Teoría e teorías na pedagoxía-educación social: modelos PDF

Summary

Este documento presenta unha análise de diferentes paradigmas na pedagoxía e educación social. A análise inclúe a teoría, modelos paradigmáticos, e o debate académico entre diversas perspectivas.

Full Transcript

Teoría e teorías na pedagoxía-educación social: modelos paradigmáticos de encadramento e racionalidade teórico T3 PEDAGOXÍA SOCIAL ÍNDICE 1. A teoría como pensamento, linguaxe e discurso 2. Necesidade e valor do «pluralismo» paradigmático: a teoría como teor...

Teoría e teorías na pedagoxía-educación social: modelos paradigmáticos de encadramento e racionalidade teórico T3 PEDAGOXÍA SOCIAL ÍNDICE 1. A teoría como pensamento, linguaxe e discurso 2. Necesidade e valor do «pluralismo» paradigmático: a teoría como teorías 3. As teorías como modos de facer e pensar a Pedagoxía-Educación Social: - Paradígma tecnolóxico - Paradigma interpretativo/hermenéutico - Paradigma dialéctico/sociocrítico 1) A TEORÍA COMO PENSAMENTO, LINGUAXE E DISCURSO Etimoloxicamente, a palabra “teoría ollar ó mundo e ás súas ” (theoria) alude a un modo de circunstancias. Ese foi o seu sentido filosófico orixinario. O paso do tempo reconverteuno nunha ampla e variada gama de significados, nos que se articulan diferentes xeitos de explicar e interpretar as realidades, mesmo de transformalas, tomando en consideración os aportes derivados do coñecemento científico (principios, leis, teoremas, modelos, etc.) e das súas aplicacións e/ou intervencións (“práctica ”). A teoría... - É o resultado dun acto reflexivo, deliberativo e intencional, que se estende máis alá das experiencias persoais - Orienta ás persoas e á sociedade cara unha determinada dirección, condicionando a toma de decisións - Debe interactuar coas realidades socioambientais nas que se desenvolve a acción social - Permite argumentar acerca dos posicionamentos ideolóxicos e socioculturais que se dan nun determinado momento histórico A teoría... ✓ Permite situarse ante a realidade có propósito de lograr algún tipo de explicación sobre “QUE É” ou “SUCEDE”. ✓ Ten un carácter PROPOSITIVO ✓ Presenta connotacións ideolóxicas e prácticas. ✓ Está inscrita nun contexto socio-histórico, inseparable das achegas que realizan os suxeitos e das presións que exercen os grupos sociais. Pensar a teoría dende unha perspectiva plural “Una teoría pedagógica es, siempre, por definición, incompleta e incierta porque solo se actualiza al encarnarse en los sujetos y en la situación particular que están viviendo y experimentando en el momento de encarnarse. De ellos depende, fundamentalmente, que la teoría sea fuerte, esto es apropiada y eficaz para generar los aprendizajes que buscan, quieren o necesitan” (Úcar, 2016, p. 43). 2) NECESIDADES E VALOR DO PLURALISMO PARADIGMÁTICO: A TEORÍA COMO TEORÍAS A teoría en verdade son teorías Expresan diferentes opcións de mirar, comprender, explicar, propor, intervir, xulgar..., as realidades. (pluralidade). A) Recoñecemento explícito da diversidade de formas de coñecer o mundo e de interactuar con el. B) Lóxica da complexidade fronte aos defensores de teorías únicas. C) Tensión entre os que buscan adaptarse ao mundo preexistente e os que reivindican a súa radical transformación. É importante saberse partícipe de diversos modos de pensar e actuar como educadores/as sociais, para: Sustentar a reflexión e a acción socioeducativa nuns determinados modelos de racionalidade teórica (paradigmas) E darlles a oportunidade de dialogar entre eles (evitar o pensamento único, lineal, dogmatismos...) Diálogo de saberes 3) AS TEORÍAS COMO MODOS DE FACER E PENSAR A PEDAGOXÍA-EDUCACIÓN SOCIAL Paradigma: Forma de pensar, pautas para