Summary

This document is a past paper for a first-year undergraduate course in the Economics of Education at the Universidade de Santiago de Compostela (USC) in Galicia, 2024/2025. It explores the relationship between economic growth and human development, considering topics such as the role of education in human development and the importance of policies supporting these goals.

Full Transcript

GRAO EN PEDAGOXÍA CLIS_03* Grupo Nº2 MATERIA: ECONOMÍA DA EDUCACIÓN PRIMEIRO CURSO...

GRAO EN PEDAGOXÍA CLIS_03* Grupo Nº2 MATERIA: ECONOMÍA DA EDUCACIÓN PRIMEIRO CURSO CURSO ACADÉMICO: 2024/2025 Do crecemento económico ao desenvolvemento humano Nome e apelidos das persoas do grupo: 1) Carlos Rodríguez Pena 2) Eva Viaño Vázquez 3) José Ángel Tarrío Souto 4) Ana Isabel Pena Rivas ÍNDICE Introducción...................................................................................................................................................... 3 Desenvolvemento humano............................................................................................................................... 4 Definición e concepto.................................................................................................................................... 4 Indicadores do desenvolvemento humano................................................................................................... 5 Importancia das axudas políticas para o desenvolvemento humano........................................................... 6 Crecemento económico.................................................................................................................................... 7 Definición....................................................................................................................................................... 7 Impacto na calidade de vida.......................................................................................................................... 7 Factores que explican o crecemento............................................................................................................. 8 Relacións............................................................................................................................................................ 9 Depende o desenvolvemento humano do crecemento económico e viceversa?........................................ 9 Mecanismos oficiais...................................................................................................................................... 9 Importancia da conexión do crecemento económico e o desenvolvemento humano.............................. 10 Educación como peza clave......................................................................................................................... 10 Cuestións críticas............................................................................................................................................. 11 Rendas familiares........................................................................................................................................ 11 Importancia da oferta e a situación territorial na formación...................................................................... 11 O Estado como principal encargado dos procesos formativos.................................................................. 12 Conclusións...................................................................................................................................................... 13 Referencias...................................................................................................................................................... 14 Preguntas tipo test...................................................................................................................................... 15 Introducción Nos nosos días estamos cheos de mirar as noticias e os índices para observar un mundo cada vez máis complicado, onde o crecemento económico segue sendo unha prioridade para cada goberno. Aínda que esta meta poida xerar oportunidades e mellorías nas condicións materiais, o verdadeiro progreso vai máis alá das cifras, sendo o desenvolvemento humano un garante de benestar, equidade e oportunidades para todas as persoas. Este traballo abordará a relación entre o desenvolvemento humano e o crecemento económico, indagando en que ambos termos, ainda que relacionados, non sempre seguen o mesmo camiño. Ao longo deste estudo vanse expoñer diversas ideas e teorías para responder á seguinte pregunta, ¿é suficiente o aumento da riqueza para mellorar a calidade de vida das persoas? Desenvolvemento