España no século XIX PDF
Document Details
Uploaded by GentleLawrencium
Tags
Summary
Este documento presenta unha visión xeral do século XIX en España, centrándose nos temas 1-12. Os enunciados indican cuestións sobre a crise da monarquía absoluta, as Cortes de Cádiz, o reinado de Fernando VII, o liberalismo, a Revolución Gloriosa, a Primeira República, a Restauración, as cuestións nacionais, a reforma agraria, a industria, o movemento obreiro e a evolución da sociedade, con especial atención á condición da muller.
Full Transcript
España no século XIX Temas 1-12 TEMAS 1-12: ENUNCIADOS. 1. A crise da monarquía absoluta: abdicacións e ocupación napoleónica Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá contextualizar a crise da monarquía absoluta españ...
España no século XIX Temas 1-12 TEMAS 1-12: ENUNCIADOS. 1. A crise da monarquía absoluta: abdicacións e ocupación napoleónica Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá contextualizar a crise da monarquía absoluta española no reinado de Carlos IV, facendo referencia aos problemas económicos, políticos e sociais que o caracterizan, así como ao impacto da Revolución Francesa sobre o mesmo. Explicar o proceso de abdicacións en Baiona e demostrar que coñece as repercusións da ocupación napoleónica tanto na súa vertente política –goberno francés/Xuntas revolucionarias– como militar –guerra, pero sen entrar no desenvolvemento da mesma–. 2. As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812 Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá facer referencia ao contexto da guerra de Independencia; ás razóns para a convocatoria de Cortes en Cádiz; explicar o seu labor lexislativo, así como as tendencias políticas dos deputados; indicar as dificultades atopadas para o establecemento do réxime liberal e demostrar que coñece o novo modelo político e social deseñado pola Constitución de 1812. 3. A restauración de Fernando VII e do absolutismo: as etapas do reinado Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá explicar o reinado deste monarca como a crise permanente e definitiva do Antigo Réxime, un modelo que xa resulta inviable fronte a un liberalismo que vai sufrir avances e retrocesos ata a morte do rei. En consonancia con isto, referirase ás etapas políticas do seu reinado e comentará as súas principais características: o Sexenio Absolutista (regreso de Fernando VII e restablecemento do absolutismo, abolindo a obra das Cortes de Cádiz); o Trienio Liberal (triunfo do pronunciamento liberal de 1820 e establecemento dun goberno desta ideoloxía); e a Década Ominosa (restablecemento do absolutismo logo da intervención dos “Cen Mil Fillos de San Luís”). 4. A construción do Estado liberal: principios do liberalismo e diferenzas entre as familias políticas da época Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá demostrar que coñece as características xerais do liberalismo, distinguindo as dúas correntes básicas dentro da ideoloxía liberal que darán lugar ás tres grandes familias políticas da época; relacionar eses principios ideolóxicos coas diferentes constitucións e identificar os principais líderes das diferentes familias políticas; indicar que tendencia era a preferida pola monarquía e diferenciar, a teor diso, as distintas etapas do reinado isabelino sen afondar nas mesmas. 1 TEMAS 1-12: ENUNCIADOS. 5. A Revolución Gloriosa e a Constitución de 1869 Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá referirse ás causas deste proceso revolucionario, así como ao seu desenvolvemento posterior (alianzas políticas, programa revolucionario...), ata chegar á formación dun Goberno Provisional e ás medidas levadas a cabo por este, facendo fincapé na constitución de 1869 e nas súas características. Aínda que a monarquía de Amadeu de Saboia non sexa obxecto de comentario, pode facerse unha referencia breve á mesma para explicar as consecuencias da Revolución. 6. A Primeira República: proxecto de constitución federal e cantonalismo Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá referenciar xenericamente o paso da monarquía de Amadeu de Saboia (chea de dificultades) a un réxime republicano inestable e moi cuestionado. Como consecuencia do anterior, explicará a falta dun modelo consensuado de república; o xurdimento do movemento cantonal, a división entre os republicanos federais así como o proxecto de constitución federal. 7. A Restauración Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado explicará as bases do sistema da Restauración ou sistema canovista (a súa xénese conservadora, monarquía constitucional doutrinaria, o “turnismo” ou quenda pacífica de partidos) e a Constitución de 1876 nos seus trazos fundamentais (soberanía compartida Coroa/Cortes, papel esencial da monarquía no nomeamento dos gobernos...). Tamén deberá facer referencia á consolidación do sistema canovista a través da configuración da “quenda pacífica” e ao funcionamento dun modelo político marcadamente oligárquico e fraudulento. 8. A cuestión nacional no último terzo do século XIX Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá demostrar que coñece os factores que levaron á eclosión dos nacionalismos periféricos (o seu nacemento como unha reacción fronte ás pretensións centralistas do Estado liberal), o seu ideario, así como o seu desenvolvemento posterior (carácter minoritario nos comezos ata a súa conversión en movementos de masas, cunha importante influencia política, capaces de enfrontarse aos partidos da quenda). Deberá tamén facer mención dos seus líderes principais. 2 TEMAS 1-12: ENUNCIADOS. 9. A reforma agraria liberal: as desamortizacións Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá demostrar que entende o concepto de desamortización e, daquela, referirá as razóns explicativas que a facían necesaria. Ademais, terá que vincular o proceso de desamortización desenvolvido en España no s. XIX coas tendencias liberais que o favorecen e paralizan. Tamén será preciso que afonde nas etapas fundamentais do devandito proceso, indicando os seus obxectivos así como os beneficiados e os prexudicados por ese feito. Finalmente, cumprirá que realice un balance global dos efectos das desamortizacións nos distintos eidos (político, socioeconómico e cultural). 10. Os principais sectores industriais e o papel do ferrocarril Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá demostrar que coñece xenericamente as dificultades do proceso de industrialización en España e que identifica os sectores pioneiros e as áreas xeográficas en que se localizan (industria téxtil, centrada en Cataluña, e siderúrxica –individualización dos tres focos clásicos–). Respecto ao papel xogado polo ferrocarril, deberá vinculalo coa Lei de Ferrocarrís como impulsora do mesmo, así como analizar as principais características da rede ferroviaria española e as súas consecuencias. Neste punto será interesante valorar a súa relevancia como estimulador ou non da industrialización española. 11. O movemento obreiro no Sexenio democrático e na Restauración Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado terá que contextualizar a expansión do movemento obreiro no período político do Sexenio Democrático, relacionándoo co recoñecemento de dereitos na constitución de 1869 e coa influencia da AIT. Tamén deberá ofrecer unha explicación básica dos principios esenciais defendidos polas ideoloxías obreiras anarquista e marxista/socialista (obxectivos e medios empregados para a súa consecución). Así mesmo, cumpriría que se referise á evolución do movemento obreiro no último terzo do século XIX, sinaladamente da Restauración, como momento de consolidación das organizacións de traballadores e do recoñecemento dos sindicatos, sen esquecer os episodios represivos. 12. A evolución da sociedade no século XIX (con especial atención á situación da muller). Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado terá que explicar como as transformacións da economía conduciron ao xurdimento dunha nova estrutura social onde a burguesía e o proletariado se converten nas dúas clases fundamentais fronte aos grupos sociais tradicionais. Ademais, deberá referise ás condicións de vida das clases traballadoras (nas cidades, sometidas as longas xornadas de traballo e baixos salarios) e no campo (malvivindo dos seus escasos recursos ou sometidos á vontade dos grandes propietarios). Con respecto á situación das mulleres, sería preciso que incidise na loita polos seus dereitos: discriminación laboral, salarial e política (movemento 3 sufraxista). A CRISE DA MONARQUÍA ABSOLUTA: 1 ABDICACIÓNS E OCUPACIÓN NAPOLEÓNICA. 1.1 INTRODUCIÓN. O concepto Antigo Réxime fai referencia ao sistema político, social e económico vixente en Europa entre os séculos XVI a XVIII. As súas principais características son a monarquía absoluta (o rei posúe tódolos poderes do Estado), a sociedade estamental (dividida en estamentos privilexiados e non privilexiados) e a economía de base agraria. Remata co trunfo das revolucións liberais burguesas en Europa a finais do XVIII en Francia e primeiro terzo do XIX na maior parte de Europa Occidental. 