Filosofía Exame PDF
Document Details

Uploaded by PrizeObsidian8683
Tags
Summary
Este documento presenta un exame de filosofía que explora unha pequena historia da filosofía. Aborda os presocráticos, a Grecia clásica, a idade media e o cristianismo, ademais de cuestións filosóficas clave.
Full Transcript
Filosofía exame Unha pequena historia da Filosofía Presocráticos: Primeiros filósofos dos que temos coñecemento en occidente, que trataron de describir o principal orixe da materia (arché). Cabe destacar o problema filosófico xerado polas dúas postur...
Filosofía exame Unha pequena historia da Filosofía Presocráticos: Primeiros filósofos dos que temos coñecemento en occidente, que trataron de describir o principal orixe da materia (arché). Cabe destacar o problema filosófico xerado polas dúas posturas presentes en Parménides e Heráclito. Parménides dicía que as cousas non cambian, e dicir que hai unha esencia que permanece intacta Heráclito dicía que non hai nada que permanecera, que todo fluía. Na Grecia clásica aparecen os tres principais filósofos, Sócrates, Platón e Aristóteles, que sentarán parte do pensamento filosófico occidental durante idade media e moderna. ·Platón: pai do chamado idealismo, pois creía que o noso coñecemento era un recordo do mundo ideal. ·Aristóteles: cre que para coñecer había que experimentar, sendo así dos fundadores da ciencia. No helenismo hai unha crise política, económica e moral polo que aparecen éticas para afrontar a vida: Estoicismo Cinismo Epicureísmo Co cristianismo e o paso á Idade Media, os temas relacionaronse cos pensamentos relixiosos. Como a existencia de deus e a unión entre fé e razón Os principais filósofos do momento son:Agustín de Hipona, Hildegarda de Bingen, Santo Tomás de Aquino e Guillermo de Ockham. A filosofía moderna iníciase co Renacemento. Os temas filosóficos diversifícanse e as perspectivas filosóficas céntranse en dúas posturas: Racionalismo de René Descartes, que supón que nos ó coñecemento chegamos a través da razón Filosofía exame 1 Empirismo de John Locke que considera que chegamos a coñecer o noso redor a través dos sentidos, da experiencia. Immanuel Kant unificou as súas tres críticas en racionalismo e empirismo. A filosofía contemporánea intenta resolver cuestións como: O alcance da ciencia: a filosofía positivista di que o único saber válido é o científico, e fronte a esta perspectiva xurde fenomenoloxía e a hermenéutica que manteñen que o saber filosófico e o relixioso son igual de relevantes. A importancia da linguaxe: iniciou discursos filosóficos sobre o mal uso da linguaxe. A comprensión da mente humana: a finais do XIX xerou un intenso debate sobre a liberdade humana: están as nosas decisións determinadas por motivos que descoñecemos? Na actualidade, a neurofilosofía trata de responder a isto aproveitando os avances das neurociencias. As inxustizas sociais: a reflexión sobre as desigualdades sociais e a asignación de roles segundo o xénero, máis a preocupación polo medioambiente, deu lugar a filosofías coma o marxismo, o feminismo e o ecoloxismo. A evolución á pregunta sobre o ser humano. O pensamento grego(Os sofistas: fisis e nomos.) Os gregos foron os primeiros en crear unha teoría filosófica sobre o ser humano (antropoloxía). Na primeira teoría se falou sobre a división de nomos e fisis. Fisis: Os gregos o denominaban á Nomos: Os seres humanos constrúen a natureza, é dicir, o ámbito que está rexido súa propia sociabilidade, as regras polas leis da natureza. Neste punto están mediante as cales se organizan as as cousas que non podemos decidir si relacións entre os individuos. Neste punto facer o no, forman parte da nosa natureza atopamos as leis que establecemos como como respirar ou mexar. sociedade do que está ben ou mal, pero calquera poder saltarse esas ditas leis, deixando a parte que esten ben ou mal. Os sofistas foron un grupo de filósofos que se dedicaban a ensinar as cuestións necesarias para a vida política na democracia ateniense. Eles deron resposta a dúas preguntas que xorden disto: Por que o ser humano