humano Definición e concepto O paradigma de desenvolvemento humano que apareceu a finais da década dos oitenta (século XX) supuxo un cambio radical. Principalmente, porque poñía en dúbida o argumento principal que servía como base na que se fundamentaba grande parte da economía do desenvolvemento. A partir da obra sumamente innovadora de Amartya Sen, o desenvolvemento humano comeza a entenderse como un proceso de ampliación e mellora das capacidades das persoas, e non como un incremento do benestar e satisfacción económicos. Desta maneira, o desenvolvemento non ten como finalidade aumentar a produtividade, senón intentar que todas as persoas dispoñan das necesidades básicas, poidan vivir unha vida máis longa, non contraer enfermidades evitables, poder facer máis cousas, etc. Dito doutra maneira, segundo esta definición, o desenvolvemento humano situaríase en primeiro lugar como principal indicador de desenvolvemento, deixando así nun segundo plano ao produto nacional. Ademáis, o concepto de desenvolvemento humano desafía á afirmación tradicionalmente aceptada de que o desenvolvemento se consigue a través da acumulación de capital físico. Non obstante, numerosos autores (entre eles, Schultz) afirmaron que o desenvolvemento non se logra mediante o capital físico, senón que se debe priorizar o capital humano. Numerosas investigacións e estudos empíricos (por exemplo, os realizados por John Strauss en 1998 ou George Psacharopoulos en 1994) demostran que a inversión en seres humanos é altamente produtiva, tanto se se pretende incrementar o produto nacional como se o obxectivo é aumentar as capacidades humanas. Esta inversión pode realizarse de múltiples formas, entre as que se encontran: - Gasto en educación e investigación (que proporcionan novos coñecementos, tecnoloxías e habilidades intelectuais). - Gastos nos servizos básicos de saúde e alimentación. Desta forma, a estratexia de desenvolvemento cambiou radicalmente a principios do anos noventa, situándose as persoas no centro da ecuación, pasando dunha visión do desenvolvemento centrado nos bens de consumo a outra totalmente diferente que pon o foco nas persoas. Así, estas convertéronse ao mesmo tempo en obxecto das políticas deseñadas en un pilar fundamental para o seu propio funcionamento (Griffin, 2001). Indicadores do desenvolvemento humano O desenvolvemento humano mídese analizando diversos factores como a educación, a sustentabilidade ambiental ou os ingresos per cápita. A ferramenta principal para medir o desenvolvemento humano, utilizada polo PNUD (Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento) desde 1990, é o Índice de Desenvolvemento Humano (IDH). O IDH pretende analizar as capacidades, opcións e liberdades dunha persoa. Está formado principalmente por 4 compoñentes: a esperanza de vida ao nacer, a taxa de alfabetización adulta, a taxa de matriculación en educación primaria, secundaria e superior e a renda real medida en termos de paridade de poder adquisitivo (esta renda non se interpreta como elemento de benestar persoal senón como un potenciador das capacidades humanas). Este indicador tamén incorporou nos últimos anos a perspectiva de xénero, mostrando as diferenzas entre homes e mulleres en ámbitos como a esperanza de vida, alfabetización… Isto demostra que se trata dun indicador flexible, capaz de adaptarse aos cambios do desenvolvemento ao longo do tempo (Griffin, 2001). Segundo este indicador, os países con maior índice de desenvolvemento humano en 2021 foron Suíza, Noruega e Islandia. España atópase no posto 27 (Datos Macro, 2021). Antes da aparición deste método de medición, a ferramenta que se utilizaba para cuantificar o desenvolvemento era a renda per cápita. Non obstante, o cálculo do índice de desenvolvemento a través da renta calculada en diñeiro ofrece unha visión moi limitada do benestar (Pigou, 1920). Ademáis do IDH, o PNUD elaborou en 1997 un experimento para medir a pobreza, o Índice de Pobreza Humana, utilizando variables de privación humana que foran unha réplica do IDH. Así, algunhas das variables que se utilizaron foron o índice de analfabetismo adulto ou a porcentaxe da poboación sen acceso a auga potable (Griffin, 2001). En resumo, os indicadores comentados (aos que se foron engadindo outros ao longo dos anos) son complementarios e, mediante o seu estudo, permiten analizar comprender e obter unha visión máis ampla acerca do desenvolvemento humano. Importancia das axudas políticas para o desenvolvemento humano Neste punto, cabe destacar a importancia e necesidade do establecemento de políticas públicas que promovan e fomenten o desenvolvemento humano. Fundamentalmente, estas políticas deben ir destinadas ao ámbito educativo, xa