Summary

This document provides an overview of invertebrate animals, including characteristics, habitats, and nutrition for different groups like porifera, cnidarians, annelids, nematoda, platihelmentinos, molluscs, arthropods and echinoderms.

Full Transcript

TEMA 3 ANIMAIS INVERTEBRADOS 1. INVERTEBRADOS CARACTERÍSTICAS XERAIS 2. PORÍFEROS 3. CNIDARIOS 4. ANÉLIDOS 5. NEMATODOS E PLATELMINTOS 6. MOLUSCOS 7. ARTRÓPODOS 8. EQUINODERMOS 1. CARACTERÍSTICAS XERAIS Ademais das características do cadro, os invertebrados caracterízanse por: - Ter esque...

TEMA 3 ANIMAIS INVERTEBRADOS 1. INVERTEBRADOS CARACTERÍSTICAS XERAIS 2. PORÍFEROS 3. CNIDARIOS 4. ANÉLIDOS 5. NEMATODOS E PLATELMINTOS 6. MOLUSCOS 7. ARTRÓPODOS 8. EQUINODERMOS 1. CARACTERÍSTICAS XERAIS Ademais das características do cadro, os invertebrados caracterízanse por: - Ter esqueleto (interno ou externo) - Posuír gran sensibilidade aos cambios que se producen no medio no habitan (acuático ou terrestre) - Ter a maioría capacidade de desprazamento - Presentar simetría: a simetría dun animal é a disposición das partes do corpo respecto a un eixe. Pode ser radial se o corpo está dividido en varios planos resultando partes iguais, ou bilateral se o corpo só presenta un plano que o divide en dúas partes iguais. Os animais divídense en vertebrados, se teñen columna vertebral, e invertebrados se non a teñen. Os invertebrados, son un grupo de animais moi diverso e moi numeroso, case o 95% das especies animais do planeta son invertebrados! Os principais grupos de invertebrados son: poríferos coma as esponxas, cnidarios como as medusas, platelmintos como a tenis, nematodos como as lombrigas intestinais, anélidos coma as miñocas, moluscos coma o mexillón, artrópodos coma os insectos e equinodermos coma as estrelas de mar. 2. PORÍFEROS: animais con poros ( esponxas) Características Animais moi simples co corpo en forma de saco e cuberto de numerosos poros. Hábitat Todos son acuáticos, a maioría mariños, pero tamén os hai en augas doces. Ademais, son sésiles, é dicir, viven pegados ao fondo. Esqueleto O seu esqueleto está formado por fibras máis ou menos flexibles situadas entre os poros. Nutrición Non teñen boca nin ano. Aliméntanse por filtración, crean correntes de auga que entran polos poros e saen polo poro central, o máis grande, o ÓSCULO. As células do seu interior recollen partículas de alimento. Respiran por difusión, xa que o osíxeno disolto na auga entra directamente nas células atravesando a membrana celular. Relación: As esponxas non se moven, viven fixas ao fondo. Son sésiles. Reprodución: Reprodúcense asexualmente por xemación. Algunhas reprodúcense sexualmente, o gameto masculino é liberado ao medio, entra nunha esponxa e fecunda ao gameto feminino, fórmase unha larva que sae polo ósculo, fíxase ao fondo e forma unha noiva esponxa. Pequeno vídeo sobre as esponxas: https://www.youtube.com/watch?v=m8a0oNsDEx8 3. CNIDARIOS: animais urticantes (pólipos e medusas) Características Son tamén moi simples, aínda que non tanto como as esponxas. O seu corpo conta cunha cavidade central que se abre ao exterior por unha boca rodeada de tentáculos. Estes tentáculos posúen células urticantes (que pican) chamadas CNIDOCITOS. Os cnidocitos teñen unha estrutura en forma de arpón que se dispara por contacto (aínda que o animal este morto!!!) e introduce na presa un veleno paralizante, de aí que sintamos picor ao tocar cnidarios coma anémonas ou medusas. O seu corpo pode presentar dúas formas: pólipo e medusa Nutrición: Son animais heterótrofos, carnívoros. Teñen boca pero non ano. Para alimentarse crean correntes de auga cos seus tentáculos que dirixen as partículas de alimento cara o seu interior, a través da boca. Unha vez dentro esas partículas son filtradas e os refugallos son expulsados de novo pola boca. O osíxeno o captan a través da pel por difusión. Reprodución: Actinia equina (arriba) e Anemonia sulcata (abaixo). Son anémonas (fase O tipo de reprodución é alternante: sexual e asexual. pólipo) frecuentes nas nosas praias, Os pólipo reprodúcense asexualmente por xemación. poden ter os tentáculos expostos ou non. Na reprodución sexual, os gametos libéranse e únense no medio acuático, fórmase unha larva que se une ao substrato formando un pólipo. 