1.2 O REINADO DE CARLOS IV (1788-1814) Un ano despois do comezo do seu reinado produciuse o estalido da Revolución Francesa (1789). O suceso provocou unha situación de pánico nas autoridades españolas porque temían que a revolución se estendese a España (coñecido como pánico de Floridablanca). As relacións entre España e a Francia revolucionaria atravesaron as seguintes fases: Neutralidade (1789-1792). Optouse por non intervir nos asuntos internos franceses, deixando que as outras potencias absolutistas loitaran con Francia nas Guerras de Coalición. A fronte do goberno situábase Floridablanca, e, máis tarde, Aranda. Guerra contra Francia (1793-1795). Dende 1793 e ata o final do reinado Manuel Godoy dirixirá o goberno. A execución do rei de Francia Luis XVI vai provocar que España lle declare a guerra (Guerra dos Pirineos). O enfrontamento foi un desastre para os intereses españois, xa que polo Tratado de Basilea territorios de Cataluña e Euskadi son ocupados por tropas francesas.. Alianza con Francia (1796-1808). As posesións de España en América rebeláronse contra a coroa seguindo as ideas revolucionarias. Moitas destas insurrección son apoiadas por Gran Bretaña. Seguindo unha lóxica de “o inimigo do meu inimigo e o meu amigo”, España pacta con Francia os Tratados de San Ildefonso para impoñer orde en América e debilitar aos británicos. Esta nova alianza franco-española conduciu a unha guerra contra un dos aliados de Gran Bretaña: Portugal (a Guerra das Laranxas) e un enfrontamento directo contra Gran Bretaña no que España sae derrotado na Batalla de Trafalgar (1805). A finais de 1807 a situación en España era complicada. Houbo unha bancarrota da facenda, as fames xeneralizaronse e a popularidade do monarca e Godoy caeron en picado. Estes feitos e a alianza con Gran Bretaña desencadearán unha serie de acontecementos que levarán á guerra: O tratado de Fontainebleau (1807): que permitía o paso das tropas francesas por territorio español para invadir Portugal, aliada do Reino Unido. O tratado incluía o reparto de Portugal para España e Francia e a creación dun Reino dos Algarves para Godoy. Os franceses aproveitaron a situación para invadir as principais cidades españolas. 4 O motín de Aranxuez (1808): ante o temor a unha invasión francesa, Godoy tentou trasladar á familia real a Sevilla para embarcala cara América. Foi entón cando o príncipe, Fernando, aproveitou o descontento da poboación que aumentara coa ocupación francesa para iniciar o motín de Aranxuez (1808), provocando a destitución de Godoy e a abdicación de Carlos IV nel mesmo. Napoleón conseguiu trasladar a Fernando VII e Carlos IV á Baiona (Francia), onde ante as presións Fernando VII cédelle a coroa a Carlos IV e este abdica a favor do emperador, quen cedeu a coroa ao seu irmán, Xosé I Bonaparte (reinado 1808-1813). Son as coñecidas como abdicacións de Baiona. 1.3 A GUERRA DE INDEPENDENCIA(1808-1814). Co novo monarca, José I Bonaparte, España queda integrada no proxecto imperial de Napoleón. As bases do novo Estado quedarán fixadas no Estatuto de Baiona (1808). Nel procúrase transformar a monarquía absoluta dos borbóns nun sistema político autoritario pero con algunhas medidas liberais, como a igualdade ante a lei de tódolos españois ou a abolición do réxime señorial. Estas medidas so foron aceptadas por unha minoría de elites ilustradas. A meirande parte do pobo español, moi tradicional, rexeitou a Xosé I, converténdose así nun monarca impopular que terá que gobernar un territorio que non acepta as súas medidas reformistas. Os franceses foron percibidos maioritariamente como invasores, feito que se evidenciou nos sucesos do 2 de maio de 1808 en Madrid, onde parte do pobo levantouse contra o exército francés. Este levantamento non tivo éxito, pero marcou o inicio da Guerra de Independencia. Para entender o conflito primeiro hai que coñecer os bandos. José I contaba co apoio do seus militares e de parte da administración e o exército españois que se mantiveron fieis. Tamén algúns altos funcionarios e intelectuais vían ao monarca francés un líder para ampliar a revolución a España e o apoiaron. Son os chamados afrancesados. Contra eles loitaban un grupo heteroxéneo de rebeldes que incluía tanto absolutistas, que querían a volta de Fernando VII, como liberais, que procuraban transformar España nun Estado liberal, pero sen estar controlados por Napoleón. Os rebeldes organizáronse en xuntas supremas a nivel provincial e local. Estas eran coordinadas por unha xunta suprema central situada Cádiz e integrada por representantes das outras xuntas. Na Batalla de Bailén os rebeldes impediron a Napoleón controlar Andalucía e provocaron a fuxida José I a Francia. Non obstante, Napoleón responderá cunha nova invasión que desbaratou as xuntas. Cun exército desorganizado, os rebeldes víronse obrigados a loitar contra o invasor por medio da táctica da guerra de guerrillas. Só cando Napoleón vese obrigado a enviar tropas ao fronte ruso, e grazas o apoio de Inglaterra, os rebeldes conseguiran facerse co control de España en 1814, ano no que volta Fernando VII. 1.4. CONCLUSIÓN. Debemos destacar a Guerra de Independencia e a Constitución de 1812 como dous dos piares básicos na construción da identidade nacional española contemporánea. Ambos permitiron que nun país non industrializado e cun absolutismo que atopaba pouca oposición dentro do país, puíderase construir un Estado liberal. 5 2 AS CORTES DE CÁDIZ E CONSTITUCIÓN DE 1812. 2.1 Contexto e composición das cortes de Cádiz. Durante a guerra de Independencia contra o exército de Napoleón non existía en España ningún poder que controlase todo o territorio. O baleiro de poder en España foi aproveitado polos liberais para establecer nunha cidade libre do control francés a primeira constitución da historia de España. Esta cidade será Cádiz. Foi alí, en 1810, onde se inauguraron unas cortes que aprobaron en 1812 a Constitución. A xunta central, situada en Cádiz e encargada de coordinar as accións dos rebeldes contra os franceses, disolveuse en 1810, despois dunha serie de fracasos militares. Foi entón cando os antifranceses, crean para dirixir a guerra o Consello de Rexencia. E este consello o que organizará as cortes de Cádiz, encargadas de elaborar unha constitución para España. Como vimos no tema anterior os rebeldes non eran un grupo homoxéneo. A existencia de diversas tendencias políticas dentro do grupo tamén se viu reflectida nas propias cortes, onde estaban representados os diferentes sectores: Absolutistas: querían repor a monarquía borbónica na figura de Fernando VII e vían a colaboración cos outros sectores como un medio para chegar ata ese fin, derrocando xuntos a un inimigo común. Os demais sectores referíanse a eles como “os servís”. Ilustrados ou reformistas: querían transformar a monarquía, pero mantendo parte do seu poder intacto. Son os seguidores de Jovellanos e Floridablanca. Liberais: proviñan da burguesía ou a intelectualidade, pero tamén do clero e a nobreza. Vían a guerra como unha oportunidade para establecer en España un sistema liberal tanto no político como no económico. 2.2 Primeiras medidas das cortes de Cádiz (1810-1812) As cortes de Cádiz asumen dende o inicio o carácter de institución representativa da nación e poñen en marcha medidas fundamentais para recoñecer os dereitos fundamentais da cidadanía. Destacan algunhas medidas: A liberdade de imprenta e a supresión da censura previa (1810). A abolición do réxime señorial. Esta medida non perxudicou a nobreza pois a maior parte dos señoríos pasaron a ser propiedades privadas dos nobres (1811). A desamortización de bens propios e baldíos. O obxectivo desta medida era amortización a débeda pública (1813). A supresión da Inquisición e outras medidas de carácter relixioso que tiñan como finalidade limitar a influencia política, social e económica da Igrexa (1813). A supresión dos gremios. Supuxo a liberdade económica, comercial, de traballo e de fabricación (1813). 6 2.3 A CONSTITUCIÓN DE 1812. As cortes elaboraron a Constitución de 1812 de pleno carácter liberal. O novo modelo político estaba baseado en: Define a nación como o conxunto de cidadáns, tanto peninsulares como das illas e América. Soberanía nacional, entendida como soberanía popular. O pobo é quen pose o poder, poder que delega nos seus representantes elixidos mediante sufraxio universal masculino indirecto (tanto para as cortes como para alcaldes e rexedores de concellos). Monarquía como forma de goberno, pero na que o poder do monarca está limitado. Separación de poderes, atendendo aos criterios defendidos por Montesquieu. O executivo é exercido polo monarca que é xefe de estado e do goberno; o lexislativo é exercido polas cortes unicamerais e polo monarca e o xudicial polos tribunais de xustiza. Defensa de dereitos e liberdades dos cidadáns. Recoñécese a liberdade, especialmente de opinión e de imprenta, a igualdade de todos ante a lei, o pago fiscal proporcional á riqueza, recoñecemento da propiedade privada individual como dereito garantido polo Estado. Igualdade ante a lei, rematando así co sistema estamental, que dividía a sociedade entre privilexiados e non privilexiados. Centralismo político: elimínanse os antigos privilexios forais. Catolicismo de Estado: declárase á relixión católica como oficial e única autorizada. Este xesto estaba condicionado pola guerra e a necesaria participación do clero. Creación dunha Milicia Nacional, un corpo armado no que os cidadáns debían servir e que estaba destinado a defensa destas liberdades e a manter a orde pública. A constitución estivo vixente ata 1814, a partir de finais de 1813 xa con sede en Madrid. Os deputados absolutistas desconformes cas medidas liberais redactaron o Manifesto dos persas, que entregaron ao rei en canto regresou a España en 1814. A chegada de Fernando VII supón a supresión de toda a obra lexislativa de Cádiz e a persecución dos liberais afíns a estas ideas. Isto provocará a fuxida de moitos liberais cara Francia ou Inglaterra. O único intre onde puido poñerse en práctica a Constitución foi no chamado Trienio Liberal (1820-1823) e nun breve período durante a rexencia de María Cristina (1836-1837). 7 3 A RESTAURACIÓN DE FERNANDO VII E DO ABSOLUTISMO. 