Historia (1) PDF - Galician Past Paper
Document Details
Uploaded by WellMadeComet
Tags
Summary
This Galician document appears to be a historical study of the French Revolution and associated national movements. Covers concepts such as the causes and dynamics of the revolution, including its social and economic context. May be part of a larger history curriculum for secondary school students. The provided text sample discusses themes relevant to the French Revolution, highlighting factors such as economic hardship, social inequality, and the role of various social classes in the revolution.
Full Transcript
TEMA 3: MOVEMENTOS LIBERAIS E NACIONALISTAS 1.1 AS CAUSAS DA REVOLUCIÓN Cara ao ano 1780, moitos sectores sociais en Francia amosaban o seu descontento coa situación económica e social. No seu conxunto, o Terceiro Estador, rexeitaba un sistema que o marxinaba e lle facía aturar todas as cargas econ...
TEMA 3: MOVEMENTOS LIBERAIS E NACIONALISTAS 1.1 AS CAUSAS DA REVOLUCIÓN Cara ao ano 1780, moitos sectores sociais en Francia amosaban o seu descontento coa situación económica e social. No seu conxunto, o Terceiro Estador, rexeitaba un sistema que o marxinaba e lle facía aturar todas as cargas económicas. Dunha banda, os campesiños vivían unha situación de grave necesidade. A maioría non eran propietarios das terras que traballaban e as súas colleitas só servían para pagar impostos e cargas señoriais. Nas cidades, os prezos aumentaban e os salarios non lle daban para sobrevivir a gran parte do pobo raso. Doutra banda, a burguesía, aínda que enriquecida coas manufacturas, sentíase marxinada social e politicamente. Alentada polas ideas ilustradas, propugnaba a igualdade ante a lei e os impostos. A monarquía de Luís XVI amosábase incapaz de lle facer fronte a esta realidade. A Facenda estaba en bancarrota. A única solución pasaba por facer tributar os privilexiados, mais estes non estaban dispostos a achegar máis recursos. 1.2 A CONVOCATORIA DOS ESTADOS XERAIS Ante a proposta dunha reforma fiscal, a nobreza rebelouse e esixiu a convocatoria dos Estados Xerais, os únicos con capacidade de aprobar novos impostos. Luís XVI acabou cedendo e convocounos en 1789. Así pois, o 5 de maio de 1789 reuníronse os Estados Xerais en Versalles. Luís XVI pretendía discutir só sobre finanzas e descartaban as propostas de reforma social que demandaba o Terceiro Estado. Para faceren valer a súa forza, os representantes do Terceiro Estado, que duplicaban en número os da nobreza, esixiron o voto por cabeza e non por estamento, como era habitual no Antigo Réxime. Ante a negativa do rei e dos privilexiados, os deputados do Terceiro Estado declararon que representaban a maioría da poboación e, co apoio dalgúns cregos e nobres liberais, constituíronse en Asemblea Nacional. Marcharon cara unha cancha de tennis e fixeron o Xuramento do Xogo da Pelota, onde xuraron non disolverse ata darlle a Francia unha nova Constitución. O rei aceptou a situación e os Estados Xerais transformáronse en Asemblea Nacional Constituínte. 1.3 A ASEMBLEA NACIONAL CONSTITUINTE A comezos de xullo, a ameaza dunha posible reacción por parte dos privilexiados e do exército real desencadeou unha revolta popular, o que provocou que a xente común participase activamente na revolución. O 14 de xullo, o pobo de París asaltou a Bastilla, prisión e símbolo do absolutismo. Os campesiños foron protagonistas de revoltas antiseñoriais,coñecidas como o Gran Medo. Para frear isto, a Asemblea Nacional tomou unha serie de medidas que iniciaron o desmantelamento do Antigo Réxime: A noite do 4 de agosto de 1789 foron abolidos todos os privilexios e os dereitos feudais da nobreza e do clero. O 28 de agosto aprobouse a Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán, que establece unha serie de liberdades e dereitos e a igualdade de todos os cidadáns perante a lei. A Asemblea tamén elaborou unha Constitución, en 1791, na que o monarca só conservaba o poder executivo, a Asemblea elaboraba as leis e os xuíces eran independentes. Así mesmo, estableceu o sufraxio censatario, isto é, limitado aos máis ricos. A aprobación desta Constitución instaurou en Francia unha monarquía constitucional e deu paso a unha nova Asemblea Lexislativa. 