Platón: Presentación PDF
Document Details
Uploaded by Deleted User
Ana Mª Rua Álvarez
Tags
Summary
Este documento presenta apuntes biográficos de Platón, incluyendo el contexto histórico de su época, así como su visión sobre filosofía política.
Full Transcript
ANA Mª RÚA ÁLVAREZ ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da APUNTAMENTOS BIOGRÁFICOS Atenas, 428-427 a.C., d e familia nobre. O seu primeiro mestre foi Cratilo. Aos 20 anos c o ñ e c e a Sócrates. Contexto histórico:...
ANA Mª RÚA ÁLVAREZ ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da APUNTAMENTOS BIOGRÁFICOS Atenas, 428-427 a.C., d e familia nobre. O seu primeiro mestre foi Cratilo. Aos 20 anos c o ñ e c e a Sócrates. Contexto histórico: ▪ Esplendor cultural en Atenas ▪ Guerra do Peloponeso ▪ Goberno dos Trinta Tiranos ▪ Restauración democrática → condena de Sócrates 1ª VIAXE Á morte de Sócrates refúxiase con outros discípulos en Megara. De alí viaxa a Cirene, onde coñece a Teodoro. Despois se traslada á Magna Grecia entrando en contacto cos Pitagóricos. A contiación, viaxa a Sicilia onde coñece a Dión, cuñado de Dioniso I, rei de Siracusa. Vendido como escravo, regresa a Atenas onde funda a Academia. ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC 2ª VIAXE No ano 367 a. C. regesa a Siracusa, invitado por Dión, para educar a Dioniso II 3ª VIAXE No ano 361 a. C. volverá por última vez a Siracusa, invitado por Dioniso II, pero fracasará unha vez máis. PROXECTO POLÍTICO DE PLATÓN Toda a súa filosofía terá unha finalidade política (a súa meta é chegar a idear un estado xusto) e toda a súa actividade como cidadán consistirá no intento de realizar practicamente este proxecto: fundará a Academia para educar a estes futuros gobernantes - filósofos, as viaxes que realizará a Siracusa serán un intento de iniciar ós gobernantes desta cidade no estudio da filosofía para que puidesen dirixir a cidade sabia e xustamente. Isto ambiciona Platón: crear un Estado no que a condena de Sócrates, o máis xusto e sabio dos homes, sexa imposible. ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC O DIÁLOGO PLATÓNICO D e Platón c hegáronnos todos os seus diálogos publicados, pero non conservamos ningunha c onst ancia das súas ensinanzas na Ac ademia. Platón non lle c o n c edí a moito valor á palabra escrita onde o filosofar q u e da fixado e morto. O filosofar, que Platón, ó igual que Sócrates c onsidera fundamentalmente c o m o unha ac tividade d a razón, atopa a súa expresión máis axeitada no diálogo oral, dinámic o e vivo. Os diálogos platónicos non son tratados sistemáticos d e étic a, política, ontoloxía ou antropoloxía, senón que reflicten as conversas e discusións dunha serie d e personaxes d o seu tempo, c o n todas as súas dúbidas, contradiccións, opinións e preguntas. Ademais Platón revísase a sí mesmo c ont inuamente e manifesta nas súas obras os problemas que presentan as súas teorías. ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC O MITO EN PLATÓN Platón recorre c o n frecuencia ás explicacións míticas. Os mitos, inventados ou modificados por el mesmo, son empregados par a explicar as súas conviccións sobre os temas máis relevantes. El mesmo considéraos c o m o “conxecturas verosímiles”, c o m o símiles ou alegorías para ch eg ar a unha mellor comprensión dun pensamento en ocasións bastante intuitivo e de difícil conceptualización. En todo caso, non resulta fácil separar o contido esencial do revestimento mítico - literario. ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC Diálogos socráticos ou de mocidade (393 – 389 a. C.) Reproduc en fielmente o pensamento de Sócrates. Utilízase o método socrátic o para buscar a definición d a virtude. Apoloxía de Sócrates Critón: sobre o deber d o c i d a dán Hipias menor: sobre a mentira e a verdade Laques: sobre o valor Cármides: sobre a temperanza Lisis: sobre a a mizade Eutifrón: sobre a pie d a d e Ión: sobre a p o e sía Protágoras: so b re a p o sib ilid a d e d e e nsina r a virtude. C o n c e pto soc rático d e virtude ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC Diálogos de transición (388 – 385 a. C.) Predominan os problemas políticos, a crítica á democ rac ia e ó relativismo dos sofistas. Influencia d o pitagorismo. Gorxias: sobre a retóric a e a xustiza. Crític a á democ rac ia. Mito sobre a inmortalidade d a alma Menón: sobre a inmorta lid a d e da a lma. Coñec ement o c o m o rec ordo Cratilo: sobre a signific a c ión das palabras. Diferenc ia sofístic a e ntre o na tura l e o c onvenc ional Hipias mayor: sobre a b e le za Eutidemo: sobre as disputas sofísticas Menexeno: parodia das oracións fúnebres ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC Diálogos construtivos ou de madurez (385 – 370 a. C.) A teoría das Ideas é a c lave explicativa d e todos os problemas abordados. Teoría c ompleta d o Estado. Importancia dos mitos. Banquete (Symposion): sobre o amor Fedón: sobre a inmortalidade d a alma República (Politeia): sobre a xustiza no individuo e no Estado Fedro: sobre o amor, a beleza e a alma ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC Diálogos críticos (369 – 362 a. C.) Autocrítica d a teoría das Ideas. Sócrates deixa d e ser o personaxe principal, desaparec en os mitos e predominan os problemas ontolóxicos Parménides: crític a d a te oría das Id e a s. Problema d o un e o múltiple Teeteto: sobre o c oñec ement o Sofista: crític a á te oría d a s Id e a s Político: Pape l d o p o lític o na soc ie d a d e. Revisión d a identificación político = filósofo ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC Diá lo g os d e ve lle z (361 – 347 a. C.) Problemas cosmolóxicos e históricos Filebo: sobre o ben e o prac er Tim e o: sobre a formac ión d o cosmos Critias: sobre a primitiva Atenas e a Atlántida As le is: d e sc ric ión d a c id ade ideal Cartas ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC TEORÍA DAS IDEAS: ANTECEDENTES SER (REALIDADE VERDADEIRA) APARENCIA UN MÚLTIPLE PERMANENTE, INMÓBIL CAMBIANTE, MUDABLE INTELIXIBLE SENSIBLE HERÁCLITO PARMÉNIDES PITÁGORAS ANAXÁGORAS SÓCRATES O ser é O principio de O Noûs Busca da A realidade todo é (intelixencia) esencia único e é devir inmaterial (nº) rexe a materia universal inmóbil ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC TEORÍA DAS IDEAS: INTENCIONALIDADE Intención gnoseolóxica ou científica: o verdadeiro coñecemento (episteme=ciencia) sópode ter por obxecto o universal, sópode Intención política: os gobernanteshan de ser os versar sobre obxectos establese permanentes. Como todas as filósofos (os sabios), que non se guíen por ambicións cousas sensibles están sometidas ó devir, á xeración e á corrupción, persoais nin intereses particulares, senónpor ideais ten que haber outro tipo de obxectos para a ciencia: as Ideas. Se transcendentes e absolutos: as Ideas. podemos acadar uncoñecemento verdadeiro é porque existen as Ideas, realidades universais, necesarias, absolutas e permanentes Intención ética: Platón, igual que Sócrates,identifica a virtude co saber: para ser xusto hai que saber que é a xustiza. Faise necesario o coñecemento da virtude en xeral, isto é, unha definición, un concepto universal. Fronte o relativismo moral dos sofistas, Platón reclama a existencia de valores e verdades universais que guíen a conducta moral. ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC QUE SON AS IDEAS? Non son c onc eptos nin representacións mentais: son verdadeiras realidades Son c ausas d e todas as cousas e fundamento d e todos os xuízos que fac emos sobre elas Son esencias (formas) universais e necesarias → principio d e unidade fronte á diversidade C a d a idea ten as características d o ser d e Parménides: inmaterial e invisible, únic a e indivisible, eterna, inmutable e inalterable → Intelixible As cousas, pola contra, son corporais e visibles, múltiples e divisibles, xerables e corruptibles, c ambiantes → sensibles ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC DUPLICACIÓN DO MUNDO MUN D O INTELIXIBLE: mun d o das Ideas. Eterno, inmutable e perfecto MUNDO SENSIBLE: mundo das cousas. M u n do d o devir e a multiplicidade. Sombra ou co pi a d o anterior ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC RELACIÓN ENTRE OS DOUS MUNDOS PARTICIPACIÓN (Methesis) → República IMITACIÓN (Mímesis) → Timeo PRESENCIA (Parousía) COMUNICACIÓN (Koinomía) ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC XERARQUIZACIÓN DO MUNDO DAS IDEAS O cumio d o mundo das ideas o c ú p a o a Idea d o BEN ou d a BELEZA → Expresa a orde, sentido e finalidade d e todo o real → A súa contemplación proporciona un c o ñ e c e m e nt o teórico e práctico ó mesmo tempo ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC REVISIÓN CRÍTICA DA TEORÍA DAS IDEAS Dobre intención desta revisión: superar as dificultades d a teoría das Ideas e superar o monismo estático d e Parménides PARMÉNIDES→ presenta o problema do un e o múltiple Fª eleata → monismo estático Fª platónica → pluralismo: a Idea é a unidade que explica a pluralidade. Agora ben, preséntanse varios problemas: Cantas Ideas hai? Ideas das virtudes e valores morais Ideas dos obxectos e relacións matemáticas Ideas xerais e de máxima aplicación (ser, unidade, semellanza) Existen Ideas das cousas sensibles? No Parménides Platón admitirá tamén as ideas dos obxectos sensibles, pero recoñece que isto supón admitir que existen Ideas de cousas indignas e ridículas (barro, lixo, etc.) Cal é a relación entre as Ideas e as cousas? Na República Platón falara de participación. Pero esta participación ¿é total ou parcial? ¿rompe a unidade da Idea? Sefalasemos de imitación, ¿comocabería supoñer que seproduce esta imitación?O problema queda sen resolver. Cal é a relación das Ideas entre si? Platón parece indicar que existe unhacerta comunicación entre as Ideas,sen que estas perdan a súa identidade. Pero esta comunicación é limitada pois non todas as Ideas poden comunicarse con todas. ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC SOFISTA → Presenta tamén o problema do un e do múltiple e a necesidade de admitir a existencia do devir e o cambio no mundo das ideas Admisión de certa forma de non – ser: a alteridade negación absoluta do ser (Parménides) → non existe existen dúasformasde NON – SER ALTERIDADEOU DIVERSIDADE Cada Idea ten unha dose de ser, pero tamén un infinito non – ser: para ser o que é, debe non – ser o que son as outras Dinamización do mundo das Ideas Platón proponse dinamizar o mundo das Ideas introducindo nel a vida, a intelixencia e o movemento.Pordebaixo da Idea suprema,a Idea do BEN,Platón considera cinco Ideas fundamentais: SER,MOVEMENTO(CAMBIO),REPOUSO(QUIETUDE),IDENTIDADE (MESMIDADE)e ALTERIDADE(DIVERSIDADE) → Non se pode concibir a realidade sen cambio nin diversidade ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da COSMOLOXÍA Está exposta no diálogo Timeo A cosmoloxía non é unha ciencia → “conxectura verosímil” Influencias: Pitagóricos, Empédocles, Anaxágoras, atomistas C l a ve explicativa: teoría das Ideas. O punto d e partida é a distinción entre os dous mundos. A relación entre ámbolos dous é aquí d e imitación. O cosmos tivo q u e nacer porque é visible, tanxible e ten corpo → xénese (xeración) ≠c reación ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC ELEMENTOS EXPLICATIVOS DA COSMOLOXÍA PLATÓNICA Demiurgo: causa activa e intelixente do cosmos.Divino artesán que ten que fabricar o mundo dun xeito intelixente COSMOS= TODO ORDENADO → non hai azar (≠ Demócrito) → a orde procede dunha intelixencia ordenadora (= Anaxágoras) → o Demiurgo é un deus con caracteres persoais, xa que coñece e quere, sen embargo, non é “o divino”, é dicir, o máis transcendente e excelente → o Demiurgo actúa de acordo a un fin: producir o mundo mellor e máis belo posible: é a primeria explicación teleolóxica da Hª Masa material (Xora): preexistente, móbil e caótica. Totalmente informe Ideas: paradigmasou modelos do mundo sensible Espazo baleiro? ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC A ESTRUTURA DO C OSMOS A explic ación c osmolóxica d e Platón a c a d a un maior grao d e c omplexidade c á dos seus predecesores. Materia: xora Esencia: Ideas Causa produtora: Demiurgo Finalidade: o mellor mundo posible Ese o cosmos non é totalmente perfecto é porque a materia introduce sempre un factor de desorde e indeterminación. A materia ten sempre no pensamento platónico connotacións negativas. O cosmos é un ser vivo q u e posúe unha alma, c r e a d a polo Demiurgo. É esférico. O movemento dos corpos celeste está b a s e a d o en harmonías musicais (influencia dos pitagóricos) Tempo: imaxe móbil d a eternidade inmóbil ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC ANTROPOLOXÍA C l a v e explicativa: teoría das Ideas Dualismo ontolóxico (prioridade das Ideas sobre o cosmos) → dualismo antropolóxico (prioridade d a alma sobre o corpo). No d iá lo g o Fedón Platón indica que a a lm a p o n en relación o mundo das Ideas c o universo físico. No diálogo República establece a división d a alma en tres partes: ▪ Alma racional (Noûs, Logos): inmortal,intelixente, divina. Situada no c erebro ▪ Alma irascible (thymos): fonte d e paixóns nobres. Situada no tórax, inseparable d o c orpo e, polo tanto, mortal ▪ Alma apetitiva (epitymía): fonte d e paixóns ”O home é a súa alma” innobres. Situada no abdome. Tamén mortal. ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da MITO DO CARRO ALADO: FEDRO ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC INMORTALIDADE E DESTINO DA ALMA Platón d e d i c a todo un diálogo, Fedón, a aportar argumentos para demostrar a inmortalidade d a alma, suposto d a teoría d a reenc arnación ou transmigración (influencia dos pitagóricos) No Timeo Platón afirma que a alma rac ional foi formada polo Demiurgo c os mesmos elementos c a alma d o mundo. É divina e inmortal. É semellante ó mundo das Ideas, por isto p o d e c hegar a c oñec elas ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC N a República narra o mito de Er → a alma non morre c a n d o morre o c orpo. O destino d a alma d e p e nde d a vida que leve o home neste mundo. A alma só poderá deixar d e reencarnarse c a n d o c ontemple o mundo das ideas, ó c al por natureza pert ence → coñecemento como purificación (influencia pitagórica) ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC UNIÓN DA ALMA C O CORPO É una unión accidental e temporal. A alma leva no c orpo unha existencia infeliz “O corpo é a prisión material da alma”. No mito d a c averna, relatado na República, Platón simboliza a nec esidade d a alma d e liberarse das c a d e as que nos at an ó mundo material. A p a r e c e a idea d o c oñec emento das Ideas c o m o medio d e purificar e liberar a alma (pitagorismo) D obre intención d a teoría platónica d a alma Intención gnoseolóxica: asegurar a posibilidade d o c oñec emento das Ideas Intención ética: nec esidade d e controlar os apetitos corporais e asegurar unha retribución futura a quen prac tique a xustiza ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC HETEROXENEIDADE DO C OÑECEMENTO INTELECTUAL E A PERCEPCIÓN SENSORIAL COÑECEMENTO UNIDADE RAZÓN EPISTEME MUNDO INTELECTUAL PERMANENCIA DAS ESENCIA IDEAS PLURALIDAD UNIVERS PERCEPCIÓN E CAMBIO SENTIDOS DOXA O SENSORIAL APARENCIA FÍSICO A c ienc ia (episteme) é o c oñec ement o verdadeiro e só p o d e ter por obxec to o universal, necesario e permanente (= Sócrate s) D o que é particular, c ambiante e fugaz só podemos ter unha opinión (doxa), tan p o u c o fiable c o m o o seu obxec to ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC TEORÍA DO COÑECEMENTO COMO REMINISCENCIA C o m o é posible c oñec er as Ideas se pertencen a un mundo distinto d o noso? → o home ten na súa alma a intuición orixinaria das verdades eternas Alma inmortal → contemplación das Ideas → caída nun corpo → esquecemento das Ideas → recordo → coñecemento Fedro:mito do carro alado. A alma antes de “caer” nun corpo, habitou no mundo das Ideas e alí contemplou as verdades eternas (o termo grego Eidos provén de eidein = mirar contemplar). Por un motivo que non se concreta a alma cae nun corpo material e esquece as ideas. Pero o esquecemento non é total nin definitivo. O coñecemento das cousassensible permite recordar o que a alma vira no mundo intelixible Fedón:a Tªda reminiscencia é utilizada para demostrar a inmortalidade da alma: se coñecer é recordar, é necesario que coñeceramos nunha existencia anterior ó recordado ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC OS GRAOS DE COÑECEMENTO REPÚBLICA: ALEGORÍA DO SOL OS GRAOS DE COÑECEMENTO REPÚBLICA: ALEGORÍA DA LIÑA OS GRAOS DE COÑECEMENTO MUNDO SENSIBLE MUNDO INTELIXIBLE Cousas devir pluralidade Ideas ser esencia IMAXES COUSAS ENTIDADES IDEAS MATEMÁTICAS CONXECTURA CRENZA PENSAMENTO DIALÉCTICA (eikasía) (pístis) DISCURSIVO (dianoia) FÍSICA (*) MATEMÁTICAS FILOSOFÍA DOXA CIENCIA (opinión) (episteme) ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC O AMOR PLATÓNICO A dialéc tica, que é un proc eso puramente intelectual, posúe un importante apoio emoc ional: o amor (eros) O amor platónic o é tamén un proc eso ascendent e, unha espec ie d e dialéctica emocional, que ten por obxect ivo a c ontemplac ión das Ideas e , sobre todo, a c ont emplac ión d a Idea Suprema, a Idea d o Ben. Por isto di Platón que o amor é filósofo. “Velaí o xeito correcto de abordar as cuestións amorosas: empezar polas cousas belas deste mundo, tendo como fin a Beleza en si, e, valéndose delas como de escadas, ir ascendendo constantemente, indo dun só corpo belo a dous, e de dous a todos os corpos belos, e dos corpos belos ás belas normas de conducta, e delas ós belos coñecementos, e partindo destes, ata o coñecemento da beleza absoluta, e chegar a coñecer, por último, o que é a Beleza en si. Este é o momento en que verdadeiramente adquire sentido a vida dun home: cando contempla a Beleza en si”. (BANQUETE, 211 e) ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC ESTRUTURA ARGUMENTAL DO DIÁLOGO BANQUETE (SYMPOSION) CONVIDADO CONCEPCIÓN DO AMOR FEDRO Eloxia a figura do amante máis cá do amado. O amante está posuído por una forza divina que o fai capaz de realizar proezas: consecuentemente, o amor é a forza inspiradora de grandes xestas. PAUSANIAS Éo seguinte en falar. Concibe o amor como una forza que transforma a propia personalidade. O enamorado síntese estimulado polo amado a desensenvolver a súa persoa. ERIXÍMACO Desde una perspectiva médica e biolóxica, eloxia o poder ou forza xeradora do amor: toda a natureza está impregnada de amor. ARISTÓFANES Ve o amor como o desexo de atopar o que nosfalta. Segundo el, o amor nace da carencia e da nostalxia, vémonos incompletos e necesitamos o outro: somos un fragmento que aspira á súa totalidade. Ilustra a súa postura co mito das tres