Unidade 4-Da caída de Roma aos inicios da Europa Feudal PDF

Summary

Este documento é un resumo da Unidade 4 sobre a caída de Roma e o inicio da Europa Feudal. Inclúe información sobre a Idade Media, as invasións xermánicas e a formación de reinos. Tamén explora o Imperio Bizantino e o ascenso do Islam.

Full Transcript

Unidade 4-Da caída de Roma aos inicios da Europa Feudal Índice da unidade O inicio da Idade Media............................................................................................2 Introdución....................................................

Unidade 4-Da caída de Roma aos inicios da Europa Feudal Índice da unidade O inicio da Idade Media............................................................................................2 Introdución................................................................................................................2 1. A invasión dos hunos e a caída do Imperio romano de Occidente.................3 2. A formación dos reinos xermánicos...................................................................5 3. O Imperio Carolinxio e o inicio da Europa feudal..............................................5 4. Do Imperio romano de Oriente ao Imperio bizantino.........................................8 5. O Islam: política, arte e sociedade.....................................................................12 1 O inicio da Idade Media A Idade Media é un período histórico da civilización occidental que abrangue ao redor de 1000 anos e que transcorre entre a Idade Antiga e a Idade Moderna. O seu inicio sitúase no ano 476 d.C. coa caída do Imperio romano de Occidente. A súa data de finalización é para unhas correntes históricas o ano 1453 d.C. (a fin do Imperio bizantino) e, para outras, o 1492 d.C. (a chegada de Cristovo Colón de América). Esta Idade adoita dividirse en tres etapas: A Alta Idade Media, que abrangue desde o século V até o século X. A Plena Idade Media, que arranca no século XII e remata no XIII. E a Baixa Idade Media, nos séculos XIV e XV. Introducción Nesta cronoloxía histórica tedes algúns dos principais acontecementos que tiveron lugar ao longo desta etapa nas tres grandes áreas culturais nas que se dividiron o continente Europeo e os territorios ás beiras do Mediterráneo. Esta división dos restos do que foi o Imperio romano en tres áreas tivo lugar na Alta Idade Media. É aí cando... En Europa occidental tomaron forma os reinos xermánicos que darían lugar á Europa feudal. A sociedade ruralizouse, cunha maior parte da poboación traballando a terra e vivindo en aldeas. As invasións que tiveron lugar nesta parte de Europa facilitaron o fortalecemento da nobreza, mentres se debilitaba o poder dos monarcas. Ademais, espallouse a Cristiandade e a Igrexa católica gañou cada vez máis importancia na sociedade. 2 No sueste europeo creouse o Imperio bizantino, unha continuación do Imperio romano de Oriente no que se mantiveron elementos da Antiga Grecia e da Antiga Roma. A Igrexa cristiá bizantina rematou por separarse da católica con se en Roma, creándose a Igrexa ortodoxa. Na península de Arabia xurdiu unha nova relixión, o Islam, que formou un grande Imperio que abranguía tres continentes (África, Asia e Europa). Durante case oito séculos dominou unha importante parte das beiras do Mediterráneo e mais a Península Ibérica. Mentres os reinos xermánicos eran fundamentalmente rurais, tanto o Imperio bizantino como o Imperio islámico formaron extensas redes de comercio arredor de importantes cidades como Bagdag ou Damasco. Na primeira etapa da Idade Media deu comezo ademais un período de clima máis cálido e máis seco que se estendeu até o século XIV. A medio prazo, estas condicións climáticas facilitaron un aumento da produción agrícola, o crecemento da poboación e mais a reactivación das cidades e do comercio no continente europeo na chamada Plena Idade Media. Pero comecemos polo principio... 