Análise e Diagnóstico das Realidades Socioeducativas PDF

Summary

This document covers the concepts and analysis of socio-educational realities including methodologies for collecting and interpreting data. It also describes different types of socio-educational needs and their evaluation methods.

Full Transcript

Análise e Diagnóstico das Realidades Socioeducativas Bloque I. Marco conceptual T.1. Introdución á análise das realidades socioeducativas. T.2. Diagnóstico. Bloque II. Necesidades Socioeducativas T.3. Concepto de necesidades socioeducativas e tipoloxías. T.4. Avaliación d...

Análise e Diagnóstico das Realidades Socioeducativas Bloque I. Marco conceptual T.1. Introdución á análise das realidades socioeducativas. T.2. Diagnóstico. Bloque II. Necesidades Socioeducativas T.3. Concepto de necesidades socioeducativas e tipoloxías. T.4. Avaliación de necesidades socioeducativas. Bloque III. Recollida de datos na análise e diagnóstico de realidades T.5. O proceso de recollida de datos da realidade e o seu uso na análise e diagnóstico socioeducativos. T.6. Técnicas e instrumentos de recollida de datos. T.7. Algunhas técnicas e instrumentos de recollida de datos para a análise e diagnóstico socioeducativos. BLOQUE I: INTRODUCCIÓN Á ANÁLISE DAS REALIDADES SOCIOEDUCATIVAS 1.1 Introdución terminolóxica Realidade - Definición ampla: Contorna, todo o que nos rodea. - Definición mais restrinxida: É o que verdadeiramente ocorre (que está pasando?). Socioeducativo...propio da Educación Social Realidades socioeducativas: Contextos, situacións, fenómenos...nos que ten cabida a intervención do e da Educación. 1.2. Concepto En síntese Abondar en feitos , prácticas e situacións sociais que condicionan o desenvolvemento integral das persoas. Aquilo que se fai coa intención de saber onde se está para saber cara a onde hai que ir e como facelo. Supón: A distinción e separación das partes dun todo para coñecer os seus principios e elementos. Esmiuzar o obxeto de analise para coñecelo, explicalo, comprendelo e sacar conclusións. Implica: Un conxunto de tarefas organizadas e sistematizadas para chegar ao coñecemento (observar, preguntar, reflexionar...). Caracterízase como investigación: Fase do proceso de intervención social na que se realiza unha investigación sobre o problema sobre o que se pretende actuar. INVESTIGACIÓN Permite obter coñecemento científico dunha parcela da realidade a través dun plan de indagación sistemática. Investigación socioeducativa Recollida , análise e interpretación de información de forma rigorosa e obxetiva que conduce a produción de coñecemento científico sobre contextos, procesos, prácticas e estratexias socioeducativas coa finalidade de tomar decisións. INVESTIGACIÓN APLICADA: Intervir na realidade Por qué falamos de análise da realidade e non de investigación? Termo mais proximo a realidade na que se desenvolve. Actividade mais achegada á práctica dos e das profesionais da edu. Soc. Diferenciado da INVESTIGACIÓN BÁSICA/PURA 1.3. Funcións Fin básico: coñecer para tomar decisións a) Describir -Sinalar os aspectos que configuran unha realidade concreta. -Mostrar os seus elementos (cales e cantos). Normalmente cuantifícanse. Por exemplo: cantos centros educativos, cantos educadores, educadoras... -Posibilita realizar clasificacións, comparar...É dicir, establecer similitudes e diferenzas entre distintas realidades. Ex: clase media, clase alta... b) Explicar - Coñecer ecomprender as causas dos fenómenos (por que suceden as cousas?) - Entender as relacións entre distintos factores dunha situación. Por exemplo: que factores inciden no consumo de drogas dun barrio? - Realizar predicións: prever como se desenvolverán uns determinados acontecementos a partir dos datos dos que dispoñemos c) Sensibilizar e implicar - Tomar conciencia dunha situación e comprometerse para actuar sobre a mesma -Investigación como concienciación social -A análise vai máis alá de coñecer que e por que sucede algo, senón que supón converterse en axente do cambio: mellorar a situación, superar problemas descritos… d) Transformar a realidade -A análise da realidade pode buscar en si mesma cambiar unha realidade, facendo do cambio un elemento da propia análise -A información obtida pode permitir actuar para transformar a realidade: se sabemos por que e como suceden as cousas, podemos intentar cambialas na dirección que nos interesa 1.4. Ámbitos/Áreas a) Educación social especializada b) Animación sociocultural e animación do tempo libre c) Educación de Adultos d) Acción e intervención comunitarias e) Interculturalidade f) Educación á terceira idade g) Intervención en drogodependencias h) Orientación socio-laboral BLOQUE II: O DIAGNÓSTICO DAS REALIDADES SOCIOEDUCATIVAS. 2.1 Concepto - Diagnostico, palabra que ven do grego - “coñecer a través de” No ámbito socioeducativo... - Valoración dunha situación á que se chega mediante un proceso de investigación coa finalidade de planificar a intervención socioeducativa - Bisagra entre investigación e a planificación: sen investigación previa non pode haber diagnóstico serio. Algúns problemas habituais do diagnostico no estudo/investigación - Información recollida no estudo que logo non se emprega no diagnóstico - Ruptura entre o diagnóstico e o deseño da intervención Non se responde axeitadamente á realidade 2.2. Finalidades En xeral: - Coñecer e valorar para actuar - “Cadro de situación” para orientar as estratexias de intervención - Fase previa á programación: marca o rumbo do camiño/s a seguir entre a situación inicial e a situación obxectivo Finalidades específicas: a) Orientar a acción para previr. b) Orientar a acción para correxir ou recuperar. c) Clasificar: ordenar, seleccionar, agrupar... a) Preventiva -Dirixida a anticiparse aos efectos futuros probables non desexados e a potenciar os desexables. -Optimización de potencialidades. -Finalidade fundamental do diagnostico. b) Correctiva -Modificar, correxir unha situación xa existente non desexable (problema) c) Clasificatoria -Dirixida a determinar a posición dun suxeito ou institucións etc...respecto a outros. (avaliación). -Agrupar información segundo aspectos de interese (agrupar datos que influen