3.1 INTRODUCIÓN. O reinado de Fernando VII representa a volta da monarquía absoluta en España. Este período se encadra dentro do contexto da Restauración absolutista en Europa, instaurada no Congreso de Viena e a Santa Alianza trala derrota a Napoleón no campo de batalla. Non obstante, a derrota do liberalismo non foi total. Da mesma forma que en Europa, unha serie de revolucións e pronunciamentos levarán ao rei a ter que loitar e, máis tarde, convivir, co pensamento liberal. Esta confrontación entre absolutismo e liberalismo dará lugar a tres etapas no reinado de Fernando VII: o sexenio absolutista (1814- 1820); o trienio liberal (1820-1823) e a década ominosa (1823-1833). 3.2 SEXENIO ABSOLUTISTA (1814-1820). No Tratado de Valençai (1813) Napoleón, farto de empregar as súas tropas na guerra de Independencia, devólvelle a coroa de España a Fernando VII, quen en 1814 volve a España. A súa volta as cortes pretendían que xurase a constitución, pero, tras recibir o Manifesto dos presas (documento firmado por un terzo das cortes solicitando a volta ao absolutismo), decide anular a Constitución e tódalas reformas de Cádiz, facendo oficial a volta do absolutismo a través do coñecido como Decreto de Valencia. É por iso que este primeiro período coñecese como sexenio absolutista. As súas características son: A supresión de toda lexislación liberal (sufraxio universal, dereitos, soberanía nacional). A represión contra liberais e afrancesados. Crise económica, demográfica, da agricultura e do comercio interior polos efectos da guerra. A perda das colonias americanas. A imposibilidade de realizar unha reforma fiscal pola oposición da nobreza ante o imposto único promovido por Garay. A situación de crise que vive o país leva a diferentes intentos para recuperara o liberalismo e restablecer a constitución de 1812. Estes intentos serán levados a cabo por militares. O obxectivo dos pronunciamentos eran obrigar a Fernando VII a volver ao liberalismo constitucional. Entre 1814 e 1820 houbo distintos intentos que fracasaron: o de Espoz y Mina en 1814; Porlier en Coruña en 1815 ou o de Lacy en 1816. Todos fracasan e os seus líderes son executados. 3.3 TRINIO ELIBERAL (1820-1823). En 1820 a insurrección do coronel Riego en Cabezas e Juan (Sevilla) é apoiada en moitas cidades de España, como A Coruña. O seu triunfo reflexa a debilidade do réxime e supón o comezo do trienio liberal. A súa acción máis importante e repoñer a Constitución de Cádiz (engadir na voso tema un resumo das características da constitución). Tamén continuou a labor desamortizadora, elaboráronse leis para o fomento do comercio, a industria e agricultura. Ante o apoio popular, Fernando VII vese obrigado a aceptalo: “Marchemos francamente, y yo el primero, por la senda constitucional”. 8 Con todo, as ideas de Fernando distaban moito de ser liberais e a aplicación das novas medidas tivo unha serie de dificultades: A división dos liberais entre moderados ou doceañistas (1820-22) e exaltados ou progresistas. Dan orixe ás dúas sensibilidades do liberalismo do século XIX. Unha a moderada que trata de achegar o liberalismo aos intereses da vella oligarquía, outro á progresista que defende un liberalismo aberto a incluír as reclamacións da pequena burguesía e clases medias, organizado ao redor das sociedades patrióticas ou sociedades secretas. O rexeitamento da Europa absolutista da Santa Alianza e as conspiracións do rei que intenta pactar a intervención internacional. A resistencia da nobreza e do clero. A crecente hostilidade do campesiñado ante a aplicación do liberalismo no campo. A caída do trienio foi propiciada pola intervención da Santa Alianza. No congreso de Verona, coa firma de Austria, Francia, Prusia e Rusia, consentiron a entrada en 1823 dos Cen mil fillos de San Luis, un exército liderado por Francia. As cortes refúxianse en Cádiz levándose o rei con eles. Finalmente réndense baixo a promesa de Fernando de manter a Constitución. O rei non cumprirá dita promesa. 3.3 DÉCADA OMINOSA(1823-1833). Nesta período p rei tivo tres preocupacións principais: A represión contra os liberais e o control das publicacións de carácter liberal. Isto fixo que moitos liberais marcharan a Francia e Gran Bretaña e outros remataran fusilados (xeneral Torrijos; Mariana Pineda). A represión mantívose ata 1828. Reformas políticas: créase o Consello de ministros (as decisións de goberno tómanse de maneira colectiva), unha reforma da Facenda pública (permite a separación dos gastos e ingresos do Estado e da Casa Real) e a formación dos Voluntarios Reais que debían defender a monarquía. Dentro das visións absolutistas aparecen os ultrarrealistas. Estes pensaban que Fernando VII era moderado e defendían o paso da coroa ao seu irmán, Carlos María Isidro. Esta tendencia se acrecenta ante a falta de descendencia de Fernando VII. Por último, a cuestión sucesoria será determinante neste período. Fernando VII non tiña descendencia. O nacemento de Sabela, filla de María Cristina, acrecentou o problema. A Lei sálica, ditada por Felipe V, excluía ás mulleres do trono. Fernando VII derrogou esta lei mediante a Pragmática Sanción. Deste xeito convertese na herdeira. O seu irmán, Carlos María Isidro quedaba sen posibilidades de ascender ao trono. Carlos marchou o exilio e, tras a morte de Fernando VII, chamou aos españois á insurrección no Manifesto de Abrantes marcando o inicio da Primeira guerra carlista (1833-1840) 3.4 CONCLUSIÓN. Compre situar o reinado de Fernando VII no contexto da restauración e das primeiras vagas das revolución liberais burguesas (1820, 1830) que teñen lugar en toda Europa. Tamén explicalo coma unha loita entre o liberalismo e o absolutismo. Sería necesario destacar o atraso de España na súa estrutura económica (atraso na industrialización, predominio do mundo rural) e social (febleza da burguesía e das 9 clases medias). A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL 4 (PRINCIPIOS POLÍTICOS E FAMILIAS). 4.1 CARACTERÍSTICA DO LIBERALISMO. Para poder entender que é o Estado liberal precisamos comprender a ideoloxía que lle da nome. O liberalismo é unha filosofía orientada a procurar a liberdade e igualdade do individuo ante a lei. Isto implica unha visión da política radicalmente distinta as sociedades do Antigo Réxime: 1. A soberanía, antes en posesión do rei segundo designios divinos, pasa a ser posuída polo pobo. 2. Os habitantes deixan de ser súbditos para ser cidadáns cunha serie de dereitos (liberdade de conciencia, expresión, prensa e dereito a elixir os seus representantes a través do voto). 3. Establécese o imperio da lei: nada, nin sequera os gobernantes, están por riba dela. Neste sentido xurde unha lei suprema para o país: a constitución. 4. Non intervención dos gobernantes non ámbito económico. 5. Tripla división de poderes (lexislativo – executivo – xudicial). 4.2 AS DIFERENTES FAMILIAS DO LIBERALISMO EN ESPAÑA. Co discorrer do século XIX e, especialmente no reinado de Isabel II, xurden en España variantes do liberalismo, sendo tres as máis importantes: 1. Liberais doutrinarios ou moderados: gobernarán dirante a primeira etapa do seu reinado, na chamada Década moderada (1844-1854). Son os preferidos da coroa por ser os menos revolucionarios e por pertencer as clases altas (alta nobreza, alto clero e alta burguesía). Os seus líderes son os xenerais Narváez e Bravo Murillo, ambos pertencentes o Partido Moderado. O seu ideario quedou recollido na Constitución moderada de 1845: Estado moi centralizado. Dende a capital hai un gran control sobre as rexións e os concellos. As Cortes deben compartir o seu poder lexislativo ca raíña. O sufraxio masculino é censitario e moi restrinxido: só poden votar os máis ricos (eles mesmos). Dereitos e liberdades moi limitadas. Aumenta a orde pública para asegurar os dereitos e as propiedades dos poderosos. Crean a Garda Civil en 1844. Defenden tamén un Estado confesional católico. 2. Liberais progresistas: gobernan na segunda etapa do reinado, coñecido como Bienio progresista (1854-1856) tras triunfar o pronunciamento chamado Vicalvarada dirixido polo xeneral O’Donell. Defenden ideas máis liberais que os anteriores e os seus partidarios pertencen as clases medias da burguesía urbana. Entre os seus líderes están Mendizábal e os xenerais Espartero e Prim. O seu partido é o Partido Progresista.. Aínda que elaboran unha constitución en 1856 esta non chega a ser aprobada Defenden: 10 Un Estado menos centralizado, onde os concellos sexan elixidos por sufraxio. Unha soberanía nacional onde as Cortes prevalezan sobre a coroa. Sufraxio tamén censatario, pero cun maior porcentaxe de votantes. Dereitos e liberdades máis amplas (de prensa, de reunión). A creación dunha Milicia Nacional para manter a orde (un corpo de cidadáns armados). Un Estado aconfesional, é dicir: sen relixión oficial. Limitan así o poder da igrexa. 3. Liberais demócratas: xorden como un subgrupo dos progresistas que acaban separándose deles. Defenden ideas máis radicais e están formados polas clases baixas, especialmente das cidades. Formarán dous partidos: o demócrata e o republicano. Gobernarán durante a primeira república, ao final do reinado de Isabel II en 1868. Piden sufraxio universal masculino, Estado laico e soberanía popular total. 