clases de amor. Ó principio, afirma, existían tres clases de seres humanos de constitución dobre á dos actuais: homes (iguais a dous homes actuais), mulleres (iguais a dúas mulleres actuais) e andróxinos (un home e una muller actuais). A súa potencia e atrevemento eran tales que o poderoso Zeus se enfureceu e, como castigo, debilitounos dividíndoos en dous. Por isto, desde entón, cada metade busca a súa outra metade. O amor é o desexo de volver á nosa situación orixinaria: só seremos felices se atopamos a nosa auténtica metade, a metade que nos falta. AGATÓN Fala do amor desde a perspectiva pasiva do amado. O banquete ten lugaro seu honor e el ve o amor como o desexo de recibir propio das persoas que se cren dignas de ser amadas. SÓCRATES Eo último en falar e nos diálogos platónicos adoita expresar a opinión do autor. Afirma que o amor é undesexo do que non seten e é anhelado como o máis sublime e fermoso: é un impulso cara a plena realización humana. O amor que nace como o desexo que espertan en nósoscorpos fermosos que nosrodean é só una forma primitiva de amor. Despois ennobrécese e transfórmase en anhelo cara as almas belas e xustas. Easí progresivamente ata o auténtico e perfecto amor, o que sesinte cara as Ideas, sobre todo, cara a Idea de Ben e Beleza. Esta forma superior e sublime de amor (o amor platónico) pode facer renacer as ás perdidas da alma para que se eleve ata o mundo das Ideas. ÉTICA E POLÍTICA: A VIRTUDE VIRTUDECOMO SABEDORÍA VIRTUDECOMO PURIFICACIÓN VIRTUDECOMO HARMONÍA CONCEPTO SOCRÁTICO CONCEPCIÓN PITAGÓRICA COCEPTO XENUINAMENTE PLATÓNICO VIRTUDE = COÑECEMENTO → PRÁCTICA Virtude = liberación da alma das A virtude fundamental é a xustiza: súasataduras materiais (corpo) concordia entre as tres partes da alma. A harmonía xurde na alma Sócrates Platón cando cada parte fai o que lle é propio e domina ou é dominada definición Coñecemento das Ideas segundo a súa natureza Esencia universal Verdades e valores universais, necesarios, absolutos e eternos Crítica do relativismo RAZÓN universal nos seres h SOFISTAS esquecéronse da rac. humana ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC TIPOS DE ALMA VIRTUDE RACIONAL PRUDENCIA P ola súa propia natureza, a alma rac ional ten que (Phrónesis) exercer un dominio sobre as outras dúas. A prudencia é unha forma d e sabedoría. A alma sabia é aquela quese guía polas verdades eternas. IRASCIBLE VALENTÍA P ola súa propia natureza , a alma irascible ten que (Andreia) someterse ós dic tados d a alma rac ional e dominar á apetitiva. A valentía consiste na nobreza d a alma. É unha mestura d e fereza e mansedume. APETITIVA TEMPERANZA A alma apetitiva ten que someterse ó criterio das (Sophrosyne) anteriores. A moderac ión consiste na disciplina, orde e dominio dos praceres HARMONÍA = XUSTIZA (DIAKAIOSYNE) ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC CORRELACIÓN ESTRUTURAL ENTRE A ALMA E O ESTADO A cidade xusta está formada por homes xustos e só na cidade xusta pódense educar e desenvolver homes xustos A parte fundamental d o home é a súa alma ÉTICA ↔ POLÍTICA Individuo = c idadán. No illamento non hai home b o nin xusto Polis = horizonte d e moralid a d e ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC O GOBERNO DOS FILÓSOFOS República: xustiza no individuo e no Estado. Utopía política onde os gobernantes son os filósofos Goberno aristocrático → SABER → dereito d e gobernar e deber d e gobernar ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC AS CLASES SOCIAIS Cada home non é autárquico nin autosuficiente. Necesita da axuda e servicio dos demais: → ESTADO * para satisfacer as súas necesidades materiais → PRODUCTORES * para defenderse e protexerse → GARDIÁNS * para dirixir os asuntos públicos → GOBERNANTES ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC TIPOS DE ALMA VIRTUDE CLASE SOCIAL FUNCIÓN TEMPERANZA Administrar as riquezas e bens materiais. APETITIVA OU PRODUTORES Someterse ás clases superiores MODERACI ÓN VALENTÍA GARDIÁNS Vixiar os perigos exteriores e interiores. IRASCIBLE OU OU GUERREIROS Someterse ós gobernantes e controlar ós productores. FORTALE Vixiar a educación ZA GOBERNANTES Amar á súa cidade máis cósdemais.Cumprir as súas APETITIVA PRUDENCIA - obrigas e dirixir osasuntospúblicos guiándose pola FILÓSOFOS Idea do Ben HARMONÍA → XUSTIZA → HARMONÍA NO INDIV. NA POLIS ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC A EDUCACIÓN O Estado platónico é ante todo unha institución educ ativa. O obxec tivo desta educ ac ión é o ben público por isto c a d a individuo d e b e educ arse para cumprir c o a obriga que lle é propia: ▪ Productores: educ ac ión nos oficios ▪ Gardiáns: educ ac ión ximnástico – musical. Comunidade d e bens e familias ▪ Gobernantes: dialéc tic a → c ontemplac ión das Ideas → I dea d o ben. Comunidade d e bens e familias ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC EVOLUCIÓN DAS FORMAS POLÍTICAS ARISTOCRACIA → TIMOCRACIA → OLIGARQUÍA → DEMOCRACIA → TIRANÍA ↓ ↓ ↓ ↓ ↓ os mellores os guerreiros poucos pobo un (ricos) ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC MITO DA CAVERNA É o mito que mellor simboliza o pensamento de Platón. Imaxinemos uns homes que viven nunha cova subterránea, unha caverna que ten unha entrada aberta cara a la luz e cun longo vestíbulo de acceso. Imaxinemos que os habitantes desta caverna teñen as pernas e o pescozo atados dunha forma que lles impide darse a volta e que unicamente poden ver cara o fondo da caverna. Imaxinemos que a escasa distancia da entrada da caverna existe un muro da altura dunha persoa; que detrás desta parede, ocultos, camiñan outros homes que levan sobre os ombreiros unhas estatuas de pedra e de madeira, que representan toda clase de obxectos; e que detrás destes arde acendida unha fogueira. Imaxinemos, ademais que na caverna haxa eco e que os homes que pasan máis aló do muro falen entre si, de xeito que por efecto do eco retumben as súas voces dende o fondo da caverna. ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC Se tales cousas ocorresen, aqueles prisioneiros non poderían ver máis cás sombras das estatuas que se proxectan sobre o fondo da caverna e oirían o eco das voces. Sen embargo, ó non ter visto xamais outras cousas, crerían que aquelas sombras son a verdadeira realidade e tamén crerían que as voces do eco son as voces producidas por aquelas sombras. Agora ben, supoñamos que un destes prisioneiros logre cun gran esforzo zafarse das súas ligaduras. Custaríalle moito afacerse á nova visión que adquiriría. Unha vez afeito, sen embargo, vería as estatuas movéndose por riba do muro e por detrás delas o lume; comprendería que se trata de cousas moito máis verdadeiras que as que antes vía e que agora lle parecen sombras. Supoñamos que o noso prisioneiro logra ascender con gran dificultade o estreito e empinado camiño que, máis aló do muro, o leva fóra da caverna. Ó principio quedaría cegado pola gran luminosidade. Logo, ó afacerse, vería as cousas en si mesmas e por último vería a luz do Sol, ó principio reflectida en algo, logo directamente. Comprendería que estas son as verdadeiras realidades e que o Sol é a causa ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da de todas as demais cousas visibles. Filosofía. 