nun problema) -Concepción clásica 2.3. Accións clave a) Identificación e comprensión das necesidades, problemas, centros de interese e oportunidades de mellora b) Identificación de medios e recursos c) Determinación de prioridades a) Identificación e comprensión das necesidades… - Factores que inflúen, razóns e posibles causas - Actores sociais implicados (viabilidade política, social e cultural) - Contexto no que se producen (aspectos concretos que poidan condicionar a situación estudada) - Prognóstico da situación se non se intervén b) Identificación de medios e recursos -Identificar medios e recursos dispoñibles, potencialidades, capacidades... para telos en conta (viabilidade) Recursos na propia comunidade: lugares, persoas, equipamentos, materiais... Recursos externos: fondos, técnicos especializados, materiais e equipamentos… c) Determinación de prioridades - Priorización de necesidades e establecemento das liñas de intervención Carácter ideolóxico, político, filosófico: o que “debe ser” ou o “desexable” Carácter técnico: derivados dos resultados do estudo-investigación 2.4 Fases Comprensión do 1. Obxecto do diagnostico problema/situación 2. Finalidade, para qué ANÁLISE DA 3. Planificación REALIDADE 4. Recollida de evidencias empíricas e análise Valoración 5. Formulación de xuizos de valor Informe Código deontolóxico 6. Toma de decisións Planificación/programación da intervención 1. Obxecto do diagnóstico Identificar, concretar...o territorio, comunidade, grupo, institucións, suxeito...no que se centra o diagnóstico. Código deontolóxico: Diagnóstico/análise en distintos ambitos e en diferentes niveis. 2. Finalidade, para qué Coñecer e valorar para intervir, previr correxir, clasificar... Código deontolóxico: Identificar e comprender necesidades, potencialidades...Identificar medios e recursos. 3. Planificación Metodoloxía, mostra, técnicas de recollida de datos, técnicas deanálise... 4. Recollida de evidencias empíricas e análise Seguindo a planificación (procedementos, prazos, responsables...) Código deontolóxico: Resultados 5. Fomulación de xuizos de valor Os resultados obtidos deben ser valorados, hai que interpretalos, emitir un xuizo sobre eles. Informe: Obxetivos, metodoloxía, resultados, conclusións e orientacións e recomendacións. 6. Toma de decisións Liñas de acción a seguir atendendo as necesidades priorizadas BLOQUE II: O DIAGNÓSTICO DAS REALIDADES SOCIOEDUCATIVAS (II) 2.5Dimensións e niveis ✓ O obxecto do diagnóstico non é un elemento illado ✓ Formaparte dun *sistema ✓ Interaccións entre diferentes niveis no sistema social: interacción do suxeito cos diferentes ecosistemas no tempo TEORÍA ECOLÓXICA de Bronfenbrenner A PERSOA Coas súas características e necesidades que entran en xogo na interacción co seu contexto Dimensións: Biolóxica,psíquica, socioambiental Dimensión biolóxica:variables - Fisiolóxicas e hereditarias:motricidade,patoloxías hereditarias… - Enfermidades e medicación:historia clínica… - Hábitos de saúde e hixiene:consumo de drogas,enfermidades profesionais… Dimensión psíquica:variables - Cognitivas: intelixencia,atención,memoria… - Emocionais e de personalidade: afectividade, introversión,extroversión, actitudes, intereses,estrés… - Conductuais: habilidades sociais, impulsividade,desobediencia... Dimensiónsocio-ambiental:variables - Familia:situación familiar,situación económica,problemas familiares,relacións pais- fillos… - Educación:nivele ducativo, fracaso escolar, interese sacadémicos… - Contorna social:características da contorna,clase social,recursos asistenciais, asociación xuvenís... O CONTEXTO Microsistema - Institucións e grupos que inflúen de xeito máis inmediato na persoa - Relacións de proximidade - Fálase da existencia de diferentes microsistemas: familia,escola,aula,veciños, compañeiros/as… Mesosistema - Interconcexións e interaccións entre microsistemas ou ambientes nos que participa a persoa. Exosistema - Elementos do sistema cos que a persoa ten unha participación mais limitada: serizos sociais, medios de comunicación, políticas locais, sermizos comunitarios, industria... - Ocorren feitos que afectan ao individuo e aos seus microsistemas Macrosistema - Describe claves ideolóxicas,políticas, sociais e económicas nas que se desenvolve a vida da persoa. - Modula valores, crenzas, culturas... Cronosistema: fai referenza aos sucesos universais acontecementos históricos, eventos e cambios na vida das persoas. NIVEIS DO DIAGNÓSTICO Individual: centrado nas persoas e nas suas necesidades. Familiar: o foco ponse nas problemáticas e necesidades da familia como sistema. Grupal: centrado nas necesidades dun grupo ou colectivo concreto. Comunitario: céntrase na análise e nas necesidades decomunidades locais para a desenvolver prácticas transformadoras. 2.6 CARACTERÍSTICAS DUN BO DIAGNÓSTICO a) Preciso b) Significativo c) Oportuno d) Flexible e) Factible f) Contextualizado g) Estratéxico h) Participativo 2.7 OUTROS TEMOS AFÍNS Valoración Avaliación Medición Exame Exploración Prognóstico BLOQUE III. NECESIDADES SOCIOEDUCATIVAS ANÁLISE E DIAGNÓSTICO DAS REALIDADES SOCIOEDUCATIVAS. CONCEPTO DE NECESIDADES SOCIOEDUCATIVAS E TIPOLOXÍAS 3.1. Concepto de necesidade - Término polisémico, empregado en distintas disciplinas - Situación insatisfactoria - Ausencia de algo que se busca conseguir - Relación con problemas 3.2. Compoñentes Compoñente obxetiva: Carencias universais: desigualdade entre quen ten a necesidade cuberta e quen non, para poder vivir. Compoñente subxetiva: Non imprescindible para vivir: desexo, benestar persoal. 3.3. Enfoques na concepción de necesidade Stufflebeam (1984) especifica 4 perspectivas: a) Baseada na discrepancia: Diferenza entre a situación observada e a situación desexable. b) Democrática: O que desexa a maioría dun grupo de referencia. c) Analítica: Baséase en evidencias, nos datos dispoñibles sobre a realidade. d) Diagnóstica: Déficit, carencia de algo esencial. A súa ausencia e prexudicial para o individuo. 