4.2 EVOLUCIÓN DA MONARQUÍA DE ISABEL II (1833-1869). Trala morte de Fernando VII e debido a minoría de idade de Isabel II, María Cristina de Borbón, a súa nai, iniciou a rexencia (1833-1840). O primeiro e gran problema deste período foi a loita contra os carlistas, os partidarios de que Carlos María Isidro fora o rei de España. Para vencelos a rexente viuse obrigada a colaborar cos liberais. Esta Primeira Guerra Carlista durou dende 1833 ata 1839. A primeira etapa deste novo reinado foi polo tanto a Rexencia (1833-1844) e no seu goberno colaboraron rexente e liberais por medio dun Estatuto Real, unha especie de Constitución que lle outorgaba amplos poderes o monarca e a alta nobreza. O reinado efectivo de Isabel II como maior de idade comeza na Década moderada (1844- 1855). A nova raíña elixiu os moderados para o goberno e, para conseguilo, amaña as eleccións para restar o máximo o poder dos progresistas. Os moderados, liderados por Narváez, crearán neste primeiro goberno a Guardia Civil suprimindo as milicias nacionais, eliminarán o sistema de impostos do antigo réxime e vencerán nunha Segunda Guerra Carlista (1846-1849). Redactarán tamén a constitución de 1845, implantando as ideas vistas no apartado anterior. A deriva autoritaria dos gobernos moderados levará ao xeneral O’Donell a facer un pronunciamento, a Vicalvarada dando comezo ao Bienio progresista (1854-1856). As ideas clave deste novo gobernos quedarán recollidas no Manifiesto de Manzanares de Cánovas del Castillo (redución de impostos, regreso das milicias). O cabeza do goberno situouse Espartero, heroe da primeira guerra contra os carlistas. Durante este goberno levase a cabo a Desamortización de Madoz ou a Lei de Ferrocarrís. Tamén se elaborou a constitución de 1856 que finalmente non foi aplicada. Sucedéronse despois outro goberno moderado (1857-1858) e da Unión Liberal (1858-1863). Estes gobernos trataron de tapar a crise interna do país con intervención militares en África, Conchinchina, México ou Santo Domingo. O final do reinado de Isabel II (1863-1868) foi tamén moderada. Remata co Pacto de Ostende (1866) entre progresistas e demócratas. Aínda que fracasaron no seu primeiro intento de realizar unha revolución, triunfarán en 1868, na chamada Revolución Gloriosa. 11 A REVOLUCIÓN GLORIOSA E ACONSTITUCIÓN DE 1869. 5 5.1 CAUSAS. A Revolución Gloriosa foi unha sublevación militar e popular que tivo lugar en España no ano 1868 contra Isabel II e que deu lugar o período coñecido como Sexenio Democrático (1868-1874). As súas causas son diversas e hai que buscalas nos últimos anos do reinado de Sabela II. Causas económicas. A situación económica era moi difícil dende 1864: a crise da industria textil catalá, a da construción ferroviaria, a da Bolsa, a crise da Facenda Pública, e unha crise de subsistencia producida polas malas colleitas (1866 y 1867). Todo isto provocou un gran descontento en tódolos sectores sociais. Causas políticas. Os gobernos conservadores de Narváez e O’Donnell caracterizáranse por desenvolver unha política orientada ao mantemento da orde, reprimindo violentamente calquera intento de crítica. A isto uníuse a preferencia descarada da raíña por estes moderados. Pero a situación política era insostible. Demócratas e progresistas firmaran en 1866 o Pacto de Ostende (co obxectivo de acabar co reinado de Sabela II e iniciar un sistema máis democrático), a eles uníronse os unionistas en 1868. Impopularidade da raíña. A súa figura foi vencellada a corrupción política, a ignorancia e a hábitos censurados pola moral da época. Exemplo disto son publicacións como “Los borbones en pelotas”. A revolución iníciase co pronunciamento do almirante Topete en Cádiz, ao que se uniron os xerais Prim (progresista) e Serrano (Unión Liberal). As tropas gubernamentais foron derrotadas por Serrano na batalla de Alcolea e Sabela II marchou ao exilio. A diferencia de outros pronunciamentos os demócratas e progresistas forman as Xuntas Locais e Provincias, polas que entregan armas a poboación; por iso falamos de “revolución”. 5.3. O GOBERNO PROVISIONAL E A CONSTITUCIÓN DE 1869 (1868-1871). Finalizada a revolución fórmase un goberno provisional que convoca eleccións eleccións a Cortes Constituíntes mediante sufraxio universal masculino para maiores de 25 anos. A Constitución aprobada en 1869 é a primeira Constitución democrática de España e a máis progresista do s. XIX: Soberanía nacional, maniféstase por medio do sufraxio universal. Establecemento da monarquía. É unha monarquía democrática na que a Coroa ten limitadas as súas competencias. Sufraxio universal masculino para maiores de 25 anos. División de poderes: O lexislativo reside nas Cortes, que son bicamerais: Congreso e Senado. Limitan as decisións do executivo. O poder executivo recae nos ministros (Consello de Ministros), que responden ante as Cortes. O poder xudicial reside en xuíces independentes. Ampla declaración de dereitos e liberdades: liberdade de expresión, de ensinanza, de residencia, de reunión e asociación tamén liberdade de cultos (co compromiso de manter o culto católico). 12 Descentralización administrativa: concellos y deputacións elixidos polos veciños. 5.3. A REXENCIA DE SERRANO NO GOBERNO PROVISIONAL (1869). Aprobada a Constitución, Serrano foi escollido rexente e Prim converteuse en xefe de goberno. Os principais obxectivos son: A aprobación de leis que desenvolvan o contido da Constitución. Reforma da Facenda polo ministro de economía Laureano Figuerola que reduce as taxas aduaneiras para extender o libre comercio. Apeseta convértese na nova moeda. A procura dun novo rei. Quería atoparse a unha persoa de prestixio, de sangue real, que non fose Borbón e que tivera o respaldo internacional e o das Cortes. O escollido foi o italiano Amadeo de Savoia. Os principais problemas foron: Revoltas urbanas e campesiñas. As causas son diversas: as malas colleitas, a perda de confianza nos políticos que realizaran a revolución, o sistema de recrutamento militar... O sistema de recrutamento eran as quintas, un sorteo polo que de cada cinco mozos aptos para o servicio militar, un é recrutado, existindo a posibilidade de redimirse si pagaban unha determinada cantidade de diñeiro. Por iso, o sistema perxudicaba ás clases populares. O estoupido da insurrección de Cuba. Na illa xurdira un movemento nacionalista fomentado pola burguesía crioula, e respaldado polos Estados Unidos. A guerra non remataría ata 1878 e tivo importantes repercusións económicas e sociais en España. 5.3. A MONARQUÍA DE AMADEO I (1871-1873) É o primeiro intento de establecer unha monarquía democrática en España, foi un completo fracaso. As causas son diversas. En primeiro lugar a propia identidade do rei. Unha persoa tímida con dificultades para expresarse en español, así como que o seu principal apoio político (Prim) fora asesinado xusto antes da súa chegada. A oposición de parte dos poderosos. Os terratenentes consideraban que a monarquía democrática limitaría os seus privilexios e a burguesía estaba en contra das políticas librecambistas. Ambos grupos, apostarían por Alfonso de Borbón como novo rei, o fillo de Sabela II. O novo monarca debeu enfrontarse a unha gran inestabilidade política (seis gobernos distintos en dous anos); o agravamento da guerra de Cuba; o xurdimento dunha Terceira Guerra Carlista e o aumento do movemento obreiro. Isto levou a abdicación voluntaria ante as Cortes, que foi aceptada. 13 A PRIMEIRA REPÚBLICA, PROXECTO DE 6 CONSTITUCIÓN FEDERAL E CANTONALISMO. 6.1 O FIN DA MONARQUÍA DE AMADEO I DE SABOIA. Principalmente o que leva a declaración da república foi a renuncia voluntaria do rei Amadeo de Savoia causada por: A súa incapacidade de xestionar a división entre os partidos, especialmente a raíz da ruptura do Partido Progresista entre un á esquerda (Partido Radical, Ruíz Zorilla) e un á dereita (P. Constitucionalista, Sagasta). O asasinato de Prim, quen foi o seu principal defensor en España, e a baixa popularidade do monarca. A continua inestabilidade política con gobernos que non duran e o aumento da oposición republicana. Dous conflitos bélicos: a 3ª guerra carlista e a guerra de Cuba. O mesmo día que Amadeo renuncia ao trono o Congreso e o Senado, reunidos conxuntamente deciden proclamar a Primeira República Española. A pesar de que tanto Congreso como Senado eran de maioría monárquica toman esta solución por falta de alternativas viables. Figueras é nomeado presidente. 6.2 DIVISIÓN INTERNA. Dende o comezo xurdiron divisións entre os republicanos en torno a unha cuestión fundamental: a organización territorial. Xorden así tres vías: 1. Unitarios: o Estado debe estar moi centralizado, é dicir: as decisións importantes deben tomarse só dende Madrid. Non deben existir diferencias lexislativas nin administrativas nas distintas partes do Estado. Esta foi a liña defendida polos liberais moderados. 2. Federalistas gradualistas: España debe ser unha federación de Estados e serán as Cortes quen decidan como debe repartirse o poder entre os mesmos. Foi defendida polos liberais democráticos. 3. Cantonalistas: A diferencia dos anteriores opinan que a federación debe realizarse dende os Estados e non dende as Cortes, será cada Estado o que decida unirse voluntariamente a España e as condicións de esta unión. Foi defendida polo movemento obreiro e a pequena burguesía. 6,3 PRIMEIRAS MEDIDAS E PROXECTO DE CONSTITUCIÓN. As medidas adoptadas polos gobernos republicanos durante 1873 foron sociais, populares e democratizadoras: Supresión do imposto de consumos, medida desastrosa para a Facenda estatal. Eliminación das quintas e creación dun novo exército formado exclusivamente por voluntarios a soldo. Esta medida foi de curta duración, pois supuxo un debilitamento do exército nun contexto bélico. Redúcese a idade para exercer o dereito a voto aos 21 anos Separación da Igrexa e Estado, a República deixou de subvencionar economicamente á Igrexa católica. Regulación do traballo infantil, prohibindo traballar aos menores de dez anos en minas e fábricas. 14 A constitución foi promovida por Pi i Margall e redactada por Castelar. A inestabilidade política impide a súa discusión en Cortes e queda nun simple proxecto. Proxecta un estado en forma de República Ferderal. Inclúe: 1. Soberanía popular e sufraxio universal masculino. 