2º BAC MITO DA CAVERNA: SIGNIFICADOS Que simboliza este mito? En primeiro lugar, os distintos graos ontolóxicos da realidade, é dicir, os graos do ser (cousas sensibles, ideas intelixibles) e as súas subdivisións: as sombras da caverna son as meras aparencias sensibles das cousas e as estatuas son as cousas sensibles. A entrada á caverna é a liña divisoria entre as cousas sensibles e as intelixibles. Máis aló da caverna as cousas verdadeiras simbolizan o verdadeiro ser, as Ideas, e o Sol simboliza a Idea do Ben. En segundo lugar, o mito simboliza os graos do coñecemento, nas súas dúas clases e nas súas subclases. A visión das sombras simboliza a eikasía ou conxectura e a visión das estatuas simboliza a pistis ou crenza. O paso dende a visión das estatuas ata a visión dos obxectos verdadeiros e a visión do Sol representa a pura intelección e a dialéctica. ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC En terceiro lugar, o mito da caverna representa o aspecto místico do platonismo. A vida na dimensión dos sentidos é a vida na caverna, a vida do encadeamento e da escravitude. A vida da alma prisioneira nun cárcere material, nun corpo que a ata e a somete. A vida na dimensión da razón e do intelecto é a vida a plena luz, a vida libre e feliz. O pasar do sensible ó intelixible é representado como unha liberación das ataduras, como unha purificación. A visión suprema da luz do Sol é a visión do Ben e a contemplación do divino. ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC En cuarto lugar, o mito da caverna representa a concepción política de Platón. En efecto, fálanos dun regreso á caverna de aquel que se liberara das cadeas e tal regreso ten como obxectivo a liberación das ataduras que aínda aprisionan ós seus ex - compañeiros de escravitude. Dito regreso é o retorno do filósofo - político, quen de guiarse polos seus propios desexos quedaría para sempre contemplando o verdadeiro e gozando da luz do Sol. En cambio, superando as súas propias inclinacións, descende outra vez á caverna para tratar de salvar ós demais. O verdadeiro político, segundo Platón, non ama o mando e o poder, senón que usa o mando e o poder como un servicio para levar a cabo o ben. Cando o filósofo baixa de novo á caverna, ó pasar da luz á sombra, deixará de ver ata non afacerse outra vez ás tebras. Custaralle adaptarse ós vellos hábitos dos seus compañeiros de prisión, arriscarase a que estes non o entendan e, considerado coma un tolo, quizais se arrisque a ser asasinado. Isto é o que lle sucedeu a Sócrates e podería acontecerlle o mesmo a calquera que actúe igual ca el. Sen embargo, o home que contemplase o verdadeiro Ben terá que correr este risco e saberá facelo, porque nisto vai o sentido da súa existencia. ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC Por último, o mito da caverna simboliza o proceso educativo, representado coma un camiño ascendente e escarpado. A arte de volver a alma desde as tebras ata a luz é a educación. Para escapar do ámbito da xeración e o devir e captar as verdadeiras esencias, o futuro gobernante debe estudiar aritmética, xeometría, astronomía e harmonía. Estes estudios elevan a alma e obrígana a discorrer sobre o que é sempre. Aínda que sexan estudios que teñan unha aplicación sobre o mundo material, non hai que ocuparse deles coa vista senón coa intelixencia. Os seus obxectos son os números, as figuras, as relacións ideais, que nos poñen no camiño do bo e o belo. Pero estes estudios só son un preludio para a dialéctica. Esta é unha ciencia que só poden lograr os capaces de acadar as esencias. Así como o prisioneiro chega ó termo do visible cando pode ver o sol, o dialéctico chega ó termo do intelixible cando contempla a Idea do Ben. O dialéctico é o único que pode chegar ata ela sen tomar as ideas como hipóteses ou supostos, senón contemplándoas como os fundamentos últimos de todo o real. A idea do Ben é deste xeito, para Platón, o principio non suposto, é dicir, o fundamento de todo canto é. ANA Mª RÚA ÁLVAREZ. Historia da Filosofía. 2º BAC