3.4 Exemplos de clasificacións de necesidades 3.4.1 Proposta de Maslow Características: - Necesidades=dereitos humanos - Condicionastes externos (cultura, socialización) e internos (idiosincrasia do individuo) - Organizadas nun modelo xerárquico segundo a importancia para a vida. 3.4.2 Proposta de Bradshaw Características: Clasificación categórica O grado de necesidade pode variar dentro de cada categoría Para identificar problemas sociais na comunidade Vinculada a técnicas de recollida de dato Aplicable tomando en consideración máis dun tipo de necesidade Categorías: a) Necesidade normativa b) Necesidade percibida c) Necesidade expresada d) Necesidade comparada e) Necesidade prospectiva a)Necesidade normativa Suxeita a criterio de expertos Todo o que se aparte da normaou estea por debaixo da media normativa considérase unha necesidade Implica estándares para comparar O estándar pode cambiar depende de: - Avances de coñecemento, modificación de valores sociais, etc. - En función da persoa experto ou da institución que aplique a norma. Exemplo de necesidade normativa: Criterios fixados para determinar a precariedade ou situación de pobreza nunha familia. b) Necesidade percibida, experimentada ou sentida Baséanse na opinión individual ou da comunidade cando é consultada. Potencia o papel dos cidadáns como protagonistas dos procesos de cambio. É de carácter subxetivo. Exemplo de necesidade percibida: Situación de pobreza nunha familia ou persoa. c) Necesidade expresada ou demandada Manifestada pola poboación (ou sectores ou individuos). Demanda formal: a través de instancias (solicitudes, queixas, reclamacións...) Demanda informal: a través de manifestacións públicas. Exemplo: Manifestación contra a pobreza. d) Necesidade comparada ou relativa Criterio para definir os problemas segundo as diferenzas entre un grupo ou grupo de análise e outro siimlar. Equidade vs Desigualdade. Deducida por un observador exterior. Exemplo: barrio rico vs barrio pobre e) Necesidade prospectiva Aquela que se presentará no futuro. Anticiparse á chegada de ditas necesidades. Permite artellar mecanismos de prevención Exemplo: Evolución dun barrio...e as súas necesidades 3.4.3. Proposta de Max-Neef e outros. Desenvolvemento a Escala Humana Diferenza o que é propiamente a necesidade e os satisfactores das mesmas. As necesidades son universais e varían a forma de satisfacelas. Ditas necesidades fundamentais son poucas. Os satisfactores varían en función das circunstancias persoais e o contexto social. BLOQUE IV: AVALIACIÓN DE NECESIDADES SOCIOEDUCATIVAS 4.1 Concepto Proceso sistemático destinado a identificar e valorar necesidades, o que implica recoñecelas, analizalas, sopesalas, concederlles niveis de importancia e priorizalas. Expresión moi empregada no caso de comunidades, grupos e institucións. 4.2 Proceso de diagnóstico e necesidades: modelos EXEMPLO DE OUTRO MODELO CENTRADO NA ANÁLISE DE NECESIDADES: 1. FASE DE RECOÑECEMENTO Identificación de desencadenantes. Selección de ferramentas e instrumentos para a obtención de datos encaminadas para investigara problemática. Busca de fontes de información. 2. FASE DE DIAGNÓSTICO Identificar a situación actual Establecer a situación desexable Analizar o potencial (recursos e posibilidades) Identificar causas das discrepancias entre a situación actual e a desexable Identificar sentimentos que producen as discrepancias nos implicados Definición do problema/s 3. FASE DE TOMA DE DECISIÓNS Priorizar problemas identificados Propoñer solucións, segundo o seu coste, impacto e viabilidade: “Que podemos facer?” Deseñar programas de intervención, etc. 4.3. Identificación e análise de necesidades: algunha técnica DAFO (Debilidades/Ameazas/Fortalezas/Oportunidades) ✓ Habitual para realizar análise diagnóstica nas organizacións ✓ Xurde no ámbito empresarial como paso previo á planificación estratéxica ✓ Uso estendido ao ámbito social dende os anos 90 (s. XX) ✓ Consiste na análise dunha unidade social: organización, institución (ex. centro SC, centro de menores…) ✓ Perspectiva externa/ interna: pretende identificar e valorar aspectos positivos e negativos desde ambas perspectivas ANÁLISE INTERNA E EXTERNA NA DAFO Deseño dunha investigación que nos permitai dentificar estes catro elementos (DAFO)desde o punto de vista dos distintos grupos que configuran a organización. Técnicas para a recollida de información: entrevista, grupos de discusión... DA DAFO Á APLICACIÓN FORTALEZAS: como se poden utilizar,manter,consolidar...? OPORTUNIDADES: como podemos aproveitalas? DEBILIDADES: como se poden superar,cambiar? AMENAZAS: como se pode minimizar o seu impacto? Como se pode previr a súa influencia negativa? 4.4. Priorización de necesidades: procedementos e criterios PREGUNTAS PARA ESTABLECER PRIORIDADES ✓ Cal é o problema máis grave? ✓ Quere portar á maiores vantaxes no futuro? ✓ Que necesidades e problemas poden atenderse cos medios dispoñibles? ✓ Cales son os problemas que máis preocupan ás persoas? ✓ Que sucedería se non se fixese nada? ✓ Cal é o grado de prioridade e de impacto destas situacións problemáticas ou de necesidade ✓ Son algunhas máis determinantes que outras? ✓ Merece a pena tratar as situacións clave? Son estas situacións realmente estratéxicas? ✓ O tratamento dos problemas,pode reportar efectivamente beneficios significativos? ALGÚNS CRITERIOS A TER EN CONTA a) Magnitude do problema Extensión e gravedade do problema: ✓ Poboación afectada (directa e indirectamente) ✓ Área xeográfica ✓ Consecuencias ✓ Evolución do problema: tendencia, custo que suporá non intervir ✓ Conexión entre problemas: búscase incidir no problema “raíz”. Coa súa solución redúcense ou elimínanse outros b) Capacidade de intervención ✓ Posibilidade de resolver o problema ou eficacia: capacidade para producir o efecto desexado ✓ Factibilidade: legal, ética, política… ✓ Dispoñibilidade de recursos: humanos, financiamento… ✓ Aceptación social: interese da poboación coa solución e por participar activamente na solución c) Repercusión/trascendencia social Importancia que ten o problema para a poboación da comunidade: ✓ Para os propios afectados ✓ Para oconxunto da comunidade MATRIZ DE PRIORIZACIÓN: criterios MATRIZ DE PRIORIZACIÓN: criterios/problemas APLICACIÓN DOS CRITERIOS a) Quen selecciona e valora os criterios? 1. Cliente: administración 2. Os profesionais que realizan o estudio 3. Un grupo de “expertos” 4. A comunidade* b) Como se valoran? 