UD 5. INTERVENCIÓN PARA A EDUCACIÓN PARA A SAÚDE ORAL (PDF)

Summary

This document provides a classification of educational techniques for oral health education. It discusses various methods, objectives, and approaches to teaching oral health, highlighting different types of educational interventions.

Full Transcript

UD 5. INTERVENCIÓN PARA A EDUCACIÓN PARA A SAÚDE ORAL. Existen dúas formas de desenvolvemento da EpS que non son excluíntes senón complementarias: a individual e a grupal. 2. TÉCNICAS EDUCATIVAS MÁIS UTILIZADAS EN EpS. Podemos establecer unha clasificación das técnicas educativas en cinco grupos:...

UD 5. INTERVENCIÓN PARA A EDUCACIÓN PARA A SAÚDE ORAL. Existen dúas formas de desenvolvemento da EpS que non son excluíntes senón complementarias: a individual e a grupal. 2. TÉCNICAS EDUCATIVAS MÁIS UTILIZADAS EN EpS. Podemos establecer unha clasificación das técnicas educativas en cinco grupos: TÉCNICAS OBXECTIVOS Técnicas de investigación na aula Expresar preconceptos ou modelos previos e experiencias do grupo. Técnicas expositivas Reorganizar informacións Técnicas de análise Analizar e reflexionar Técnicas para o desenvolvemento de habilidades Desenvolvemento e entrenamento de habilidades Outras técnicas ------ Afondando un pouco máis nos tipos de técnicas educativas, podemos expor: Técnicas de investigación na aula: son útiles fundamentalmente para expresar, reflexionar, organizar e compartir coñecementos, experiencias e sentimentos, servindo en xeral como punto de partida para traballos posteriores de análises, contrastar con outras informacións, etc. Abordan sobre todo os obxectivos e contidos da área afectiva da persoa, aínda que tamén a cognitiva e a de habilidades. Técnicas expositivas: son útiles fundamentalmente para a transmisión, contraste e reorganización de coñecementos, informacións, modelos, teorías ou estudos. Aborda sobre todo os coñecementos, feitos e principios, dentro da área cognitiva, aínda que tamén as habilidades cognitivas. As técnicas expositivas deberían ter unha duración máxima de 20 minutos. Técnicas de análise: utilízanse fundamentalmente para analizar temas desde distintas perspectivas: factores causais, comparación de realidades, alternativas de solución, etc. Abordan sobre todo as habilidades cognitivas (de análises, síntese, valoración de situacións…) e tamén a área afectiva contribuíndo a traballar actitudes, valores e sentimentos. Técnicas para o desenvolvemento de habilidades: serían útiles fundamentalmente para adestrar en habilidades concretas e desenvolver a capacidade de actuar, de comportarse en situacións reais. Traballan fundamentalmente a área das habilidades ou capacidades, sobre todo psicomotoras, persoais e sociais. Outras técnicas de aula e/ou fóra de aula: este grupo abarca as técnicas que non quedan incluídas nos 4 grupos anteriores: investigacións realizadas fóra da aula, distintos tipos de traballos en grupo pequeno ou grande, exercicios, xogos, tarefas para casa, etc.

Use Quizgecko on...
Browser
Browser