Comentario 12 homes sen piedade PDF

Summary

Este documento analiza o filme "12 homes sen piedade" centrándose na importancia do pensamento crítico e da deliberación no proceso xudicial. Describíronse os diferentes puntos de vista dentro dunha sala de xurado e as distintas formas de influír no resultado. Ofrece unha perspectiva sobre a deliberación e tomada de decisións como un proceso complexo.

Full Transcript

COMENTARIO **12 HOMES SEN PIEDADE** \'12 homes sen piedade\' é moito máis que un drama xudicial. É unha historia sobre a importancia do pensamento crítico e da capacidade de cambiar de opinión. A presión do grupo e os prexuízos son elementos importantes, pero o que realmente fascina é como un únic...

COMENTARIO **12 HOMES SEN PIEDADE** \'12 homes sen piedade\' é moito máis que un drama xudicial. É unha historia sobre a importancia do pensamento crítico e da capacidade de cambiar de opinión. A presión do grupo e os prexuízos son elementos importantes, pero o que realmente fascina é como un único membro do xurado pode desafiar o consenso e levar a un cambio fundamental na deliberación. O líder mostra un compromiso real co proceso de tomar decisións. É tenaz, nunca cede á presión do grupo, permanece firme na súa convicción de que hai que examinar a evidencia con coidado. A súa persistencia e o seu desexo de escoitar outras perspectivas son claves para o cambio de pensamento que se produce no grupo. É como un catalizador que fai que os outros membros do xurado se replanteen as súas opinións. A súa asertividade é esencial para manter o debate enfocado na evidencia e non permitir que as emocións ou os prexuízos dominen a deliberación. O líder actúa como un moderador, guiando a conversa de xeito imparcial e asegurando que todos os membros do xurado teñan a oportunidade de expresar as súas ideas. É interesante como na primeira votación, ao ser o único en votar inocente, crea unha atmosfera de desafío e invita ao debate. A súa honestidade e transparencia son cruciais para gañar a confianza dos outros xurados. É evidente que fai un esforzo por ser imparcial e buscar a verdade. Moitas veces os líderes inspiran aos outros a repensar as súas posicións mediante preguntas desafiantes, presentando perspectivas alternativas e expondo inconsistencias nas evidencias. Pero iso tamén pode traer consecuencias negativas como a resistencia, a hostilidade ou a polarización do grupo. É un xogo delicado, pero fundamental para o bo funcionamento da grupo. O seu papel principal é deliberar sobre o caso, analisar as evidencias e chegar a un veredicto baseado na xustiza e na convicción. Non é unha tarefa fácil. A duda razonable é o que realmente inicia todo o proceso de deliberación. Cando un membro do xurado se cuestiona a certeza da culpabilidade do acusado, comeza a cuestionar as propias conviccións dos demais. Cada un ten a súa propia personalidade, prexuízos e experiencias que afectan a súa percepción do caso. O líder é o único que intenta manter a mirada centrada na evidencia e desafiar estes prexuízos. Un veredicto de culpabilidade significa que o acusado sería condenado a morrer na cadeira eléctrica. Aí é onde se fai tan crucial o proceso de deliberación. É curioso como a capacidade de liderazgo dun membro do xurado pode ter un impacto tan grande na deliberación. É capaz de mobilizar o grupo, canalizar as enerxías e levar a un cambio significativo. Cada membro do xurado aborda a evidencia de maneira diferente e non só a interpretación dos feitos, senón tamén as declaracións das testemuñas e os detalles do caso. É crucial que todos estean na mesma posición para chegar a un consenso. Os prexuízos, as crenzas e os estereotipos poden influír moito na deliberación do xurado, dificultando que os membros do xurado se concentren na evidencia obxectiva. É por iso que a honestidade e a reflexión son tan importantes. A primeira votación é moi importante para establecer o punto de partida e crear unha atmosfera de debate. Cando a maioría vota culpable sen unha deliberación profunda, é un sinal claro de que algo non está ben, e o líder ten que actuar para que se produza un cambio. É unha historia que nos fai pensar sobre a importancia de cuestionar os nosos propios prexuízos e de ver as cousas desde perspectivas diferentes. Aí reside o poder do pensamento crítico. A capacidade de cuestionar o status quo, desafiar as propias conviccións e buscar a verdade, a pesar da presión do grupo, é o que fai de \'12 Homes sen piedade\' unha obra tan poderosa e relevante para os nosos tempos.

Use Quizgecko on...
Browser
Browser