coñecer e/ou actuar que serven como marcos de referencia ou orientación, desde os que se manteñen determinados supostos teóricos e metodolóxicos de traballo e investigación. Modelos paradigmáticos de encadre e racionalidade teórica na Pedagoxía-Educación social - Tecnolóxica (pedago-edu social como tecnoloxía social) - Herméutica-Interpretativa (pedago-edu social como interacción social) - Socio-crítica (pedago-edu social como práctica socio-política) PARADIGMA TECNOLÓXICO PARADIGMA INTERPRETATIVO/HERMENÉUTICO PARADIGMA DIALÉCTICO/SOCIOCRÍTICO Diálogo paradigmático A presentación e discusión dos paradigmas non é neutra, nin o son os resultados ou consecuencias que se derivan da mesma Reivindicar unha Pedagoxía-Educación Social que favoreza a complementariedade entre os paradigmas significa abrirse á posibilidade de aceptar o pensamento de outros sen renunciar ao pensamento propio. A complexidad e da realidade social e educativa esixe... - pasar de modelos lineais de coñecemento a modelos circulares de coñecemento e de acción - metodoloxías centradas na flexibilidade e capacidade para elaborar hipóteses e estratexias, e para modificalas con rapidez A Pedagoxía Social na iniciativa cívica e política : dialogando con Paulo Freire Aproximación biográfica - Pedagogo-educador brasileiro. Estudou Dereito e Filosofía na Universidade de Pernambuco e iniciou o seu labor como profesor na Universidade de Recife, sendo docente de Historia e Filosofía da Educación. - En 1947 comeza os seus esforzos para a alfabetización de adultos, que durante os anos sesenta trataría de levar á práctica no nordeste de Brasil, onde existía un elevado índice de analfabetismo. - promoveu en 1961 o denominado “movemento de educación de base”, á vez que desenvolvía a súa metodoloxía educativa. - Coa chegada ao poder en 1964 do xeral Humberto Castelo Branco, foi detido e tivo que abandoar o país. No exilio exerceu como asesor educativo de diversas institucións, entre elas a UNESCO, sendo tamén profesor na Universidade de Harvard. - Regresou a Brasil en 1980. - Paulo Freire ligou o seu pensamento pedagóxico ao seu pensamento político. Promoveu unha educación humanista, que procurarse a integración dos individuos-suxeitos nas súas realidades cotiás. - Nesta perspectiva compromete a súa pedagoxía cos oprimidos, para os que reivindica unha educación liberadora, dialogal e crítica, que problematice as realidades e procure unha profunda transformación da sociedade. As ideas educativas de Paulo Freire quedaron recollidas nos diversos ensaios que publicou. Entre outros títulos, destacan A educação como prática da liberdade (1967), Pedagogia do oprimido(1969) e Pedagogia da esperança (1992). Pobreza e exclusión Temática de análise para diálogo paradigmático ÍNDICE 1. O significado da pobreza 2. O círculo da pobreza e a transmisión interxeneracional da pobreza (TIP) 3. Diagnóstico da situación: datos 4. Discursos de odio e aporofobia 1) OS SIGNIFICADOS DA POBREZA Pobreza: Situación ou forma de vida que xorde como produto da imposibilidade de acceso ou carencia dos recursos para satisfacer as necesidades físicas e psíquicas básicas humanas que inciden nun desgaste do nivel e calidade de vida das persoas (alimentación, vivenda, educación, asistencia sanitaria…). Falta de medios para acceder a tales recursos, como o desemprego, a falta de ingresos ou un nivel baixo dos mesmos. Pode ser resultado de procesos de exclusión social, segregación social ou marxinación POBREZA entendida desde o enfoque MULTIDIMENSIONAL La pobreza no puede quedar reducida a la carencia de renta, ni subordinada a sistemas ajenos que sitúen a las personas en situación de dependencia dado que “la visión asistencialista de la pobreza, además de practicar un funcionalismo atroz, “normaliza” la situación de pobreza, haciéndola dependiente de favores ajenos.” 