1. Cualitativamente: Argumentacións claras, baseadas nos resultados da situación de cada problema en relación a cada criterio e valoración. 2. Cuantitativamente:Outorgando unha puntuación en cada criterio/subcriterio a cada problema e calculando a puntuación final do problema/situación. BLOQUE V. RECOLLIDA DE DATOS NA ANÁLISE E DIAGNÓSTICO DE REALIDADES O PROCESO DE RECOLLIDA DE DATOS DA REALIDADE E O SEU USO NA ANÁLISE E DIAGNÓSTICO SOCIOEDUCATIVOS 5.1. Concepto de dato Información extraída da realidade que pode ser rexistrada nalgún soporte e que proporciona a base empírica para a obtención do coñecemento... Supón reducir dun modo sistemático e intencional a realidade social que pretendemos estudar a un sistema de representación que facilite o seu tratamento e análise. 5.2. Tipos: datos primarios e secundarios Os datos secundarios Poden ser numéricos, narrativos, visuais… Existen previamente ao estudio que se realice Na actualidade existen moitos datos accesibles: bases de datos, acceso dende a rede, etc. Evitan estudios longos, custosos… Permiten contrastar información 5.3. Fontes dos datos secundarios Entidades produtoras da información Administracións públicas: locais, autonómicas, do Estado, UE e dos seus distintos departamentos: - Datos poboacionais, recursos, memorias de actividades, servizos ofrecidos, instalacións… - Institutos de estatística: INE, IGE (datos demográficos...); CIS - Expedientes, informes - Normativas, regulamento Administracións privadas: fundacións, asociacións, etc. (informes de estudios científicos. Ex. Cáritas, Fundación Foessa) Entidades produtoras da información- Tipo de datos 5.4. A recollida de datos no diagnóstico 1) Delimitar o obxecto do diagnóstico a) Concretar o “obxecto” a analizar: identificación do territorio, da organización, unidade familiar ou suxeito. Niveis: comunitario-organización-individual/familiar b) Concretar, se é o caso, o contido: necesidades de formación, tempo libre, integral… Ámbitos/Áreas da Educación Social 2) Concretar as finalidades do diagnóstico a) Identificar necesidades e problemas b) Identificar recursos e potencialidades no territorio, nos colectivos, nos individuos c) Indagar nalgunhas necesidades das que hai indicios da súa presenza d) Coñecer mellor o punto de vista das persoas e grupos e) Identificar resistencias e obstáculos existentes f) Identificar oportunidades, etc. 3) Planificación do estudio Deseñar o proceso sistemático de investigación que se levará a cabo (estratexias) en función do obxecto e finalidades do estudo, delimitando: ✓Localización da información/fontes: nos documentos e/ou nas persoas ✓Técnicas e instrumentos de recollida de datos: selección e deseño de instrumentos (enfoque cuantitativo e/ou cualitativo) ✓Técnicas de análise ✓Responsables da recollida de información e análise ✓Preparación de acceso aos datos (primarios e secundarios) ✓Prazos e calendario ✓Localización da información/fontes: nos documentos e/ou nas persoas ✓Preparación de acceso aos datos (primarios e secundarios) Datos primarios Contacto cos entrevistados, cos membros que participen nos grupos de discusión, etc. Invitación/convocatoria con antelación Adecuación do investigador/a ao horario dos entrevistados ou participantes No caso de colectivos, informar previamente a un membro ou á totalidade da comunidade da finalidade do estudo: evítanse receos, suposicións... No caso de analizar institucións u organismos, manter unha entrevista previa co responsable/s , expoñendo as finalidades do estudo e pedindo permiso/autorización para a aplicación das técnicas de recollida de información (entrevistas, enquisas...) Datos secundarios Obtención das autorizacións que se estimen oportunas: prazos e calendario Taboa de tarefas e tempos Diagramas/cronogramas (Exemplo, diagrama de Gantt) 4) Recollida e análise de evidencias Recollida sistemática de información seguindo o plan previsto Análise desta información que permite obter resultados relativos á situación do obxecto de estudio: perspectiva cuantitativa e/ou cualitativa 5) Formulación de xuizos de valor En base a que criterios imos decidir que son ou non necesidades En base a que criterios imos priorizalas (avaliación/criterios) Fundamenta a toma de decisións (liñas de intervención) O informe Título Introdución Obxecto e finalidades do estudio Marcoteórico Metodoloxía de investigación Presentación e análise de resultados Conclusións Orientacións/propostas de intervención Bibliografía Anexos 6) Toma de decisións Relativas ás liñas e acción a seguir atendendo ás necesidades priorizadas. 5.5. Puntos de partida no deseño do estudo diagnóstico a) Participación e implicación dos suxeitos no proceso b) Complementaridade metodolóxica c) Interrelación entre sistemas (comunitario-organizacións-individuos) d) Provisionalidade do diagnóstico BLOQUE VI. RECOLLIDA DE DATOS NA ANÁLISE E DIAGNÓSTICO DE REALIDADES TÉCNICAS E INSTRUMENTOS DE RECOLLIDA DE DATOS: ASPECTOS XERAIS 6.1. Concepto de recollida de datos Estratexias empregadas polos investigadores para a obtención, recollida e rexistro de información da realidade Empregan técnicas e instrumentos (con que) Estratexias Procesos interactivos entre o investigador/a e os investigados co fin de recoller información Implican interacción social, contacto directo Papel clave do investigador/a Requiren de sistemas de rexistro Técnicas e instrumentos Son medios reais que os investigadores/as elaboran co propósito de rexistrar información ou medir características dos suxeitos Ex. -Observación (rexistros...) - Entrevista - Cuestionario -Proba de rendemento 6.2. Tipos de técnicas e instrumentos de recollida de datos a) Proba estandarizada (test) Test =proba Instrumento no que todos os suxeitos realizan as mesmas tarefas nas mesmas condicións que permiten medir un trazo, aptitude ou rendemento Normasdeaplicación e normas de corrección Interpretación Test de capacidade APTITUDES Miden opotencial dun suxeito para a realización de determinadas tarefas RENDEMENTO Miden resultados de aprendizaxe, non o que pode chegar a saber, senón o que sabe Test de personalidade Miden a realización típica dos factores que se agrupan