1.4 A MONARQUÍA CONSTITUCIONAL A Asemblea Lexislativa comezou a elaborar leis para implantar o liberalismo económico e político. Algunhas delas consagraron o dereito á propiedade privada, a igualdade ante os impostos e a liberdade económica. Unicamente os ricos participaban en política; os dereitos señoriais sobre a terra anuláronse e a crise continuaba a manter na miseria gran parte da poboación. Ademais, moitos nobres descontentos fuxiron cara a Austria e, coa axuda do emperador austríaco, organizaron unha intervención armada para restaurar o absolutismo. En xuño de 1791, o propio rei e a súa familia fuxiron de París en dirección á fronteira con Austria, para poñerse á fronte das tropas invasoras. Pero foi detido en Varennes e retornado a París. A difusión da noticia desprestixiou a monarquía e radicalizou o sector máis revolucionario. 3.1. A CONVENCIÓN NACIONAL PROCLAMA A REPÚBLICA (1792) O 20 de abril de 1792, a Asemblea Nacional decidiu declararlle a guerra a Austria. Pero sucedéronse as derrotas francesas polo qué se agravou o desaprovisionamento de alimentos. As clases populares parisienses (sans-culottes), apoiadas por unha parte dos xirondinos e xacobinos, foron protagonistas dunha insurección. O 10 de agosto de 1792, asaltaron o Palacio das Tullerías e detiveron o monarca, esixindo a fin da monarquía. Proclamouse a República. 3.2. A REPÚBLICA XIRONDINA O grupo dos xirondinos obtivo a maioría na Convención. Coa proclamación da República e o sufraxio universal, consideraban que a Revolución acabara e que todo novo paso adiante ía conducir á anarquía e ao caos. Pero o grupo dos xacobinos erixiuse en voceiro dos sectores populares de Paris, que desexaban unha revolución que avanzase na igualdade social. Xirondinos e xacobinos tamén discrepaban con respecto da monarquía. Os primeiros querían castigar o rei, pero temían que a súa morte radicalizase o proceso revolucionario. Os segundos queríano xulgar, condenar e axustizar. A presión popular obrigou a Convención a tomar esta última opción: Luís XVI foi guillotinado en xaneiro de 1793. 3.3. A REPÚBLICA XACOBINA (XUÑO 1793-XULLO 1794) Os xacobinos acusaban o goberno xirondino de non responder ás necesidades populares e de non tomar as decisións que o pobo demandaba. En 1793, apoiados polos sansculottes, os seus lideres máis radicais (Danton, Marat, Robespierre…) asaltaron a Convención, detiveron os principais deputados xirondinos e executáronos. A partir dese momento, o poder ficou en mans dos xacobinos. Os xacobinos elaboraron unha nova Constitución en 1793 na que se declaraba a soberanía popular e o sufraxio masculino universal directo. Outras medidas, como o novo calendario revolucionario que marcaba o inicio da República (1792) como o ano I da nova era ou un proceso de descristianización, pretendían o cambio de costumes e de ideas. 3.4. O COMITÉ DE SAÚDE PÚBLICA: O TERROR Para impoñer todas estas reformas, establecese un goberno revolucionario, o Comité de Saúde Pública, a cuxa fronte se situou Robespierre, o principal líder xacobino. O novo goberno iniciou unha política coñecida como o Terror: concentrou nas súas mans todos os poderes e tomou medidas excepcionais polas que os sospeitosos de accións contrarrevolucionarias eran detidos, xulgados por tribunais populares e, en moitos casos, axustizados. Ante as críticas, Robespierre e os seus fieis eliminaron os seus adversarios e levaron a cabo unha sanguenta represión. Todos os seus inimigos se uniron contra eles e un golpe de Estado na Convención detivo a Robespierre, que foi guillotinado xunto aos seus seguidores en 1794. 