T4 Historia PDF
Document Details
Uploaded by LyricalOakland49
Tags
Related
- Lesson 1: Adult Education and Learning PDF
- Historical Background Of Adult Education In Philippines PDF
- Jogos, Brinquedos e Brincadeiras do Brasil - PDF
- Oferta de Cursos de la Universidad Popular de Gijón/Xixón PDF
- Tema 17: Educación de Adultos No Reglada (Spanish PDF)
- Tema 17: Educación de Adultos No Reglada PDF
Summary
This document explores the history of adult education and popular universities in Galicia. It discusses the different forms of adult education, such as schools for adults and popular education centers. It also examines the characteristics and historical evolution of popular universities, highlighting their role in promoting cultural development.
Full Transcript
T4. A EDUCACIÓN DE PERSOAS E AS UNIVERSIDADES POPULARES 1.Educación de persoas adultas 1.1. Escolas para persoas adultas 1.2. Educación popular 2. As universidades populares: iniciativas de educación social de persoas adultas 2.1. Concepto e características 2.2. Evolución histórica 1. EDUCACI...
T4. A EDUCACIÓN DE PERSOAS E AS UNIVERSIDADES POPULARES 1.Educación de persoas adultas 1.1. Escolas para persoas adultas 1.2. Educación popular 2. As universidades populares: iniciativas de educación social de persoas adultas 2.1. Concepto e características 2.2. Evolución histórica 1. EDUCACIÓN PERSOAS ADULTAS “el aprendizaje y la educación de adultos es un componente básico del aprendizaje a lo largo de toda la vida. Comprende todas las formas de educación y aprendizaje cuya finalidad es lograr que todos los adultos participen en sus sociedades y en el mundo del trabajo. Designa el conjunto de todos los procesos educativos, formales, no formales e informales, gracias a los cuales personas consideradas adultas por la sociedad a la que pertenecen desarrollan y enriquecen sus capacidades para la vida y el trabajo, tanto en provecho propio como en el de sus comunidades, organizaciones y sociedades. El aprendizaje y la educación de adultos supone actividades y procesos constantes de adquisición, reconocimiento, intercambio y adaptación de capacidades.” Finais do s.XIX e principios do s.XX Non toda a educación de persoas adultas se desenvolveu dentro do sistema escolar. Diversas modalidades de educación de persoas adultas: carácter compensatorio e de ampliación de coñecementos. ✓ Ateneos, asociacións, escolas dominicais, círculos católicos, etc. ✓ Sociedades e asociacións de educación popular nacidas ao amparo do movemento obreiro. ✓ Sindicatos obreiros e partidos políticos desenvolven actividades de formación específica para as persoas traballadoras. Tipos de educación de persoas adultas - Escolas para persoas adultas - Centros de educación popular 1.1. ESCOLAS PARA PERSOAS ADULTAS Iniciativa estatal para impartir unha formación básica. Ensínase o mesmo que aos nenos/as (currículo). Mesmos edificios e metodoloxías. Finalidade compensatoria: segunda oportunidade para adultos analfabetos ou que fracasaron nas escolas. Denominacións diversas: S. XIX (escolas de adultos; centros de educación de adultos); S. XX (centros de educación permanente de adultos; centros de persoas adultas). Dificultades derivadas da aplicación case mimética do modelo escolar e infantil: metodoloxías infantís; educación teórica e pouco práctica; ensinanzas que non responden aos problemas sociais. A raíz do fracaso que representaba o modelo escolar aplicado ás persoas adultas e debido ás mobilizacións sociais e ao movemento obreiro, nace a educación popular como unha alternativa que acaba ocupando un espazo propio na educación de persoas adultas 1.2. CENTROS DE EDUCACIÓN POPULAR Xeralmente nacen da iniciativa privada ou social. A ensinanza non é a mesma que a da infancia. Horario non escolar. Maioría dos/as participantes son traballadores e amas de casa. Finalidade: dar a coñecer a cultura sobre todo aos sectores sociais máis necesitados (fóra dos circuítos oficiais) Diversidade de contidos e metodoloxías que respondan ás necesidades de persoas adultas. - Múltiples actividades: conferencias, charlas-coloquio, debates, encontros musicais, viaxes culturais, etc. Diversidade de denominacións: escolas populares, escolas libres, ateneos, casas do pobo, universidades populares... 