dentro do termo personalidade Trazos de carácter, valores, intereses… Aquí poderían incluírse as escalas de actitudes Tests proxectivos Probas estandarizadas empregadas para explorar a personalidade dos suxeitos Base a do na psico-análise (estudo dos procesos mentais inconscientes Material non estruturado Varias clasificacións b) Probas obxectivas Miden os coñecementos concretos relativos a un determinado conxunto de contidos Son probas de rendemento non estandarizadas Construídas ex profeso polo profesional para a situación Ex. Exame tipo test c) Cuestionario Repertorio de preguntas relativas ao obxecto da investigación dirixidas a unha persoa, e que son contestadas por escrito As preguntas son planificadas de antemán, formúlanse na mesma orde, nos mesmos termos e exactamente igual para todos os suxeitos seleccionados d) Técnicas sociométricas Paradeterminar o grao no que un suxeito é aceptado no seu grupo, para descubrir relacións entre suxeitos e para analizar a estrutura dun grupo. Ex: Test sociométrico e) Método Delphi Tipo específico de panel de expertos: Non hai contacto directo entre os participantes Buscachegar a un consenso entre eles a través da resposta a sucesivos cuestionarios Obtense información cualitativa Análise estatística (consenso) das respostas f) Escalas de actitudes Miden o grao ou intensidade dunha actitude Presentan ao suxeito unha relación de frases ou adxectivos relativos a actitude que se quere medir *Actitude: disposición do suxeito cara unha acción manifesta, é dicir, a actuar de determinada maneira en contextos sociais específicos a favor ou en contra de persoas, organizacións ou obxectos. g) Observación Consiste na percepción de aspectos manifestos da realidade obxecto de estudio Permite obter información da realidade dun xeito organizado e planificado Preservase a información a través do emprego de sistemas de rexistro Ex. Rexistro: rexistros narrativos, escalas... h) Entrevistas Unha persoa, (entrevistador/a) solicita información a outra ou a un grupo (entrevistados) de forma verbal para obter datos sobre determinadas cuestións i) Grupos de discusión Grupoartificial que se constitúe para un fin: falar sobre un tema Elementos: grupo, moderador, tema a debater Grupo: 5-9 participantes Rexistro e análise da información j) Historias de vida Narración da vida dunha persoa, contada nunha serie de conversacións ou entrevistas faladas Oobxectivo é comprender a experiencia de vida dunha persoa dentro dunha sociedade concreta 6.3. Emprego das técnicas atendendo aos distintos niveis de diagnóstico BLOQUE VII. RECOLLIDA DE DATOS NA ANÁLISE E DIAGNÓSTICO DE REALIDADES ALGUNHAS TÉCNICAS E INSTRUMENTOS DE RECOLLIDA DE DATOS PARA A ANÁLISE E DIAGNÓSTICO SOCIOEDUCATIVO 7.1. A observación 7.1.1. Concepto Observación, rexistro e análise do que sucede Principios: - Constancia: o feito perdura no tempo - Control: emprega instrumentos - Orientación: guíase de marcos teóricos Intencional e normalmente sistemática 7.1.2. Tipos 1) Participación do observador/a a) Participante Convívese co grupo seleccionado para comprender a realidade social estando en contacto con ela b) Non participante Observador como espectador, rexistrando a información; procura da máxima obxectividade posible 2) Grao de sistematización a) Non sistematizada Sen estrutura sobre o que observar; útil ante un fenómeno novo a estudar ou ao comezo da análise dunha realidade; problema: por onde comezar? b) Sistematizada Delimitadas categorías previamente (ideal para observar grupos pequenos); adoitan empregarse follas de rexistro (condutas observadas, frecuencia...) c) Moi sistematizada Moi semellante ao cuestionario; só se rexistra o categorizado; uso de indicadores 3) Tipo de información e rexistro a) Cualitativa Cando se fai de forma pouco estruturada; habitual para facer descricións de situacións descoñecidas ou novas que permitan logo facer interpretacións e análises profundas de aspectos non cuantificables b) Cuantitativa Rexistro e reconto de condutas para ofrecer perfiles de comportamentos, predicións, etc. Moi similar á observación moi sistematizada. 7.1.3. Rol de observador/a En xeral: nin moi próximo nin moi lonxe A entrada no campo: de forma non intrusiva, sen provocar alteracións; máximo respecto Buscar aapertura das persoas: ideal acomodarse ás rutinas e costumes dos informantes; humildade; mesmo prestar algunha axuda á comunidade Participación, activa ou pasiva?: a activa (involucrada) é útil para vivir de cerca as experiencias dos observados; a pasiva (sen participar) procura a máxima obxectividade 7.1.4. Lugar e tempo de observación Lugar: a) Observación natural: no ambiente habitual no que se desenvolven os individuos b) Observación artificial: replicar situacións naturais fóra do medio dos individuos (test situacionais e role-playing) Tempo: Canto tempo se vai observar? Con que frecuencia? En que momentos? Dependerá dos obxectivos da investigación e características do fenómeno a observar As non sistemáticas levan máis tempo que as sistemáticas 7.1.5. Unidades de observación Nas observacións sistemáticas ou moi sistemáticas. Defínense unidades ou categorías de observación: no que nos imos fixar e imos rexistrar. Elabóranse de dous xeitos: 1. Racional-teórico: pártese dunha revisión bibliográfica para definir o construto de interese que logo se desglosa en indicadores observables. 2. Empírico: pártese dunha observación previa da realidade e logo se perfilan as categorías a observar. 