4.1 A REPÚBLICA BURGUESA MODERADA (1794-1799) Tras a caída de Robespierre, a Convención pasou a estar controlada de novo polos sectores burgueses máis moderados e se prohibíron os clubs xacobinos. Tamén se aprobou unha Constitución en 1795 que restableceu o sufraxio censatario e creou un novo poder executivo, o Directorio. Pero o Directorio non conseguiu estabilizar a situación. Os problemas económicos continuabanpolo que se porudciron intentos de revoltas radicais, reprimidas con enorme dureza. Pero entre tanta guerra, un 18 de Brumario de 1799, Napoleón apareceu cun golpe de Estado e concentrou todo o poder nas súas mans. 4.2 NAPOLEÓN: DO CONSULADO AO IMPERIO Logo do golpe de Estado estableceuse un goberno, coñecido como o Consulado, formado por tres cónsules, entre os que se atopaba Napoleón Bonaparte. Unha nova Constitución (1799) afirmou o poder persoal de Napoleón como primeiro cónsul. Para asegurar aínda máis esa concentración do poder na súa persoa, Napoleón conseguiu ser nomeado cónsul vitalicio en 1802 e proclamouse emperador en 1804. Napoleón consolidou as conquistas revolucionarias moderadas e forxou un Estado sólido, promulgando un novo Código Civil e desenvolvendo un sistema educativo nacional e máis igualitario. Por último, garantiu no interior e nos territorios que conquistou, as oportunidades de negocio para a burguesía e consolidou, no campo, a clase de medianos e pequenos propietarios nados coa Revolución. 4.3 O DOMINIO DE EUROPA Napoleón emprendeu unha política de conquistas que o levará a dominar unha boa parte de Europa. O seu proxecto era crear un imperio con centro en Francia e implantar as institucións francesas, nos territorios ocupados, rematando así coas monarquías absolutas. O dominio francés sobre Europa acadou a súa máxima expansión no ano 1812. No entanto, a invasión de Rusia acabou nun fracaso, pois aínda que o exército alcanzou Moscova, non foi quen de aturar o cru inverno e houbo de retirarse. A esta situación uníronselle as dificultades en España e a formación dunha gran coalición europea (1813). A ocupación de París polas tropas desta coalición, en 1814, significou a des- titución de Napoleón e a restauración dos Borbón (Luís XVIII). Napoleón foi confinado na illa de Elba, pero o descontento popular coa restauración do absolutismo favoreceu un retorno efémero do emperador ("Cen días"). Pero as potencias aliadas derrotárono de xeito definitivo na batalla de Waterloo (18 de xuño de 1815). Napoleón foi enviado á illa de Santa Неlena, onde morrreu pouco tempo despois. 5.1 A RESTAURACIÓN EN EUROPA Os monarcas de Reino Unido, Prusia, Austria e Rusia, vencedores de Napoleón en Waterloo (1815), amosaron a súa decisión de restaurar as monarquías tradicionais e impedir a expansión das ideas liberais, nadas coa Revolución francesa. Neses Estados volvíase, polo tanto, ao Antigo Réxime. Para impoñer estes principios, os representantes das potencias vencedoras, reuníronse no Congreso de Viena (1815), Onde se procedeu á reestruturación do mapa de Europa co obxectivo de buscar un equilibrio entre elas e dominar os territorios de orixe revolucionario. Ademais, establecéronse dous principios que rexerían a politica internacional: a celebración de congresos para arbitrar solucións ante posibles conflitos e mais o dereito de intervención da Santa Alianza en países ameazados por unha revolución liberal. 6.2. LIBERALISMO E NACIONALISMO A Revolución francesa e as guerras napoleónicas espallaron por Europa unha serie de principios que sentaron as bases ideolóxicas do liberalismo: liberdade individual, de pensamento, de expresión... Tamén asentaron o liberalismo como unha doutrina política que defendía o sistema parlamentario, a limitación do poder dos monarcas, a separación de poderes, o dereito ao sufraxio e a existencia de constitucións. Ademais, a idea de que a autoridade só podía provir da nación (soberanía nacional), vinculou o liberalismo á defensa da creación de Estados nacionais e animou a moitos pobos sometidos a reclamar o seu dereito a constituírse como nacións independentes. O Congreso de Viena rexeitou todos estes principios. Con todo, as aspiracións liberais e nacionais continuaron estendéndose, e, en sucesivas ondas revolucionarias, os pobos e as nacións loitaron para poñer fin ao Antigo Réxime. 