Expositiva 1B. A educación científica en primaria PDF

Summary

This document discusses the topic of science education in primary school. It explores different approaches and philosophies. The document appears to be a presentation or lecture, since there are headings and few full sentences in the text.

Full Transcript

TEMA 1 Finalidades da Ensinanza de Ciencias da Natureza en EP. A educación científica básica e a construción de coñecementos científicos 1B A EDUCACIÓN CIENTÍFICA EN PRIMARIA. BREVE PERCORRIDO Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Experimentais II (EACEII)...

TEMA 1 Finalidades da Ensinanza de Ciencias da Natureza en EP. A educación científica básica e a construción de coñecementos científicos 1B A EDUCACIÓN CIENTÍFICA EN PRIMARIA. BREVE PERCORRIDO Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Experimentais II (EACEII) Curso 2024-2025 Lucía Casas e Blanca Puig Pensa, de maneira individual: 1. Para que cres que debe servir aprender ciencias? 2. Que tipo de formación científica precisa un estudante de primaria? 3. Que características debe ter un mestre/a de ciencias en Primaria? 4. Pensas que a educación científica en primaria é efectiva? (responde en base a túa experiencia) Como sinala Jordi Martí no seu libro Aprender Ciencias en la Educación Primaria: “Aprender ciencias no es fácil y no todas las maneras de enseñar ciencias ayudan a aprender” (p.9, 2012). Con frecuencia, a ensinanza das ciencias aparece desvinculada das ideas científicas e do enfoque das ciencias para comprender o mundo e para resolver problemas Un percorrido pola historia da ensinanza de ciencias As Ciencias comezan a ensinarse a mediados do s. XIX en países como Reino Unido, USA ou Francia. En España tamén OS INICIOS está presente durante este século, mais é en 1901, cando a ciencia entra a formar parte do currículo de todos os niveis de Primaria, para toda a poboación escolar, tanto nenos coma nenas. A INFLUENCIA DA OBRA DE PIAGET NA ENSINANZA DE CIENCIAS Na década dos 60, a presenza da ciencia na escola primaria estaba plenamente consolidada en todas partes. Porén, as primeiras avaliacións de resultados indicaban que o nivel de aprendizaxe non era o idóneo (Osborne e Simon, 1996). Esta situación coincidiu cun momento de gran influencia das Teorías de Piaget a nivel mundial. A INFLUENCIA DA OBRA Blog para ampliar DE PIAGET NA ENSINANZA información DE CIENCIAS Boa parte das habilidades que se consideran propias do pensamento científico, formarían parte, segundo o modelo de desenvolvemento cognitivo de Piaget do estadio das operacións formais. Isto levou a pensar que o pensamento científico, polo menos na súa forma máis elaborada, non era asequible a nenos/as de primaria. A INFLUENCIA DA OBRA DE PIAGET NA ENSINANZA DE CIENCIAS No ámbito da ensinanza de ciencias as aportacións de Piaget serviron de base ao deseño de diversos proxectos curriculares de Ed. Infantil e Primaria (Kamii e De Vries, 1989). A teoría piagetiana tivo diversas influenzas nas formas de concebir a ensinanza de ciencias, tanto nas ACLAREMOS ISTO! finalidades como nas formas de ensinar (Inagaki, 1992). A INFLUENCIA DA OBRA DE PIAGET NA ENSINANZA DE CIENCIAS Finalidades: as propostas curriculares de inspiración piagetiana adoptan como obxectivo central os progresos desde os estadios iniciais aos posteriores de desenvolvemento. Isto levou a menosprezar a importancia da construción conceptual e a non atender ás características específicas do pensamento infantil. Como ensinar: a acción dos nenos/as é moi importante para a construción de coñecementos. Adóptase o “principio da actividade” dos nenos que defende que os nenos/as actúen sobre os obxectos e os manipulen, que exploren a realidade, formulen preguntas, fagan predicións... PERO CADA