7.1.6. Mostraxe Non necesaria en grupos pequenos a observar, pero si en poboacións de gran tamaño Previamente require recoller información para: ✓ Evitar erros na mostraxe ou que sexa non representativa ✓ Seleccionar/descubrir informantes clave ✓ Seleccionar lugares e tempos relevantes ✓ Descubrir personaxes atípicas… 7.1.7. Instrumentos de rexistro Rexistro narrativo - Diario ou caderno de campo - Informes periódicos - Patróns ou fichas de seguimento - Rexistro anecdótico Rexistros Condutuais - Escalas de estimación - Catálogos de condutas: *Rexistros de condutas *Listas de control Rexistro de produtos de condutas - Procedementos automáticos de rexistro 1) Rexistros narrativos a) Diario de campo ✓ Anotacións continuadas dos acontecementos ✓ Nonhai estrutura previa na recollida de información ✓ Arecollida adoita facerse durante a observación ou despois (de memoria) ✓ Escritos con estilo descritivo, acompañados ás veces de interpretacións ✓ Habituais en observacións participantes e longas b) Informes periódicos Semanais, mensuais, etc.; máis estruturados que o diario c) Fichas de seguemento Rexistros de aspectos relevantes; acompañan a diarios d) Rexistro anecdótico A diferenza dos diarios, só se anotan aspectos relevantes 2.Rexistros conductuais a) Escalas de apreciación/estimación Miden a intensidade ou frecuencia con que unha determinada descrición é aplicable a un individuo b) Catálogos de conductas Listas de condutas que se pretenden advertir: b.1) Listas de control b.2) Rexistros de conductas Para casos moi específicos c) Rexistros de produtos de conduta Complementarios a outros rexistros, para observar-valorar os resultados da acción/s dun individuo: rendementos, producións escolares, etc. d) Procedementos automáticos de rexistro Con medios técnicos, aparatos, etc., deseñados especificamente, que tratan de buscar a máxima obxectividade. 7.1.8. Planificación da observación PREGUNTAS CLAVE EN UNA OBSERVACIÓN Qué tipo de A quien o En qué lugar y En que Cuáles serán Qué tipo de observación se va quienes tiempos situaciones y las unidades selección o a efectuar observar momentos de observación muestreo se efectúa -Participante o no. -Uno -Natural, Todos los Constructos Exhaustivo Sistematizada o -Varios artificial posibles Categorías Casos guía no. -Un grupo -Duración Puntualmente Indicadores Redes Cualitativa o -Colectivo -Períodos, Momentos Casos únicos cuantitativa. -Zona intervalos representativ Casos extremos geográfica -Situaciones os Casos significativas Al azar comparables Cuotas T7. ALGUNHAS TÉCNICAS E INSTRUMENTOS DE RECOLLIDA DE DATOS PARA A ANÁLISE E DIAGNÓSTICO SOCIOEDUCATIVOS 7.2. Técnicas sociométrticas 7.2.1. Definición de sociometría - Definición de sociometría - Conxunto de técnicas que teñen por obxecto coñecer as relacións internas dun grupo e o rol ou a posición que o suxeito ocupa nelas - Análise da estrutura interna dun grupo: Atraccións persoais, sentimentos, preferencias, simpatías, antipatías e rexeitamentos dos membros que forman o grupo. -Orixe nos anos 30 do s. XX. 7.2.2 Tipos de técnicas 1) Terapéuticas ou pedagóxicas Téntase endereitar as posibles desviacións tanto grupais como persoais, sendo así complementarias das de investigación. As tres máis importantes e son o sociodrama, o psicodrama e o role playing 2) De investigación Con estas técnicas descóbrense e analízanse unha serie de relacións inter-individuais e a situación concreta dunha persoa dentro do grupo O máis aplicado: test sociométrico 7.2.3 O test sociométrico 1) Definición Técnica de investigación de carácter cuantitativo Utilízase para o estudo de grupos naturais e os seus desexos subxectivos Permite: Determinar o grao en que os individuos son aceptados ou rexeitados nun grupo (o seu status sociométrico) Descubrir as relacións entre os individuos e revelar a propia estrutura do grupo Como test adquire a forma dunha proba composta por un conxunto de preguntas. 2) Construcción ✓ Elección e descrición do grupo ✓ Características do cuestionario (obxectivos, tipos de preguntas, respostas posibles, etc.) ✓ Características da aplicación (día e hora da aplicación, duración, quen o aplica, etc.) ✓ Elaboración do cuestionario Sobre o cuestionario ✓ Título: que recolla o obxectivo do test ✓ Encabezado: datos de identificación do participante ✓ Instrucións: explicación sobre como responder ao cuestionario ✓ Preguntas ✓ Agradecemento 3) Aplicación Predisposición a contestar con sinceridade Asegurar o anonimato (identidades só ao alcance de quen o aplica) Aplicación o máis natural posible (como unha actividade calquera) Contestación individual sen intercomunicación entre os membros do grupo Explicar as instrucións e resolver dúbidas antes da aplicación do cuestionario Deixar tempo suficiente para rematar 4) Análise A) Construción da matriz sociométrica É un cadrodedobre entrada no que tanto na primeira columna como na primeira fila colócanse os nomes dos membros do grupo e no resto os resultados do test sociométrico Valores sociométricos: cuantificación de criterios B) Construcción do sociograma É a representación gráficas da sociomatriz ou do conxunto de relacións sociais detectadas entre os membros do grupo Posúeavantaxe da facilidade de interpretación, posto que permite ver dunha soa ollada a estrutura do grupo Pasos na súa construción: a) Debuxar tres círculos b) Distribuír aos membros do grupo colocando no centro aos máis elixidos e no externo aos menos elixidos c) Debuxar a relacións sociais (frechas eleccións/rexeites) C) Índices sociométricos D) Tipos sociométricos PARELLA: eleccións mutuas entre dúas persoas TRIÁNGULO: eleccións mutuas entre tres suxeitos CADEA:A elixe a B e B elixe a C... ESTRELA:unha persoa que é elixida por moitas. Entre elas non hai eleccións CLIQUE: grupo cohesionado no que se elixen mutuamente ASTRO ou POPULAR:suxeito moi elixido EMINENCIAGRIS: suxeito que só ten unha elección recíproca coa estrela ILLADO: non recibe e non elixe a ninguén ESQUECIDO:elixe a outras e non o elixe ninguén REXEITADO:suxeito que só recibe rexeitamentos 7.3. MÉTODO DELPHI 7.3.1 Introdución Orixe anos 50. 