1. A invasión dos hunos e a caída do Imperio romano de Occidente En 1º de ESO aprendestes que o Imperio romano estendeuse arredor do mar Mediterráneo durante a Idade Antiga. O seu territorio quedara unido nunha mesma unidade política: o Imperio, baixo a autoridade do emperador. Ademais, romanos e romanas compartían unha lingua, o latín, unhas leis e unhas formas de vida comúns. A romana era unha sociedade fundamentalmente urbana, cunha economía dependente do traballo de escravos e escravas no campo ou nas minas. O comercio tiña grande importancia e había calzadas que unían todo o Imperio para facilitar os intercambios. 3 Ao norte das fronteiras romanas, máis alá dos ríos Danubio e Rin, vivían os pobos xermánicos, denominados bárbaros polos romanos: suevos, vándalos, alanos, francos etc. Estes pobos estaban dirixidos por xefes militares que exercían como reis. A coroa era electiva, non hereditaria. A partir do século III d.C. os pobos xermánicos comezaron a realizar incursións en territorio romano. No comezo, só unhas poucas tribos que chegaban na procura de terras cultivables. O imperio á vez fíxose cada vez máis feble debido a numerosas revoltas militares, rápidos cambios de emperadores e, finalmente, a división do territorio en dúas metades (Oriente e Occidente) no 395 d.C. A poboación romana trasladouse ao campo, pois temía os saqueos e incendios que sufrían as cidades. A situación empeorou para o Imperio no século V coa chegada dunha nova ameaza desde Asia: os hunos. Eran pobos nómades dedicados á gandaría, hábiles xinetes con destreza no uso do arco. No Imperio romano de Occidente acadaron importantes vitorias e incluso entraron en Roma, pero retiráronse tras ser derrotados na Galia. Sitiaron Constantinopla, capital romana de Oriente, pero non foron quen de conquistala. Fuxindo dos hunos, os pobos xermánicos irromperon en masa no Imperio de Occidente buscando refuxio. O Imperio tivo que recoñecer algúns reinos bárbaros dentro as súas propias fronteiras, como o reino suevo na Gallaecia, o reino visigodo no sur das Galias (e, posteriormente, na Hispania) ou o reino vándalo no norte de África. Finalmente, un guerreiro xermano, Odoacro, depuxo ao último emperador romano (Rómulo Augústulo) e foi proclamado rei. Outros pobos xermánicos formaron novos reinos no territorio que antes ocupaba o Imperio romano de Occidente. 4 2. A formación dos reinos xermánicos Na metade occidental de Europa, os pobos xermánicos que formaron reinos independentes e rivais entre si. Os francos, por exemplo, establecéronse no norte da Galia e os burgundios ocuparon o leste. En contacto cos romanos e grazas aos matrimonios mixtos os pobos xermánicos foron adoptando moitas tradicións romanas. A relixión oficial continuou sendo a católica e o latín seguiu a ser a lingua empregada na misa e na corte. Ademais, adoptáronse moitas leis romanas. Durante a formación dos novos reinos houbo unha parte da cidadanía romana que conservou as súas terras e propiedades, sempre e cando pagasen impostos ás novas elites xermánicas. Os caudillos xermánicos tamén se repartiron partes do territorio. O comercio limitouse aos intercambios de proximidade e a agricultura converteuse na actividade máis importante. O campesiñado agrupouse en aldeas baixo a autoridade e protección do señor propietario das terras. A maioría da xente vivía do traballo do campo e do coidado de animais domésticos e empregaba os recursos que ofrecían bosques e ríos. En cambio, os antigos grupos que vivían nas cidades (comerciantes, artesáns etc.) perderon influencia nestes reinos. Moitas persoas eran analfabetas, e a lectura e a escritura quedaron reducidas a clérigos, frades e monxas que se dedicaban á oración e á cultura nos mosteiros.. A Igrexa tiña moita importancia e os monarcas xermánicos nomearon como conselleiros a monxes, bispos ou abades. 