TEORÍA... PODE SER CRITICADA PRINCIPAIS CRÍTICAS A PIAGET - A miúdo, utilízase a idea de “estadío” para centrar a atención no que se supón que os nenos/as non poden facer nunha determinada idade, e non no que os nenos/as son quen de facer nun contexto de ensinanza- aprendizaxe axeitado (Metz, 1995). - A influenza da obra de Piaget na ensinanza de ciencias comezou a decaer a partir da década dos 80 (psicólogos postpiagetianos). Aparecen NOVOS MODELOS TEÓRICOS para a ensinanza de ciencias. MODELOS E CONCEPCIÓNS CAMBIO REPRESENTACIÓNS ALTERNATIVAS CONCEPTUAL MENTAIS CAMBIOS NOS MODELOS (ANOS 80) O coñecemento específico que teñen as nenas e nenos tómase máis en serio e vincúlase a aprendizaxe á adquisición de coñecementos en determinados dominios, e non tanto ao desenvolvemento de estruturas cognitivas de carácter xeral. A EDUCACIÓN CIENTÍFICA HOXE Deféndese a importancia de APRENDER CIENCIAS COMO UNHA FORMA DE XERAR COÑECEMENTO, os seus métodos, e tamén a importancia de dispor dun coñecemento factual útil, sexa para o benestar persoal (saúde, hixiene), para o futuro económico e tecnolóxico (axudando a promover vocacións científicas), ou como no nature study, polo pracer de comprender e desfrutar da Natureza. A EDUCACIÓN CIENTÍFICA HOXE Deféndese a educación científica como un elemento clave na vida en democracia, na que moitas veces haberá que opinar e actuar desde o coñecemento científico dispoñible (Morin, 200; Pujol, 2003). ENLACE NOTICIA ENLACE NOTICIA A EDUCACIÓN CIENTÍFICA HOXE Deféndese a educación científica como un elemento clave na vida en democracia, na que moitas veces haberá que opinar e actuar desde o coñecemento científico dispoñible (Morin, 200; Pujol, 2003). Científicos e educación científica Huxley (1869) Spencer (1893) Propoñían un dobre obxectivo para a ensinanza científica: a adquisición de coñecementos útiles e prácticos, e o desenvolvemento de facultades intelectuais máis estreitamente relacionadas co razoamento científico. T. Huxley Huxley consideraba que o mero feito de que a ciencia contribuirá enormemente á comprensión do mundo, era suficiente para xustificar a súa presencia nos currículos. Destacaba a dimensión práctica e máis utilitaria do coñecemento científico. Así, aprender Bioloxía tiña que servir para coñecer mellor o propio corpo, e deste modo poder ter un mellor coidado da saúde. “La gran singularidad de la enseñanza científica es que pone a la mente directamente en contacto con los hechos y hace practicar el intelecto en los procesos de inducción: es decir, en sacar conclusiones de los hechos que han sido observados directamente de la Naturaleza” (Huxley, 1869, pp.26-127). Spencer Na súa obra “La educación intelectual, moral y física” defendía unha ensinanza para as primeiras edades que priorizara a observación, a experimentación, porque “había que dejar las abstracciones hasta que la mente se haya familiarizado con los hechos de los cuales estas abstracciones se extraen” (Spencer, 1989, p.63). Spencer consideraba que certas ensinanzas tiñan que ser postpostas até un período posterior e había que reforzar as prácticas dos nenos máis pequenos, entre as que destacaba a observación. Sinalaba que era necesario presentar feitos concretos, en lugar de presentar feitos abstractos. Spencer A gran habilidade dos mestres/as é recoñecer o que convén e é axeitado para cada momento. “ Se puede empezar por los hechos menos complejos que se observan en un primer vistazo: plantas, los colores, el número y la forma de los pétalos; en los insectos, el número de alas, de patas, de antenas y de colores. A medida que estos hechos son observados y apreciados regularmente, se pueden introducir nuevos hechos (...) (Spencer, 1989, p.87). The Nature Study Movemento influínte que defendía a idea de