2) O CÍRCULO DA POBREZA Transmisión interxeneracional da pobreza (TIP) Risco das persoas que viven en fogares en situación de pobreza de sufrir poblemas económicos e situación de pobreza na súa vida adulta. Factores que influen Transmisión de capacidades, habilidades, hábitos de comportamento (existencia/ausencia de espazos familiares) Inversión da familia na educación, condicionada pola situación socioeconómica. Influencia do nivel educativo dos proxenitores. Contorno facilitador da mobilidade interxeracional (diversidade sociodemográfica, equipamentos, configuración espacial, etc.). Modelo de sociedade como condicionante da mobilidade social (maior/menor desigualdade; inversión en políticas sociais…) -----> Persistencia de desigualdades Influencia da pobreza no desenvolvemento da infancia 1) Hándicap cognitivo influencia da escaseza de recursos no desenvolvemento biolóxico e cognitivo (carencias de alimentación e saúde) 2) Inseguridade a pobreza é forte de ansiedade e estrés. emocional 3) Indefensión sensación de non poder facer nada e bloqueo de resposta aprendida cando existen oportunidades. 4) Reducción da pobreza relacional, empobrecemento das experiencias educabilidade vividas. (potencial de aprendizaje): 5) Baixo capital relación entre o nivel formativo dos proxenitores e os cultural resultados escolares. 6) Baixo capital social estigmatización social da pobreza, procesos de autoexclusión. 3) DIAGNÓSTICO DA SITUACIÓN: DATOS XIV INFORME EL ESTADO DE LA POBREZA (EAPN, 2024) O 26,5 % da poboación española, é dicir, uns 12,7 millóns de persoas, están en risco de pobreza e/ou exclusión social. A feminización da pobreza é un problema estrutural: hai 5,1 millóns de mulleres pobres en España, 300.000 máis que os homes. Máis da metade dos fogares monoparentais (52,7%) están en risco de pobreza e exclusión. A gran maioría encabezados por unha muller. Apobreza infantil (28,9%) é moi elevada (a taxa máis alta da UE. No 2023, cerca de 2,5 millón de persoas traballadoras eran pobres (precariedade laboral). 4) DISCURSO DE ODIO E APORAFOBIA Discursos de odio (hate speech) Discursos ofensivos que pretenden estigmatizar a unha persoa ou grupo e xustificar que podan ser tratados con hostilidade. - Finalidade: propagar, incitar, promover ou xustificar o odio cara determinados grupos sociais, desde unha posición de intolerancia. - Pode materializarse en calquera forma de expresión, incluídas imaxes, obxectos, xestos ou símbolos e pode difundirse tanto en Internet como fóra del. “Cualquier tipo de comunicación ya sea oral o escrita, —o también comportamiento— , que ataca o utiliza un lenguaje peyorativo o discriminatorio en referencia a una persona o grupo en función de lo que son, en otras palabras, basándose en su religión, etnia, nacionalidad, raza, color, ascendencia, género u otras formas de identidad“ Características dos discursos de odio 1. Diríxese contra un individuo, pero non porque causara ningún dano ao falante, senón porque pertence a un determinado colectivo. 2. Estigmatiza e denigra a un colectivo atribuíndolle actos que son prexudiciais para a sociedade. 3. Sitúa ao colectivo no punto de mira do odio. 4. Quen pronuncia o discurso cre que se encontra nunha situación de superioridade fronte a vítima (desigualdade estrutural). 5. Escasa ou nula argumentación porque non pretende dar argumentos, senón expresar desprezo e incitar a compartilo. Tipos de discursos de odio - Antixitanismo - Islamofobia - LGTBfobia - Racismo - Sexismo - Xenofobia - Aporofobia -....

Use Quizgecko on...
Browser
Browser