3. O Imperio Carolinxio e o inicio da Europa feudal Dentro dos reinos xermánicos, imos deternos no dos Francos. Ocupaba non só a antiga Galia senón tamén territorios da Península Itálica e da Europa Central. O 5 exército musulmán que conquistara o reino visigodo de Toledo tamén tentara conquistar este reino, pero foi derrotado por un nobre franco, Carlos Martel, na batalla de Poitiers do 732 d.C. O fillo deste nobre franco, chamado Pipino o Breve, converteuse en rei dos francos e fundou a coñecida como dinastía carolinxia. Un dos seus fillos. Carlos, herdou o trono e volveu rexeitar o avancge do Islam. Carlos, alcumado Carlomagno , tiña o proxecto de restaurar o Imperio romano de Occidente. Para logralo, conquistou ademais grandes extensións das terras de Europa Occidental. Aos pobos conquistados converteunos ao cristianismo, ao tempo que obrigaba aos bispos a xurarlle fidelidade. No ano 800 d.C., o papa León III coroouno emperador das terras de Occidente. Naceu así o Imperio carolinxio. A corte de Carlomagno estaba en Aquisgrán. Desde esta cidade, o emperador creou un sistema que lle permitise controlar o territorio e que rematou dando lugar ao sistema feudal que se imporía na Europa medieval. 6 Para administrar o imperio, recadar impostos e facer cumprir a lei, Carlomagno ofreceu terras á nobreza a cambio da súa fidelidade. Nas fronteiras do seu imperio creou as marcas, territorios fronteirizos con numerosas tropas dirixidas por xefes militares, os marqueses. O resto do Imperio dividiuno nuns territorios que chamou condados, con condes a cargo deles que exercían o poder no nome do emperador. Para supervisar o cumprimento dos seus mandados creou unha especie de inspectores, os missi dominici (que significa "enviados") que vixiaban a actuación dos condes, marqueses e outros traballadores do Imperio. Carlomagno protexía os nobres, entregáballes terras e o dereito de as gobernar. A cambio, convertíaos nos seus vasalos e estes xurábanlle lealdade, respecto e axuda militar. Se perdían a confianza do emperador podían ser destituídos. Cada ano reuníanse co emperador na corte para falar dos asuntos de goberno. Se perdían a súa confianza eran destituídos. Pero a unidade do Imperio de Carlomagno non durou moito. Luís o Piadoso (814- 840), fillo de Carlomagno, dividiu os territorios do imperio entre os seus tres respectivos fillos: Lotario, Luís e Carlos. Lotario, por ser o primoxénito, recibiu tamén o título de emperador e intentou impoñer a súa autoridade. Pero os seus irmáns Luís e Carlos rebeláronse, vencérono e obrigárono a asinar o Tratado de Verdún (843). A partir dese momento, cada territorio converteuse nun reino independente. 7 Esta división coincidiu con novas ondas de pobos invasores que saquearon Europa nos séculos IX, X e XI: musulmáns, viquingos e maxiares atacaron diferentes territorios europeos. Os monarcas eran incapaces de facerlles fronte, xa que non existía un gran exército. Foron os marqueses e os condes, quen tiñan guerreiros baixo as súas ordes, quen defenderon á poboación das invasións. Os seus títulos convertéronse en hereditarios. Esta nobreza tiña a autoridade nos territorios cedidos pola coroa, chamados feudos. Naceu así o sistema feudal, no que tanto vasalos (cabaleiros e guerreiros) como o campesiñado prometían fidelidade aos nobres a cambio de protección. O campesiñado, ademais, tiña un contrato de servidume: servos e servas recibían terras para traballalas no feudo do señor, que non podían abandonar. Este sistema mantívose no continente europeo até practicamente o século XVIII, e nalgunhas rexións como Rusia permaneceu en pé até o século XIX. 4. Do Imperio romano de Oriente ao Imperio bizantino Tras as invasións dos hunos, a herdanza romana sobreviviu na parte oriental do Imperio, que se mantivo en pé até o século XV co nome de Imperio bizantino. A capital do Imperio bizantino foi a cidade de Constantinopla, que o emperador romano Constantino fundara no século IV sobre a antiga colonia grega de Bizancio. Algúns emperadores bizantinos tentaron conquistar os territorios que antes formaban parte do Imperio romano, como fixo Xustiniano no século VI. Pero aínda que ampliaron os dominios, acabarían volvéndoos a perder en mans do Imperio