Drama Galicia Novela PDF
Document Details
Uploaded by Deleted User
Tags
Related
- Ley 2/2015, De Empleo Público De Galicia - Oposiciones TIC - PDF
- Actividades de Ciencias Sociais (Galician)
- Tema 15: La Protección Por Desempleo A Nivel Asistencial (Modificado) - PDF
- O Ser Humano na Antiguidade e na Idade Media (Galician)
- Marco Lexislativo Galego sobre Xuventude e Tempo Libre PDF
- Apuntes de Historia Antiga (Galician) PDF
Summary
A Galician novel excerpt depicts characters like Herminia and Liam in a tense and emotional encounter. The text reveals underlying family issues and unspoken conflicts. The setting subtly hints at a dramatic turn of events.
Full Transcript
O timbre soou forte, coma un trono abrouxador. Herminia bebía un té morno antes de se deitar. Non sabía canto máis podería durar aquel calvario e convíñalle descansase. As pastillas tamén a axudaban a levar mellor o seu padecemento. Mirou o reloxo antes de ir ata a porta. Non agardaba visita e tampo...
O timbre soou forte, coma un trono abrouxador. Herminia bebía un té morno antes de se deitar. Non sabía canto máis podería durar aquel calvario e convíñalle descansase. As pastillas tamén a axudaban a levar mellor o seu padecemento. Mirou o reloxo antes de ir ata a porta. Non agardaba visita e tampouco supuña de quen se podía tratar. Descartou que fose Lois. Os últimos acontecementos causaran nela un fondo pesar que a levaran ao máis profundo pesimismo. O máis probable é que fose Ramón. Con calma, foise achegando ata a porta. Abotoou a bata e recolleu o pelo nunha coleta. Nin tan sequera asexou pola mira. Abriu de socate e por un intre pensou que estaba a ter alucinacións. Quedou petrificada. De verdade? Aquilo estaba a suceder de verdade? - Hi, Herminia! Can I come in? Como tiña o valor de presentarse alí despois de tantos anos sen saber deles? Quen o avisara? Sabería que Lois estaba desaparecido? E como acertara o enderezo? - Podo pasar? -preguntou Liam cun ton amable e conciliador. Herminia non sabía que responder. Continuaba ensimesmada e non atopaba unha resposta que darlle. O seu corazón latexaba moi forte. Os seus máis ocultos sentimentos estouraran e, coma se dun animal que hiberna se tratase, espertaron de novo. A pesar de todo o tempo que pasara, a pesar do silencio, a pesar das amargas lembranzas, ela seguíao a querer. Nunca fora quen de esquecelo. Non lle dixo palabra e apartouse, deixándoo pasar. Tan só traía un pequeno macuto. Sentiu un forte déjà vu. Tivo un aarepío que a fixo tremer. El pasou e co seu carácter afable retomou a conversa. - Como estás? Sabemos algo máis de Lois? Lamento o que está a acontecer. - Como podía ser tan cretino? Ela continuaba muda. A carraxe foina inundando e transformándose en enfado. - Collín o primeiro avión en canto me chamou o garda que leva a investigación. Ramón, penso que dixo que se chamaba -tomou unha pausa e bebeu un grolo da cantimplora que portaba colgada ao pescozo-. Vin para axudar! Ela seguía estupefacta. Observaba a escena coma se dunha farsa teatral se tratase. Buscaba algunha explicación coherente e non a atopaba. - Supoño que te sorprenderá moito que estea aquí -tomou asento sen pedir permiso-, mais ultimamente Lois e mais es estabamos moi apegados. Falabamos por Skype todas as semanas e ata lle axudaba cos traballos de inglés. Saber isto foi un furo golpe para min\... Non puido conterse máis. Aquelas palabras ocasionaron que perdese os nervios. Non sabía que pai e fillo retomaran o contacto. Alegrábase? Tanto tiña xa! O monólogo era insultante. Continuaba a ser o mesmo ensoberbecido que cría que co seu sorriso perfecto e a súa lbia encandeadora podía conquistar a quen quixera. - Ti quen te cres? Pensas que porque te presentes nesta situación algo vai mudar? Cres que por vires agora que o noso fillo está desaparecido vase ser o mellor pai do mundo? -estaba fóra de si. Os berros escoitábanse dende a rúa-. Es un ser odioso, Liam! Levas nove anos sen saber de nós e agora preséntaste coma se o tempo non pasase. Perdiches moitas cousas, momentos únicos que endexamais vas poder recuperar. E iso de que falabas con Lois\... Por favor, a quen pretendes enganar? Viñeches porque a túa conciencia non che permitiría estar en paz contigo mesmo agora que o noso fillo está mor\... - Acouga, Hermi! -e cos seus fortes e musculosos brazos arroupouna.