2. Deseño do Estado moi descentralizado, o territorio dividido en 17 Estados (Cuba e Porto Rico incluídos), cada un coa súa constitución, e a súa división de poderes. 3. Desaparecen as provincias e favorece a autonomía dos concellos dentro dos Estados rexionais. 4. O presidente da república federal representa o poder relacional, o encargado de coordinar as relacións entre os distintos Estados e cunhas competencias comúns que representa o goberno federal (política exterior, defensa, política arancelaria e monetaria...). 5. Sistema bicameral onde o senado convértese nunha cámara de representación territorial. 6. Dereitos e deberes similar á Constitución de 1869. 6.4 PRINCIPAIS PROBLEM AS DO PERÍODO. A Terceira Guerra Carlista. O conflito iniciárase uns meses antes de proclamarse a I República. O pretendente carlista era Carlos VII, neto de Carlos María Isidro. O carlismo encontrou importantes apoios nas zonas rurais vasconavarras, en Aragón, Cataluña, Castela e no levante. Foron derrotados en 1876. As sublevacións cantonais. O cantonalismo era un movemento político que pretendía dividir as diversas zonas de España en Estados soberanos (cantones). As súas influencias políticas procedían do republicanismo máis radical e do movemento obreiro. A sublevación cantonal estoupou en xullo de 1873 cando Cartaxena se constitúe como un cantón e declarou a guerra ao goberno central. O movemiento cantonalista estendeuse por numerosas aldeas e cidades de Valencia, Andalucía, Castela e Murcia. O movemento acabou pola intervención militar. As conspiracións militares afonsinas. Sabela II cedera os dereitos ao trono de España ao seu fillo Afonso. Ambos exiliados no estranxeiro. O Exército desexaba a restauración borbónica mediante un pronunciamento militar, intentándoo sen éxito en dúas ocasións tras a proclamación da República. Continuación da guerra de Cuba. Estes problemas, sumados a división dos republicanos e o descontento obreiro, provocaron que a primeira república só durara un ano e once meses. A primeira parte do período foi a república federal, que foi dirixida primeiro por Figueras, quen dimite trala declaración do Estado catalán; e despois Pi y Margall, que tratade poñer orde. Tralas axitacións cantonalistas comeza o período da república autoritaria. Nel Salmerón trata de someter violentamente os cantonalistas, provocando o rexeitamento da esquerda. Sucederao Castelar, último presidente da república nun goberno conservador e moi autoritario. A situación finaliza co golpe de Estado do xeneral Pavía, 4-1-1874, no que Serrano asume a presidencia. E entón cando o programa político deseñado por Cánovas del Castillo, base da Restauración, quedou esbozado no Manifesto de Sandhurst, no que se afirma que a monarquía hereditaria é a única de confianza dos españois. O golpe de Estado de Martínez Campos en 1874 proclama a Alfonso XII rei de España. Cánovas púxose ao mando da transición cara o novo réxime. É o fin da construción do Estado liberal. 15 7 A RESTAURACIÓN BORBÓNICA. 7.1 O SISTEMA CANOVISTA. Cánovas del Castillo era un antigo membro da Unión Liberal no final do reinado de Sabela II, que no Sexenio Democrático liderou o Partido Sabelino e, máis tarde, o Afonsino. Foi él o encargado de preparar a figura do rei Afonso (formación cívica e militar en Austria e logo en Gran Bretaña); promove en España unha política a favor do retorno dos borbóns (Manifesto de Sandhurst) e prepara á opinión pública para asentar os principios dunha monarquía constitucional de carácter moderado. Deste modo, o pronunciamento do xeneral Martínez Campos en Sagunto, Valencia, precipita o retorno de Afonso XII que xa fora preparada por Cánovas. Cánovas foi un dos principais responsables da volta dos borbóns, senón tamén de deseñar un novo sistema político para España, o sistema canovista. Este estaba asentado en principios antidemocráticos que o propio Cánovas definía como “a esencia de España” e que non podían ser negociados. Estaba inspirado no modelo bipartidista do Reino Unido, admirado por Cánovas. A súa importancia reside na súa lonxevidade, pois estivo presente entre 1874 e 1923 (ata a D. de Primo). 1. A monarquía hereditaria de carácter liberal. Enténdese a monarquía coma unha institución situada por enriba de toda lei, incluída a constitución. 2. O carácter católico da nación española. 3. A unidade de España entendida como un Estado-Nación único. 4. Unha constitución flexible para permitir unha lectura máis conservadora ou liberal, segundo o partido que se turnase no goberno. 5. A orde, a seguridade e estabilidade como elementos propios dunha sociedade na que prevalecen os intereses da vella oligarquía e as emerxentes clases medias. 6. Finalización dos conflitos militares: ponse fin a 1ª Guerra de Cuba coa Paz de Zanjón en 1878 e fin da 3º Guerra Carlista en 1876. 7. Xustificar o uso da violencia no plano social para impedir o avance das ideas socialistas e anarquistas que ameazan a existencia da propiedade privada (base do liberalismo). 8. Impedir o protagonismo dos militares na vida política. 7.2 A CONSTITUCIÓN DE 1876. A constitución está inspirada no pensamento político de Cánovas del Castillo. Para a súa elaboración convocáronse eleccións a Cortes Constituíntes por sufraxio universal masculino. As eleccións foron manipuladas para que os canovistas tivesen unha ampla maioría (331 dos 391 deputados totais). A Constitución pretendía ser unha síntese dos textos constitucionais de 1845 (moderado) e 1869 (progresista), coa finalidade de establecer un marco constitucional que permitise o goberno a calquera dos partidos que aceptasen o sistema canovista. Foi aprobada en 1876 e tivo unha vixencia de 47 anos. 16 As principais características da Constitución de 1876 son: Monarquía constitucional de carácter autoritario. Soberanía compartida rei-Cortes. Estado confesional católico. Obrigación de financiar o clero, pero tamén liberdade de cultos. Dereitos e liberdades semellantes á constitución de 1869, pero sometida a lexislación posterior. Modelo de estado centralista. O goberno controla o poder local por medio dos gobernadores civís Lexislativo bicameral con senado elitista: a metade elixidos polo Rei. Monarquía con amplos poderes: iniciativa lexislativa. Convoca, suspende e disolve Cortes e elixe ao presidente. 7.3 SISTEMA DE FRAUDE ELECTORAL. O sistema político baseábase na existencia duns partidos de tipo liberal que aceptan o sistema político canovista. Aceptaban este sistema porque lles aseguraba turnarse no poder pacíficamente (é decir, sen golpes de Estado ou pronunciamentos) e sen necesidade de gañar unhas eleccións. Simplemente, cando un partido perdía a confianza do pobo, cedía o goberno ao outro partido, e este novo partido promete respetar as reformas feitas polo anterior. Os dous partidos eran o Partido Liberal Conservador (dirixido por Cánovas e herdeiro ideolóxico dos moderados) e Partido Liberal Fusionista (dirixido por Sagasta e herdeiro ideolóxico dos progresistas). Procuraba establecerse un sistema bipartidista a imitación do británico, do que Cánovas era admirador. O turnismo baseábase na manipulación electoral, que impedía que outras forzas políticas puidesen acceder ao poder. O sistema de quenda era sinxelo. O Goberno dimitía e o rei nomeaba como novo xefe de goberno ao líder do partido que nese momento estivese na oposición, procedéndose á disolución das Cortes e á convocatoria de novas eleccións. As eleccións manipulábanse para que o novo Goberno tivese a maioría parlamentaria. O partido gobernante pactaba e negociaba cos líderes do partido da oposición os resultados electorais. Esta negociación recibía o nome de encasillado e plasmábase nunha lista na que se indicaba o nome daqueles que ían ser elixidos deputados. O partido gobernante garantíase a maioría parlamentaria, pero sempre se reservaba un número suficiente de deputados ao partido da oposición. Para que o encasillado cadrase co resultado das eleccións existía sempre un mesmo modus operandi. Primeiro se comunicaba os gobernantes civís os resultados do encasillado. Despois os gobernantes falaban cos caciques, individuos poderosos e influíntes na vida local (terratenientes, notarios, médicos, etc.), cuxa función era controlar os votos da xente para que coincidiran cos resultados fixados no encasillado. Como o conseguían? Mediante procedementos diversos: violencia, ameazas,compra de votos... Cando isto non era suficiente recurrían a formas menos elaboradas de fraude, como o pucheirazoa, isto é: a substitución da urna cos votos por outra do partido que debía ganar as eleccións. Este sistema foi moi efectivo no ámbito rural, pero non o foi tanto nas grandes cidades, pola maior formación política dos electores. Ambos partidos acordan non chegar a alianzas cos partidos fóra do sistema. Aínda que permiten a súa presenza minoritaria no parlamento, para evitar a tendencia a insurrección. Os partidos 17 políticos fora do sistema eran os republicanos, o PSOE, os carlistas e os rexionalistas (PNV e Lliga). 8 A CUESTIÓN NACIONAL NO ÚLTIMO TERZO DO SÉCULO. 