que a educación é un concepto transversal que está presente en todo o proceso do desenvolvemento do ser humano e que lle permite potenciar as súas capacidades, deseñar e executar proxectos persoais de vida, cultivar as súas habilidades… Por esta razón, é necesario deseñar e poñer en práctica políticas que permitan establecer un sistema educativo horizontal e continuo (sen límites de tempo e espazo) en lugar da escolarización obrigatoria durante uns anos da infancia e adolescencia. Logrando un entorno óptimo que proporcione medios educativos que potencien as capacidades das persoas (non só durante a etapa escolar, senon durante toda a vida) e que lles faciliten o acceso ao coñecemento, o desenvolvemento humano veríase notablemente favorecido (Barrios, 2008). Ademais deste campo, existen numerosas áreas que poden contribuír (a través da súa potenciación mediante axudas políticas) ao progreso do desenvolvemento humano. Para lograr a mellora destes ámbitos, existen diversos métodos e organizacións (públicas e privadas). Unha delas é a axuda oficial para o desenvolvemento (AOD), cunha grande relevancia como catalizador dos procesos de desenvolvemento, pero cuxa eficacia foi posta en dúbida en numerosas ocasións, pois non cumpriu as expectativas establecidas. Por exemplo, no campo da saúde, entre 2015 e 2020 a mortalidade dos nenos menores de 5 anos diminuíu un 10% (mentres que o obxectivo era unha redución do 42%) e a incidencia do VIH mantívose practicamente constante (Abellán, 2024). Non obstante, a pesar do relativo “fracaso” da organización anteriormente mencionada, segue sendo necesaria a aparición de máis organizacións deste carácter, que fomenten e proporcionen axudas para a consecución de obxectivos (como por exemplo os marcados na Axenda 2030) que permitan un avance no proceso de desenvolvemento humano. Resumindo, as políticas aplicadas para lograr obxectivos en determinadas áreas (educación, saúde, medio ambiente…) teñen un papel fundamental na mellora do desenvolvemento humano, e a súa emisión e posta en práctica son necesarias para lograr unha evolución correcta deste concepto. Crecemento económico Definición O crecemento económico é a evolución positiva que a economía sofre nun prazo de tempo determinado e en termos de bens e servizos ou renda. Esta renda inclúe factores importantes á hora de estudar o crecemento económico, como son o aforro, a balanza comercial e a inversión. O indicador máis empregado para medir esta evolución é o PIB (Sánchez Galán, 2024). Impacto na calidade de vida Son moitos os aspectos que inflúen na calidade de vida da cidadanía, como a localización xeográfica, a situación política do país etc. No caso do crecemento económico, e relacionándoo coa distribución dos ingresos, deféndese que para reducir a desigualdade é necesario favorecer este crecemento, xa que xera emprego. Do mesmo xeito, o aumento da produtividade contribúe ao incremento dos salarios e dos niveis de renda per cápita (Kuznets, 1974), polo que inflúe positivamente na vida do persoal contratado. As actividades económicas que contribúen ao desenvolvemento do ser humano son aquelas que están relacionadas con prestacións sociais, como a educación, a sanidade e a formación para o emprego e gasto social público. A distribución do PIB para estes gastos sociais é determinante tanto para o crecemento económico como para o desenrolo humano, polo que debería repartirse de forma igualitaria. Deste xeito, daríase lugar a unha maior calidade de vida, sempre e cando se melloren os factores de producción (Fuerte Grábalos, Plou Lafuente y Gómez Bahillo, 2017). A pesar disto, pode darse o caso de recensións económicas onde se produce unha evolución negativa da actividade económica nun período de tempo, producindo unha diminución do benestar da cidadanía dunha rexión (Sánchez Gálan, 2024). Factores que explican o crecemento Para buscar explicacións sobre como crecen as economías e o por que dos seus cambios, identifícanse certos factores clave: A inversión en capital físico, que se refiren aos bens producidos polos seres humanos e empregados para a creación de outros bens e servizos ( maquinaria, edificios, estradas…). Deste xeito, o aumento de capital físico pode aumentar a produtividade ao permitir a produción de máis bens no mesmo tempo de traballo. A educación ou inversión en capital humano, que mellora a calidade do persoal mediante unha boa educación e formación, axudándolles a aumentar a súa produción e eficiencia, impulsando o crecemento económico. A tecnoloxía, importante ao facilitar a evolución nos modelos de traballo, as ferramentas, os medios de producción e a investigación. As melloras neste ámbito son vitais para producir