que os nenos/as tiveran unha ampla compresión da súa contorna natural, o que promovía actitudes positivas cara o medio. Aparece na década dos 80 en USA, e de acordo coas indicacións do naturalista L. Agassiz, defendía o papel clave da observación dos fenómenos reais en oposición a unha ensinanza máis libresca. O obxectivo é promover o interese do alumnado pola contorna e ensinar a querer a natureza, priorizando temas relacionados coa Historia natural. The Nature Study “Id a la naturaleza, tomad los hechos en vuestras manos; observad por vosotros mismos […] el libro de la naturaleza está siempre abierto. Si consigo enseñaros a observar, mi objetivo estará alcanzado” (Agassiz). Un dos recursos metodolóxicos que priorizaba o Nature Study era o aproveitamento de plantas e animais do medio natural próximo. O que levou a dar orientacións aos mestres neste senso. Orientación máis científica ao Nature Study Margarita Comas, quen coñeceu este movemento en Reino Unido, compartía a idea de que era necesario promover o afecto pola natureza, mais tamén consideraba necesario investigar os fenómenos máis comúns e os grandes principios científicos que servían de base. Daba unha orientacion máis cientifica ao Nature Study, o que está máis en liña co pensamento didáctico actual. Aprender a investigar e investigar para comprender Dewey, na súa obra How we think de 1910, afirmaba: “la actitud natural de los niños, marcada por una gran curiosidad, una fértil imaginación y un amor por la investigación experimental, es cercana a la actitud de la mente científica” (Dewey, 2007). “O método de problemas” (Dewey) Dewey consideraba que a escola tiña que contribuír a desenvolver nos nenos/as a súa capacidade de investigación e pensamento reflexivo. - Plantexaba un método de problemas que facía fincapé na actividade do neno/a a través da investigación e a busca activa do descoñecido (learning by doing “aprender facendo”) e non na asimilación pasiva de feitos e coñecementos. MÉTODO DE PROXECTOS “O método de proxectos” (Comas) “El maestro ha de decidir los principios y los procesos que los alumnos han de dominar, y a partir de ellos (y de los medios que tengan) seleccionar, no simples proyectos, sino grupos de proyectos, dispuestos de tal manera que sea posible elegir con seguridad que todos los hechos esenciales, principios y procesos entre en su desarrollo” (Comas, 1931, p.3). Educación Científica en Primaria “La cultura científica que el público tiene es relativamente baja y […] aún queda camino por recorrer por los sectores sociales, científicos y de enseñanza de las ciencias. Hacer especial énfasis en las edades tempranas potencia un cambio de tónica respecto al interés y cultura científica de la ciudadanía del futuro” (Informe Enciende, COSCE, 2011, p.49). Alfabetización científica “Capacidad de un individuo de utilizar el conocimiento científico para identificar preguntas, adquirir nuevos conocimientos, explicar fenómenos y sacar conclusiones basadas en evidencias respecto de tema relativos a la ciencia, comprender los rasgos específicos de la ciencia como una forma de conocimiento y búsqueda humana, ser consciente de cómo la ciencia y tecnología dan forma a nuestro mundo material, intelectual y cultural, y tener la voluntad de involucrarse en temas relativos a la ciencia, como un ciudadano reflexivo” (COSCE, 2011, p.128) BEN TRAZADA DESDE OS EDUCACIÓN CIENTÍFICA NIVEIS EDUCATIVOS A ETAPA DE EP É CRUCIAL PROGRESIVA INICIAIS Cales son as finalidades da Educación Científica en Primaria? Metas da Educación Científica en Primaria (Hodson, 2004) aprender ciencia, mediante o desenvolvemento dun coñecemento teórico e conceptual. aprender sobre ciencia, para lograr unha comprensión básica da natureza da ciencia, así como das complexas