6.3. AS ASPIRACIÓNS DE LIBERDADE (1820-1830) Durante a década de 1820, as autoridades absolutistas reprimiron o liberalismo e o nacionalismo, obrigando os seus partidarios a organizarse en sociedades clandestinas que promovían a insurrección armada. Entre 1820 e 1824, algúns países de Europa experimentaron unha primeira onda revolucionaria, triunfando en España, Portugal, Nápoles e Piemonte. Estes gobernos liberais foron rapidamente suprimidos polas forzas da Santa Alianza. Na década de 1830, unha segunda onda revolucionaria abandonou a estratexia insurrecional e formou grupos e partidos liberais, unindo burgueses, intelectuais e capas populares. En 1830, Francia derrocou ao monarca borbón Carlos X e implantou unha monarquía liberal con Luís Filipe de Orleáns como rei. Este exemplo espallouse a Italia, Alemaña, España, Polonia e Bélxica (que conseguiu a independencia). Como resultado destas revoltas, os réximes absolutistas desapareceron na maioría de países de Europa occidental, impondo gobernos liberais moderados baseados na Constitución francesa de 1791. 7.1. REVOLUCIÓN LIBERAL E DEMOCRÁTICA Entre febreiro e xullo de 1848, unha nova onda de revoltas sacudiu Europa, comezando en Francia debido á restrición de liberdades do goberno liberal-conservador, culminando coa fuxida do rei e a proclamación da República. Formouse un Goberno Provisional que impulsou reformas políticas e sociais, incluíndo sufraxio universal masculino, abolición da pena de morte, intervención do Estado na economía e garantía do dereito ao traballo mediante os Talleres Nacionais. Logo das eleccións, un novo goberno máis moderado eliminou moitas destas medidas, provocando unha insurrección popular en xuño de 1848, o primeiro enfrontamento entre a burguesía e o novo proletariado. A orde liberal burguesa comezou a sentirse ameazada non polos defensores do Antigo Réxime, senón polos grupos sociais con ideas democráticas. A Revolución en Francia tivo un impacto inmediato, espallándose rapidamente por Europa. En marzo de 1848, unha revolución en Viena obrigou ao emperador de Austria a promulgar unha constitución liberal e abolir a servidume. 7.2. O ESPERTAR DAS NACIÓNS Nalgúns países de Europa, as nacións coincidían coas fronteiras políticas dos Estados e o proceso de afirmación nacional deu lugar ao mesmo tempo que a revolución liberal. Pero noutros territorios, especialmente en Europa central e oriental, había un gran desaxuste entre fronteiras políticas e comunidades nacionais. Os imperios austríaco e turco sometían diversas nacionalidades, estaban divididos en múltiples entidades políticas. Os movementos nacionalistas querían unir estas entidades nun único Estado. Entre 1820 e 1848 producíronse procesos de independencia nacional ligados ás revolucións liberais. Pero a revolución de 1848 implicou a emerxencia dos nacionalismos, especialmente no Imperio austríaco. Este fervor nacionalista desenvolveuse paralelo á axitación liberal e social, creando unha "primavera dos pobos" de gran magnitude. En marzo de 1848, un parlamento en Frankfurt reuniu deputados de diversos Estados alemáns que elaboraron unha constitución democrática para unha futura Alemaña unida, ofrecendo a coroa ao rei de Prusia. En Lombardía, os insurrectos pediron a retirada dos austríacos e en Venecia proclamaron a república. 7.3. FRACASO E MANTEMENTO DOS IDEAIS DE 1848 A maioría dos movementos revolucionarios de 1848 foron sufocados. No Imperio austríaco, o exército tomou Praga en xuño, restaurou a orde en Viena en outubro e reconquistou o norte de Italia en 1849. O rei de Prusia suprimiu a asemblea constituínte en Berlín e rexeitou a coroa e calquera acordo co Parlamento de Frankfurt. En Francia, tras a represión de xuño de 1848, a burguesía apoiou o goberno autoritario de Luís Napoleón Bonaparte, que proclamou o Segundo Imperio en 1851 e consolidou un modelo de liberalismo moderado. A pesar do fracaso das revoltas, os ideais de 1848 levaron ás unificacións nacionais de Italia e Alemaña, a reformas liberais en Europa oriental e á evolución do liberalismo cara á democracia, coa imposición do sufraxio universal e o aumento dos dereitos sociais.