muslo descende. Cando sobrepasa lixeiramente o nivel da cadeira, esténdese bruscamente o xeonllo, o que provoca que pé descenda. Este mantense en todo momento estendido, cunha lixeira rotación interna. Fase de recobro ou retorno. A perna, fundida desde a cadeira, levántase, sen flexionar o xeonllo, para acercar o pé á superficie da auga. O pe debe estar relaxado e debe evitarse que saia da auga, para evitar xerar resistencias ao avance. > A RESPIRACIÓN É un dos puntos claves deste estilo e, tamén, unha das complicacións na aprendizaxe. A técnica que debemos usar para respirar, con movemento laterais da cabeza, supón unha dificultade que, moitas veces, condiciona a posibilidade de nadar durante un período longo. Ten dúas fases: Inspiración. Realizase pola boca. Cando o brazo está realizando o recobro e antes de que este chegue a altura da cabeza, xírase a cabeza e realízase a inspiración sobre ese lado, pegando a orella contraria ao ombreiro do brazo que está facendo a tracción. A boca queda fora da auga pola metade e permítenos tomar aire. Con esta técnica, o tempo no que esta posición está interferindo co avance é mínimo. Expiración. Realízase polo nariz e a boca de maneira rítmica e acompasada, cando temos a cara dentro da auga. > A COORDINACIÓN Das extremidades superiores: poden darse 3 posibilidades, que se relacionan co nivel e experiencia do nadador: o Cando unha man entra na auga, a outra atópase na primeira parte do tirón. É a coordinación máis sinxela. o Cando unha man entra na auga, a outra atópase ao final do tirón. o Cando unha man entra na auga, a outra atópase xa facendo o empuxe. Da brazada e a patada: que establece o número de patadas por ciclo de brazos. Varía en función da persoa e o tipo de proba. o De 6 tempos: tres patadas completas por cada perna por ciclo completo de brazos. Utilizada en probas de velocidade, curtas. 6 o De 4 tempos: dúas patadas completas por cada perna por ciclo completo de brazos. o De 2 tempos: unha patada completa por cada perna por ciclo completo de brazos. Habitual nas probas longas. Coordinación da respiración. Referida ao número de respiracións completas por ciclo completo de brazos. Varía en función do nivel e da distancia. o Durante a aprendizaxe, o recomendable é respirar unha vez por ciclo de brazos. o Nun nivel medio, o recomendable é respirar cada ciclo e medio. Isto alterna o lado de respiración e compensa a musculatura dos dous lados. o Nas probas de velocidade, o recomendado é respirar a menor cantidade de veces posible. >> A VIRAXE A viraxe en natación é a acción empregada para cambiar o sentido de desprazamento do nado. O regulamento non limita a súa execución no crol e o único requisito é que se faga contacto coa parede. A técnica máis habitual e a máis eficiente e o volteo americano ou en voltereta, que contempla 5 fases na súa execución: Aproximación á parede. Aproximadamente a uns 2-3 metros da parede, en función da envergadura do nadador/, detense a acción propulsiva dun brazo ao final do empuxe, e queda en espera ao longo do corpo. O outro brazo completa o ciclo e tamén se pega ao longo do corpo. Xiro. Aproveitando a inercia do nado, e cando esteamos aproximadamente a uns 50 cm da parede, iniciamos o xiro, cun golpe de riles, flexionando o tronco e agrupando os xeonllos. Isto provoca un xiro no eixe transversal. Ademais, temos que comezar un xiro de 180º no eixe lonxitudinal. Contacto coa parede. Cando se remata o xiro transversal, os pes fan contacto coa parede. Estes xa deben colocarse un por encima do outro para que axuden na culminación do xiro lonxitudinal. Impulsión. De forma explosiva, empuxando forte contra a parede. O corpo colócase en posición de frecha e remátase o xiro lonxitudinal para dispoñerse na dirección correcta do nado. Retorno ao nado. A través dunha volta a superficie progresiva para continuar co estilo. Ata controlar este xesto técnico, débese practicar coa distancia de inicio do xiro con respecto a parede e interiorizar as brazadas que hai que executar. 7 >> A SAÍDA É o elemento técnico que permite lanzar corpo o máis lonxe posible para gañar o maior impulso para aplicar no nado. Nas probas de velocidade, as saídas eficientes son especialmente importantes xa que cada milésima de segundo contribúe a sumar tempo. En función da técnica aplicada a entrada na auga realízase máis perpendicular ou máis oblicua. As fases de execución técnica pódense resumir nas seguintes: Posición de preparados: colocados na parte anterior da plataforma, co corpo inclinado cara adiante e os xeonllos lixeiramente flexionados. Os pes pódense colocar paralelos ou, como na actualidade, de xeito asimétrico, cun deles adiantado con respecto ao outro. Desequilibrio: os pes empuxan contra a plataforma e desequilibran o corpo cara adiante. Impulso: esténdense as extremidades e a cabeza permanece entre eles. Voo: o corpo permanece aliñado. Entrada: a través dun pequeno aro imaxinario polo que temos que tentar meter todo o corpo en posición hidrodinámica, con tódalas extremidades xuntas e estendidas e a cabeza entre os brazos e os pes perfectamente estirados, coas puntas cara atrás. Deslizamento: trala entrada na auga os brazos toman unha dirección ascendente para evitar que o corpo se funda demasiado. Propulsión: realízase aínda debaixo da auga, cando o deslizamento comeza a desaparecer. Saída á superficie: a cabeza sae e comézase coa tracción. 3 Didáctica do estilo Unha das maiores dificultades do crol é a coordinación da brazada coa respiración. Por iso, o máis recomendable é presentar os distintos elementos do xesto técnico de forma illada e progresiva e ilos, pouco a pouco, integrando unha vez dominados. Isto permite que o nadador/a se concentre so nun elemento técnico de cada vez. A ensinanza pode seguir estas fases: 1. Aprendizaxe da técnica de brazos. Inicialmente pódese traballar agarrados ao borde, para evitar desprazamentos e axudar a concentrarse nos movementos dos brazos, 8 marcando cada unha das subfases. De seguido, pódense utilizar elementos auxiliares, como táboas. 2. Aprendizaxe da respiración. Debe asimilarse a posición da cabeza en cada momento e practicar o ritmo respiratorio adecuado. 3. Coordinación da brazada coa respiración. A progresión debe buscar o rirmo máis eficiente e tamén o máis cómodo para o nadador/a. 4. Aprendizaxe da patada. Igual que se fixo coa brazada, comezamos con exercicios agarrados ao borde e pasamos despois a traballar con material auxiliar. 5. Coordinación da brazada e a patada. Cando xa se dominan os elementos técnicos por separado, deben integrarse para mellorar a súa coordinación. Hai que centrarse, nesta fase, en elementos técnicos como o “cóbado alto” ou o “rolido”. 6. Execución completa do estilo. A práctica de largos de piscina permite mellorar o estilo, analizando e pulindo os erros técnicos persoais. 7. Aprendizaxe das viraxes. Partindo o xesto técnico nas súas partes esenciais, traballalas por separado e unilas para executar a viraxe completa. Bibliografía e Webgrafía Massaguer, J (2021).Técnicas de natación. Altamar. http://www.i-natacion.com/articulos/modalidades/crol.html https://nadaconexceso.com/sabias-que/crol-o-estilo-libre-de-natacion-su-historia-y- evolucion/ https://www.youtube.com/watch?v=Yx0AitRHnjU