máis con menos recursos, mellorando a produtividade das empresas. Os recursos naturais, como o petróleo ou a madeira, son fundamentais para este crecemento sempre e cando se empreguen dun xeito efectivo e se faga un bo uso deles. As institucións xogan tamén un papel moi importante neste obxectivo ao proporcionar os marcos legais para fomentar a inversión, a competencia e para protexer os dereitos de propiedade. A saúde e a demografía dunha nación, pois unha poboación saudable e en continuo crecemento pode proporcionar unha maior man de obra produtiva e un mercado en expansión. O libre comercio, que permite que a cidadanía se especialice no que mellor se lle da, proporcionando ademais un acceso a bens e servizos que, se non existira, non estarían dispoñibles. A estabilidade económica e política dun país, que é esencial para fomentar este crecemento económico, así como a inversión, pois unha inestabilidade tanto política como económica pode aumentar a cautela das empresas á hora de investir. (Escola Financieira, 2023) En definitiva, o proceso do crecemento económico implica moitos factores diferentes, sendo o equilibrio entre todos eles a clave para logralo. Relacións Depende o desenvolvemento humano do crecemento económico e viceversa? Decía Adam Smith, “a moralidade nos negocios é esencial para o benestar”, ou tamén “as institucións son fundamentais para o desenvolvemento económico”. A raíz desta cuestión reside en como saber se ambos termos son dependentes ou non, e tras todo o exposto nos anteriores puntos, permítese responder a esta pregunta, non sen antes aclarar a correlación que hai entre eles. Non existe relación entre crecemento económico e desenvolvemento humano por razóns que agora se explicarán, pero adiantase que o mundo se enfronta a un reto á hora de establecer vínculos efectivos. Por unha parte o crecemento económico é movido polos mercados e tamén polas institucións competentes, supoñendo un medio elemental para o desenvolvemento humano, pero non é seu fin, e o desenvolvemento humano non é unha liña que se cruza, se non unha situación dinámica, cambiante conforme ao benestar que se consegue. A relatividade do crecemento económico e o carácter dinámico que ten o desenvolvemento humano, fan que sexan bilaterais, pero non dependentes (Karelys Abarca, 2015). Mecanismos oficiais Establecido o anterior, existen medidas optadas polos gobernos de cada estado para impulsar a relación, ao cal lle chamamos mecanismos. Estes perseguen o obxectivo de procurar nun crecemento económico que sexa capaz de levar consigo o desenvolvemento humano, así é que se priorizan estes: Fomentar a inversión en infraestrutura, xa que facilita a produción e o transporte de bens, e en segundo lugar de persoas, e ademais reduce custos. Innovación e desenvolvemento tecnolóxico, para poder xerar ideas, produtos e procesos capaces de facer máis eficientes ás empresas e volvéndoas máis competentes, e tamén o feito de acomodar a vida das persoas. Promover a capacitación e a formación de recursos humanos, sendo a base de calquera economía contar cunha man de obra capacitada, talentosa e adaptable. Importancia da conexión do crecemento económico e o desenvolvemento humano Chegado ata este punto, o feito de que o benestar dunha nación ou do mundo enteiro vai depender estritamente do crecemento económico e o grao de desenvolvemento humano que se presente, é de vital importancia que estes dous estean profundamente aliñados. Son moitos os factores que interveñen en que isto se poida establecer debido á magnitude que se abarca, e é por iso toda a estructura tan complexa que abarca o propio fenómeno en sí, pero un moi esencial correspóndelle ao valor educativo. Educación como peza clave Partindo de que a educación é un dereito fundamental que posuímos todas as persoas, capaz de desenvolver ás persoas e ás sociedades, significa algo necesario para un fututo exitoso e productivo. A educación supón unha razón detras dunha vida exitosa, dado que nos forma e alimenta intelectualmente, armando unha perspectiva crítica sobre a vida permitindonos facer xuizos e evaluacións sobre diversas situacións, solucionando problemas con maior facilidade, no que se traduce nunha mellor toma de decisións. Cuestións críticas Rendas familiares É innegable a relación bidireccional entre o crecemento económico, o desenvolvemento humano e as rendas familiares, e o impacto destes en aspectos socioeconómicos. Por unha parte, como xa se cita anteriormente, “o crecemento económico é un aumento da economía nun tempo determinado en termos de bens, servizos ou rendas” polo que, consecuentemente, ten un impacto directo nas rentas e ingresos dos cidadáns (Gonzalez García, 2014). Este impacto