7.3.2. Definición Método de obtención de información Baseado na consulta a expertos/as dunha área temática Fin: obter a opinión de consenso máis fiable do grupo consultado Os expertos son sometidos individualmente a unha serie de cuestionarios que se intercalan con retroalimentación do expresado polo grupo Tras as sucesivas devolucións, producen unha opinión que representa ao grupo 7.3.3. Características 1) Proceso interactivo Os/as participantes emiten a súa opinión en varias oportunidades Entre unha e outra consulta teñen a ocasión de reflexionar tanto acerca das súas propias opinións como das emitidas polo resto de expertos/as Para as consultas utilízase un cuestionario moi formal e estruturado 2) Anonimato Unha das diferenzas que existen co resto das técnicas de consulta grupal é o anonimato das respostas. Os expertos/as poden coñecerse, pero non identifican o que di cada un deles Non hai posibilidades de desvíos derivados do prestixio ou liderado dalgún membro do grupo As opinións emitidas baséanse unicamente nas ideas contidas na consulta 3) Retroalimentación controlada O investigador/a ou grupo de investigación é o que analiza as respostas recibidas e produce a nova consulta: Pon a énfase que se require de acordo cos obxectivos do seu traballo, asegurándose sempre de que aparezan representadas todas as opinións dadas polos expertos/as Destácanse: achegas significativas, acordos explícitos entre as opinións, posturas diverxentes e calquera outra información de interese A retroalimentación de cada rolda pode incluír unha selección de información textual das respostas 4) Resposta estatística do grupo Adoita incluírse a solicitude de estimacións ao grupo de expertos Procésase a información incluíndo frecuencias e medidas de tendencia central así como valores de dispersión das respostas individuais, nas roldas posteriores á primeira A retroalimentación de cada rolda é en forma de información estatística 5) Outras características Os/as participantes poden emitir as súas opinións a nivel institucional a modo de representación dun colectivo maior, ou a nivel persoal. Debido ao número reducido de participantes (entre 6 e 30), o método non está destinado a producir resultados estatisticamente significativos Pola relevancia das persoas enquisadas, é o método que mellor se adapta á exploración de elementos que supoñan unha mestura de evidencia científica e valores sociais. 7.3.4. Proceso xeral Fase 1- Definición Apartir do problema de investigación acoutado, débese formular o obxectivo da consulta, identificar as dimensións que deben explorarse e identificar posibles fontes de información Fase 2- Conformación do grupo de informantes Determinar o perfil dos participantes e a súa localización Elaborar o protocolo de selección grupo-que dispoñan de información representativa, tempo e interese- e aproximación Contactar cos integrantes potenciais Elixir, convidar e conseguir o seu compromiso de colaboración O tamaño adoita oscilar entre 6-30 en función do problema, aínda que non é un condicionante (primar a calidade fronte á cantidade Fase 3- Execución das rodas de consulta Elaborar o cuestionario inicial, analizar a información e elaborar a seguinte rolda de feedback e consulta, tantas veces como sexa necesario para producir o consenso/discrepancia que responda aos obxectivos do estudo Deberanse categorizar e ordenar as respostas en función do grao de acordo O resultado será o punto de partida para as opinións posteriores No caso de que o experto difira da opinión xeral deberase convidar a razoar as súas respostas Fase 4- Resultados Dáseporconcluída a consulta cando se conseguiu o grao de estabilidade e consenso desexado entre as opinións dos participantes Analizarase a información da última rolda e elaborarse o informe de devolución final O/ainvestigador/a poderá calcular o nivel de consenso para cada punto concreto, recoller as razóns principais de discrepancia e, finalmente, calcular o nivel de importancia Informe Debe recoller: A descrición do estudo As características do panel de expertos/as A maneira na que evolucionan as respostas nas diferentes roldas As opinións maioritarias, minoritarias e o grao de consenso alcanzado 7.3.5. Tipos Segundo a utilidade dos resultados Previsión/estimación consensuada (modelo orixinal): previsión de feitos futuros, estimación de tendencias Análise e comprensión de realidades complexas: diferentes tendencias, escenarios. Decisión e creación de realidade: discernir sobre un tema e/ou para impactar sobre a realidade (diagnóstico participativo) Para a aprendizaxe: os distintos expertos/as contactan co pensamento do resto do grupo Para lograr comunicación e participación de afectados (organización, colectivo, barrio, etc.): involucrar na detección de necesidades e/ou na resolución dun problema que lles é próximo Como xerador de confianza: vencer as resistencias fronte aos cambios 7.3.6. Puntos fortes e débiles Fortalezas Ao ser anónimo evita conflitos entre expertos/as O/a experto/a séntese involucrado Garante a liberdade de opinións A información que se obtén non vén unicamente dunha soa fonte Permite cubrir un gran número de temas Permite a expertos/as que non se atopan preto, ou non dispoñen de moito tempo, dar a súa opinión sobre o tema Non só se presenta o punto de vista da maioría, se non que se presentan todas as opinións, indicando o grao de acordo que se obtivo Debilidades Non todos os participantes posúen o mesmo nivel de información, experiencia ou formación A sucesión de roldas pode chegar a influír na opinión final do experto/a Poida que non sempre se faga unha correcta elección dos expertos/as Posible abandono dos participantes ao longo do desenvolvemento Unha dubidosa formulación das preguntas do cuestionario que induza a erros de interpretación Pódeseproducir unha certa manipulación, dado que o/a coordinador/a do grupo pode alterar o proceso e conducir ao grupo a un resultado predeterminado Precisa de boas comunicacións para economizar tempo de procura e recepción de respostas 7.4. TÉCNICAS PROXECTIVAS 7.4.1. Introdución Forman parte dos tests de personalidade Con el as trátase de recoller e analizar información sobre aqueles aspectos do inconsciente das persoas Empregan instrumentos multidimensionais que presentan estímulos ambiguos para estimular a imaxinación do suxeito, expresada de forma verbal, gráfica ou construtiva Requiren unha resposta non estruturada para efectuar unha avaliación da personalidade ou cognición do suxeito examinado Características Suposto inicial: o suxeito conta cunha estrutura básica e estable da personalidade Existe relación entre os aspectos inobservables desta estrutura e as manifestacións condutuais do suxeito: a súa análise permitirá facer predicións do comportamento A resposta ante o material proxectivo entenderase como un signo da personalidade do suxeito O suxeito non é consciente da relación entre as súas respostas e o seu mundo interno (difícil falsear as respostas) A análise das