8.1 CONTEXTO. O nacionalismo é unha ideoloxía política xurdida no século XIX en Europa que reivindica a identidade dun país coma unha cuestión de gran relevancia para a toma de decisións políticas. Esta identidade nacional estaría reflectida na lingua, as costumes ou a historia de dito territorio. No caso de España o primeiro en desenvolverse foi un nacionalismo español conservador, baseado en ideas como a monarquía e a igrexa. Dende o punto de vista de este nacionalismo, España debía posuír un modelo territorial centralista, no que o país é unha realidade nacional homoxénea e as decisións políticas importantes deben tomarse só dende a súa capital. Exemplos disto son o nomeamento dos alcaldes directamente dende o goberno central; a eliminación dos foros en Navarra e País Vasco e a creación dunha única moeda (peseta) e Codigo Penal. Nas décadas finais do XIX en Cataluña, País Vasco e Galicia, e en menor medida noutros territorios, xurdiron movementos que reaccionaron contra este centralismo, defendendo as particularidades culturais, lingüísticas e históricas dos seus territorios; xurdiu así o chamado rexionalismo e o nacionalismo cultural. Estes nacionalismos periféricos foron fortes alí onde existía unha burguesía poderosa que reivindicaba máis capacidade política destas rexións: Cataluña e País Vasco. 8.2 O NACIONALISMO CATALÁN. No século XIX, reaviváronse os sentimentos de diferenciación cultural e política con respecto a outras rexións de España. Cataluña era unha rexión urbana e industrial das máis puxantes de Europa, mentres que o resto do país era agrícola e rural. Os momentos clave para o nacemento deste nacionalismo foron: O desenvolvemento da Renaixença. É un movemento intelectual e literario de carácter burgués que tiña como obxectivo a difusión da historia catalá e a recuperación da súa identidade, sobre todo da lingua. A fundación do Centre Catalá (1882). Fundado por Valentí Almirall, pai do catalanismo. Era unha asociación política catalanista que reclamaba a autonomía para Cataluña dentro do Estado español. Bases de Manresa, redactadas por Prat de la Riba estableceron o programa do nacionalismo catalá ata a Segunda República. Os puntos máis importantes eran a petición de autonomía para Cataluña; o recoñecemento do catalán como lingua oficial, e a recuperación das Cortes catalás. A creación da Lliga Rexionalista (1901), dirixida por Prat de la Riba e Francesc Cambó. Partido burgués, católico e de carácter conservador. Os seus obxectivos eran a autonomía política e a defensa dos intereses económicos de Cataluña. Foi a principal forza política catalá no primeiro terzo do século XX. O seu éxito máis importante foi a creación da Mancomunidade Catalá, é dicir, a agrupación das catro deputacións provinciais catalás (considerábase o paso previo para lograr a autonomía). 18 8.3 O NACIONALISMO VASCO. O seu desenvolvemento é máis tardío que o catalá porque carecía dunha tradición literaria e o éuskaro só tiña un uso rural. A figura máis importante foi Sabino Arana que, en 1895, fundou o Partido Nacionalista Vasco. As ideas do nacionalismo vasco na súa orixe son as seguintes: Creación dun Estado vasco independente do Estado español, formado polo País Vasco español, o País Vasco francés e Navarra. Antiespañolismo, baseado na idea de que España escravizou á patria vasca. Exaltación da etnia vasca, é dicir, os vascos serían un grupo racial diferenciado. Protección dese grupo mediante a prohibición dos matrimonios mixtos ou o rexeitamento aos inmigrantes doutras zonas de España. Integrismo relixioso católico. Rexéitase calquera outra relixión. Difusión do idioma e das tradicións culturais vascas. Defensa do mundo rural vasco, un mundo, segundo eles, sen castelanizar, sen contaminar. Denuncia do carácter españolista do carlismo. Pensan que os foros era unha concesión da Coroa española. As principais bases do nacionalismo vasco foron Biscaia e Guipúscoa. Foi apoiado polas clases medias. O nacionalismo, tras a incorporación da gran burguesía vasca (financeiros e industriais), adquiriu un dos seus trazos máis característicos: a tensión interna entre os militantes de base (partidarios da independencia) e a dirección do partido (autonomía dentro do Estado español). 8.4 REXIONALISMO GALEGO. Xorde a mediados do século XIX, un movemento cultural que pretende recuperar o galego como lingua literaria (rexurdimiento). A finais do século XIX, transfórmase nun movemento político coa creación da Asemblea Federal da Rexión Galega. O precedente histórico sitúase co provincialismo de Antolín Faraldo. As bases ideolóxicas son: 1. Manuel Murguía mestura argumentos vencellados as particularidades de Galicia (lingua, historia, celtismo, tradición católica) e argumentos liberais. 2. Alfredo Brañas, fundamenta o rexionalismo nunha visión nostálxica e tradicionalista católica, cunha certa añoranza do Antigo Réxime. Con todo, a diferencia dos nacionalismos cataláns e vascos o galego sempre tivo uns límites asociados a súa situación económica e social: Falla dun grupo social que promova o salto do nacionalismo cultural ao nacionalismo político. Isto está relacionado coa falta dunha burguesía forte. Fracaso no plano organizativo. Os intentos de crear asociacións políticas galeguistas fracasan nesta época (Asociación Rexionalista Galega, 1891, Liga Galega, 1899). Os primeiros pasos do nacionalismo terán que esperar a creación das Irmandades da Fala en 1916 e no Congreso de Lugo en 1918. 19 A REFORMA AGRARIA LIBERAL: 9 AS DESAMORTIZACIÓNS. 9.1 CONCEPTO. As desamortizacións foron o proceso legal polo que os liberais progresistas do XIX, pretendían expropiar bens pertencentes a igrexa e nobreza (mans mortas) e concellos (comúns) para a continuación poñelas a venda mediante poxa (subasta) pública. Destacaron a desamortización de Mendizábal (1836) e a de Madoz (1855). 9.2 ESTADO DO CAMPO ESPAÑOL NO XIX. Entre os problemas que atravesaba o campo español atopábase unha enorme desigualdade na súa distribución, moi evidente na metade sur onde abundaban os latifundios traballados por masas enormes de xornaleiros pobres. Por outra banda, moitas terras estaban en mans mortas, isto quere dicir que a lei impedía que puideran venderse, algo moi negativo especialmente para aquelas terras que estaban sen traballar. Ao dito no parágrafo anterior únese que a agricultura española contaba cun importante atraso técnico que provocaba unha produtividade moi baixa. Ademais os propietarios non tiñan interese en aumentar unhas ganancias, só buscaban vivir de rendas. 9.3 OS OBXECTIVOS DAS DESAMORTIZACIÓNS. O liberalismo non só quería vencer ao absolutismo no plano político, senón tamén no económico. Isto facía necesario transformar a estrutura da propiedade da terra converténdoa nun ben máis dentro do mercado, xa que no Antigo Réxime a terra era a miúdo propiedade perpetua do clero e a nobreza. Os obxectivos que perseguían os liberais cas desamortizacións foron fundamentalmente tres: 1. Transformar a estrutura de propiedade da terra mediante un mellor reparto. O obxectivo fundamenta neste sentido era colocar a terra en mans dunha nova clase de propietarios burgueses que aumentaran a súa produción. 2. Obter máis recursos para a facenda pública, que se enfrontaba neses momentos a débedas importantes. 3. Gañar os apoios daqueles grupos sociais que podían comprar as terras, convertendo os novos burgueses propietarios en apoios do réxime. 9.4 MEDIDAS LEVADAS A CABO NA REFORMA AGRARIA LIBERAL. As medidas levadas a cabo para cumprir os anteriores obxectivos son as seguintes: Abolir dereitos señoriais sobre a terra que inclúen impostos e obrigación de traballos de orixe medieval. Desvincular os morgados (patrimonios familiares) permitindo que estes puideran dividirse en venderse no mercado, xa que antes só podían pasarse de pais a fillos. Abolición dos gremios, a Mesta e de aduanas interiores, todos eles sistemas que controlaban o mercado, para crear así un mercado sen limitacións de tipo capitalista. Iniciaron a desamortización, isto é: expropiar terreos das mans mortas para poñelas no mercado. 20 9.5 ETAPAS As medidas do apartado anterior foron impulsadas fundamentalmente por liberais progresistas cando chegaron ao poder. A preferencia da coroa polos moderados fixo, polo tanto, que o proceso de reforma agraria fora lento e longo. Nel podemos destacar catro etapas: 1. Durante o reinado de Carlos IV e Godoy, en 1798, ordénase desamortizar bens do clero para mellorar a situación da Facenda, moi afectada polos guerras contra Francia e Reino Unido. 2. Coa elaboración da Constitución de 1812 e o Trienio Liberal retómase a anterior desamortización incluíndo as propiedades dos concellos, moitas delas comunais. 3. Na rexencia de María Cristina ten lugar a desamortización de Mendizabal (1836). É entón cando comeza unha expropiación masiva de bens do clero regular (mosteiros, conventos) para vendelo a novos propietarios. Procurábase con isto gañar o apoio dos novos propietarios aos liberais, financiar o exército para vencer na guerra carlista e debilitar a igrexa de ideas absolutistas. Foi interrompida durante os gobernos moderados e retomada no Bienio Progresista (1854-1856), ampliándoa os bens do clero secular. 4. Durante o Bienio Progresista iníciase a desamortización de Madoz (1855). Coñécese como desamortización xeral porque aceptou ademais do clero a municipios e acadou un volume de ventas moito maior ca anterior. Boa parte das ganancias obtidas foron reinvestidas nas obrados do ferrocarril. 9.6 CONSECUENCIAS. O 50% das terras cultivables que habían na España do XIX foron desamortizadas. Non obstante, as consecuencias que tivo todo o proceso foron tanto positivas como negativas en relación cos obxectivos: ✓ O Estado logrou obter ingresos que lle permitiron mellorar as contas da Facenda. ✓ Parte dos cartos foron utilizados para financiar unha guerra contra os carlistas que rematou e vitoria. ✓ Os novos propietarios convertéronse en afíns ao réxime e, por tanto, o liberalismo. ✓ Cas ganancias das vendas da de Madoz fináncianse en grande medida as obras do ferrocarril. × Os campesiños seguen nunha pésima situación, non conseguen mercar terras porque non poden pagalas. O latifundismo acentuouse no sur e o minifundismo no norte. × Por se fora pouco, os campesiños perden o acceso as terras municipais de uso comunal, o que, unido o anterior vai provocar unha emigración masiva dende as zonas máis as menos pobres. × O campo non se moderniza, xa que os novos compradores non queren cambios, só vivir de rendas. × A igrexa e os municipios expropiados sufriron un duro golpe cara o seu patrimonio, o que provocou un rexeitamento cara o liberalismo. En resumo: o atraso na agricultura e a desigual distribución da propiedade persistiran ata e durante o século XX. A prolongación desta problemática converterase, incluso, nunha das causas da Guerra Civil. 