islámico. Constantinopla, era unha ponte entre dous continentes e un lugar privilexiado para os intercambios comerciais. O comercio (especias, perlas, ámbar, trigo, peles...) trouxo períodos de gran 8 prosperidade económica, apoiados pola agricultura e por unha artesanía de produtos de luxo (tecidos de seda, la, tapizarías, ourivaría, esmaltes, coiro...). Os emperadores bizantinos gozaban dun poder absoluto como xefes do Estado, do exército e da Igrexa. A pesar de ser herdeiros da Roma Oriental, co tempo na corte impúxose a cultura grega: o latín, foi substituído polo grego, e o emperador era chamado basileus (rei en grego). Tamén destacaron figuras políticas femininas como a emperatriz Teodora ou a princesa Ana Comnena. O emperador bizantino designaba o patriarca de Constantinopla, a máxima autoridade relixiosa da Igrexa de Oriente. O patriarca, á súa vez, era quen coroaba ao novo emperador e rexeitaba someterse ao papa de Roma. No ano 1054 d.C., as dúas Igrexas cristiás separáronse finalmente (no coñecido como Cisma de Oriente). Fronte aos católicos, os bizantinos denomináronse ortodoxos (a palabra grega ortodoxia significa "crenza correcta"). A día de hoxe, a Igrexa ortodoxa é a principal de Grecia ou Rusia. No mesmo século do cisma, o Imperio bizantino debilitouse moito. O pobo turco ou otomán, un pobo musulmán de Asia Menor, aproveitou este momento e conquistou gran parte do territorio. No 1453 d.C. apoderáronse de Constantinopla e o Imperio caeu. Arte, cultura e ciencia no Imperio bizantino O Imperio Bizantino, que evolucionou a partir da metade oriental do Imperio Romano tras a súa división no 395 d.C., converteuse nun centro cultural do Mediterráneo. Inicialmente mantendo a influencia romana, adoptou elementos culturais gregos, como o uso do grego nos documentos oficiais, e recibiu influencias de Europa, Asia e o mundo islámico. 9 Arquitectura bizantina: sobria por fóra, espléndida por dentro: Destacaba polos seus templos, os edificios máis importantes, que combinaban elementos romanos (arcos, columnas e ladrillos) cunha arquitectura característica, como as cubertas abovedadas e cúpulas impresionantes, como a da igrexa de Santa Sofía, modelo arquitectónico imitado en moitos territorios. Arte bizantina: relevos, iconas e mosaicos Foi un reflexo da relixión e do poder político. Decorábanse capiteis de columnas con relevos vexetais e animais, destacando o uso do dourado como símbolo divino. As iconas relixiosas e os mosaicos foron elementos artísticos clave: as primeiras mostraban figuras frontais e hieráticas en fondos dourados ou prateados, mentres que os mosaicos difundían imaxes de emperadores e temas cristiáns. Exemplos célebres inclúen os mosaicos de Xustiniano e Teodora. 10 As igrexas tamén estaban decoradas con pinturas de iconas relixiosas, é dicir, imaxes de persoas consideradas santas que se veneraban. A maioría representaban a Xesucristo ou á Virxe María Xunto coas iconas, era habitual atopar nas igrexas bizantinas e noutros lugares públicos os mosaicos. Os mosaicos foran empregados tanto na arte grega como na arte romana. Na arte bizantina, empregáronse para difundir a figura dos emperadores e emperatrices ou para difundir a relixión cristiá. Dous dos máis famosos son os do emperador Xustiniano (á dereita) e o da emperatriz Teodora, muller de Xustiniano (á esquerda). 5. A expansión do Islam Para entender por que o exército musulmán chegara até a Península Ibérica temos que retroceder ao século VI. Situámonos na península arábiga, un importante enclave comercial entre Asia, Europa e o norte de África. Os habitantes de Arabia vivían organizados en tribos. A maioría eran comerciantes e gandeiros nómades e tiñan unha relixión politeísta. Para comerciar desprazábanse entre distintas cidades, entre as que destacaba a A Meca. Na Meca naceu Mahoma no ano 570 d.C.. nunha familia de mercadores da que aprendeu o oficio. Nas súas viaxes por Arabia, Siria e Palestina coñeceu mercadores xudeus e cristiáns dos que aprendeu sobre as súas relixións. 