2. UNIVERSIDADES POPULARES: INICIATIVAS DE EDUCACIÓN SOCIAL DE PERSOAS ADULTAS 2.1. CONCEPTO E CARACTERÍSTICAS DAS UNIVERSIDADES POPULARES Universidades populares: iniciativas de educación social de persoas adultas. A finalidade é a educación popular de persoas adultas: ofertas educativas para persoas adultas que, independentemente dos centros oficiais de educación, se propoñen dar a coñecer a cultura, sobre todo aos sectores máis necesitados de educación. - O reto da educación popular é socializar a cultura, sacala das institucións oficiais e estendela a todas as persoas. En xeral non se expiden títulos: as ensinanzas que se imparten non son oficiais, nin reguladas legalmente, nin conducen a titulación algunha dentro do sistema educativo. Apostan por unha concepción ampla de cultura (democratización cultural e democracia cultural) 2.2. EVOLUCIÓN HISTÓRICA DAS UNIVERSIDADES POPULARES S.XIX: antecedentes: Comezan a desenvolverse a través da Institución Libre de Ensinanza (ILE) 3 Correntes fundamentais de educación popular de persoas adultas: - Corrente laica ilustrada: vinculada aos intereses da burguesía. Formación como medio para o progreso e o desenvolvemento económico. Asistencia de clases acomodadas. - Corrente laica obreira: centros e lugares de encontro creados polos propios traballadores. - Corrente confesional: clases de adultos nas parroquias ou colexios relixiosos. Contrarrestar a influenza laica, liberal e republicana dos ateneos. Diversidade de institucións e asociacións que interveñen con finalidades compensatorias. Inicios do s.XX: Creación de universidades populares: dirixidas ás clases populares e co obxectivo da rexeneración do país. Divulgar a cultura, tanto no rural como no urbano. Promotores: intelectuais, estudantes, profesores/as, profesionais liberais próximos aos círculos republicanos. Iniciativas interclasistas (non se dirixían unicamente á clase obreira) e plurais (ideoloxías diversas) Iniciativas independentes entre si, sen un proxecto común. Conxunto de actividades moi variadas. 1931: impulso das universidades populares durante a Segunda República Importancia do movemento estudantil na promoción de universidades populares. Mantemento das liñas programáticas: divulgar a cultura entre os sectores máis necesitados. Crecemento notable: en capitais de provincia e outras poboacións. Franquismo: debilítanse e/ou desaparecen as iniciativas de educación popular debido aos principios nos que se fundamentan (esixencia democrática, participación cidadán, crítica social, etc.) Periodo democrático: recupéranse as iniciativas sociais e de educación popular. Vinculación aos municipios: apertura nos concellos de universidades populares (década dos 80) Universidade popular entendida como... Proxecto de desenvolvemento cultural que actúa no municipio, e ten por obxectivo o de promover a participación social, a educación, a formación e a cultura, para mellorar a calidade de vida das persoas e a comunidade 1982: Creación da Federación Española de Universidades Populares Elementos definitorios das universidades populares na actualidade Función mediadora entre a Administración e a cidadanía e desenvolven a súa actuación no ámbito municipal. Proxectos participados e participativos. A acción trata de globalizar e integrar as dinámicas e recursos existentes dentro do municipio (desenvolvemento comunitario) Contribúen a que homes e mulleres crezan no seu desenvolvemento persoal e aumenten a autoconfianza e a autoestima Utilizan estratexias tanto educativas e formativas como culturais, seguindo os principios da “Educación ao longo da vida”. Política de aprendizaxe ao longo de toda a vida “el término ‘política de aprendizaje a lo largo de toda la vida’ (altv) se utiliza para referirse a cualquier tipo de política diseñada e implementada por los gobiernos y los actores sociales interesados a fin de crear oportunidades de aprendizaje para todas las edades (niños, jóvenes, adultos y personas mayores, niñas y niños, mujeres y hombres), en todos los contextos de la vida (familia, escuela, comunidad, lugar de trabajo, etc.) y mediante una variedad de modalidades (formal, no formal e informal)”. (UNESCO, 2022, p. 19)