pode darse de varias formas: -Como un incremento no emprego e nos salarios. O aumento de oportunidades laboráis debido á mellora económica conleva a un maior ingreso e polo tanto unha maior capacidade de consumo nos fogares. -En melloras da productividade. Producidas por un aumento na motivación por parte dos traballadores. -Cunha redistribución de ingresos. Dependendo do tipo de crecemento económico que se dea, terá unas determinadas consecuencias ligadas ao grupo social ao que afecten. Aínda que se o crecemento económico é desigual e se centra nun grupo social reducido, non ten por que afectar implícitamente ás rendas familiares. Por outra parte, o desenvolvemento humano, referido á mellora da calidade de vida, afecta nas rendas familiares nos seguintes campos: -Educación e preparación laboral. Un mellor desenvolvemento humano implica un acceso máis equitativo, en especial no referido á educación superior, puidendo optar así a mellores postos de traballo e obtendo un mellor salario. -Saúde. A mellora nos servicios sanitarios conlevan de igual forma a unha mellor calidade de vida. -Reducción da pobreza. A parte da busca polo benestar, o desenvolvemento humano tamén pretende rebaixar as desigualdades, en especial, as económicas e as sociais. Importancia da oferta e a situación territorial na formación Como xa vimos con anterioridade, a formación educativa é un motor imprescindible para o desenvolvemento humano. Sen (2000) considera que a educación pode ser vista como unha liberdade e capacidade para mellorar este desenvolvemento, xa que, como factor substancial, pode favorecer aos individuos na mellora doutras capacidades, esenciais tamén para o seu benestar. (Villareal, 2021) Esta educación, a súa vez, depende de dous factores fundamentais: A oferta educativa, entendida como os recursos dispoñibles e a calidade destes, e a ubicación territorial. No tocante ás oportunidades educacionais, veñen dadas principalmente polas escolas e centros educativos, e está claro que se acadarán máis saídas e mellores competencias profesionais nos países máis avanzados fronte aos que se encontran en vías de desenvolvemento. A desigual adquisición de coñecementos e habilidades, as oportunidaes laborais entre iguais ou a evolución social e personal nos individuos, son algúns dos axentes indiscutibles que os discirnen, a maiores da evidente superioridade económica. Estas desvantaxes tamén fan que os países menos desenvolvidos contribúan en menor medida a un crecemento económico xeral (Hernández, 2018) Aínda así, estas non teñen que ver únicamente coa propia escola, senón que, para que a formación sexa completa, ten que desenvolverse nunha sociedade educadora e instructora no seu conxunto (Villareal, 2021). Na outra banda, a localización dos individuos ten un papel primordial cara á educación e en consecuencia cara ó posto de traballo que desenvolverán nun futuro. Deste modo, non se poden comparar as saídas laboráis que se dan no centro dunha urbe ás pertencentes á periferia ou a unha vila, debido á demanda e accesibilidade de cada unha. O Estado como principal encargado dos procesos formativos Chegados a este punto, podemos corroborar que a educación é un elemento clave para a prosperidade económica. Por tanto, un gran peso recae sobre a entidade responsable desta: o Estado. En consecuencia, a súa tarefa fundamental será definir un marco xurídico óptimo para poder regular as relación económicas co fin de garantir a liberdade e igualdade entre os individuos (Muñoz, 2016). Así pois, o Estado, como tal, debe optar por unha educación equitativa, tentando abarcar o maior número de individuos posibles, presentando neles as políticas e coñecementos que axuden a desenvolver unha mellora integral no capital humano e, en consecuencia, a unha mellora na economía e no progreso persoal, formando así traballadores cualificados que permitirán un avance tecnolóxico a grandes escalas e na propia calidade de vida da xente. Conclusións En resumo, o paradigma do desenvolvemento (xurdido a finais dos 80) modificou por completo a maneira tradicional de entender o concepto de desenvolvemento, poñendo como pilar fundamental as persoas e a potencialidade das súas habilidades e deixando nun segundo plano o ámbito económico. A creación do IDH (Índice de Desenvolvemento Humano) en 1990 permitiu medir o benestar das persoas sen centrarse só no seu nivel económico (como fai o PIB), analizando outros factores como a educación, a esperanza de vida... O desenvolvemento humano e o crecemento económico realmente non teñen unha relación directa. Se ben é certo que unha mellora no ámbito económico permite un avance na calidade de vida das persoas, este non é o seu fin. De nada