interaccións CTS. aprender a facer ciencia, co desenvolvemento de actitudes e destrezas apropiadas para a indagación científica e resolución de problemas aprender a afrontar problemas socio-científicos, desenvolvendo habilidades de PC para participar, analizar e tomar decisións responsables sobre estas. Desenvolvemento da Competencia científica A consecución da alfabetización científica pasa por un adecuado desenvolvemento da competencia científica, que pode definirse como: “Un conjunto integrado de capacidades para utilizar el conocimiento científico con el fin de describir, explicar y predecir fenómenos naturales; comprender los rasgos característicos de la ciencia; formular e investigar problemas e hipótesis, así como documentarse, argumentar y tomar decisiones personales y sociales sobre el mundo natural y los cambios que la actividad humana genera en el” (Pedrinaci et al., 2012, p.31) Desenvolvemento da Competencia científica O concepto de Competencia Científica foi introducida na LOE (BOE, 2006), como unha das 8 competencias básicas. A adquisición da competencia científica comporta implicar ao alumnado, desde moi pequenos, en procesos de investigación, que impliquen comprender e usar o máximo de procesos propios da práctica científica auténtica, tanto no que se refire á xeración de datos e o establecemento de feitos, como en canto á xeración de ideas e modelos que sirvan para explicar os feitos establecidos. LOE LOMCE LOMLOE A Ciencia Escolar en Primaria - A etapa de EP é fundamental para iniciar aos escolares nas visións científicas sobre a realidade. No primeiro ciclo o alumnado tende a ter unha visión egocéntrica e sincrética do medio natural, polo que non ten sentido unha ensinanza formal da ciencia aquí. - Suxírese unha educación científica que comece polo fomento da curiosidade cara os fenómenos naturais perceptibles e investigables por eles/as mesmos, na súa contorna próxima, para logo avanzar cara a planteamentos educativos que se aproximen á practica da ciencia. A transposición didáctica A introdución da ciencia no ámbito educativo debe vir dada por un proceso de adaptación ou transposición didáctica, que por unha banda teña en conta as características psico-cognitivas dos escolares e por outro, resulte efectiva con vistas a contribuír ao desenvolvemento competencial demandado pola alfabetización científica dos escolares en Primaria. A Ciencia escolar “La enseñanza de ciencias, los contenidos escolares han de concebirse fundamentalmente como un conjunto de informaciones (conceptos, hechos, teorías), representaciones (modelos, metáforas, analogías), situaciones, modos de pensamiento y acciones (procedimientos), líneas de comportamientos, emociones, etc., que han de manejar los estudiantes en el proceso de alfabetización científica” (Cañal, García-Carmona, Cruz-Guzmán, 2016, p.45) Ensinar conceptos estruturantes básicos de Ciencias da Natureza - En EP cómpre promover un enfoque integrador da Ciencia Escolar que de prioridade a contidos estruturantes, co fin de promover unha comprensión da realidade natural coherente coa perspectiva da ciencia. - Estes contidos deben estar ligados cos tópicos habituais do currículo de EP (seres vivos, saúde), tendo en conta o contexto. Deben abordarse cun plantexamento que axude a entender que son conceptos transversais aos distintos temas, polo tanto, útiles na interpretación de múltiples fenómenos e procesos do mundo. CATRO IDEAS CLAVE PARA REMATAR NON TODAS AS FORMAS DE O ENFOQUE ACTUAL EN ENSINAR CIENCIAS DIDÁCTICA DAS CIENCIAS CONTRIBÚEN Á PERSEGUE DESENVOLVER A APRENDIZAXE DESTAS COMPETENCIA CIENTÍFICA A CIENCIA ESCOLAR NON É O O PROCESO DE ADAPTACIÓN MESMO QUE A CIENCIA ENTRE AMBAS CHÁMASE PROFESIONAL TRANSPOSICIÓN DIDÁCTICA

Use Quizgecko on...
Browser
Browser