21 10 OS PRINCIPAIS SECTORES INDUSTRIAIS E O PAPEL DO FERROCARRIL. 10.1 CAUSAS DO ATRASO INDUSTRIAL. A tardanza da industrialización situou a España, xunto con Rusia e Italia, no grupo de países atrasados no industrial fronte aos adiantados: o noroeste de Europa e os Estados Unidos. Entre as tentativas de industrialización españolas están os esforzos privados da clase empresarial catalá por crear unha base industrial no principado, así como os intentos do Partido Progresista por sentar as bases políticas e lexislativas dunha sociedade moderna, é dicir, industrializada. As causas que explican o retraso da industrialización son: 1. Atraso da agricultura, traballada con métodos tradicionais e en mans mortas. 2. Mercado interior débil, polas malas comunicacións e a falta de demanda pola pobreza xeral. 3. Dependencia do estranxeiro en tecnoloxía (falta de formación) e enerxía (falta de bo carbón). 4. Falta dunha burguesía emprendedora: a vontade das clases altas era comprar terras e vivir de rendas. A inestabilidade política tampouco favorecía o investimento. 10.2 INDUSTRIA TÉXTIL ALGODOEIRA. A industria téxtil algodoeira catalá foi un dos poucos sectores que coñeceu un certo crecemento ao longo do século XIX. Cataluña manifestou, desde mediados do século XVIII, unha importante vitalidade demográfica e unha intensa actividade comercial que favoreceron a acumulación de capital, necesario para investir nas novas empresas e a súa custosa maquinaria. A isto súmase o control do comercio coas colonias americanas e unha imposición de aranceis aos produtos británicos que permitiu o control do mercado nacional. Con todo, a industria catalá foi sempre a rastro da británica xa que só representaba un 10% da industria de Reino Unido. O maior problema para o seu desenvolvemento era a escaseza e mala calidade do carbón, localizado no norte, polo que Cataluña estaba bastante afastada dos centros produtores. A esta situación debe sumarse a desaparición da demanda colonial, tras a perda dos territorios de ultramar, e a falta de demanda interior. Na evolución da industria téxtil algodoeira cabe destacar unha serie de fitos. Entre eles a invención dunha fiadora propia (a bergadana), a introdución de teares mecánicos (selfactinas) e a fábrica Bonaplata. E nesta última onde tiveron lugar episodios de resistencia obreira contra a mecanización (ludismo), que provocaron severos conflitos en 1835 e 1854. Foi clave A maior consecuencia social do desenvolvemento desta industria foi a creación en Cataluña dunha clase burguesa rica e poderosa con centro neurálxico na Barcelona modernista de Gaudí. 10.3 INDUSTRIA SIDERÚRXICA. Na primeira etapa do desenvolvemento da siderurxia española, os principais centros produtivos situáronse en Andalucía. Os primeiros altos fornos construíronse en Málaga, polos seus abundantes recursos ferrosos. O problema andaluz era o custo do carbón vexetal, que posuía un prezo moi elevado, polo que, dende 1860, a hexemonía andaluza comezou a declinarse ante a competencia asturiana. 22 A segunda etapa concentrouse en Asturias, xa que alí se localizaban os xacementos de carbón de Mieres e Langreo, e este era a fonte de enerxía fundamental da industria do ferro. A última etapa da industria siderúrxica foi de localización vasca. Con todo, os problemas de transporte e de combustible mantiveran as siderurxias de Biscaia nunha situación de subdesenvolvemento ata mediados do século XIX. O gran crecemento da industria vasca tivo lugar a partir da Restauración, xa que o ferro vasco permitía a creación de aceiro de alta calidade, polo que Euskadi converteuse nun gran exportador de ferro, especialmente o Reino Unido, que a súa vez enviou grandes cargamentos de carbón ao País Vasco, fortalecendo a súa industria. 10.3 O FERROCARRIL. O ferrocarril, igual ca propia industrialización, chegou a España de maneira moi tardía con respecto a Europa. A primeira liña de ferrocarril instalada en España foi nas súas colonias; tratouse da liña Güines-A Habana (1837), en Cuba. Na Península Ibérica, foi a liña Barcelona-Mataró (1848), á que seguiu a liña Madrid-Aranxuez (1851). A construción e a explotación dos ferrocarrís deixouse á iniciativa privada mediante a Lei Xeral de Ferrocarrís de 1855 durante o Bienio Progresista, que establecía facilidades e auxilios por parte do goberno ás empresas investidoras para favorecer a súa rápida construción. A maior parte destas empresas foron estranxeiras, perdendo así unha oportunidade de negocio para o país. Deste xeito, en 1876 a rede ascendía a 6000 km, e, entre 1876 e 1895, chegou case a duplicarse. O goberno de Cánovas del Castillo promulgou unha nova lei de Ferrocarrís en 1877 co obxectivo de paliar os desequilibrios territoriais impulsando liñas cara a periferia da península. Construíronse os ferrocarrís de vía estreita, ao servizo da comunicación comarcal de viaxeiros. Con todo, privilexiáronse os enlaces a capital, deixando sen comunicación ferroviaria dalgunhas zonas como boa parte da Galicia máis rural. Co cambio de século produciuse unha modernización no sector, grazas á implantación dos ferrocarrís suburbanos e tranvías, e á instalación das primeiras liñas electrificadas. Os beneficios do ferrocarril na economía foi grande: foi consumidor e impulsor da industria metalúrxica, hulleira e madeireira, e de material ferroviario; produciu unha nova oferta de transporte de mercancías, que rapidamente se revelou sen competencia. As maiores dificultades están relacionadas co ancho de vía utilizado, chamado ancho ibérico, que era maior que o utilizado en Europa. Esta decisión, tomada en 1844 por unha comisión de Enxeñeiros de camiños, estableceu como principal argumento, que a orografía peninsular implicaba o uso de locomotoras máis pesadas. Isto dificultou moito a conexión ferroviaria de España con Europa. Ademais, como xa dixemos, as empresas construtoras e o material para a construción proviña de fóra, polo que tamén supuxo unha oportunidade perdida para a economía española. 10.4 INDUSTRIALIZACIÓN EN GALICIA. A industria en Galicia apenas logrou desenvolverse. Dependía dun téxtil baseado no liño que non logrou competir co algodón, así como o ferro das montañas de Lugo non poido competir co de Euskadi. A industria máis desenvolta foi a conserveira, especialmente nas Rías Baixas e por parte de empresarios cataláns. Xa máis adiante comezaría a industria naval en cidades como Vigo e Ferrol. 23 11 O MOVEMENTO OBREIRO NO SEXENIO DEMOCRÁTICO E NA RESTAURACIÓN (1868-1923). 11.1 O MOVEMENTO OBREIRO. A sociedade liberal conseguiu a igualdade legal dos cidadáns coa eliminación da sociedade estamental pero non solucionou a desigualdade económica e creou unha sociedade de clases, onde as persoas diferéncianse en grupos segundo o seu poder económico. Os dous grupos sociais máis característica desta nova sociedade son o proletariado, composto polos obreiros da nova industria e as súas familias, e a burguesía, os donos desas industrias. As crecentes desigualdades na nova sociedade liberal pronto levaron á unha conciencia de clases nas clases populares e, polo tanto, a un desexo de loitar por unhas mesmas causas. Este movemento é coñecido como movemento obreiro, e ten como obxectivo conseguir melloras laborais para as clases populares, xa sexa por medios pacíficos ou violentos. En España, xunto co movemento obreiro houbo un forte movemento campesiño, xa que a meirande parte da poboación seguía a traballar no campo pola feble industrialización. As dúas ideoloxías que guiarán este movemento son o socialismo, máis vencellado os obreiros da industria, e o anarquismo, asociado o campo. 11.2. ANARQUISMO. A ideoloxía anarquista ten as súas orixes en pensadores como Bakunin e presenta os seguintes trazos: A defensa da liberdade individual. Rexéitase calquera tipo de autoridade e deféndese a abolición do Estado e das súas institucións. A supresión da propiedade privada. Deféndese o colectivismo, é dicir, a sociedade debe organizarse a través de unidades económicas autosuficientes (comunas), nas que os factores de produción fosen de propiedade colectiva. O apoliticismo. Rexeitan a participación na vida política porque consideran que a política é necesariamente corrupta. Só aceptan a vía sindical. O anticlericalismo, é dicir, consideran que a relixión e a Igrexa son obstáculos para a liberdade do home. A defensa da revolución e da folga como instrumentos para acabar co Estado burgués opresor. 11.3. SOCIALISMO. A corrente marxista do movemento obreiro foi, nun primeiro momento, minoritaria. Un grupo de tipógrafos madrileños fundou o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) en 1879. O seu líder foi Pablo Iglesias e Jaime Beira un dos principais teóricos. Os principios teóricos do socialismo, que se recollen no programa fundacional do PSOE, eran os seguintes: A abolición das clases sociais e a emancipación dos traballadores. A transformación da propiedade privada en propiedade colectiva. A conquista do poder político pola clase traballadora. 