sirve un crecemento económico se non está acompañado dunhas políticas públicas centradas en mellorar áreas como a saúde ou a educación. Por último, cabe destacar a importancia da educación como ferramenta para garantizar un desenvolvemento sostible unhas boas condicións de vida para as persoas, axudándolles a potenciar as súas capacidades e permitindo un crecemento económico igualitario. Referencias Abellán, J. (2024). Ayuda para el desarrollo y salud: progresos e incertidumbres. ICE, Revista de Economía, (934). Bruni, J., Aguirre, N., Murillo, F., Díaz, H., Fernández, A., & Barrios, M. (2008). Una mejor educación para una mejor sociedad. Federacion Internacional de Fe y Alegria. Escola Financieira (2023). 8 Factores decisivos para el crecimiento económico de un país. Fuerte Grábalos, E., Plou Lafuente, P. y Gómez Bahillo, C. (2017). Desarrollo humano desde la perspectiva del crecimiento. González García, A. (2014). Análisis de la formación y empleo en los Estados Mexicanos [Manuscrito no publicado] Departamento de Estructura Económica y Economía del Desarrollo. Universidad Autónoma de Madrid. Griffin, K. (2001). Desarrollo humano: origen, evolución e impacto. Ensayos sobre el desarrollo humano, 25, 13-23. Hernández, L., y Serrano, L. (2018). Formación, mercado de trabajo y crecimiento económico en España: ¿un nuevo modelo tras la crisis?. Cuadernos Económicos De ICE, (95), 57–77. https://doi.org/10.32796/cice.2018.95.6642 Muñoz Ortiz, M., & Burgos Fernández, F. (2016). El papel de la familia y del Estado en la educación, a la luz de la Doctrina Social de la Iglesia. Repositorio Institucional CEU. Neira Gómez, I., & Guisán Seijas, M. del C. (1998). Educación y crecimiento mundial, estudio econométrico del impacto del capital humano. Tese-Universidad de Santiago de Compostela-Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales. Pigou, A. C. (1920). The Economics of Welfare (London, 1920). his italics) Google Scholar, 12. Reyes, G. E. (2008). Política Económica, Crecimiento y Desarrollo Humano: Principales Relaciones. Tendencias (Pasto, Colombia), 9(1), 101-126. Sánchez Galán, Javier (2024).¿Qué es el crecimiento económico? Factores clave. Villarreal, E. M., y Zayas Pérez, F. (2021). Desarrollo humano y Educación: una perspectiva de la educación enfocada al desarrollo humano. Revista Vértice Universitario, 253(90). https://doi.org/10.36792/rvu.vi90.31ç Preguntas tipo test 1. Cando se creou o IDH (Índice de Desenvolvemento Humano)? a) 1987 b) 1990 c) 1992 d) 1996 2. Antes da aparición do IDH, a ferramenta que se utilizaba para medir o desenvolvemento era... a) PIB (Produto Interior Bruto) b) IPH (Índice de Pobreza Humana) c) Renda per cápita d) IPI (Índice de Produción Industrial) 3. En que se baseaba o concepto tradicional de desenvolvemento? a) Acumulación de capital físico b) Mellora das condicións de vida c) Evolución das empresas privadas d) Aumento do investimento público 4. Cal é o indicador máis utilizado para medir o crecemento económico? a) Taxa de desemprego b) PIB (Produto interior bruto) c) IPC (Índice de Precios ao Consumidor) d) Balanza comercial 5. Qué actividades económicas contribúen ao desenvolvemento humano? a) Actividades industriais b) Actividades relacionadas coas novas tecnoloxías c) Actividades extractivas (agricultura, gandaría...) d) Actividades relacionadas coas prestacións sociais 6. Que é o capital físico? a) Bens producidos polos seres humanos b) Patrimonio acumuado polas persoas. c) Coñecemento dunha empresa ou persoa. d) Recursos naturais non procesados 7. De que maneira infllúe a educación dentro do crecemento económico e o desarrollo humano? a) Non ten demasiada relevancia b) Significa o garante dun futuro exitoso c) Supón un factor máis dentro de todo o que inflúe d) Depende do país e da sociedade 8. Dado que o crecemento económico e o desenvolvemento humano no van estrictamente unidos, que mecanismo citado anteriormente se aplica? a) Fomentar a cooperación entre países para eliminar problemas sociais b) Investir en infraestrutura para mellorar a produción e reducir custos c) Eliminar aranceis e desvalorizar as divisas d) As respostas b) e c) son correctas 9. En que tres campos afecta o desenvolvemento humano nas rendas familiares? a) Educación, paro e economía b) Estudos, axudas e servizos c) Orientación profesional, administración e sanidade d) Educación, saúde e reducción da pobreza 10. De que dous factores fundamentais depende a educación? a) Dos procesos formativos e da influencia do Estado b) Da oferta educativa e da situación territorial c) Da dirección administrativa e da demanda educativa d) Da dispoñibilidade dos recursos e do plan de estudo

Use Quizgecko on...
Browser
Browser