11 Segundo a tradición musulmá, no ano 610 d.C. o arcanxo Gabriel anuncioulle que era o escollido por Alá ("Deus" en árabe) para predicar unha nova relixión monoteísta: o Islam. Pero a mensaxe de Mahoma non tivo aceptación entre os mercadores politeístas, polo que no 622 d.C., fuxiu á cidade de Medina. A civilización musulmá chama a este episodio a Héxira, que marca o inicio do seu calendario. En Medina e noutras cidades de Arabia Mahoma tivo máis éxito. Coa axuda dos seus seguidores, conseguiu reunir un exército de fieis e volveu á Meca para conquistala. Cando morreu, (632 d.C.), a maioría das tribos árabes convertéranse ao Islam. Mahoma conseguiu que as tribos se unificasen politicamente baixo a autoridade do califa, un xefe relixioso que tamén actuaba como xuíz supremo e xeneral dos exércitos. Os catro primeiros califas foron familiares próximos do propio profeta. Tras a morte de Mahoma o Islam seguiu a desenvolverse como relixión. As revelacións que recibiu de Alá foron recollidas no Corán, o libro sagrado dos musulmáns. O Corán e mais a Sunna, o texto sobre os costumes musulmáns, forman a Sharía ou lei sagrada. O árabe converteuse na lingua oficial dos territorios unificados baixo o goberno do califa e comezou un período de expansión co que o novo Imperio buscaba expandir a súa fe. Aos pobos conquistados ofrecíanselles vantaxes económicas e sociais se se convertían, o que favoreceu a súa islamización. Esta expansión militar coincidiu cun momento de especial debilidade dos imperios veciños de Arabia (Bizantino e Persa). O Imperio islámico medrou con rapidez, até abranguer o espazo entre China e a India e mais a Península Ibérica. 12 Con semellante extensión, pasou a dominar o comercio entre Asia e Europa, xa que controlaba as grandes rutas comerciais. Como Bizancio, o Imperio islámico era fundamentalmente urbano. Neste período xurdiron ricas e importantes cidades como Bagdag ou Damasco. O Imperio pasou por diversas etapas: Tras ocupar os primeiros cargos de califa, os familiares de Mahoma remataron sendo desprazados por unha poderosa familia procedente de Siria, que formou a dinastía Omeia. Baixo o mandato desta dinastía o Imperio islámico expandiuse até a Península Ibérica, derrotando á monarquía visigoda. Os Omeias foron posteriormente derrotados por outra importante familia, que situou a capital do Imperio en Bagdag (na actual Iraq). Esta dinastía era a Abbásida e con ela o Imperio islámico acadou un gran esplendor económico e cultural. Arte, cultura e ciencia no Islam O Islam, relixión nacida no século VII na península ará- biga, expandiuse amplamente e deixou unha profunda pegada cultural, artística e científica, especialmente en Al-Ándalus. Ciencia en Al-Ándalus: Nos primeiros séculos da Idade Media, o estudo e a investigación en territorio dos reinos xermánicos tiña lugar nos mosteiros. Unha parte importante da poboación non sabía nin ler nin escribir. 13 En cambio, en Al-Ándalus os coñecementos científicos, o cultivo das artes e a educación tiveron unha enorme importancia. Destacou pola educación, bibliotecas e escolas que difundiron saberes gregos, romanos e orientais. Os científicos andalusís foron pioneiros en matemáticas, astronomía, medicina e botánica. Introducíronse o papel, o sistema decimal e avances en navegación, cartogtrafía e medicina, como a disección. Córdoba foi un centro intelectual con figuras como Averroes e Maimónides. Avances agrícolas: Desenvolvéronse técnicas de regadío, muíños de vento, noras e a carretilla, mellorando a produtividade. Ademais, introducíronse cultivos como o arroz, algodón e froitas tropicais. 14 Arte islámica: Vinculada á relixión, prohibía representacións humanas e enfocábase en mosaicos, cerámica e arquitectura. A mesquita era o edificio principal, con elemen- tos como o mihrab e o minarete. A mesquita de Córdoba e a Alhambra de Granada son exemplos emblemáticos. Alhambra de Granada Interior da Mesquita de Córdoba 15

Use Quizgecko on...
Browser
Browser