UD 5. Elaboración de Informes (glg) PDF
Document Details
Uploaded by UltraCrispKazoo3776
Tags
Summary
Este documento presenta unha guía sobre a elaboración de informes científicos en galego, detallando os pasos, elementos e características importantes a ter en conta. Enfatiza a importancia da exactitude terminolóxica, rigor e seriedade científica nun informe.
Full Transcript
UD. 5 ELABORACIÓN DE INFORMES Ao finalizar unha investigación é necesario comunicar os resultados expoñéndoos nun informe ou nun artigo. O informe de investigación é un documento no que se describe o estudo realizado (que investigación se levou a cabo, como se realizou, que resultados e que conclus...
UD. 5 ELABORACIÓN DE INFORMES Ao finalizar unha investigación é necesario comunicar os resultados expoñéndoos nun informe ou nun artigo. O informe de investigación é un documento no que se describe o estudo realizado (que investigación se levou a cabo, como se realizou, que resultados e que conclusións se obtiveron). Características do informe científico: O seu contido esta destinado a contribuír á provisión de coñecemento. Expón e describe os procedementos e técnicas utilizados na investigación, a fin de que poida ser reproducida, constatada e verificada por outros científicos, co obxectivo de xulgar a validez e fiabilidade da nova achega á ciencia. Constitúe unha fonte de información para unha nova investigación. Ten unha redacción clara e sinxela; non usa termos baleiros, non coñecidos ou non definidos. É preciso: as expresións utilizadas na súa redacción correspóndense exactamente coa idea que se quere expresar. Non ten ambigüidades nos termos. Esíxese a maior exactitude terminolóxica posible para poder expoñer de modo concreto e sen reviravoltas os resultados da investigación. É un informe rigoroso na extensión se abarca todos os aspectos do tema. Debe posuír seriedade científica: débense demostrar as posicións tomadas, as probas que xustifiquen as achegas e descubrimentos. Débense detallar todas as referencias e citas. A redacción debe ser sistemática, de modo que presente integrados na súa totalidade os aspectos do tema desenvolvido nel. Elementos que contén un informe de investigación. Portada: inclúe o título da investigación, o nome do autor ou autores, a súa filiación institucional (para cada autor) ou o nome da organización que patrocina o estudo e a data en que se presenta o informe. O título debe ser autónomo, comunicar a importancia da idea e sintetizar o contido do informe; en poucas palabras, debe ser conciso e explicativo. Índice: relaciona os apartados e subapartados que compoñen o informe. Resumo: proporciona de maneira concisa e directa suficiente información para que o lector se decate do propósito e os resultados da investigación que se está presentando. Debe incluír: ◦ Propósito da investigación ou formulación do problema. ◦ Descrición dos participantes (número, idade, xénero, condicións especiais ou características que os identifiquen. ◦ Método. ◦ Resultados máis importantes. ◦ Conclusións principais. Introdución: proporciona un marco de referencia para o problema que se está estudando e un contexto para a expresión do propósito do estudo do que se informa. Unha boa introdución proporciona ao lector suficiente información para que entenda e aprecie o alcance e a importancia do problema. ◦ Marco teórico (marco de referencia ou revisión bibliográfica): expóñense os estudos ou investigacións que serven de antecedentes e as teorías que se manexan. ◦ Propósito ou formulación do problema para estudar. ◦ Formulación da hipótese (se se considera pertinente). ◦ Contexto: como e onde se realizou a investigación. ◦ Variables e aspectos avaliados. ◦ Termos da investigación e definicións. ◦ Limitacións. Método: describe como foi levada a cabo a investigación, detallada de tal forma que outro investigador poida consultalo e duplicar o estudo. ◦ Obxectivo da investigación. ◦ Tipo de estudo. ◦ Hipótese (se procede). ◦ Especificación da variables. ◦ Participantes: quen participou (describir tamén as súas características) e como se seleccionaron. ◦ Instrumentos ou técnicas de recolección de información: descríbense cada un dos instrumentos e técnicas. ◦ Procedemento: resumo de cada paso no desenvolvemento da investigación. Análise de datos: especifícanse as técnicas que se utilizaron para analizar a información. Non se presentan os datos senón como se efectuou. Resultados: preséntanse os resultados reais da investigación, é dicir, o produto da análise de datos. Cando non se aplican análises estatísticas, os resultados poden ser frases ou afirmacións que resuman a información. Recoméndase que primeiro se describa brevemente a idea principal que resume os resultados e descubrimentos e que logo se reporten detalladamente os resultados. Recoméndase tamén, utilizar táboas, gráficos, figuras, etc. para representar visualmente os resultados, sobre todo se o estudo presenta gran cantidade de datos numéricos. Discusión: avalíase o que se fixo e determínase se os resultados obtidos están á altura das expectativas do investigador. O investigador fai unha recapitulación do propósito e os achados que se presentan no informe. Derívanse conclusións acerca da contribución da investigación realizada e se se cumpriron os obxectivos. Coméntanse as limitacións do estudo e preséntanse suxestións para futuras investigacións. Referencias: lista de fontes utilizadas polo investigador para elaborar o marco teórico e o resto dos apartados do informe (artigos, libros, revistas científicas, comunicacións, etc.). Anexos ou apéndices: inclúe información que non é indispensables para entender o contido do informe pero que si é importante para ter unha imaxe completa do que sucedeu (cuestionarios, programas informáticos, reportes de sesións de grupos, transcrición do contido de entrevistas, grupos de discusión, fotografías, etc.). Documentación complementaria á Unidade didáctica, dispoñible na aula virtual do módulo: Protocolo de investigación en saúde. Partes dun artigo científico. Referencias bibliográficas.