respostas é cualitativa e globa Críticas Falta de estruturación nos estímulos, no procedemento de corrección, formulándose serias críticas á súa fiabilidade A maioría destes tests: ○ non permiten unha avaliación numérica ○ o material producido polos suxeitos depende en gran medida da persoa examinadora, que debe interpretalo, co cal interveñen novos factores subxectivos na avaliación 7.4.2. Utilidades Facilitan o contacto co suxeito (paciente): cando o suxeito ten inhibicións para falar de si mesmo, está máis disposto para relatar historias a partir dunhas láminas, ou para facer un debuxo, que para unha conversación confidencial Moitas veces dan nun tempo relativamente breve unha impresión da personalidade do suxeito Traballan cun método estandarizado, cun material que é ofrecido a todos os suxeitos de igual modo Permiten seguir o curso, o desenvolvemento dunha enfermidade ou da personalidade en xeral Ao mesmo tempo que son medios auxiliares de diagnóstico son puntos de apoio nunha psicoterapia O uso de técnicas proxectivas na infancia son instrumento útil para formular hipóteses interpretativas, en especial cando a idade e o nivel de maduración da nena ou do neno non permite a utilización de procedementos máis facilmente cuantificables ou verificables obxectivamente. 7.4.3. Clasificación 1. Estructurais Material visual de escasa estruturación que o suxeito debe estruturar dicindo o que ve, ou ao que pode parecerse. Exemplo: Test de Rorschach 2. Temáticas Material visual con distintos grados de estruturación formal do contido sobre os cales o suxeito debe narrar unha historia. Exemplo: Test de Apercepción Temática (TAT) 3. Expresivas Consigna verbal ou escrita de debuxar unhas figuras. Exemplos: Test de la Figura Humana; Test de la Familia; Test del Árbol 4. Constructivas Material concreto que o suxeito debe organizar en base a distintas consignas. Exemplos: Test de la Casa y el Pueblo; Test de la Aldea Imaginaria 5. Asociativas Consigna verbal ou escrita pola que o suxeito debe manifestar verbalmente as súas asociacións fronte ás palabras, frases ou contos. Exemplos: Fábulas de Düss; Tests de Frases Incompletas (Sacks) 7.5. O FAMILIOGRAMA 7.5.1. Introducción Diagnóstico e familia Nivel máis próximo ao individuo onde teñen lugar relacións persoais vitais, fundamentais no seu desenvolvemento Nivel do diagnóstico: microsistema Funcións da familia: 1) Satisfación necesidades básicas 2) Socialización 3) Educación para a vida Educador/a familiar: intervención como acompañamento Metodoloxía de acompañamento: Dar soporte e apoio ás persoas no desenvolvemento do seu proxecto de vida O profesional como facilitador e colaborador Diagnóstico familiar a) Concepto Primeira fase do proceso de intervención e acompañamento familiar Análise, comprensión e valoración do sistema familiar na súa globalidade e en relación cos outros sistemas, coa finalidade de: ✓Facilitar o seu desenvolvemento social (función de desenvolvemento) ✓Identificar e valorar posibles situacións de risco social (función de prevención) ✓Corrixir situacións de exclusión social (función correctiva) Proceso de intervención e fases 1) Diagnóstica: valoración da situación familiar 2) Definición do programa de Educación Familiar 3) Desenvolvemento do programa 4) Peche da intervención b) Pautas para o diagnóstico familiar 1) Participación da familia no proceso: propiciar a reflexión da familia sobre a súa situación 2) Valoración do contexto no que a familia se desenvolve 3) Incorporación de distintos puntos de vista e contraste entre eles: profesionais, achegados á familia... 4) Fuxir dos estereotipos 5) Contar sempre co consentimento da familias para o uso da información entre os profesionais c) Recollida de datos c.1) Ámbitos de análise da familia 1)Familiar convivencial 2) Residencial 3)Económico-laboral 4) Educativo-escolar 5) Saúde 6) Social 7) Lecer 8) Administrativo-xudicia c.2) Técnicas 1) Xenograma ou familiograma 2) Entrevista 3) Observación 4) Escalas 5) Técnicas proxectivas 6) Documentos: informes de profesionais, expediente académico, expediente médico, etc. 7.5.2. Xenogramaou familiograma 1) Definición - Representación gráfica da estrutura familiar e das relacións entre os membros dunha familia nun momento dado da súa evolución. -Facilita ter unha visión rápida da composición e historia da familia,das relacións entre os seus membros e de acontecementos significativos. - Emprega simbolos convencionais, con significado común habituais na representación dun árbore xenealóxico. - Basease na información aportada a través de documentos e entrevistas a membros da familia, profesionais, persoas próximas... 2) Elementos Figuras de suxeitos: home, muller, xemelgos... Liñas: Representan relacións“parentesco”:matrimonios,convivencia, fillos, fillos adoptivos... Rexistro de información; data, estudos, formación... Liñas de relacións afectivas: maior nivel inferencial. Representan o tipo de relación entre dúas persoas:distante,próxima,unida,conflitiva... 3) Construcción A) Estructura familiar - Amosa diferentes membros da familia - Cada membro está representado por un cadrado ou un circulo segundo o seu xénero B) Rexistro da información familiar ✓ Información demográfica: idades, datas de nacemento,mortes, ocupacións, nivel educativo… ✓ Información sobre o funcionamento: datos médicos, emocionais, comportamentos, problemas... ✓ Sucesos familiares críticos: transicións importantes, cambios de relacións, migracións, fracasos e éxitos. c) Relacións familiares ✓ Baseadas nos informes dos membros da familia en observacións directas ✓ Utilizanse distintos tipos de liñas para simbolizar os diferentes tipos de relacións. 4) Interpretación Trátase de comprender: A estrutura e organización da familia: membros e posicións que ocupan A información demográfica : nomes, datas de nacemento, mortes... A evolución temporal, identificando as datas dos principais acontecementos: posibles momentos de crise, de cambios, idade dos nenxs cando ocorreron determinados sucesos, tempos entre nacementos, etc. Coñecer o ciclo vital da familia: As ocupacións: estatus socioeconómico Saúde: periodos de enfermidade, mortalidade...

Use Quizgecko on...
Browser
Browser