debe limitar a súa liberdade obedecendo as normas sociais? Filosofía exame 2 De onde saen os fundamentos para determinar cales son as mellores leis? Os sofistas dicían que os seres humanos buscaban satisfacer as súas propias necesidades, aínda que o que desexan uns e outros pode ser distinto, así que os sofistas din que as leis sociais pactadas por todos, e dicir de unha convección. O dualismo platónico. Platón afirma contra os sofistas, un universalismo nas normas sociais. Tamén considera que o ser humano está constituído por dúas partes: alma e corpo. El di que o ser humano diferenciase dos animais xa que nos temos alma, e non so nos guiamos das nosas necesidades. A alma humana, ademais, está guiada pola razón, que é a única facultade capaz de coñecer a verdade. Permite tamén identificar o que é bo e o que é malo, a lei xusta da que non o é etc. Como todos os humanos temos razón, o que é bo e xusto son o mesmo para todos os humanos, de aí que Platón estea en contra do relativismo sofista. Para completar isto, Platón elabora unha teoría sobre a alma. Di que está composta por tres: A Razón ou parte racional, xa explicada. Apetito ou concupisible: que deixa dominar por desexos corporais Cólera ou alma irascible: cun papel intermedio entre as dúas anteriores Aínda que as tres partes están presentes en todos os humanos, non están na mesma xerarquía, polo que se desenvolven tres tipos de alma: Alma de bronce, onde predomina o Apetito. Alma de prata, onde predomina a parte irascible Alma de ouro, na que se impón a Razón. Está división provoca unha desigualdade esencial entre os seres humanos. Para Platón so as persoas de alma de ouro poden chegar o coñecemento verdadeiro (Os que deben gobernar). Esta teoría, se o pensamos, é incompatible coa democracia, pois so os “filósofos” deben gobernar. Isto provocou un gran desprestixio da democracia en séculos posteriores. Platón afirma que a alma é inmortal e eterna (xa existía antes do corpo e existirá despois), polo que a morte non supón unha desgracia, senón o momento no que o ser humano acada a súa maior plenitude ó liberarse do corpo. A perspectiva humana do cristianismo durante a Idade Media. Filosofía exame 3 Durante a Idade Media o cristianismo foi a relixión dominante en Europa, estaba dominada polo dualismo antropolóxico de Platón, que se mantivo con Aristóteles. Introdúcense cambios. Por un lado, a alma deixa de ser eterna no sentido platónico para ser inmortal. A alma, entón, xa non existe antes do corpo. Si continúa coa teoría de que a morte é unha liberación, pois no caso do cristianismo a morte supón o encontro con Deus. O cristianismo introduce unha desconfianza radical sobre a razón. O ser humano, creado a imaxe e semellanza de Deus, trala expulsión do Paraíso perde as súas capacidades racionais de chegar á verdade, polo que precisará a fe e a gracia divina para chegar a ela. Os gregos consideraban que a boa vida da persoa guiada pola razón se acadaba na integración da vida en sociedade. Fronte a isto, o cristianismo propugna a salvación individual, a procura de cada individuo da súa propia santidade. Libre albedrío: Deus fai os seres humanos merecedores da vida eterna, pero eles teñen a opción de perseguila ou facer malas acción cun castigo como consecuencia. Do Renacemento á Modernidade. O humanismo renacentista, nacido en Italia, promoveu a recuperación do ideal greco-romano mediante o estudo dos clásicos, resaltando a razón como medio de coñecemento sen rexeitar a relixión. Filósofos como Erasmo de Rotterdam defenderon a liberdade de investigación sen a tutela da Igrexa. Máis tarde, a ciencia moderna, con figuras como Galileo e Newton, confirmou o poder da razón para comprender e dominar a natureza. Pensadores como Descartes confiaban na capacidade humana para alcanzar certezas, mentres que outros, como Pascal, cuestionaban os límites da razón e a súa capacidade para revelar os segredos do mundo e da propia existencia. A antropoloxía reclamará unha revalorización da razón para chegar á verdade sen necesidade da relixión. Filosofía exame 4