4. ANÉLIDOS: animais con aneis (vermes mariños, miñocas – lombrices e sambesugas) Características Estes animais caracterízanse por ter o corpo de forma cilíndrica, alongado e dividido en aneis. Ademais poden ter sedas, uns “pelos” que lles axudan a nadar se son acuáticos ou a adherirse as superficies se son terrestres. Segundo o número de sedas hai: - Anélidos con moitas sedas coma os vermes mariños. - Anélidos con poucas sedas coma a miñoca. - Anélidos sen sedas coma a sambesuga. VÍDEO SOBRE ANÉLIDOS POLIQUETOS: https://www.youtube.com/watch?v=eaGpnjp8sa0 Hábitat Poden ser acuáticos ou terrestres, pero sempre en zonas húmidas pois necesitan manter a súa pel húmida. Nutrición: Son detritívoros, carnívoros ou parasitos. Respiración cutánea, o osíxeno entra pola pel. Algúns mariños teñen branquias, que son pequenos filamentos que captan o osíxeno da auga. Relación: Sistema nervioso sinxelo, órganos dos sentidos do tacto, gusto e visión. Reprodución: Reprodución sexual, individuos que producen gametos masculinos ou femininos. Incluso individuos que producen os dous (hermafrodita). Algúns reprodución asexual por fragmentación. 5. NEMATODOS e PLATIHELMINTOS: Características Ambos tipos de animais presentan o corpo alongado e brando. A principal diferenza entre eles é que os nematodos teñen o corpo cilíndrico e sen dividir en aneis mentres que os platelmintos teñen o corpo plano e algún o teñen dividido en aneis. Hábitat Aínda que os hai de vida libre, a maioría son parasitos. Entre os parasitos que afectan ao home destacan nematodos coma lombrigas intestinais e platihelmintos coma a tenia. Cabeza da tenia con ganchos adaptada ao parasitismo. 6. MOLUSCOS: animais de corpo brando (caracois, mexillóns e polvos) Características Estes animais teñen o corpo brando, un corpo que adoita estar dividido en tres rexións: - CABEZA, onde se aloxan os ollos, a boca e os tentáculos. - MASA VISCERAL, onde se aloxan os órganos internos e que está rodeada polo MANTO, responsable da formación da cuncha calcaria (que pode ser externa ou interna); - O PÉ, órgano musculoso con distintas funcións (desprazamento, enterramento, fuxida). A súa pel segrega un mucus que, capa sobre capa, acaba dando lugar á cuncha. Nutrición: Alimentación variada, hainos carnívoros, herbívoros e filtradores. Os acuáticos repsiran por branqueas e os terrestres por pulmóns. Relación: Teñen órganos dos sentidos, algúns incluso a vista moi desenvolvida. Reprodución Sempre sexual. Todos son ovíparos. Moitos con sexos separados e outros hermafroditas (caracol) As clases máis representativas de moluscos son: Como curiosidade, os polbos teñen un cerebro moi desenvolvido que lles permite realizar comportamentos complexos e mesmo aprender! E por si fora pouco…teñen 3 corazóns.. 7. ARTRÓPODOS: animais con patas articuladas Características Os artrópodos son o grupo de invertebrados máis numeroso. O seu corpo está divido en segmentos: cabeza, tórax e abdome. Na cabeza atópanse as mandíbulas, as antenas e os ollos, do tórax saen as patas e no abdome poden aparecer apéndices con distintas funcións: para suxeitar a posta, coma nos cangrexos, para producir seda, coma nas arañas… Nutrición: Alimentación variada. Respiran por branquias (os acuáticos) e por traqueas ou pulmóns os terrestres. Relación: Sistema nervioso desenvolvido (con cerebro). Órganos dos sentidos desenvolvidos, ollos simples ou compostos. Reprodución: Reprodución sexual. Ovíparos. Fecundación interna nos terrestres e interna ou externa nos acuáticos. Dos ovos sae unha larva que sofre un proceso de muda para converterse en adultos. Vó da xoaniña: https://www.youtube.com/watch?v=fC61ZA4uWbs Muda escorpión: https://www.youtube.com/watch?v=E5hyyeGrDic&feature=youtu.be Dixestión externa: https://www.youtube.com/watch?v=vF1DlI4m9_U As clases máis representativas son: 8. EQUINODERMOS: animais con espiñas (ourizos) Características No corpo destes animais non se distingue a cabeza. A maioría teñen simetría radial. Este grupo inclúe as estrelas de mar, ourizos, holoturias, ofiuras e lirios de mar. Hábitat Todos son mariños. Mentres que os lirios viven fixos ao substrato, ourizos, estrelas e ofiuras arrástranse polo chan coa boca na súa parte inferior. Pola súa banda, as holoturias arrástranse por un dos seus costados, ca boca nun extremo. Esqueleto Posúen un endoesqueleto (esqueleto interno) formado por placas. Por debaixo destas placas está o sistema ambulacral, unha serie de canais internos que saen ao exterior formando os pés ambulacrais que adoitan rematar en ventosas. En ocasións, a pel aparece rodeada de espiñas. Cando os canais se enchen de auga, a presión fai que os pes se estendan producindo un leve desprazamento. Nutrición: Alimentación variada: os lirios de mar e as holoturias son filtradores, os ourizos herbívoros e as estrelas e ofiuras son depredadoras. Teñen un tubo dixestivo completo, con boca e ano. Relación: Desprázanse cos pes ambulacrais. Órganos dos sentidos pouco desenvolvidos. Reprodución: Teñen reprodución sexual. Son ovíparos. As estrelas de mar presentan ademais reprodución asexual por fragmentación.

Use Quizgecko on...
Browser
Browser