24 11.4 O MOVEMENTO OBREIRO DURANTE O SEXENIO (1868-1874). De maneira previa o Sexenio existía en España o movemento ludita, que protestaba violentamente contra os burgueses destruíndo as súas máquinas e fábricas. En 1821 tivo lugar o primeiro episodio de ludismo en Alcoi (Alicante) ao que se sumaron outros en Cataluña (1835) ou A Coruña (1857). Máis adiante xurdiron as sociedades de socorro mutuo entre os obreiros e, finalmente os primeiros sindicatos. Un fito desta primeira etapa do movemento foi a 1ª folga xeral (1854). Durante o Sexenio Democrático, asimiláronse as principais correntes ideolóxicas europeas: marxismo e anarquismo. Esta asimilación é posible grazas ao recoñecemento do dereito de Asociación en 1868 e tamén a chegada das ideas da AIT (Asociación Internacional de Traballadores). A AIT fúndase en Londres e ten como obxectivo espallar o movemento obreiro polo mundo. No caso de España o anarquista Fanelli adicouse dende 1870 a organizar a sección española da I Internacional en Cataluña, Levante e Andalucía. Un ano despois o socialista Lafargue (xenro de Marx) agrupou as asociacións marxistas que tiñan como centros Madrid (con Pablo Iglesias o fundador do PSOE) e o País Vasco. Neste momento, a chegada das novas ideas e as noticias procedentes de París, onde se inicia o intento revolucionario da Comuna en 1871, provocaron un pánico na sociedade e especialmente na burguesía É moi importante destacar que as ideas do movemento obreiro e a AIT xogaron un papel moi destacado no recoñecemento de dereitos durante o sexenio revolucionario e na Constitución de 1869. Así mesmo, a AIT participou das ideas cantonalistas e nas rebelións como a de Alcoi. Ao finalizar a primeira república e durante a Restauración a persecución das organizacións obreiras foi habitual 11.5. O MOVEMENTO OBREIRO DURANTE A RESTAURACIÓN (1874-1923). Tras a ilegalización das organizacións obreiras en 1874, os anarquistas actuaron na clandestinidade. En 1881 o goberno de Sagasta declarou legais tódalas asociacións obreiras, o que permitiu o xurdimento da Federación de Traballadores da Rexión Española (FTRE), que tiña os seus principais apoios en Cataluña e Andalucía. Neste contexto, produciuse o asunto da Man Negra, sociedade secreta á que se acusou de delitos contra o Estado, a propiedade e as clases acomodadas. A consecuencia foi a identificación do anarquismo andaluz e da FTRE con toda clase de crimes xustificando a súa persecución. En 1887 a FTRE desapareceu. Xa a finais de século as organizacións anarquistas practicaron a acción directa (atentados, asasinatos, etc.) especialmente en Barcelona. Destacan a bomba no Liceo (1893) e o asasinato de Cánovas (1897). A represión policial foi moi intensa e o movemento obreiro anarquista debilitouse Pola súa banda, as reivindicación dos socialistas centráronse na legalización das folgas, a redución da xornada laboral ou a prohibición do traballo de menores de 9 anos. Os máis radicais entre eles apostaban directamente pola revolución, é dicir, a toma do poder político polo proletariado. En calquera caso e, a diferencia dos anarquistas, o socialismo organizouse politicamente fundando o PSOE en 1879 con Pablo Iglesias como líder. Uns anos despois, en 1888, créase o sindicato UXT (Unión Xeral de Traballadores) tamén de tendencia socialista. O bloqueo político exercido polo sistema canovista impediu que o PSOE tivera poder político ata 1890, cando consigue algúns éxitos nas eleccións municipais das principais cidades. 25 12 A EVOLUCIÓN DA SOCIEDADE NO SÉCULO XIX (DESTACANDO A SITUACIÓN DA MULLER). 12.1 TRANSFORMACIÓN DA POBOACIÓN. O primeiro que temos que ter en conta para estudar a sociedade española do XIX é que a poboación medrou de 10 a 18 millóns. Trátase dunha explosión demográfica que foi común a toda Europa pero que foi máis tardía en España. As súas causas principais non se atopan na industrialización, que foi feble, senón na erradicación da peste e na expansión de cultivos como a pataca e o millo que axudaron a paliar a fame. Con todo, ao longo do século experimentáronse importantes crises demográficas por epidemias (febre amarela, cólera) e tamén fames causadas a miúdo pola subida brusca de prezos dos alimentos básicos. Pola súa banda, se observamos a poboación empregada por sectores económicos, podemos ver que no ano 1900 o 65% da poboación española estaba empregada no sector primario; só o 18% no secundario e un 17% no terciario. Ademais, só un terzo da poboación residía en núcleos urbanos. Por outra parte, as taxas de analfabetismo no 1900 alcanzan a o 63% da poboación, son polo tanto, moi altas. 12.2 A SOCIEDADE DO XIX ESPAÑOL. O cambio social máis relevante é o paso dunha sociedade estamental, con distinción entre grupos privilexiados (nobreza e clero) e non privilexiados; a unha sociedade de clases onde os grupos sociais estratifícanse pola súa capacidade económica. Na sociedade española déronse tamén algunhas particularidades con respecto a tendencia xeral en Europa: 1. Perda de importancia da nobreza e a aristocracia. Isto se debe a eliminación do Antigo Réxime, os señoríos que lle concedían poder político e a perda de bens materiais polas desamortización. Con todo mantivo máis poder que noutros países de Europa, con asentos permanentes no parlamento. 2. Aburguesamento da nobreza e ennobrecemento da burguesía. Moitos nobres investiron a súa riqueza na empresa capitalista ou en adquirir postos no administración. Pola súa banda, a burguesía tende a querer convértense en nobres comprando títulos e terras. 3. Aparición dunha clase media. Nos seus estratos baixos atópanse profesionais liberais (profesores, médicos, avogados) e funcionarios. Nas súas capas máis altas están os grandes burgueses, homes de negocios que posuían dereito a voto e controlaban a prensa e a vida social a través dos casinos e a sociedades mercantís. 4. Importancia política dos militares. Tódolos partidos contaban con algún militar de alto rango, figura que era coñecida popularmente como o “espadón”. Ademais, os cambios políticos estiveron marcada por multitude de pronunciamentos. 5. Proletariado. Está formada polos obreiros asalariados das cidades. Os seus salarios eran moi baixos e estaban sometidos a xornadas moi longas de ata 12 horas. O traballo infantil era legal e o traballo feminino peor pagado co do home. Non existía a prevención de riscos laborais nin tampouco cobertura social de ningún tipo (nin paro, nin baixa). Tampouco tiñan aceso a unha educación ou a unha sanidade pública. Conseguíronse avances grazas as protestas do movemento obreiro. Mencionar tema 5. 26 6. Situación marxinal do campesiñado. Estiveron sometidos a unha gran presión fiscal que nalgúns casos chegou a superar o 25% das súas ganancias. Por se fose pouco, no Antigo Réxime as familias de campesiños estaban vencelladas a terras, de maneira que existían contratos cos propietarios (chamados foros en Galicia), que garantían que o dereito a traballar unha leira pasara de xeración en xeración. Polos efectos das desamortizacións as terras foron compradas pola burguesía e estes dereitos desapareceron. Moitos campesiños convertéronse en xornaleiros, isto é: traballaban a terra por un salario e podían ser despedidos ou contratados dependendo dos desexos do propietario. As súas condicións de vida eran pésimas, o que levou a importantes migracións da cidade o campo; do sur rural cara o norte industrializado e da península a América. 12.3 A SITUACIÓN DA MULLER. A situación da muller en España durante o século XIX foi de submisión o home en tódolos ámbitos da vida social: Xurídico: a lei recoñecía unha condición legal inferior da muller fronte o home, o que servía para xustificar unha diminución dos seus dereitos. Laboral: as mulleres das clases altas e medias dedicábanse a maternidade e as tarefas domésticas, mentres que as das clases baixas tiñan que compaxinar o traballo doméstico ca xornada laboral na que, por un mesmo traballo cun home, cobraban un salario inferior. Político: as mulleres estaban ausentes en aquelas institucións de participación política (partidos, exército). Tampouco posuía dereito a voto. Social: a súa participación na vida social reducíase a ambientes femininos. O seu ámbito era o familiar e do traballo doméstico, debía estar sometido a autoridade dun home como o seu pai, marido ou un irmán maior. Cultural: existía unha restrición de acceso aos estudos básicos, medios e superiores, así como as institucións. A primeira muller que realizou estudos universitarios en España foi en 1872 mediante un permiso especial (María Helena Masseras) Dende o sexenio revolucionario (1868-1874) pódense apreciar os primeiros intentos de mellorar estas condicións. Isto foi apoiado tamén polos movementos de renovación pedagóxica como o krausismo e a Institución Libre de Ensinanza. Estas defenderon mellorar a instrución das mulleres e paliar o seu alto grado de analfabetismo. Destaca a creación da Asociación para a Ensinanza da Muller en 1871. Cataluña foi precursora neste sentido, ca creación da primeira organización feminista, a Sociedade Autónoma de Mulleres de Barcelona (1889) por parte de mulleres como a anarquista Teresa Claramunt ou a republicana Ángeles López de Ayala que tamén fundou a Sociedade Progresiva Feminina que incluía unha escola e unha compañía de teatro para mulleres. A pesar das numerosas trabas algunhas mulleres conseguiron destacar nos seus ámbitos. Este é o caso de escritoras como Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán ou penalistas como Concepción Arenal, a xornalista Carmen de Burgos ou a liberal Mariana Pineda. 27 ESQUEMAS E MAPAS CONCEPTUAIS 17 ESQUEMAS E MAPAS CONCEPTUAIS 2 ESQUEMAS E MAPAS CONCEPTUAIS 2 ESQUEMAS E MAPAS CONCEPTUAIS 15 ESQUEMAS E MAPAS CONCEPTUAIS 16